ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.206
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de troco entre Alonso Romero y Figueroa e a súa irmá Catalina Afonso

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.3.35.764/1

  • Título Escritura de troco entre Alonso Romero y Figueroa e a súa irmá Catalina Afonso

  • Data(s) 1566-12-07 (Creación)

  • Volume e soporte 4 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura de Troco, entre Alonso Romero y Figueroa e a súa irmá Catalina Afonso; Catalina cédelle o seu irmán 18 ferrados de pan mediado de renda, sobre o lugar e casal de Portadego, sito en San Martiño de Meis: e o irmán dálle unha casa de "Suetano" e sobrado, na rúa da feira de San Bartolomé de Pontevedra, que pertence o convento de Santo Domingo e se paga de foro, Real e medio. Ademáis lle paga 20 ducados, polo dito troco. Ante. Jacome Fernández. [Freguesía de San Martiño de Meis. Concello de Meis. Provincia de Pontevedra]

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Carpetiña do documento deteriorada, papel quebradizo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición