Fondos
41.439/3. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 20 (1958)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 20 (1958)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.439/3
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 20 (1958)
Data(s) 1958 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 137 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 20 (01-03-1958 / 30-03-1958) Recortes de Prensa. Contén: - Noticias relacionadas ca III Campaña da Prudencia nas estradas emitidas polo patronato provincial da prudencia e relacións de sancións por infraccións de tráfico. Ademais, o patronato convoca un concurso de traballos periodísticos e radiofónicos sobre o tema xeral "La prudencia en las carreteras y poblaciones". - Reunión da Comisión provincial de Servizos Técnicos, quedando constituída a permanente e designándose tres comisións de traballo. Tamén figuran recortes de prensa sobre reunións posteriores tanto da permanente como das comisións de traballo. - Regreso de Madrid do alcalde de Pontevedra (Prudencio Landín Carrasco). - A policía gobernativa, armada e de tráfico conmemorou a súa festa patronal en honor o "Santo Angel de La Guarda". - Constitución da asociación pontevedresa de pais de familia numerosa, contando cun importante discurso do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Ciclo de leccións públicas en Vigo pola academia universitaria San Raimundo de Peñafort. Figuran noticias de: primeiro relatorio sobre "Cifra y perfil de la justicia penal" polo profesor Juan del Rosal; segundo relatorio sobre "Naturaleza jurídica de los territorios del África occidental Española" polo catedrático de dereito internacional da universidade de Oviedo, Luis Sela Sampil; terceiro relatorio sobre "Riesgo automovilístico y culpa penal" a cargo do reitor da Universidade de Oviedo e catedrático de dereito penal da súa facultade de dereito (Valentín Silva Melero). - Premio "Ciudad de Vigo": "La voz de Vigo" pon 5.000 pesetas a disposición da Asociación da prensa para que organice un certame periodístico. - Conferencia sobre produtividade, no salón de actos da cámara oficial de comercio, do enxeñeiro industrial Pedro González Fusté. - Reunión na academia médico-quirúrxica de Vigo do comité organizador das II xornadas médicas galaico-portuguesas que se celebrarían en Vigo en Agosto dese ano. - Nota de prensa da xefatura provincial de gandería sobre o perigo de infección de glosopeda. - Visitas ou audiencias realizadas o gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, no seu despacho oficial en Pontevedra. - Varias circulares da Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes sobre prezos de froitas e hortalizas e sobre a autorización da entrada de ovos en cámaras frigoríficas. - O pleno aceptou a proposta da permanente de dar o nome de Daniel de la Sota a unha rúa de Pontevedra. - O periodista portugués Hugo Rocha disertou para a quinta lección na Aula de Cultura da Asociación de Prensa, que tivo lugar no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo. - Actos do cincuentenario da fundación do instituto nacional de previsión (INP) en Pontevedra e Vigo, presididas polo director xeral de traballo Marcelo Catalá. No seu discurso prometeu a inmediata construción do ambulatorio pontevedrés. Tamén interviñeron o presidente do Consello provincial (José Manuel Sanjuán Otero) e o director provincial do INP (Gonzalo Coello Cuadrado). Posteriormente entregáronse medallas a veteranos funcionarios do INP e premios a varios mutualistas escolares. - Constitución do novo consello provincial do movemento. - Entrega de credenciais os vocais das seccións social e económica dos sindicatos pontevedreses, nun acto presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Reunión da xunta provincial de electrificación rural na sala de xuntas do goberno civil e acordos adoptados. - Mediante circular do goberno civil determínanse as entidades con dereito a sufraxio nas eleccións de deputados provinciais. A mesma noticia conten circulares do goberno civil declarando a existencia de epizootia de febre aftosa (glosopeda) nos municipios de Lalín e As Neves. Posteriormente, declarase a inmunización do concello de As Neves e de Nigrán. - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez e o presidente da deputación Luis Suárez-Llanos Menacho viaxan a Madrid para realizar xestións de interese para a provincia. Tamén figuran noticias posteriores do regreso. - O alcalde de Pontevedra (Prudencio Landín Carrasco) recibe no seu despacho oficial os periodistas e informadores de Prensa e Radio para darlles conta de: xestións efectuadas en Madrid sobre importantes melloras para a cidade; instalación da factoría "Campsa" en Estribela grazas as facilidades dadas pola xefatura de obras do porto de Pontevedra; construción de 304 vivendas protexidas no campo da feira e outras xestións. - O pleno da Deputación acorda a ampliación de actividades do servizo de cultura, entre outros interesantes acordos. - Discurso de súa santidade Pío XII ós párrocos e predicadores da coresma de Roma sobre tres pecados públicos: non santificación das festas, suicidio e accidentes de circulación. - Visita a Pontevedra e Vigo do ministro secretario xeral do movemento, José Solís Ruíz, co fin de inaugurar o novo edificio da xefatura provincial e a emisora de "La Voz de Vigo" da rede do movemento (emisora rexional da R.E.M.). Ademais en Vigo preside unha reunión de representantes sindicais no Círculo Mercantil, a entrega de credenciais ós novos vocais das xuntas económicas e sociais de sindicatos e visita a Casa de América. En Pontevedra tamén visita a exposición permanente de avance provincial. - Envío extraordinario de víveres, licores e artigos diversos ós combatentes de Ifni. - Visita do delegado nacional de educación física e deportes José Antonio Elola Olaso a Pontevedra, concretamente o Instituto Nacional, as obras do estadio do barrio de La Seca e a xefatura provincial do movemento. Tamén visitou Vigo, onde lle foron entregadas polo gobernador civil (Rafael Fernández Martínez) unha placa de prata como recordo e un álbum de fotografías e recortes de prensa sobre a I Exposición deportiva provincial e as conclusións adoptadas na I Asemblea provincial de educación física e deportes. Pola súa parte, o señor Elola Olaso impuxo a medalla do mérito deportivo ó alcalde de Vigo (Tomás Pérez Lorente). - O catalán Antonio Amorós revalida o seu título de campión de España de campo a través (cross), nas xornadas atléticas celebradas en Balaídos (Vigo). A copa de campión foille entregada polo delegado nacional de deportes José Antonio Elola Olaso, que presidía as xornadas. - O delegado nacional de educación física e deportes (José Antonio Elola Olaso) presencia o encontro de baloncesto Bosco-Estudiantes en Vigo e fai entrega do trofeo Apertura ó equipo gañador. - Misa de réquiem organizada pola xefatura provincial do movemento, en memoria dos "mártires de la tradición". - Actos da falanxe galega que se celebraron o día 16 de marzo en Vilagarcía de Arousa, con motivo do XXIII aniversario da súa fundación, presididos polo vicesecretario xeral do movemento Alfredo Jiménez Millas e con discurso do xefe provincial Rafael Fernández Martínez. Figuran notas de prensa sobre chamamentos da xefatura provincial de Pontevedra para asistir os actos ós ex-combatentes de terra, mar e aire e tamén notas de prensa sobre o 17 de marzo de 1935 e José Antonio Primo de Rivera coa falanxe de Vilagarcía. No acto impuxéronse condecoracións e medallas a falanxistas destacados. - Relatorio de Manuel Fraga Iribarne, delegado nacional de asociacións do movemento, sobre "Las transformaciones de la sociedad en la España comtemporánea" con ocasión do acto de inauguración do novo edificio da xefatura provincial do movemento. - Reunión extraordinaria do consello provincial, presidida polo ministro secretario do movemento José Solís Ruiz e acompañado dos delegados nacionais de asociacións e de prensa, propaganda e radio (Manuel Fraga Iribarne e Jesús Fueyo, respectivamente) e do gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez. Antes do seu regreso a Madrid, Solís visitou a zona monumental pontevedresa. - Circulares do goberno civil declarando novos brotes de glosopeda, a proposta da Xefatura provincial de Gandería. - O ministro secretario do movemento José Solís Ruiz e o delegado nacional de prensa, propaganda e radio (Jesús Fueyo) regresan a Madrid. Solís, o seu paso pola provincia de Ourense, visitou a residencia familiar de Carballiño e un grupo de vivendas sindicais en Xinzo de Limia. - Cea de gala ofrecida polo corpo consular de Vigo en honor a autoridades provinciais e locais, na que se fai a entrega o gobernador civil Rafael Fernández Martínez do título de membro de honor da corporación. - A Lei de convenios sindicais colectivos supón un paso forte e valente segundo o discurso do ministro secretario xeral do movemento José Solís Ruiz no acto celebrado no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo para a entrega das súas credenciais os vocais das xuntas económica e social de sindicatos. - O delegado nacional de educación física e deportes (José Antonio Elola Olaso) escribe unha carta o gobernador civil Rafael Fernández Martínez notificando o incremento da subvención concedida pola delegación nacional de deportes para o novo ximnasio de Vigo, como mostra de gratitude polas atencións recibidas na súa recente visita a Vigo e Pontevedra. - O vicesecretario xeral do movemento Alfredo Jiménez Millas visita a exposición permanente do avance provincial en Pontevedra, acompañado do gobernador civil (Rafael Fernández Martínez) e outras representacións. - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez viaxa a Italia para representar a España nun congreso internacional de maxistrados para tratar problemas sobre circulación nas estradas. - Solemne entrega dos premios provinciais de natalidade. - Solemne entrega da medalla de ouro da cidade de Vigo ó maxistrado provincial de traballo, Emilio Bermúdez Trasmonte. - Circular a alcaldes e mestres nacionais da provincia sobre educación primaria e asistencia escolar. - Visita da esposa do caudillo, Carmen Polo de Franco, a Vigo a bordo do trasatlántico "Santa María" procedente de Portugal e das Illas de Madeira. Ía acompañada da súa filla, a marquesa de Villaverde; o ministro de asuntos exteriores (Alberto María Castiella) e outras altas personalidades. - Inauguración e clausura da I Asemblea rexional de turismo en Santiago de Compostela. Pola provincia de Pontevedra estaban invitados o gobernador civil Rafael Fernández Martínez, o presidente da deputación e os alcaldes de Pontevedra, Vigo, Marín e Tui. Entre os acordos adoptados destacan o da sinalización das principais rutas de Santiago e a creación dunha organización rexional turística de carácter permanente. - O subxefe provincial do movemento (César López Canabal) fai entrega en nome do gobernador civil de dúas pernas ortopédicas a unha nena que residía na avenida de Balaídos (Vigo). - O subxefe provincial do movemento (César López Canabal) fai entrega en nome do gobernador civil dunha máquina de coser a Ramona López Marcote, veciña de Baiona solteira e orfa de pai. - Circular do goberno civil declarando a aparición de glosopeda no concello de Fornelos de Montes. - Actos conmemorativos da reconquista en Vigo. O "Centro de Hijos de Vigo" realizou diversas ofrendas florais. - Elección de novos deputados con motivo da renovación trienal das deputacións provinciais. - Inícianse en Pontevedra os cultos da semana santa, prohibíndose polo gobernador civil interino (José Luis Bescansa y Gutiérrez de Ceballos) toda clase de espectáculos e bailes desde o xoves santo ata o domingo de resurrección. - Nomeamento de Luis Suárez-Llanos Menacho como Presidente da Deputación, cesando Luis Rocafort Martínez por petición propia. - Fotografías de varios acontecementos da provincia na revista "Vida Gallega".
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)