ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 41 (1972)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.468/1

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 41 (1972)

  • Data(s) 1972 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra

    Prensa. Tomo 41 (maio-xuño)

    Contén:

    - Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra. Anuncio do interese da Deputación para a adquisición dunha finca superior a 25 Has
    - Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Anuncio desta Entidade para a adquisición dun solar dentro do casco urbano da Capital
    - Visitas de turistas ingleses ó Museo
    - A Festa do Libro será conmemorada na Residencia de Estudantes
    - Sesión Clínica no Hospital Provincial. Ocupará a tribuna o Doutor Nogueira March que falará sobre “Aspectos Médico-Cirúrxicos das papilitis hemorráxicas”
    - O señor Peláez Casalderrey cumpre dous anos o fronte da Deputación Provincial de Pontevedra
    - Festa do Libro. Acto cultural organizado polo Centro Coordinador de Bibliotecas que foi presidido polo Gobernador Civil e outras autoridades
    - Bendición de 136 vivendas na “Caeyra”. Foron construídas pola Cooperativa da Asociación de Cabezas de Familia
    - Xuntanza do Padroado do Museo de Pontevedra. Importantes premios, bolsas e doazóns
    - Xuntanza do Padroado do Museo de Pontevedra. Vindeira convocatoria dos premios “Saiz Armesto”
    - Felicitación dos funcionarios da Deputación Provincial de Pontevedra ó seu Presidente Sr. Peláez Casalderrey
    - D. José Luis Peláez Casalderrey, dous anos ó fronte da Deputación Provincial de Pontevedra
    - 150 Millóns para conservación e mellora de vías provinciais. O Consello do Banco de Crédito Local aprobou o orzamento
    - Recorte de prensa sobre os Hospitais en España por OCTAVIO APARICIO
    - Plan complementario de cooperación provincial. Supera os 10 millóns de pesetas. Foi aprobado polo Pleno da Corporación Provincial
    - Nova sesión clínica no Hospital Provincial. Ocupará a tribuna o Doutor Vivancos que falará sobre a “Muscoviscidosis”
    - Pleno do Consello Provincial do Movemento. Xuraron os seus cargos os novos conselleiros natos
    - A Toxa será convertida no complexo turístico máis importante do norte de España
    - O Hospital Provincial de Pontevedra convoca 30 prazas para estudantes de Menciña. Asistirán ó Cuarto Curso de Verán
    - Pleno do Consello Provincial do Movemento. Detallado informe do Delegado Provincial de Educación e Ciencia. José L. Peláez Casalderrey, novo Presidente da Sección de “Política Cultural”
    - A Toxa, plataforma de desenrolo turístico de Galiza. Máis de 100 millóns estanse a investir nas obras de modernización
    - Recorte de prensa da Toxa, por RUBÉN SAN JULIAN
    - A Toxa prepárase para o turismo permanente. Este centro turístico e compatible coa industrialización da Arousa
    - Inaugurado o Centro de Educación Especial “Juan XXIII”. O acto foi presidido polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ignacio García López, acompañado de outras autoridades
    - Sesión Anatomo-clínica no Hospital Provincial de Pontevedra a cargo dos Doutores Fernández Arruty e Canitrot Andión
    - Premio Nacional de Prensa “Bernardo de la Torre Rojas”. Foille concedido a don Pedro Rial López
    - O Coro e Grupo de Danzas do Fogar Provincial, á Feira Internacional do Campo
    - Inaugurado o monumento a Rubén Darío, na Praza de Compostela. Fixeron uso da palabra o embaixador de Nicaragua, o cónsul en Vigo e o alcalde accidental
    - Gráfica do monumento a Rubén Darío, na Praza de Compostela
    - Val dos Caídos. Solemne funeral polos caídos das catro provincias galegas
    - Dous millóns para a reparación do camiño de Ponteareas a Guillade. A Deputación anunciou a segunda puxa
    - Festa patronal dos funcionarios de Administración Local
    - Concurso para unha bolsa a médicos post-graduados. Foi anunciado pola Deputación
    - Aprobación de proxectos para o arranxo de camiños. Quedaron expostos na Deputación Provincial. Pregos de condicións para as obras do Parque Móbil
    - Conferencia de don Manuel Fontoira no Hospital Provincial. Falará sobre “Tumores intratorácicos nos nenos”
    - Festividade da Padroa dos funcionarios da administración civil. Diálogo co presidente do Colexio de Pontevedra
    - Padrón do arbitrio sobre rodaxe e arrastre. Quedo exposto na Deputación
    - VI Lección do Curso Monográfico sobre Pediatría. Estivo a cargo do Doutor Fontoira Peón
    - Sesión do Pleno da Corporación Provincial. Xuntanza das distintas comisións para o estudo dos asuntos a tratar
    - Gráfica do Coro “Virxe Peregrina” na Feira do Campo
    - Conferencia maxistral do Doutor Franco Manera no Hospital Provincial, que falará sobre “Cirrosis hepáticas”
    - O Ministerio de Agricultura e a Organización Sindical, obsequiados no Pavillón Pontevedrés da Feira do Campo. Almorzo “enxebre”, no Pazo de Leis
    - Sesión Plenaria da Deputación Provincial. Máis de 3 millóns 300 mil pesetas para mellora de accesos a zonas turístico-forestais e praias
    - Gráfica das Primeiras Comuñóns no Fogar Provincial
    - Gran solemnidade e esplendor nos actos celebrados na cidade, conmemorativos da festividade do Corpus Christi
    - Pontevedra viviu unha xornada de fervor eucarístico. O Vicario Capitular de Santiago, Doutor Cerviño, concelebrou a misa solemne e presidiu a procesión
    - XIV Congreso Interamericano de Municipios en Málaga
    - 30 Bolsas na Deputación para alumnos de menciña. Están destinadas ós asistentes ó “IV Curso de Verán de Clases Prácticas”
    - Conferencia maxistral do profesor Franco Manera sobre “Cirrosis biliar primitiva” no Hospital Provincial
    - Garicano Goñi presidiu en Málaga o XIV Congreso Interamericano de Municipios. “Proclamar e defender a igualdade entre os homes, obxectivo común de todos”, dixo o Ministro
    - Bendicido polo P. Agustín Yáñez o Centro Social da Asociación de Xordomudos. O acto foi presidido polo Gobernador Civil e o Alcalde da cidade
    - Clausura, na Feira do Campo, do “stand” da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. A mostra ofrecida acaparou innumerables eloxios cara a Institución pontevedresa
    - López Bravo clausurou en Málaga o Congreso Interamericano de Municipios. O Ministro ostentaba a representación do Xefe do Estado. “Asistimos a un esforzo universal que pretende crear harmonías supranacionais”, dixo
    - Pontevedra na Feira do Campo. “O señorío da provincia, sintetizado no Pazo de Leis”
    - Curso monográfico de pediatría no Hospital. Conferencia do profesor Pulgvert na Médico-Cirúrxica
    - No Museo Provincial. Inauguración da exposición de Acisclo Manzano
    - Conferencia do Doutor Jiménez Mayor no Hospital Provincial, co tema “Tuberculose Pulmonar Infantil”
    - Aprobado o Plan Provincial de Servizos Técnicos para o ano actual. Ascenden a case 80 millóns de pesetas para 40 obras. Crédito de máis de 6 millóns para reparación de camiños
    - “Técnica, concentración e solvencia económica definirán a prensa futura”. Sánchez Bella declarou aberta en Vigo a XXX Asemblea Nacional e entregou títulos de Xornalistas de Honra
    - Fortes aplausos saudaron a entrega de títulos de xornalistas de honra. Corresponden a a Julio Fuertes-con carácter póstumo-, Ramón Celma, Lorenzo Muro, e González Martínez-Olaguibel
    - Tarxeta de invitación do Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra á actuación do Ballet Galego
    - Folleto do programa de actuación do Ballet Galego Rei de Viana publicado pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra
    - Cartaz publicitario, do Ballet Galego Rei de Viana, dunha actuación no Teatro Malvar
    - Visita dos membros da XXX Asemblea de Asociacións de Prensa. Recepción oficial no Concello
    - Exposición ó público de proxectos para a construción e reparación de varios camiños provinciais
    - Admitidos ó concurso para capataz do Servizo de Fomento Gandeiro
    - Adquisición dunha finca para mellora da gandería. Segunda fase do concurso para obras de acondicionamento da sala de Pediatría do Hospital Provincial
    - XXX Asemblea de Asociacións de Xornalistas. Celebrarase unha recepción na honra dos asistentes. O Gobernador Civil ofrecerá unha cea e a Deputación unha actuación do Ballet Galego
    - Sesión clínica no Hospital Provincial. Falará o Doutor Iglesias Fernández sobre “Anestesioloxía e Reanimación”
    - Gráfica en Pontevedra dos xornalistas asistentes á XXX Asemblea Nacional das súas Asociacións
    - Sesión extraordinaria da XXX Asemblea Nacional de Xornalismo, na Toxa. Estivo adicada a tratar da Mutualidade dos Xornalistas
    - Obras nos parques comarcais. Exposición de contas na Deputación Provincial
    - Conferencia na Deputación Provincial. Será pronunciada polo Subdirector Xeral de Sanidade Animal
    - Proxectos para mellora de camiños provinciais. Servizo de Fomento Gandeiro. Aspirantes admitidos ó concurso de capataz
    - Sesión clínica no Hospital Provincial a cargo do Subdirector do Centro e Xefe dos Servizos de Anestesioloxía e Reanimación Doutor D. José Antonio Iglesias Fernández, co tema “Consideracións en torno ó primeiro ano de existencia da Unidade de Coidados Intensivos”
    - Gráfica da Primeira Gran Gala Provincial da Xuventude
    - Gráficas da XXX Asemblea Nacional de Xornalismo
    - 80 Millóns para o Plan Provincial 1972 de Servizos Técnicos
    - Análise de machadas prehistóricas recollidas para o museo pontevedrés
    - Recorte de prensa sobre a exposición pública dos Pregos de Condicións para as obras de construción dos Parques Comarcais de Maquinaria
    - Un extenso programa de exposicións para os vindeiros meses no Museo de Pontevedra
    - Galiza necesita urxentes atencións. Xuntanza dos procuradores galegos
    - O Museo de Pontevedra e as súas noticias
    - II Bienal Rexional de Arte. Recibíronse numerosas obras na Deputación
    - Festival de fin de curso no Fogar Provincial. Celebrarase no Pavillón dos Deportes
    - Visita oficial do Capitán Xeneral da Rexión. O Sr. García Machiñena despediuse das autoridades e da guarnición pontevedresa
    - Conferencia de Don Gonzalo Cabanillas Gallas, no Hospital Provincial. Falou sobre “Problemática do Hospital Xeral”
    - “II Bienal Rexional de Arte”. Conta con gran afluencia de artistas galegos.
    - A Deputción, hoxe. 200 Millóns de pesetas para a Cidade Asistencial Infantil. Declaracións de D. Pedro Rial López, deputado presidente de dita comisión
    - Primeiras Comuñóns no Colexio de Xordomudos da Lanzada
    - O Capitán Xeneral da Rexión, Sr. García Machiñena, presidiu en Figueirido, a cerimonia de “Xura de Bandeira”. Gráficas
    - Gráfica dos alumnos do Fogar Provincial visitando o Diario de Pontevedra
    - Celebración do Pleno da Deputación Provincial. As distintas comisións xuntáronse para estudar os asuntos que serán despachados
    - Visita a Cidade, os directores de Residencias e Colexios de Xuventudes, cumprimentaron ó Alcalde e ó Presidente da Deputación
    - A Deputación aproba o proxecto de Viaduto Interprovincial de Catoira. O orzamento da obra importa 109 millóns de pesetas. Obras complementarias de recheo na Marisma do Vao por 4 millóns de pesetas
    - A Deputación, hoxe. “O Museo de Pontevedra goza de prestixio a nivel nacional e internacional”. Declaracións de D. Alfonso Otero Besada, Xefe do Negociado de Cultura
    - “II Bienal Rexional de Arte”
    - Vilagarcía, cidade. Celebrouse o “Día do Axente Comercial”. Homenaxe ó presidente do Colexio de Pontevedra, don Francisco Otero Lores. Presidiu os actos o Director Xeral de Comercio Interior, Sr. Pérez Puga

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición