ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.197
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Escritura de arrendamento, que fixo Catalina García

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.5.35.761/30

  • Título Escritura de arrendamento, que fixo Catalina García

  • Data(s) 1557-02-01 Cambados (Creación)

  • Volume e soporte Expediente ou agrupación documental. 4 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura de arrendamento, que fixo Catalina García, veciña de Santo Tomé do Mar, irmá de Vernal García, crego, a favor de Gaspar Balboa e Catalina de Bens, dunha 3ª parte da viña e bacelo, e herdades sitas en Santa Mariña de Dozo, xunto ao río Umia que o dito Vernal traia en foro, que lle fixo Don Pedro Enríquez e Sotomayor. Ante. Alonso Vázquez.[Freguesía de Santa Mariña de Cambados. Concello de Cambados. Provincia de Pontevedra]

Área de notas

  • Nota As escrituras baixo o título de" Agro e herdades Da Barca" van unidas: 35761/25, 35761/26, 35761/27, 35761/28, 35761/29, 35761/30

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición