Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-01-26_Ordinaria. Acta de sesión 2011/01/26_Ordinaria
Acta de sesión 2011/01/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/1.2011-01-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/01/26_Ordinaria
Data(s) 2011-01-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e seis de xaneiro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Escusa a súa ausencia o Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18912.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de xaneiro de 2011. 2.18913.- PRÓRROGA DO SERVIZO DA ESCOLA INFANTIL NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión do día 19 de setembro de 2007, adxudicou o concurso convocado para a contratación da xestión, mediante concesión, do servizo da escola infantil na Cidade Infantil Príncipe Felipe, á empresa Chupetes Galicia, S.L., de conformidade co prego que rexeu a convocatoria correspondente. A empresa adxudicataria formalizou o correspondente contrato con data 3 de outubro de 2007, iniciándose as actividades da gardería o día 1 de febreiro de 2008, de conformidade coa acta de inicio, levantada ó efecto. A cláusula cuarta do prego de cláusulas administrativas particulares que rexeu o concurso convocado para a xestión desta escola infantil, establece que a duración do contrato será de tres anos, contados a partir da data de inicio da prestación do servizo, podendo prorrogarse mediante acordo expreso das partes, por sucesivos períodos, sen que a totalidade da duración do contrato poida exceder de 25 anos. A empresa concesionaria solicita, con data 20 de xaneiro, a prórroga do servizo nas mesmas condicións establecidas na correspondente convocatoria. A Directora de Xestión de Príncipe Felipe informa favorablemente a concesión da prórroga. Vistos os informes da Directora de Xestión da Cidade Infantil e do Servizo de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o contrato subscrito coa empresa Chupetes Galicia, S.L. para levar a cabo a xestión da escola infantil da Cidade Infantil Príncipe Felipe, por un período de tres anos nas mesmas condicións establecidas no prego que rexeu a convocatoria do concurso correspondente. 3.18914.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Provisa, Tecnología y Construcción, S.A. A empresa Provisa, Tecnología y Construcción, S.A. (CIF A- 28.105.120), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil novecentos euros (2.900,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-1 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 48), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009527, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil seiscentos sesenta euros con trinta e cinco céntimos (2.660,35 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECR-2 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 52), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009528, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de oitocentos cincuenta e un euros con trinta e un céntimos (851,31 €), para responder do contrato relativo á: 1ª Ampliación da subministración de emulsión ECR-2 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 52), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900065342, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.-Devolución de garantías definitivas á empresa Productos Bituminosos de Galicia, S.A. A empresa Productos Bituminosos de Galicia, S.A. (CIF A- 32.226.037), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja España, por importe de seis mil sete euros con sesenta e tres céntimos (6.007,63 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-1 e ECR-2 (Subministración de materiais ano 2010- Lotes 49 e 51 respectivamente), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900006902, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil douscentos sesenta e oito euros con trinta e un céntimos (1.268,31 €), para responder do contrato relativo á: 1ª Ampliación da subministración de emulsión ECM-1 e ECR-2 (Subministración de materiais ano 2010- Lotes 49 e 51 respectivamente), que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900062345, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.-Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. A empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de tres mil trescentos vinte e sete euros con cincuenta e nove céntimos (3.327,59€), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-1 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 50), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900006833, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de once mil oitocentos cincuenta e tres euros con corenta e cinco céntimos (11.853,45 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM–Especial e de árido 0/6 en betún quente (Subministración de materiais ano 2010- Lote 55), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900006849, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de mil setecentos vinte e catro euros con catorce céntimos (1.724,14 €), para responder do contrato relativo á: 1ª Ampliación da subministración de emulsión ECM–Especial e de árido 0/6 en betún quente (Subministración de materiais ano 2010- Lote 55), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900062985, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.-Devolución de garantías definitivas á empresa Corvisa, Productos Asfálticos, S.L. A empresa Corvisa, Productos Asfálticos, S.L. (CIF B- 83.832.766), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil douscentos cincuenta euros (3.250,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECR-2 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 53), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009494, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil setecentos vinte e cinco euros (1.725,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-1 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 54), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009495, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.-Devolución de garantías definitivas á empresa Explotación Minera Campomarzo, S.A. A empresa Explotación Minera Campomarzo, S.A. (CIF A- 28.279.214), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos tres euros con corenta e cinco céntimos (603,45 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de áridos 0/6 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 56), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009602, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento oitenta e un euros con tres céntimos (181,03 €), para responder do contrato relativo á: 1ª Ampliación da subministración de áridos 0/6 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 56), que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900065105, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.-Devolución de garantías definitivas á empresa Áridos de Puenteareas, S.L. A empresa Áridos de Puenteareas, S.L. (CIF B- 36.011.419), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de catro mil catrocentos sesenta e un euros con vinte e un céntimos (4.461,21 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 57), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009112, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de mil douscentos noventa e tres euros con dez céntimos (1.293,10 €), para responder do contrato relativo á: 1ª Ampliación da subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 57), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/09/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900079545, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de tres mil trescentos setenta e nove euros con trinta e un céntimos (3.379,31 €), para responder dos contratos relativos á: Subministración de zahorra ZA–0/40 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 65), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009111, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de seiscentos trinta e tres euros con sesenta e dous céntimos (633,62 €), para responder dos contratos relativos á: 1ª ampliación da subministración de zahorra ZA–0/40 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 65), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900066927, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Granitos Triturados, S.L. A empresa Granitos Triturados, S.L. (CIF B- 36.158.665), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de catro mil trescentos noventa e oito euros con setenta e cinco céntimos (4.398,75 €), para responder dos contratos relativos á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 58), que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900007365, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil douscentos setenta e cinco euros (1.275,00 €), para responder dos contratos relativos á: 1ª Ampliación da subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 58), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900063594. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Granitos y Áridos de Átios, S.L. A empresa Granitos y Áridos de Átios, S.L. (CIF B- 36.023.133), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Geral, por importe de catro mil catrocentos corenta e seis euros con trinta e catro céntimos (4.446,34€), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 59), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009069, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante, aval de Caixa Geral, por importe de mil douscentos oitenta e oito euros con setenta e nove céntimos (1.288,79 €), para responder dos contratos relativos á: 1ª Ampliación da subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 59), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900063599, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Explotación Minera de Campomarzo, S.A. A empresa Explotación Minera de Campomarzo, S.A. (CIF A- 28.279.214), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil catrocentos sesenta e un euros con vinte e un céntimos (4.461,21 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 60), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009615, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Canteras del Arenal, S.L. A empresa Canteras del Arenal, S.L. (CIF B- 36.006.716), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil catrocentos noventa euros con noventa e cinco céntimos (4.490,95 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 61), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900007539, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.- Devolución de garantías definitivas á empresa Canteiros do Porriño Reunidos, S.A. A empresa Canteiros do Porriño Reunidos, S.A. (CIF A- 36.027.480), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de catro mil corenta e sete euros con nove céntimos (4.047,09 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 40/63 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 62), que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900007364, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil catrocentos noventa e oito euros con noventa e dous céntimos (1.498,92 €), para responder dos contratos relativos á: 1ª Ampliación da subministración de árido 40/63 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 62), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900063595. 12.- Devolución de garantías definitivas á empresa Fomento de Áridos y Obras, S.L. A empresa Fomento de Áridos y Obras, S.L. (CIF B- 36.285.765), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de catro mil trescentos sesenta e catro euros con vinte e dous céntimos (4.364,22€), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 40/63 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 63), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900007912, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de catro mil trescentos sesenta e catro euros con vinte e dous céntimos (4.364,22€), para responder do contrato relativo á Subministración de árido 40/63 (Subministración de materiais ano 2010- Lote 64), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900007913, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 13.- Devolución de garantías definitivas á empresa Hormigones Valle Miñor, S.A. A empresa Hormigones Valle Miñor, S.A. (CIF A- 36.623.510), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de mil setecentos vinte e catro euros con catorce céntimos (1.724,14 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de formigón H–12 (HA/20/B/20HA) (Subministración de materiais ano 2010- Lote 67), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009053, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de douscentos setenta e cinco euros con oitenta e seis céntimos (275,86 €), para responder dos contratos relativos á: 1ª Ampliación da subministración de formigón H–200 (HA/20/B/20HA) (Subministración de materiais ano 2010- Lote 67), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900067261, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 14.-Devolución de garantías definitivas á empresa Escavacións Mosteiro, S.L. A empresa Escavacións Mosteiro, S.L. (CIF B- 36.123.800), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de douscentos trinta e dous euros con trinta céntimos (232,30 €), para responder do contrato relativo á: Subministración e instalación de muro de mampostería pedra granítica (Subministración de materiais ano 2010- Lote 68), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900006767. A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de novecentos vinte e nove euros con catorce céntimos (929,14 €), para responder dos contratos relativos á: 1ª Ampliación da subministración e instalación de muro de mampostería pedra granítica (Subministración de materiais ano 2010- Lote 68), que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900067012. 15.- Devolución de garantías definitivas á empresa Prefabricados San Clemente, S.L. A empresa Prefabricados San Clemente, S.L. (CIF B- 36.118.321), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil cento sete euros con setenta e sete céntimos (1.107,77 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de tubos de formigón de 1m–100; 60 e 50 enteiro o canaleta (Subministración de materiais ano 2010- Lote 69), que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009245, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 16.- Devolución de garantías definitivas á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. A empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. (CIF A- 36.617.942), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Asefa, por importe de tres mil setecentos setenta e oito euros con vinte e catro céntimos (3.778,24 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de pintura de sinalización horizontal ancho de banda 0,15; 0,10 e cebreados, simboloxía, stop, etc (Subministración de materiais ano 2010- Lote 70), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900005804, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.18915.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.18916.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA “SEMANAS BRANCAS 2011” (1º. GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa “Semanas Brancas 2011”, en virtude de acordo da Xunta de Goberno do 24 de novembro de 2010, cunha dotación económica de 60.000,00 €, dirixidos ós alumnos/as de 1º e 2º da E.S.O. dos Centros públicos, privados e concertados da nosa provincia, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Viajes Iberia S.L., e remitido o 1º grupo de solicitudes á Intervención para a súa fiscalización; con informe favorable emitido o 25/01/2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 1º grupo de subvencións do Programa “Semanas Brancas 2011”, polo importe de 21.600,00 €, para un total de 432 participantes, con cargo á partida 11/230.230-227.07 do vixente orzamento provincial e segundo o cadro que se xunta. “SEMANAS BLANCAS” 2011 Nº CENTRO EDUCATIVO CONCELLO PRAZAS ACHEGA DEPUT. TOTAL 1 IES "Nº1" ESTRADA, A 33 50 € 1.650 € 2 IES "PONTE CALDELAS" PONTE CALDELAS 53 50 € 2.650 € 3 IEL "ILLA DE ONS" BUEU 22 50 € 1.100 € 4 IEL "CARLOS CASARES" VIGO 36 50 € 1.800 € 5 IES "VAL DO TEA" PONTEAREAS 53 50 € 2.650 € 6 CPI "MANUEL SUÁREZ MARQUIER" ROSAL, O 37 50 € 1.850 € 7 IES "VAL MIÑOR" NIGRÁN 19 50 € 950 € 8 IES "AS BARXAS" MOAÑA 20 50 € 1.000 € 9 IES "MANUEL GARCÍA BARROS" ESTRADA, A 22 50 € 1.100 € 10 CPR "SAGRADO CORAZÓN" PLACERES PONTEVEDRA 21 50 € 1.050 € 11 CPI PROGRESO CATOIRA 26 50 € 1.300 € 12 IES DE MOS MOS 20 50 € 1.000 € 13 CPI "SANTA LUCÍA" MORAÑA 15 50 € 750 € 14 IES "SANTO TOMÉ DE FREIXEIRO" VIGO 55 50 € 2.750 € 14 COLEXIOS 432 PRAZAS 21.600 € 6.18917.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “ACTÍVATE 2011” A Deputación de Pontevedra promove un ano máis o programa “Actívate” de cursos formativos para mozos de entre 16 e 35 anos de calquera concellos da nosa provincia, coa finalidade de facilitar a súa integración laboral á par que lograr o seu enriquecemento cultural e persoal; a través dun catálogo de 34 opcións diferentes, e cunha dotación orzamentaria de 87.600,00 €, polo que á vista dos informes de 14 e 25 de xaneiro de 2011, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e Sr. Interventor respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do Programa Actívate 2011, cunha dotación económica de 87.600,00 €, con cargo á partida 11/230.230-227.07, dirixido ós mozos e mozas da nosa provincia con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS Á XUVENTUDE DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE MENOS DE 50.000 HABITANTES, PARA A EXECUCIÓN DE CURSOS FORMATIVOS A TRAVÉS DO PROGRAMA “ACTÍVATE” 2011 Dende o Servizo de Acción Social da Deputación Provincial de Pontevedra, ponse en marcha por terceiro ano consecutivo o Programa Actívate, a través do cal, ofertarase un variado catálogo de cursos, dirixidos á xuventude de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto e destinatarios. A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar Programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia, convoca novamente para o ano 2011 cursos formativos co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral, acadar un maior enriquecemento cultural e persoal, fomentar a cultura entre os mozos e mozas e facilitar a autonomía e o acceso ó mercado laboral de quen desexe orientar o seu futuro en relación con calquera das actividades ofertadas. Ademais de favorecer o traballo en equipo, fomentar as relacións e servir de punto de encontro entre eles. Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó Programa. Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes. SEGUNDA. Características do Programa. O Programa consiste en ofertar un catálogo de cursos, a desenvolver durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro, nos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhiran ó Programa. Segundo o número de habitantes de cada concello establecerase un número de cursos a impartir, quedando o seguinte cadro: CONCELLOS Nº CONCELLOS CURSOS TOTAL CURSOS Ata 15.000 habitantes 47 1 47 De 15.001 a 50.000 habitantes 13 2 26 TOTAL 73 O catálogo de cursos formativos que se oferta está formado por catro áreas: área de actividades artísticas, área de igualdade entre homes e mulleres, área de desenvolvemento persoal, e área de desenvolvemento profesional na que se diferencian servizos na empresa e servizos ás persoas. Dentro das catro áreas incluídas no catálogo ofértanse un total de 34 cursos formativos de 30 horas de duración cada un. Esta corporación ofertará os cursos a través dunha empresa especializada na materia, e impartiranse nos concellos adheridos. O docente terá a obrigación de dispoñer na aula do material preciso para impartir a clase (sendo responsabilidade da empresa adxudicataria todos os materiais para o bo desenvolvemento do curso: ordenadores, apuntes, cociñas, cámara de fotos, utensilios de costura, etc.) sendo por conta dos alumnos/as o material a empregar por cada un deles nas súas prácticas. Por exemplo, nun curso de maquillaxe e estética, o docente levará os utensilios e produtos precisos para impartir a clase, sendo por conta dos alumnos/as o material para aplicar os coñecementos adquiridos. A entrega de diplomas farase nas instalacións da Deputación de Pontevedra no mes de decembro, nunha xornada técnica complementaria ó curso impartido. Do lugar preciso, data e hora, informarase na páxina web unha semana antes. TERCEIRA. Adhesións dos concellos. Todos os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que o desexen poderán sumarse mediante acordo de adhesión (achégase modelo). Os concellos escollerán no acordo de adhesión tres cursos do catálogo por orde de preferencia. Os concellos terán a obriga de prestar as súas instalacións e medios materiais que sexan precisos para o axeitado desenvolvemento do curso, entendendo por estes materiais: mesas, cadeiras, pizarras, subministración de auga e electricidade, etc. No caso de que algún dos concellos non desexe adherirse ó Programa, os cursos correspondentes a estes, poderán ser reconducidos a outros concellos si adheridos; esta mesma circunstancia daríase no caso de que non se reunise o número mínimo de participantes en cada curso. Neste reparto terán prioridade os concellos de menor poboación que reúnan o mínimo alumnado para un novo curso. No caso de existiran alumnos/as de concellos que non se adheriran ó programa, estes poderán tomar parte en cursos doutros concellos, pero manténdose a prioridade dos alumnos/as do concello receptor. CUARTA. Presentación de instancias dos beneficiarios/as. As solicitudes faranse a través dun modelo oficial de inscrición, (xuntase modelo), que se poderá recoller nos concellos, na Deputación Provincial, na sede de Vigo ou descargar da páxina web, e presentaranse no Rexistro do concello adherido onde o solicitante estea empadroado. Aqueles mozos/as que desexen participar en máis dun curso deberán cubrir un modelo de solicitude por cada un deles. Se algunha persoa presentase a solicitude nun concello no que non estivese empadroado, tamén formaría parte da lista de agarda. No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, atenderase sempre ó rexistro de entrada (data e número), e terán preferencia as persoas en situación de desemprego sobre as persoas en activo. O número mínimo de persoas para levar a cabo un curso será de 15 alumnos/as e non excederá dos 30 alumnos/as, a excepción dos cursos de informática ou cociña no que o número de participantes poderá quedar reducido a 20 para mellor execución dos mesmos. QUINTA. Orzamento e financiamento. A contía consignada para este Programa ascende no ano 2011 a 87.600,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230-227.07, do orzamento ordinario da Deputación, sen prexuízo de que o mencionado crédito sexa ampliado. SEXTA. Documentación dos concellos e prazos de presentación. Os concellos que desexen participar, deberán remitir á Deputación a seguinte documentación: Ata o 28 de febreiro: • O modelo de adhesión do Programa Actívate. Ata o 12 de xullo: • Modelo de listado de participantes de cada curso, deberán relacionarse segundo a orde de rexistro de entrada. • Fichas de inscrición orixinais, ou no seu defecto notificación do concello no que se declare posuír dita documentación, non sendo preciso enviar ditas fichas. SÉTIMA. Publicidade. En todos os carteis, dípticos, trípticos, etc. que se elaboren, deberase facer constar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, Área de Acción Social, segundo establece o art. 31 do Rlxs. OITAVA. Xustificación e pagamento da subvención. A subvención consiste en impartir os cursos de forma gratuíta en todos os concellos adheridos ó programa, da provincia de Pontevedra. Para proceder ó pagamento, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas os listados dos cursos impartidos por Concellos e segundo o cronograma de datas establecido. O pagamento realizarase directamente no número de conta da empresa adxudicataria. NOVENA. Prazo de vixencia. Estas Bases terán unha vixencia correspondente ó exercicio 2011. DÉCIMA. Lexislación aplicable. Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, aprobando no regulamento da Lei xeral de subvencións. Lei 4/1993, de 14 de abril, de servizos sociais de Galicia. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local. R.d. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facenda Local. Lei 30 /1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Bases de execución do vixente orzamento provincial. E demais lexislación aplicable. 7.18918.- REQUIRIMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACION ADMINISTRATIVA EN RELACION COA ADXUDICACION DA OBRA “MELLORA DA CONDUCIÓN DE ABASTECEMENTO A REDONDELA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 6/10/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Mellora da condución de abastecemento a Redondela”, con orzamento de 576.785,86 €, máis a cantidade de 103.821,46 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 19/11/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 22/11/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24/01/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de MARCO, OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACIÓN SOBRE “B” PUNTUACIÓN SOBRE “C” PUNTUACIÓN TOTAL MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 34,04 48,910 82,950 ELSAMEX, S.A 31,66 47,642 79,302 EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES PEREZ PORTELA, S.L. 39,74 38,011 77,751 ANTALSIS, S.L. 35,47 41,139 76,609 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 36,56 39,233 75,793 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 34,93 40,399 75,329 MOVEX VIAL, S.L. 35,26 35,013 70,273 CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L. 33,05 36,828 69,878 COPCISA, S.A. 30,51 38,856 69,366 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L 30,53 35,544 66,074 AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A. 30,33 35,458 66,036 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 33,36 31,835 65,195 HIDROSCIVIL, S.L. 33,20 30,041 63,241 JESÚS MARTÍNEZ ALVAREZ CONSTRUCCIONES, S.A. 32,70 27,318 60,018 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 30,58 29,045 59,625 HIDROMIÑO, S.L. 33,18 25,752 58,932 ATLÁNTICA DE CONSTRUCCIÓN Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 30,68 18,041 48,721 Segundo o establecido no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade requirir a MARCO, OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L., que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE. Por este mesmo Órgano adxudicarase o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación requirida. 8.18919.- REQUIRIMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA EN RELACIÓN COA ADXUDICACIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN VIAIS PÚBLICOS EXERCICIO 2011 (NIGRÁN)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 20/10/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Pavimentación viais públicos exercicio 2011 (Nigrán)”, con orzamento de 223.233,62 €, máis a cantidade de 40.182,05 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 30/11/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 30/11/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” estas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24/1/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres“B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACIÓN SOBRE “B” PUNTUACIÓN SOBRE “C” PUNTUACIÓN TOTAL CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 41,53 46,169 87,699 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,95 48,750 82,700 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 37,00 39,985 76,985 HIDROMIÑO, S.L. 34,88 24,126 59,006 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 30,99 15,058 46,048 Segundo o establecido no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade requirir a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A., que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE. Por este mesmo Órgano adxudicarase o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación requirida. 9.18920.- REQUIRIMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA EN RELACIÓN COA ADXUDICACIÓN DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 8002 CALDAS-SAN CLEMENTE (CALDAS DE REIS)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 13/10/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Ensanche e mellora E.P. 8002 Caldas-San Clemente (Caldas de Reis)”, con orzamento de 634.487,04 €, máis a cantidade de 114.207,67 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 26/11/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 30/11/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24/1/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida en sóbrelos “B”, e valorada a documentación contida en Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACIÓN SOBRE “B” PUNTUACIÓN SOBRE “C” PUNTUACIÓN TOTAL CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 39,25 44,867 84,117 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,65 48,750 82,400 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 33,60 43,324 76,924 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 39,00 34,351 73,351 HIDROSCIVIL, S.L. 31,36 37,148 68,508 MOVEX VIAL, S.L. 30,70 24,002 54,702 Segundo o establecido no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade requirir a CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE. Por este mesmo Órgano adxudicarase o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación requirida. 10.18921.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota