ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 14 (1967)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.459/2

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 14 (1967)

  • Data(s) 1967 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra Prensa. Tomo 14 (04-05-1967 / 31-07-1967) Contén: - Interesante exposición sobre os aspectos turísticos da provincia. Será levada despois por diversas cidades do Mediterráneo - Asemblea comarcal de Municipios e Consellos Locais baixo a presidencia de D. Ramón Encinas Diéguez, Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra, ó que lle foron impostas os distintivos da Orde do Xugo e as Frechas - Recorte de prensa sobre dous anos ó fronte da provincia de D. Ramón Encinas Diéguez, Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra - A Asemblea Comarcal obxecto dun interesante temario. No acto de clausura foi tributado un homenaxe ó Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez, polo Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo - Padroado do Museo: Importantes donativos de José Fernández López e da familia Saiz Armesto - Celebración de dous plenos extraordinarios na Deputación Provincial - Plan de camiños e crédito extraordinario da Deputación Provincial. Informe do Presidente Sr. Lorenzo Docampo en Roda de Prensa - Máis de 64 millóns de pesetas para reparación de camiños veciñais. Declaracións do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo - Regreso da Bretaña do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez - Plan de camiños da Deputación e outras inversións na provincia - Solemne acto relixioso no Colexio da O.N.C.E. O cardeal-arcebispo Sr. Quiroga Palacios consagrou o altar da nova capela coa asistencia de autoridades e representacións - Renovado fervor relixioso nas solemnidades do Corpus, coa asistencia do Arcebispo de Anking (China) - Máis de sete millóns e medio de pesetas para ampliación do Hospital Provincial - Recorte de prensa felicitando a Enrique Lorenzo Docampo polas xestións feitas na Arxentinas - Inauguración en Domaio do refuxio “Rogelio de la Granxa” de Montañeiros Celtas, e imposición de Medallas de Prata a nove socios fundadores do Club no seu XXV Aniversario e concesión do Trofeo “Delgado Úbeda” a Montañeiros Celtas - Recorte de prensa sobre os agasallos da Deputación de Pontevedra á Irmandade de Mariñeiros Voluntarios da Cruzada e exposición das bases para un préstamo de vinte millóns de pesetas - Deputación Provincial: Conta de administración do patrimonio provincial - Antonio Puig Gaite nomeado “Mariñeiro Voluntario” pola Xunta plenaria provincial da Irmandade de Mariñeiros Voluntarios da Cruzada - A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra puxo o pasado domingo broche de ouro ó seu “Primeiro Gran Sorteo 1967” - IV Aniversario da toma de posesión de Enrique Lorenzo Docampo como Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra - Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra coa aprobación de dous orzamentos un de 64 millóns de pesetas para o arranxo de estradas e outro de 80 millóns de pesetas para traídas de augas a xestionados a través do Banco de Crédito Local - Inauguración da exposición de arte románico no museo de Pontevedra - Deputación Provincial de Pontevedra: Recorte de prensa sobre a exposición de proxectos de camiños veciñais - Recorte de prensa sobre a apertura da Exposición Provincial de recursos turísticos - Importación de 166 vacas de raza frisona-canadiense polo plan de mellora gandeira - Sesión Extraordinaria do Pleno da Deputación coa aprobación dun Orzamento Extraordinario. 65 millóns de pesetas para mellora de camiños e outro de case 32 millóns de pesetas para diversas obras - Orzamento: Preto de dous millóns de pesetas en obras para a finca do Areeiro - Deputación Provincial de Pontevedra: Exposición do anteproxecto do orzamento extraordinario - XVII Escola Internacional de verán para directivos das Caixas de Aforros (organizada pola Confederación Española) - Invitados pola Caixa de Aforros de Vigo. Estancia en Vigo de directivos das Caixas de Aforros de todo o mundo - Visita dos Capitáns Xenerais de Galicia e Norte de Portugal Sr. Chamorro Martínez e Sr. Pereira, respectivamente, acompañados dos seus cortexos - Manuel Aznar Acedo Subdirector Xeral de Radiodifusión, en representación do Ministro de Información e Turismo, presidiu a clausura da Asemblea da C.O.P.E. Inauguración da Nova emisora “Radio Popular de Vigo” - Unha alta comisión do exército portugués, encabezada polo Xeneral Pereira, visitou o Rexemento Mixto de Artillería Número 3, invitado polo Capitán Xeneral da VII Rexión Militar Sr. Chamorro Martínez - Estancia en Pontevedra do Xeneral Comandante da Primeira Rexión Militar de Portugal. Gráfica dos Capitáns Xenerais de Galicia e Oporto pasando revista ás tropas - Emotivo acto de bendición e botadura de moto-pesqueiros nas “Factorías Vulcano” presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez acompañado de outras autoridades - Gando selecto para agricultores. A Deputación Provincial entrega reses holandesas ós agricultores - O Subsecretario do Ministerio de Información e Turismo Pío Cabanillas Gallas presidirá a inauguración das Exposicións de Recursos Turísticos e Salón de Artes - Ascende a quince millóns de pesetas a liquidación provisional por tráfico de empresas - Inicio das Xornadas do Festival da Canción Galega. O Cónsul Xeral da Arxentina en Vigo cumprimentou o Sr. Filgueira Valverde Alcalde de Pontevedra - Inicio do Festival da Canción Galega cunha conferencia do Dr. Pires de Lima - Gráfica do Subsecretario de Información e Turismo Pío Cabanillas Gallas cortando a cinta da inauguración da Exposición de Recursos Turísticos e posteriormente presidiría unha reunión de Alcaldes pontevedreses no Goberno Civil - Orzamento de cinco millóns de pesetas para camiños veciñais na Deputación de Pontevedra - Condecoración ó Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo, coa concesión da Cruz do Mérito Militar con distintivo branco - Brillante recepción conmemorativa do 18 de Xullo no Goberno Militar. Exposición pictórica no Museo - O Presidente da Deputación de Barcelona José María Muller Abadal visitou exposicións provinciais - Gráfica sobre a Exposición-Homenaxe a Pintos Fonseca - Máis de mil millóns de pesetas foron investidos na provincia de Pontevedra nun ano - Don José María Muller y de Abadal, Presidente da Deputación de Barcelona, visitou a Exposición de Recursos Turísticos - Exposición de “Luis Pintos” de pinturas e debuxos no Museo - Data da ofrenda a Virxe da Peregrina polo Consello Provincial do Movemento - Máis de tres millóns de pesetas para a reparación de camiños. A Deputación Provincial anunciou a puxa pública das obras - Concesión da Cruz da Orde do Mérito Militar ó Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo, o Comandante Director da Escola Naval Militar José Fernández Cantalejo e ó Pontevedrés José Rodríguez Raposo xefe dos servizos da Dirección Xeral de mutilados de guerra pola Patria - Recorte de prensa sobre a ampliación do Hospital constará dun pavillón de catro andares - Presidida polo Presidente Enrique Lorenzo Docampo a Corporación Provincial celebra Sesión Extraordinaria - Misa en sufraxio da alma do ex-presidente do Brasil, Mariscal Castello Branco - Exposición de condicións para obras na Secretaría Deputación Provincial de Pontevedra - Dúas importantes sesións do Pleno da Deputación Provincial. Acordo dun empréstito de 20 millóns de pesetas co Banco de Crédito Local - Plenos da Deputación Provincial. Proxecto tipo dun campo escolar de deportes - Ponteareas entregou o título de Fillo Predilecto a Don Feliciano Barrera

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición