ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Escritura de venda dos agros de Bruñueiras

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.2.35.760/12

  • Título Escritura de venda dos agros de Bruñueiras

  • Data(s) 1585-05-15 (Creación)

  • Volume e soporte 3 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura de venda de María Afonso, muller de Francisco de Cardalda, e veciños de Vilariño ao bacharel Balboa da metade dos agriños de Bruñeiras*, na freguesía de Corvillón por 3 ducados de ouro. En Cambados. Ante. Pedro Brión.[Freguesía de San Amedio de Corvillón. Concello de Cambados. Provincia de Pontevedra]

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación deteriorado. Dificultade para ler por mor de, tinta corrosiva, ferrogálica

Área de notas

  • Nota Nota: ten distintos nomes: Bruñeiras/ Abruneiras

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición