Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-02-16_Ordinaria. Acta de sesión 2011/02/16_Ordinaria
Acta de sesión 2011/02/16_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/1.2011-02-16_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/02/16_Ordinaria
Data(s) 2011-02-16 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día dezaseis de febreiro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18959.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de febreiro de 2011. 2.18960.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 8002 CALDAS-SAN CLEMENTE (CALDAS DE REIS)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 13/10/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Ensanche e mellora E.P. 8002 Caldas-San Clemente (Caldas de Reis)”, con orzamento de 634.487,04 €, máis a cantidade de 114.207,67 € correspondente ó IVE. Resultando que con data 26/11/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 30/11/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24/01/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos sobres“B”, e valorada a documentación contida nos Sobres“C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 39,25 44,867 84,117 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,65 48,750 82,400 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 33,60 43,324 76,924 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 39,00 34,351 73,351 HIDROSCIVIL, S.L. 31,36 37,148 68,508 MOVEX VIAL, S.L. 30,70 24,002 54,702 Resultando que a empresa Construcións, Obras e Viais, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 26/01/2011, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta do pagamento nº 201100007684, de data 09/02/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de “Ensanche e mellora E.P. 8002 Caldas-San Clemente (Caldas de Reis)” na suma de 511.713,80 € máis 92.108,48 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 81.824,06 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 106,95 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, desígnase Director de Obra Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D.Roberto Aya Duarte, en representación de Interurban, S.A. Urbanismo e Ingenieria, redactora do proxecto. 3.18961.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN VIAIS PÚBLICOS EXERCICIO 2011 (NIGRÁN)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 20/10/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Pavimentación viais públicos exercicio 2011 (Nigrán)”, con orzamento de 223.233,62 €, máis a cantidade de 40.182,05 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 30/11/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 30/11/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24/01/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres“B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 41,53 46,169 87,699 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,95 48,750 82,700 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 37,00 39,985 76,985 HIDROMIÑO, S.L. 34,88 24,126 59,006 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 30,99 15,058 46,048 Resultando que a empresa Construcións, Obras e Viais, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 26/01/2011, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pagamento nº 201100007683, de data09/2/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de “Pavimentación viais públicos exercicio 2011 (Nigrán)” na suma de 175.461,62 € máis 31.583,09 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 38.794,08 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 111,60 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, desígnase Director de Obra Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D.Roberto Aya Duarte, en representación de Interurban, S.A. Urbanismo e Ingenieria, redactora do proxecto. 4.18962.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A. A empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A. (CIF A- 36.011.047), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil cincocentos cincuenta e seis euros con tres céntimos (8.556,03€), para responder do contrato relativo á “Actuacións de posta en valor e rehabilitación dos pendellos de Agolada”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/11/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800097474, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil novecentos oitenta e cinco euros con sete céntimos (3.985,07€), para responder do contrato relativo ó “Proxecto modificado de actuacións de posta en valor e rehabilitación dos pendellos de Agolada”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/09/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900076529, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Setga, S.L. A empresa Setga, S.L. (CIF B- 36.699.064), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil cento vinte e cinco euros con sesenta e nove céntimos (2.125,69 €), para responder do contrato relativo á “iluminación pública na E.P. 9601 dende a C-531 a Castrogundín (Vilagarcía de Arousa)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/11/2002, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200200100168, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Dionisio Alonso Bello A empresa Dionisio Alonso Bello (CIF 36.035.971- P), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de novecentos corenta e cinco euros (945,00 €), para responder do contrato relativo ó “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e de subministración de materiais, ano 2009 (Lote 31)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900009121. 5.18963.- COMUNICACIÓNS. Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.18964.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DE SUBVENCIÓNS XUSTIFICADAS FÓRA DE PRAZO A Xunta de Goberno acorda por unanimidade que, ata o 31 de marzo de 2011, se poida levar a recoñecemento extraxudicial de crédito o recoñecemento de subvencións xustificadas fóra de prazo. 7.18965.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PAM/06-08, ANUALIDADES 2007 E 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA 241-206/451 DENOMINADA “SANEAMENTO EN SAN ROQUE” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un/final remitida polo Concello de Ponteareas, correspondente ó investimento nº 241-206/451, denominado “Saneamento en San Roque”, incluído no PAM/06-08, anualidades 2007 e 2008, á vista dos informes de intervención e do servizo de infraestruturas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de noventa mil euros (90.000,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. Declarar o aboo da cantidade de noventa mil euros (90.000,00 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 11/942.942.762.10.2007 e 11/942.942.762.10.2008, como pagamento da subvención concedida ó Concello de Ponteareas para a realización do investimento denominado “Saneamento”. 8.18966.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA 103/1108 DENOMINADA “SANEAMENTO EN ANGOARES” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. tres/final remitida polo Concello de Ponteareas, correspondente ó investimento nº 103/1108, denominado “Saneamento de Angoares”, incluído no PSA/06-08, anualidade 2008, á vista dos informes de intervención e do servizo de infraestruturas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de trinta e seis mil oitocentos trinta e nove euros con trinta e sete céntimos (36.839,37 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. Declarar o aboo da cantidade de trinta e seis mil oitocentos trinta e nove euros con trinta e sete céntimos (36.839,37 €), con cargo á aplicación orzamentaria 11/942.161.762.45.2008, como pagamento da subvención concedida ó Concello de Ponteareas para a realización do investimento núm. 103/1108 denominado “Saneamento de Angoares”. 9.18967.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E ABOO DE CANTIDADE A FAVOR DUNHA FUNCIONARIA 1º Con data 3 de febreiro de 2011, Dona Remedios Pérez González, Directora de Gabinete de Presidencia, presenta a xustificación de gastos en concepto de manutención e desprazamento, por asistir o pasado 7 de maio de 2010 á presentación da campaña de promoción de Turismo rías Baixas, en Zamora e Salamanca, acompañando ó Presidente. O desprazamento á ditas localidades realizouse en coche oficial dende Madrid. 2º Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Presidencial de data 6 de maio de 2010, número 86417, autorizouse a realización do devandito desprazamento, en “Comisión de Servizos”. 3º A cantidade que xustifica ascende a un total de 214,04 €, en concepto de desprazamento tal e como se especifica: - Desprazamento en avión (7 de maio)…………. 174,04 €. - Desprazamentos en Taxi…………………….... 40,00 €. 4º O Texto Refundido da Lei de Facendas Locais e o Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, establecen que o exercicio orzamentario coincidirá co ano natural e a el imputaranse as obrigas recoñecidas durante o mesmo. En virtude do establecido nos artigos 173.5 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais e 25.1 do Decreto 500/1990, de 20 de abril, non poden adquirirse compromisos de gastos por contía superior ó importe dos créditos autorizados nos estados de gastos, viciando de nulidade de pleno dereito as Resolucións e actos administrativos que infrinxan exprésaa norma, sen prexuízo da responsabilidade a que haxa lugar. Non obstante o anterior, para regularizar tales gastos que non foron aplicados en ningunha partida do ano orzamentario no que debesen ser descontados, debe procederse ó “recoñecemento extraxudicial de créditos”, recoñecendo obrigas correspondentes a exercicios anteriores, que por calquera causa non o foron naquel ó que correspondían. NORMATIVA APLICABLE: - Artigo 92.3.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. - Artigo 163 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local. - Artigo 105.2 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. De acordo con todo o exposto, en virtude das competencias que lle outorga o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade iniciar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito e abonar a Dona Remedios Pérez González, Directora do Gabinete de Presidencia, a cantidade de 214,04 €, en concepto de gastos de desprazamento, por asistir acompañando ó Presidente a Madrid , o pasado 7 de maio de 2010, para trasladarse dende alí en vehículo oficial ás cidades de Zamora e Salamanca, para asistir á prese ntación da campaña de promoción do Turismo Rías Baixas, con cargo á aplicación orzamentaria 912.912.231.20. 10.18968.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2011001311, DENOMINADA “HUMANIZACIÓN DA PRAZA DE MÚSICA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011001311, denominado “Humanización da Praza da Música” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Ponteareas con CIF núm. P3604200J, a cantidade de noventa e tres mil novecentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (93.999,99 €), para a realización do investimento núm. 2011001311, denominado “Humanización da Praza da Música”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 93.999,99 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.18969.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADO EN HISTORIA PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 1.- Mediante escrito de data 24 de novembro de 2011, o Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial, solicita a convocatoria de dúas Bolsas destinadas a Licenciados en Historia, para realizar tarefas relacionadas con arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación e cartón postal. 2.- A selección dos/das bolseiros/as levarase a cabo mediante o sistema de entrevista na que se formularán cantas preguntas considérense oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño das bolsas, a fin de determinar a idoneidade dos aspirantes e na que estes poderán facer a súa exposición curricular. 3.- Estas bolsas, dotadas cunha consignación mensual de 1.200,00 €/bolseiro, imputaranse á aplicación orzamentaria 332.330.481.01, e outorgaranse con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 16/03/011) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período de seis meses. A cantidade total estimada ascende a 14.400,00 €. NORMATIVA APLICABLE: - A convocatoria das bolsas, a selección dos/das beneficiarios/as e a realización dos traballos que dan dereito ás mesmas, axustaranse ó previsto nas bases, ó disposto no capítulo II da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e á lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, en diante LRX-PAC, así como a Lei 4/1999, de modificación da LRX-PAC. - Artigo 23 e seguintes do decreto de 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais. - Acordo do Pleno de data 23 de xuño de 1983, polo que se delega na Comisión de Goberno o desenvolvemento das bases que terá que rexer a concesión das distintas bolsas, con arranxo ós principios establecidos polo Pleno, a adxudicación das mesmas e a súa prórroga. Vista a proposta presentada polo Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de dúas Bolsas de Licenciados Universitarios en Historia, para a realización de traballos de colaboración de inventariado e catalogación de arquivos. O custo destas Bolsas (previsión de inicio 16/03/2011) ascende a un total de 14.400,00 €, que se imputarán á aplicación orzamentaria 332.330.481.01. Así mesmo, de acordo co informe emitido por Intervención de data 7 de febreiro de 2011, na aplicación orzamentaria proposta para imputar o gasto, existe crédito dispoñible para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento RC número de operación 201100007334. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento que se terá que seguir para a concesión de dúas bolsas, que teñen por obxecto a realización de tarefas de colaboración de inventariado e catalogación dos distintos arquivos da provincia. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. e) Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes por beneficiario, que se imputará á aplicación 332.330.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ós beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de difrute das bolsas para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O disfrute da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Currículum vitae e documentación acreditativa deste. A estes efectos, valoraranse a realización de cursos relacionados con arquivística, inventariado, catalogación, especialmente arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación, tarxeta postal. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: - Un Deputado provincial. - O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. - Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a celebración dunha Entrevista Persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos, e na que se valorará os coñecementos relacionados có obxecto da bolsa, os cursos realizados e a experiencia profesional acreditada. Os/as aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración da mesma. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das presentes bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os/as beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e disfrute destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes bases. UNDÉCIMA.- DEREITO SUPLETORIO.- A convocatoria das bolsa e a selección do/da bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.” 12.18970.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E DAS BASES DO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN PARA O PERSOAL DAS BRIGADAS DE INFRAESTRUTURAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 1.- Dentro do Plan Agrupado de formación para o ano 2011 previuse organizar un Curso de Especialización para persoal das Brigadas de Infraestruturas, coa finalidade de preparar e dotar a este persoal da cualificación necesaria para poder acceder a postos de traballo de superior categoría profesional e maior responsabilidade polo sistema de promoción interna. 2.- Este curso, que terá unha duración de 150 horas, das cales 40 serán presenciais e 110 na modalidade a distancia, desenvolverase na Cidade Infantil “Príncipe Felipe” durante os meses de marzo e abril 2011. 3.- Para ese efecto remítese a convocatoria e bases para a súa aprobación pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial. 4.- A efectos de fiscalización económica valorouse o curso de especialización en 7.000,00 €, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 10/921.221.165.00 con número de operación 201000120832. NORMATIVA APLICABLE: a) Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas de 22 de marzo de 2010. b) V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial No marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas de 22 de marzo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria do Curso de Especialización para persoal das Brigadas de Infraestruturas da Deputación Provincial de Pontevedra, de 150 horas de duración, coa finalidade de preparar e dotar a este persoal da cualificación necesaria para poder acceder a postos de traballo de superior categoría profesional e maior responsabilidade polo sistema de promoción interna. Ditas bases son do seguinte teor: “B A S E S Primeira.- Obxectivos: Capacitar ó persoal das Brigadas de Infraestruturas e de Control e Vixilancia da Deputación de Pontevedra para desempeñar un posto de traballo de superior categoría profesional e maior responsabilidade. Segunda.- Programa: Módulo I: PERSOAL DAS BRIGADAS DO SERVIZO DE INFRAESTRUCTURAS Programa xeral • Unidade I: A organización provincial. Órganos básicos e complementarios. • Unidade II: O réxime de sesión e acordos colexiados locais. • Unidade III: Clases de sesión. Requisitos e procedemento de constitución. • Unidade IV: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. • Unidade V: A Función Pública Local e a súa organización. • Unidade VI: Dereitos e deberes dos funcionarios. • Unidade VII: O cadro de persoal. • Unidade VIII: Adquisición e perda da condición de funcionarios. • Unidade IX: O procedemento administrativo. • Unidade X: Dereitos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Programa específico • Unidade I: Zonas contiguas ás estradas. Autorización para realizar obras en ditas zonas. Sinalización en obras de reparación nas estradas provinciais. • Unidade II: Equipos necesarios de seguridade e saúde para traballos en obras de reparación e bacheo. • Unidade III: Movementos de terras: desmontes e terrapléns. Problemas de substentabilidade de noiros e medidas de estabilización. • Unidade IV: Tratamentos superficiais. Regos e mesturas betuminosas. Tipos. Posta en obra. Execución. • Unidade V: Drenaxe: superficial e profunda. • Unidade VI: Formigón en masa. Xeneralidades. Posta en obra. Formigón armado. Composición. Posta en obra. • Unidade VII: Capas granulares. Estabilización de solos. Gravas tratadas en firmes de estradas. Tipos. Posta en obra. Execución. • Unidade VIII: Maquinaria para compactación. Tipos e usos. • Unidade IX: Muros de sostemento e contención. Tipoloxía. Materiais empregados. • Unidade X: Dispositivos destinados ó calmado da velocidade do tráfico rodado. Módulo II: PERSOAL DO SERVIZO DE CONTROL E VIXILANCIA Programa xeral • Unidade I: A organización provincial. Órganos básicos e complementarios. • Unidade II: O réxime de sesión e acordos colexiados locais. • Unidade III: Clases de sesión. Requisitos e procedemento de constitución. • Unidade IV: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. • Unidade V: A Función Pública Local e a súa organización. • Unidade VI: Dereitos e deberes dos funcionarios. • Unidade VII: O cadro de persoal. • Unidade VIII: Adquisición e perda da condición de funcionarios. • Unidade IX: O procedemento administrativo. • Unidade X: Dereitos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Programa específico • Unidade I: Eximentes, atenuantes e agravantes. As penas e a súa execución. • Unidade II: A protección de datos de carácter persoal no ámbito das administracións públicas. • Unidade III: Prevención de riscos laborais. Marco normativo. Medidas de prevención de riscos laborais. • Unidade IV: Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade: disposicións xerais. • Unidade V: Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V “das policías locais”. • Unidade VI: A detención: supostos. Dereitos dos detidos. Especial referencia ó “Habeas Corpus” e a asistencia letrada ó detido. O depósito de detidos. • Unidade VII: Delitos contra a liberdade e a indemnidade sexual. O furto e o roubo. • Unidade VIII: Formalidades da denuncia e os seus efectos. O atestado policial. • Unidade IX: A comunicación humana: a linguaxe como medida de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Atención ó público. Dereitos dos cidadás. • Unidade X: Os Servizos de información administrativa. A notificación de actos administrativos. Terceira.- Destinatarios: Persoal das Brigadas de Infraestruturas e de Control e Vixilancia da Deputación de Pontevedra. Cuarta.- Lugar e Data das clases presenciais: Cidade Infantil “Príncipe Felipe” (Pontevedra). Do 11 de marzo ó 15 de abril de 2011 (Todos os venres). Horario: Do 11 de marzo ó 15 de abril (36 h) • Mañás: 12:00 h. – 14:00 h. • Tarde: 16:00 h. – 20:00 h. Horario: 29 de abril (4 h) • Mañás: 12:00 h. – 14:00 h. • Tarde: 16:00 h. – 18:00 h. Quinta.- Duración: O curso terá unha duración de 150 horas, sendo 40 horas presenciais e 110 horas na modalidade a distancia. Sexta.- Solicitudes: as persoas que desexen participar neste curso deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria, anexo II, cuberto en todos os epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Corporación provincial presentaranse a través do Rexistro Xeral deste organismo provincial ata o 26 de febreiro de 2011. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en calquera outro curso este ano. Sétima.- Selección: os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios: a) Que exista unha relación entre o contido do curso e as funcións exercidas polos solicitantes no seu actual posto de traballo. b) A antigüidade. Oitava.- Modificacións: a Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento do curso, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. Novena.- Certificado de asistencia: outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, sempre e cando a súa ausencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10% das horas presenciais programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado. 13.18971.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL CARMEN PEREZ SOTELINO POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PO-330 A ALTURA DE VALLADARES (VIGO) Dada conta que con data de rexistro de entrada 13/01/11 (Rex. nº 000198) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María del Carmen Perez Sotelino, con enderezo a efectos de notificacións en Vigo na rúa Hernán Cortés, 1-1º dcha, por danos en vehículo a consecuencia da existencia de gravilla na PO-330 a altura de Valladares, na data 24/04/10 e que cuantifica economicamente en 6.092,00 €. Resultando.- Que con data 18 de xaneiro de 2011 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 21 de xaneiro de 2011co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad autonómica (PO-330 Vigo-Vincios)”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 14.18972.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. RUBEN PEREIRA LAGO POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PEÑA DE FRANCIA- E.P. 2603 (MOS) Dada conta que con data de rexistro de entrada 24/11/10 (Rex. nº 040239) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. RUBEN PEREIRA LAGO, con enderezo a efectos de notificacións na Coruña, na rúa Cristino Álvarez, 1-3ª planta, por danos en vehículo a consecuencia da existencia dun socavo na estrada Peña de Francia, fronte o Circulo Cultural de Abrente, no Concello de Mos, na data 27/02/10 e que cuantifica economicamente en 261,14 €. Resultando.- Que con data 23 de decembro de 2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 13 de xaneiro de 2011co seguinte contido: “… Primero. Según el atestado levantado por agentes de la Guardia Civil del Destacamento de Tráfico de Porriño el 27/02/10, el vehículo objeto del accidente circulaba por la carretera Peña de Francia- E.P. 2603. Segundo. Si bien la carretera E.P. 2603 Puxeiros-Peinador pertenece a la red provincial de carreteras, el vial que desde Peña de Francia conduce hasta esta E.P. 2603, precisamente donde se encuentra el Círculo Cultural de Abrente, NO es de titularidad provincial.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 15.18973.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “TERMINACIÓN E.P. 7103 CERDEDO-CASTRO-QUIREZA, TRAMO DEAN-CASTRO (CERDEDO) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 3/11/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Terminación E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza, tramo Dean-Castro (Cerdedo)”, cun orzamento de 257.040,00 €, máis a cantidade de 46.267,20 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 15/12/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 17/12/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 31/01/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres“B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres“B”, e valorada a documentación contida nos Sobres“C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Narom, S.L., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total NAROM, S.L. 38,35 48,940 87,290 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 36,82 47,903 84,723 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 38,36 41,598 79,958 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 35,24 44,179 79,419 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 40,00 32,801 72,801 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 33,30 28,103 61,403 Resultando que a empresa Narom, S.L., atendendo ó requirimento formulado mediante acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 02/02/2011, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100008554, de data 15/02/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Narom, S.L. a obra de “Terminación E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza, tramo Dean-Castro (Cerdedo)”, na suma de 197.663,76 € máis 35.579,48 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 36.798,50 € e o 3,50 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 106,95 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. 16.18974.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 8.18908 DA XUNTA DE GOBERNO DE 18 DE XANEIRO DE 2011 A Xunta de Goberno, en sesión 18 de xaneiro de 2011, acordou aprobar o expediente de contratación para a execución do desenvolvemento do proxecto Edepo. O responsable do servizo de Novas Tecnoloxías solicita a rectificación do acordo ó detectarse unha serie de erros en determinados apartados do prego económico-administrativo e técnico. Considerando que as Administracións Públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio, os erros producidos nos seus actos, de acordo co estipulado no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2011, concretamente na Base 16ª. 2 a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Corrixir os erros do acordo 8.18908, polo que se aproba o expediente para a contratación do desenvolvemento do proxecto Edepo, nos seguintes apartados: No prego técnico do Lote 1 (LOTE 1: Infraestruturas para o Centro de Proceso de Datos e periféricos de soporte), na páxina 22, apartado 5.3.1, “Subministración chasis blade e características”, dicía: “5.3.1 Subministración de chasis blade e características. O chasis que albergará os servidores debe permitir a instalación dun mínimo de 14 servidores con, como mínimo, 2 procesadores cada un, permitindo a compatibilidade con xeracións futuras e admitindo equipos de distinto número de procesadores, independentemente da súa arquitectura tecnolóxica. O chasis disporá de: • Administración dinámica de enerxía, que proporcionará a capacidade de establecer umbrais de consumo alto e baixo para garantir que os seus servidores funcionen dentro dos seus límites de consumo. • Información en tempo real sobre o de aloxamentos e servidores, así como a capacidade de priorizar as ranuras para a alimentación, proporcionando un control óptimo dos recursos enerxéticos. • Intercambiador de teclado, rato e monitor integrado para simplificar a configuración, posta en marcha e mantemento. • Módulos de ventilación redundantes intercambiables en quente. Estarán baseados na tecnoloxía Energy Smart, constituíndo un gran avance na eficiencia de refrixeración. Estes ventiladores consumen moi pouca enerxía, pero ademais contan coa tecnoloxía de “fluxo suave” para garantir que se consuma o mínimo aire fresco posible para refrixerar o aloxamento. Debe dicir: “5.3.1 Subministración de chasis blade e características. O chasis que albergará os servidores debe permitir a instalación dun mínimo de 8 servidores con, como mínimo, 2 procesadores cada un, permitindo a compatibilidade con xeracións futuras e admitindo equipos de distinto número de procesadores, independentemente da súa arquitectura tecnolóxica. O chasis disporá de: • Administración dinámica de enerxía, que proporcionará a capacidade de establecer umbrais de consumo alto e baixo para garantir que os seus servidores funcionen dentro dos seus límites de consumo. • Información en tempo real sobre o de aloxamentos e servidores, así como a capacidade de priorizar as ranuras para a alimentación, proporcionando un control óptimo dos recursos enerxéticos. • Intercambiador de teclado, rato e monitor integrado para simplificar a configuración, posta en marcha e mantemento. • Módulos de ventilación redundantes intercambiables en quente. Estarán baseados na tecnoloxía Energy Smart ou similar, constituíndo un gran avance na eficiencia de refrixeración. Estes ventiladores consumen moi pouca enerxía, pero ademais contan coa tecnoloxía de “fluxo suave” para garantir que se consuma o mínimo aire fresco posible para refrixerar o aloxamento.” No prego administrativo, na páxina 57, apartado 31, “Modelo de proposición do lote 2”, na táboa de Conceptos avaliables de forma automática, onde se fai mención ó número de meses de ampliación da duración do período de mantemento, no límite de saciedade débese indicar 6 meses (18 meses que pide o prego 6 meses de ampliación, fan un total de 24 meses, que é o límite de saciedade tal e como se expón no Prego técnico do Lote 2, apartado 11.1.3, páxina 145, “Ampliación de duración do período de mantemento”). No prego técnico do Lote 2, na páxina 144, apartado 11.1.2.2, “Custo Anual de Mantemento (2,5 puntos)”, na táboa na que se debe indicar a tarifa para cada perfil, a puntuación establecida para cada epígrafe é de 0,20 puntos, cando en realidade debe ser 0,5 puntos para cada epígrafe, o que suma os 2,5 puntos do apartado. 17.18975.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota