ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 18 (1969)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.460/3

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 18 (1969)

  • Data(s) 1969 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra

    Prensa. Tomo 18 (01-01-1969 / 31-03-1969)

    Contén:
    - Despedida do ano na Deputación Provincial presidida polo Presidente Enrique Lorenzo do Campo e o Vicepresidente Antonio Puig Gaite
    - A IV Festa-Concurso da Camelia. A Vigo correspóndelle este ano
    - Cinco mortos e corenta e un feridos, tráxico balance dun accidente ferroviario
    - Toda Galicia representada na homenaxe a Álvaro Cunqueiro
    - Na Casa Consistorial José Filgueira Valverde recibiu a Medalla de Ouro da cidade
    - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez, inaugurou solemnemente en Vigo “Frigoríficos Berbés, S.A.”
    - Celebración con gran éxito da III Festa do Deporte nos Salóns do R.C. Naútico
    - Gráficas sobre a visita a Frigoríficos Berbés S.A., do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez con outras personalidades
    - Gráfica sobre a Camelia
    - Brillantes actos organizados pola Asociación de Prensa na festa de San Francisco de Sales
    - Sesión Plenaria da Comisión Provincial de Servizos Técnicos e do Consello Provincial do Movemento
    - Corporación Provincial. O Gobernador Civil Presidiu unha reunión extraordinaria
    - Construción en Vigo dun Gran Dique Flotante
    - Gráfica sobre o empresario do día
    - Boa acollida á excursión da “Casa de Galicia” de Bos Aires
    - Cen millóns de pesetas para a construción dun Fogar, un Fogar-Berce, un Colexio de Subnormais e un Colexio de Xordomudos
    - Convenio para a construción de edificios con destino ás Escolas Especiais
    - Recorte de prensa sobre a adhesión provincial ó Caudillo
    - Recorte de prensa sobre Igualdade de oportunidades por José Francisco Armesto
    - A autopista do Atlántico, a súa penetración en Pontevedra e Vigo
    - V Concurso-Exposición Internacional da Camelia
    - Máis de 3000 millóns de pesetas serán investidos na provincia durante o presente ano
    - Recorte de prensa sobre a Festa Patronal dos Periodistas
    - Mellora de camiños veciñais a Deputación vai investir máis de 70 millóns de pesetas
    - V Concurso-Exposición Internacional da Camelia
    - Gran impulso da Deputación na súa tarefa de Beneficencia
    - A Comisión Provincial presidida polo Gobernador Civil, visitou ó Vicepresidente do Goberno e varios Ministros
    - A labor da Deputación en materia de Educación Deportes e Turismo
    - Cursos monográficos no Hospital Provincial
    - Cursos monográficos, sesións clínicas e conferencias extraordinarias
    - Ampla tarefa da Corporación Provincial en Cooperación e Desenrolo
    - Centenario do nacemento do Galego D. Ángel Amor Ruibal, teólogo, canonista e filólogo
    - Apoio da Deputación ó desenrolo gandeiro provincial
    - Repoboación forestal a cargo da Deputación de Pontevedra
    - Máis de 121 millóns de pesetas inversión da Deputación durante o ano pasado
    - Recorte de prensa sobre a Camelia por Antonio Odriozola
    - Dous premios para Teses Doutorais e dous para Estudos na Universidade de Santiago
    - Bolsas para médicos post-graduados convocadas pola Deputación Provincial
    - Reunión conxunta de Conselleiros e Axentes-Secretarios da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez. A Caixa de Aforros Provincial superou os 2.000 millóns de pesetas nas súas contas de aforro
    - Intensificarase de xeito decidido e preferente a construción de vivendas, especialmente as de tipo social
    - Apertura do V Concurso-Exposición Internacional da Camelia
    - Don Alfredo Moreira Dasilva, Camelia de Ouro de Doña Carmen Polo de Franco
    - Emilio Álvarez Blázquez, “peón camiñeiro furtivo”. O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento entregoullele o uniforme de Peón Camiñeiro
    - Apertura do V Concurso – Exposición Internacional da Camelia
    - Valiosísima aportación o Museo
    - Pontevedra entra co pé dereito. “Contan co meu apoio e entusiasmo os proxectos agrarios sobre Galicia” declaracións do Sr. Díaz Ambrona, Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación
    - Grande actividade das autoridades pontevedresas en Madrid. Visitaron a varios Ministro do Goberno
    - Gráfica do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez amosándolle ó Ministro, entre outros, os problemas de vivenda na provincia
    - No Hospital conferencia do Dr. Novo González
    - Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Oposicións para prazas de Auxiliares Administrativos
    - Gráfica da visita ó Ministro de Vivenda Sr. Martínez Sánchez-Arjona por unha comisión de Pontevedra presidida polo Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez
    - Enlace Portanet Cabello-Hernández García, en Madrid. Medio millar de invitados asistiron ó lunch no hotel Mindanao
    - Difícil eloxio de Amor Ruibal, por Frei J. Isorna, O.F.M
    - Vaise crear unha sala de numismática no museo de Pontevedra
    - Recorte de prensa sobre os cursos monográficos do Hospital
    - Inauguración da Cátedra “Amor Ruibal”
    - O Doutor Masaguer Fernández pronunciará a lección inaugural da Cátedra “Amor Ruibal”
    - Medalla de Ouro e título de socio de honra ó Doutor López Ortíz no Casino Mercantil
    - O Reitor da Universidade presidirá a solemne sesión inaugural da cátedra “Amor Ruibal”
    - Localización en Galicia do gran porto continental. Foi a petición fundamental do Consello Económico Sindical do Noroeste ó Sr. López Rodó
    - Estudarase a viabilidade do gran porto terminal de Galicia. Discurso do López Rodó
    - A Ría de Arousa, a mellor cualificada para o gran porto
    - Corporación Provincial. Orzamento extraordinario de 51 millóns de pesetas
    - Solís Ruíz presidiu en Vilagarcía o acto conmemorativo da fundación das Falanxes Galegas
    - Gráfica sobre a exposición do artista de Ourense Luis Trabazo
    - Sesión extraordinaria da Corporación Provincial
    - Galicia en torno a Cunqueiro. O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez ofreceulle a súa homenaxe persoal e o da Provincia
    - Inauguración de “Frigoríficos del Berbés, S.A.” polo Sr. Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez
    - Felicitación ós funcionarios da Deputación Provincial
    - A festa da Reconquista en Vigo
    - Pleno da Deputación. Continuación das obras de recheo da marisma do Bao, subvencións ós Asilos, e creación de novas bolsas no Hospital
    - O Pleno da Deputación Provincial celebrou sesión ordinaria e extraordinaria, baixo a presidencia de Enrique Lorenzo Docampo
    - Melloras en Vigo. A rúa Ourense na súa nova estruturación urbana
    - Díxose “adiante” á autopista do Atlántico. Obras a iniciar en 1970

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición