ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/04/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-04-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/04/13_Ordinaria

  • Data(s) 2011-04-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día trece de abril do ano dous mil once, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, nin o deputado provincial D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19157.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 6 de abril de 2011. 2.19158.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á UTE Acceso a Montecelo (Sercoysa, proyectos y obras, S.A.- Traima, S.L.) Á UTE Acceso a Montecelo (Sercoysa, proyectos y obras, S.A.- Traima, S.L.) con CIF U- 36.587.616, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de trinta mil euros (30.000,00), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I- PO-223 a Bos Aires (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057950, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de trinta mil euros (30.000,00), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I- PO-223 a Bos Aires (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057951, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de trinta mil euros (30.000,00), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I- PO-223 a Bos Aires (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057952, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de trinta mil euros (30.000,00), para responder do contrato relativo á obra: Acceso oeste a Montecelo, tramo I- PO-223 a Bos Aires (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057953, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19159.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O AÑO 2011 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 2 de febreiro de 2011 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2011, ata un importe máximo de 223.500,00 €, IVE e impostos incluídos. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2011, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 29 de data 11 de febreiro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 28 de febreiro de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. e Cepsa Comercial Noroeste, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 4 de marzo de 2011, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2011, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 15 de marzo de 2011, o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para optar á adxudicación da subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2011. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2011, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas empresas admitidas, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Oferta económica Prazo Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. 0,00 Puntos 50,000 Puntos 00,00 Puntos 50,000 Puntos Cepsa Comercial Noroeste, S.L. 20,00 Puntos 21,391 Puntos 10,00 Puntos 51,391 Puntos Resultando que a Presidencia, a través de resolución número 4.772 de data 30 de marzo de 2011 estableceu como oferta máis vantaxosa, a formulada pola empresa, Cepsa Comercial Noroeste, S.L. e a continuación a da empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., efectuando así mesmo o correspondente requirimento á empresa, Cepsa Comercial Noroeste, S.L., para que presente a documentación a que fai referencia o artigo 135.2 da Lei 30/2007 de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa, Cepsa Comercial Noroeste, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 9.470,34 € depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201100028776, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar á empresa, Cepsa Comercial Noroeste, S.L. (C.I.F.- B-24.325.557), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2011, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc.) de 0,0521 €/litro, que será aplicable á fórmula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE, até a cantidade máxima de douscentos vinte e tres mil cincocentos euros (223.500,00 €), sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. • I.V.E: Valor en cada momento. O prazo máximo de entrega ofertado pola empresa adxudicataria para efectuar a subministración de gasóleo “A” fíxase en oito horas. 2. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato realizarase dentro do prazo do quince días hábiles seguintes á notificación da adxudicación ós licitadores que participaron neste procedemento aberto. 3. A empresa, Cepsa Comercial Noroeste, S.L., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 170,50 € na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 4. O pago das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, contra a presentación das correspondentes facturas, con cargo á aplicación orzamentaria 11/456.453.221.03, do vixente orzamento provincial. 4.19160.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE DURANTE EL AÑO 2011 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 9 de febreiro de 2011 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, ata un importe máximo de cento sesenta e cinco mil douscentos euros (165.200,00 €), IVE incluído, desagregado nos lotes, que a continuación se detallan: LOTE DENOMINACIÓN IMPORTE 1 Reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas 64.900,00 € 2 Reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro 53.100,00 € 3 Reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro 11.800,00 € 4 Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices 35.400,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 36 de data 22 de febreiro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 14 de marzo de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, GALLEGA DE MATERIAL CIENTÍFICO, S.A. (GAMCISA) (Lote nº 1); COMERCIAL HOSPITALARIA GRUPO–3, S.L. (Lote número 1 e 4); BIOMÉRIEUX ESPAÑA, S.A. (Lotes números 2, 3 e 4); CIENTISOL, S.L. (Lotes números 1 e 4); OXOID, S.A. (Lote número 4) e VWR INTERNATIONAL EUROLAB, S.L. (Lote número 1). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 16 de marzo de 2011, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 17 de marzo de 2011, a Xefa do Servizo da Finca Mouriscade emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para optar á adxudicación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2011, tras anunciar a eliminación das empresas, Gallega de Material Científico, S.A. (GAMCISA) (Lote nº 1); Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L. (Lote número 1 e 4); Biomérieux España, S.A. (Lote número 4); Oxoid, S.A. (Lote número 4) e VWR International Eurolab, S.L. (Lote número 1), procedeu á apertura dos sobres “C”, presentado polas empresas admitidas, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: Lote Licitadores Sobre “B” Sobre “C” TOTAL 1 Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L. 17,09 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. Gallega de Material Científico, S.A. (GAMCISA) 25,09 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. Cientisol, S.L. 44,33 Puntos 39,887 Puntos 84,217 Puntos VWR International Eurolab, S.L. 10,41 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. 2 Biomérieux España, S.A. 30,00 Puntos 2,860 Puntos 32,860 Puntos 3 Biomérieux España, S.A. 30,00 Puntos 1,138 Puntos 31,138 Puntos 4 Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L. 11,21 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. Cientisol, S.L. 50,00 Puntos 43,477 Puntos 93,477 Puntos Oxoid, S.A. 17,38 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. Biomérieux España, S.A. 19,18 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. Resultando que a Presidencia, a través de resolución número 4.773 de data 30 de marzo de 2011, estableceu como ofertas máis vantaxosas as seguintes: • No lote número 1 correspondente á subministración de reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas, a oferta máis vantaxosa é a presentada pola Cientisol, S.L., ó obter unha puntuación global de 84,217 puntos. • No lote número 2 correspondente á subministración de reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro, a oferta máis vantaxosa é a presentada pola Biomérieux España, S.A., ó obter unha puntuación global de 32,860 puntos. • No lote número 3 correspondente á subministración de reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro, a oferta máis vantaxosa é a presentada pola Biomérieux España, S.A., ó obter unha puntuación global de 31,138 puntos. • No lote número 4 correspondente á subministración de reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices, a oferta máis vantaxosa é a presentada pola Cientisol, S.L., ó obter unha puntuación global de 93,477 puntos. Resultando que a través da citada Resolución Presidencial número 4.773 efectuouse o correspondente requirimento ás empresas, Cientisol, S.L., e Biomérieux España, S.A., para que presente a documentación a que fai referencia o artigo 135.2 da Lei 30/2007 de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que as empresas, Cientisol, S.L., e Biomérieux España, S.A., presentaron a documentación requirida, entre a que se atopan as seguintes garantías definitivas: LOTE EMPRESA IMPORTE GARANTÍA NÚMERO OPERACIÓN 1 CIENTISOL, S.L. 2.750,00 € 201100028354 2 e 3 BIOMÉRIEUX ESPAÑA, S.A. 2.750,00 € 201100028460 4 CIENTISOL, S.L. 1.500,00 € 201100028355 Considerando que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar o lote número 1 deste procedemento aberto á empresa CIENTISOL, S.L. (C.I.F. B-15869605), para efectuar a subministración de reactivos para a realización de análises de pensos e materias primas, ata a cantidade máxima de sesenta e catro mil novecentos euros (64.900,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluido) SOLUCIÓN ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 32,00 € 5,76 € 37,76 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERGENTE RE 5 LITROS 27,00 € 4,86 € 31,86 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 26,00 € 4,68 € 30,68 € SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS 30,00 € 5,40 € 35,40 € SODIO HIDROXIDO 32% PA 5 LITROS 27,00 € 4,86 € 31,86 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 69,00 € 12.42 € 81,42 € CHUMBO II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 16,00 € 2,88 € 18,88 € ACIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV 32,00 € 5,76 € 37,76 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO 7,00 € 1,26 € 8,26 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,80 € 4.10 € 26,90 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 44,00 € 7,92 € 51,92 € ACIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 21,00 € 3,78 € 24,78 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 56,00 € 10,08 € 66,08 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO 6,00 € 1,08 € 7,08 € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS 23,00 € 4,14 € 27,14 € ÁCIDO ACÉTICO GLACIAL, PARA ANÁLISE, ACS, ISO x 1 LITRO 13,00 € 2,34 € 15,34 € ÁCIDO CLORHÍDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l (3 N), 10 LITRO 58,00 € 10,44 € 68,44 € ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA 10,00 € 1,80 € 11,80 € ETER DIETILICO, P. ANÁLISE ACS ISO x 5 LITROS 72,00 € 12,96 € 84,96 € PLATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 LITROS 20,00 € 3,60 € 23,60 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 63,00 € 11,34 € 74,34 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 63,00 € 11,34 € 74,34 € SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N), SOL. VALO x 1 L 9,00 € 1,62 € 10,62 € SODIO HIDRÓXIDO, SOLUCIÓN 0,1 MOL/L (0,1), 1 LITRO 9,00 € 1,62 € 10,62 € SODIO SULFITO, P. ANÁLISE ACS X 1 KG 10,62 € 1,80 € 11,80 € 2. Adxudicar o lote número 2 deste procedemento aberto á empresa Biomérieux España, S.A. (C.I.F. A-28664589), para efectuar a subministración de reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no laboratorio da Finca Mouriscade, ata a cantidade máxima de cincuenta e tres mil cen euros (53.100,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOJA 20X10 ML 21,55 € 3.88 € 25,43 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 21,55 € 3.88 € 25,43 € CALDO M 20X10 ML 20,69 € 3,72 € 24,41 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,00 € 40,50 € 265,50 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 determinacións 283,62 € 51,05 € 334,67 € 3. Adxudicar o lote número 3 deste procedemento aberto á empresa Biomérieux España, S.A. (C.I.F. A-28664589), para efectuar a subministración de reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo o protocolo do equipo Vitek existente no laboratorio da Finca Mouriscade, ata a cantidade máxima de once mil oitocentos euros (11.800,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES 118,10 € 21,26 € 139,36 € 4. Adxudicar definitivamente o lote número 4 deste procedemento aberto á empresa, CIENTISOL, S.L. (C.I.F. B-15869605), para efectuar a subministración de reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices, ata a cantidade máxima de trinta e cinco mil catrocentos euros (35.400,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 12,00 € 2,16 € 14,16 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI, AGAR 100 ML 4,00 € 0,72 € 4,72 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML 2,00 € 0,36 € 2,36 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 13,00 € 2,34 € 15,34 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML 3,00 € 0,54 € 3,54 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,25 € 0,41 € 2,66 € 5. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar ás empresas adxudicatarias que a formalización dos contratos se realizará dentro do prazo do quince días hábiles seguintes á notificación da adxudicación ós licitadores que participaron neste procedemento aberto. 6. As empresas, Cientisol, S.L e Biomérieux España, S.A. ingresarán a cantidade de 72,85 euros, por cada un dos lotes adxudicados, na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación de anuncios de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 7. O pago dos reactivos subministrados ás empresas adxudicatarias efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria11/411.412.221.06 do vixente orzamento provincial, tendo en conta que a efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) vai ser obxecto de dedución. 5.19161.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada da seguinte comunicación: Certificación da Secretaria da Xunta de Goberno Electoral Provincial de Pontevedra de data 6 de abril (núm. Rexistro 14783 de 07/04/11), pola que se establece o número de Deputados Provinciais con arranxo ó disposto no artigo 204 da LOREX. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19162.- LIBERACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA SEMANAS BRANCAS 2011 Posto en marcha o Programa Semanas Brancas 2011 cunha dotación económica de 60.000,00 €, co fin de potenciar o compañeirismo, a convivencia, a solidariedade, á par que acadar un maior enriquecemento cultural para os mozos e mozas da nosa provincia, visto que as prazas adxudicadas suman un total de 550, o que supón un gasto de 27.500,00 €, produciuse un sobrante económico de 32.500,00 € respecto da dotación inicial; que liberalizouse por acordo da Xunta de Goberno do 08/03/2011, e con posterioridade producíronse 50 baixas no desenvolvemento do programa, resultando outro sobrante económico de 2.500,00 €, polo que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade liberalizar o sobrante económico de 2.500,00 € (RC: 201100001938) do “Programa Semanas Brancas 2011”, para o seu reintegro na mesma aplicación orzamentaria (11/230.230-227.07), co fin de atender gastos diversos deste Servizo de Acción Social. 7.19163.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2011- CAMPAÑA PRIMAVERA (SEGUNDO GRUPO) A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2011 o Programa Diúrno de Balnearios co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 240.000,00€ e unha oferta de 4.600 prazas, mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós Balnearios ou Thalasos escollidos polos usuarios, en xornadas de mañás ou tardes (de luns a venres), polo que remitido o segundo grupo de solicitudes á Intervención para a súa fiscalización e a vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 8 de abril de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do Programa Diúrno de Balnearios, Campaña de Primavera-segundo grupo, polo importe de 48.256,00 €, a favor de 928 persoas da nosa provincia, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07. PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO O ROSAL SI 25 1.300,00 € TOMIÑO SI 21 1.092,00 € PONTECESURES SI 36 1.872,00 € COVELO SI 40 2.080,00 € CANGAS SI 115 5.980,00 € PORRIÑO SI 173 8.996,00 € BUEU SI 120 6.240,00 € SALCEDA DE CASELAS SI 30 1.560,00 € A ESTRADA SI 250 13.000,00 € SILLEDA SI 25 1.300,00 € PORTAS SI 53 2.756,00 € OIA SI 40 2.080,00 € TOTAL 928 48.256,00 € 8.19164.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BARRO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002140, DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DE PLANTA BAIXA PARA SERVIZOS SOCIAIS NO EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002140, denominado “Acondicionamento de planta baixa para servizos sociais no edificio multiusos do concello” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Barro con CIF núm. P3600200D, a cantidade de cento dezaoito mil oitocentos vinte e oito euros con trinta e catro céntimos (118.828,34 €), para a realización do investimento núm. 2011002140, denominado “Acondicionamento de planta baixa para servizos sociais no edificio multiusos do concello”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 118.828,34 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.19165.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEAÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011001995, DENOMINADA “INSTALACIÓN DE ASCENSOR E ACONDICIONAMENTO DA CASA DA CULTURA DE MEAÑO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011001995, denominado “Instalación de ascensor e acondicionamento da casa da cultura de Meaño” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Meaño con CIF núm. P3602700A, a cantidade de cento cincuenta mil novecentos sesenta e dous euros con oitenta céntimos (150.962,80 €), para a realización do investimento núm. 2011001995, denominado “Instalación de ascensor e acondicionamento da casa da cultura de Meaño”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 150.962,80 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.19166.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SANXENXO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002139, DENOMINADA “DOTACIÓN E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPO MUNICIPAL DE BALTAR-PORTONOVO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002139, denominado “Dotación de instalacións deportivas no campo municipal de Baltar - Portonovo” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Sanxenxo con CIF núm. P3605100A, a cantidade de douscentos trinta e cinco mil novecentos trinta e seis euros con corenta e dous céntimos (235.936,42 €), para a realización do investimento núm. 2011002139, denominado “Dotación de instalacións deportivas no campo municipal de Baltar-Portonovo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 235.936,42 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.19167.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002095, DENOMINADA “ÁREA RECREATIVA NO PAZO DE VISTA REAL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002095, denominado “Área recreativa no pazo de Vista Real” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Vilanova de Arousa con CIF núm. P3606100J, a cantidade de setenta e sete mil oitocentos noventa e cinco euros con trinta e catro céntimos (77.895,34 €), para a realización do investimento núm. 2011002095, denominado “Área recreativa no pazo de Vista Real”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 77.895,34 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.19168.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO NÚM. 3.18030 DE 31 DE MARZO DE 2010 E APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BUEU PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “REURBANIZACIÓN RAMÓN BARES”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Resultando que por acordo da Xunta de Goberno núm. 3.18030 de 31 de marzo de 2010 se lle concedeu ó Concello de Bueu, dentro do Plan de Investimentos 2009-2011 e polo procedemento de concorrencia competitiva, unha subvención por importe de cento sesenta mil trinta euros con setenta e catro céntimos (160.030,74€) para a execución da obra núm. 2009002650 “Reurbanización Ramón Bares”. No mesmo acordo o Concello de Bueu comprometíase a cofinanciar o citado investimento, achegando cento sesenta mil trinta euros con setenta e cinco céntimos (160.030,75€). Resultando que, no marco das competencias das Institucións Provinciais de asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos, especialmente ós de menor capacidade económica e de xestión , a Deputación de Pontevedra decidiu asumir o custe íntegro do investimento 2009002650, “Reurbanización Ramón Bares”, financiando a cantidade a achegar polo Concello de Bueu con cargo a cantidade reservada á concesión directa no Plan de Investimentos 2009-2011. Polo exposto, vistos o informes do servizo de infraestruturas, da Intervención e do Secretario, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno núm. 3.18030 de 31 de marzo de 2010, no senso de que a achega que lle correspondía, inicialmente, o Concello de Bueu é asumida pola Deputación de Pontevedra con cargo a cantidade reservada á concesión directa no Plan de Investimentos 2009-2011. 2. Conceder con cargo á cantidade reservada á concesión directa no Plan de Investimentos 2009-2011, unha subvención por importe de cento sesenta e dous mil setecentos oitenta e nove euros con noventa céntimos (162.789,90€), para a execución da obra 2009002650, “Reurbanización Ramón Bares”. Esta subvención ven a completar á concedida polo procedemento de concorrencia competiva, de xeito que a Deputación de Pontevedra asume integramente o financiamento do custe do investimento, que unha vez aplicado o IVE do 18%, ascende a trescentos vinte e cinco mil cincocentos setenta e nove euros con setenta e nove céntimos (325.579,79 €). Polo tanto o financiamento da obra, tendo en conta o incremento do IVE, distribúese segundo ó seguinte esquema: 2009 2010 2011 TOTAL PID, Concorrencia Competitiva 162.481,72 € 308,17€ 0,00€ 162.789,89 € PID, Concesión Directa 0,00 € 81.394,95€ 81.394,95€ 162.789,90 € INVESTIMENTO 162.481,72 € 81.703,12€ 81.394,95€ 325.579,79 € Respecto das cantidades do PID-Concorrencia Competitiva, serán con cargo á cantidade concedida no Plan de Investimentos 2009-2011 mediante o acordo da Xunta de Goberno de data 31 de marzo de 2010. A cantidade do exercicio 2009 é imputable á aplicación 11/942.942.652.45.2009 e a cantidade do exercicio 2010 é imputable a aplicación 11/942.942.652.45.2010. Respecto das cantidades do PID-Concesión Directa, serán imputables ás aplicacións 11/942.942.652.45.2010 e 11/942.942.652.45 do vixente orzamento nas que existe crédito suficiente para dito fin. O resto do acordo núm. 3.18030 da Xunta de Goberno de 31 de marzo de 2010 permanecerá invariable. 3. Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Bueu para a execución da obra “Reurbanización Ramón Bares” , incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, sendo ó obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as distintas administracións públicas, posibilitar a creación de espazos urbanos adecuados ás necesidades dos habitantes da zona, reorganizando os recursos existentes, facendo desaparecer a fragmentación e logrando o equilibrio e a interacción entre os elementos urbanos que integran o conxunto. O texto do convenio é o establecido deseguido: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BUEU PARA EXECUCIÓN DA OBRA “REURBANIZACIÓN RAMÓN BARES”, INCLUIDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 En Pontevedra, a xx de abril de 2011 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. Felix Juncal Novás, na súa condición de Alcalde do Concello de Bueu, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que ámbalas institucións son conscientes da necesidade de dispor de espazos urbanas adecuados as necesidades dos habitantes da zona. Neste senso a reurbanización da rúa Ramón Bares permitirá reorganizar os recursos existentes, facer desaparecer a fragmentación e lograr o equilibrio e a interacción entre os elementos urbanos que integran o conxunto. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Que a Deputación de Pontevedra, consciente do auxe e relevancia das funcións que en materia e cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica do seu territorio lle atribúe a lexislación vixente, e o Concello de Bueu amosan a súa firma vontade de aunar vontades e esforzos que optimicen os recursos existentes, na medida que os seus orzamentos llo permitan, así como o uso de cantas medidas sexan necesarias para garantiren correcta prestación e reorganización de servizos. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Bueu é execución da obra “Reurbanización Ramón Bares”, cuxo custe ascende a trescentos vinte e cinco mil cincocentos setenta e nove euros con setenta e nove céntimos (325.579,79€). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Terceira.- Á Deputación de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico, que serán financiadas integramente pola Deputación Provincial, segundo o seguinte esquema: 2009 2010 2011 TOTAL PID Concorrencia Competitiva 162.481,72€ 308,17€ 0,00€ 162.789,89 € PID Concesión directa 0,00€ 81.394,95€ 81.394,95€ 162.789,90 € INVESTIMENTO 162.481,72€ 81.703,12€ 81.394,95€ 325.579,79 € Respecto das cantidades do PID-Concorrencia competitiva, serán con cargo á subvención concedida pola Deputación, con data 31 de marzo de 2010, ó Concello de Bueu dentro do Plan de Investimentos 2009-2011. A cantidade do exercicio 2009 é imputable á aplicación 11/942.942.652.45.2009 e a cantidade do exercicio 2010 é imputable á aplicación 11/942.942.652.45.2010. Respecto das cantidades do PID-Concesión directa, aboaranse con cargo ás aplicacións 11/942.942.652.45.2010 e 11/942.942.652.45 do vixente orzamento provincial e nas que existe crédito suficiente para dito fin. Cuarta.- O concello de Bueu obrígase a poñer a disposición da Deputación, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como a obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Quinta.- Unha vez recibida a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega da mesma ó Concello de Bueu. Sexta.- O Concello de Bueu deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Sétima.- Calquera medida que se adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente de goberno dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación, no prazo de dez días dende a súa adopción, coa finalidade de que no prazo de outros dez días se poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha comisión de seguimento da que forman parte os asinantes ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de outubro de 2012. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décimo primeira.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o seu incumprimento ou a súa interpretación. Décimo Segunda.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2011, así como as que se aproben para o exercicio 2012. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Bueu Rafael Louzán Abal Felix Juncal Novás” 13.19169.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE 22 BOLSAS DE COLABORACIÓN CON DESTINO Á AREA DE COMERCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO UNHA LABOR DE ASISTENCIA NAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DA PROVINCIA PARA O ANO 2011 Vista a proposta presentada polo Xefe de Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de 22 Bolsas destinadas a Licenciados en Dereito, Económicas, Administración de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas e Ciencias Políticas, coa finalidade de levar a cabo un labor de asistencia ás asociacións de comerciantes da provincia, co fin de mellorar e promocionar o asociacionismo e a representatividade das mesmas. Estas Bolsas, dotadas cunha consignación mensual de 600,00 € (79.200,00 €) que se imputarán á aplicación orzamentaria 241.431.481.01, e outorgaranse con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 01/06/2011) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período até un máximo dun ano. Así mesmo, de acordo co informe de Intervención de data 5 de abril de 2011, na aplicación orzamentaria proposta existe crédito dispoñible para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento RC, número de operación 201100025460. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES CONVOCATORIA DE 22 BOLSAS DE COLABORACIÓN CON DESTINO Á AREA DE COMERCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO UNHA LABOR DE ASISTENCIA NAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DA PROVINCIA PARA O ANO 2011. De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Deputación de Pontevedra baseándose nas demandas detectadas e recibidas por parte das Asociacións de Comerciantes da provincia nas visitas realizadas ás mesmas por parte dos técnicos da Área de Comercio da institución provincial, esta Deputación Provincial convoca 22 Bolsas de formación consonte as seguintes bases: PRIMEIRA.- OBXETO.- As presentes bases regulan o procedemento a seguir para a selección de 22 bolseiros/as con destino á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra que levarán a cabo unha labor de asistencia ás asociacións de comerciantes da provincia co fin de mellorar e promocionar o asociacionismo e a representatividade das mesmas. Estas bolsas queren contribuír á formación teórica e práctica de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito, a través do desenvolvemento de tarefas de xestión e representación dende o seo das asociacións de comerciantes. A Deputación de Pontevedra elaborará un programa formativo de carácter teórico – práctico que integrará principalmente aspectos relativos á actividade comercial, ó asociacionismo e ás estruturas comerciais. Estará en concordancia coa liña estratéxica “Formación e cualificación do sector comercial” recollida no Plan Director de Comercio (2009-2012) redactado en colaboración cos representantes do sector a partir dos catro eixos básicos nos que se sustenta o Plan Estratéxico Provincial e cuxa premisa é traballar pola profesionalización do movemento asociativo e dos profesionais que traballan á fronte das asociacións de comerciantes. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Estar en posesión dalgunhas das seguintes titulacións universitarias ou atoparse en condicións de obtelas na data na que remate o prazo de presentación de instancias: Licenciatura en Dereito, Económicas, Administración de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas e Ciencias Políticas. 3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ter obtido anteriormente outra bolsa das mesmas características na Deputación de Pontevedra. 6. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda. 7. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 600,00 € que se imputarán á aplicación 11/241.431.481.01 do vixente orzamento provincial. O pagamento das bolsas ós/ás beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que os/as bolseiros/as inicien ou rematen a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O disfrute das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión. CUARTA.- CENTRO DE DESTINO E XORNADA.- A formación e as tarefas a desenvolver terán lugar nunha ou máis sedes das asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra. A xornada laboral será de 20 horas semanais (media xornada). QUINTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra: • Pazo Provincial: Avda. Montero Ríos, s/n (horario de luns a sábado). • Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (horario de luns a venres). Ou tal e como se establece no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación das solicitudes será de 5 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. A concorrencia na presente convocatoria implica a completa aceptación das súas bases. Ó modelo normalizado de solicitude achegarase a seguinte documentación: 1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. 2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. 3. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa de colaboración. 4. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. De conformidade co establecido no artigo 71º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos esixidos nas bases reguladoras ou na convocatoria, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, de non o facer así, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución. SEXTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: Un Deputado provincial. O Xefe do Servizo de Desenv. Local e Fondos Comunitarios. Un funcionario Técnico Superior da Deputación de Pontevedra. Secretario: O Secretario da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SÉTIMA.- SELECCIÓN DOS BOLSEIROS/AS.- A selección dos bolseiros/as levarase a cabo mediante a celebración dunha entrevista persoal con cada un dos/as aspirantes relacionada co obxecto das bolsas que será valorada entre (0,00 e 5,00 ) cero e cinco puntos. Os/as aspirantes serán convocados/as á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web da listaxe de admitidos/as, na que se indicará a data e hora de celebración da mesma. A comisión seleccionará 22 persoas para cubrir as bolsas de colaboración e 15 persoas máis que comporán a listaxe de reserva. Concluída esta fase, a Comisión de selección publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación de Pontevedra a listaxe de puntuacións acadadas. OITAVA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión de selección proporá á Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra a adxudicación das bolsas de colaboración ós/ás aspirantes que considere máis idóneos/as e que acadaran a máxima puntuación de acordo cos criterios especificados na cláusula sétima das presentes bases. NOVENA.- ACEPTACIÓN OU RENUNCIA.- Publicada a resolución de concesión das bolsas de colaboración, as/os bolseiros/as deberán comunicar mediante un escrito no rexistro da Deputación de Pontevedra a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de dez días hábiles. No caso de aceptación, achegarán co devandito escrito a certificación da conta bancaria na que deban aboarse os pagos da bolsa. No caso de que as/os beneficiarios/as non acepten a bolsa ou non poidan incorporarse por calquera outro motivo, poderán ser substituídos/as polas persoas que figuren na listaxe de reserva en función da súa puntuación. No caso de que os/as beneficiarios/as, por unha causa debidamente xustificada, renunciaran á bolsa unha vez iniciada a colaboración coas asociacións de comerciantes, a Deputación de Pontevedra poderá cubrir o posto vacante coas persoas que figuren na listaxe de reserva en función da súa puntuación. DÉCIMA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: 1. Cada bolsa terá unha duración de seis meses a contar dende a data na que o/a bolseiro/a comece a colaboración coa/s entidade/s beneficiaria/s. As bolsas de colaboración poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses máis. Para que se de esta circunstancia o máximo representante da entidade beneficiaria deberá remitir á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra un informe xustificativo e favorable o 5º mes de ter o/a bolseiro/a comezado a súa colaboración coa asociación. O período de realización da bolsa será continuo e a tempo parcial. 2. A bolsa de colaboración será incompatible co desenvolvemento de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 3. A cada persoa seleccionada corresponderalle unha única bolsa de colaboración cuxo desenvolvemento poderá ser compartido por máis dunha asociación de comerciantes. Neste caso, distribuiríase o horario das xornadas entre os beneficiarios/as da mesma. Será a Deputación de Pontevedra, a través da súa Área de Comercio a que determine, no seu caso, como se distribuiría a bolsa de colaboración. 4. Os beneficiarios/as das bolsas de colaboración comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina establecido na Asociación de Comerciantes co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que isto implique relación de traballo laboral remunerado. 5. A aceptación e goce destas bolsas de colaboración non establecen relación laboral nin funcionarial algunha coa Deputación de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación laboral dos/as bolseiros/as con este organismo. 6. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da data de publicación da presente convocatoria. ÚNDECIMA.- MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN, REVOGACIÓN OU RÉXIME SANCIONADOR.- Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das bolsas de colaboración poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión das mesmas. O incumprimento das obrigas contidas nas presentes bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, dará lugar á obriga de devolver, total ou parcialmente, a axuda percibida, así como os xuros de demora correspondentes. Ás persoas beneficiarias das bolsas de colaboración reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de Subvencións de Galicia e no título VI do seu regulamento. DUODÉCIMA.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.- As persoas beneficiarias das bolsas de colaboración terán as seguintes obrigas no momento no que estas sexan concedidas: 1. Unha vez iniciada a bolsa de formación, no caso de que se produza un cesamento da mesma, o/a beneficiario/a deberá comunicar por escrito a renuncia á mesma á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra con cinco días de antelación á data na que se dará por finalizada a bolsa. 2. No caso de que, unha vez que se inicie a colaboración, a persoa beneficiaria obteña outra/s bolsas ou axuda/s ou se produza calquera outra alteración nos requisitos esixidos ás persoas beneficiarias das presentes bolsas de colaboración, estas deberán comunicalo por escrito á Área de Comercio da Deputación de Pontevedra. 3. Non poderán desenvolver outra/s tarefa/s que dificulten o cumprimento das súas obrigas como bolseiros/as. 4. Deberán cumprir co programa de formación establecido cuns niveis de rendemento satisfactorios presentando os traballos e informes que se determinen dende a Área de Comercio da Deputación de Pontevedra. Así mesmo, deberán asistir ás actividades que a entidade provincial considere convenientes para a súa formación. 5. Presentar ante a Área de Comercio da Deputación de Pontevedra, no prazo máximo dun mes a partir da finalización da bolsa de colaboración, unha memoria detallada das actividades desenvolvidas na que se especifiquen os obxectivos acadados. DÉCIMOTERCEIRA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non resultar seleccionados/as, os candidatos/as poderán retirar a documentación presentada para tomar parte nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación das bolsas de colaboración. Transcorrido este prazo, a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de destruír a devandita documentación. DÉCIMOCUARTA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión de selección quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e para adoitar os acordos necesarios para o correcto desenvolvemento do procedemento de selección de candidatos/as así como para o non previsto nas presentes bases. DECIMOQUINTA.- DEREITO SUPLETORIO.- A convocatoria das bolsas de colaboración , a selección dos/as bolseiros/as e o desenvolvemento das tarefas que dan dereito ás mesmas, estará suxeita ó previsto nas presentes bases e ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e demais lexislación aplicable.” 14.19170.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA PARA O SERVIZO DE MEDIO NATURAL De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de dúas Bolsas de Enxeñeiro Técnico Agrícola, con destino ó Servizo de Medio Natural, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 7.19041 adoptado o día 8 de marzo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas Bolsas ós aspirantes que se relaciona a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos na Base Sexta das Bases: ASPIRANTES GARCÍA DOVAL, DAVID RODIÑO CASTRO, ENRIQUE Así mesmo, proponse como suplentes, para o caso de que se producise vacante ou renuncia dos aspirantes seleccionados, e pola seguinte orde a: 1º.- González Domínguez, Marta 2º.- Sánchez de Toca Gusano, María A dotación económica é de 1.200,00 €/mes por beneficiario, con efectos 1 de maio de 2011 e por un período de seis meses, e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno, cantidade que se imputará á aplicación orzamentario 410.410.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e disfrute de estas Bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. Así mesmo, de acordo co informe emitido por Intervención de data 1 de marzo de 2011, na aplicación proposta para imputar o gasto existe crédito dispoñible para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento Rc, número de operación 201100015489. 15.19171.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 12 de abril de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000373 e que contén vinte e unha facturas, sendo a primeira de Obras y Construcciones Sostenibles, S.L., por importe de 10.259,24 € e a derradeira de Mare Coordinación y Producción, S.L., por importe 17.877,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 61.562,23 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 61.562,23 € 16.19172.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO SECTORIAL DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL DO NOVO HOSPITAL DE PONTEVEDRA, QUE REMITE A DIRECCIÓN DE RECURSOS ECONÓMICOS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE Dada conta da comunicación da Dirección de Recursos Económicos da Consellería de Sanidade, de data 3 de decembro de 2010, recibida nesta Deputación o día 10 de decembro (Rex. de entrada núm. 41955), remitindo Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal do Novo Hospital de Pontevedra, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 11 de abril de 2011, no que manifesta: “En resposta á solicitude de informe efectuada pola Dirección de Recursos Económicos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en relación ó Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal do Novo Hospital de Pontevedra, emítese o seguinte, INFORME ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro. Con data 3 de decembro do 2009 o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto sectorial para o Novo Hospital de Pontevedra como de incidencia supramunicipal e atribuíu á Consellería de Sanidade o impulso e tramitación do mesmo. Con este proxecto trátase de dotar ó Área de Pontevedra dun hospital de cabeceira que dea resposta ás necesidades de novas infraestruturas sanitarias, coa provisión de novos servizos e o axuste dos existentes á realidade actual e ó escenario previsto a medio prazo para a atención sanitaria desta área, abarcando as especialidades necesarias e técnicas propias dun Hospital de área, de acordo cos principios dunha correcta planificación sanitaria. O modelo do hospital definido polo plan funcional é o dun centro sanitario que dea resposta integral ás necesidades de Atención Especializada na área de Saúde, e que sexa sostible, ecolóxico e humanizado, respectuoso co medioambiente, e que responda á innovación tecnolóxica da atención hospitalaria actual Segundo. O ámbito xeográfico proposto para a implantación do Novo Hospital de Pontevedra está en Monte Carrasco, situado nas parroquias de Marcón e Tomeza do municipio de Pontevedra. Está xa que logo ubicado ó sur do núcleo urbano de Pontevedra. Terceiro. O 10 de decembro de 2010 o proxecto sectorial para o Novo Hospital de Pontevedra é remitido á Secretaría Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra quen a súa vez da traslado do mesmo, o 14 de decembro, ó Servizo de Infraestruturas para o seu informe. TRATAMENTO TÉCNICO E FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. O presente informe, emitido ó amparo do disposto no artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, en relación co sinalado no artigo 15 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, o artigo 25 da Lei 10/1995, de 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia e o artigo 13 do Decreto 80/2000, de 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos de incidencia supramunicipal, ten por obxecto avaliar exclusivamente as incidencias que o proxecto sectorial para o Novo Hospital de Pontevedra terá nas estradas de titularidade provincial que se verán afectadas polo mesmo. Segundo. A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, determinan que o patrimonio das Entidades Locais (a Deputación entre elas) está constituído polo conxunto de bens, dereitos e accións que lles pertencen; á súa vez devanditos bens clasifícanse en bens de dominio público e bens patrimoniais, podendo ser os primeiros de uso ou servizo público. Dentro dos bens de uso público local atoparíanse as distintas estradas que conforman a rede viaria provincial, en canto a obras públicas de aproveitamento ou utilización xeral cuxa conservación e xestión é competencia da Deputación Provincial de Pontevedra. Terceiro. Neste sentido o artigo 27 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia establece que “A explotación das estradas por parte da Administración titular das mesmas, comprende as operacións de conservación e mantemento, as actuacións encamiñadas á defensa da vía e o seu mellor uso, incluíndo as referentes á sinalización, estudo e aplicación da normativa de tráfico e seguridade viaria, así como a ordenación de accesos e uso das zonas de dominio público, servidume e afección. Cuarto. Pola súa banda os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal teñen por obxecto regula-la implantación de determinadas actuacións de indubidable incidencia territorial en materia de infraestruturas, dotacións e outras instalacións, tanto de iniciativa pública coma privada, que se asentan sobre varios termos municipais ou daquelas nas que a súa incidencia transcenda o estrito ámbito local pola súa magnitude, importancia ou especiais características. Quinto. En relación con sinalado no parágrafo anterior, a delimitación do ámbito territorial no que se proxecta o Novo Hospital de Pontevedra (ver o plano I.09) afecta a tres (3) estradas provinciais, que se citan a continuación: - E.P. 0002 MARCÓN-TOMEZA-FIGUEIRIDO que cunha lonxitude de 6.250 metros discorre polos termos municipais de Pontevedra e Vilaboa. - E.P. 0006 MARCÓN-LUSQUIÑOS cunha lonxitude de 2.458 metros no termo municipal de Pontevedra. - E.P. 0004 MARCÓN-PINTOS-A REIGOSA con 4.200 metros de trazado e que discorre polos termos municipais de Pontevedra e Pontecaldelas. Como se pode apreciar no citado plano (I.09), existe un erro na denominación da estrada que se fai no proxecto sectorial xa que non é a E.P. 0005 senón a E.P. 0004 MARCÓN-PINTOS-A REIGOSA. Esta estrada ten o seu inicio na intersección coa estrada da rede autonómica PO-542 Pino- Ponte Bora e finaliza na PO-532 Pontevedra- Ponte Caldelas. Sexto. Segundo consta na documentación que obra no expediente administrativo da súa razón, o acceso principal ó hospital proxéctase mediante un viario de curta lonxitude (aproximadamente 400 metros lineais) que ten o seu inicio na PO-542 (actualmente en fase de desdobramento) configurándose por tanto esta estrada como o viario que recollerá os principais fluxos de tráfico procedentes da cidade e da autoestrada AP-9. Sétimo. O ámbito territorial do Novo Hospital linda polo sur coa estrada provincial E.P. 0006 Marcón- Lusquiños que conecta as dúas estradas provinciais xa citadas, a E.P. 0002 Marcón- Tomeza- Figueirido e a E.P. 0004 Marcón- Pintos- A Reigosa. No proxecto contémplase a conexión dos viarios interiores do seu ámbito coa estrada E.P. 0006 Marcón- Lusquiños mediante a construción de dous enlaces: unha glorieta á altura do campo de fútbol de Marcón e unha semi-glorieta aproximadamente á altura do punto quilométrico 0+950 (xunto ó cemiterio). Este deseño permitirá derivar o tránsito de vehículos, de forma separada, cara ás dúas estradas da rede provincial, de forma que o tráfico rodado que acceda desde (ou cara) á estrada E.P. 0004 farase a través da glorieta situada á beira do campo de fútbol e o tráfico que acceda desde (ou cara) á estrada E.P. 0002 farase a través da semi-glorieta situada no citado punto quilométrico 0+950. Esta solución permite dividir en dous os fluxos de tráfico que utilicen a estrada provincial E.P. 0004 Marcón- Lusquiños como acceso ó novo Hospital, coa vantaxe que iso representa para a circulación peonil procedente dos lugares situados na contorna. Oitavo. Os enlaces deberán deseñarse cos parámetros xeométricos adecuados para que, cumprindo coas recomendacións de deseño en vigor, permitan unha correcta circulación que non comprometa a capacidade da estrada Marcón- Lusquiños. Así mesmo, procurarase que os mesmos non modifiquen substancialmente as condicións de visibilidade, drenaxe, ou seguridade, entre outros, da citada vía provincial. Noveno. No que se refire ó viario interno este configúrase a modo de anel perimetral que une as dúas rotondas de conexión exterior proxectadas, de maneira que rodee o conxunto edificatorio hospitalario a certa distancia para permitir o futuro crecemento do mesmo. O tráfico interior segrega o tráfico de usuarios comúns do hospital do tráfico de urxencias e os servizos loxísticos. Os usuarios poderán acceder mediante vehículos propios ou transporte público polo ramal oeste. Os vehículos individuais poderán acceder directamente ó edificio de aparcadoiro desde a rotonda norte, mentres que os transportes públicos contarán cunha gran praza fronte ó vestíbulo principal na fachada oeste que lles permita unha boa coexistencia e unha fácil maniobrabilidad. O acceso de urxencias e vehículo loxísticos prodúcese pola fachada este. CONCLUSIÓN Á vista do exposto e sempre que se teñan en conta as recomendacións técnicas plantexadas, infórmase favorablemente o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal do Novo Hospital de Pontevedra no que se refire as incidencias que o mesmo terá nas estradas de titularidade provincial.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión a Dirección de Recursos Económicos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. 17.19173.- INFORME EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA (PONTE CALDELAS), QUE REMITE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Dada conta das comunicacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de datas 12 de xaneiro e 3 de marzo de 2011, recibidas nesta Deputación os días 18 de xaneiro e 8 de marzo (Rex. de entrada núm. 1532 e 10449, respectivamente), remitindo Modificación Puntual do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de A Reigosa (Ponte Caldelas), ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 11 de abril de 2011, no que manifesta: “En resposta á solicitude de informe efectuada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, en relación coa Modificación Puntual do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de A Reigosa (Ponte Caldelas), pola presente e de acordo co disposto no artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, emítese o seguinte, INFORME Primeiro. Encontrándose en tramitación a modificación puntual do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de A Reigosa, solicítase informe do Servizo de Infraestruturas relativo ás distintas estradas provinciais que se ven afectadas por dita modificación. Segundo. Unha vez examinada a documentación remitida verificouse que a accesibilidade ó Parque Empresarial de A Reigosa e a Central de Transportes, incide nas estradas provinciais E.P. 0004 Marcón- Pintos- A Reigosa e a E.P. 0205 Reigosa- Taboadelo. Terceiro. En relación á estrada Marcón- Pintos- A Reigosa a modificación puntual obxecto de informe non supón ningún cambio substancial respecto ó previsto no proxecto orixinario. Respecto á estrada Reigosa- Taboadelo na modificación puntual plantexase unha glorieta en substitución da semiglorieta prevista inicialmente, solución construtiva que é informada favorablemente por parte deste Servizo.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 18.19174.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAS SOBRE O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNCIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda, de data 26 de xaneiro de 2011 (rexistro de entrada núm. 3661, de data 28/01/11) pola que se remite expediente sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal de dito concello, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do emitido polo Director de Infraestruturas, de data 8 de abril de 2011, no que manifesta, entre outros: “En resposta á solicitude de informe efectuada polo Concello de A Guarda en relación ó Plan Xeral de Ordenación Municipal actualmente en tramitación, pola presente e de acordo co lo disposto no artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, emítese o seguinte, INFORME ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro. Encontrándose en trámite o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Guarda solicitase informe do Servizo de Infraestruturas relativo ás distintas estradas provinciais que discorren polo citado Concello. Segundo. Unha vez examinada a documentación remitida a única estrada provincial que discorre polo seu termo municipal é a E.P. 3401 Acceso Puerto- A Guarda con 1.018 metros de trazado. TRATAMENTO TÉCNICO E FUNDAMENTOS XURÍDICOS. Primeiro. De acordo co disposto no parágrafo 4 do artigo 15 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, “Acordada a redacción…. dun instrumento de planeamento que afecte a estradas, o organismo competente para outorgar a súa aprobación inicial deberá enviarlles, con anterioridade a dita aprobación, o correspondente documento ás Administracións titulares das estradas afectadas para que emitan, no prazo dun mes e con carácter vinculante, informe comprensivo das suxestións que estimen convenientes”. Segundo. En relación co sinalado no parágrafo anterior é preciso sinalar que o vial Acceso Porto- A Guarda foi urbanizado a mediados da década 2000-2010 a través dun Convenio subscrito co Concello, de xeito que na actualidade esta estrada xa non reúne as condicións propias dun vial provincial ó adquirir características netamente urbanas dotado de beirarrúas e con presenza de edificacións consolidadas a ambas marxes do viario. Todas esta notas, unidas ó feito de que no Plan Xeral inclúese o final de dita estrada no ámbito de influencia do Plan Especial de Protección Vila Histórica, aconsellan o seu cambio de titularidade a favor do Concello de A Guarda quen deberá solicitalo a través do órgano competente.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de A Guarda. 19.19175.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ ANTONIO COBAS BREY EN REPRESENTACIÓN DE LEASE PLAN SERVICIOS, S.A. POR DANOS EN VEHÍCULO NA PO-325 VIGO- RAMALLOSA (NIGRÁN) Dada conta que con data de rexistro de entrada 07/04/11 (rex. nº 006118) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Antonio Cobas Brey en representación da entidade LEASE PLAN SERVICIOS, S. A., con enderezo a efectos de notificacións na rúa Velázquez Moreno, 2- entrepla. D e E, de Vigo, por danos en vehículo a consecuencia do mal funcionamento dos semáforos nunha intersección da PO-325 Vigo- Ramallosa, no Concello de Nigrán, na data 07/10/10 e que cuantifica economicamente en 503,71 €. Resultando.- Que con data 8 de abril de 2011 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 11 de abril de 2011co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad autonómica” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 20.19176.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ENRIQUE JAIME DAVILA LÓPEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DNA. ANDREA MARIÑO ALONSO POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PO-331 O PORRIÑO- GONDOMAR (VIGO) Dada conta que con data de rexistro de entrada 07/04/11 (Rex. nº 014930) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Enrique Jaime Davila López en nome e representación de Dna. Andrea Mariño Alonso, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Emilio Martínez Garrido, 100 B, por danos en vehículo a consecuencia da irrupción dun cabalo na PO-331 Porriño- Gondomar, no Concello de Vigo, na data 23/01/11 e que cuantifica economicamente en 4.156,55 €. Resultando.- Que con data 8 de abril de 2011 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 11 de abril de 2011 co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad autonómica” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 21.19177.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO NÚM. 13.18667 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 27 DE OUTUBRO DE 2009 A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do 27 de outubro de 2010 acordou aprobar o proxecto modificado da obra “Mellora da seguridade viaria–E.P. 8004 Caldas- Vilanoviña (tramo Caldas- Portas)” e a súa posterior adxudicación á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. Resultando que no citado acordo detectouse un erro tipo gráfico con relación ó do orzamento de adxudicación co IVE incluído. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo 13.18667 adoptado na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de outubro de 2010 relativo á aprobación do proxecto modificado e a súa posterior adxudicación da obra “Mellora da seguridade viaria–E.P. 8004 Caldas- Vilanoviña (tramo Caldas- Portas)”, no sentido seguinte: Onde di: “Primeiro.- Aprobar o proxecto modificado da obra “Mellora da seguridade viaria E.P. 8004 Caldas Caldas- Vilanoviña (tramo Caldas- Portas)”, por importe de 282.522,40 €, o que supón un incremento sobre o proxecto inicial de 47.085,45 €.” Debe dicir: “Primeiro.- Aprobar o proxecto modificado da obra “Mellora da seguridade viaria E.P. 8004 Caldas Caldas- Vilanoviña (tramo Caldas- Portas)”, por importe de 283.334,21 € con IVE, o que supón un incremento sobre o proxecto inicial de 47.897,03 € con IVE.” 22.19178.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición