Fondos
35.774/1. Libro cobrador de rendas pertencentes a María Julia Quiroga López Vázquez
Libro cobrador de rendas pertencentes a María Julia Quiroga López Vázquez
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.2.2.35.774/1
Título Libro cobrador de rendas pertencentes a María Julia Quiroga López Vázquez
Data(s)
Volume e soporte 1 libro. 97 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Copia do libro cobrador das rendas do pazo de Quintáns, que pertenceron á Marquesa de Bóveda ( Rosa Losada) e actualmente a dona María Julia Quiroga López-Vázquez. Mecanografado. Datas: Recolle anotacións dos foros dende o século XVI ata 1953.
Ãrea de notas
Nota Documento moi interesante xa que fai inventario dos foros e estado dos mesmos a data de 1953, con información de procesos xudiciais reclamado o pago ós aforados e cobro das rendas, detallandose os posuidores que tivveron cada foro.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)