ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 18 (1957)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.439/1

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 18 (1957)

  • Data(s) 1957 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 88 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 18 (01-12-1957 / 31-12-1957) Recortes de Prensa. Contén: - Campaña pro-damnificados de Valencia: mostras de solidariedade dos habitantes da provincia para acudir no auxilio dos damnificados polas inundacións de Valencia, con motivo da subscrición aberta polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Ofreceuse festival a cargo da Coral Polifónica de Pontevedra e a Radio Vigo recadou 101.000 pesetas entre festivais e poxas. - Eleccións municipais para o terzo de representación sindical en toda España. No seo da corporación de Pontevedra ocuparon os cargos Carlos Vidal Peña e Victor Cervera Mercadillo. En Vigo resultaron proclamados Antonio Herrero Montero, Faustino Álvarez Álvarez e Castor Alonso Bar. Figuran igualmente os resultados doutros concellos e tamén noticias sobre as eleccións municipais para o terzo de representación de entidades. - Estreo mundial da película "El hereje", organizado polo concello de Pontevedra e patrocinado polo gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez. A citada película foi filmada, na súa maior parte, en escenarios naturais da provincia de Pontevedra. Os beneficios foron destinados a campaña pro-damnificados de Valencia. - Grupo de profesores das escolas nacionais do distrito de Ponteareas posan para Faro de Vigo xunto co alcalde Daniel Ojea Sarmiento, con motivo da celebración do Día do Mestre. - Chegada a Vigo das fragatas inglesas "Vigilant", "Roebuck" e "Venus", nas que viaxan 160 cadetes e oficiais da Escola Naval de Dortmound. O xefe-comandante da flotilla da Mariña de guerra británica visita o gobernador civil Rafael Fernández Martínez e a outras autoridades locais e provinciais. Ademais, organizáronse diversos actos en honor os mariños ingleses. - O pleno do concello de Pontevedra deu a súa conformidade o acordo da Deputación sobre a financiación das obras do ferrocarril que unirían Pontevedra con Marín. - Asemblea Sindical Agraria, presidida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez, para a aprobación dun plan de acción urxente que comprende a implantación de postos reguladores nos principais núcleos urbanos da provincia. Tamén se establece que os proxectos de concentración parcelaria farán unha ordenación racional de cultivos e o gobernador civil promete que a Asemblea contará, no sucesivo, con representación nas Xuntas de Prezos. - Visita a Vigo do subsecretario da mariña mercante, almirante Jáuregui, para presenciar as probas de dous buques destinados a pesca de atún (o "Marinero" e o "Marchoso"). - O rexemento de artillería celebrou a súa festa patronal en honor a Santa Bárbara. - Reunión plenaria do Consello Económico Sindical Provincial, na que se estudiaron os relatorios "Comercio exterior e interior", "Política financiera, monetaria y de crédito" e "Obras y servicios públicos". - Visitas ou audiencias realizadas o gobernador civil Rafael Fernández Martínez tanto no seu despacho en Vigo como en Pontevedra. - Circular do goberno civil pola que se amplía a declaración oficial da glosopeda (enfermidade do gando) a toda a zona sur da provincia. - Apertura da II Campaña provincial de nadal con un chamamento do gobernador civil Rafael Fernández Martínez os donativos dos pontevedreses para os necesitados. Figuran noticias coas aportacións pro-aguinaldo de Nadal dos distintos concellos da provincia. Finalmente, reflexase a visita do gobernador civil os centros benéficos os que se fixeron donativos. - Bautizo de Rafael de Santa Barbara Castillo Carreño, fillo do secretario particular do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - O rexemento de infantería honra a súa patroa. - Inauguración polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez da I Exposición Deportiva en Vigo, organizada pola Delegación de Educación Física e Deportes. Foille imposta a "Medalla al Mérito Deportivo" da Federación de Patinaxe ó Alcalde da cidade (Tomás Pérez Lorente). - Relación de sancións por infraccións do código de circulación. - Regreso de Madrid do gobernador Rafael Fernández Martínez. - Festa no asilo dos anciáns desamparados co ofrecemento dunha mariscada, con cargo as poxas pro Valencia organizadas por "La Voz de Vigo" e que rematou Domingo Arbones Ledo. - Chamamento do xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez a campaña de combatentes que marchan rumbo a Ifni. Rexístranse aportacións de diversas provincias e municipios con destino a aguinaldos para os combatentes. - Aguinaldo de Nadal o garda municipal de Vilagarcía de Arousa e os pobres en Pontevedra. - Axentes comerciais e representantes de comercio festexan a súa patroa, a virxe da Esperanza. - Nomeamento de conselleiros para os partidos xudiciais correspondentes os concellos de A Estrada, Redondela, Ponte Caldelas, A Cañiza, Cambados, Lalín, Ponteareas, Tui, Caldas de Reis, Pontevedra e Vigo. - Sanción por incumprimento de contrato con Renfe. - Concerto da Tuna do Sindicato Español Universitario de Oviedo para o gobernador civil Rafael Fernández Martínez e a xefatura provincial do movemento. - Reunión da Xunta Provincial de información, turismo e educación popular que acordou estimular a divulgación dos intereses turísticos de Pontevedra, ocupándose da educación popular na súa dimensión artística. - O xefe provincial do movemento (Rafael Fernández Martínez) deu posesión o novo delegado das falanxes do mar (Vicente Borregón Rives). - Eleccións sindicais para a elección dos xefes e presidentes das seccións social e económica. - Reunión do consello provincial de FET e das JONS. - Celebración do XXV aniversario da fundación do ilustre Colexio de Avogados de Vigo, actos presididos polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Donativo do gobernador civil Rafael Fernández Martínez o fogar e clínica de San Rafael. - Sesión plenaria da corporación municipal de Vigo, na que o gobernador civil Rafael Fernández Martínez felicitou o alcalde Tomas Pérez Lorente e os concelleiros pola actuación no ano que terminaba (1957). - Colocación da primeira pedra para o seminario de Vigo.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición