ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 19 (1958)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.439/2

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 19 (1958)

  • Data(s) 1958 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 146 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 19 (01-01-1958 / 28-02-1958) Recortes de Prensa. Contén: - Despacho a bordo do "Escolano" do aguinaldo da provincia de Pontevedra os combatentes de Ifni. - Con motivo da despedida do ano, o gobernador civil Rafael Fernández Martínez recibiu visitas de diversas representacións que expresaron o seu recoñecemento e adhesión. Pola súa parte, o gobernador civil ofreceulles un agasallo íntimo. - Varias circulares da Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes sobre tipos e prezos do pan, aceite, froitas e hortalizas, así como sobre a industrialización do gando. - Listas de donativos recibidos pro-aguinaldo de nadal como parte da campaña de nadal de 1957. Organizase a beneficio desta campaña un partido entre o celta e unha selección miñorana e tamén recádanse incrementos nas entradas doutros partidos como o do Celta - Madrid. - Lista de donativos recibidos pola Xefatura Provincial do Movemento con destino os combatentes de Ifni. - Reunión da asemblea sindical agraria con importante discurso do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Visitas ou audiencias realizadas o gobernador civil Rafael Fernández Martínez tanto no seu despacho oficial de Pontevedra como no seu despacho en Vigo. Neste último inclúese a visita do paracaidista vigués Elías Conde Vázquez que resultou ferido en Ifni. - Inauguración da "Aula de Cultura" en Vigo polo subdirector xeral de prensa (Valentín Gutiérrez Durán), coa presencia do gobernador civil Rafael Fernández Martínez e outras autoridades. - Relación de donativos para a campaña pro-damnificados de Valencia. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez a Vilagarcía, con motivo do sexto aniversario da toma de posesión do alcalde Jacobo Rey Davila. Na visita, o gobernador civil comunica que entregará un donativo a favor da cabalgata de reis de 1959. - Visita ó gobernador civil Rafael Fernández Martínez dunha comisión coruñesa coa presencia do delegado de información e turismo desa provincia. - Anuncio da próxima asemblea rexional de turismo das catro provincias galegas en Santiago de Compostela. - Noticias sobre as visitas e cabalgata dos reis magos en Pontevedra. Estiveron no goberno civil e no "auxilio social". - Recepción oficial no palacio municipal con motivo da Pascua militar. - Reunión presidida polo gobernador civil (Rafael Fernández Martínez) para tomar acordos sobre os actos de conmemoración do IV centenario do templo de Santa María. - Nova composición da Xunta Provincial do Censo Electoral, tras a súa renovación regulamentaria. - Os mandos da liña político administrativa da Organización Sindical de Pontevedra cumprimentaron o bispo da diocese José López Ortiz. A presentación foi realizada polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Reunión previa para a constitución da asociación de "Amigos de la Voz de Vigo", baixo a presidencia do gobernador civil da provincia (Rafael Fernández Martínez) e do alcalde de Vigo (Tomás Pérez Lorente). - "La Voz de Vigo" repartiu 60.000 pesetas en premios do primeiro sorteo os "Amigos de La Voz de Vigo". Tamén foron entregados premios do concurso "¿Qué haría usted si fuese Rey Mago?". - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez visitou as parroquias de Beade e Valladares para coñecer de cerca os seus problemas de tipo social. - O gobernador civil e xefe provincial do movemento (Rafael Fernández Martínez) recibiu os campións nacionais do Concurso de Formación Profesional Obreira. - Entrega de premios polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez ós gañadores da Exposición provincial de Pintura e Fotografía, organizada pola Obra Sindical de Educación e Descanso. - Fabricación de mobiliario para a Escola Graduada de Cambados. - Distinción do corpo consular de Vigo ó gobernador civil (Rafael Fernández Martínez), designándoo membro de honor do corpo consular e acordando entregarlle un pergamiño na próxima cea de gala. - Sinatura en Pontevedra da escritura notarial de cesión a Delegación Nacional de Sindicatos de FET e das JONS dos terreos necesarios para a construción pola Obra Sindical do Fogar dun novo grupo de vivendas protexidas no concello de A Guarda. - Sesión da comisión provincial de servizos técnicos para a aprobación de obras en varios municipios. - Plan de construcións escolares en A Estrada. - Cartilla escolar de circulación para ciclistas emitida pola Comisaría de Extensión Cultural do Ministerio de Educación. - Circular do goberno civil sobre a continuación da epizootia de glosopeda na zona sur de Pontevedra. - A "Aula de Cultura" da Asociación da Prensa continua o seu labor no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo. Na súa segunda sesión disertou José María Álvarez Blázquez, na terceira o gobernador civil Rafael Fernández Martínez sobre "España en el pensamiento político de Campanela" e na cuarta Francisco Casares sobre "Periodismo de ayer y de hoy". - Reunión de xefes provinciais na Secretaría Xeral do Movemento en Madrid. - Regreso do gobernador civil a Pontevedra. - Celebración dun acto no fogar do produtor por parte da organización sindical para agradecer a colaboración de todos os artistas afeccionados da Obra Sindical de Educación e Descanso que tomaron parte dos festivais pro-damnificados de Valencia. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez o fogar e clínica de San Rafael en Vigo, con motivo da festa onomástica do padre superior Alfonso Moldes. - A nova xunta de goberno do corpo consular de Vigo cumprimentou o gobernador civil Rafael Fernández Martínez e demais autoridades pontevedresas. Uns días despois o gobernador civil devolve a visita. - Prohibición de saída de gando da provincia sen autorización da xefatura provincial do ramo correspondente como medida para combater a epizootia de febre aftosa. Tamén figuran circulares da xefatura provincial de gandería sobre vacinación obrigatoria contra a enfermidade da febre catarral ovina coñecida por "lengua azul". - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez presidiu a festa patronal dos periodistas de Vigo, en honor a San Francisco de Sales. Celebráronse diversos actos organizados pola Asociación da Prensa. - Donativo do gobernador civil Rafael Fernández Martínez os nenos pobres do colexio PP. Carmelitas de Vigo. - Novos xefes locais do movemento en Pontevedra (Carlos Vidal Peña) e Vigo (Alberto Varela Grandal). Tomaron posesión en actos presididos polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - O gobernador civil interesase polo porvir da cidade de Pontevedra realizando diversas visitas en compañía do alcalde Prudencio Landín Carrasco. - O pleno do concello de Pontevedra aprobou o proxecto de urbanización da zona na que está emprazado o edificio do goberno civil e tamén aprobou un informe relacionado co urxente traslado da feira as inmediacións da avenida Buenos Aires. - Celebración da festividade patronal de San Juan Bosco pola Escola de Mestría Industrial. - O doutor Camilo Barcia Trelles (ilustre internacionalista e decano da facultade de dereito de Santiago de Compostela) inaugurou o ciclo de leccións maxistrais e públicas da academia universitaria "San Raimundo de Peñafort". No acto, celebrado en Vigo, estiveron presentes destacadas autoridades, entre as que se incluía o gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Circular da xefatura provincial de gandería polo que se declara extinguida a glosopeda en varios municipios da provincia. - Circular do servizo de hixiene e sanidade, a proposta do de gandería, pola que se declara extinguida a epidemia de triquinoses declarada en Meaño. - Toma de posesión dos novos concelleiros en Vigo tras as pasadas eleccións, baixo a presidencia do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Toma de posesión de oito novos concelleiros en Marín, elexidos polo terzo de cabezas de familia, sindical e entidades. O acto foi presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Toma de posesión de novos concelleiros en Pontevedra, Vilagarcía, Tomiño, Salvaterra de Miño, Cambados, Rodeiro, Cuntís e Lalín. - Celebración da festa patronal dos periodistas en Pontevedra, en honor a San Francisco de Sales. Os actos foron presididos polas autoridades con asistencia de profesionais e colaboradores. - Conferencia no Círculo mercantil e industrial do enxeñeiro industrial Federico de Castro González sobre o tema "Vigo, en el momento actual de industrialización nacional". - Reunión da xunta provincial da loita contra o analfabetismo para definir un novo plan de acción. - Novo subxefe provincial do movemento de Pontevedra (César López Canabal). - Importante reunión, na alcaldía pontevedresa, dos alcaldes da zona afectada pola inversión de dez millóns de pesetas para o melloramento turístico da zona do Morrazo. - Toma de posesión da nova corporación municipal de Mondariz que trata con urxencia a posta en marcha da traída de augas, proxecto subvencionado polo estado. - Noticia sobre dous aspectos clave de tráfico sobre visión e sinalización segundo o código de circulación. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez as instalacións de "Frigoríficos de Vigo, S.A.", en relación a próxima chegada de importantes cargamentos de carne conxelada. - A xefatura de obras públicas acorda a pavimentación da avenida de A Coruña sita na cidade de Pontevedra, dende a ponte do Burgo ata o empalme de San Benito de Lérez. - Enterro do tenente paracaidista vigués Enrique Carrasco Lanzós, falecido en Ifni. - Orde do goberno civil prohibindo as manifestacións de carácter carnavalesco. - O ministerio de Xustiza designa ó gobernador civil Rafael Fernández Martínez como representante de España nun Congreso Internacional de Maxistrados que se celebrou en Mantova (Italia). - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez o fogar provincial na noiteboa de 1957. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez as obras das instalacións de Tafisa acompañado do alcalde de Pontevedra (Prudencio Landín Carrasco). - Falecemento de Daniel de la Sota y Valdecilla (ex-presidente da Deputación de Pontevedra e fundador do Museo de Pontevedra), pésame e funerais pola súa alma. - Visita da Tuna de Santiago de Compostela a Pontevedra. Recorreu as rúas da cidade e deron un concerto no Teatro Malvar. - Reunión coa maioría de alcaldes da provincia correspondentes os municipios nos que investirá a Xunta provincial de construcións escolares no ano 1958. - Reunión da Xunta provincial de información, turismo e educación popular. - Circular do goberno civil sobre o descanso dominical. - Homenaxe o gobernador civil Rafael Fernández Martínez polos seus compañeiros na Cruzada (guerra da liberación), pertencentes o cuartel xeral do exército de Galicia. - Circular do goberno civil decretando a prohibición do uso da palabra "nacional" sen expresa autorización da presidencia do goberno. - Toma de posesión de Luis Suárez-Llanos Menacho como Presidente da Deputación, cesando Luis Rocafort Martínez tras seis anos de mandato. - Nota de prensa relativo a problemas de Galicia sobre estradas e turismo. - Constitución do novo consello provincial do movemento, acto presidido por Rafael Fernández Martínez que expuxo a misión deste organismo falanxista. - A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra adhírese a petición, con iniciativa orixinal do gobernador civil Rafael Fernández Martínez, da Orde do Mérito Civil para Luis Rocafort Martínez. - Toma de posesión dos novos vocais da Cámara Oficial Sindical Agraria e información sobre as actividades das respectivas "Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos". - III Campaña da Prudencia, noticias sobre a disciplina na circulación e relacións de sancións por infraccións de tráfico. - Actos conmemorativos do 16 de marzo en Vilagarcía de Arousa, coa presencia do vicesecretario xeral do movemento (Alfredo Jiménez Millas). - Ex-combatentes de Galicia estiveron presentes nos actos conmemorativos do aniversario da fundación das falanxes galegas o día 17 de marzo en Vilagarcía. - Libreto de noticias da "Inspección de Enseñanza Primaria de Pontevedra" que inclúe a colaboración das escolas nas obras de axuda a Valencia e unha circular do goberno civil sobre ensinanza. - Actos conmemorativos do cincuentenario da fundación do Instituto Nacional de previsión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición