Fondos
41.467/3. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 40 (1972)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 40 (1972)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.467/3
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 40 (1972)
Data(s) 1972 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra
Prensa. Tomo 40 (Marzo-abril de 1972)
Contén:
- Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. II Bienal Rexional de Arte. Bases
- Tarxeta de invitación para a asistencia ó Ciclo de Conferencias que se celebraron no Pazo Provincial co gallo da Semana Pascual
- Máis de 50 millóns para obras de camiños veciñais. Aprobadas as bases da “II Bienal Rexional de Arte”. Acordos do Pleno da Corporación Provincial
- Pleno da Deputación Provincial. Máis de 50 millóns de pesetas para reparación de camiños. Aprobada a liquidación do Plan bienal de cooperación
- A Festa Patronal da Policía. Foi conmemorada con gran solemnidade
- Sesión clínica no Hospital Provincial a cargo do Doutor José Filgueira Iglesias sobre o tratamento da asma infantil
- Despregue de servizos da Caixa de Aforros Provincial
- Gráfica do paso por Pontevedra do Delegado nacional de Educación Física, Juan Gich. Visitou o Pavillón de Deportes, o Estadio da Xuventude e o Campo de Tiro Olímpico de Bora
- Información da Deputación Provincial. Obras de camiños veciñais
- ”II Xuntanza sobre cirurxía Oftálmica”, no Hospital Provincial
- Hospital Provincial. Conferencia do Doutor Filgueira Iglesias sobre “Tratamento da asma infantil”
- A Comisión Provincial de Servizos Técnicos informou favorablemente o Plan Bienal de Cooperación por máis de 99 millóns de pesetas. 15 Abastecementos de augas; 24 camiños; 33 urbanizacións e pavimentacións; 10 pistas polideportivas e outras obras
- O XXXIV aniversario do afundimento do “Baleares”. Na igrexa de San Francisco celebrouse o acto conmemorativo presidido polo Gobernador Civil
- Antonio Puig Gaite, presidente de honra e medalla de ouro da S.C.D. Mourente
- A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra ó servizo da Provincia
- II Xuntanza sobre cirurxía Oftálmica, coa intervención dos Doutores Castañera Pueyo, Arruga Forgas e Gómez de Liaño
- Homenaxe ó Sr. Puig Gaite na Cultural de Mourente. Foille ofrecido o título de Presidente de Honra e a medalla de ouro da entidade
- Publicidade da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
- Na Residencia da Caixa de Aforros Provincial. Proclamación da Raíña das Festas Residenciais
- O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ignacio García López presidiu en Silleda o “II Campionato Nacional de Arada”, fase provincial
- Convocatoria dos “Premios Deputación 1972” de investigación, ensaio e xornalismo
- Toma de posesión do Xerente do Polo de Desenrolo de Vilagarcía de Arousa
- Gráfica do Xerente do Polo de Desenrolo de Vilagarcía, don Bernardino Temes Ramos, prestando xuramento de seu cargo
- Premios Deputación de Pontevedra 1972. Bases
- Catro bolsas para médicos postgraduados no Hospital Provincial. A Deputación anunciounas a concurso. Están dotadas con 60.000 pesetas anuais
- Rematou a segunda xuntanza sobre “cirurxía oftálmica”
- Gráfica sobre o estado da estrada que vai do Grove ó Porto de Meloxo
- Preto de seis millóns para reparación de camiños veciñais. A Deputación anunciou a puxa das obras. Deberán ser executadas no prazo de catro meses
- A Deputación Provincial de Pontevedra convoca a “II Bienal de Arte”
- Melloras no Hospital Provincial. Serán reformadas tres salas
- O Doutor Valenzuela falará na Sesión Clínica do Hospital Provincial
- Máis de trece millóns de pesetas en contratos de préstamos da Caixa de Anticipos de Cooperación a varios Concellos da Provincia
- Pontevedra. Formalización de contratos de préstamos a varios concellos
- Conferencia do Doutor Valenzuela Otero no Hospital Provincial sobre “neuroblastoma olfatorio”
- Conmemoración do “Día do Pai” no Fogar Provincial. Os alumnos montaron un festival artístico-musical
- Fervorosa conmemoración do acto fundacional das Falanxes Galegas. Vilagarcía de Arousa viviu una xornada dun fondo sentimento patriótico
- Vilagarcía. Foron inauguradas as novas dependencias da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
- A Deputación anuncia a vacante de recadador de contribucións para A Estrada
- Sesión Clínica no Hospital Provincial. Intervirán os Doutores Cuiñas Casal e Rey Cons
- Devolución de fianzas para responder das obras de reparación
- Padroado do Museo de Pontevedra. Terceiro Concurso “Coñecemento da Provincia” cos temas “Cruceiros” e “Basílica de Santa María”
- Programa da “Semana Santa de Pontevedra 1972”. Conferencias de Filgueira Valverde, Pai Pikaza e Marqués de Lozoya na Deputación
- Gráficas da inauguración do novo Casino vilagarciano
- Placa de Prata do Ministerio de Información e Turismo o Coro “Virxe Peregrina” do Fogar Provincial
- Pleno da Corporación Provincial. Para preparar o orde do día reuníronse as distintas comisións
- Xura de Bandeira no Campamento de Figueirido. 1356 recrutas de toda a rexión galega remataron o período de instrución
- Percorrido polas Rúas a procesión de Xesús Nazareno. No colexio de cegos celebrouse un recital de órgano. No pazo Provincial, conferencia do marqués de Lozoya
- Semana Santa. O Pai Pikaza (O.D.M.) falou da “Crese de Deus no Antigo Testamento”
- Filgueira Valverde e García Alén Directores da Casa Museo de Rosalía de Castro
- Novo número do “Fogar e Traballo”. Fai o 25 da publicación do Fogar Provincial
- Dous millóns e medio de pesetas para os clientes da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
- Maxistral conferencia do Marqués de Lozoya, sobre “A Paixón de Cristo a través da arte española”
- Deputación. Adxudicación de obras de camiños provinciais por importe de 15 millóns de pesetas
- Recorte de prensa sobre o Acordo do Pleno da Deputación, 15 millóns de pesetas para camiños provinciais e case cinco millóns máis para a Cidade Asistencial
- Gráfica dos alumnos do Fogar Provincial pola Ría de Vigo
- As obras do Sanatorio do Rebullón. O venres serán abertos os pregos da oferta económica
- Excursión a Baiona dos nenos do Fogar Provincial
- Distinción a Pío Cabanillas, Procurador en Cortes de representación familiar por Pontevedra, coa gran Cruz da Orde de Alfonso X O Sabio
- Visita do Embaixador de Gran Bretaña, John Russel, acompañado da súa dona e o seu fillo. Cumprimentou ás autoridades provinciais
- Gráfica do Embaixador de Gran Bretaña, John Russel, no Goberno Civil
- Consorcio Instituto Nacional para a Conservación da Natureza. Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo Forestal. Puxa de madeiras e leñas
- Cinco prazas de camiñeiros vacantes. Foron anunciadas pola Xefatura de Estradas
- Máis de dous millóns de pesetas para a sala de pediatría do Hospital Provincial. A Deputación anunciou o concurso de puxa das obras
- Recorte de prensa sobre o servizo de peiteado no Hospital Provincial
- II Bienal Rexional de Arte en Pontevedra
- Fase final e Entrega de premios do “Certame Provincial de Teatro”. Participaron, na súas fases previas, preto de vinte grupos, con máis de trescentos actores e actrices
- Competición nacional escolar de baloncesto. Brillante participación das rapazas do Fogar Provincial
- Polo que pagaría de aluguer pode ser propietario dun piso ou construír a súa propia vivenda. Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra o seu crédito especial para a gran campaña de vivendas
- Orzamento especial de cooperación por máis de 52 millóns de pesetas. Será investido no plan de obras e servizos municipais. Foi aprobado pola Permanente de Servizos Técnicos da Deputación
- Imposición da “F” de Famoso a Pío Cabanillas, por Manuel Fraga Iribarne nun céntrico hotel de Madrid. Asistiu ó acto o Ministro de Mariña Sr. Nieto Antúnez
- Recorte de prensa sobre a II Bienal Rexional de Arte de Pontevedra
- Conferencia no Hospital Provincial do profesor Hidalgo Huerta, sobre “Visión actual da Cirurxía do esófago”
- Gráfica “A obra ben feita” reforma no edificio “Fernández López” polo Padroado do Museo
- Trece pistas polideportivas construiranse na provincia. O seu importe supera os dez millóns de pesetas
- Xubilación do Interventor de Fondos da Deputación Josue Dapena Mouriño. Lle será ofrecida unha homenaxe
- Acto inaugural do Pavillón de Deportes do Colexio “Sagrado Corazón”
- Recorte de prensa sobre ¡¡A basura é un grave problema!!
- Regulamento de honras e distincións da Deputación. Servizo de limpeza no Hospital Provincial
- 300.000 pesetas ofrecidas pola Deputación á “operación metro cadrado”. O seu presidente visitou a Asociación San Francisco e os terreos de Coia
- Gráfica da homenaxe a D. Josué Dapena, Interventor da Deputación provincial, pola súa xubilación
- Cangas. A Deputación concede millón e medio de pesetas para o Colexio Nacional de Darbo
- O Director Xeral de Promoción Social inaugurou un Centro de Formación Profesional en Vilagarcía de Arousa. No mesmo acto efectuouse a entrega de títulos ós participantes no Curso de Mariscadores de San Andrés de Lourizán
- Tomou posesión o novo Delegado de Facenda Fermín Rodríguez Arroyo. Presidiu o acto o Director Xeral de impostos
- Sesión científica no Hospital Provincial, Conferencia do Profesor Cifuentes
- Vacante de Capataz para o Servizo de Fomento Gandeiro. Aspirantes a Peóns Camiñeiros e Mozas do Hospital Provincial
- Quedou constituída a Comisión Provincial Gandeira para a Feira do Campo
- Conferencia do Profesor Cifuentes Delatte no Hospital Provincial. Falara do “Valor clínico do estudo do sedimento urinario”
- Xuntanza do Padroado do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo. Asistirán os Directores Xerais de Sanidade, de Administración Local e de Política Interior
- Máis de 9 millóns para reparación de camiños veciñais. A Deputación anunciou a puxa das obras
- Xuntanza en Santiago presidida por José Luis Meilán. Tratouse da asistencia psiquiátrica conxunta para Galiza e León
- Sesión do Pleno da Corporación Provincial. As Comisións Informativas xuntáronse para estudar os asuntos a tratar
- Xuntanza da Comisión Permanente do C.E.S.G.A. As inversións públicas na rexión durante o III Plan superarán os 61.000 millóns de pesetas
- Estudos da Misión Biolóxica de Galiza. “As terras cultivadas de Valga e Pontecesures”
- Conferencia do Profesor Vilardell sobre “Colitis ulcerosa” no Hospital Provincial
- Adxudicadas definitivamente a segunda fase das obras do Rebullón. Supón un investimento cun orzamento de 30 millóns de pesetas
- A Caixa de Aforros Provincial, inaugura na rúa Riestra, a Sucursal Urbana Nº 5
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)