Fondos
41.434/1. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 3 (1956)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 3 (1956)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.434/1
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 3 (1956)
Data(s) 1956 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 175 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento . Tomo 3 (01-08-1956 / 31-08-1956)
Recortes de Prensa. Contén:
- Nomeamento de Rafael Fernández Martínez, tenente fiscal da audiencia de Oviedo, xurista destacado e distinguido colaborador da revista da escola de estudos penitenciarios, como gobernador civil de Pontevedra.
- Reunión da primeira autoridade provincial, o gobernador civil Rafael Fernández Martínez, e outras autoridades e organismos ca directiva do Celta. Ofrecéuselle apoio incondicional tras estudiar a situación económica do club naquel momento.
- Noticias sobre a culminación do primeiro recorrido que fixo o gobernador civil Rafael Fernández Martínez polos concellos da provincia, con ocasión da conmemoración do XX aniversario do alzamento nacional. Nas visitas aproveitou para inaugurar diversas obras.
- Celebración da festa da banderita, organizada pola asemblea provincial da Cruz Vermella a beneficio da Cruz Vermella Española.
- Audiencias do gobernador civil Rafael Fernández Martínez no seu despacho de Vigo.
- O gobernador civil Rafael Fernández Martínez visita a exposición nacional de fotografías organizada polas falanxes do mar, no real club náutico de Vigo.
- II regata rexional de botes, organizada pola xefatura das falanxes do mar.
- O gobernador civil fai entrega, na casa consistorial de Vigo, da Cruz da Beneficencia o padre Claudio Piña Tejedor e da encomenda de Alfonso X el Sabio a don José Espinosa Rodríguez.
- Toma de posesión do novo cónsul arxentino en Vigo (Ventura Pedro Bustos Quiroga), quen pouco despois visitou o gobernador civil Rafael Fernández Martínez no seu despacho oficial.
- Toma de posesión do novo maxistrado da audiencia provincial, Jaime Castro García, que foi apadriñado polo gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez.
- O secretario nacional de radio do movemento, José Luis García Casas, visitou Vigo e Pontevedra. Nesta última, reuniuse co gobernador civil Rafael Fernández Martínez.
- Celebración da festividade do "Cristo de la Victoria" en Vigo, con máis de 50.000 asistentes a procesión que foi presidida polo ministro do aire e fillo adoptivo da cidade de Vigo (Eduardo González Gallarza), o bispo de Tui (José López Ortiz), o patriarca das indias occidentais e bispo de Madrid-Alcalá (Leopoldo Eijo Garay) e outras importantes autoridades provinciais e locais.
- Noticia sobre o súbito encarecemento na distribución do cemento pola área peninsular.
- Voda en Poio de María Leonor González Prieto e Jesús Muruáis Otero, asinando como testigo da noiva o gobernador civil Rafael Fernández Martínez.
- Reunión convocada polo gobernador civil e xefe provincial do movemento, Rafael Fernández Martínez, para estudar os problemas de tráfico e intentar diminuír o número de accidentes. O gobernador civil establece severas medidas para reprimir as infraccións e iniciase a campaña contra a anarquía do tráfico e os excesos nas estradas, tamén denominada campaña da prudencia. En relación a esta campaña, figuran numerosas relacións de sancións por infracción do código de circulación, noticias sobre accidentes de tráfico e bandos das alcaldías da provincia. Tamén se inicia o día 20 de agosto dese ano "La semana de prudencia en el peatón" e, por outro lado, "Radio Pontevedra" inicia unha serie de emisións infantís coas que se pretende iniciar a poboación infantil no cumprimento dos preceptos reguladores da circulación. Así mesmo, prevese editar unha cartilla escolar de circulación a distribuír entre os nenos da provincia.
- O presidente da Deputación Provincial recibiu o título de "hermano mayor" por parte da xunta reitora da congregación da divina Peregrina. Asistiu o acto o gobernador civil Rafael Fernández Martínez.
- Ofrenda dunha concha esmaltada, co xugo e as frechas, polo xefe provincial do movemento (Rafael Fernández Martínez) a patroa pontevedresa (virxe da Peregrina) en nome da falanxe. A través deste acto proclamase a virxe da Peregrina como patroa da falanxe pontevedresa.
- O goberno civil recorda os propietarios e condutores de vehículos estranxeiros a obrigación de cumprir os preceptos do código de circulación.
- Acordos adoptados na reunión do consello provincial de FET e das JONS, presidida polo xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez.
- Quincena de festexos en honor a virxe da Peregrina. Figuran noticias sobre “novilladas” celebradas como parte do programa de festas.
- Semana deportiva de educación e descanso. Os participantes no certame rendéronlle un homenaxe de gratitude o gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, mediante a entrega dunha placa de prata que lle foi entregada polo xefe nacional de deportes da obra sindical de educación e descanso (Manolo Martínes). A xornada de clausura celebrouse en Vigo.
- Fallo do concurso de prensa e radio sobre temas turísticos, organizado pola delegación de información e turismo.
- O xurado cualificador do VI salón nacional de fotografía artística emite un fallo.
- Festival no castelo de Villasobroso organizado por Angel Gutiérrez e Jaime Martínez.
- Inauguración da exposición internacional de prensa contemporánea, ca asistencia do gobernador civil Rafael Fernández Martínez e demais primeiras representacións oficiais.
- Inauguración do VI salón nacional de fotografía artística, que anualmente organiza a delegación provincial de información e turismo durante as festas da Peregrina.
- O gobernador civil de Pontevedra, Rafael Fernández Martínez, adhírese a petición de que as augas do ría Ulla deixen de ser consideradas legalmente como continentais.
- Reunión da asemblea provincial de irmandades do campo, tamén denominada asemblea sindical agraria, en Pontevedra a fin de estudar os diversos temas sobre os problemas do agro provincial que han de tratarse no Congreso agrícola nacional. Durou tres días e a sesión de clausura foi presidida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Na reunión, os campesiños pontevedreses piden o beneficio da concentración parcelaria.
- Reunión da xunta de mandos sindicais da provincia en Vigo. Informan de que se celebrará en Vigo un congreso rexional madeireiro e outro agrario en Ourense.
- Chegada a Vigo de Sergio Cifuentes y González-Posada, xefe nacional do servizo exterior e falanxes do mar, para clausurar a I exposición nacional de fotografía do mar e asistir a regata internacional de “yolas” que se celebrará en Portugal.
- Sanción a Faro de Vigo por atribuír o gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, unhas declaracións que non se corresponden ca verdade.
- Bando do concello de Vigo recordando as normas aprobadas para a circulación, ruídos e uso de altofalantes.
- O gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, presidiu a procesión de San Roque en Vilagarcía.
- Notas de prensa de "Aquí, Galicia" sobre o tema "No puede el campesino petrificarse".
- Obras de marcaxe e pintado de compartimentos para o aparcamento de automóbiles na calle Príncipe de Vigo.
- Lista de personalidades que interviñeron no XIV Curso universitario de verán en Vigo, dos días 1 ó 22 de setembro dese ano.
- Sesión plenaria do concello de Pontevedra para tratar os presupostos extraordinarios "D" e "E".
- Reunión no concello de Caldas de Reis para acelerar os trámites de realización do proxecto de concentración parcelaria.
- Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez o colexio fogar de formación mariñeira "Méndez Núñez", de auxilio social, sito na Illa de San Simón.
- Firma do documento de compra da finca "Villa Hermosa" polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez no seu despacho de Vigo, con intención de destinala para o novo fogar-taller de recuperación social da muller promovido pola xunta local de protección a muller.
- Reunión dos veciños da parroquia de Saiar en Caldas de Reis para abordar a regularización do sistema de regos de fincas e a constitución dunha comunidade de regantes. Na mesma noticia figuran os cursos para enlaces e vocais das seccións sociais, a visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez a Delegación comarcal de sindicatos de Caldas de Reis e as actuacións do coro "Encantiños do Umia" en Pontevedra e Ponteareas.
- Visita da esposa do xefe de estado, Carmen Polo de Franco, a Pontevedra.
- Entrevista a Agustín Bermejo Prado, mestre maior do gremio de fotógrafos ambulantes, sobre o problema do intrusismo.
- O gobernador civil visitou o novo edificio do instituto provincial de hixiene.
- Visita do director xeral de gandería, Angel Campano López, a Pontevedra.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)