Fondos
41.437/2. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 13 (1957)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 13 (1957)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.437/2
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 13 (1957)
Data(s) 1957 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 123 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 13 (1-07-1957 / 30-07-1957) Recortes de Prensa. Contén: - Noticias diversas sobre Vigo: construción dun colexio maior universitario, un palacio de deportes e un auditorio; un veciño de Vigo (Fernando Conde de Ponte) como poñente nunha conferencia sobre o cabotaxe mundial en Hamburgo. - Inauguración do ferrocarril Pobra de Sanabria - Ourense - Carballiño (tamén coñecido como ferrocarril Zamora - Ourense) por Franco. Viaxaron no convoi oficial os gobernadores civís e xefes provinciais das catro provincias de Galicia (por Pontevedra: Rafael Fernández Martínez). - Homenaxe a María Cruz Pérez González de Novás con motivo da súa xubilación no cargo de inspectora de Ensinanza Primaria. Recibiu as insignias da "Orden de Alfonso X El Sabio" por parte do inspector central de Ensinanza Primaria. - Por disposición do gobernador civil Rafael Fernández Martínez sérvese unha comida extraordinaria a nenos e anciáns nos comedores do padroado da Beneficencia Municipal de Marín, para conmemorar a inauguración do ferrocarril Zamora - Ourense - Carballiño. - Iniciase a súa segunda campaña anual da Prudencia polo padroado provincial da Prudencia. Atópanse neste tomo diversas notas de prensa con relacións de sancións por infraccións de tráfico, noticias relacionadas ca campaña e tamén actuacións do "Guardia Prudencio" como personaxe simbólico da mesma. - As seleccións xuvenís de Galicia e Vigo, reforzada cos internacionais Cantero y Chuzo, xogarán o encontro preliminar no campo de La Florida en Vigo. - Entrega de trofeos a representación viguesa nos Xogos Nacionais Laborais. Acto presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez e o alcalde de Vigo Tomás Pérez Lorente. - Lista de donativos con destino o carillón do santuario da Peregrina e noticias relacionadas. - A comisión municipal permanente de Vilagarcía despacha varios asuntos de trámite. - Visita do delegado nacional de provincias a Ourense onde cambiou impresións cos participantes na reunión de gobernadores civís e outros, entre os que se atopaba o gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Solicitude de emendas polos veciños de Pontecesures en relación o edicto da alcaldía recomendando o acondicionamento de paredes e vallas. - Donativo do gobernador civil Rafael Fernández Martínez de roupas de augas aos mariñeiros de Marín. - Celebración de diversos actos organizados polo Consulado Venezolano para a conmemoración no 146 aniversario da Independencia de Venezuela. Estiveron presentes o cónsul de Venezuela Pedro Luis Pacheco e o alcalde de Vigo Tomás Pérez Lorente. - Visitas ou audiencias do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Entre as máis importantes estána o do xeneral xefe da cuarta Zona da Garda Civil (Ponce de León y Conesa) xunto co subdirector xeral da Garda Civil (Antonio López Revuelta). - Visita os servizos da xefatura provincial de Pontevedra do delegado nacional de provincias do movemento (señor Herrero Tejedor). Foi recibido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Celebración de asemblea extraordinaria convocada pola "Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos" de San Miguel de Ponteareas, presidida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Tamén ten lugar unha asemblea da "Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos" de Baiona para tratar a repoboación forestal. - Partido entre o Club Estudantes e unha selección dos equipos participantes na fase local. - Toma de posesión de Víctor Bouzo Iglesias para Delegado Provincial de Educación Física e Deportes e de Fermín Díaz Álvarez como secretario provincial do Servizo Español de Maxisterio (SEM) nunha reunión do consello provincial do movemento. - Presentación en sociedade de doce distinguidas señoritas coa celebración dun baile de "puesta de largo" na terraza-xardín do Casino de Vigo. Acudiron autoridades provinciais e locais. - Reunión en Vigo do Patronato Sindical da Vivenda, presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez, para tratar o plan de vivendas a construír na cidade. - Xornada de inauguración do campo de La Florida en Vigo co xogo de dous encontros. Dos xogadores a proba agradaron o marinense Tucho de la Torre e os coruñeses Amador e Bouzas. - Acto de alzamento das bandeiras nacional e do movemento no mástil radiante de sesenta metros correspondente a nova emisora de REM "La Voz de Vigo". - Acto de inauguración e bendición dos locais da Casa de América, coa presencia do embaixador de Cuba en España (Sr. Remos y Rubio), o cónsul de Portugal (D.J. Dos Santos Silva Taveira), o gobernador civil (Rafael Fernández Martínez) e o presidente da Casa de América (José María Castroviejo). Tamén noticias de reunións posteriores para perfilar os detalles da labor a realizar. - Regreso do embaixador de Cuba en España a bordo do transatlántico portugués "Santa María". Ofreceuse no seu honor un recital do grupo folclórico de Educación e Descanso. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez os talleres da compañía de tranvías eléctricos para admirar os tres novos trolebuses construídos. - Festa de San Cristóbal en Vigo, coa presencia do gobernador civil e xefe provincial Rafael Fernández Martínez. - Visita do gobernador civil e xefe provincial Rafael Fernández Martínez os talleres de Vigo de RENFE nos que se celebra o XI Concurso Nacional de Formación Profesional Obrera "Voluntad de Resurgimiento", na súa fase de sector. - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez deu posesión dos seus cargos o novo alcalde e xefe local do movemento de Tui (Gonzalo Álvarez Besada). - Agasallo os alumnos da Academia de Intervención do Exército do Aire, que chegan a cidade en viaxe de estudos. Realizouse no local do Aero Club nun acto presidido polo gobernador civil. - Entrega do gobernador civil Rafael Fernández Martínez de cerca de 50.000 pesetas con destino a obras benéficas. - Sinatura da escritura de cesión de terreos para a construción do cuartel da Garda Civil no Grove. - V Festa do viño albariño que se celebrou no Pazo de Figueroa en Cambados. - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez como presidente de honor das festas de Marín. - Diversas circular do goberno civil: sobre o lanzamento de foguetes e fogos de artificio nas festas e sobre a desinsectación de vehículos. - Toma de posesión: do alcalde de Mos (Olimpio Míguez Maquieira); do xefe comarcal de Vilaboa (Alfonso Buceta Acuña); do alcalde e xefe local do movemento de Rodeiro (Javier Hermida Vázquez); do alcalde de Dozón (Manuel Crespo Vázquez); do alcalde e xefe local do movemento de Vilanova de Arousa (José Cándido Touceda Trasande); do alcalde de Tameiga (Olimpio Miguez Maquieira); do alcalde e xefe de estado de Lalín (Luis González Taboada), de Cuntis (Eusebio Guimarey Montero) e de Barro (Nazario Núñez Lafuente); e do novo xefe local de Ribadumia (Ramón Noya). - Segundo peregrinaxe do gobernador civil Rafael Fernández Martínez polos 62 concellos da provincia como conmemoración do 18 de xullo e aproveitando para a inauguración de diversas obras e a entrega de vivendas. Destacan a inauguración das 196 vivendas protexidas de A Salgueira e 40 en A Florida en Vigo; a inauguración en Bembrive do servizo telefónico; a electrificación de 66 aldeas; inauguración de tres grupos escolares en Salcidos (A Guarda) e Tabagón (O Rosal); entrega de 42 vivendas sindicais en Goián e 88 en Mos; inauguración dun mercado en Tomiño e dunha carreteira en Redondela. - Reunión do consello provincial do movemento para tratar diversos asuntos, entre eles acordar a montaxe da Exposición Permanente do Avance Provincial e a solicitude a RENFE dun horario máis equitativo. - Recepción oficial no palacio provincial e actos con motivo da conmemoración do XXI aniversario do alzamento nacional do 18 de xullo. Fíxose entrega de 166 vivendas. - Actividades da comisión municipal de festas de Pontevedra, con motivo da festividade da Peregrina. - Inauguracións de 41 vivendas protexidas construídas en Mateo Sagasta e Fray Juan de Navarrete en Pontevedra pola "Obra Sindical del Hogar". - Enlace de Arturo Cano Mirelles (cónsul de Guatemala en Pontevedra) con Angeles Rodríguez Rodríguez Bonín. - Actos na escola naval militar de Marín, con motivo da entrega de despachos os novos oficiais da Armada e a xura de bandeira dos aspirantes da mariña, presididos polo xefe de estado maior da Armada (Antón Rozas). - Reunión da Delegación Provincial do CIAS coa asistencia do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Festa no Liceo Casino organizada pola Escola Naval Militar de Marín con motivo da festividade da Virxe do Carme. Realizase a entrega de premios os vencedores das regatas celebradas. - Conmemoración nos diversos concellos da provincia do 18 de xullo. - Acto presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez no que se lle dedica unha rúa viguesa a Estanislao Núñez. - Inauguración e bendición en Vigo dun Santuario en honor a Virxe do Carme por Fray José López Ortiz (prelado da dioceses). Estivo presente o gobernador civil Rafael Fernández Martínez - Actos relixiosos en Bouzas (Vigo) en honor a Nosa Señora do Carme, coa presencia do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Reunión de xerarquías do movemento en Madrid, baixo a presidencia do ministro secretario xeral do movemento Solís Ruíz. Asistiron os xefes provinciais de varias provincias, entre eles o de Pontevedra. - Inauguración e bendición en Vigo da fábrica de condutores eléctricos termo-plásticos "Deriplast". Asistiron autoridades provinciais e locais e personalidades da industria e o comercio. - Entrevista o gobernador civil de Oporto (Elicio Pimenta) nunha visita non oficial a Vigo. - Visita a Vigo de directivos e socios do Aero-club de Oporto, que foron agasallados polo Aero-club de Vigo. - Entrega polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez de premios os gañadores dos torneos sociais do "Hogar del productor" así como os da "Federación Gallega de tenis de mesa". - A confraría da Peregrina nomea socio de honor o gobernador civil Rafael Fernández Martínez e invítao a conducir o estandarte da patroa pontevedresa na procesión. - Enterro de Eduardo Cabello de Sámano Ebrentz, ex-enxeñeiro director da Xunta de Obras do Porto de Vigo. - Fin das festas en honor o cristo dos aflixidos en Bouzas (Vigo), coa actuación da coral viguesa. - Segunda feira do mar en Vigo coa busca da consecución do obxectivo de perfeccionamento industrial por parte do Centro Galego de Produtividade. - Misa de réquiem no santuario da Peregrina polo falecemento de Jenaro Riestra Díaz (ex gobernador civil e xefe provincial do movemento de Vizcaya). - Visita a varios portos da ría pontevedresa do Director Xeral de Portos e Sinais Marítimas (Gabriel Roca García) e visita do director xeral de belas artes (Antonio Gallego Burín) a diversos monumentos, templos provinciais e mosteiros. Ambos foron agasallados polo concello de Pontevedra cunha cea. - Celebración da festa da banderita, que organiza a Asemblea Provincial da Cruz Vermella Española.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema) Xefatura Provincial de Pontevedra. Movemento Nacional (Tema)