ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 28 (1970)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.464/1

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 28 (1970)

  • Data(s) 1970 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra

    Prensa. Tomo 28 (Decembro de 1970)

    Contén:

    - O Museo de Pontevedra, anuncia o II Concurso “Coñecemento da Provincia”
    - D. Emilio Lázaro Florez, Secretario Xeral de Construcións Escolares, nomeado fillo adoptivo do Municipio de Vilanova de Arousa
    - Don Pío Cabanillas Gallas, fillo adoptivo da Vila de Ponteareas
    - A Escola de capataces de Lourizán ocupa 50 hectáreas que pertenceron a Montero Ríos
    - Bases do “I Concurso de Chrismas”, da Deputación de Pontevedra
    - Sesión Clínica no Hospital Provincial. Disertará o Doutor Casqueiro Rodríguez, sobre “hernias diafragmáticas e traumáticas”
    - Anuncio. Vivendas de funcionarios da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Alúganse baixos comerciais, entreplanta e soto
    - Dous cadros de María Corredoira ó Museo de Pontevedra. Foron legados polos seus herdeiros
    - Concurso do subministro de pan ó Fogar Provincial e Hospital
    - Reunión mensual da Deputación Provincial. Acordouse solicitar do Banco de Crédito Local un préstamo de 287.375.691 pesetas
    - O Rexemento Mixto de Artillería Núm. 3 conmemorou con gran solemnidade a Festa de Santa Bárbara
    - O Plan Urbano volve a casa con rebaixas “Axilizados” en 1972: Lentitude inesgotable dos accesos a Galicia
    - 332 Millóns empregará a Deputación de Pontevedra en importantes iniciativas sanitarias e na rede provincial de estradas
    - Asemblea dos AA.AA. do Fogar Provincial
    - Calendario de conferencias da Cátedra “Amor Ruibal”
    - Conmemoración con gran solemnidade da Festividade da Inmaculada Concepción, patroa da Infantería
    - Sinatura da escritura de cesión de terreos para a Cidade Residencial Infantil
    - Agradecemento á Deputación polo proxecto da Cidade Xuvenil, residencia e outras melloras no Fogar Provincial
    - Unha meta: A Cidade Residencial Infantil, por Sprinter
    - Visita do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ignacio García López a Valga e Catoira
    - Bolsas de estudos convocadas pola Deputación Provincial
    - D. Alfredo García Alén, unha vida adicada ó Museo de Pontevedra
    - A Cidade Xuvenil Provincial custará á Deputación máis de 190 millóns de pesetas
    - Cen mil metros cadrados no “Monte Celo” foron cedidos polo Concello á Deputación Provincial. Neles será construída a Cidade Xuvenil Provincial
    - Gráfica da Cidade Xuvenil Provincial en Monte Celo
    Txelui5
    - Por recadación de tráfico de empresas e asignacións por habitante recibiu a Deputación de Pontevedra 32 millóns de pesetas, no cuarto trimestre do ano
    - Nova sesión científica no Hospital Provincial. Falará o profesor Puente Domínguez
    - Celebración de dúas sesións extraordinarias no Pleno da Corporación Provincial, cos temas da aprobación dos orzamentos extraordinarios e do proxecto da Cidade Asistencial Infantil
    - “Os nenos do Fogar Provincial necesitan a calor da Familia nas próximas Festas do Nadal”. Declaración do Administrador do Centro Sr. Covelo Neira
    - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento , Ignacio García López, na Lama e Fornelos de Montes
    - Orzamentos extraordinarios da Deputación Provincial para a Cidade Asistencial e o Rebullón 220 millóns de pesetas e outros 105 para cooperación provincial
    - “Guía breve do Museo de Pontevedra” de Filgueira Valverde
    - O Museo dunha “Guía Breve”, por Sprinter
    - Inauguración do “I Concurso Exposición de Christmas”
    - Sesión académica no Consello Superior de Investigacións Científicas, presidido polo Ministro de Educación e Ciencia, José Luis Villar Palasí. Pronunciou o discurso de clausura o profesor Filgueira Valverde
    - Xornada de traballo na Deputación Provincial de Pontevedra. Foi estudado o Plan de Pistas Polideportivas para a Provincia
    - Deputación Provincial. Exposición de Orzamentos
    - Exposición de Christmas do concurso convocado pola Deputación, no Pazo Provincial
    - O camiño á planta ostrícola de Vilaxoán. Exposición do proxecto
    - Festival de Nadal no Fogar Provincial
    - Gráfica do Coro “Virxe da Peregrina” do Fogar Provincial, no “Diario de Pontevedra”
    - Millares de persoas manifestaron a súa adhesión a Franco no Ferrol e Pontevedra
    - Pontevedra quere, como España enteira, unidade, paz e xustiza
    - Pontevedra, pola unidade de España. Gráfica da manifestación da Praza de España
    - Visita das autoridades ós centros benéficos
    - Ledicia nos Fogares, por Sprinter
    - As Festas do Nadal no Fogar Provincial
    - Resolto o concurso de Chrismas. Manuel Torres obtivo o premio especial
    - Exposición de orzamentos no Pazo Provincial.
    - Despedida do ano. Acto ofrecido pola Deputación Provincial de Pontevedra
    - Felicitación do Presidente da Deputación ós Funcionarios Provinciais
    - Clausura do I Seminario sobre Educación Xeral Básica. Pronunciou a conferencia final o profesor Maseguer Fernández, director do I.C.E.
    - A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, festexa a súa padroa no Día da Sagrada familia

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición