Fondos
41.471/2. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 52 (1973)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 52 (1973)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.471/2
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 52 (1973)
Data(s) 1973 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación Provincial.
Prensa. Tomo 52. Decembro 1973
Contén:
- VIII aniversario da inauguración do edificio do Casino Mercantil. Os actos conmemorativos comezan hoxe. O mércores, imposición da Medalla de Ouro ó Sr. Peláez Casalderrey
- Pleno da Deputación. Aprobados numerosos proxectos de obras en camiños provinciais e mellora en varias salas do Hospital. Máis de 14 millóns de pesetas para obras no Pazo Provincial
- PoNTEVEDRA ó día: Prórroga do prazo de execución das obras na Cidade Asistencial Infantil. Foron concedidas pola Deputación, á empresa construtora. Aprobados proxectos de melloras en vías de comunicación, por máis de 23 millóns.
- Autoridades, xerarquías e case 300 persoas máis na homenaxe ós Condes de Fenosa. Celebrouse no Mercantil co gallo do 82 aniversario desta Sociedade
- Os plans xerais de ordenación urbana, indispensables. Por Gerardo G. Martín.
- O xoves, no Hospital. Sesión clínica coa intervención dos Doutores Castro-Rial e Quintela Ozores
- Mañá, o Casino Mercantil impoñerá a Medalla de Ouro ó Presidente da Deputación
- En memoria do Conde de Fenosa. Gráfica
- No Mercantil, esta tarde, concerto da polifónica de Ponteareas. Seguidamente, imposición do distintivo de Ouro o Sr. Peláez Casalderrey
- Achéganse a 36.000 millóns a inversión aprobada para o Polo de Arousa para 48 unidades e 6.000 postos de traballo. Deputación: Máis de 21 millóns para melloras telefónicas
- Adxudicadas en máis de 116 millóns, as obras do viaduto sobre o Ulla. Terán una lonxitude de 700 metros. Prazo de execución, dous anos
- 54.000.000 de pesetas para obras do Rebullón, Cidade Asistencial e un Centro de E.G.B
- Un incinerador e un aparato de Raios X para o Hospital
- Aprobada a modificación de tres ordenanzas fiscais da Deputación. Tratan do aproveitamento en estradas e camiños, de servizos ó Parque Móbil e Imprenta Provincial. Admitidos ó concurso de prazas de enxeñeiro auxiliar e axudante de obras
- A ponte sobre o Ulla, en Catoira, pronta realidade. Contribuirá ó fortalecemento comercial e industrial das dúas marxes da ría
- A Xunta Provincial da Asociación do Profesorado de E.X.B., diríxese ós Procuradores da Provincia
- Adxudicación definitiva do viaduto interprovincial de Catoira. O orzamento supera os 116 millóns de pesetas. As obras de mercadiño en Miñoteira e sumidoiros en Combarro tamén adxudicadas
- Xestiónase a súa presentación ó Consello de Europa. Trinta e cinco Pazos e Torres, incluídos no inventario da Asociación de Vigo. Un segundo tomo fará referencia ós de Redondela e o Morrazo
- Onte en castrelos. Presentación do “Inventario de Pazos e Torres”
- Sesión clínica, onte, no Hospital Provincial
- O Ministro de obras públicas, fillo adoptivo da provincia. A Deputación concedeulle, tamén a Medalla de Ouro. Estas distincións serán entregadas o vindeiro ano, ó señor Fernández de La Mora
- O Ministro de Obras Públicas, fillo adoptivo da provincia. A Deputación concedeulle a Medalla de Ouro. Estas distincións serán entregadas o vindeiro ano, ó Sr. Fernández de La Mora
- Fernández de La Mora presidirá mañá o comezo das obras de Rande. Ourense e Vigo lle impoñerán as medallas de ouro respectivas
- Mañá iniciaranse as obras da Ponte de Rande. Fernández de La Mora trasladase por estrada á península do Morrazo. Regresará a Madrid no tren expreso
- Fernández de La Mora virá hoxe a Galiza. Inaugurará o tramo a Retorta-Bembibre da Nacional VI e presidirá a iniciación da construción da Ponte de Rande
- Fernández de La Mora, inaugurará hoxe o tramo de estrada A Retorta-San Román de Bembribre
- Hoxe e mañá: Fernández de La Mora , en Galiza
- Fernández de La Mora, fillo adoptivo e Medalla de Ouro da provincia
- Nomeamento de fillo adoptivo e medalla de ouro da provincia ó ministro de Obras Públicas
- Comezan as obras na Ponte de Rande. mañá, colocación da primeira pedra, coa asistencia do Ministro de Obras Públicas
- Gonzalo Fernández de La Mora fillo adoptivo e medalla de ouro da provincia
- Mañá chega a Vigo Fernández de la Mora. Presidirá o inicio das obras da Ponte de Rande. No Concello impoñeráselle a medalla de ouro da cidade (Gráfica)
- Recorte de prensa sobre a visita de Fernández de la Mora. Ministro de Obras Públicas
- A de Rande será a ponte máis singular de España
- Unha opinión. Por ser Capital de provincia... MARIÑO
- Visita dos alumnos da Escola de Ensinanza Social de Galiza. Estiveron no Fogar Provincial, Colexio de Cegos e Cidade Asistencial Infantil. Foron atendidos polo persoal de ditos centros
- O Profesor Domínguez Carmona, disertou onte no Hospital. Falou sobre “O diagnóstico e a investigación”
- Catro novas facultades para o Centro Rexional da Universidade a Distancia. A súa implantación, solicitada polo Padroado. Aprobado o orzamento, 12 millóns de pesetas, para o vindeiro curso
- Pechada a xuntanza de arquivos históricos. Condenou a instalación en Pontevedra da fábrica de celulosas
- A ponte de Rande, vello degoxo de Vigo
- Hoxe, á faciana da comarca viguesa, unha primeira pedra: a da ponte de Rande
- Xornada transcendental de Fernández de la Mora en Galiza. Hoxe recibirá as Medallas de Ouro de Ourense e Vigo. Despegue oficial da Ponte de Rande
- O ministro Fernández de la Mora, fillo adoptivo e medalla de ouro da provincia
- A Construción da Ponte de Rande iniciouse onte. Ó acto, presidido polo Ministro de Obras Públicas, asistiron autoridades e amplas representacións
- “A Medalla que me dades corresponde a todos os homes de obras públicas” (Fernández de la Mora)
- Un Galego de palabra. Medalla de Ouro de Vigo a Fernández de la Mora que inaugurou as obras da Ponte de Rande
- Obras Públicas: Despegue en Galiza. Comeza a construción da Ponte de Rande. Imposición da Medalla de Ouro de Vigo ó Ministro Sr. Fernández de la Mora
- O Ministro de Obras Públicas, en Galiza. Antes de 1970 a obra dos accesos houbera sido técnica, financeira e politicamente imposible (Sr. Fernández de la Mora)
- Comezaron as obras da Ponte de Rande. Fernández de la Mora presidiu a colocación da “Primeira Pedra”. A súa posta en servizo esta fixada para agosto de 1977
- Fernández de la Mora inaugura as obras da Ponte de Rande. O domingo abriu oficialmente o tramo da Retorta. San Román da N-VI
- O Ministro de Obras Públicas presidiu a inauguración de varios tramos dos accesos a Galiza e o comezo dos traballos da Ponte de Rande
- Primeira Pedra da Ponte de Rande (Gráfica)
- Entrega da Medalla de Ouro de Vigo ó Sr. Fernández de la Mora (Gráfica)
- En presenza de Fernández de la Mora, en Moaña, comezou a construción da Ponte de Rande, para a autopista do Atlántico. “Acaba de nacer o sol do desenrolo galego”, dixo o Alcalde de Vigo
- O Ministro de Obras Públicas en Galiza. É desexo do Goberno que Arousa sexa núcleo de potenciación industrial
- Inauguración do tramo Quines-A Cañiza do Plan de Accesos
- O remate do longo camiño ó Morrazo
- Mañá, entrega do premio “Deputación Provincial”
- Imposto de tráfico de empresas e asignación por habitante. A Deputación recibiu, por estes conceptos, máis de 56 millóns, no cuarto trimestre. O concello de Vigo, percibirá máis dun millón e medio na distribución do 10 por cento
- No ano 2.000, Arousa necesitará 1.600 hectáreas de chan industrial
- Carrero Blanco Asasinado. Un criminal atentado segou a vida do presidente do Goberno (Gráfica)
- Breve biografía de Don Luis Carrero Blanco, Gráfica
- IDENTIFICADOS. Un grupo de terroristas da “ETA” responsable do atentado que costou a vida ó presidente do Goberno, Almirante Carrero Blanco
- Carrero Blanco morreu onte en Madrid, vítima dun atentado. Con el morreron os outros dous ocupantes do coche, proxectado a 15 metros de altura
- Tres días de loito, decretado polo Goberno, en toda España. Carrero Blanco saía de escoitar misa cando sufriu o atentado. Diariamente facía o mesmo percorrido e isto facilitou o crime (Gráfica)
- Datos biográficos do almirante Carrero Blanco. Ós 15 anos, co número 1, ingresou na Escola Naval Militar
- A morte de Carrero. Biografía dunha personalidade histórica (Gráfica)
- A morte de Carrero (Gráfica)
- En preparar o crime tardaron dous meses. Utilizaron bolsas de plástico con marcas extranxeiras. Aínda quedan na habitación que ocuparon montóns de terra
- Así foio o atentado
- Desfile de personalidades. A Comisión de Leis Fundamentais, suspendeu a Sesión
- A morte de Carrero. Repulsa xeral en toda España, polo asasinato do Presidente Carrero (Gráficas)
- A Comitiva (Gráfica)
- O Presidente asasinado recibiu sepultura no cemiterio do Pardo. Emoción no enterro
- “Foi o seu derradeiro acto de servizo”. Homilía do Cardeal Tarancón na misa “corpore insepulto”
- Falou o Presidente. Serenos e fortes. “O odio pode soar con posibles desquites. É inútil”
- “Esquecemos a guerra no afán de construír a paz dos españois, pero non esquecemos nin esqueceremos endexamais, a vitoria”
- Esta mañá, en San Francisco o Grande. Franco, no funeral por Carrero Blanco
- Gran emoción no enterro de Carrero. Gráfica
- 1912, 1921 e 1973 Tres datas tristes. Carrero Blanco o terceiro Presidente de Goberno asasinado en España durante este século. Os anteriores José Canalejas e Eduardo Dato
- Loito Nacional. Repulsa unánime do pobo español polo asasinato do Presidente do Goberno CARRERO BLANCO
- Imaxe biográfica do Presidente do Goberno. Gráfica
- Lugar onde foi a explosión
- Necrolóxica de Luis Carrero Blanco
- Hoxe na Basílica de Santa María a Maior, funerais polo Almirante Carrero Blanco
- Madrid, en masa, presenciou o cortexo fúnebre do Almirante Carrero. Gráficas
- Vilaboa. Sobre a Ponte de Rande, nota do Concello
- Multitudinaria adhesión pública nos funerais polo Presidente do Goberno, Carrero Blanco. “Saimos vitoriosos na proba dolorosa á que foi sometido o sistema” (Arroyo Quiñones)
- Alocución do gobernador Civil da Provincia ante a Cruz dos Caídos. Este é un acto de expresión de dor, de solidariedade e de esperanza
- Autopista e ponte: chega a era da área metropolitana
- 56 millóns por tráfico de empresas e asignación por habitante
- A Noiteboa nos Centros Benéficos. Foron visitados polas autoridades
- Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Hospital Provincial. Comisión de Cultura. Programa de actividades científico-culturais para o curso 1973-74
- Proxectos para a mellora de varios camiños veciñais. Están expostos ó público na Deputación. Prazo de 15 días para presentar reclamacións
- Recorte de prensa anunciando a distribución do primeiro inventario socio-económico da provincia preparado pola Deputación de Pontevedra
- Recorte de prensa sobre Jose Conde Corbal debuxante de Pontevedra actualmente afincado en Vigo
- Obras de decoración e reforma do Pazo Provincial
- Poxa dos aproveitamentos de madeira na Provincial
- Pleno da Deputación. Aportación de 30 millóns de pesetas para as obras de ampliación de Peinador. Novas obras de mellora no Hospital Provincial
- Carlos Arias Navarro nomeado Presidente do Goberno
- Arias Navarro, pertence á Carreira Fiscal e exerceu coma notario en Madrid. Gráficas
- Onte no Mercantil. Cordialísima homenaxe ó Dr. Barros Malvar. Asistiron autoridades e representacións
- A vida de Franco, estivo, está e estará ó servizo dos españois. Mensaxe de3 Fin de Ano do Xefe do Estado
- O Presidente. Gráficas
- Lealdade e eficacia. Bases de actuación do novo presidente do Goberno. “Si o político non é un home de realidades e mellor que colla o seus sombreiro e marche”, declarou en certa ocasión
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)