ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CENTRO PRÍNCIPE FELIPE. ADMINISTRACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.3

  • Título CENTRO PRÍNCIPE FELIPE. ADMINISTRACIÓN

  • Data(s) 1938-2023 (Creación) 1938 - 2023 (Produción)

  • Volume e soporte 684 unidades de instalación, con 4.757 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe(1975-) A Cidade Infantil Príncipe Felipe inaugurárona en 1976 os reis don Juan Carlos e dona Sofía. A institución, de carácter educativo e benéfico-social, foi concibida para albergar e formar os nenos e mozos que, por unha ou outra circunstancia, cumpría acoller e protexer. O obxectivo foi desde un primeiro momento encargarse da educación destes rapaces pero non illadamente, como seres marxinados da sociedade, senón que alumnos residentes e externos convivisen e se educasen nun clima no que reinase a igualdade entre eles. A este obxectivo inicial, que segue sendo hoxe un dos eixes sobre os que xira a institución, hai que engadir que este ano se acadou un logro importante para o seu desenvolvemento coa incorporación dun Centro de Día coa finalidade de que a cotío os rapaces internos convivan e compartan tarefas e actividades cos nenos que posúen un núcleo familiar estable. Das tarefas diarias do Centro encárgase un equipo de persoal esforzado en lograr que a estancia dos nenos neste sexa o máis agradable posible.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación producida na xestión de trámites, actuacións e actividades na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", dende a sú ainauguración no ano 1976. Na ctualidade a denominación é a de Centro "Príncipe Felipe".

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección ten a seguinte estrutura ou organización:
    
    3.7.3.- CENTRO PRÍNCIPE FELIPE. ADMINISTRACIÓN.
    
    3.7.3.1.- Expedientes de dirección do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.1.1.- Informes. Xestión do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.1.2.- Memorias
    3.7.3.1.3.- Rexistro de entrada. Correspondencia
    3.7.3.1.4.- Vivendas do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.1.5.- Partes de vixilancia e portería
    
    3.7.3.2.- Expedientes de actividades do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.2.1.- Expedientes de uso de instalacións do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.2.2.- Expedientes de uso de instalacións do Centro da Lanzada
    3.7.3.2.3.- Campamentos da Lanzada
    
    3.7.3.3.- Expedientes de persoal do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.3.1.- Expedientes persoais do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.2.- Rexistros de persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.3- Altas e baixas. Accidentes laborais. Xustificantes Médicos do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.4.- Nóminas e retribucións do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.5.- Licenzas, permisos e vacacións do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.6.- Representación sindical do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.7.- Control de horarios do persoal do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.4.- Expedientes de contratación do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.4.1.- Expedientes de contratación de obras do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.4.2.- Expedientes de contratación de subministracións do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.4.3.- Expedientes de contratación de servizos do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.5.- Expedientes de contabilidade do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.5.1.- Expedientes de control de gastos do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.5.2.- Expedientes de control de ingresos do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.6.- Expedientes de actividades educativas e asistenciais da Infancia. Centro de Día
    3.7.3.7.- Expedientes da Gardaría

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe (Tema) (Creador)

Área de control da descrición