Fondos
41.459/1. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 13 (1967)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 13 (1967)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.459/1
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 13 (1967)
Data(s) 1967 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra Prensa. Tomo 13 (01-01-1967 / 27-04-1967) Contén: - Gráfica das autoridades provinciais facendo entrega do título de Fillo Adoptivo da provincia ó Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne - Gráfica da clausura do I Coloquio Luso-Galaico de Historia Medieval - Pleno da Deputación Provincial. Máis de 5 millóns de pesetas para obras en camiños. Reformas no Hospital e cesión do edificio do Rebullón - Agasallo de pascua na Deputación, ofrecido ós funcionarios do organismo polo Presidente Enrique Lorenzo Docampo e o Vicepresidente e Delegado Provincial de Información e Turismo Antonio Puig Gaite - Gráfica de Rubiera Stalton Galicia, S.A, que invertiu 80 millóns de pesetas. O xerente José Ortiz Ramos amosoulle as instalacións ó Gobernador Civil Ramón Encinas Diéguez - Gráfica da visita do Gobernador Civil, Ramón Encinas Dieguez a fábrica de terrazos, MANUEL RIEGO PORRIÑO, S.A. - Bendición do Colexio Menor “San Francisco de Asis” en Vigo, polo Bispo da diocese Frei José López Ortiz - Entrada en servizo do Campamento Militar de Figueirido - Visita do Gobernador Civil Ramón Encinas Diéguez e outras autoridades ó Porriño (Gráficas) - Sesión da Corporación Provincial baixo a presidencia de Enrique Lorenzo Docampo. Camiños veciñais, accesos ás praias, ordenación da costa e acondicionamento dos ríos asuntos tratados - Homenaxe das cidades a Pío Cabanillas Gallas, Subsecretario do Ministerio de Información e Turismo, co nomeamento de Fillo Predilecto da Cidade de Pontevedra - Firme andadura da Empresa Provincial o Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra, Ramón Encinas Diéguez presidiu a reunión extraordinaria da Asemblea do Consello Provincial do Movemento e da Comisión Provincial de Servizos Técnicos. O orzamento das inversión para 1967 ascende a 1.500 millóns de pesetas - Ambicioso plan de Industrialización de varios Concellos da Provincia - Pleno do Padroado Provincial da Vivenda. Interésase orde de preferencia para a construción de dete3rminados grupos na provincia e resolución de varios expedientes de cooperativas - O Delegado Nacional de Provincias José Luis Taboada García clausurou as “Xornadas Informativas” para Alcaldes e Xefes Locais do Movemento - Acordos do Padroado Sindical Provincial da Vivenda - Telegrama do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo ó Ministro de Obras Públicas Federico Silva Muñoz, lamentando a exclusión do Plan de Regos Asfálticos da Zona Sur de Galicia - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra , Ramón Encinas Diéguez, presidiu a inauguración do III Curso do Centro de Formación Profesional Acelerada (F.P.A) - Visita de inspección do Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar, Manuel Chamorro Martínez, que condecorou ó Gobernador Militar Luis Anel Urbez - Exposición de Canaricultura, co II Gran Premio Provincia de Pontevedra - Deputación Provincial: No pleno extraordinario de hoxe darase conta da labor feita e proxectos para o ano actual. 113 millóns de pesetas orzamento ordinario - Amplo informe do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo, sobre a labor feita e o incremento orzamentario para 1967 - O Gobernador Civil Ramón Encinas Diéguez presidiu a Sesión Extraordinaria da Corporación Provincial - Adxudicadas as obras do Rebullón - Sesión ordinaria do Pleno da Deputación Provincial presidida polo Presidente Enrique Lorenzo Docampo - O Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo e o Vicepresidente Antonio Puig Gaite agasallados polo persoal da Deputación Provincial (Gráficas) - Carmen Polo de Franco madriña do buque “Mar de Vigo”, do grupo “MAR S.A”, que se incorpora a flota conxeladora - Carmen Polo de Franco en Pontevedra. Acudirá a escoitar misa en Santa Clara - Necrolóxica de Luis Rocarfort Martínez que fora Presidente da Deputación de Pontevedra - Novas oficinas da Subdelegación de Industria. Traballo en equipo coa Delegación Provincial - 18 Millóns de pesetas, importe das obras de ampliación do Hospital Provincial - Recorte de prensa sobre a exclusión incomprensible da zona sur de Galicia do Plan R.E.D.I.A - Elección de Deputados Provinciais. Preséntanse 6 candidatos. - Foron proclamados sete candidatos na elección de Deputados Provinciais - Festa social no domicilio do Sr. Portanet Suárez pola onomástica da súa dona - Un ano de labor eficiente e exemplar ó fronte da Delegación Provincial de Información e Turismo de Antonio Puig Gaite e do Delegado Adxunto José Antonio Campos Borrego - Almorzo do Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne no Parador do Albariño en Cambados - O Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne preside a clausura do I Cursiño Rexional de monitores de Tele-clubs - Gráfica do Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne durante a súa visita á provincia - O premio “Reconquista” para a Caixa de Aforros Municipal. Declaracións do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo - Eleccións a Deputados Provinciais. Candidatos pola representación de Entidades - Recorte de prensa sobre as mareas vivas - Conferencia conmemorativa do Profesor Filgueira Valverde no Mercantil. Inauguración do Club de Xubilados - Conmemoración do CLVIII aniversario da reconquista en Vigo - Gráfica do Capitán Xeneral da Rexión Militar D. Manuel Chamorro Martínez visitando o campamento de Figueirido - Conferencia de D. Carlos Robles Piquer, director xeneral de Información, no Ateneo, sobre “Hispanoamérica e a Revolución” - O Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar D. Manuel Chamorro Martínez acompañado de outras autoridades e esposas visita o Club de Xubilados - O Pleno da Deputación aprobou o proxecto para a I fase de obras no Hospital por máis de trece millóns de pesetas - Gráfica da nova Corporación Provincial presidida por Enrique Lorenzo Docampo coa presenza de Ramón Encinas Diéguez Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra - Saída do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra, Ramón Encinas Diéguez, para Madrid - Chegada de Madrid do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra, Ramón Encinas Diéguez - Coches-restaurante nos expresos de Galicia - Galicia Sur e o Plan R.E.D.I.A., tamén insisten a cámara de Comercio de Vigo e o Consello Económico-Sindical do Noroeste - A menos do seu costo a Deputación cede ós labradores vacas selectas na campaña de mellora gandeira - Solemne celebración da comuñón dos enfermos no Hospital - Novo Secretario da Deputación. Nomeamento de D. Pascual Rosón Pérez
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)