Fondos
41.456/1. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 4 (1964)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 4 (1964)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.456/1
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 4 (1964)
Data(s) 1964 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra
Prensa. Tomo 4 (01-03-1964 / 31-05-1964)..
Contén:
- Visita a Pontevedra do Comisario Xeral do Plan de Desenrolo
- Recorte de prensa sobre o Plan de Desenrolo en Pontevedra, por Gonzalo Santiago
- Chegada a Vigo de López Rodó, que visitará industrias e reunirase coas autoridades
- Variación dos límites do “Polo” Vigo-Porriño, para transformar a árbore en produtos elaborados e ampliar outras industrias
- A Policía celebrou a súa festa patronal presidindo os actos as principais autoridades
- Douscentos congresistas do “Skal Club” visitaron a cidade de Vigo
- Testemuña de gratitude da cidade á chegada a Vigo de Laureno López Rodó
- Reunión do padroado do museo
- O Comisario do Plan de Desenrolo en Pontevedra visitou algunha das máis importantes das nosas industrias
- A Capital está, de feito, dentro do “Polo”
- Porriño converterase nun gran emporio industrial (Laureano López Rodó)
- Vigo é a cidade pioneira na industrialización de Galicia. Conferencia do Comisario Xeral do Plan de Desenrolos
- Celulosas resolverá este mes a súa ampliación
- Galicia, Unidade Natural
- Gráfica de Laureano López Rodó visitando Vigo acompañado polo Gobernador Civil e o Alcalde da Cidade
- Factorías M.A.R., empresa Modelo. O Comisario Xeral interesouse vivamente polo desenrolo da fábrica. Gráfica de Laureano López Rodó e outras autoridades na visita a fábrica
- Entusiástico recibimento a Laureano López Rodó en Vigo
- “Pontesa” en fase de ampliación. O Comisario do Plan de Desenrolo felicitou cordialmente a Moisés Álvarez
- Vigo ten títulos sobrados para merecer a carga e a responsabilidade do Polo de desenrolo
- O “Polo” de desenrolo pretende ser a resposta adecuada ó mundo moderno e ás necesidades da economía de hoxe
- Os problemas do campo e o Plan de desenrolo por Enrique María Santos Bugallo
- Ante a visita do Sr. López Rodó a “Celulosas”. Coas pastas que se fabrican, é preciso seguir o proceso até producir papel e as súas manufacturas
- Visita de Laureano López Rodó a “Pontesa”
- Entidades participantes nas eleccións de Deputados Provinciais
- Homenaxe do Val Miñor a don Faustino Álvarez, pola súa labor en beneficio da provincia
- Obras de turismo en Pontevedra. Segunda fase do Castelo de Monterreal e construción da Hostal de Cambados
- Eleccións sindicais. 90 compromisarios elixirán tres representantes na Deputación
- Chegada a Pontevedra do Director Xeral de Ensinanza Primaria Sr. Tena Artigas
- As construcións escolares na provincia
- Elección de Deputados Provinciais. Sindicatos intervén por primeira vez
- As construcións escolares na provincia. Para as realizacións do actual exercicio logrouse unha subvención estatal de 7.000.000 de pesetas
- Estudo das zonas de reserva industrial do “Polo”
- 110 Millóns de pesetas para a construcións escolares na provincia en 1964
- O Director Xeral de Ensinanza Primaria Sr. Tena Artigas presidiu unha reunión da xunta de construcións escolares
- Un arquitecto estudou a planificación do Polígono Industrial do Porriño
- O Polo de Desenrolo, en marcha. Diversas empresas nacionais e estranxeiras mostra interese por instalarse no seu perímetro
- O Polo e os seus cimentos
- A xunta de Construcións Escolares realizará 166 escolas e 116 vivendas para mestres en 1964
- Circular do Goberno Civil: Relación definitiva de Entidades con candidatos a Deputados Provinciais
- A XLVI Asemblea da Federación de Caixas de Aforros de Galicia
- O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García cumpre tres anos ó fronte da provincia
- Sesión Ordinaria da Deputación Provincial. Sacaranse a puxa obras de reparación en dous camiños cun orzamento de 1.010.974 pesetas
- Eleccións provinciais. Serán elixidos once Deputados e o representante en Cortes polos Concellos da Provincia
- Celebración do Venres Santo na Praza do Teucro
- Elixidos novos Deputados sendo José Ramón Fontán González, elixido procurador en Cortes
- Recorte de prensa sobre a Constitución do Censo Electoral na Salón de Sesións da Deputación Provincial
- A I Volta Pedestre a Vigo, constituíu un sinalado éxito
- Foron elixidos once Deputados Provinciais. O Xoves quedará constituída a nova Corporación. Gráfica dos Alcaldes de Vigo e Pontevedra saudándose
- O Orzamento da Deputación elévase a 73.428.318 de pesetas
- Os Polos de desenrolo e a lei de gravitación
- Reunión de Servizos Técnicos. Crédito estatal de 21.312.140 pesetas para obras do Plan Provincial
- Un crédito estatal de máis de 21 millóns de pesetas para melloras na provincia
- Galicia XXV anos de Paz, once Gobernadores Civís, oito presidentes da Deputación e nove Alcaldes tivo Pontevedra neste cuarto de século
- Declaracións de José Filgueira Valverde
- Deputación Provincial. Foron aprobados, o orzamento ordinario e os especiais de Vías e Obras e Contribucións
- Máis de vinte mil pontevedreses asistiron ós actos conmemorativos do XXV Aniversario da Paz
- Máis de 10.000 ex-combatentes en Pontevedra. Pronunciaron vibrantes discursos José María Codón, Carlos Pinilla e o Gobernador Civil Sr. Gonzalez-Sama García
- Toma de posesión dos novos Deputados Provinciais
- Gráfica da Corporación Provincial unha vez constituída
- Reunión do Padroado do Museo. Constitúese o grupo de colaboradores
- As autoridades da provincia ante o Caudillo. Palabras pronunciadas polo Gobernador Civil Sr. González-Sama García no Pazo do Pardo
- Celebración dun Pleno Extraordinario na Deputación Provincial presidido por D. Enrique Lorenzo Docampo
- O Gobernador Civil de Braga en Vigo. Invitou ás autoridades local e provinciais ás festas de Barcelos
- Información relixiosa. Precepto Pascual no Hospital
- Gráfica da solemnidade eucarística no Hospital
- Concesión de préstamos da Deputación a Baiona e A Estrada
- Sesión extraordinaria na Deputación. A presidencia facultada para interpoñer recurso a unha resolución da Administración Local
- O Señores José Filgueira Valverde, Enrique Lorenzo Docampo e Antonio Puig Gaite en Madrid
- Redondela: Sepelio de D. Ramón Feijoo Alfalla
- Deputación Provincial: O Sr. Enrique Lorenzo Docampo, reelixido Procurador en Cortes
- Reuniuse o Pleno da Comisión Provincial de Información e Turismo e Educación Popular
- Baixo a presidencia do Gobernador Civil José González-Sama García, quedou constituída a Comisión Provincial de Información e Turismo e Educación Popular
- Goberno Civil. Crédito de trinta millóns de pesetas ó Concello de Pontevedra e outro de dos e medio á Deputación Provincial
- Sesión Plenaria da Deputación: Aprobouse un Plan adicional ó de Cooperación por importe de 2.222.636 pesetas
- Deputación Provincial: Sácanse a puxa obras en camiños veciñais por dous millóns e medio de pesetas
- Deputación Provincial. Convocatoria de catro bolsas para formación técnica de médicos
- Brillante homenaxe na honra do escritor portugués Conde D’ Aurora
- O Capitán Xeneral da VIII Rexión Sr. Manzanero Holgado realizou a súa primeira visita oficial a Pontevedra. Foi saudado no Goberno Militar polo Gobernador Civil José González-Sama García
- Visita a Pontevedra de dez directores de axencias de viaxe estranxeiras. Visitaron a zona monumental co Alcalde José Filgueira Valverde
- Recorte de prensa coa data e hora para cubrir a praza de Capelán do Fogar Provincial
- O Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo será portador da Bandeira do Santísimo na procesión do Corpus
- Deputación Provincial: Sesións extraordinarias
- Gráfica das Primeiras Comuñóns de nenos e nenas do Fogar Provincial
- Exposición do “Camiño Portugués a Santiago”
- Antonio Puig Gaite, reelixido Conselleiro Nacional do Movemento
- Inauguración da exposición “O Camiño Portugués a Santiago” en Oporto, polo Cardeal Quiroga Palacios
- Pleno Ordinario da Deputación Provincial. Foron aprobados proxectos e certificacións de importantes obras
- Deputación. Aumento de prazas no Sanatorio Psiquiátrico de Toén (Ourense). Apróbase o proxecto modificado do camiño veciñal de Merca a O Castro por 2.074.904 pesetas
- Sesión Ordinaria da Corporación Provincial
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)