ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Escritura de Dote que fixo Gonzalo Muñiz, ao seu fillo Bartolomé Daval o mozo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.6.35.761/31

  • Título Escritura de Dote que fixo Gonzalo Muñiz, ao seu fillo Bartolomé Daval o mozo

  • Data(s) 1619 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 3 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Traslado dunha escritura de provisión de Dote, que fixo Gonzalo Muñiz, veciño de Armenteira, a Bartolomé Daval o mozo, para casar con María Muñiz, e Bartolomé de Gondarei o vello, da dote ao seu fillo Bartolomé Daval o mozo. Data do traslado 1627, 05, 16. Ante. Alonso Vázquez .[Freguesía de Santa Mariña de Cambados. Concello de Cambados. Provincia de Pontevedra]

Área de notas

  • Nota As escrituras 35.761/31 e 32, van unidas

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición