ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 53 (1960)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.453/3

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 53 (1960)

  • Data(s) 1960 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 88 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 53 (01-12-1960 / 31-12-1960).

    Recortes de Prensa. Contén:

    - Importante plan de atencións sobre realidades concretas foi aprobado polo Pleno da Deputación Provincial. As atencións forestais ascenden a 12.000.000 pesetas
    - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Sancións do Goberno Civil
    - Colaboración da Deputación a Campaña de Nadal con 25.000 pesetas
    - Recorte de prensa da Irmandade da División Azul
    - A Deputación Provincial aprobou obras e proxectos forestais por máis de oito millóns setecentas cincuenta mil pesetas. Os Saldos da Caixa de Aforros superan os catrocentos millóns de pesetas. Adquisición dunha granxa para fomento e recría gandeira
    - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Exposición de caricaturas do debuxante cordobés Díaz -Ruiz
    - Recorte de Prensa. Carta de Vigo. O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez presidiu a apertura do curso na Academia de San Raimundo de Peñafort. Novo Comisario Xefe de Policía. Inauguración de Curso no Seminario. Urbanización da praia de Samil
    - Créase na Ría de Pontevedra o Club Náutico de Sanxenxo que se inaugura o 25 de xullo
    - Premio a mellor escola. Semana de Portugal na Escola, do Goberno Civil do Porto á mellor escola da Provincia de Pontevedra
    - Concello de Vilagarcía de Arousa. Subscrición pro Nadal para os humildes
    - Reunión da Xunta Provincial de Información, Turismo e Educación Popular, presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Inauguración dun taller de fotografía no Fogar Provincial coa presenza do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e o Presidente da Deputación Prudencio Landín Carrasco. A Mellora e doazón do Gobernador Civil. Tamén foron bendicidas as escolas de nenas
    - Prezos e pesos do pan na provincia
    - Gráficas do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e do Presidente da Deputación Prudencio Landín Carrasco na inauguración das Escolas e Talleres no Fogar Provincial
    - Celebración polo rexemento de artillería da súa festa patronal
    - Vigo outra vez o maior orzamento de Galicia. A Xunta Provincial de turismo traza o seu “Plan 1961”
    - Concesión de “Medallas da Xuventude”, o Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez figura coa de ouro
    - Celebración da fase provincial de ximnasia da Sección Feminina da Falanxe
    - Gráfica das autoridades Civís e Militares a saída da Basílica de Santa María a Maior na festa de Santa Bárbara padroa de artillería
    - XX Aniversario da Lei Fundacional da Fronte de Xuventudes
    - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez informou sobre o Plan de Ordenación da Costa das Rías Baixas
    - Medallas de Ouro da Xuventude concedidas polo Ministro Secretario Xeral do Movemento José Solís Ruiz a proposta do Delegado Nacional de Xuventudes
    - Baixo a presidencia do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, reuniuse a Xunta Provincial de Información, Turismo e Educación Popular
    - Recorte de prensa sobre o arranxo de estradas de interese turístico
    - Sancións do Goberno Civil por infraccións de tráfico
    - Construción de 50 vivendas en Marín de tipo social
    - Celebración da festa da Inmaculada padroa da Arma de Infantería
    - A organización Xuvenil celebra o día da Nai. Gráfica de Alicia del Castillo Navasa, esposa do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, recibindo un ramo de flores
    - Anuncio da poxa para a construción de 50 vivendas de tipo social en Marín
    - Denunciados catro veciños de Sanxenxo por facer bulla
    - Veciño de Meaño denunciado por facer de “curandeiro”
    - Acordos da Comisión de Servizos Técnicos, concedendo prórrogas para o remate de varias obras
    - Festividade da Virxe de Loreto que foi celebrada brillantemente polo Aero Club en Vigo. Varios alumnos da Escola de Voos recibiron o título de pilotos
    - Concesión ó contratista dunha prórroga de seis meses para a terminación do Campo de Deportes da Xuventude, e outros importantes acordos da Comisión de Servizos Técnicos
    - Aprobación do proxecto de urbanización da praza de Valentín García Escudero
    - Despedida da Agrupación de Infantería Tarragona 43. O Alcalde lle impoñerá a súa bandeira a Corbata coa medalla de Prata da Cidade de Pontevedra
    - A Organización de Cegos celebrou a festividade de Santa Lucía
    - Campaña extraordinaria de loita contra o analfabetismo
    - Aparecen os tres cadáveres dos mariñeiros do “Ricardillo”
    - Chegada a Vigo da escuadra lixeira Francesa
    - Acordos da Comisión Permanente presidida polo Alcalde Salvador de Ponte y Conde
    - Visita de Cortesía do Contraalmirante-xefe da flotilla de guerra francesa
    - Donativos para a campaña do Nadal en Cuntis
    - Chegada dos barcos de guerra franceses a Vigo. Reunión a bordo del “Guichén” na honra das autoridades locais e provinciais
    - Gran acontecemento social coa inauguración dos novos salóns do Círculo Mercantil, bendicidos polo Bispo da Diocese Frai José López Ortiz
    - “Pontevedra... a Fala”. Sobre a homenaxe de despedida a Agrupación de Infantería de Tarragona núm. 45
    - O Alcalde de Vigo Salvador de Ponte y Ponce ofreceu una cea ás mandos da Frota Francesa.
    - Goberno Civil. Sinálanse pensións de xubilación
    - Subvencións para electrificación ás Xuntas parroquiais de Toutón e Portela
    - Crecente actividade da Policía Viguesa
    - Goberno Civil. Sancións da Xefatura Provincial de Tráfico
    - Más de 12.000.000 de pesetas para electrificación no rural, sendo beneficiadas 50 Xuntas Parroquiais e 260 núcleos de poboación
    - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez presidiu unha reunión da Comisión Provincial de Servizos Técnicos
    - Recorte de prensa sobre o Nadal nas institucións do “Auxilio Social”
    - A provincia de Pontevedra pasa á primeira zona, en traballos en ferro en aceiro, tras activas xestións da Organización Sindical
    - Con motivo do Nadal o Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez fixo importantes doazóns a Centros Benéficos
    - As festas do Nadal transcorreron con gran ledicia e animación nun ambiente familiar
    - Visita do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez ó lugar de Galleiro en Pazos de Borbén
    - Importante Asemblea da Cámara Oficial Sindical Agraria
    - Inauguración das obras da rúa Santa Clara
    - Obras de supresión de curvas nunha estrada en Vilasobroso
    - Inauguración do importante servizo no Fogar-berce coa presenza de autoridades locais e provinciais
    - Reunión na Cañiza da Asociación de Caza e Pesca
    - O Plan de construcións escolares e outros importantes acordos na Deputación
    - Entrada en Servizo de 17 novos tranvías. Ampliado o percorrido até Seijo
    - Chamamento da Delegación de Xuventudes ó Comercio e a Industria da Provincia para axudar na organización das Cabalgatas de Reis
    - Celebración dunha Sesión Plenaria na Cámara de Comercio de Vigo
    - Imposición dos distintivos de Orde de Isabel a Católica ó Antonio Iglesias Vilarelle presidente da Coral
    - Anuario de Vigo. Sumario con gráficas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición