ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 48 (1960)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.451/2

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 48 (1960)

  • Data(s) 1960 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 147 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 48 (01-07-1960 / 31-07-1960).

    Recortes de Prensa. Contén:.

    - Solemne entrega dos trofeos “Antorcha” ao Pontevedra C.F. no Parque do Liceo do Casino de Pontevedra, que foi presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e outras autoridades provinciais
    - Sancións Gobernativas por infracción de tráfico
    - Enorme interese para a Corrida Benéfica do día 16 cunha enorme demanda de localidades
    - Recorte de prensa sobre os Xogos Florais Luso-Galaicos en Guimarães
    - Concesión da Cruz de Alfonso X O Sabio a Feliciano Barrera Fernández pola súa axuda en favor da Ensinanza
    - Prezos dos aceites e do pan durante o mes de xullo
    - Visita de inspección do Director Xeral de Mutilados Xeneral de División José Muñoz Valcárcel
    - A subscrición aberta polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez a beneficio do Pontevedra C.F. superou o cuarto de millón de pesetas. Próximo campionato de xadrez na cidade
    - Merecida distinción a un veciño de Guláns pola súa interesantísima colaboración coa Ensinanza Primaria
    - Celebración de Sesión do Pleno do Concello de Pontevedra presidido polo Alcalde José Filgueira Valverde. No que se tratou os problemas do servizo de auga e a adquisición do Campo de Pasarón
    - Goberno Civil. Circular sobre a moralidade pública en praias e piscinas
    - A tómbola da beneficencia provincial comezaron a recibirse os agasallos
    - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Auxe do Pontevedra C.F. Trescentas altas de socios, a recadación coa subscrición preto das 300.000 pesetas en búscanse reforzos en Madrid
    - Pazo Municipal. Estudo dos problemas do Servizo de augas, adquisición do Campo de Pasarón e Mellora do iluminación pública na Praza de España e Estribela
    - Emocionado homenaxe ao poeta don Ramón Cabanillas na súa vila natal de Cambados
    - Inauguración do monumento a Ramón Cabanillas en Cambados. Os máis famosos oradores galegos pronunciaron discursos e numerosos poetas leron versos adicados a don Ramón
    - Inaugurada oficialmente a fase do sector do XIV Concurso de Formación Profesional Industrial e Artesán, presidindo o acto o Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, o Alcalde de Vigo Tomás Pérez Lorente e outras autoridades
    - Comendo do Campionato de España de “Hockey” en Sala en Vigo. As autoridades provinciais presidiron o acto inaugural
    - A subscrición do Pontevedra C.F. superou as 300.000 pesetas
    - Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes. Regulación dos prezos dos ovos
    - Prezos de froitas e hortalizas para a semana
    - Enlace de Baonza del Prado Portela y Fernández Jardon
    - En Cambados Sesión da Real Academia Galega en homenaxe a memoria de D. Ramón Cabanillas
    - O Pleno da Deputación de Pontevedra celebrou sesión ordinaria e foron aprobados os proxectos de mellora e modernización de estradas provinciais e camiños veciñais cun orzamento de preto 15.000.000 de pesetas. Un taller fotográfico no Fogar Provincial
    - Goberno Civil: Sancións por infraccións de tráfico e retirada do carne de conducir
    - Xefatura Provincial de Tráfico. Desvío do tráfico a causa das obras na Estrada de Coruña a Vigo
    - Ultimada a compra do Campo de Pasarón que terá cabida para 18.620 espectadores
    - Xefatura de Tráfico: Normas para a revisión dos carnés por correspondencia
    - Goberno Civil: Sancións por cruzar a pista de peinador
    - Cea de Gala do Corpo consular
    - Encargada a delimitación e execución dun polígono urbano na capital. Construirase na zona do Pazo de Leis detrás da Estación do Ferrocarril
    - O Corpo Consular ofreceu o tradicional agasallo ás primeiras autoridades, pronunciaron discursos o decano Mr. Young e o Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Celebrou reunión a Comisión de Servizos Técnicos. Foi aprobado o saneamento da Marisma de Santa Mariña en Redondela
    - Na reunión da Permanente de Servizos Técnicos foron adoptados importantes acordos
    - A subscrición do Pontevedra C.F. preto das 500.000 pesetas. Rexistráronse 600 altas de socios
    - Toma de posesión da nova Directiva do Pontevedra
    - Pazo Municipal: A Comisión Permanente despachou asuntos de trámite.
    - “Pontevedra... a fala”. Resume semanal
    - O Cardeal Quiroga Palacios e o Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela Miguel Novoa Fuente visitaron o Asilo de Anciáns Desamparados
    - A apertura da tómbola benéfica será o venres 15 próximo no parque do Casino. Continúan recibíndose valiosos agasallos
    - Saída de Huelva do gando que será “lidado” na corrida do sábado
    - Goberno Civil: Interesante circular sobre as normas para a práctica da acampada
    - A exposición sobre Portugal revestirá carácteres insospeitados da súa dimensión e perfección
    - Cunha gran festa, será inaugurada o venres a Tómbola Benéfica da Deputación
    - Nota de prensa a propósito de Touros, cousas que non se observan e deben observarse
    - Kennedy, candidato demócrata á presidencia
    - O Caudillo, acompañado do Presidente das Cortes e do Goberno en Pleno, inaugurou o monumento a Calvo Sotelo na Praza de Castela
    - O.N.U. Axuda militar ao Congo
    - Kichi apuñalado. O xefe de goberno de Xapón foi apuñalado e posteriormente dimitiu
    - Estivo na capital o Embaixador dos Países Baixos en España. Mostrouse disposto a fomentar o intertroco turístico con Holanda
    - Regreso de Madrid do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Obtivo un gran éxito o ballet español de Antonio na súa primeira actuación en Castrelos
    - Continúa a actividade no seno do Club Pontevedra. Agárdanse a fichaxe de novos xogadores e que as obras do Campo de Pasarón comecen decontado. As altas de socios pasan de 700
    - Goberno Civil, concesión de pensión de xubilación
    - Hoxe inauguración da Tómbola benéfica e mañá corrida de touros
    - O Ministro Subsecretario do Movemento Luis Carrero Blanco e o da Mariña Felipe José Abárzuza Oliva chegaron a Pontevedra. O Almirante Abárzuza visitou a E.T.E.A., en Vigo, e asistirán a brillantes actos en Marín
    - O XXIV Aniversario do alzamento nacional, será conmemorado solemnemente o luns en Pontevedra e Vigo
    - Fin de curso no Fogar Provincial
    - Inauguración da Tómbola Pro Fogar-Berce Provincial
    - Falecemento de Esperanza Gaite Sancho, viúva do que fora Alcalde de Pontevedra e prestixioso avogado do Javier Puig Llamas
    - Conmemoración do 18 de xullo na Xefatura Local do Movemento en Vigo
    - Ecos do Sãn João en Vila do Conde, Portugal
    - Cunha brillante festa social quedou inaugurada a Tómbola Benéfica da Deputación instalada no Parque do Casino. Asistiu ao acto a Señora do Almirante Abárzuza e a do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, outras distinguidas damas e de autoridades provinciais
    - Gráfica do gando para tourear na corrida benéfica
    - Recepción militar en Pontevedra e Vigo co gallo do día do alzamento nacional, presidida polo Xeneral Xefe da División 81 Ángel de Losada Dicenta
    - O Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva asistiu ao canto da Salve no Mosteiro de Poio
    - Sociedade: Enlace Buceta Cupeiro-Bellver García-Alix
    - As excelentísima señora Margarita Etove dona do Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva e a dona do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, asinando boletos da Tómbola benéfica na compaña de outras distinguidas damas
    - Discurso do Ministro da Mariña, Almirante Felipe José Abárzuza Oliva, na entrega de despachos na Escola Naval Militar de Marín
    - Recepción conmemorativa do XXIV aniversario do Alzamento Nacional. Comezara as 12,30 no pazo municipal
    - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez inicia inauguracións con motivo do XXIV aniversario do Alzamento Nacional. As obras ascenden a 375 cun orzamento de 214.996.936,15
    - Visita do Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva ao Mosteiro de Poio
    - Gráficas das vivendas inauguradas o 18 de xullo na provincia de Pontevedra
    - Delegación de abastos. Prezos de froitas e hortalizas para a semana
    - Gráfica do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez collendo boletos da Tómbola benéfica á Señora Margarita Etove dona do Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva
    - “Pontevedra... a fala” resumo da semana
    - A data clave da nova era española na súa plena soberanía. Aos 24 anos do Alzamento Nacional pode contemplar o país a obra realizada e sentirse alentado na súa marcha cara o futuro
    - Regreso do Ministro da Mariña Felipe José Abárzuza Oliva a Madrid
    - Recorte de prensa sobre a brillante conmemoración patriótica de hoxe na cidade
    - Gráficas das recepcións militares en Vigo e Pontevedra co gallo do XXIV aniversario do Alzamento Nacional
    - Gráficas das autoridades na conmemoración do 18 de xullo en Pontevedra no Pazo Municipal
    - Gráficas dos actos na Escola Naval de Marín
    - Concesión de condecoracións a personalidades da provincia
    - O iluminación pública de Ponte San Paio tamén foi inaugurado polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Tui: No consulado español en Valença (Portugal) celebrouse unha brillante recepción conmemorativa do aniversario do Alzamento Nacional
    - F.E.T e das J.O.N.S: Foi aprobado o calendario de visitas aos municipios para inaugurar realizacións. Tamén acordouse no Pleno do Consello Provincial do Movemento a organización dunha exposición móbil que percorrerá os pobos a partires do mes de setembro
    - Goberno Civil: Expediente de pensión de viuvez
    - O XXI Congreso Español de Esperanto, iniciou a súa sesións baixo a presidencia do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Gráficas da revista “Vida Gallega”
    - Clausura do XXI Congreso Español de Esperanto e visita dos congresistas á Escola Naval Militar de Marín
    - Outra serie de visitas e inauguracións en diversas localidades da provincia, foron efectuadas polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - A beneficio da loita contra o cancro estase a organizar unha festa anual
    - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez realizou unha detida visita ao termo municipal de Lalín
    - Visita ao campamento “Joaquín Loriga”. O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez deu aos acampados unha lección de auténtico patriotismo
    - Asemblea Comarcal da Falanxe no Instituto Laboral de Lalín
    - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - O Ministro Secretario Xeral do Movemento José Solís Ruiz en Pontevedra. Uniuse aos seus fillos que veraneaban na Toxa
    - Hoxe Día de Galicia, festividade do Apóstolo Santiago Patrón de España. A ofrenda nacional a Santiago Apóstolo foi presentada , no nome do Caudillo, polo Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar Camilo Menéndez Tolosa, e foi recibida polo Cardeal Quiroga palacios Arcebispo de Santiago
    - Galicia e Portugal. Acentuada colaboración literaria e científica nos últimos doce meses
    - Goberno Civil: Relacións de Sancións por infrinxir o lexislado sobre o tránsito rodado
    - Gráfica do Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar Camilo Menéndez Tolosa a súa saída da Catedral pola Porta de Praterías camiño do Pazo de Raxoi
    - Brillante celebración da festa do Apóstolo Santiago. Milleiros de peregrinos desfilaron ante a Tumba do Evanxelizador de España
    - Relacións de sancións por infraccións de tráfico
    - Goberno Civil: Sancionado por non axudar a apagar o lume dun incendio
    - Don Rodrigo Recondo, delegado provincial de fútbol afeccionado e Xuvenil tomou posesión do seu cargo
    - O relatorio sobre a “Campaña contra a inxestión de solucións de lixivias e de sosa” foi entregada a Academia Médico-Cirúrxica provincial e de Vigo polos tres poñentes: Sres. Ruiz Martínez, Álvarez Blázquez e o xornalista don Santiago Vilas
    - A recadación do Pontevedra C.F., ascende a 610.502 pesetas
    - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez no seu despacho de Vigo
    - A “Fiesta da Banderita”, un chamamento da Asemblea da Cruz Vermella
    - Fontao (Concello de Cruces) O do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez inaugurou un poboado para traballadores de 131 vivendas, igrexa, escolas, campo de deportes e sala de espectáculos e locais comerciais
    - Novas obras inauguradas pola “Sociedade Estaños de Silleda, S.A.” e “Fomento Hispania, S.A”
    - O do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez presidiu a Asemblea Comarcal en Caldas de Reis, cun discurso destacando as realizacións do Réxime
    - Ausencia do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez quedando ao mando da provincia o Presidente da Deputación Prudencio Landín Carrasco
    - Sesión ordinaria do Pleno da Deputación. Despois de despachar numerosos asuntos de trámite , o do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez tivo un troco de impresións cos deputados provinciais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición