ATOPO
Rexistros actuais: 1.640.696
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.523

Carátula do Preito disputado entre Juan José Caamaño, Francisco Monsorin e Joaquín de Lamas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..3.1.1.272/9

  • Título Carátula do Preito disputado entre Juan José Caamaño, Francisco Monsorin e Joaquín de Lamas

  • Data(s) 1802-1804 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental; 3 expedientes. 1 páxina

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Preito disputado entre D. Juan José Caamaño, D. Francisco Monsorin (duque de Patiño) e D. Joaquín de Lamas.
    Contén:
    9.1.- Testemuño da sentenza dada polo xuíz de Apelacións no preito disputado entre D. Juan José Caamaño, D. Francisco Monsorin (duque de Patiño) e D. Joaquín de Lamas, declarando ao primeiro sucesor nos vínculos e morgados de Nebra, Zas, Carballido e agregados, que o último posuía co auto de ter pasado en autoridade de cousa xulgada, por non terse interposto recurso de apelación.
    1802, decembro, 1. Santiago de Compostela.
    (6 follas).
    9.2. - Testemuño relativo a que, por morte do mencionado Sr. Lamas e a consecuencia de terse apropiado D. Juan José Caamaño daqueles morgados, os cumpridores do falecido opuxéronse a iso con respecto ao de Zas, de cuxo incidente deu auto o Sr. xuíz, aprobando as citadas posesións de novo.
    1804, decembro, 1. Santiago de Compostela.
    (16 follas).
    9.3.- Testemuño dado polo escribán de número da vila de Noia, Josef Santiso, conforme ao cal o Sr. Caamaño tomou posesión ante el dous vínculos correspondentes ás casas e hortas restantes do Sr. Lamas en dita vila.
    1804, novembro, 30. Santiago de Compostela.
    (2 follas).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema)

Área de control da descrición