ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Escritura de venda da herdade e xunqueira que está xunto ao río de Cacabelos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.2.35.760/36

  • Título Escritura de venda da herdade e xunqueira que está xunto ao río de Cacabelos

  • Data(s) 1564-09-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 4 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura de venda outorgada por Alonso Manso o Mozo, mareante e veciño de Cambados, ao bacharel Balboa da herdade e xunqueira que esta xunto ao "río de Cacabelos", por 24 reais. En Cambados. Ante. Pedro Brión.[Freguesía de San Adrián de Vilariño. Concello de Cambados. Provincia de Pontevedra]

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado: mal conservado. Falta parte do documento das 2 ultimas follas

Área de notas

  • Nota As escrituras baixo o título "braña, viña, río ou granxa de Cacabelos" van unidas : 35760/35, 35760/36, 35760/37 e 35760/38

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición