ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/07/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-07-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/07/15_Ordinaria

  • Data(s) 2011-07-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e vinte e cinco minutos do día 15 de xullo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Nelson Cándido Santos Argibay. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19354.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de xullo de 2011. 2.19355.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA INVESTIMENTOS ANO 2011 (PROGRAMA C/11-INFRAESTRUTURA) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 10 de decembro de 2010 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2011, entre as que se atopa o programa C/11 “Infraestrutura” que vai dirixido ó financiamento para a construcción ou a rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc., e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 299.968,00 €, con cargo á aplicación 11/330.334.789.04 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para infraestrutura (Programa C/11) e que son as que se relacionan a continuación: 3.19356.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA INVESTIMENTOS ANO 2011 (PROGRAMA B/11-INSTRUMENTOS E VESTIARIO) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 10 de decembro de 2010 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2011, entre as que se atopa o programa B/11 “Instrumentos e vestiario” que vai dirixido a financiar ós grupos e ás asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 91.941,00 €, con cargo á aplicación 11/330.334.789.00 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para infraestrutura (Programa C/11) e que son as que se relacionan a continuación: 4.19357.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Á FEDERACIÓN GALEGA DE TRIATLÓN PARA O CAMPIONATO DE EUROPA DE TRIATLÓN 2011 Visto o escrito da FEDERACIÓN GALEGA DE TRIATLÓN con domicilio social en Rúa Castelao nº 21, Entr. nº 2, do concello de Lugo (27001) e CIF: V-36703932, solicitando axuda económica para “Campionato de Europa de Triatlón 2011”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a subvención polo importe de noventa mil euros (90.000,00 €) para o citado fin, con cargo á aplicación 11/340.341.489.02 – Rc nº 201100055318. O beneficiario deberá xustificar o importe da subvención concedida con facturas, recibos, etc., que reúnan os requisitos legais esixidos por Rd. 1496/03, xunto coa conta xustificativa que relacione os gastos establecidos no orzamento presentado, tal como se establece na Lei Xeral de Subvencións. Tamén deberán acompañar unha memoria da actividade e acreditar a difusión do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada. 5.19358.- COMUNICACIÓNS. A Xunta de Goberno queda enterada das seguintes: Comunicación da Dirección Xeral de Cooperación Local da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública de data 24 de xuño de 2011(rex. entrada núm. 025057 de data 5/07/11),polo que resolve inscribir no Rexistro de Entidades Locais o deslinde entre os termos municipais de Cuntis e A Estrada, segundo o decreto 117/2011, de 26 de maio, da Xunta de Galicia. Comunicación do Ecónomo Diocesano da Diócese de Lugo (rex. entrada 025666 de data 12/07/11) no que certifica que recibiu desta Deputación a cantidade de seiscentos euros (600,00 €) en concepto de participación nos actos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia 2011. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19359.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2011 – CAMPAÑA OUTONO – TERCEIRO GRUPO A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2011 o Programa Diúrno de Balnearios co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 240.000 € e unha oferta de 4.600 prazas, mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós Balnearios ou Thalasos escollidos polos usuarios, en xornadas de mañás ou tardes (de luns a venres), polo que remitido o terceiro grupo de solicitudes da Campaña de Outono á Intervención para a súa fiscalización e á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 13 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do Programa Diúrno de Balnearios, Campaña de Outono terceiro grupo, polo importe de 22.100 €, a favor de 425 persoas da nosa provincia, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07. PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE OUTONO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO BUEU SI 50 2.600,00 € CANGAS SI 30 1.560,00 € O GROVE SI 10 520,00 € MOS SI 50 2.600,00 € SALCEDA DE CASELAS SI 30 1.560,00 € TUI SI 30 1.560,00 € VIGO SI 225 11.700,00 € TOTAL 425 22.100,00 € 7.19360.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 DA OBRA: “PROXECTO MODIFICADO CONSTRUCIÓN PAVILLÓN DEPORTIVO NO LUGAR DE CASTRO (MOS)” Vista a certificación núm. 1 relativa á obra proxecto modificado construción pavillón deportivo no lugar de Castro, Mos, adxudicada no seu día a empresa ORECO S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 07/07/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1 EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe ORECO S.A. (CIF. A – 36.614691) 11/922-342.652.00.2009 11/922-342-652-00.2010 337.289,87€ SUBTOTAL ………. 337.289,87€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 9.608,03€ Control de calidade (3%) Id. 7.206,02€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.729,45€ Total descontos 18.543,50€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……………….. 318.746,37€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 8.19361.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº2 DA OBRA: “ENSANCHE E MELLORA E.P. 8002 CALDAS- SAN CLEMENTE. Vista a certificación núm. 2 relativa á obra ensanche e mellora E.P. 8002 Caldas-San Clemente, Caldas de Reis, adxudicada no seu día a empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 04/07/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 2 EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF. A – 36.008.886) 11/456-453-612-02-2010 225.056,79€ SUBTOTAL ………. 225.056,79€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.410,96€ Control de calidade (3%) Id. 4.808,22€ Seguridade e saúde (0.5%) Id. 801,37€ Total descontos 12.020,55€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……………….. 213.036,24€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 9.19362.- ANULACIÓN DO ACORDO 10.18334 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 23/06/2010, POLO QUE SE PRESTOU APROBACIÓN Ó EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA DE “ADECUACIÓN DE BANCADA E VESTIARIOS NO ESTADIO MUNICIPAL DA BAIUCA (A ESTRADA)” A Xunta de Goberno, en sesión de 19/02/2010, concedeu, no marco do Plan de Inversións da Deputación 2009-2011, ó Concello de A Estrada, unha subvención de 269.178,00 € para a realización da obra “adecuación de bancada e vestiarios no Estadio Municipal da Baiuca”. Así mesmo, polo mesmo órgano, en sesión de 23/06/2010, prestouse aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da referida obra. No obstante non se procedeu á licitación da obra ó estimar que sería conveniente unha adecuación do proxecto. O Concello de A Estrada, ante a actual situación económica, entende que as prioridades para a cidadanía son outro tipo de actuacións atendendo, sobre todo, ó interese xeral, polo que solicita a renuncia á realización de dita obra, remitindo en próximas datas nova relación de actuacións consideradas prioritarias. A vista destes antecedentes e do informe do Servizo de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Anular o acordo 10.18334 da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 23/06/2010, polo que se prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra “adecuación de bancada e vestiarios no Estadio Municipal da Baiuca (A Estrada)”, así como todas as actuacións levadas a cabo na tramitación do expediente. 10.19363.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Facturas emitidas por DARZAL CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0299-01/2011 12/04/2011 “Urbanización da praza do concello Pazos de Borbén” (PID/09/00921/2009002631) 300,34 € 0299-02/2011 12/04/2011 “Urbanización da praza do concello Pazos de Borbén” (PID/09/00921/2009002631) 458,44 € 0299-03/2011 12/04/2011 “Urbanización da praza do concello Pazos de Borbén” (PID/09/00921/2009002631) 354,09 € 0299-04/2011 12/04/2011 “Saneamento en Ameirolongo N-550 (Mos)” (PID/09/00981/2009002260) 239,69 € 0299-05/2011 12/04/2011 “Saneamento en Barreiro-Peroleira-Piñeiro, Peiteiros (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002761) 169,90 € 0299-06/2011 12/04/2011 “Saneamento en Barreiro-Peroleira-Piñeiro, Peiteiros (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002761) 154,03 € 0299-07/2011 12/04/2011 “Saneamento en Barreiro-Peroleira-Piñeiro, Peiteiros (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002761) 110,79 € 0299-08/2011 12/04/2011 “Terminación de edificio destinado a ximnasio na Cañiza” (PID/09/00612/2009002678) 195,19 € 0299-09/2011 12/04/2011 “Terminación de edificio destinado a ximnasio na Cañiza” (PID/09/00612/2009002678) 107,07 € 0299-10/2011 12/04/2011 “Terminación de edificio destinado a ximnasio na Cañiza” (PID/09/00612/2009002678) 105,87 € 0299-11/2011 12/04/2011 “Terminación de edificio destinado a ximnasio na Cañiza” (PID/09/00612/2009002678) 87,55 € 0299-12/2011 12/04/2011 “Melloras nas instalacións do club hípico de Mouriscade, Lalín” (PID/09/00726/2009002874) 300,43 € 0299-17/2011 12/04/2011 “Acondicionamento do local social de Cumeiro (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002542) 34,10 € 0299-18/2011 12/04/2011 “Parque da biodiversidade en Sabrexo e ordenación do espazo público en San Pedro de Losón (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002549) 374,47 € 0299-19/2011 12/04/2011 “Construción de beirarrúas e melloras na Cumeira (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002321) 377,18 € 0299-20/2011 12/04/2011 “Saneamento no rural, Campo Lameiro” (PID/09/00973/2009002562) 62,64 € 0299-21/2011 12/04/2011 “Obras complementarias na mellora da pavimentación do camiño de Cotanexo a Colexio Castro (Mos)” (PID/09/00981/2009002269) 511,14 € 0299-22/2011 12/04/2011 “Humanización entorno Praza do Gaiteiro (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002355) 215,16 € 0299-23/2011 12/04/2011 “Urbanización en Romai e Briallos, Portas” (PID/09/00922/2009002711) 328,70 € 0299-24/2011 12/04/2011 “Mellora rede viaria Xustáns e Buchabe (Pontecaldelas)” (PID/09/00901/2009002385) 165,22 € 0299-25/2011 12/04/2011 “Mellora rede viaria Xustáns e Buchabe (Pontecaldelas)” (PID/09/00901/2009002385) 575,43 € 0299-26/2011 12/04/2011 “Acondicionamento camiños parroquias Pontecaldelas” (PID/09/00901/2009002390) 315,30 € 0843-4/2010 30/06/2010 “Reforma da Confraría de pescadores San Xulián (A Illa de Arousa)” (D09/0051) 52,95 € 0843-5/2010 30/06/2011 “Reforma da Confraría de pescadores San Xulián (A Illa de Arousa)” (D09/0051) 91,64 € 0843-6/2010 30/06/2010 “Reforma da Confraría de pescadores San Xulián (A Illa de Arousa)” (D09/0051) 16,48 € 0843-7/2010 30/06/2010 “Reforma da Confraría de pescadores San Xulián (A Illa de Arousa)” (D09/0051) 143,64 € 0843-12/2010 30/06/2010 “Reforma da Confraría de pescadores San Xulián (A Illa de Arousa)” (D09/0051) 191,73 € 0295-01/2011 05/04/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. Buenos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 274,27 € 0295-02/2011 05/04/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. Buenos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 478,62 € 0295-03/2011 05/04/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. Buenos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 325,71 € 0295-04/2011 05/04/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. Buenos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 1.342,66 € 0295-05/2011 05/04/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. Buenos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 2.253,67 € 0210-105/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria EP8004 Caldas – Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas” (D09/0014) 96,10 € 0210-16/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria EP8004 Caldas – Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas” (D09/0014) 53,53 € TOTAL 10.863,73 € 11.19364.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE A CAÑIZA INTERESANDO AUTORIZACIÓN PARA EXECUTAR POLO SISTEMA DE ADMINISTRACIÓN A OBRA Nº1 DENOMINADA “ALUMEADO PÚBLICO EN ACHAS, LUNEDA VALEIXE, COUTO E PARADA”, INCLUÍDA NO PPC/11 Vista a solicitude do concello de A Cañiza pola que interesa autorización para executar polo sistema de administración a obra núm. 1 denominada “iluminación pública en Achas, Luneda, Valeixe, Couto e Parada, cun orzamento de 34.021,20€, incluída no Plan Provincial de Cooperación 2011 (PPC/11), por concorrer as circunstancias previstas no artigo 24.1, apartados a) e b), da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, Visto o informe dos servizos técnicos municipais dos cales se desprende que o Concello de A Cañiza dispón de persoal e medios técnicos suficientes para proceder a realización da obra que nos ocupa acadando, deste xeito, unha maior celeridade e un aforro económico na súa execución, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Conceder ó Concello de A Cañiza autorización para executar polo sistema de administración a obra núm. 1 denominada “iluminación pública en Achas, Luneda, Valeixe, Couto e Parada”, incluída no PPC/11. 12.19365.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2011002564, DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DO PASEO MARÍTIMO DA PRAIA DE RODEIRA EN CANGAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, con cargo ó crédito reservado á concesión directa, e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2011002564, denominado “Acondicionamento do Paseo marítimo da praia de Rodeira en Cangas”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de CANGAS DO MORRAZO a cantidade de 213.519,07 €, para a realización do investimento, núm. 2011002564, denominado “Acondicionamento do Paseo marítimo da praia de Rodeira en Cangas”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 0 euros. Exercicio 2011: 213.519,07 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2011.942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 13.19366.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º TRIMESTRE DO ANO 2011 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes CIF: V-36.291.334, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 93.865,15 €, para os gastos de funcionamento do 1º trimestre do ano 2011, e do informe de intervención de data 12 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 93.865,15 € como achega da Deputación, para o 1º trimestre do ano 2011, ó Consorcio para o Servizo contra incendios das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 2. Declarar o abonamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 93.865,15 € con cargo á aplicación orzamentaria 2011.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201100055483. 14.19367.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN CULTURAL FOLCLÓRICA RETROUSO DE CELA DO CONCELLO DE BUEU Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 01/09/10 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 01/09/2010 unha subvención a favor da Agrupación Cultural Folclórica Retrouso de Cela con CIF: G-36.341.923, do concello de Bueu, por un importe de 792,00 €, para “Adquisición de vestiario” con cargo á aplicación 11/330.334.789.00.2010, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 12/07/2011, da citada agrupación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 15.19368.- CONVOCATORIA E APROBACIÓN DAS BASES DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN PARA O SEGUNDO SEMESTRE DO ANO 2011 1.- Por Resolución de 29 de decembro de 2010, do Instituto Nacional de Administración Pública, convócanse para o exercicio 2011, subvencións destinadas ó financiamento de plans de formación no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas, destinado a mellorar as oportunidades de desenvolvemento profesional e preparación técnica dos empregados públicos. 2.- Do mesmo xeito que en anos anteriores, a política de Formación Continua ten por obxecto proporcionar ós empregados públicos as competencias e cualificacións profesionais indispensables para incrementar a eficacia e calidade do servizo público, configurándose como instrumento de adaptación permanente ás transformacións experimentadas no mercado de traballo que permitirá potenciar extraordinariamente a formación do persoal como medio para estimular ós empregados para o cumprimento eficiente das súas funcións e responsabilidades, proporcionándolles formación adecuada que lles brinde suficientes oportunidades de promoción profesional, á vez que facilita unha xestión racional e obxectiva, áxil e flexible do persoal, atendendo ó continuo desenvolvemento das novas tecnoloxías. 3.- A Deputación Provincial de Pontevedra dentro do prazo sinalado na Resolución de 29 de decembro de 2010, publicada no BOE número 6 de data 7 de xaneiro de 2011, presentou ante o INAP o Plan Agrupado de Formación Continua para o persoal desta Deputación Provincial, dos Organismos Autónomos e dos Concellos da provincia adheridos ó mesmo, no que se integran todos excepto Dozón, Gondomar Nigrán, Pontevedra e Vigo, sumando un total de 6.492 empregados. 4.- Por Resolución de 13 de maio de 2011 do Instituto Nacional de Administración Pública concédese á Deputación de Pontevedra unha subvención por importe de 267.743,98 € para a execución e desenvolvemento do Plan Agrupado de Formación. Con cargo á devandita subvención executáronse dentro do primeiro trimestre do ano accións formativas por un importe de 105.670,00 €. 5.- Dentro do Plan Agrupado programouse unha serie de accións formativas, que se distribuíron en función da modalidade e lugar de realización, en catro grupos: • Accións formativas Zona Pontevedra • Acciones formativas Zona Sur e Semipresenciais • Accións formativas Zona Salnés • Acciones formativas On line (e-learning) 6.- Neste sentido, a fin de garantir a participación do persoal de todos os concellos nas accións formativas programadas nas modalidades presencial, semipresencial e on line, descentralizouse o plan de formación en catro zonas: Pontevedra, Sur e Semipresenciais, Salnés e On line, en función da proximidade xeográfica, comunicacións, infraestrutura, modalidade e medios de que dispoñan para a impartición dos cursos. 7.- A través dos responsables de formación de cada unha desas catro zonas, determinouse e deseñouse o Plan agrupado de formación para o segundo semestre do ano 2011. 8.- Elaborado o programa de actuacións procede aprobar a convocatoria e bases que terán que rexer a asistencia ós cursos programados. 9.- De conformidade co establecido no art. 196.2 b) 40 do Real decreto 2/2000, de 16 de xuño polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, adxudicarase a unha empresa de formación, con experiencia na materia, a organización e xestión das accións formativas programadas para cada zona. 10.- A efectos de fiscalización económica valorouse o programa de accións formativas a desenvolver durante o ano 2011, incluídos os cursos presenciais, on line e semipresenciales, en 139.713,98 €, cantidade que se imputará á aplicación 11/921.221.165.00 do orzamento provincial. 11.- A Deputación Provincial como Entidade beneficiaria da axuda está obrigada a executar a actividade que fundamenta a concesión desta antes do 31 de decembro de 2011 e xustificala administrativamente antes do 15 de marzo do ano 2012. No marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas e con cargo á subvención que esta Deputación Provincial ha solicitado ó INAP para o Plan Agrupado de Formación do ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a Convocatoria e Bases que han de rexer a asistencia ás accións formativas programadas para este ano. Ditas bases son do seguinte teor: “B A S E S • PRIMEIRA. DESTINATARIOS Persoal da Deputación Provincial e organismos autónomos e dos concellos que se adheriron ó Plan agrupado de formación, que son os seguintes: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa. • SEGUNDA. NORMAS XERAIS DE INSCRICIÓN 2.1. Poderán participar nas accións formativas que se convoquen os destinatarios contemplados na base primeira, que se atopen en servizo activo, ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia por coidado de fillos e familiares, que poderán participar nos cursos segundo se establece no artigo 57.4, e 76.4 do Decreto lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia. 2.2. Non se poderá participar nunha actividade formativa se ó inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal, quedando automaticamente excluído/a da relación de aspirantes seleccionados. No caso de modificación desta circunstancia, deberá ser notificado ó Servizo de Recursos Humanos para que o seus datos sexan reincorporados á Base de Datos. Esta circunstancia deberá serlle comunicada por escrito ó Servizo de RR.HH. e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporá non ser admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e a seguinte convocatoria, así como a non expedición do diploma correspondente á acción formativa na que participou. 2.3. Non está permitido realizar cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. No caso de que se detecte con posterioridade non se acreditará ningún dos cursos, coa salvidade dos cursos On Line e a Distancia, que serán compatibles co resto das modalidades. 2.4. A falsidade ou ocultación de datos para a xestión dos cursos dará lugar á exclusión automática do curso ou cursos solicitados, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante a actual e seguinte convocatoria, computado desde a data na que se detecte o feito. 2.5. Os solicitantes deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do curso, unha credencial acreditativa da súa condición de empregado público. No caso dos contratados laborais temporais un documento acreditativo onde se especifique a data de inicio e a fin de contrato. No caso de non presentar tales documentos será motivo de exclusión. Toda documentación remitida que non sexa orixinal deberá ser presentada debidamente compulsada. O documento entregado non poderá ter ningún tipo de modificación ou manipulación. 2.5. É obrigatorio, unha vez recibida a notificación de admisión ó curso por parte do interesado, confirmar a asistencia (por teléfono ó 986 804 100, fax ó 986 804 141 ou e-mail a formacion@depo.es); no caso de que o profesional seleccionado decida non asistir deberá comunicarlle a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, co límite dun (1) día natural de antelación á data de inicio do curso. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e a seguinte convocatoria ó coñecemento desta circunstancia. Non se dará por confirmada ningunha praza sen aviso previo da persoa seleccionada no tempo estipulado. As prazas que non sexan confirmadas outorgaranse ós seguintes admitidos. A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades sen causa xustificada documentalmente levará unha valoración negativa das solicitudes que realice durante a actual e a seguinte convocatoria ó coñecemento do feito, salvo que a acción formativa solicitada non teña cubertas o número mínimo de prazas para levarse a cabo. 2.6. Durante a celebración da actividade formativa levarase a cabo un control permanente de asistencia mediante os sistemas que se establezan para o efecto. Os/as alumnos/as que participen no curso terán que asinar a súa asistencia a cada unha das sesións académicas, sendo obrigatorio a presentación do DNI en cada sesión. As ausencias ocasionais do curso constarán como incidencia dentro de cada sesión para os efectos do cómputo correspondente. Poderanse realizar tamén controis de asistencia extraordinarios en calquera momento do desenvolvemento do curso, tanto polo persoal da empresa adxudicataria que o xestiona como polo persoal do Servizo de Recursos Humanos e Formación deste organismo. Os profesores emitirán un informe indicando a avaliación dos alumnos para poder obteren o certificado de aproveitamento nos cursos de modalidade on-line, a distancia ou semipresencial, declarándoos apto ou non apto. • TERCEIRA. SOLICITUDES As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da Convocatoria, Anexo II cuberto en todos os epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Sr. Presidente da Corporación provincial presentaranse a través do Rexistro xeral deste organismo provincial a partir do día seguinte á publicación no BOP, e ata o día 26 de agosto de 2011. Poderán ser excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cubertos todos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos. • CUARTA. AGRUPACIÓN POR ZONAS Nas actividades formativas detalladas no Anexo I agrupadas por zonas serán destinatarios preferentes os traballadores/as dos concellos que formen parte de cada una delas, se ben para os supostos nos que non haxa suficientes solicitudes poderán participar os empregados/as doutros concellos. Non se tramitará ningún curso se as confirmacións de asistencia non superan o 80% das prazas asignadas. Nese caso a Deputación reservase o dereito a aprazar ou anular ditas accións formativas. • QUINTA. SELECCIÓN Os participantes serán seleccionados segundo os seguintes criterios: Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. De existir máis solicitudes que prazas terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e os obxectivos do curso. Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais. Terán prioridade os empregados con maior número de tempo de servizos prestados, acreditados coa certificación correspondente. En caso de empate terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados no ano anterior. • SEXTA. MODIFICACIÓNS A Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. A Deputación resérvase o dereito a comunicar as modificacións xurdidas en cada acción formativa. • SÉTIMA. CERTIFICADO DE ASISTENCIA Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa non asistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10% das horas lectivas programadas, salvo nos cursos de modalidade on-line, a distancia ou semipresencial, cuxa asistencia deberá ser o 100% das horas das clases presenciais programadas e responder ós cuestionarios de avaliación correspondentes. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado. Non se expedirán certificados nin xustificantes de asistencia sen ter superado o curso completo. O diploma remitirase ó centro de traballo. Non se emitirán duplicados de diplomas en ningún caso. Poderase obter unha certificación que acredite a superación da acción formativa. • OITAVA. OUTROS CURSOS Os cursos programados para o ano 2011, en colaboración co INAP, rexeranse pola súa normativa específica. Os cursos para a formación dos membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos concellos da provincia que estean adheridos ó Plan de formación continua da Deputación Provincial de Pontevedra rexeranse polo convenio de colaboración entre a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e o ente provincial para o ano 2011. Pontevedra, 15 de agosto de 2011 PRESIDENTE, Asdo.: Rafael Louzán Abal SECRETARIO, Asdo.: Carlos Cuadrado Romay” 16.19369.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición