Fondos
41.453/2. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 52 (1960)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 52 (1960)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.453/2
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 52 (1960)
Data(s) 1960 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 106 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 52 (01-11-1960 / 30-11-1960).
Recortes de Prensa. Contén:
- A través dos plans de cooperación investíronse setenta millóns de pesetas
- Gráfica do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez no acto conmemorativo da Fundación da Falanxe
- Toma de posesión do Alcalde de Meis Manuel Crespo Alfaya, presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez
- Gráficas do aniversario do Auxilio Social presidido polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez
- Sancións do Goberno Civil
- Unha etapa de realizacións iniciase coa xestión do novo Alcalde Sr. Sarmiento Garra
- Os prezos e pesos do pan e dos aceites nas súas diferentes clases
- Sufraxios polos fieis defuntos da Falanxe pontevedresa
- Toma de posesión do Alcalde de Vila de Cruces Sergio Rodríguez Sánchez, sendo representado, o Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez, polo Inspector provincial de Información
- A ordenación turística da provincia de Pontevedra entra na súa fase definitiva
- Recorte de prensa sobre la construción de polígonos de vivendas en Pontevedra e Vigo
- A Falanxe pontevedresa e a Cruz Vermella homenaxearon ós caídos
- Importante reunión do Pleno da Comisión Provincial de Servizos Técnicos. Foron feitas as propostas dos plans principal e adicional para 1960, que importan 14.925.010,23 e 3.981.957,32 pesetas respectivamente
- Carta de amizade con Brasil, do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez ó Sr. José Estevez Estevez
- “Pontevedra... a fala”. Sobre a reunión dea Comisión Provincial de Servizos Técnicos
- Sancións de tráfico impostas polo Goberno Civil
- Solemne sesión de apertura do curso na academia médico-cirúrxica
- Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez
- Recorte de prensa sobre coma se desenvolve a Confraría de Pescadores de Bueu
- Janio Quadros estivo tres horas en Vigo de paso a Londres. A bordo do “Aragón” foi cumprimentado polo Director español de Asuntos Políticos de Centro e Suramérica, o Ministro Conselleiro da Embaixada do seu país en Madrid e as autoridades provinciais e locais
- O buque “Montserrat” tomará pasaxe e carga con destino a Venezuela.
- “Vida Gallega” gráfica do presidente de Brasil e outras autoridades locais
- A primeira fase da urbanización da praia de Samil ten un orzamento de 900.000 pesetas
- Recorte de prensa sobre a construción da estrada de Ponte Barcia a Ponte San Paio, cun orzamento de 300.000 pesetas
- Gráfica da solemne apertura do Curso na Academia Médico-Cirúrxica
- Praia América figura no proxecto de urbanización la zona da beiramar cun orzamento de 600.000 pesetas.
- Galicia pode ser incluída no plan de ordenación turística
- O concello de Nigrán foi auxiliado economicamente para a urbanización da praia América na súa primeira fase
- Homenaxe no Centro Galego de Madrid ó filántropo D. Feliciano Barrera Fernández
- Recorte de prensa sobre la chegada da cantante Marisol
- Gráfica sobre a apertura do novo curso na Academia Médico-Cirúrxica
- Xuntanza dos Mandos Provinciais de Xuventudes presidido polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez
- O Director Xeral da Xurisdición de Traballo Antonio Martín-Ballesteros y Costea en Pontevedra
- Novo Director da Misión Biolóxica Justo Domínguez Rodríguez
- Adxudicación de clases de adultos para contribuír a campaña extraordinaria de loita contra o analfabetismo
- Opinións sobre a primeira fase das eleccións municipais
- Festividade de San Xosé de Calasánz no Maxisterio
- Declaracións do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez, asegurando a imparcialidade da convocatoria e o resultado electoral
- Máis dun millón de pesetas para obras en Marín e O Rosal
- Circular do Goberno Civil sobre a campaña do Nadal
- Recorte de prensa sobre a homenaxe ao asilo de anciáns
- Visita de inspección do Xeneral Subdirector da Garda Civil
- Entrega de premios e diplomas a produtores na fase de Concurso de formación Profesional, Industrial e Artesán
- Recorte de prensa sobre unha liorta entre dúas familias en Lalín con sete feridos
- Foi suprimido o escudo de Vilasobroso no Centro Telefónico
- José Carril Fernández, tomou posesión do Cargo de Comisario-Xefe da Comisaría de Policía de Vigo. O acto foi presidido polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez
- Recorte de prensa sobre a ordenación de Samil
- Clausura polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez no Fogar Xuvenil a fase provincial do Concurso Nacional de Formación Profesional, Industrial e Artesán
- Campaña de Nadal nos Centros de Ensinanza Primaria
- Celebración do Día de José Antonio e os Caídos
- Publicación no Boletín Oficial das Entidades inscritas no Rexistro Especial a efectos electorais
- Celebración do “Día de José Antonio e dos Caídos” pola Xefatura Local do Movemento en Vigo
- Adxudicación de obras do camiño desde Sampaio a estrada de Peinador
- Poxa de 40 vivendas de tipo social en Pontevedra
- Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- Día de José Antonio e dos Caídos. Nota da Xefatura Local do Movemento de Vigo
- “Pontevedra... a Fala”. Conmemoración do día de José Antonio
- Gráfica do agasallo de xornalistas vigueses a la Cantante Marisol
- Presentado ó Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez o Regulamento polo que se rexerá a Sociedade Musical Reveriano Soutullo de Ponteareas
- Festa homenaxe ó Asilo celebrado na Sociedade Cultural Deportiva Salcedo
- Homenaxe a Nai Xeral das Fillas de Xesús en Vigo
- Comezo as 00,00 horas en Vigo as homenaxes a José Antonio e os Caídos
- Colocación da primeira pedra do Colexio “María Sedes Sapientiae” en Santo Tomé de Freixeiro, coa asistencia da Nai Xeral da Orde
- Gráficas de Pontevedra e Vigo na homenaxe a José Antonio e os Caídos
- Acordos da Xunta Provincial de Construcións escolares e do consello de educación
- Circular do Goberno Civil sobre Feiras e Mercados
- Festividade de San Xosé de Calasanz celebrada polo Maxisterio
- Reunión da Comisión de Servizos Técnicos presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- Conferencia do Avogado Señor López Varela na Sociedade Cultural de Riomao, co analfabetismo e os accidentes de circulación, como puntos esenciais da mesma
- Aprobada a modificación do Plan de Cooperación 1956-57. Celebración da festa patronal dos músicos
- Actividades da Irmandade de San Cosme e San Damián. O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez invitado a pronunciar unha conferencia deontolóxica
- Dúas persoas resultaron feridas nunha pelexa nun baile público
- Recorte de prensa sobre un incendio nuns almacén de Pontevedra con danos valorados en máis de 4.000.000 pesetas
- Convocatoria de eleccións municipais
- Destruída unha fábrica de fariña por un incendio con danos valorados arredor de seis millóns de pesetas
- Primeiro número do Boletín Informativo que acaba de editar o Concello reflexando a vida da cidade nos seus primeiros dez anos
- Animación ante as eleccións municipais que se celebran en Vigo. Trece candidatos para cubrir catro postos de concelleiros
- Abastecementos, prezos de froitas e hortalizas para a semana
- “Pontevedra... a fala”. Reflexións sobre eleccións municipais
- Resultados das eleccións municipais na provincia
- Gráfica sobre as eleccións en Pontevedra e Vigo
- Gráfica do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez na conmemoración da Festa Nacional do Maxisterio
- Celebración do Día do Asilo. O Alcalde Sr. Filgueira Valverde fixo entrega fixo entrega a Nai Superiora Sor Amalia Quiroga Palacios das aportacións económicas feitas en Pontevedra e Marín
- Creación do Club Náutico de Sanxenxo
- Homenaxe da Asociación de Antigos Alumnos do Fogar Provincial ó Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, Presidente da Deputación Prudencio Landín Carrasco e Deputado Delegado José María Massó García
- Novo prezo a baixa do aceite de soja
- Celebración do Día do Mestre en Pontevedra
- Retraso da liberdade de prezos para o aceite de oliva
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)