ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Escritura de venda do agro da Baralla do porto do Río

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.2.35.762/20

  • Título Escritura de venda do agro da Baralla do porto do Río

  • Data(s) 1547-02-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 2 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura de venda, outorgada por Alonso Nieto e a súa muller Isabel Rodríguez, a favor de Alonso Fariña, do agro que se dí da "Baralla do Porto do Río". Por prezo e cuantía de 9 ducados de ouro.En Cambados. Ante. Pedro de Villachán. [Freguesía de San Vicente de Nogueira. Concello de Meis. Provincia de Pontevedra]

Área de notas

  • Nota As escrituras baixo o título "veiga de Vilariño e outras", van unidas: 35762/13, 35762/14, 35762/15, 35762/16, 35762/17, 35762/18, 35762/19, 35762/20, 35762/21, 35762/22, 35762/23, 35762/24, 35762/25, 35762/26, 35762/27

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición