Fondos
41.473/1. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 56 (1974)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 56 (1974)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.473/1
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 56 (1974)
Data(s) 1974 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación Provincial. Prensa. Tomo 56. Maio 1974 Contén: - VII Xuntanza da Sociedade Oftalmolóxica de Galiza e IV Xuntanza sobre Cirurxía Oftálmica. Terán lugar no Hospital Provincial os días 4 e 5 do actual mes - Os días 4 e 5, en Pontevedra e A Toxa. VII Xuntanza Científica da Sociedade Oftalmolóxica de Galiza e IV Xuntanza sobre cirurxía oftálmica - Empresa Nacional de Celulosas, S.A. Fábrica de Pontevedra. Unha forza no desenrolo de Galiza - Campo Lameiro. Póliza de vida para os membros de todas as Corporacións Municipais, pagada pola Deputación. Proposta do alcalde ó pleno do Concello - No Hospital Provincial. Hoxe, comeza a VII Xuntanza da Sociedade Oftalmolóxica de Galiza e a IV Xuntanza sobre Cirurxía Oftálmica. As sesións, rematarán mañá na Toxa - Ampliación á referencia. Creación dunha liña de crédito oficial para financiar o equipamento e a modernización das empresas. Tres mil millóns de pesetas, axuda suplementaria para o plan de accesos a Galiza - Consello de Ministros. Acordo polo que se autoriza unha financiación complementaria de 3.000 millóns de ptas., para o Plan de Accesos a Galiza - Tres procuradores piden a non autorización de certas industrias na ría de Arousa - Xuntanza científica da Sociedade Oftalmolóxica de Galiza. Comeza esta tarde no Hospital Provincial - O Ministro de OO.PP., ao CESGA. Galiza terá os accesos para 1976 - 3.000 Millóns para os Accesos a Galiza. Vindeira contratación dos tramos de Pedrafita e de Betanzos – Ferrol. Aceleración das obras da vía do Sil, para poñela en servizo no Ano Santo - Pontevedra. Case 90 millóns destina a Deputación para a Rede Viaria Provincial - Sesión Ordinaria da Deputación. Preto de 16 millóns de pesetas, aportación á Mancomunidade do Umia. Aprobación de 51 proxectos de camiños, con cargo a un orzamento extraordinario de máis de 62 millóns - Galiza terá accesos - Onte, no Hospital, importante xornada da Sociedade Oftalmolóxica de Galiza e IV Xuntanza sobre Cirurxía Oftálmica - Comezou no Hospital a IV Xuntanza sobre Cirurxía Oftalmolóxica. Hoxe, sesións na Illa da Toxa - BREVE * BREVE. Recorte de prensa sobre aeroportos, siderurxia etc. - Hoxe, será inaugurada oficialmente a Residencia Sanitaria da Seguridade Social, en Montecelo. Presidirá o acto, o Ministro de Traballo e vicepresidente terceiro do Goberno, D. LICINIO DE LA FUENTE - Convocatoria dos premios anuais da Deputación. O día 15 de xullo remata o prazo de presentación dos traballos - O vicepresidente terceiro do Goberno en Galiza. “A política rexional, pode ser o xeito máis humano, para lograr unha contribución positiva do crecemento do país” - O Ministro de Traballo inaugura hoxe a Residencia Sanitaria de Montecelo. Ten capacidade para 271 camas e 18 berces. O orzamento de construción e material sanitario ascende a 350 millóns - Visita do Subdirector Xeral de Inmobles e Obras. En Tui estudou as posibilidades de ampliación do Parador - VII xuntanza científica da Sociedade Oftalmolóxica de Galiza. Celebrouse o domingo na Toxa - A Directiva do Plan Marisqueiro, oposta ó asentamento en Arousa de Industrias perigosas. Existen riscos de exterminio das riquezas naturais - “Mesa Redonda” na Voz de Galicia, conclusións. “Unha das bases da industrialización de Galiza debe ser a transformación “In Situ” das súas materias primas” - Sentencia da maxistratura de traballo. O Doutor Besada, director médico do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo. A sentenza, ademais, condena ós demandados a indemnizarlle con 119.000 pesetas - Os “Amigos dos Xardíns”, en Pontevedra - O Ministro de Traballo en Pontevedra. Gráfica - Máis sobre contaminación. C O D E S I D O - O Ministro de Traballo e vicepresidente terceiro do Goberno, inaugura a Residencia Sanitaria de Montecelo. Asistiron autoridades e representacións diversas de toda a Provincia. Gráficas - Crónica de Madrid. Todo estará ultimado para 1976, no que a acesos a Galiza se refire. Ó parecer, o Sur non quedará relegado. Segunda versión que se nos facilita, as obras proseguirán satisfactoriamente - O Plan de Accesos a Galiza non podería frustrarse por un relevo ministerial. (Novo Diario). Os 3.000 millóns deberon consignarse para a anualidade de 1974. O relanzamento das obras terá que ser inmediato, engade o matutino madrileño - Premios Deputación Provincial. * Foron convocados para o presente ano. - Convenio colectivo para industrias de ferro e aceiro de menos de 100 traballadores. * Ten carácter provincial - Recorte de prensa sobre Mondariz - “Mesa redonda” na Voz de Galicia conclusións. “A carreira polo crecemento económico tende unha trampa ideolóxica” (Beiras Torrado) - Accesos a Galiza: “Non haberá discriminación”. É inevitable que se produzan certos retrasos no conxunto - A nosa rexión é, agora mesmo, obxecto dun trato especial por parte do Goberno - Non haberá discriminación: os traballos nos accesos levaranse co mesmo ritmo e interese. Declaracións do Gobernador, señor Pedrosa Roldán, en exclusiva para FARO DE VIGO - Rogo ó goberno dos procuradores sindicais de Pontevedra. Hai que salvar a Ría de Arousa - O Ministro de Obras Públicas visitará os Accesos a Galiza o día 25 - “MESA REDONDA” na Voz de Galicia CONCLUSIÓNS - >ángulo AGUDO. GALIZA, LONDRES, MADRID por C O U S E L O - Que o Goberno salve as rías de Arousa e Pontevedra. Rogo de tres procuradores en Cortes de Representación Sindical pola Provincia - Que o Goberno salve a ría de Arousa. S.O.S. formulado por tres Procuradores en Cortes pola provincia. Contaminación na ría de Pontevedra imputable a vertidos industriais. Existen instalacións fabrís con evidente transgresión da Lei - “MESA REDONDA” na Voz de Galicia CONCLUSIÓNS - >ángulo AGUDO. Actuacións inconsecuentes por C O U S E L O - “Non se deben montar industrias contaminantes en lugares onde supoñan dano para unha riqueza existente” (Torres Cervigón). “MESA REDONDA” na Voz de Galicia CONCLUSIÓNS. - UNIVERSIDADE. Convocatoria dos premios da Deputación Provincial de Pontevedra para teses doutorais e licenciatura - Ante a 8ª Feira Agrícola e Industrial de Vilagarcía. “Quizais un dos logros fundamentais da Feira é o de xerar unha inquietude na mente do agricultor” (Sr. D. José Luis Peláez Casalderrey) - O TEMA da INCOMUNICACIÓN de GALIZA. FESTAS e OPERA, DOUS PROGRAMAS pendentes de datas. “A CAIXA” estuda solucións para a creses aguda de vivendas sociais - Xuntanza de Prensa en Vigo. En torno a AUTOPISTAS do ATLÁNTICO, concesionaria da gran empresa de Galiza - Na Autopista do Atlántico está prevista un investimento de 17 mil millóns de pesetas. Os primeiros tramos que se poñerán en funcionamento: Pontevedra-Vigo-Porriño e Guísamo-A Coruña - Máis de dous millóns en mobiliario, para a Deputación Provincial - “MESA REDONDA” NA Voz de Galicia CONCLUSIÓNS . “A costa galega é particularmente vulnerable, feble, exposta a graves modificacións ecolóxicas”. “Debería vixiarse con especial atención o vertido de agresores do tipo dos metais pesados” - Poxa e proxectos de obras da Deputación - Tres millóns de pesetas para obras en camiños - O coloquio na “Mesa Redonda” do Casino Mercantil (II). “Celulosas” debeu ser pechada” (Señor Quiroga). “Posto que son reo nesta cuestión, calquera defensa que faga vai ser mal interpretada” (Señor Garrido). “Se houbo unha violación da Lei, tiña a Administración que responder á mesma (Señor Yuste) - A contaminación das rías galegas é a maior das costas españolas, precisa unha lexislación e un tratamento especiais. DECLARACIÓNS A “HOJA DEL MAR” DO DIRECTOR DE INVESTIGACIÓNS PESQUEIRAS - “MESA REDONDA” NO CASINO MERCANTIL (III). “As factorías de Celulosas producen danos irreparables” (Sr. Torre Cervigón). “Non hai que vacilar. Que se cumpra a Lei” (Sr. Quiroga) - Máis de 3 millóns de pesetas para mellora de vías provinciais. A Deputación anuncia o acondicionamento de instalacións en Areeiro - > ángulo AGUDO “AMBIENTES” SOBRE O AMBIENTE por C O U S E L O - O vindeiro mércores Festa Patronal dos Funcionarios de Administración Local - “MESA REDONDA” NO CASINO MERCANTIL (e IV). “¿Pensouse na mellor localización industrial?” (Señor Beiras Torrado). “O dano é ás cousas, non ás persoas” (Señor Yuste). “O perigo do mercurio, é só unha cuestión de doses” ( Señor Torre Cervigón) - A penetración en Vigo da Autopista do Atlántico. O custo total de construción elévase a case 22.000 millóns de pesetas, deles sete mil serán destinados ó pago de salarios. A Ponte de Rande entrará en servizo a comezos de 1977 - Referencia do Consello de Ministros - Segundo se comenta. Os Alcaldes e Presidentes de Deputación serán elixidos directamente polos veciños - A nosa area industrial pide aprobación. Unha circunstancia propicia para a comarca Vigo-Mos-Porriño-Tui - O vindeiro sábado. Primeiro fin de semana tocoxinecolóxico no Hospital Provincial - De rumor en rumor. Os Alcaldes non precisarán ser concelleiros - De cara o desenrolo rexional “SODIGA” necesita outras posibilidades para a financiación a medio e largo prazo - “Cando se exporta man de obra é inmoral que non se trate de importar algo de contaminación” (Calvo – Sotelo). “Perdemos importantes industrias porque a Área non está en marcha” - Recorte de prensa sobre colaboración das Deputacións Provinciais - Proxectos para 22 vías provinciais. Foron aprobados pola Deputación - Os accesos a Galiza: concedeuse a financiación necesaria para que as obras poidan seguirse conforme ó programa previsto - “Galiza non estará salvada soamente cos accesos: as causas da falla de desenrolo son múltiples” - Unha dúbida chamada desexo. A Lei de Bases do Réxime Local - 300.000 Pesetas. A Dirección Xeral de Cultura Popular subvenciona a I Bienal Internacional de Arte - Para a “I Bienal Internacional de Arte”. Información e Turismo concede 300.000 pesetas - Pulso de GALIZA. Xuntar esforzos - Conxo, satisfacción e desencanto, por RODRIGO VARELA - >ángulo AGUDO. O cabalo de batalla dos “Neomalthus Ianos” - “Endexamais pasou pola miña cabeza paralizar as obras dos accesos a Galiza” (Ministro de Obras Públicas) - Ós 45 minutos de reintegrarse á Dirección. O doutor Besada, despedido de Conxo
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)