ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/02/09_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/1.2011-02-09_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/02/09_Ordinaria

  • Data(s) 2011-02-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día nove de febreiro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18940.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 2 de febreiro de 2011. 2.18941.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA “SEMANAS BRANCAS 2011” (2º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa “Semanas Brancas 2011”, en virtude de acordo da Xunta de Goberno do 24 de novembro de 2010, cunha dotación económica de 60.000,00 €, dirixidos ós/ás alumnos/as de 1º e 2º da E.S.O. dos Centros públicos, privados e concertados da nosa provincia, adxudicada a xestión e organización deste programa á empresa Viajes Iberia S.L., e remitido o 2º grupo de solicitudes á Intervención para a súa fiscalización; con informe favorable emitido o 04/02/2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 2º grupo de subvencións do Programa “Semanas Brancas 2011”, polo importe de 3.850,00 €, para un total de 77 participantes, con cargo á partida 11/230.230.227.07 do vixente orzamento provincial e segundo o cadro que se xunta: “SEMANAS BRANCAS” 2011 Nº CENTRO EDUCATIVO CONCELLO PRAZAS ACHEGA DEPUT. TOTAL 1 IES "MONTE CARRASCO" CANGAS 22 50 € 1.100,00 € 2 IES "MONTE DA VILA" GROVE, O 34 50 € 1.700,00 € 3 IES "AS BIZOCAS" GROVE, O 21 50 € 1.050,00 € 3 COLEXIOS 77 PRAZAS 3.850,00 € 3.18942.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DA PERDIZ VERMELLA Retírase da orde do día para un mellor estudo o expediente relativo á aprobación do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Pontevedra para a posta en marcha do programa de recuperación da Perdiz Vermella. 4.18943.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE A Xefa de Servizo da Finca Mouriscade mediante escrito de data 9 de novembro de 2010, no que figura o conforme do Deputado Delegado, solicita que se proceda a tramitar a contratación da subministración de reactivos para o Laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, xuntando para iso informe e prego de prescricións técnicas onde se detallan os diversos tipos de reactivos a subministrar. No citado prego relaciónanse os reactivos que se precisan utilizar no devandito laboratorio, clasificados nos seguintes lotes: LOTE DENOMINACIÓN IMPORTE 1 Reactivos para a realización de análises de pensos e materias primas........................................................... 64.900,00 € 2 Reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro......................................................................... 53.100,00 € 3 Reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro....................................................... 11.800,00 € 4 Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices... 35.400,00 € TOTAL............... 165.200,00 € Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 02/02/2011, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 165.200,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/411.412.221.06 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 3 de febreiro de 2011. Resultando que con data 4 de febreiro de 2011, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade. Resultando que con data 7 de febreiro de 2011, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2011, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, ata un importe máximo de cento sesenta e cinco douscentos euros (165.200,00 €), IVE incluído (Deste importe 140.000,00 € corresponden ó prezo do contrato e 25.200,00 € ó IVE), desagregado nos lotes e polos prezos unitarios máximos, por cada lote e tipo de reactivo, que a continuación se detalla: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS.................................ATA UN MÁXIMO DE 64.900,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCION ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 38,98 € 7,02 € 46,00 € SOLUCION NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 30,51 € 5,49 € 36,00 € POTASIO HIDROXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 27,97 € 5,03 € 33,00 € SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS 39,83 € 7,17 € 47,00 € SODIO HIDROXIDO 32% PA 5 LITROS 27,97 € 5,03 € 33,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 72,03 € 12,97 € 85,00 € CHUMBO II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ACIDO BORICO 4% 5 LITROS RV 40,68 € 7,32 € 48,00 € ACIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO 7,63 € 1,37 € 9,00 € ACIDO SULFURICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,88 € 4,12 € 27,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 51,70 € 9,31 € 61,01 € ACIDO CLORHIDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 23,73 € 4,27 € 28,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 99,15 € 17,85 € 117,00 € ACIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO 11,02 € 1,98 € 13,00 € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS 34,75 € 6,26 € 41,01 € ACIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISES, ACS, ISO x 1 LITRO 18,64 € 3,36 € 22,00 € ACIDO CLORHIDRICO, SOLUCION 3 mol/l (3 N), 10 LITRO 69,49 € 12,51 € 82,00 € ACIDO NITRICO MIN. 65 %, PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ETER DIETILICO, P. ANALISES ACS ISO x 5 LITROS 82,20 € 14,80 € 97,00 € PLATA NITRATO,0,1 N,SOL. VALORADAx1LITROS 27,97 € 5,03 € 33,00 € REATIVO CARREZ I , 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € REATIVO CARREZ II, 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € SODIO HIDROXIDO 0,01 M(0,01 N),SOL. VALOx1 L 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO HIDROXIDO, SOLUCION 0,1 MOL/L (0,1), 1 LITRO 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO SULFITO, P. ANALISES ACS X 1 KG 17,80 € 3,20 € 21,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO............................................ATA UN MÁXIMO DE 53.100,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO M 20X10 ML 21,19 € 3,81 € 25,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,42 € 40,58 € 266,00 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,90 € 51,10 € 335,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 11.800,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES 118,64 € 21,36 € 140,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES.................................................ATA UN MÁXIMO DE 35.400,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 16,44 € 2,96 € 19,40 € AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 21,61 € 3,89 € 25,50 € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML 4,41 € 0,79 € 5,20 € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML 8,64 € 1,56 € 10,20 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML 2,37 € 0,43 € 2,80 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 13,81 € 2,49 € 16,30 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML 3,48 € 0,63 € 4,11 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 6,95 € 1,25 € 8,20 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,63 € 0,47 € 3,10 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3. Para poder contratar a subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, autorízase inicialmente o gasto polo importe máximo de 165.200,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/411.412.221.06 do vixente orzamento provincial, tendo en conta que a efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) deste contrato vai ser deducido polo que o gasto real unha vez deducido este imposto cifrado en 25.200,00 €, quede na suma de 140.000,00 €, que resulta o prezo do contrato sen IVE. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE DURANTE O ANO 2011. 1.- OBXECTO.- A subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado pola Xefa de Servizo da Finca Mouriscade e desagregados nos seguintes lotes: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS • SOLUCION ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS • SOLUCION NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS • POTASIO HIDROXIDO 0.23 N 5 LITROS SV • SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS • SODIO HIDROXIDO 32% PA 5 LITROS • POTASIO SULFATO PA 5 KG • CHUMBO II SULFATO V-HIDRATO 500G PA • ACIDO BORICO 4% 5 LITROS RV • ACIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO • ACIDO SULFURICO 95-97% PA 2.5 LITROS • ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS • ACIDO CLORHIDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS • CLORURO DE CESIO PA 100 G • ACIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO • ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS • ACIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISES, ACS, ISO x 1 LITRO • ACIDO CLORHIDRICO, SOLUCION 3 mol/l (3 N), 10 LITRO • ACIDO NITRICO MIN. 65 %, PA • ETER DIETILICO, P. ANALISES ACS ISO x 5 LITROS • PLATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 LITROS • REATIVO CARREZ I , 5 LITROS • REATIVO CARREZ II, 5 LITROS • SODIO HIDROXIDO 0,01 M (0,01 N), SOL. VALO x 1 L • SODIO HIDROXIDO, SOLUCION 0,1 MOL/L (0,1), 1 LITRO • SODIO SULFITO, P. ANALISES ACS X 1 KG LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO • CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML • CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML • CALDO M 20X10 ML • VIDAS Immuno-Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS • VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO • TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES • AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L • AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L • MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML • MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML • MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML • MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML • MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML • MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML • MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML • MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML • MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML A subministración destes reactivos poderá ser ampliado sempre que exista consignación no orzamento do exercicio de 2011 e informe favorable de Intervención, previa autorización do órgano de contratación, mantendo o prezo de adxudicación do procedemento aberto. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/411.412.221.06 do orzamento provincial para o exercicio de 2011. O crédito máximo a reservar para cada un dos lotes é o que figura detallado na cláusula 5ª deste prego. 3.- PAGO.- O pago do prezo da subministración efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado a subministración e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- A subministración dos reactivos efectuarase na Finca Mouriscade sita no termo municipal de Lalín (Pontevedra), nun prazo de 24 horas desde que o persoal do laboratorio o solicite, durante o ano 2011. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Ante a imposibilidade de determinar a cantidade exacta de reactivos que se precisan utilizar durante o ano 2011, o orzamento do contrato fíxase nas cantidades máximas que figuran para cada un dos lotes, con todo a adxudicación efectuarase en base ós prezos unitarios, por cada tipo de reactivos, que oferten os licitadores, cuxo tipo máximo de licitación establécese nas seguintes cantidades: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS.................................ATA UN MÁXIMO DE 64.900,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCION ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 38,98 € 7,02 € 46,00 € SOLUCION NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 30,51 € 5,49 € 36,00 € POTASIO HIDROXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 27,97 € 5,03 € 33,00 € SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS 39,83 € 7,17 € 47,00 € SODIO HIDROXIDO 32% PA 5 LITROS 27,97 € 5,03 € 33,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 72,03 € 12,97 € 85,00 € CHUMBO II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ACIDO BORICO 4% 5 LITROS RV 40,68 € 7,32 € 48,00 € ACIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO 7,63 € 1,37 € 9,00 € ACIDO SULFURICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,88 € 4,12 € 27,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 51,70 € 9,31 € 61,01 € ACIDO CLORHIDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 23,73 € 4,27 € 28,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 99,15 € 17,85 € 117,00 € ACIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO 11,02 € 1,98 € 13,00 € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS 34,75 € 6,26 € 41,01 € ACIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISES, ACS, ISO x 1 LITRO 18,64 € 3,36 € 22,00 € ACIDO CLORHIDRICO, SOLUCION 3 mol/l (3 N), 10 LITRO 69,49 € 12,51 € 82,00 € ACIDO NITRICO MIN. 65 %, PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ETER DIETILICO, P. ANALISES ACS ISO x 5 LITROS 82,20 € 14,80 € 97,00 € PRATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 LITROS 27,97 € 5,03 € 33,00 € REATIVO CARREZ I , 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € REATIVO CARREZ II, 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € SODIO HIDROXIDO 0,01 M (0,01 N), SOL. VALO x 1 L 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO HIDROXIDO, SOLUCION 0,1 MOL/L (0,1), 1 LITRO 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO SULFITO, P. ANALISES ACS X 1 KG 17,80 € 3,20 € 21,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO............................................ATA UN MÁXIMO DE 53.100,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO M 20X10 ML 21,19 € 3,81 € 25,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,42 € 40,58 € 266,00 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,90 € 51,10 € 335,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.......ATA UN MÁXIMO DE 11.800,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES 118,64 € 21,36 € 140,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES.................................................ATA UN MÁXIMO DE 35.400,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 16,44 € 2,96 € 19,40 € AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 21,61 € 3,89 € 25,50 € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML 4,41 € 0,79 € 5,20 € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML 8,64 € 1,56 € 10,20 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML 2,37 € 0,43 € 2,80 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 13,81 € 2,49 € 16,30 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML 3,48 € 0,63 € 4,11 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 6,95 € 1,25 € 8,20 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,63 € 0,47 € 3,10 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se achen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 da devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato derívense até a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación de cada lote, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa por cada lote. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), a contar dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación envíese por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración de diversos reactivos para a Finca Mouriscade. Lote número………………..” Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o for, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector público. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedido polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.-Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante o tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación da subministración de diversos reactivos para a Finca Mouriscade durante o ano 2011. Lote número………………. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria descritiva dos bens a subministrar, especificando as características técnicas dos mesmos, así como a marca e modelo. 3. Melloras ofertadas polo licitador. Sen prexuízo das melloras que cada licitador poida ofertar, a de valoración en consideración como melloras as seguintes: • A cantidade de reactivos sen cargo ofertados en cada lote polos licitadores. • A subministración, sen custo para a Deputación Provincial de Pontevedra, dos produtos que se detallan a continuación: LOTE 1: • Luvas latex sen po (talla a elixir). • Matraces aforados de vidro, clase A, de 100 ml. • Desecador de policarbonato de 25 cm de diámetro interno con placa. LOTE 2: • Procedemento de validación e cálculo de incertezas en ensaios microbiolóxicos. • Xerra para cultivo en anaerobiosis de 7 litros. LOTE 3: • Densímetro para vitek completo. • Pipeta de 145 mcl volume fixo. • Pipeta 280 mcl volume fixo. LOTE 4: • Placas petri asépticas de 90 mm de diámetro. • Bolsa de homogenización esteril con filtro total de 400 ml. • Asas sementa calibradas de 10 microlitros en bolsas de 10 ó 20 unidades. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación da subministración de diversos reactivos para a Finca Mouriscade durante o ano 2011”. Lote número………………. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefa do Servizo da Finca Mouriscade. SECRETARIO: -O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación Melloras relativas a produtos ofertados sen custo………… 30 puntos Melloras relativas a reactivos ofertados sen custo . …….…. 20 puntos 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica global …………………………………… 50 puntos A oferta económica puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 13.-OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre o tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, excluiraa da clasificación e acordará a adxudicación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non fosen declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar a dicir clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalados neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. 15.-ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.deontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán tamén por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Órzanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300,00 €. 20.- GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase ata o 31 de xaneiro de 2012 Se durante o prazo de garantía acreditásese a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar devandito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obrigación de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 275 da Lcsp. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 23.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don....................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ........................con NIF/CIF ………. e domicilio en ....................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a SUBMINISTRACIÓN DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE DURANTE O ANO 2011, LOTE NÚMERO………………………, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe devandito contrato e que se compromete a realizar a subministración con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS.................................ATA UN MÁXIMO DE 64.900,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCION ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS € € € SOLUCION NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS € € € POTASIO HIDROXIDO 0.23 N 5 LITROS SV € € € SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS € € € SODIO HIDROXIDO 32% PA 5 LITROS € € € POTASIO SULFATO PA 5 KG € € € CHUMBO II SULFATO V-HIDRATO 500G PA € € € ACIDO BORICO 4% 5 LITROS RV € € € ACIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO € € € ACIDO SULFURICO 95-97% PA 2.5 LITROS € € € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS € € € ACIDO CLORHIDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 L. € € € CLORURO DE CESIO PA 100 G € € € ACIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO € € € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS € € € ACIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISES, ACS, ISO x 1 LITRO € € € ACIDO CLORHIDRICO,SOLUCION 3 mol/l (3 N), 10 L. € € € ACIDO NITRICO MIN. 65 %, PA € € € ETER DIETILICO, P. ANALISES ACS ISO x 5 L. € € € PLATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 L. € € € REATIVO CARREZ I , 5 LITROS € € € REATIVO CARREZ II, 5 LITROS € € € SODIO HIDROXIDO 0,01 M (0,01 N), SOL. VALO x 1 L € € € SODIO HIDROXIDO, SOLUCION 0,1 MOL/L (0,1), 1 LITRO € € € SODIO SULFITO, P. ANALISES ACS X 1 KG € € € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO............................................ATA UN MÁXIMO DE 53.100,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML € € € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML € € € CALDO M 20X10 ML € € € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS € € € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS € € € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 11.800,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES € € € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES.................................................ATA UN MÁXIMO DE 35.400,00 € TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L € € € AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L € € € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML € € € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML € € € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML € € € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML € € € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML € € € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML € € € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML € € € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML € € € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML € € € O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 5.18944.- COMUNICACIÓNS. Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.18945.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A AXENCIA ESTATAL CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN”INTERVENCIÓN E POSTA EN VALOR DOS SITIOS ARQUEOLÓXICOS DA LANZADA (SANXENXO) E O CASTRO (RIBADUMIA) Dada conta da proposta de Addenda ó Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Axencia Estatal “Consejor Superior de Investigaciones Científicas” para a realización do proxecto de investigación: “Intervención e posta en valor dos sitios arqueolóxicos da Lanzada (Sanxenxo) e O Castro (Ribadumia)”, no marco do Proxecto Pousadas, cofinanciado con Fondos FEDER, sendo o seu obxectivo primordial a creación dun produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor dos recursos da comarca. Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación , a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º) Aprobar a Addenda ó Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a axencia estatal “Consejor Superior de Investigaciones Científicas” para a realización do proxecto de investigación: “Intervención e posta en valor dos sitios arqueolóxicos da Lanzada (Sanxenxo) e O Castro (Ribadumia)”, no marco do Proxecto Pousadas, cofinanciado con Fondos FEDER, e cuxo texto di como segue: “ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO O 19 DE MAIO DE 2010 ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A AXENCIA ESTATAL CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: “INTERVENCIÓN E POSTA EN VALOR DOS SITIOS ARQUEOLÓXICOS DA LANZADA (SANXENXO) E O CASTRO (RIBADUMIA)” En Pontevedra a …. de febreiro de 2011 REUNIDOS Dunha parte, o Sr D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (en diante Deputación de Pontevedra), actuando en representación desta Deputación, en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra parte, D. Francisco Ramón Montero de Espinosa Freijo, en calidade de Vicepresidente de Organización e Relacións Institucionais da Axencia Estatal Consejor Superior de Investigaciones Científicas (en diante CSIC), nomeado por Resolución do Consello Reitor desta Axencia Estatal, de 24 de marzo de 2009, publicado por Resolución de 27 de marzo de 2009 (BOE de 9 abril de 2009), actuando en nome e representación deste Organismo Público en exercicio das competencias que ten delegadas por Resolución de 20 de febreiro de 2008 (BOE de 21 de febreiro de 2008), estas dúas últimas Resolucións da Presidencia da Axencia Estatal Consejor Superior de Investigaciones Científicas. Ambos os representantes, recoñecéndose mutuamente capacidade xurídica suficiente, subscriben en nome das respectivas entidades, o presente documento, e ó efecto EXPOÑEN 1º.- Que, con data 19 de maio de 2010, a Deputación de Pontevedra e o CSIC subscribiron un convenio de colaboración para a realización do Proxecto de Investigación: “Intervención e posta en valor dos sitios arqueolóxicos da Lanzada (Sanxenxo) e O Castro (Ribadumia)”. 2º.- Que a cláusula segunda do referido convenio de colaboración de 19 de maio de 2010, relativa ás obrigas das partes, dispón no apartado 2, letra b), o seguinte: “Para o cumprimento do obxecto do convenio, a Deputación comprométese a abonar a cantidade de 308.372,00 € (Trescentos oito mil trescentos setenta e dous euros) IVE incluído. Dita cantidade aboarase da seguinte maneira: • 165.200,00 € aboaranse contra facturas emitidas os días 30 de cada mes, a razón de 13.766,66€ cada unha, ata completar a cantidade de 165.200,00 €, emitíndose a primeira factura á sinatura do presente documento. • 143.172,00 € aboaranse contra certificacións de gasto emitidas os días 30 de cada mes, a razón de 11.931,00 € cada unha, ata completar a cantidade de 143.172,00 €, emitíndose a primeira certificación á sinatura do presente convenio. As cantidades anteriores faranse efectivas na c/c nº 0049 2584 91 211 418 4253 do Banco Santander, a nome do IEGPS do CSIC; contra factura dirixida á Deputación, no marco do Proxecto POUSADAS e obxecto do presente convenio”. 3º.- Que a cláusula undécima do mesmo convenio de colaboración, relativa á vixencia do convenio, determina que “Este convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e a súa duración estenderase até o 30 de maio de 2011, salvo denuncia expresa do mesmo por calquera das partes…” 4º.- Que as partes consideran oportuno modificar, de mutuo acordo, as cláusulas segunda, apartado 2, letra b), e undécima, para dar pleno cumprimento ás actividades previstas no convenio de colaboración de 19 de maio de 2010. Por iso, as partes acordan a formalización da presente Addenda, de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- MODIFICACIÓN DAS OBRIGAS DA DEPUTACIÓN.- Modifícase letra b) do apartado 2 da cláusula segunda, quedando redactada da seguinte maneira: “b) Para o cumprimento do obxecto do convenio, a Deputación comprométese a aboar a cantidade de 334.142,00 € (Trescentos trinta e catro mil cento corenta e dous euros) IVE Incluído, imputables á aplicación orzamentaria 11/942.430.681.00. Dita cantidade aboarase da seguinte maneira: • 165.200,00 € aboaranse contra facturas emitidas os días 30 de cada mes, a razón de 13.766,66 € cada unha, ata completar a cantidade de 165.200,00 €, emitíndose a primeira factura á sinatura do presente documento. • 168.942,00 € aboaranse en dúas facturas coincidentes coa finalización de cada un dos dous traballos previstos. Emitíndose a primeira factura por importe de 112.618,00 € á sinatura desta addenda ó convenio e o importe restante de 56.324,00 € contra factura presentada conxuntamente co informe final do xacemento de O Castro. As cantidades anteriores faranse efectivas na c/c nº 0049 2584 91 211 418 4253 do Banco Santander, a nome do IEGPS do CSIC; contra factura dirixida á Deputación, no marco do Proxecto POUSADAS e obxecto do presente convenio”. SEGUNDA.- MODIFICACION DA VIXENCIA DO CONVENIO.- Modifícase inciso inicial da cláusula undécima, quedando a súa redacción como segue: “Este convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e a súa duración estenderase ata o 30 de xullo de 2011, salvo denuncia expresa do mesmo por calquera das partes”. TERCEIRA.- VIXENCIA E EFECTOS.- A presente Addenda entrará en vigor na data da súa sinatura, e terá a mesma vixencia que o convenio de colaboración de 19 de maio de 2010 ó que queda incorporada como parte integrante e inseparable do mesmo. Esta Addenda non modifica ningunha outra cláusula ou acordo do convenio de colaboración de 19 de maio de 2010, que mantén o seu contido e redacción orixinaria plenamente en vigor. E en proba de conformidade de canto antecede, asinan por duplicado o presente documento no lugar e na data arriba indicados. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo: Rafael Louzán Abal Pola Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, Asdo: Francisco Ramón Montero de Espinosa Freijo” 2º) Facultar ó presidente dá Deputación para formalizar a presente addenda do convenio mediante a súa sinatura. 7.18946.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A ADXUDICACIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE ATA A CONTÍA MÁXIMA DE SEIS MIL EUROS De conformidade co disposto no art. 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases da convocatoria para a adxudicación dos préstamos sen interese do ano 2011 ata a contía máxima de seis mil euros, elaboradas pola Comisión Paritaria Mixta en desenvolvemento do previsto nos citados artigos 66 e 79 do V Acordo Regulador e I Convenio Colectivo, tras comprobarse que nas mesmas arbítranse as normas correspondentes para a concesión dos devanditos préstamos, atendendo ás necesidades sociais e ingresos dos solicitantes, garantindo a equidade das mesmas e fixando os requisitos e xustificacións documentais precisas. A concesión dos devanditos préstamos será financiada con cargo á partida 11/921.221.830.07, dotada con cento vinte mil douscentos euros. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE Segundo o establecido no artigo 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno, a proposta da Comisión Paritaria Mixta, presta aprobación ás seguintes Bases para a concesión dos préstamos sen interese do ano 2011: 1.- BENEFICIARIOS/AS.- Poderán solicitar préstamos sen interese os funcionarios/as de carreira en activo e persoal laboral fixo dependente desta Deputación Provincial. Non terán dereito a préstamos sen interese para adquisición de primeira vivenda ou mellora da habitual, aqueles beneficiarios que posúan mais dunha vivenda por unidade familiar. 2.- CONTÍA.- Estes préstamos sen interese poderán concederse ata a contía máxima de seis mil euros ó persoal desta Deputación Provincial que reúna os requisitos estableci¬dos nestas Bases. Conforme o disposto no citado artigo 66 do V Acordo Regulador estes préstamos serán amortizados con reintegro uniforme, resultante de dividir a contía concedida entre 48 mensualidades, ampliables a 60 para o persoal do grupo D e 72 para o do grupo E, se así o solicitan os interesados, cantidades que lles será detraída da nómina correspondente. 3.- FINS ÓS QUE SE DESTINA A ADXUDICACIÓN.- Con cargo á consignación económica de cento vinte mil douscentos euros (120.200,00 € ) prevista na partida 11/921.221.830.07 do orzamento provincial atenderanse as solicitudes que se destinen ós seguintes fins: a) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe. b) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores. c) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario. d) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario. e) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade. f) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave cando se refiran directamente ó solicitante, ó seu cónxuxe, ós fillos, ou a persoa dependente economicamente do mesmo, integrante da unidade familiar. 4.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DEMAIS DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial antes do día 15 de marzo de 2011, acompañadas da seguinte documentación, segundo os fins os que se destine o préstamo: A) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda ou praza de garaxe para o que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Orzamento da obra a realizar, da vivenda ou praza de garaxe que desexa adquirir ou escritura acreditativa da adquisición ou construción. B) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Oramento da mellora a realizar. C) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Xustificante do préstamo hipotecario. D) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario: - Orzamento de compra de mobles segundo corresponda á petición. - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. E) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade: - Certificación do Secretario desta Deputación Provincial na que se xustifique que o interesado, durante o último ano, fixera uso habitual do seu vehículo particular nos desprazamentos realizados do seu centro de traballo ó lugar onde desenvolve a súa actividade. F) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave: - Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar, sexa conxunta ou separada. - Informe ou informes médicos do proceso de enfermidade. Todos os documentos que acompañen á solicitude deberán levar o selo de Rexistro de Entrada na Deputación Provincial. Os servizos médicos provinciais elevarán informe en todos os casos de solicitudes de préstamos para atender gastos por enfermidade, no que farán constar o seu parecer sobre a concesión dos mesmos a Comisión Paritaria Mixta. 5.- CONCESIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e a correspondente documentación, o Servizo de Recursos Humanos no prazo máximo de 30 días naturais, clasificarán as solicitudes e formulará proposta á Comisión Paritaria Mixta, a cal elevará ó órgano correspondente da Deputación Provincial a proposta definitiva de adxudicación destes préstamos. Para elaborar a proposta de concesión dos préstamos darase preferencia a aquelas solicitudes que teñan un cociente de nivel de renda mais baixo. Neste sentido enténdese como renda familiar do peticionario/a, ós efectos de adxudicación dos préstamos sen interese, o cociente que resulte de dividir os ingresos familiares entre o número de membros da unidade familiar que figure na declaración ou declaración da renda. A Deputación Provincial dará publicidade as presentes Bases a través da súa colocación en todos os taboleiros de anuncios dos distintos Centros da Deputación. Non se tramitará unha nova solicitude de préstamo ata que o interesado teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade. No suposto de que un funcionario a quén lle outorgase un préstamo sen interese causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación funcionarial, agás a dimanante de incapacidade temporal ou maternidade, o reintegro das cantidades non devoltas será practicado dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa. 6.- XUSTIFICACIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Transcorrido un prazo máximo de 6 meses dende a concesión do préstamo deberán presentarse a través do Rexistro Xeral da Deputación Provincial segundo corresponda: a) Factura ou facturas correspondentes nas que figuren o IVE e o NIF da empresa/s que realice ou subministre a obra ou na que se adquiran os mobles. b) Escritura acreditativa da adquisición ou construción da vivenda que constitúa a residencia única e habitual do peticionario. c) Xustificante de ter amortizado o préstamo bancario correspondente. d) Documento público de adquisición de garaxe, ou licenza municipal no caso de construción acompañada das facturas correspondentes nas que figure o IVE ou NIF da empresa que realice a obra. e) Factura de compra de vehículo particular debidamente cumprimentada. f) No caso de enfermidade grave as facturas que deriven do tratamento médico que reciba o afectado e gastos complementarios. Así mesmo, nos casos de construción ou adquisición de vivenda deberán presentarse documento público ou privado da adquisición ou construción no prazo dun ano. Se transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se achegaran as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial procederá a descontar en nómina o 30% do salario mensual do peticionario/a, ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o beneficiario/a non poderá optar a concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos.” 8.18947.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE “REHABILITACIÓN DA PONTE DE BARRANTES SOBRE O RÍO ÚMIA E ACONDICIONAMENTO DO SEU ENTORNO (RIBADUMIA–CAMBADOS)” E ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO MESMO Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 10 de marzo de 2010, adxudicouse definitivamente a Construccions Obras e Viais, S.A. a obra de “Rehabilitación da ponte de Barrantes sobre o río Umia e acondicionamento do seu entorno (Ribadumia-Cambados)”, na suma de 696.649,14 €, máis 111.463,86 € correspondentes ó IVE, que ofertaba un prazo de execución de 12 meses. Resultando que polo Servizo de Infraestruturas, redactouse un proxecto modificado de dita obra como consecuencia de que, unha vez iniciada puxéronse de manifesto unha serie de incidencias de marcado carácter técnico que obrigaron a propor novos criterios para poder garantir a seguridade viaria da futura vía, no que ó tránsito e circulación se refire, cumprindo co interese público que este tipo de infraestruturas xera, á hora da súa posta en servizo, o que orixinou a variación de diversas unidades de obra que supón un incremento sobre o contrato primitivo de 137.217,20 €, máis 24.699,10 € correspondentes ó IVE, cantidade que non alcanza o 20% do contrato primitivo. Resultando que por Construcións, Obras e Viais, S.A. préstase conformidade ó orzamento modificado. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, de acordo co establecido no art. 217 da Lei 30/2007, de 30 de Outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o proxecto modificado de “Rehabilitación da ponte de Barrantes sobre o río Umia e acondicionamento do seu entorno (Ribadumia-Cambados)”, por importe de 137.217,20 €, máis 24.699,10 € correspondentes ó IVE. 2.- Adxudicar a obra comprendida no proxecto modificado de “Rehabilitación da ponte de Barrantes sobre o río Umia e acondicionamento do seu entorno (Ribadumia-Cambados)” a Construcións, Obras e Viais, S.A., adxudicataria da obra inicial, na suma de 137.217,20 €, máis 24.699,10 € correspondentes ó IVE, tendo en conta que se prestou conformidade ó proxecto modificado polo contratista inicial da obra e que non se supera o 20% do prezo do contrato primitivo. 3.- O expediente financiarase con cargo á aplicación 11/456.453-612.02. 4.- A obra comprendida no referido proxecto modificado executarase dentro do prazo ofertado para a obra inicial, finalizando o próximo 22 de abril do ano en curso. 5.- O adxudicatario debe presentar a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007, que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 9.18948.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA “INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CON ENERXÍAS RENOVABLES NO CONCELLO DE CUNTIS (PROXECTO EUROPEO POCTEP –ECOREDESANEASOL” O Comité de Xestión do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, en reunión de data 20 de xaneiro de 2009, acordou a concesión dunha axuda do FEDER para a execución do proxecto 0329_ECOREDESANEASOL_1_P, no que a Deputación de Pontevedra participa como beneficiario en colaboración con outras entidades españolas e portuguesas. A Deputación de Pontevedra ten asignada neste proxecto a execución da acción 3.2: “Bacia Hidrográfica do Minho e Bacias hidrográficas dos ríos Miño, Ulla, Umia, Lerez e Verdugo”, que comprende a instalación na provincia de Pontevedra de infraestruturas de depuración de augas residuais con subministración de enerxías renovables (en diante “Infraestrutura medioambiental Ecoredesaneasol”). A elevada dispersión poboacional da provincia de Pontevedra ten como consecuencia a existencia dun elevado número de núcleos situados nas concas hidrográficas dos ríos mencionados que presentan necesidade de depuración das súas augas residuais. A esta circunstancia engádese a limitación orzamentaria do proxecto Ecoredesaneasol que non permite actuar en todos e cada un dos lugares do seu ámbito territorial que presentan esta problemática. Por este motivo foi necesario establecer un procedemento de concesión de subvencións en especie dirixida a todos os concellos da provincia de Pontevedra situados nas concas hidrográficas dos ríos mencionados para a instalación de “Infraestruturas ambientais Ecoredesaneasol” naqueles que foran beneficiarios. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 10 de febreiro de 2010, aprobou as bases reguladoras destas subvencións en especie. Terminado o prazo para a presentación de solicitudes polos concellos da provincia, as candidaturas recibidas foron avaliadas pola Comisión de Valoración, órgano colexiado constituído. Para levar a cabo este proxecto, resulta necesario contratar a subministración e instalación do equipamento para a depuración de augas residuais domésticas no Concello de Cuntis, non contando a Deputación cos medios humanos e técnicos necesarios para levar a cabo dita actuación. En base á petición de incoación dun expediente por parte do Xefe de servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, o Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, inicio o expediente de contratación e confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá procedemento aberto. Resultando que con data 8 de febreiro de 2011 polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 12 tipifica a este contrato como “mixto”, xa que comprende a realización dunha subministración dos previstos no artigo 9, así como a realización de prestacións propias dun contrato de obras e servizos regulados nos artigos 6 e 10, e que para os efectos do referido artigo 12 ten consideración de prestación máis importante dende o punto de vista económico a relativa á adquisición e implantación da subministración. Considerando que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª. 2 a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxía renovables no Concello de Cuntis, dentro do marco do proxecto europeo “Ecoredesaneasol”. Establécese un tipo de licitación de cento vinte e sete mil cento dezaoito euros con sesenta e catro céntimos (127.118,64 €). 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 150.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/241.161.652.02.2010 do vixente orzamento provincial. O gasto quedará condicionado á incorporación de remanentes de crédito do presente exercicio. 4. Iniciar o prazo de quince días de presentación de proposicións, a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria do procedemento aberto no Boletín Oficial de Pontevedra”. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS, CON ENERXÍAS RENOVABLES, NO CONCELLO DE CUNTIS, DENTRO DO PROXECTO EUROPEO POCTEP “ECOREDESANEASOL” 1.- OBXECTO.- A subministración e instalación dun sistema de depuración de augas residuais, con enerxías renovables, no Concello de Cuntis, dentro do proxecto europeo POCTEP “ECOREDESANEASOL”, de conformidade co prego de prescricións técnicas elaborado polo Enxeñeiro Industrial do Servizo de Infraestruturas da Deputación Provincial de Pontevedra. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/241.161.652.02.2010, por importe de 150.000,00 €. O gasto quedará condicionado á incorporación de remanentes de crédito do presente exercicio. 3.- PAGO.- O adxudicatario terá dereito ó pago, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez recibido o sistema de depuración e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial, todo iso de conformidade co establecido no os artigos 268 e 269 da Lei 30/2007 de 30 de outubro, de contratos do Sector Público (LCSP, en diante). 4.- LUGAR E PRAZO DE ENTREGA.- A subministración do sistema de depuración efectuarase no lugar que se indique do termo municipal do Concello de Cuntis no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de noventa días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministración. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cento vinte e sete mil cento dezaoito euros con sesenta e catro céntimos (127.118,64 €) sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE que se estima en vinte e dous mil oitocentos oitenta e uns euros con trinta e seis céntimos (22.881,36 €): A) Prezo sen IVE 127.118,64 € B) IVE (18 %) 22.881,36 € C) Importe total (A B) 150.000,00 € 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lcsp. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), a contar desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración e instalación dun sistema de depuración de augas residuais, con enerxías renovables, no Concello de Cuntis (Proxecto europeo POCTEP – ECOREDESANEASOL)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidad no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedido polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.-Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante o tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración e instalación dun sistema de depuración de augas residuais, con enerxías renovables, no Concello de Cuntis (Proxecto europeo POCTEP – ECOREDESANEASOL)”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria descritiva das características dos equipos a subministrar e de enerxías renovables a subministrar, así como do depósito e a obra civil e de saneamento necesarios. 3. Melloras sobre as características técnicas incluíndo unha relación das mesmas. As ofertas diferenciarán, claramente e dun modo inequívoco, as características mínimas esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, co fin de facilitar o traballo de avaliación. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación da subministración e instalación dun sistema de depuración de augas residuais, con enerxías renovables, no Concello de Cuntis (Proxecto europeo POCTEP – ECOREDESANEASOL)”. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. SECRETARIO: -O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación Características do sistema de depuración proposto e adecuación a entorno…………………………………………………………...... 35 puntos Melloras referentes ás plantas depuradoras, instalacións enerxéticas e outras melloras (valos, saneamentos, etc.)…………………………….. 15 puntos 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante formulas (Sobre “C”) Os criterios avaliables mediante fórmulas valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Menor prezo ofertado ……………………………………………...... 40 puntos Prazo de entrega……………………………………………...... 10 puntos A oferta económica e o prazo de entrega puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre o tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma, fundadamente, que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, excluiraa da clasificación e acordará a adxudicación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non fosen declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar a dicir clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalados neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. 15.-ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizou o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato fíxase nun ano. Se durante o prazo de garantía acreditásese a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser ouvido sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens fornecidos non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar devandito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obrigación de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 275 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 23.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..............., maior de idade, veciño de................, con domicilio en ...................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ..........................con NIF/CIF ……. e domicilio en ................, teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración e instalación dun sistema de depuración de augas residuais, con enerxías renovables, no Concello de Cuntis, dentro do proxecto europeo POCTEP “Ecoredesaneasol”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: A) Prezo sen IVE euros. B) IVE (18%) euros. C) TOTAL (A+B) euros. (En letra e número) (Acompañarase como anexo a descomposición de prezos dos elementos incluídos na oferta). • Prazo de entrega: (indicar o mesmo) (Data es sinatura do mesmo)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 10.18949.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO DESEÑO E CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE PROCESO DE DATOS (CPD) Na actualidade a Deputación de Pontevedra ten un Centro de Proceso de Datos (CPD) instalado na planta baixa do Pazo Provincial da Deputación e outro nas oficinas do organismo autónomo ORAL que contan con graves deficiencias. Por todo isto exponse deseñar e construír un novo no Edificio Administrativo da Deputación (antigo edificio de Educación), sito a escasos metros do Pazo Provincial, para que sexa o centro neurálxico de todos os servizos que o departamento de Novas Tecnoloxías presta a todos os centros da Deputación e os que vai prestar ós concellos. Ademais preténdese unificar todos os CPD da Deputación e suplir todas as deficiencias que manteñen os actuais, co consecuente aforro de custos no mantemento dos mesmos, á vez que se prestaría uns servizos de maior calidade. O custo total do contrato é de trescentos noventa e nove mil euros (399.000,00 €). Polo servizo de contratación infórmase que o sistema máis adecuado para adxudicar este contrato é o procedemento aberto, para o que se elabora o prego de condicións que é o elemento regulador do mesmo. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación. O servizo de intervención informa que as aplicacións 11/457.450.625.01.2009, 11/457.450.623.01.2009 e 11/457.450.623.01.2009, son remanentes que van quedar reflectidos nun maior remanente de tesourería, o cal poderá ser utilizado tras o oportuno expediente de modificación de crédito. Respecto ó resto de aplicacións, o gasto financiado con remanentes de crédito deberá quedar condicionado á incorporación dos mesmos ó presente exercicio, tal e como se sinala no prego, e no resto de aplicacións existe crédito, acreditados mediante o documento RCs. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, o deseño e construción dun Centro de Proceso de Datos. O tipo de licitación establécese na cantidade de trescentos trinta e oito mil cento trinta e cinco euros con cincuenta e nove céntimos (338.135,59 €). O importe da cantidade do IVE é de sesenta mil oitocentos sesenta e catro euros con corenta e uns céntimos (60.864,41 €). O importe total do contrato é de trescentos noventa e nove mil euros (399.000,00 €), e financiarase como se establece a continuación: ORGANISMO APLICACIÓN DESCRICIÓN DA APLICACIÓN IMPORTE Deputación Provincial de Pontevedra 11/926.926.641.00.2010 Programas e aplicacións informáticas 5.000,00 € 11/926.926.623.01.2010 Maquinaria, instalacións e utillaxe 33.710,00 € 11/457.450.625.01.2009 Mobiliario 24.000,00 € 11/457.450.622.03.2009 Construcións (obra) 90.625,00 € 11/457.450.623.01.2009 Maquinaria, instalacións e utillaxe 71.041,76,00 € 11/926.926.623.03 Utillaxe-instalacións 3.000,00 € 11/926.926.625.02 Armarios Redes Área Local 9.000,00 € 11/926.926.626.01 Equipos para proceso de información 12.000,00 € Escola Universitaria de Enfermería 11/831.323.625.01.2010 Mobiliario 3.750,00 € O.A.L. Escola de Canteiros 11/832.323.622.00.2010 Construcións (obra) 7.500,00 € O.A.L. Museo de Pontevedra 11/833.333.623.01.2010 Maquinaria, instalacións e utillaxe 22.500,00 € O.A.L. Turismo Rías Baixas 11/843.432.623.01.2010 Maquinaria, instalacións e utillaxe 15.000,00 € Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) 11/893.932.623.01.2010 Maquinaria, instalacións e utillaxe 99.998,24 € Instituto para a Promoción e Equipamento do solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) 11/815.156.622.01.2010 Construcións (obra) 1.875,00 € TOTAL………….. 399.000,00 € O expediente quedará condicionado á tramitación dun expediente de modificación de créditos, para validar as cantidades establecidas nas aplicacións 11/457.450.625.01.2009, 11/457.450.623.01.2009 e 11/457.450.623.01.2009, e á incorporación de remanentes do exercicio anterior. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: - Autorizar o gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias e en relación cos importes anteriormente sinalados - Declarar a improcedencia da revisión de prezos nas condicións establecidas no artigo 77 e seguintes da LCSP. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para o devandito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado”. Dito prego é como segue: 11.18950.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL EN BEADE (VIGO)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 17/11/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Campo de fútbol de céspede artificial en Beade (Vigo)”, con orzamento de 394.087,48 €, máis a cantidade de 70.935,74 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 11/01/2011, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 12/01/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 31/01/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 37,90 36,175 74,075 MONDO IBERICA, S.A. 38,69 31,851 70,541 UTE INDEPO-MOVEX VIAL, S.L. 36,30 32,792 69,092 CALFENSA PROYECTOS, S.L. 33,90 28,646 62,546 UTE POLIGRAS IBERICA, S.A.-COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, S.A. 33,64 26,315 59,955 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 36,33 23,217 59,547 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 31,05 11,764 42,814 Resultando que a empresa Construcións, Obras e Viais, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 02/02/2011, presentou a documentación xustificativa de atoparseó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100007379, de data 08/02/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.Á obra de “Campo de fútbol de céspede artificial en Beade (Vigo)” na suma de 340.885,67 € máis 61.359,42 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 21.888,50 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 12.18951.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL EN MATAMA (VIGO)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 17/11/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “campo de fútbol de céspede artificial en Matamá (Vigo)”, con orzamento de 394.087,48 €, máis a cantidade de 70.935,74 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 11/01/2011, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 12/01/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 31/01/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 37,90 36,175 74,075 UTE INDEPO-MOVEX VIAL, S.L. 36,30 35,086 71,386 UTE POLIGRAS IBERICA, S.A.-COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, S.A. 33,45 26,018 59,468 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 36,33 21,695 58,025 MONDO IBERICA, S.A. 38,69 16,008 54,698 CALFENSA PROYECTOS, S.L. 33,90 14,358 48,258 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 31,05 12,062 43,112 Resultando que a empresa Construcións, Obras e Viais, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 02/02/2011, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100007380, de data 08/02/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.Á obra de “Campo de fútbol de céspede artificial en Matamá (Vigo)” na suma de 340.885,67 € máis 61.359,42 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 21.888,50 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 13.18952.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA CONTRATAR O SUBMINISTRO DE MATERIAIS PARA BEIRARRÚAS NO CONCELLO DE LALÍN A Xunta de Goberno, en sesión de 23 de xuño de 2010, aprobou o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, a subministración de materiais para diversas beirarrúas no Concello de Lalín, cun orzamento de 198.315,66 €. En acto público, con data 3 de agosto de 2010, procedeuse á apertura do sobre “B”, referente á documentación técnica presentada polas dúas empresas admitidas ó procedemento, Materiais de construción Valdés Gonzalez, S.l. e Almacéns Canda, S.l., trasladando as mesmas ó técnico para a súa correspondente valoración. A Xunta de Goberno, en sesión de 22 de decembro de 2010, tras ser examinadas as ofertas pola mesa de contratación, previo informe técnico, declarou deserto o procedemento aberto, por ser irregulares e inaceptables, ademais de non alcanzar a puntuación mínima esixida para alcanzar a seguinte fase. Considerando o apartado a) do artigo 154 de Lcsp, aprobouse un novo expediente para adxudicar, mediante procedemento negociado sen publicidade o mencionado contrato, e convidando ás dúas empresas presentadas ó procedemento aberto declarado deserto e a D. Amador Gómez Acuña. Tras negociar os aspectos económico-técnicos das propostas, o Director de Infraestruturas, propón como a oferta máis vantaxosa a presentada por D. Amador Gómez Acuña ( DNI 768006683 B). Por resolución presidencial, de data 2 de febreiro de 2011, efectuouse o requirimento á empresa mencionada por resultar ser o licitador que presentou a oferta máis vantaxosa Considerando que a empresa presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios e coa seguridade social, de dispor efectivamente dos medios que se compromete a dedicar ou a adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato, excluído/excluído o IVE, por importe de 8.548,09 €, que figura depositada na tesourería desta Deputación, co número de operación 201100007528, polo que, unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, procede adxudicar este contrato. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRA.-Rectificar o erro de financiamento establecido nos pregos aprobados pola Xunta de Goberno do día 22 de decembro de 2010, ó non aplicarse o tipo impositivo do 18%, vixente nesa data. Resultando o financiamento tal e como segue: ANUALIDADE APLICACIÓN IMPORTE 2009 2011.942.942.652.45.2009 102.985,66 € 2010 2011.942.942.652.45.2010 52.451,07 € 2011 2011.942.942.652.45 46.298,16 € SEGUNDA.-Adxudicar o procedemento negociado sen publicidade para contratar a subministración de materiais para diversas rúas no Concello de Lalín a D. Amador Gómez Cuíña (DNI 76.800.668-b) por un prezo total de cento setenta mil novecentos sesenta e uns euros con setenta e oito céntimos (170.961,78 €), sen IVE, máis partida correspondente ó IVE de trinta mil setecentos setenta e tres euros con doce céntimos (30.773,12 €). A empresa adxudicataria oferta unhas melloras por importe de 37.113,50 €. A oferta comprende os elementos que se indican a continuación polos seguintes prezos: ELEMENTO PREZO M3 Mortero Cemento M-5 72,83 €/sen IVE. M2 Loseta botones ce+m. Color 30*30 8,75 €/sen IVE. Kg. Cemento 1/3 Cem II/B-P 32,5 N 67,93 €/sen IVE. M2 Loseta 25 pastillas ce. Color 33*33*3 cm 8,10 €/sein IVE. O contrato financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias que se indican a continuación e en relación cos seguintes importes: APLICACIÓN IMPORTE 2011.942.942.652.45.2009 102.985,66 € 2011.942.942.652.45.2010 52.451,07 € 2011.942.942.652.45 46.298,16 € 14.18953.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “MELLORA DA CONDUCIÓN DE ABASTECEMENTO A REDONDELA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 06/10/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Mellora da condución de abastecemento a Redondela”, con orzamento de 576.785,86 €, máis a cantidade de 103.821,46 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 19/11/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 22/11/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24/01/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Marco, Obras y Proxectos de Arousa, S.L., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 34,04 48,910 82,950 ELSAMEX, S.A. 31,66 47,642 79,302 EXCAVACIONES Y CONSTRUC-CIONES PEREZ PORTELA, S.L. 39,74 38,011 77,751 ANTALSIS, S.L. 35,47 41,139 76,609 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 36,56 39,233 75,793 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 34,93 40,399 75,329 MOVEX VIAL, S.L. 35,26 35,013 70,273 CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L. 33,05 36,828 69,878 COPCISA, S.A. 30,51 38,856 69,366 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 30,53 35,544 66,074 AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA, S.A. 30,33 35,458 66,036 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 33,36 31,835 65,195 HIDROSCIVIL, S.L. 33,20 30,041 63,241 JESUS MARTINEZ ALVAREZ CONSTRUCCIONES, S.A. 32,70 27,318 60,018 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 30,58 29,045 59,625 HIDROMIÑO, S.L. 33,18 25,752 58,932 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 30,68 18,041 48,721 Resultando que a empresa Marco, Obras e Proxectos De Arousa, S.L., atendendo ó requirimento formulado mediante acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 26/01/2011, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201000115412, de data 28/12/2010. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Marco, Obras y Proxectos de Arousa, S.L. a obra de “Mellora da condución de abastecemento a Redondela” na suma de 403.994,50 € máis 72.719,01 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 48.495,31 € e o 4,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 103,85 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, desígnase para Director de Obra ó Enxeñeiro de Camiños, colexiado nº3824, D. Alberto Moreno García en representación de Estudio A. Moreno, S.L., redactor do proxecto. 15.18954.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA MELLORA DE RECOLLIDA SELECTIVA NO RURAL DO CONCELLO DE MEAÑO Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da provincia, e así tentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. A Xunta de Goberno, en sesión de 19 de maio de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da mellora de recollida selectiva no rural do Concello de Meaño, incluído no programa de Investimentos da Deputación de Pontevedra, anos 2009/20111, por un importe de sesenta e oito mil setecentos cincuenta e nove euros con oitenta e sete céntimos, sen IVE, (68.759,87 €), máis a cantidade máxima correspondente ó IVE de once mil uns euros con cincuenta e oito céntimos (11.001,58 €). O anuncio da convocatoria pública de licitación publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra, número 115, de data 18 de xuño de 2010. O día 9 de xullo de 2010 constituíuse a Mesa de Contratación, e procedeuse á apertura do sobre A, cualificándose a documentación xeral, co resultado de admisión das seguintes empresas: Baygar, S.L. e Formato Verde, S.L. Posteriormente procedeuse á apertura sos sobres “B”, relativos ás propostas técnicas e referentes a criterios non avaliables de forma automática, e trasládanse ós servizos técnicos para a súa avaliación, quen emiten o preceptivo informe. A puntuación obtida da valoración da documentación técnica das empresas que se cumpriron cos requisitos mínimos é a seguinte: Licitador Puntuación Sobre “B” Formato Verde, S.L. 45 Baygar, S.L.; 30 A mesa de contratación reúnese novamente o día 14 de febreiro de 2011, en acto público, dando a coñecer a puntuación obtida polas empresas na documentación técnica, e se abren os sobres “C”, relativos á documentación valorable mediante a aplicación de fórmulas, daquelas empresas que obtivesen unha puntuación mínima de 30 puntos. Valoradas na súa totalidade as ofertas das empresas que cumpren con todos os requisitos esixidos, e unha vez aplicados os baremos establecidos nos criterios de adxudicación do prego económico administrativo, resulta a seguinte puntuación: Licitadores Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Total Formato Verde, S.L. 45 16,031 61,031 Baygar, S.L.; 30 0 30 Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRHL, de 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.-Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación da mellora de recollida selectiva no rural do Concello de Meaño á empresa Formato Verde, S.L. (CIF B-32.280.760) polo prezo de sesenta e catro mil novecentos setenta e catro euros con corenta céntimos (64.974,40 €), sen IVE. A partida do IVE é de once mil seiscentos noventa e cinco euros con trinta e nove céntimos (11.695,39 €). O custo total do contrato será de setenta e seis mil seiscentos sesenta e nove con setenta e nove céntimos (76.669,79 €). Así mesmo a empresa oferta un prazo de subministración de tres semanas, e unhas melloras por importe de 10.418,00 €. Segundo.-Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, con obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de tres mil oitocentos trinta e dous euros con cincuenta céntimos (3.248,72€) na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, de 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de oitenta e nove euros con noventa céntimos (89,90 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo ás aplicacións orzamentarias que se relacionan a continuación cos seguintes importes: Aplicación IMPORTE 2011.942.942.942.652.45.2009 67.570,03 € 2011.942.942.942.652.45.2010 9.099,76 € Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por leste mesmo órgano.” 16.18955.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA ZONA MAGDALENA E VARIANTE IGLESIA EN E.P. 2502 CERQUIDO–RIBADELOURO (TUI)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10/02/2010, adxudicouse definitivamente a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa en E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro (Tui)”. Resultando que pola referida empresa, como consecuencia de problemas xurdidos na aliñación de muros a executar nas parcelas dos veciños, solicita unha prórroga para a finalización da obra até o 15 de marzo do ano en curso. Resultando que polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur emítese informe favorable á prórroga solicitada. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o quince de marzo próximo para a finalización da obra “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa en E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro (Tui)”. 17.18956.- APROBACIÓN CERTIFICACIÓN Nº 45 CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN Vista a certificación núm. 45 relativa á obra “Construción do campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra) “, adxudicada no seu día a empresa ORECO S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 26/01/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 45: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe ORECO S.A. (CIF. A–36.614.691) Conta non orzamentaria. 555.00(099.097) Incorporados os remanentes 11/340.342.652.02.2009 739.192,04€ SUBTOTAL ………. 739.192,04€ Taxa Técnicos Directores(4%) Id. 21.056,60€ Control de calidade (2%) Id. 10.528,30€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 3.790,19€ Total descontos 35.375,09€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ……….. 703.816,95€ Esta certificación cargarase con cargo á conta non orzamentaria 555.00(099.097) imputándose o gasto, unha vez incorporados os remanentes, á aplicación orzamentaria 11/340.342.652.02.2009. Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por tratarse da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel de acordo co ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 18.18957.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO 20.18875 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 29/12/2010 A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do 29 de decembro de 2010 acordou adxudicar á empresa Faro de Vigo, S.A., o contrato para prestación de servizos de publicidade no periódico “Faro de Vigo”. Resultando que no citado acordo detectouse un erro tipográfico que afecta o código de identificación fiscal da empresa adxudicataria deste servizo. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo 20.18875 adoptado na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de decembro de 2010 relativo á adxudicación do contrato para prestación de servizos de publicidade no periódico “Faro de Vigo”, no sentido seguinte: Onde di: “Adxudicar á empresa Faro de Vigo, S.A. (C.I.F.- B-36.223.600),…” Debe dicir: “Adxudicar á empresa Faro de Vigo, S.A. Unipersonal (C.I.F.- A-36.600.815),…” 19.18958.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición