Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-03-02_Ordinaria. Acta de sesión 2011/03/02_Ordinaria
Acta de sesión 2011/03/02_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/1.2011-03-02_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/03/02_Ordinaria
Data(s) 2011-03-02 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dous de marzo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19015.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de marzo de 2011. 2.19016.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TOMIÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002400, DENOMINADA “REFORMA E AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DA CASA DA CULTURA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 20009002400, denominado “Reforma e ampliación do edificio da Casa da Cultura” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Tomiño con CIF núm. P3605400E, a cantidade de catrocentos oito mil douscentos cincuenta e sete euros con catro céntimos (408.257,04 €), para a realización do investimento núm. 2009002400, denominado “Reforma e ampliación do edificio da Casa da Cultura”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 200.950,75 euros Exercicio 2011: 207.306,29 euros Na aplicación 11/942.942.652.45.2010 existe crédito para facer fronte ó gasto do exercicio 2010, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Asemade, na aplicación 11/942.942.652.45 existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2011. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 3.19017.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZO DE ANÁLISE NA “FINCA MOURISCADE” Visto o expediente tramitado para a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na Finca Mouriscade, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 11 de febreiro de 2011, de axudar ós gandeiros da provincia de Pontevedra a paliar os efectos da grave situación de crise que afecta a este sector, e que supón a inclusión dunha disposición transitoria no acordo regulador para que estes gandeiros queden exentos do pagamento do prezo público para as analíticas de identificación de xermes causantes de mamite e análise químico de ensilados durante o ano 2011. Vistos así mesmo os informes do Sr. Secretario de data 26 de xaneiro de 2011 e o de Intervención de data 4 de febreiro de 2011 que constan no expediente, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na Finca Mouriscade, co obxecto de incluír unha disposición transitoria no acordo regulador redactada da seguinte forma: “Disposición Transitoria Quedarán non suxeitos ó pagamento do prezo público para as analíticas de identificación de xermes causantes de mamite e análise químico de ensilados, todos os gandeiros da provincia de Pontevedra que o acrediten mediante o número CEA que posúe cada explotación. A presente Disposición terá vixencia dende o día 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2011”. Esta modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na Finca Mouriscade, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e tal como consta na memoria da Presidencia e na propia disposición, terá vixencia durante o ano 2011. 4.19018.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Halcón Viajes, S.A. A empresa Halcón Viajes, S.A. (CIF A- 10.005.510), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Duero, por importe de seis mil oitocentos euros (6.800,00 €), para responder do contrato relativo á: Xestión, organización e realización dun programa de balnearios da Deputación Provincial, que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/03/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700023050, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Duero, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 €), para responder do contrato relativo á: Xestión e organización do programa “Coñece a túa Provincia”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/10/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800090713, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Duero, por importe de mil oitocentos euros (1.800,00 €), para responder do contrato relativo á: Xestión e organización do programa “Coñece a túa Provincia”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/10/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800094552, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 €), para responder do contrato relativo á: Xestión e organización dunha viaxe a Madrid para alumnos de primeiro ciclo da E.S.O., que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/03/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700016914, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas ó empresario Juan Antonio Pardo Otero O empresario Juan Antonio Pardo Otero (CIF 35.298.836- T), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil setecentos oitenta e oito euros con setenta e nove céntimos (1.788,79 €), para responder do contrato relativo ós: Servizos de organización das probas deportivas “Marchas Populares” e “Festas da Bicicleta” 2010, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000033917. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Contenur España, S.L. A empresa Contenur España, S.L. (CIF B- 82.806.738), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil setecentos euros (1.700,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 200 colectores de residuos sólidos urbanos para os concellos da provincia de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/01/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000002362, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Estratexia Plus, S.L. A empresa Estratexia Plus, S.L. (CIF B- 36.395.317), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seis mil cincocentos corenta e cinco euros (6.545,00 €), para responder do contrato relativo á: Organización e impartición das actividades formativas do programa social “Ti tamén Contas 2010”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000036462, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. A empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (CIF B- 82.806.738), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento oitenta e catro mil oitocentos noventa e catro euros con setenta e dous céntimos (184.894,72 €), para responder do contrato relativo á. Ssubministración de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto Deputrans 2004-2005, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/03/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500011273, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. A empresa Formagal, formación y servicios, S.L. (CIF B- 36.477.677), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil oitocentos trinta e dous euros con cincuenta céntimos (3.832,50 €), para responder do contrato relativo á: Organización e impartición dos cursos incluídos no programa social “Actívate”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000069756, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Publitia, S.L. A empresa Publitia, S.L. (CIF B- 36.903.037), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil catrocentos noventa e seis euros con vinte e cinco céntimos (1.496,25 €), para responder do contrato relativo ó: Servizo de deseño, instalación e mantemento de puntos de información nas sedes da Deputación e concellos da provincia de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/09/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900075452. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Ibernexo Consultores, S.L. A empresa Ibernexo Consultores, S.L. (CIF B- 27.727.103), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de novecentos oitenta e sete euros con cincuenta céntimos (987,50 €), para responder do contrato relativo á: Organización e impartición dun curso de formación para 25 xerentes de comercio urbano, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000005507. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Comercial Custodio, S.L. A empresa Comercial Custodio, S.L. (CIF B- 36.137.099), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de seis mil seiscentos doce euros (6.612,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración dunha motoniveladora para a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/08/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700069520, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Hidromiño, S.L. A empresa Hidromiño, S.L. (CIF B- 36.440.196), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil setecentos sesenta e catro euros con vinte e sete céntimos (3.764,27 €), para responder do contrato relativo á: Adaptación do proxecto básico de E.P. 3201 acceso embarcadoiro de Oia á nova normativa de patrimonio (Oia), que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900094316, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. A empresa Narom, S.L. (CIF B- 36.163.418), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de vinte e cinco mil oitocentos vinte e un euros (25.821,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de trazado e pavimentado E.P. Mondariz- Meirol (Mondariz), que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700087800, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de trinta e catro mil douscentos noventa e cinco euros con sesenta céntimos (34.295,60 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de trazado e pavimentado E.P. Covelo- Barciademera (Covelo)-PK. 0,00 A 0,50, que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700087779, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil trescentos noventa e cinco euros con setenta e tres céntimos (8.395,73€), para responder do contrato relativo á obra: Conclusión, mellora e reposición de servizos E.P. 5106 Covelo- Barciademera (Covelo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900003621, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 12.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.– C.O.V.S.A. (CIF B- 36.088.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dezaseis mil setecentos oitenta e cinco euros con cincuenta e tres céntimos (16.785,53 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificado núm. 1 de terminación E.P. 9407 Goulla-Porráns (Meis-Portas-Barro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/07/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700056782, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil trescentos setenta e nove euros (2.379,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Construción de beirarrúas e dotación de servizos E.P. 9211 Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/11/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700090904, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de sete mil trescentos noventa e nove euros (7.399,00 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 7007 Couso-San Miguel de Barcala (A Estrada), que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700088012, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil setecentos sesenta euros (4.760,00 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. Xeve- Amil (Paraños) (Pontevedra- Moraña), que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700088010, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de doce mil douscentos sesenta e oito euros (12.268,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificado núm. 1 de mellora de trazado e capa de rodamento E.P. 1002 Magdalena-Aldán (Cangas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700088011, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de trinta e cinco mil seiscentos vinte e sete euros con corenta e tres céntimos (35.627,43 €), para responder do contrato relativo á obra: Terminación capa de rodamento E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Complementario), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/02/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800012157, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 13.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. A empresa Excavaciones y construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. (CIF B- 36.239.861), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de seis mil setecentos sesenta euros (6.760,00), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de trazado e pavimentado E.P. 2405 Cerquido-Budiño (Porriño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/11/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700092596, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 14.- Devolución de garantías definitivas á UTE Nº6 Suso Fernández, S.L./ Soal, S.L. A UTE Nº6 Suso Fernández, S.L./ Soal, S.L. (CIF G- 32.368.185), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de oitenta e sete mil oitocentos cincuenta e seis euros con oitenta e catro céntimos (87.856,84 €), para responder do contrato relativo á obra: Dotación de beirarrúas e servizos E.P. 0506 Curro-Portela (Barro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/06/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700049809, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.19019.- APROBACIÓN DA ADDENDA NÚM. 1 Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS (CMATI) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO OS PROXECTOS DE “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA E.P. 9305, TRAMO: FREIXO-LEIRO-RIBADUMIA” E “CONSTRUCIÓN DUNHA GLORIETA NA INTERSECCIÓN DAS ESTRADAS PO-300, E.P. 9508 E E.P. 9504-RIBADUMIA” O 13 de xullo de 2010 foi asinado un convenio de colaboración entre a CMATI e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo nas anualidades 2010 e 2011 os proxectos “Mellora da seguridade vial na estrada EP-9305 tramo: Freixo-Leiro-Ribadumia” e “Construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504Ribadumia”, asumindo cada Administración unha serie de compromisos económicos e técnicos que se reflectiron en dito convenio. Ante a imposibilidade de acomodar o proceso de execución das obras ó financiamento previsto e de licitar as mesmas nos prazos e nas anualidades iniciais do convenio considerase necesario a sinatura dunha addenda, entendendo todas as partes que as condicións que motivaron a sinatura do convenio de referencia son plenamente vixentes, os seus obxectivos son invariables no tempo e é necesario o seu cumprimento. En consecuencia esta addenda regularizará e actualizará o compromiso económico adquirido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra. O 14 de febreiro de 2011 o Servizo de Intervención emite informe no que se indica que o importe previsto para o ano 2010 incorpórase ó exercicio 2011, de xeito que a inversión provincial neste ano ascenderá a un total de 324.345,08 €. Así mesmo o 25 de febreiro de 2011 o Sr. Secretario emite informe favorable á tramitación do expediente. Por todo o exposto, á vista dos informes do Sr. Secretario e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a addenda núm. 1 ó convenio de colaboración asinado o 13 de xullo de 2010 entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para levar a cabo os proxectos “Mellora da seguridade vial na estrada E.P. 9305 Tramo: Freixo-Leiro-Ribadumia” e “Construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, E.P. 9508 e E.P. 9504- Ribadumia” Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización da mencionada addenda mediante a súa sinatura. Dita addenda é do seguinte teor: “ADDENDA NÚM. 1 Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO O DÍA 13 DE XULLO DE 2010 ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS (CMATI) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO OS PROXECTOS DE: MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA EP-9305, TRAMO:FREIXO-LEIRO-RIBADUMIA E CONSTRUCIÓN DUNHA GLORIETA NA INTERSECCIÓN DAS ESTRADAS PO-300, EP-9508 E EP-9504-RIBADUMIA Santiago de Compostela, a de 2011 REUNIDOS Dunha parte, o señor Agustín Hernández-Fernández de Rojas, Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia. Doutra parte, o señor Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Todas as partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen, con capacidade legal, suficiente e necesaria, e a tal efecto. MANIFESTAN Que o 13 de xullo de 2010 foi asinado un convenio de colaboración entre a CMATI e a Deputación Provincial de Pontevedra para a “Mellora da seguridade vial na estrada E.P.9305 tramo:Freixo-Leiro-Ribadumia e construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504-Ribadumia”. A Deputación provincial de Pontevedra, na cláusula segunda do convenio asume o seguinte compromiso económico: Obra Financiamento total Deputación Ano 2010 Ano 2011 Mellora da seguridade vial na estrada EP-9305, treito:Freixo-Leiro-Ribadumia 50% 190.791,23 € 133.553,85 € A CMATI na cláusula terceira de dito convenio asume os seguintes compromisos económicos financeiros: Obra Financiamento total Xunta Ano 2010 Ano 2011 Mellora da seguridade vial na estrada EP-9305, treito:Freixo-Leiro-Ribadumia 50% 162.172,54 € 162.172,54 € Construción glorieta na intersección da PO-300, EP-9508 e EP-9504- Ribadumia 100% 440.608,30 € 800.000,00 € A imposibilidade de acomodar o proceso de execución das obras ó financiamento previsto así como a imposibilidade de licitar as obras nos prazos e nas anualidades iniciais do convenio, considerase necesario a sinatura dunha addenda, entendendo todas as partes, que as condicións que motivaron a sinatura do convenio de referencia son plenamente vixentes e os seus obxectivos son invariables no tempo e consecuentemente necesario o seu cumprimento. En consecuencia, esta addenda, regularizará e actualizará o compromiso económico adquirido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra. Co fin de regular a colaboración entre as Administracións para o fin mencionado, ACORDAN Subscribir esta addenda ó convenio citado, no que se modifica as cláusulas sétima, relativa á vixencia do convenio, a cláusula segunda: compromisos da Deputación de Pontevedra e a cláusula terceira relativa ós compromisos da Xunta de Galicia, do seguinte xeito: CLÁUSULA SEGUNDA. COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. b) Participar no financiamento do 50% do custo do proxecto, é dicir, trescentos vinte e catro mil trescentos corenta e cinco euros con oito céntimos (324.345,08€) distribuído do seguinte xeito: 2011 .......................324.345,08 € CLÁUSULA TERCEIRA. COMPROMISOS DA XUNTA DE GALICIA. 2.- Financiar as obras, obxecto deste convenio, do seguinte xeito: En relación ó proxecto denominado “Proxecto de mellora da seguridade vial na estrada EP-9305, tr.:Freixo-Leiro-Ribadumia”. Financiar as obras nun 50% ata un máximo de trescentos vinte e catro mil trescentos corenta e cinco euros con oito céntimos (324.345,08 €) dos orzamentos xerais da CCAA. Os pagamentos efectuaranse proporcionalmente á achega de cada asinante en cada anualidade, de acordo co establecido no apartado 1 b) da cláusula segunda. Este importe efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 2011 07 04 512B 600.1, código de proxecto 1994-06057, distribuídos do seguinte xeito: 2011 ...................324.345,08 € En relación ó proxecto “Glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504-Ribadumia”. Financiar a execución das obras segundo o proxecto, destinando para iso ata un máximo de un millón douscentos corenta mil seiscentos oito euros con trinta céntimos (1.240.608,30 €), dos orzamentos xerais da CCAA, con cargo á aplicación orzamentaria 2011 07 04 512B 600.1, código de proxecto 2001-06008, distribuídos do seguinte xeito: 2011 .......................1.240.608,30€ SÉTIMA. VIXENCIA DO CONVENIO. Este convenio terá efectos a partir da data da súa sinatura. A vixencia manterase ata a entrega das obras (...). En todo caso, a efectos económicos, a eficacia do presente convenio será ata o 31 de decembro de 2011, non obstante seguirá xurdindo efectos en tanto en canto non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. Á vista do exposto, cómpre concluír que resulta vixente en toda a súa extensión o convenio orixinal, agás as modificacións expresadas. O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Agustín Hernández Fernández de Rojas Rafael Louzán Abal” 6.19020.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.19021.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA QUE FORMULA O CONCELLO DE MOS , PARA XUSTIFICAR AS ACTUACIÓNS NÚM 484 “VIAXES CULTURAIS DOS COLEXIOS MOSENSES 2010” E NÚM. 479 “ FESTA DA ROSA 2010” INCLUIDAS NO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-SECCIÓN ACTIVIDADES 2010 Dada conta da petición do Concello de Mos solicitando unha prórroga na xustificación das actuacións núm. 484 e núm. 479 denominadas respectivamente “Viaxes culturais dos colexios mosenses 2010” e “Festa da Rosa 2010”, incluídas no Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2010, motivada polos retrasos na tramitación das xustificacións por mor da falta de persoal ,e considerando que a Base décimo terceira das reguladoras do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2010, apartados 2 e 3 contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación sempre que non exceda da metade do mesmo, e non prexudique dereitos de terceiros, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación das actuacións núm. 484 e núm. 479 denominadas respectivamente “Viaxes culturais dos colexios mosenses 2010” e “Festa da Rosa 2010”, ata o 30 de xuño de 2011, con carácter improrrogable. 8.19022.- RENUNCIA QUE FORMULA O CONCELLO DE OIA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2010 NO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-SECCIÓN ACTIVIDADES PARA A ACTUACIÓN NÚM. 443, DENOMINADA “V SUBIDA AUTOMOVILÍSTICA A SANTA MARÍA DE OIA” Dada conta da renuncia presentada polo Concello de Oia, á subvención de 2.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 2.18344, de 30 de xuño de 2010, para o investimento núm. 443, denominado “V Subida automovilística a Santa María de Oia”, incluída no Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2010, aplicación 942.942.462.00, motivada pola imposibilidade de executar a citada actuación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia solicitada polo Concello de Oia, á subvención de 2.000,00 € concedida no exercicio 2010 dentro do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades para ó investimento núm. 443, “V Subida automovilística a Santa María de Oia”. 9.19023.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACION DE ABOO DA SUBVENCION CONCEDIDA A “ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS ARBENSES” NO PAC/09, PARA A REALIZACION DO INVESTIMENTO Nº. 772, DENOMINADO “EQUIPAMENTO INFORMÁTICO LOCAL SOCIAL” Dada conta da xustificación da axuda para “Equipamento informático local social”, do PAC/2009, investimento nº 772, concedida á Asociación de Mulleres Rurais Arbenses, con CIF G-36.395.598, do Concello de Arbo, á vista do informe de Intervención de data 25 de febreiro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Recoñecer a obriga de mil setecentos oitenta e catro euros con sete céntimos (1.784,07 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da Asociación de Mulleres Rurais Arbenses, con CIF G-36.395.598, do Concello de Arbo e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 11/942.459.789.07.2009, como pagamento da subvención concedida á mesma, para o investimento nº. 772, denominado “Equipamento informático local social”, incluída no PAC/09. 10.19024.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACION DE ABOO DA SUBVENCION CONCEDIDA A “ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS XUNTANZA” NO PAC/09, PARA A REALIZACION DO INVESTIMENTO NÚM. 599, DENOMINADO “ACONDICIONAMENTO DO LOCAL SOCIAL DE ARCA”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITO Dada conta da xustificación da axuda para “Acondicionamento do local social de Arca”, do PAC/2009, investimento núm. 599, concedida á Asociación de Mulleres Rurais Xuntanza, con CIF G-36.461.424, do Concello de A Estrada, á vista do informe de Intervención de data 25 de febreiro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de dous mil trescentos vinte e tres euros con sesenta e cinco céntimos (2.323,65 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da Asociación de Mulleres Rurais Xuntanza, con CIF G-36.461.424, do Concello de A Estrada, e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 11/942.459.789.07.2009, como pagamento da subvención concedida á mesma, para o investimento núm. 599, denominada “Acondicionamento do local social de Arca”, incluído no PAC/09. 11.19025.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACION DE ABOO DA SUBVENCION CONCEDIDA A “ASOCIACIÓN VECIÑAL E CULTURAL DE LAMAS” NO PAC/09, PARA A REALIZACION DO INVESTIMENTO NÚM. 437, DENOMINADO “SOTERRAMENTO DE CABLEADO ELÉCTRICO E TELEFÓNICO”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITO Dada conta da xustificación da axuda para “Soterramento de cableado eléctrico e telefónico”, do PAC/2009, investimento núm. 437, concedida á Asociación Veciñal e Cultural de Lamas, con CIF G-36.580.751, do Concello de Moraña, á vista do informe de Intervención de data 25 de febreiro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de tres mil seis euros con setenta e dous céntimos (3.006,72 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da Asociación Veciñal e Cultural de Lamas, con CIF G-36.580.751, do Concello de Moraña, e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 11/942.459.789.07.2009, como pagamento da subvención concedida á mesma, para o investimento núm. 437, denominado “Soterramento de cableado eléctrico e telefónico”, incluída no PAC/09. 12.19026.- CONCESIÓN DE SUBVENCIONES DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR 2011 Coma queira que o programa Saúde e Benestar 2011, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 160.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230-227.07, levarase a cabo nos meses de marzo, abril e maio; e dado que rematado o prazo de solicitudes o 28/02/2011, remitiuse o 1º Grupo das mesmas á Intervención para a súa fiscalización, emitíndose o 1 de marzo de 2011 informe constatando a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte a dito gasto; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do 1º grupo de solicitudes do Programa Saúde e Benestar 2011, para un total de 1000 persoas e polo importe de 60.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230-227.07 do vixente orzamento provincial. O listado de ditas subvencións comeza co nome D. Manuel Corrochano Santos do Concello de Pontevedra con data de rexistro 05/02/11 e remata co nome D. Manuel Suárez Martínez do Concello de Pontevedra e data de rexistro 18/02/11. 13.19027.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PONTETEC Vista a proposta do Servizo de Deportes e o informe de Secretaría Xeral e Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Fundación Pontetec para extensión e apoio deportiva á mocidade da provincia, mediante a achega de cento oitenta mil euros (180.000,00 €), e con cargo á aplicación orzamentaria 11/340.341.489.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PONTETEC PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de presidente de conformidade co establecido no art.34.1b) da lei 7/85 de 2 de abril. D. Mauricio Rodríguez Boullosa, en calidade de presidente da Fundación Pontetec, con CIF G-36508851 e domicilio social en r/ Benito Corbal, 16-1º, do Concello de Pontevedra (36001). EXPOÑEN Que a Fundación Pontetec e a Deputación de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ambas institucións, ó estaren preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores. Que a Deputación de Pontevedra se compromete a xuntar esforzos para mellorar a capacidade de xestión dos recursos humanos e económicos desta entidade, así como a divulgación e promoción da súa actividade deportiva, apoiando esta entidade de xeito que fagan da difusión e práctica do deporte o seu obxectivo principal. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º- A Deputación de Pontevedra subvencionará coa cantidade de 180.000,00 € á Fundación Pontetec, co fin de intensificar as relacións culturais e deportivas e promover o importante labor do club cos escolares da provincia de Pontevedra. 2º- A Fundación Pontetec, durante a tempada 2010-2011 deberá facer a debida publicidade institucional, en concreto: • A Fundación Pontetec colocará o logotipo da Deputación no marcador do Estadio Municipal de Pasarón, así como dous valados situados o máis preto posible das porterías do campo. • O logotipo da Deputación de Pontevedra deberá figurar en calquera evento organizado pola Fundación, no anverso dos carteis anunciadores dos partidos, no anverso das entradas dos partidos semanais, torneos ou outros actos nos que participen todos os equipos da Fundación. • O logotipo ou outro medio de imaxe que decida a Deputación figurará na presentación, cartelería, tarxetas ou outro material de difusión das iniciativas, propostas ou eventos culturais que organice a Fundación. • A Deputación disporá da contraportada das publicacións que edite a Fundación, para inserir a publicidade que considere apropiada, figurará en lugar preferente na páxina web da Fundación e disporá de link á páxina web desta institución. • Os traballadores da Deputación beneficiaranse dun 20% de desconto no carné de socio e no material deportivo da Fundación Pontetec. • A Deputación disporá permanentemente de 6 pases de palco e 10 de tribuna e en cada partido serán enviadas á institución 100 entradas de preferencia para acudir ós encontros que se celebren no Estadio Municipal de Pasarón. • A Fundación comprométese a colocar unha lona publicitaria xigante da Deputación no Estadio Municipal de Pasarón. • O logotipo da Deputación de Pontevedra aparecerá, de forma visible e preferente, nos paneis da sala de prensa da Fundación e no autobús oficial do equipo profesional. • As catro torretas de iluminación personalizaranse coa publicidade desta Institución. 3º- Todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Pasarón e disputados pola Fundación Pontetec co número de 300 entradas por xornada. Establécense, a estes efectos, unha coordinación conxunta entre a Fundación Pontetec e os representantes dos alumnos para a asistencia ós encontros. 4º- A Fundación comprométese a colaborar nas actividades culturais-deportivas organizadas en centros educativos con técnicos, xogadores e directivos e coordinadas entre a Fundación Pontetec e a Deputación de Pontevedra. 5º- A Deputación de Pontevedra subvencionará á Fundación Pontetec coa cantidade de cento oitenta mil euros (180.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 11/340.341.489.02 do orzamento provincial, que se aboará unha vez que se xustifique con: a.-Fotografías da publicidade inserida no Estadio Municipal de Pasarón e da vestimenta do equipo co logotipo da institución. b.- Certificación da fundación de que a referida publicidade estivo exposta no estadio ó longo da tempada 2010-2011. c.-Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas segundo a cláusula cuarta do presente convenio e fotocopia das tarxetas-invitación para o palco do estadio. 6º- A vixencia do presente convenio remata o final da tempada 2010-2011. 7º- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a Fundación Pontetec e a Deputación de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. As partes acordan a sumisión do presente convenio á orde xudicial contencioso-administrativa e expresamente ós xulgados do contencioso de Pontevedra. 8º- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2011 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), e demais lexislación de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia e en particular da provincia de Pontevedra asínase o presente convenio no lugar e data do encabezamento. O PRESIDENTE D. Rafael Louzán Abal FUNDACIÓN PONTETEC D. Mauricio Rodriguez Boullosa” 14.19028.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Mediante escrito presentado no Rexistro Xeral de data 3 de febreiro de 2011, o Adxunto ó Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Deputación de Pontevedra, D. Pablo Montero Carreira, expón que a Universidade de Santiago de Compostela, a través da área de Dereito administrativo da Facultade de Dereito e en colaboración coa FEGAMP e a Deputación da Coruña, organiza un “Curso de formación continua de perfeccionamento de Contratación Pública” que se impartirá en Santiago de Compostela do 15 ó 25 de febreiro de 2011 (de martes a venres) en horario de tarde (17:00 h a 21:30 h.). Dado o contido do curso, dende o Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio considérase necesario a participación de dous técnicos, propondo a D. Pablo Montero Carreira e D. Antonio Torrón Casal, co fin de actualizar os coñecementos necesarios en materia de contratación pública para o traballo diario nesta Institución Provincial. Por todo iso, tendo en conta que o curso se celebra fóra da xornada laboral e fóra da provincia de Pontevedra, solicita axuda económica para que o técnicos D. Antonio Torrón Casal e D. Pablo Montero Carreira se despracen a Santiago de Compostela do 15 ó 25 de febreiro de 2011 (de martes a venres) en horario de tarde (17:00 h a 21:30 h.), co carácter de “a xustificar”. A solicitude é informada favorablemente polo Vicepresidente. No entanto, non se tramitou a solicitude coa antelación suficiente, polo que non procede a súa tramitación co carácter de “a xustificar”. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que ós interesados concédanlles licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante este ano. Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade convalidar o expediente e conceder a D. Antonio Torrón Casal e D. Pablo Montero Carreira, funcionarios de carreira adscritos ó Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, unha axuda económica por un importe de 264,32 € en concepto de quilometraxe e peaxe. Ditos gastos serán abonados a D. Antonio Torrón Casal, estando desagregados por conceptos tal e como se sinalan: Desprazamento: Aplicación orzamentaria: 241.433.231.20. • Pontevedra-Santiago de Compostela – Pontevedra: (1.008 x 0,19 €) 191,52 € • Autoestrada: 4,55 € x 2 (ida e volta) 8 días 72,80 € Total desprazamento 264,32 € Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se abone a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 15.19029.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “CONSTRUCIÓN PAVILLÓN DEPORTIVO NO LUGAR DE CASTRO (MOS)” A Xunta de Goberno desta Deputación provincial, en sesión do día 16 de setembro de 2009, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Mos, para levar a cabo a execución da obra “Pavillón deportivo no lugar de Castro, Mos”, por un importe de 800.632,00 €. A obra financiase con cargo á aplicación 922.342.652.00 de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 2011 Total Deputación 261.075,65 € 182.752,96 € 156.645,39 € 600.474,00 € Concello 6.000,00 € 77.663,20 € 116.494,80 € 200.158,00 € Total 267.075,65 € 260.416,16 € 273.140,19 € 800.632,00 € O orzamento financiouse achegando a Deputación o 75% e o 25% restante o concello. O proxecto relativo á referida obra foi aprobado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 19 de decembro de 2009, por importe de 800.632,00 €, procedéndose á aprobación dos pregos que rexeron a licitación para a adxudicación da obra, na sesión celebrada o día 30 de decembro de 2009. A realización da obra adxudicouse definitivamente á empresa Oreco, S.A., en sesión celebrada o día 19 de maio de 2010, por un prezo de 522.172,19 €, cun prazo de execución de 6 meses, melloras valoradas en 53.285,87 € e o 3% do orzamento de execución material para control de calidade. A empresa formaliza o contrato con data 1 de xuño de 2010. O Arquitecto provincial, con data 29 de xuño, emite informe de que “debido á imposibilidade de desaloxar unhas edificacións existentes na parcela, onde se debe construír o pavillón, é necesario estudiar a posibilidade de cambiar a ubicación do mesmo dentro da mesma parcela, o que implica a necesidade de realizar un estudio xeotécnico do terreo, así como unha modificación do proxecto inicial. Por este motivo non é posible dar comezo inmediato ás obras, interrumpíndose o prazo de execución, mentres non se realicen os estudios pertinentes”. Realizados os estudios xeotécnicos formalizase a acta de comprobación do replanteo con data 21 do mes de decembro de 2010. O Arquitecto director da obra presenta un proxecto modificado, motivado fundamentalmente por tres razóns: cambio de ubicación do edificio na mesma parcela, modificación da cimentación e retranqueo dunha canalización de rego existente na parcela. Estes cambios son necesarios, tecnicamente, como consecuencia dos estudos xeotécnicos realizados, ó ter que desprazarse a ubicación do edificio dentro da mesma parcela, evitando a necesidade de realizar a demolición dun edificio existente na mesma, e respetando os retranqueos necesarios. En canto o retranqueo da canalización de regos existente realízase para evitar que poidan ocasionar, debido a roturas ou excesos de caudal, descalzados do pavimento na pista deportiva, provocando o afundimento do mesmo. O proxecto modificado ascende a contía de 790.859,58 €, o que supón un incremento de 259.684,42 €, que representan un 49,73 %. Ó producirse unha baixa na adxudicación de 278.459,81 €, existe financiamento para facer fronte a este gasto. Este modificado motivará un aumento no prazo global da execución de dous meses. A empresa adxudicataria debe constituír unha garantía por importe de 22.007,15 €, equivalente ó 10% do orzamento de adxudicación, IVE excluído. De conformidade co previsto no artigo 202 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. As razóns que obrigaron á redacción do proxecto modificado están motivadas fehacientemente na memoria explicativa. Vistos os informes de Contratación, Secretaría e Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.-Prestar aprobación ó proxecto modificado da obra “Construción pavillón deportivo no Lugar de Castro (Mos)”, por un importe de 790.859,58 €. 2.-Aprobar o gasto con cargo á aplicación orzamentaria 11/922.342.652.00 do vixente orzamento provincial. 3.-Adxudicar a realización do proxecto á empresa Oreco, S.A. 4.-A empresa adxudicataria deberá constituír unha garantía por importe de 22.007,15€, equivalente ó 10% do orzamento de adxudicación, IVE excluído. 5.-O prazo para levar a cabo as obras amplíase en dous meses. Como a empresa propuxo un prazo de 6 meses para a súa realización, contados a partir da formalización da acta de comprobación do replanteo, que tivo lugar no día 21 de decembro de 2010, en consecuencia, as obras deberán rematar o día 21 de agosto de 2011. 16.19030.- ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2011 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 5 de xaneiro de 2011 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da xestión e organización do programa diúrno de balnearios para o ano 2011. O tipo de licitación por persoa participante é de 129,63 € sen IVE, mais a cantidade correspondente ó IVE (8%) por importe de 10,37 € o que fai un importe total de 140,00 € por participante, sendo o número máximo de prazas ofertadas no programa de 4.615. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 10 de data 17 de xaneiro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 4 de febreiro de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 7 de febreiro de 2011, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Servizo de Acción Social, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2011, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Empresa Balnearios ofertados Prezo sen IVE Media aritmética PRECIOS Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Prezo Puntuación Total Eventos Airbus Termas de Cuntis 105,22 € 97,55 € 34,000 50,000 84,000 Balneario de Mondariz 99,66 € Hesperia La Toxa 101,15 € Talaso Atlántico 95,24 € Moaña Talaso Spa 94,67 € Gran Talaso Spa Sanxenxo 98,58 € Balnearios BREA 88,50 € Carlos I-Sanxenxo 113,09 € Mar Atlántico O Grove 80,78 € Augusta Spa Sanxenxo 98,58 € Viajes Iberia SA Termas de Cuntis 107,40 € 101,19 € 44,000 44,117 88,117 Balneario de Mondariz 102,77 € Hesperia La Toxa 103,70 € Talaso Atlántico 99,07 € Moaña Talaso Spa 99,07 € Gran Talaso Spa Sanxenxo 103,70 € Balnearios BREA 92,60 € Halcon Viajes SA Termas de Cuntis 110,18 € 102,64 € 47,000 41,868 88,868 Balneario de Mondariz 106,48 € Hesperia La Toxa 106,48 € Talaso Atlántico 103,70 € Moaña Talaso Spa 96,29 € Gran Talaso Spa Sanxenxo 100,00 € Balnearios BREA 95,37 € Á vista das puntuacións alcanzadas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato para a prestación do servizo de xestión e organización do programa diúrno de balnearios, á empresa Halcón Viajes S.A., ó obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Resultando que mediante Resolución Presidencial de data 23 de febreiro de 2011 requiriuse á empresa Halcón Viajes S.A, que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 11.999,00 €, de acordo co disposto no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa Halcón Viajes S.A presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 11.999,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201100015185, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, modificado pola Lei 34/2010, de 5 de agosto, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Halcón Viajes SA. (CIF A-10005510), o contrato para a prestación do servizo de xestión e organización do Programa Diúrno de Balnearios para o ano 2011 polos seguintes prezos ofertados para cada un dos balnearios ofertados: Balneario Prezo por persoa (sen IVE) Balneario Termas de Cuntis 110,18 € Palacio del Agua de Mondariz 106,48 € Balneario Hesperia Isla de la Toja 106,48 € Talaso Atlántico Oia 103,70 € Talaso Sanxenxo 100,00 € Talaso Spa Moaña 96,29 € Balneario Baños de Brea 95,37 € O financiamento do programa efectuarase de acordo coa seguinte distribución: - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 52,00 € por persoa participante, ata un máximo de 4.615 prazas. - Os concellos interesados achegarán a cantidade de 32,00 €por persoa participante. - As persoas beneficiarias achegarán a cantidade restante en función do prezo do balneario elixido. A parte correspondente á Deputación, por importe máximo de 239.980,00 €, será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.232.227.07. 17.19031.- ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE MOBILIARIO DE OFICINA PARA A NOVA CASA CONSISTORIAL DE LALÍN A Xunta de Goberno, en sesión de 17 de novembro de 2010, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da subministración e instalación de mobiliario de oficina para a nova casa do Concello de Lalín, pertencente ó Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra para o período 2009/2011. O prezo de licitación estableceuse na cantidade de catrocentos once mil cento corenta e cinco euros (411.145,00 €). Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 228 de data 26 de decembro de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 10 de xaneiro de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2011, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Xefe da unidade de mantemento, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 12 de xaneiro de 2011, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 20 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: LICITADORES PUNTUACIÓN TÉCNICA SOBRE “B” PUNTUACIÓN SOBRE “C” TOTAL MONTES 23,38 60 83,38 SUTEGA 27,58 50,55 78,13 AXIAL 3 24,33 52,82 77,15 CENININTESER, S.L. 25,19 50,42 75,61 KL-1 26,24 48,32 74,56 EKIPO, S.C.G. 20,04 50,39 70,43 Mediante Resolución Presidencial requiríuselle á empresa economicamente máis vantaxosa para que presentase a documentación establecida no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, xustificación de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 13.776,75 €, acreditado mediante a carta de pagamento, núm. 201100015785. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do Trlrfl, de 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o procedemento aberto para a contratación da subministración e instalación de mobiliario de oficina para a nova Casa Consistorial de Lalín á empresa Montes Comercial Técnica de Oficinas, S.L. (CIF B-36.045.151) polo prezo de douscentos setenta e cinco mil cincocentos trinta e cinco euros con dezaoito céntimos (275.535,18 €), sen IVE. A partida do IVE é de corenta e nove mil cincocentos noventa e seis euros trinta e tres céntimos (49.596,33 €). O custo total do contrato será de trescentos vinte e cinco mil cento trinta e uns euros con cincuenta e un céntimos (325.131,51 €). Así mesmo a empresa oferta un prazo de subministración de 13 días, 10 anos suplementarios á garantía dun ano obrigatoria, e 9 anos de servizo a postventa a maiores do mínimo de 12 anos. O contrato pagarase con cargo á aplicación orzamentaria que se relacionan a continuación cos seguintes importes: Aplicación IMPORTE 2011.942.942.942.652.45.2010 325.131,51 € 18.19032.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 FINAL DA OBRA “MELLORA SEGURIDADE VIARIA E DRENAXE SUPERFICIAL NA E.P. 2908 ARCADE- AMOEDO (SOUTOMAIOR)” Vista a certificación núm. 1-Final relativa á obra Mellora seguridade viaria e drenaxe superficial na E.P.2908 Arcade Amoedo (Soutomaior) fondos propios 326/10, adxudicada no seu día a empresa Construcciones Crespo S.A. e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 10/02/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-Final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES CRESPO S.A. (CIF. A – 36001063) Conta non orzamentaria 555.00(099.097) Incorporados os remanentes 11/456.453.612.02.2010 221.626,20 € SUBTOTAL ………. 221.626,20 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.313,24 € Control de calidade (1%) Id. 1.578,31 € Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.136,38 € Total descontos 9.027,93 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR………….. 212.598,27 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 19.19033.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 2.18960 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 16/02/2011 POLO QUE SE ADXUDICOU A OBRA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 8002 CALDAS-SAN CLEMENTE (CALDAS DE REIS)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16/02/2011, mediante acordo nº 2.18960, adxudicouse a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra “Ensanche e mellora E.P. 8002 Caldas-San Clemente (Caldas de Reis)”, designándose Director de Obra ó Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Roberto Aya Duarte, en representación de Interurbán, S.A. Urbanismo e Enxeñaría, como redactora do proxecto. E, padecéndose erro en dita designación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo nº 2.18960, polo que se adxudicou a obra “Ensanche e mellora E.P. 8002 Caldas-San Clemente (Caldas de Reis)”, no sentido de que: Onde di: “Así mesmo, desígnase Director de Obra Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Roberto Aya Duarte, en representación de Interurban, S.A. Urbanismo e Ingenieria, redactora do proxecto”. Debe dicir: “Así mesmo, desígnase Director de Obra Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas, Xefe da Zona Centro, D. Alfredo Montero Vaz”. 20.19034.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota