Fondos
35.765/2. Escritura de doazón, outorgada por dona Lucía e Micaela Aballe (irmás), a favor de Joseph Mariño
Escritura de doazón, outorgada por dona Lucía e Micaela Aballe (irmás), a favor de Joseph Mariño
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.4.35.765/2
Título Escritura de doazón, outorgada por dona Lucía e Micaela Aballe (irmás), a favor de Joseph Mariño
Data(s) 1736-12-17 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 6 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Copia compulsada dunha escritura de doazón, outorgada o 13 de Decembro de 1736, por dona Lucía e Micaela Aballe (irmás), a favor de Joseph Mariño, dos lugares de Arcos, Arosa, Portadego, sitos en San Martiño de Meis , o lugar de San Nicolás, sito en San Salvador de Meis, lugar de Galiñas en San Juan de Meaño e outros bens e rendas. Ante de Gregorio Antonio Fandiño. [Freguesías de San Martiño de Meis, San Salvador de Meis, San Juan de Meaño. Concellos de Meis, Meaño. Provincia de Pontevedra]
Ãrea de notas
Nota As escrituras baixo o título "doazón por dona Lucía e Micaela Aballe e outras", van unidas: 35765/2, 35765/3, 35765/4, 35765/5, 35765/6, 35765/7, 35765/8
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)