Fondos
8. Expedientes do programa Depoaventura
Expedientes do programa Depoaventura
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.1.7.8
Título Expedientes do programa Depoaventura
Data(s)
Volume e soporte
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada” e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán a menores da provincia de Pontevedra. Este programa lúdico e educativo inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, actividades en lingua inglesa, artísticas, culturais, deportivas e xogos, co fin de colaborar na formación das nosas mozas e mozos. “Depo Aventura” desenvolvese, entre os meses de xuño e setembro, a través de 11 quendas de campamentos de 7 días de duración cada unha. Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos: - Cunha idade entre 8 e 14 - Que estean empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra - Que non padezan enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa Poderán participar menores en situación de tutela ou garda pola Administración, que se atopen en acollemento residencial nun centro da provincia de Pontevedra. No caso de menores que precisen un apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, esta circunstancia deberá facerse constar no cuestionario de saúde e autonomía persoal, detallando do xeito máis preciso posible as súas necesidades específicas. No caso de menores que presenten algún grao de diversidade funcional, se teñen praza adxudicada, será necesario poñerse en contacto co Servizo de Inspección Médica, enviando un correo electrónico ao enderezo inspeccionmedica@depo.es, e será o persoal sanitario desta institución provincial quen solicite os informes médicos ou a documentación necesaria para a valoración destas necesidades no campamento. Os requisitos sinalados anteriormente serán condición necesaria para a admisión da solicitude. O seu incumprimento impedirá a participación da persoa solicitante no campamento e dará lugar á inadmisión da solicitude, salvo que o defecto ou erro formal poida ser subsanable, de acordo co previsto na lexislación vixente. Como facelo As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, en calquera das súas oficinas de rexistro e no Rexistro electrónico sede.depo.es, de conformidade co establecido no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). Documentación requirida Documentación que se debe achegar coa solicitude inicial 1. Fotocopia do DNI ou NIE da ou do menor ou, no seu defecto, da súa inscrición no libro de familia 2. Fotocopia do DNI ou NIE da nai, do pai ou da persoa titora 3. No caso de menores estranxeiras e estranxeiros, copia compulsada do permiso legal de residencia ou documento análogo 4. Fotocopia do certificado ou volante de empadroamento do ano en curso 5. Acreditación de familia numerosa (se se acolle ao desconto no prezo establecido nas bases) 6. Cuestionario de saúde e autonomía persoal, que figura coa solicitude, con todos os puntos debidamente cubertos. Non se prestará ningún tipo de atención relativa, entre outras, a alerxias ou intolerancias alimentarias, así como o apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou outra patoloxía que non se indiquen neste documento ou nos documentos complementarios que acompañen á solicitude e, debidamente xustificados. 7. Se é o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame médico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente 8. Certificado expedido pola Dirección do centro que acredite que durante o período 2017-2018 están en situación de internamento Documentación que debe remitir ao Servizo de Inspección Médica (no caso de resultar beneficiaria ou beneficiario) - Informe de saúde da ou do especialista que proceda, no que se indique a patoloxía, o tratamento farmacolóxico ou a terapia que precisa, e no que se faga constar que a súa condición médica lle permite asistir ao campamento
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Cohesión Social e Xuventude (Tema)