Fondos
35.766/21. Obrigación de pagamento de Blas Mouriño por renda atrasada do agro da Ponte e herdade de Segade
Obrigación de pagamento de Blas Mouriño por renda atrasada do agro da Ponte e herdade de Segade
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.2.2.35.766/21
Título Obrigación de pagamento de Blas Mouriño por renda atrasada do agro da Ponte e herdade de Segade
Data(s) 1683-11-3 /1684-10?-11 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 4 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Obrigación de pagamento, que fixo Blas Mouriño, veciño de San Xoán de Baión, de 36 ferrados de Millo por renda atrasada que debía do agro da Ponte e a herdade de Segade, a favor de Fabián Barbeito y Padrón, posuidor do vínculo,outorgado por Juan Gónzalez Sotelo. Contén autos relacionados. Ante. Francisco de Fuentefría. [Freguesía de Paradela. Concello de Meis. Provincia de Pontevedra]
Ãrea de notas
Nota As escrituras 35.766/18, 19,20, 21, 22, 23, 24 e 25 van unidas
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)