ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/08/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-08-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/08/05_Ordinaria

  • Data(s) 2011-08-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e vinte minutos do día 5 de agosto do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19402.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xullo de 2011. 2.19403.- LIBERALIZACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA “TI TAMÉN CONTAS”, PARA A SÚA APLICACIÓN Á MESMA PARTIDA ORZAMENTARIA, COA FINALIDADE DE AFRONTAR GASTOS DIVERSOS Promovido por esta Deputación Provincial o programa “Ti Tamén Contas 2011”, dirixido ás Asociacións de Maiores ou con vogalía do Maior, cunha retención de crédito para a impartición dos cursos de 144.000,00 € (documento nº. 201100020304); adxudicada a xestión do mesmo á empresa Xestión Cultural Aurea, S.L., polo prezo de 825,00 €/curso (sen IVE), e contabilizándose nesta anualidade 2011, 111 cursos do citado programa, sendo o custe total dos mesmos 98.901,00 €, prodúcese un sobrante económico de 45.099,00 € no referido programa social, polo que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberalización do sobrante de 45.099,00 € correspondente ó programa “Ti Tamén Contas”, para o seu reintegro na mesma aplicación orzamentaria (11/230.230.227.07) (RC nº. 201100020242), co fin de facer fronte a diversos gastos do Servizo de Acción Social. 3.19404.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Academia Postal Vigo, S.L. A empresa Academia Postal Vigo, S.L. con CIF B- 36.795.565, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil trescentos dezaoito euros con corenta céntimos (2.318,40 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2010 (Lote 5), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000039961, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. A empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. con CIF B- 15.849.722, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de dez mil setenta e nove euros con setenta e catro céntimos (10.079,74€), para responder do contrato relativo á obra: Ampliación do paso sobre liña FF.CC. Santiago-Ourense, E.P. 6002 Botos-Mouriscade (Lalín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800075166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Pavimentos de Meaño, S.L. A empresa Pavimentos de Meaño, S.L. con CIF B- 36.239.945, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil trescentos vinte euros con dez céntimos (5.320,10 €), para responder do contrato relativo á obra: Construción de muros de sostemento, terrapléns e canalizacións na zona do río Barragans e conclusión final da E.P. 2803 Fornelos-Festin, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/04/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900031923, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construccións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) Á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de dez mil seiscentos sesenta e un euros con vinte céntimos (10.661,20 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 1306 Portela-Ermelo (Bueu), que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/07/2003, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200300051448, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de dous mil cento trinta e dous euros con vinte céntimos (2.132,20 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificación E.P. 1306 Portela-Ermelo (Bueu), que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/03/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800021271, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de nove mil novecentos trece euros con setenta e nove céntimos (9.913,79 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación E.P. 0506 Curro-A Portela (Barro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900004069, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de nove mil catrocentos oitenta e dous euros con setenta e seis céntimos (9.482,76 €), para responder do contrato relativo á obra: Varias actuacións en Goulla-Porrans/Curro-Portela-Ermelo e Samieira-Busto-Sanxenxo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900004070, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de nove mil catrocentos oitenta e dous euros con setenta e seis céntimos (9.482,76 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento explanada en C.F. Vilaxoan e cerramentos de campos de Bouza e Comesaña (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900004071, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19405.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2011 Á vista dos expedientes e dos informes da Comisión Avaliadora e de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ás Agrupacións e Asociacións Veciñais, que figuran en anexo aparte, para a realización de investimentos, tanto obras como adquisicións que se relacionan no mesmo, por un importe total de 960.000,00 €, dentro do 80% da contía do programa destinada ó procedemento de concorrencia competitiva, todas elas con cargo á aplicación 11/942.459.789.07 do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de ditas actuacións, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da inversión, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As solicitudes que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. d) As demais solicitudes presentadas considéranse desestimadas. Ditas subvencións son como seguen: 5.19406.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON LUIS ANDIÓN CERDEIRIÑA EN REPRESENTACIÓN DA ENTIDADE AMBULANCIAS PONTEAREAS, S.L. POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 4306 PONTE DO VAL-BARCIADEMERA (CONCELLO DE O COVELO) Dada conta que con data de rexistro de 20/12/10 (Rex. núm. 037351) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Luis Andión Cerdeiriña en representación da mercantil Ambulancias Ponteareas, S.L., con enderezo a efecto de notificacións na rúa Menéndez Pelayo, 7-1º izq no Concello de A Coruña, por danos en vehículo coma consecuencia da colisión cunha árbore que ocupaba o ancho da E.P. 4306 Ponte do Val-Barciademera, no Concello de O Covelo, na data 28/12/09 e que individualiza economicamente en 3.528,96 €. Resultando.- Que con data 25/01/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 31/01/11co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 4306 Ponte do Val-Barciaciademera está incluida en la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras NO se tuvo constancia del accidente objeto del presente informe aunque sí de otro ocurrido en ese tramo de carretera y por la misma causa ya que, según se refleja en el parte de trabajo que se adjunta al presente escrito, a las 08:43 horas se recibe una llamada del 112 –SOS Galicia alertando de la caída de árboles en el vial provincial de referencia. La brigada de la zona se desplaza hasta el lugar del siniestro procediendo a su llegada, sobre las 09:10 horas, a retirar un eucalipto de grandes dimensiones que ocupaba la zona de circulación, encontrándose todavía en ese momento el segundo vehículo siniestrado en el lugar del accidente. Tercero. Según informa el capataz de la brigada nº 5, D. Urbano Javier Costas Rodríguez, en el momento del siniestro las condiciones atmosféricas eran adversas, con lluvia e intenso viento, cuya velocidad, según información aportada por el propio reclamante, llegó a superar los 70 km/hora en algunos momentos del día. Cuarto. Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior también es preciso señalar que el árbol que provocó el accidente NO SE ENCONTRABA EN ZONA DE DOMINIO PÚBLICO de la carretera (que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 30 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia está integrada por los terrenos adquiridos por título legítimo por la Administración titular de la carretera para la construcción de ésta y de sus elementos funcionales), sino que estaba ubicado en una propiedad privada. Según se refleja en las diligencias elaboradas por la Guardia Civil de Tráfico “…el árbol procedía de una finca anexa a la carretera, cuya propietaria es Dª. Carmen Cabadas Álvarez, con domicilio en la Avda. de Portugal, nº 17, Mondariz”. En este sentido el artículo 9 de la Ley 9/2002, de 30 de diciembre, de Ordenación Urbanística y de Protección del Medio Rural de Galicia, establece que “los propietarios de toda clase de terrenos, construcciones, edificios e instalaciones deberán… mantenerlos en condiciones de funcionalidad, seguridad, salubridad, ornato público y habitabilidade según su destino…”; por su parte el artículo 390 del Código Civil señala que “Cuando algún árbol corpulento amenazare caerse de modo que pueda causar perjuicio a una finca ajena o a los transeúntes por una vía pública o particular, el dueño del árbol está obligado a arrancarlo y retirarlo; y si no lo verificare, se hará a su costa por mandato de la Autoridad”, mientras que el artículo 1.908 del citado texto dispone que, “…responderán los propietarios de los daños causados: …por caída de árboles colocados en sitios de tránsito, cuando no sea ocasionada por fuerza mayor”. Quinto. Por último sería preciso analizar algunos aspectos que rodearon al accidente: a) Se afirma en la reclamación que el conductor dio aviso al 112 poco después de haber sufrido el accidente que, según su testimonio, se produce sobre las 7:00 horas; sin embargo, tal y como acreditan los partes de incidencias que se adjuntan al presente escrito, el 112 no se pone en contacto con la Diputación de Pontevedra hasta las 8:43 horas. En este punto sería de interés solicitar al 112 un informe sobre las llamadas recibidas la mañana del día 28 de diciembre de 2009 para determinar a que hora se recibió el aviso y, en su caso, el porqué del retraso en la comunicación a la Administración Provincial. b) Por otro lado, ante la situación de riesgo generada por la presencia de un árbol de gran tamaño en la zona de circulación, entendemos que el conductor tendría que haber dejado en el lugar los dispositivos de pre-señalización de peligro reglamentarios que debe llevar todo vehículo para advertir dicha circunstancia ya que, recordemos, sobre las 7:30 horas se produce otro siniestro en el mismo lugar según refleja el informe de la Guardia Civil aportado por el reclamante. En este sentido el artículo 51 del Texto Articulado de la Ley Sobre Tráfico y Vehículos a Motor establece que “Los usuarios de las vías que se vean implicados en un accidente de tráfico, lo presencien o tengan conocimiento de él, estarán obligados a auxiliar o solicitar auxilio para atender a las víctimas, si las hubiera, prestar su colaboración para evitar mayores peligros o daños, restablecer, en la medida de lo posible, la seguridad de la circulación y esclarecer los hechos. Por su parte el artículo 129 del Reglamento de Circulación incide en ese aspecto y añade que “Todo usuario de la vía implicado en un accidente de circulación deberá, en la medida de lo posible…Hacerse una idea de conjunto de las circunstancias y consecuencias del accidente, que le permita establecer un orden de preferencias, según la situación, respecto a las medidas a adoptar para garantizar la seguridad de la circulación, auxiliar a las víctimas, facilitar su identidad y colaborar con la autoridad o sus agentes…Esforzarse por restablecer o mantener la seguridad de la circulación…” c) No existe atestado levantado por la guardia civil de tráfico en el momento del accidente y tampoco el capataz de la brigada nº 5, que actuó con posterioridad en ese tramo de carretera, tiene constancia del mismo; también llama la atención que el conductor no acudiese a la Guardia Civil de Tráfico hasta el 14 de xaneiro de 2010. d) La visibilidad en el momento del accidente, se encontraba restringida por las adversas condiciones meteorológicas y por la configuración del terreno, al encontrarse el árbol a la salida de una curva…” Resultando.- Que con data 08/02/11 e con fundamento no artigo 4.1 c) da Lei 30/92 solicitouse informe a AXEGA para que aclarase a hora na que recibiu o112- SOS Galicia e no seu caso o porqué do retraso na comunicación á Deputación, o cal emitiu o mesmo na data 22/02/11 co seguinte contido: “… O día 28 de febreiro de 2009, recíbese ás 07:28 horas, unha chamada comunicando unha colisión dun vehículo contra unha árbore, na estrada Mondariz a Barciademera, ó pasar por Sabaxáns (Mondariz). Unha vez recibida esta información, procédese a consultar coa Garda Civil de Tráfico de Pontevedra a titularidade da estrada, indicando este organismo que se trata da PO-252. Con esta información, procedeuse a informar ó organismo correspondente do mantemento desta estrada, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ás 07:38 horas. Ás 08:35 horas recíbese chamada da Policía Local de Mondariz solicitando efectivos para retirar árbores caídas na estrada E.P.- 4306, pk. 3,5, indicando que xa houbo un accidente de tráfico por este motivo. Con esta información procedeuse a informar á Deputación Provincial de Pontevedra como organismo responsable de mantemento da mesma, iniciándose a comunicación coa centralita dese organismo ás 08:38 horas. A dificultade na obtención da denominación inicial da estrada, foi a causa da demora en contactar coa Deputación de Pontevedra…” Resultando.- Que con data 08/02/11 e con fundamento nos artigo 31.1, apartados “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92 déuselle traslado da reclamación a Dª. Carmen Cabadas Álvarez para que puidera comparecer coma interesada, facendo en escrito de data 25/02/11 as seguintes alegacións: “…Primera.- La dicente no es propietaria de ninguna finca o árbol caído de la misma que haya provocado un accidente en el punto kilométrico 3.5 de la carretera E.P. 4306. Segunda.- En todo caso, Ambulancias Ponteareas, S.L. ha interpuesto contra la dicente una demanda judicial reclamando la indemnización de daños y perjuicios derivados de dicho supuesto accidente, la cual se sigue actualmente como Procedimiento Ordinario nº 406/2010, ante el Juzgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 de Ponteareas, por lo que será este órgano judicial el único competente para resolver sobre la reclamación efectuada por dicha entidad mercantil contra mí. Resultando.- Que con data 12/07/11 recibiuse escrito de D. Luis Andión Cerdeiriña en representación de Ambulancias Ponteareas, S.L., no que acompaña sentencia recaída no procedemento Ordinario 406/10, na cal se desestima a reclamación civil formulada fronte a Dª. Carmen Cabadas Álvarez ó non quedar acreditada que fose a propietaria do terreo. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun tronco de árbore que caeu na estrada debido ás condicións meteorolóxicas, con chuvia e intenso vento (cuxa velocidade chegou a superar os 70 km/hora nalgúns momentos do día) o que fai atribuír a caída da árbore a un evento de forza maior, caracterizado doutrinalmente polos elementos de externalidade e irresistibilidade que provocan imprevisibilidade e consecuentemente inevitabilidade. Atribuírlle as consecuencias á Deputación pola mera detentación material da infraestrutura converteríaa nunha especie de aseguradora universal de todos os riscos. Resulta probado feacentemente coa sentencia referenciada no cuarto Resultando que o tronco non proviña dunha propiedade aledaña a cuxo titular se lle poida atribuír a responsabilidade da acción, polo que procede a desestimación da reclamación respecto da Deputación. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares fan necesaria a presenza das Brigadas da Deputación para a retirada da vía de elementos perigosos para a circulación entre os 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da vía, feito de modo real e probado, o que se adapta á actuación da Administración Provincial no presente suposto, xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron 25/30 minutos en chegar ó lugar do sinistro una vez foron alertados (véxase o informe e parte de traballo do Servizo de Infraestruturas e moi especialmente o do Axencia Galega de Emerxencias). Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación 6.19407.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DOÑA YOLANDA VILA MORALES EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DNA. ANA COUCE ALONSO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P.0019 FIGUEIRIDO- MARÍN (CONCELLO DE MARÍN) Dada conta que con data de rexistro 13/05/10 (núm. reg. 019693) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Yolanda Vila Morales en nome e representación de Dona Ana Couce Alonso, con domicilio para efecto de notificacións na rúa Gran Vía de lles Corts Catalanes, 645-4º-1 ª en Barcelona, por danos en vehículo matrícula 0219DDV a consecuencia da existencia de grava e barro na EP 0019 Figueirido- Marín, no Concello de Marín, o día 04/12/09 e que individualiza economicamente en 7.839,50 €. Resultando. - Que con data 25/02/10 tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Stella Rodríguez Fernández en representación de Don Ángel del Rosario Souto coa mesma identidade de razón, na mesma data e no mesmo punto quilométrico, o que deu lugar a que con data 12/03/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, se solicitase informe ó servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 16/03/10 co seguinte contido: “…1. El vial E.P. 0019 Figueirido- Marín está incluido dentro de la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras sí se tuvo constancia del accidente de referencia ya que según se refleja en el parte de trabajo que se adjunta al presente informe, a las 15:15 horas del día 4 de diciembre de 2009 se recibe una llamada del 112- SOS Galicia alertando de la presencia de barro y tierra en el vial provincial de referencia. Una vez comunicada dicha situación al Servicio de Infraestructuras, personal adscrito a la brigada nº 1 se desplaza hasta el lugar del siniestro procediendo a señalizar la vía y a limpiar el barro y la maleza presente en la calzada. 3. El capataz de la brigada nº 1, Sr. Celso García Alonso, informa que el barro y la maleza presente en la zona de circulación procedía de las ruedas de un tractor que había estado recogiendo madera del monte y que, al bajar por el camino forestal de tierra que existe en la zona y circular posteriormente por el vial provincial, habría provocado los arrastres de barro y maleza que provocaron el siniestro. 4. La presencia de ese material inerte en la zona de circulación es ratificada en el propio escrito de reclamación cuando se manifiesta literalmente que “… al llegar al punto kilométrico 3,00 se sale de la vía por el margen derecho debido a la existencia de barro en el carril por el que circulaba, así como el resto del corte de árboles y maleza, sufriendo daños el vehículo”. 5. Según información recabada por el capataz en el lugar del siniestro, el responsable de la tala de la madera que transportaba el tractor sería Don Francisco Sobral Souto, con dirección en Cadrelo, Santo Tomé de Piñeiro, Marín”. Resultando.- Que con data 15/04/10 levantouse acta de comparecencia na sede da Asesoría Xurídica a D. Francisco Sobral Souto, o cal preguntado sobre os feitos respondeu o seguinte: “ Preguntado por si en días próximos, anteriores o posteriores al 04/12/2009 estuvo recogiendo madera del monte y si ello pudo provocar arrastres de barro y maleza. Contesta. Que el día anterior estuvo sacando madera. Que a la noche estuvo limpiando la carretera. Añade que con las lluvias de la noche se pudieron producir arrastres hacia una cota más baja de la carretera. Que el accidente fue 400 metros más abajo. Que las tareas que estaba realizando las tenía señalizadas con una “señal de advertencia de peligro” que quedó colocada toda la noche.” Resultando.- Que con data 28/02/11 a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adoptou, por unanimidade, acordo polo cal se desestimaba a reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Dona Stella Rodríguez Fernández en representación de D. Ángel del Rosario Souto por danos en vehículo como consecuencia da existencia de barro na E.P. 0019 Figueirido-Marín. Resultando.- Que con fecha 10/05/11 interpúxose recurso contencioso-administrativo ante o xulgado nº 2 de Pontevedra promovido por D. Ángel del Rosario Souto, procedemento abreviado núm. 11/2011, contra desestimación, por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, da reclamación de responsabilidade patrimonial referida no resultando primeiro, desestimando dicho recurso mediante sentencia 215/2011 ditada na data 28/06/11, recollendo a mesma o seguinte: “… aunque es cierto que había barro y otros restos vegetales en la calzada, no puede hablarse de responsabilidad de la Diputación por dejación de sus funciones de mantenimiento y conservación, debiendo estimarse una ruptura clara del nexo causal por la intervención de un tercero (…). En consecuencia el recurso contencioso administrativo interpuesto por D. Ángel del Rosario Souto contra la desestimación de la reclamación de responsabilidad patrimonial por parte de la Diputación Provincial ha de ser desestimado, considerándose conforme a Derecho la actividad administrativa impugnada…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando. - Que non pode facerse a Deputación cargo dos danos ocasionados no automóbil, aínda que esta sexa o titular do vial, toda vez que o obxecto da reclamación, os danos no vehículo provocados pola existencia de barro na calzada, derivan da acción dun terceiro como consecuencia dos traballos de recollida de madeira que estaba a realizar na súa propiedade (como el mesmo recoñece) e que segundo establece o artigo 1902 do Código Civil, o que por acción ou omisión causa dano a outro, intervindo culpa ou neglixencia, está obrigado a reparar este. Alguén alleo á forza causacional, neste caso a Deputación, como xa confirmou a sentenza citada, non pode ser o responsable pola detención da titularidade demanial da infraestrutura, pois a admisión disto a convertería nunha aseguradora universal de todos os riscos. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b d Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar la reclamación. 7.19408.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. PAULINO ARAUJO VILAR EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. JOAQUÍN GARCÍA BÓVEDA E DE REALE SEGUROS, S.A. EN VEHÍCULO, NA E.P. 9703 VILANOVA-PONTEARNELAS, (CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA) Dada conta que con data de rexistro de 28/10/10 (Rex. núm. 037351) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Paulino Araujo Vilar en nome e representación de D. Joaquín García Bóveda e de Reale Seguros, S.A., con enderezo a efecto de notificacións na rúa Augusto González Besada, 15- 2º D, no Concello de Pontevedra, por danos en vehículo coma consecuencia da existencia dun tronco que ocupaba todo o ancho da calzada na E.P. 9703 Vilanova- Pontearnelas, no Concello de Vilanova de Arousa, na data 23/04/10 e que individualiza economicamente en 2.884,05 €. Resultando.- Que o informe Arena achegado coa reclamación relata o seguinte: “El vehículo se dirige dirección Puentearnelas cuando se encuentra un tronco de 8 metros en medio de la vía, que ocupa ambos carriles no pudiendo evitar pasar por encima del mismo… No se pudo determinar la procedencia del tronco…”, non tendo o tronco en cuestión relación algunha coa actividade desenvolvida pola Administración. Resultando.- Que con data 22/11/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 14/12/10 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 9703 Vilanova- Pontearnelas (Vilanova de Arousa) pertenece a la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero. A la vista del informe elaborado por la Guardia Civil de Tráfico se deduce que el accidente se produjo por la presencia de un TRONCO (y no de un árbol) en la calzada que, presuntamente se habría caído de alguno de los numerosos camiones que a diario circulan por ese tramo de carretera que sirve de acceso al Polígono Industrial de Tremoedo. Por otro lado, girada visita de inspección al lugar de referencia, se ha comprobado que en la zona de influencia del citado vial no existen árboles de gran tamaño susceptibles de ocasionar un accidente como el sufrido por el reclamante. Cuarto. Por último señalar que le vigilante de la zona se ha puesto en contacto con D. Francisco Javier Franco Gómez, testigo del accidente según la Guardia Civil de Tráfico, quien además de ofrecer dudas en su testimonio no ha aportado nuevos datos relativos al accidente. Resultando.- Que con data 26/01/11 e con fundamento no artigo 4.1 c) da Lei 30/92 solicitouse ampliación de atestado á Garda Civil de Tráfico, pois do informe Arena achegado coa reclamación non se deducía a procedencia da árbore, emitindo o mesmo na data 02/02/11 co seguinte contido: “… El Guardia Civil con T.I.P. D-16899-Z, instructor del Informe Arena, se personó en la carretera EP-9703 (Vilanova- Pontearnelas), observando que en dicha vía se hallaba atravesado el tronco de un árbol, el cual ocupaba totalmente el sentido Pontearnelas y parte del carril sentido Vilanova. Realizada la inspección ocular no se observó en los márgenes de la vía, sentido Pontearnelas, ningún tocón de árbol de donde pudiera proceder el tronco. En el otro lado de la vía se halla una vivienda, descartando por tanto que procediese del mismo. Que por el instructor se revisó una finca donde se estaba realizando una explanación, observando como a unos 150 metros de la vía, existen restos de un tronco cortado y señales de haber sido arrastrado por el suelo un tronco, así como restos de corteza que corresponden con el que existía en la vía. Que los Agentes llegaron a la conclusión de que dicho tronco debió ser arrastrado hacia la vía por personas desconocidas, con la finalidad de entorpecer la circulación o con la pretensión de utilizar la madera del mismo para otros fines, no llegando a conseguir su objetivo por motivos desconocidos, abandonándolo en el lugar. Que por los instructores se realizaron gestiones encaminadas a la localización de testigos que pudieran aclarar dichos términos, dando las mismas resultado negativo. Que en todo caso dicho tronco no cayó sobre la vía por acción directa al cortarlo o por fenómenos atmosféricos, sino que fue arrastrado hacia el lugar.” Resultando.- Que con data 30/03/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse ampliación de informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu na data 01/04/11 co seguinte contido: “Girada visita de inspección a la carretera provincial Vilanova- Pontearnelas, el vigilante de la zona informa que el tronco que provocó el siniestro podría procederde una finca de titularidad privada situada a unos 150 metros del lugar del siniestro. Hechas las averiguaciones oportunas, se ha comprobado que la citada finca es propiedad de Dª. Adoración Villanueva Abal, con domicilio en San Miguel de Deiro- Capilla San Roque, Vilanova de Arousa”. Resultando.- Que con data 05/04/11 e con fundamento no artigo 31.1, apartados “b” e “c” déuselle traslado da reclamación a Dª. Adoración Villanueva Abal para que puidera comparecer coma interesada, facendo no escrito de data 26/05/11 as seguintes alegacións: “Primera.- Hay que comenzar reseñando la grave indefensión que se está creando a esta parte en el escrito de requerimiento como interesada a la dicente y, en general, en todo el expediente de reclamación patrimonial. En primer lugar, tanto en el escrito de solicitud de reclamación patrimonial, como en el atestado levantado por la Guardia Civil el propio día de los hechos, se dice que hay un tronco en medio de la carretera. Y simplemente se dice un tronco, no se dice de qué árbol es el tronco. En segundo lugar, se dice que a unos 150 metros de la vía existen restos de un tronco cortado. Pero no se reseña con exactitud dónde es el punto en el que existen esos restos. ¿A 150 metros de dónde, y en qué dirección? En tercer lugar, no se detallan datos de la finca presuntamente titularidad de la dicente, y de la que parece ser que provenía el tronco que causó los daños. Por ello, es por lo que esta parte interesa que se le muestre en base a qué se concluye que la finca de donde procedía el tronco es de su propiedad. Se interesa que se le informe de los datos de la finca que presuntamente es de su propiedad, que se le informe de dónde estaba situado el tocón de árbol, que se le informe del tipo de tronco, que se le informe qué sucedió con el meritado tronco… La dicente está interesada en que se haga un examen de la zona en su presencia, a fin de poder aclarar los hechos, y para que se deje de tenerla como parte en el presente expediente. Segunda.- Esta parte desconoce en base a qué se ha llegado a la conclusión de que el tronco que provocó el accidente, y por ello, los daños, provenía de una finca titularidad de la dicente. Hay que analizar varios datos que no constan en el expediente que, o bien no han sido analizados correctamente, o bien se han omitido. A)—En el expediente se dice, en la ampliación de informe de la Guardia Civil de fecha 2 de febrero de 2011, que realizada inspección ocular, no se observó en los márgenes de la vía, sentido Pontearnelas, ningún tocón de árbol de donde pudiera proceder el tronco. Pues bien, la finca de la dicente ocupa exactamente los márgenes de la carretera, pues en el sitio donde mayor ancho tiene la meritada finca, mide unos 2 o 3 metros aproximadamente, y va decreciendo hasta terminar en punta, es decir en centímetros. Por lo tanto, si en la fecha del accidente se examinó el lugar de los hechos y en los márgenes no existía tocón, la finca de la dicente está descartada como posible origen del tronco. Por lo tanto, tal y como se dice en el mismo informe de la Guardia Civil, si el tronco proviene de una finca a 150 metros de la vía, (se sobreentiende que es a 150 metros de la vía hacia el interior), no puede ser dicha finca de titularidad de la dicente, pues la de la dicente, no tiene 150 metros de ancho. Se adjunta como doc. Nº 1 nota descriptiva y gráfica de la finca propiedad de la dicente. B)-- En este informe de ampliación de la Guardia Civil hay cierta incertidumbre, porque se dice que por el instructor se revisó una finca donde se estaba realizando una explanación, observando como a 150 metros de la vía existen restos de un tronco cortado y señales de haber sido arrastrado… Esos restos que se encontraron ¿estaban en la explanación? ¿Estaban más atrás? ¿Cuándo fue realizada esta inspección ocular, cuando sucedieron los hechos, el 23-4-2010, o en fecha del informe, el 02-02-2011? Es importante reseñar que la finca de la dicente ocupa escasamente los márgenes de la vía, por lo que no es posible que los restos de ramas y de haber sido arrastrado un árbol estén en su propiedad, puesto que si se hubiese cortado un árbol de su finca, los restos estarían en la propia vía, no existiendo dichos restos en los márgenes de la vía en el día de los hechos, según informe de la Guardia Civil. C)-- En el mismo informe de ampliación de la Guardia Civil se dice que en el otro lado de la vía, supuestamente de la finca de donde puede provenir el tronco, o de la explanación?) se halla una vivienda, descartando que le tronco procediese de allí. Pero es que enfrente de la finca de la dicente, esto es, al otro lado de la carretera, no hay ninguna casa, sino que hay otras fincas similares a la suya, esto es, con árboles de escasa altura. D)-- Por otro lado, hay que tener en cuenta que la dirección de la dicente, en la que se le ha notificado el requerimiento para hacer las alegaciones, no se corresponde con el que se dice en el informe de Infraestructuras de fecha 1 de abril de 2011. La dirección correcta es a la que se envía el requerimiento. Por lo que parece, el vigilante de la zona, habría hablado con un testigo de dudosa credibilidad, tanto por los datos facilitados en cuanto al domicilio de la dicente como en cuanto a que el tronco proviniese de su propiedad, y a la vista está que el error cometido en el domicilio de la dicente, así como en la identificación de la finca. E)-- En el informe emitido por Infraestructuras de fecha 1 de abril de 2011, hay que tener en cuenta que se ha modificado lo dicho en informes anteriores, sin razonamiento de tipo alguno, y se dice “… finca de titularidad privada situada a unos 150 metros del lugar del siniestro”. Parece ser que el propio vigilante encargado de hacer la inspección se ha dado cuenta de la inconcreción anterior y ha decidido, por su cuenta matizarla. Tercera.- Lo único cierto es que la dicente tiene una propiedad cerca de donde parece ser que ha ocurrrido el accidente, careciendo todo lo demás de veracidad. La finca propiedad de la dicente, mide unos 100 metros de largo por 2 metros de ancho en su zona más grande, y va decreciendo hasta terminar en punta. En dicha finca, existen, a día de hoy, 3 piñeiros, 1 carballo, y varios eucaliptos de escasa altura. Existe además un tocón de árbol, a unos centímetros de la vía, correspondiente a un carballo que se encuentra allí mismo tirado desde hace tiempo, y que se ve a simple vista. Se adjuntan fotografías de la finca y del tocón y tronco del carballo. Al lado de la finca de la dicente, sentido Pontearnelas, es cierto que existe una explanada, desconociendo esta parte a quién pertenece, cuándo se ha hecho, o cualquier otro dato. Enfrente de la finca de la dicente, al otro lado de la carretera, existen otras fincas que también tienen piñeiros, eucaliptos y demás, y que, esta parte considera, o bien que se descarten todas, incluida la de la dicente, o que se examinen todas como probables. Asimismo, al otro lado de la finca de la dicente, esto es, sentido Vilanova, y por la parte de atrás de su finca, existen otras de idénticas características que la suya. En la finca de la dicente no se ha hecho ninguna labor de tala de árboles en los últimos años, existiendo únicamente 3 árboles de grandes dimensiones que fueron talados hace muchos años. Cuarta.- Por lo expuesto, esta parte viene a mostrar su total disconformidad con el informe emitido por el director de infraestructuras el día 1 de abril de 2011, en el que se dice que el tronco que provocó el siniestro procedía de una finca titularidad privada situada a unos 150 metros del lugar del siniestro. Se comienza diciendo que es un tronco que habría caído de un camión de transporte de troncos, luego que sería de una explanación que está haciendo al lado del lugar del siniestro, luego de una finca situada a 150 metros de la vía, y se termina diciendo que es un tronco de árbol de una finca de la diciente, situada en los márgenes de la carretera. Quinta.- Esta parte puede ofrecer información testifical de todo lo alegado en el presente escrito de alegaciones tan pronto como sea querido para ello. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun tronco de árbore que un terceiro arrastrou ata o vial, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias á Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de tódolos riscos. Tampouco se pode probar feacentemente coa documentación que obra no expediente, que o tronco proviñese dunha propiedade aledaña respecto de cuxo titular se puidera suxerir a posible responsabilidade no feito, para accionar, nese caso, perante a vía a civil contra el. Considerando.- Que a Sentenza nº 124/2010 ditada en autos de recurso contencioso-administrativo tramitados como Procedemento Ordinario nº 232/2009 seguido no Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, desestima o mesmo ó considerar que non se lle pode imputar responsabilidade algunha á Deputación ó non recibir esta aviso algún, como ocorre no presente suposto onde non houbo aviso previo que obrigara á Deputación a actuar dentro do prazo establecido xurisprudencialmente de 45-60 minutos. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación. 8.19409.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ MANUEL OLIVARES MOZO EN REPRESENTACIÓN DE ZURICH E DE D. LUIS CARLOS GÓMEZ DACAL, POR DANOS EN VEHÍCULO A CONSECUENCIA DUNHA TAPA DE SUMIDOIRO NA E.P.2602 PEINADOR-LOUREDO (CONCELLO DE MOS). Dada conta que con data de rexistro 16/05/11 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don José Manuel Olivares Mozo, en nome e representación de ZURICH e de D. Luis Carlos Gómez Dacal, con enderezo de notificacións na rúa Nicaragua, 33- 1º de Vigo, por danos en vehículo a consecuencia da existencia dunha tapa de sumidoiro na E.P.2602 Peinador- Louredo, padecidos o día 09/09/10, e que cuantifica economicamente en 1.551,67 €. Resultando.- Que con data 15/06/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que emitiu en data 20/06/11 co seguinte contido: “Primeiro.- O vial E.P. 2602 Peinador- Louredo, Mos, está incluído dentro da rede provincial de estradas. Segundo.- Por parte do Servizo de Infraestructuras sí se tivo constancia do accidente de referencia xa que ás 16:25 horas do día 9 de setembro de 2011 recíbese una chamada do 112 SOS Galicia advertindo da presenza dunha arqueta levantada na estrada. Recibida dita comunicación o vixiante da zona desprázase ó lugar do sinistro nuns 20-25 minutos e verifica que dita arqueta ía ser reparada (e así foi) por operarios da empresa Construccións, Obras e Viais S.A. Terceiro.- Neste punto é preciso por de relieve que na data do sinistro a estrada provincial Peinador- Louredo atopábase en obras sendo dita empresa a responsable de levar a cabo as mesmas de acordo co proxecto Mellora da seguridade viaria na E.P.2602 Peinador- Louredo; este proxecto foi adxudicado pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra en virtude do Convenio de colaboración subscrito no seu día entre a Administración Provincial e o Concello de Mos, sendo o director das obras D. Alberto Moreno García, técnico alleo á Administración Provincial, en virtude dun contrato de asistencia técnica externa adxudicado á empresa Estudo A. Moreno en febrero de 2010. Cuarto.- Sen prexuízo do manifestado no parágrafo anterior, sinalar que a arqueta levantada, que presuntamente provocou o sinistro, tería como función a recollida de augas residuais, competencia municipal de acordo co disposto no artigo 25.2.l da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e que a mesma atopábase fóra da zona de circulación, tal e como reflicten as fotografías que se adxuntan ó presente informe…” Resultando.- Que con data 23/06/11, e con fundamento nos artigos 31.1, apartados “b” e “c” da Lei 30/92 e 198 da Lei 30/2007, déuselle traslado da reclamación á mercantil Construccións, Obras e Viais S.A. para que puidera comparecer coma interesada e alegar o que estimase pertinente, contestando en escrito de data 07/07/11 co seguinte contido literal: “… Queremos manifestar que somos adjudicatarios de las obras Seguridad Vial E.P.2602 Peinador- Louredo (Mos), de las que firmamos el contrato con fecha 03/11/09 y comenzamos los trabajos el 06/11/09, señalizando las obras desde el primer día con una señalización fija en el inicio y el fin de las mismas, y señalizaciones distintas en los diferentes tramos de las obras, en todo momento la velocidad estaba limitada a 30 km. La causa que alega el reclamante, para justificar el daño en el vehículo, se encuentra fuera de la zona de circulación, por otro lado, señalar que es muy difícil que ello ocasione ningún daño en el vehículo, e imposible si se circula a la velocidad establecida”. Resultando.- Que con data 23/06/11, e con fundamento nos artigos 31.1, apartados “b” e “c” da Lei 30/92 e 198 da Lei 30/2007, déuselle traslado á empresa Estudio A. Moreno para que puidera comparecer coma interesada e alegar o que estimase pertinente, contestando en escrito de data 28/06/11 co seguinte contido literal: “Aún estando en período de obras en dicha carretera en el referido día, por parte de la empresa constructora Construcciones, Obras y Viales, S.A., aún no se había producido ninguna actuación en la carretera en materia de alcantarillado. Pues el que se instaló ha sido colocado por las aceras, con lo cual estimo que la responsabilidad del accidente no es imputable ni a la empresa constructora ni al director de obra”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo polos seguintes feitos: 1º.- O informe de do Servizo de Infraestruturas desta Deputación e as fotografías achegadas co mesmo constatan que a arqueta que presuntamente provocou o sinistro atopábase fóra da zona de circulación. 2º.- O máis que posible quebrantamento por parte do condutor do artigo 45 do R.d. 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación, e que literalmente di: “…Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones metereológicas, ambientales y de circulación y en general cuantas circunstancias concurran en cada momento, a sin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse”. Considerando.- Que por si non abondase co exposto o elemento supostamente causante do evento lesivo concrétase nun accesorio dun servizo de titularidade municipal pois non outra cousa pode predicarse da rede de recollida de augas residuais, non pudendo a Deputación facerse cargo dos danos ocasionados aínda que sexa a titular do viario, pois segundo establece o artigo 25 letra “l” parágrafo segundo da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, o mencionado servizo é competencia municipal e que este, a súa vez, pode ser prestado, a través dunha concesión , por unha empresa, (artigo 253.a) en relación co 256.”a” e “c” da Lei 30/2007 de 30 de outubro de Contratos del Sector Público), cuxo teor literal e o seguinte: “…La contratación de la gestión de los servicios públicos podrá adoptar las siguientes modalidades : a) Concesión, por la que el empresario gestionará el servicio a su propio riesgo y ventura (…) El contratista estará sujeto al cumplimiento de las siguientes obligaciones: a) Prestar el servicio con la continuidad convenida y garantizar a los particulares el derecho a utilizarlo en las condiciones que hayan sido establecidas y mediante el abono, en su caso, de la contraprestación económica comprendida en las tarifas abonadas. (….) c) Indemnizar los daños que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera el desarrollo del servicio, excepto cuando el daño sea producido por causas imputables a la Administración”. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 9.19410.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada das seguintes: Comunicación do presidente do ente público Portos de Galicia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia de data 1 de agosto de 2011 (Rex. entrada núm. 27716 de data 3/08/11), relativo á renovación dos tres vogais que deberán representar ás Administracións Locais de Galicia correspondendo un a cada provincia costeira. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.19411.- APROBACIÓN E ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “HUMANIZACIÓN E.P. 2908 ARCADE-AMOEDO TRAMO ROSALIA DE CASTRO (SOUTOMAIOR)” A Deputación de Pontevedra aprobou por Xunta de Goberno, con data 16 de xuño de 2009, un convenio de colaboración co Concello de Soutomaior para a “Humanización E.P. 2908 Arcade-Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)”. A Xunta de Goberno, en sesión do 21 de outubro de 2009, adxudica o contrato para a execución do devandito proxecto a Construcións E.C. Casas, S.L., polo prezo de 360.768,69€, máis a cantidade de 57.722,99 €. Por medio de Resolución Presidencial, de data 21 de xaneiro de 2010, nomeouse ó Estudio A. Moreno, S.L. director da mencionada obra. Con data 8 de febreiro de 2010, asinouse polo director da obra e o representante legal da empresa a acta de comprobación do replanteo. O director da obra solicita a redacción dun proxecto modificado para recoller neste a realización de dúas perforacións dirixidas cara ó cruzamento de canalizacións de augas fecais, unha estrada nacional N-550, Pontevedra-Vigo, e outro na estrada autonómica PO-224, Ponte Caldelas-Soutomaior. Este último co fin de suprimir un bombeo existente e conducir as augas fecais a través dos novos colectores instalados na rúa Rosalía de Castro. Con data 9 de novembro de 2010, asínase unha acta de suspensión da obra, xunto co representante da empresa, motivado pola necesidade de redacción do proxecto modificado, e continuar así coa execución da obra. O director de Infraestruturas informa, con data 29 de decembro de 2010, de forma positiva a redacción do proxecto modificado. En xaneiro de 2011, preséntase o proxecto modificado con incremento sobre o inicial de oitenta e unha mil douscentos oitenta e dous euros con cincuenta e dous céntimos de euros (81.282,52 €). Preséntase así mesmo, unha acta de prezos contraditorios, asinada polo director da obra e polo representante da obra polas unidades non incluídas no contrato da obra primitiva, e que foron incluídos no mencionado proxecto modificado, e polos cales o contratista mostra a súa conformidade á súa execución. Mediante informe de intervención certificouse a existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto na aplicación orzamentaria 11/456.453.612.02, emitíndose documento Rc 201100060329. Tamén foron expostas diversas recomendacións e observacións que na medida do posible foron emendadas. Considerando o establecido nos artigos 202 e 217 da LCSP, que por razóns de interese público se poden introducir modificacións ó contrato de obra, polas razóns anteriormente expostas, e considerando a base 16 de execución do presuposto do ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar e adxudicar o proxecto modificado da obra “Humanización E.P. 2908 Arcade-Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior), á empresa E.C.CASAS, S.L.”, por importe de catrocentos noventa e nove mil setecentos setenta e catro euros con vinte céntimos (499.774,20 €). O proxecto supón un incremento sobre o proxecto inicial de sesenta e oito mil oitocentos oitenta e tres euros con corenta e nove céntimos (68.883,49 €), IVE excluído, sendo o IVE de doce mil trescentos noventa e nove euros cero tres céntimos (12.399,03 €). O prazo de execución do modificado será dun mes. O gasto financiásese con cargo á aplicación orzamentaria 11/456.453.612.02.2010 do vixente orzamento provincial. 11.19412.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOAÑA PARA A “MELLORA DE TRAZADO DA E.P. 1101 PK 0+300 A 0+750 MOAÑA–BERDUCEDO” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Moaña para a “Mellora de trazado da estrada E.P. 1101 PK 0+300 a 0+750 Moaña-Berducedo”. O custo total do convenio ascende á cantidade de cincocentos sete mil douscentos nove euros con noventa e un céntimos (507.209,91 €). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para levar a cabo esta actuación na aplicación 11/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. Por resolución presidencial de data 8 de agosto de 2008 adxudicouse á empresa Galaicontrol, S.L. por importe de 20.880,00 euros, a redacción do correspondente proxecto. O prazo de execución das obras ampliouse a 18 meses para adecualo ó financiamento. Por todo o exposto, e subsanadas as observacións e recomendacións do informe de intervención, de data 3 de agosto de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Moaña para a “Mellora de trazado da E.P. 1101 pk 0+300 a 0+750 Moaña Berducedo”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOAÑA PARA A “MELLORA DE TRAZADO DA ESTRADA E.P. 1101 PK 0+300 A 0+750 MOAÑA – BERDUCEDO”. No Pazo Provincial, a …………. de xullo de 2011 REUNIDOS O Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. José Fervenza Costas, Alcalde-Presidente do Concello de Moaña, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administación Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Moaña é a “Mellora de trazado da estrada E.P. 1101 PK 0+300 a 0+750 Moaña – Berducedo”. O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade total de cincocentos sete mil douscentos nove euros con noventa e un céntimos (507.209,91 €). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Moaña, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2011 2012 2013 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 154.368,24 € 108.057,76 € 92.620,94 € 355.046,94 € Concello de Moaña 76.081,48 € 76.081,49 € 152.162,97 € Investimento total 507.209,91 € As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na aplicación 456.453.612.02. As cantidades correspondentes as anualidades de 2012 e 2013 deberán ser ingresadas polo concello no primeiro trimestre de cada ano, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de aportar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2011, con cargo á aplicación 11/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. As anualidades de 2012 e 2013 financiaranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos exercicios futuros, quedando condicionadas á aprobación dos orzamentos. Sexta.- O Concello de Moaña obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A entidade deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sétima.- O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas e dos distintos servizos obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Undécima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Moaña, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. José Fervenza Costas” 12.19413.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DAS OBRAS DO MODIFICADO Nº4 DE “AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO” A Xunta de Goberno da Deputación provincial, en sesión do día 18 de xaneiro de 2011, prestou aprobación ó proxecto modificado nº 4 de ampliación e rehabilitación do Edificio Sarmiento (Museo de Pontevedra), adxudicando a realización do mesmo á empresa Dragados, S.A. O prazo para levar a cabo as obras ampliouse ata o 30 de marzo de 2011. A empresa constituíu garantía complementaria por un importe de 103.111,03 euros, formalizando o correspondente contrato administrativo con data 1 de febreiro de 2011. Por acordo da Xunta de Goberno, de data 23 de marzo de 2011, debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras, ampliouse o prazo de realización das mesmas ata o 30 de xuño de 2011. Mediante escritos da empresa de datas 14 de xuño e 2 de agosto de 2011, ratificados polos Arquitectos directores da obra, a empresa pon de manifesto que debido a que aínda está pendente a autorización da Deputación de Pontevedra, por parte da compañía subministradora de electricidade, para a modificación e traslado do Centro de Transformación do Museo de Pontevedra, a execución de varias unidades de obra atópase paralizada ou executada parcialmente, polo que non se poden finalizar os traballos. Visto o informe do Servizo de Contratación e o escrito da empresa Dragados, S.A, ratificado polos Arquitectos directores da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade que se proceda ampliación do prazo de realización das obras ata o 31 de outubro de 2011. 13.19414.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS E CERTIFICACIÓNS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: NºFACTURA DATA OBRA IMPORTE 0222-04/2011 23/03/2011 “Mellora seguridade viaria e dotación de servizos na estrada PO-300, Nogueira-Cambados, PK 0+1000 a 1+560, travesía do Mosteiro (Meis)” (D06/0370) 727,48 0222-05/2011 23/03/2011 “Polideportivo en Ponteareas” (D08/0074) 1.935,93 0222-07/2011 23/03/2011 “Beirarrúas, servizos e iluminación na estrada EP 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 56,36 0222-10/2011 23/03/2011 “Rehabilitación de firmes zona norte” (D09/0077) 223,83 0299-27/2011 12/04/2011 “Acondicionamento camiños parroquias, Ponte Caldelas” (PID/09/00901/2009002390) 168,99 0299-28/2011 12/04/2011 “Pavimentación parroquia Insua, Ponte Caldelas” (PID/09/00901/2009002388) 503,23 0299-29/2011 12/04/2011 “Pavimentación parroquia Insua, Ponte Caldelas” (PID/09/00901/2009002388) 44,43 0299-30/2011 12/04/2011 “Rehabilitación da antiga escola unitaria de Cuartos de Borbén, Pazos de Borbén” (PID/09/00921/2009002623) 228,37 0299-31/2011 12/04/2011 “Saneamento en Cabreira (Salvaterra de Miño)” (PID/09/00986/2009002652) 511,90 0299-32/2011 12/04/2011 “Saneamento en Cabreira (Salvaterra de Miño)” (PID/09/00986/2009002652) 284,48 0299-33/2011 12/04/2011 “Dotación de servizos e mellora en Maceira e Campelo, Covelo” (PID/09/00976/2009002795) 224,07 0299-34/2011 12/04/2011 “Pavimentación da pista da Foreira, Mondariz” (PID/09/00790/2009002615) 393,86 0299-35/2011 12/04/2011 “Humanización rúa Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol, Sanxenxo” (PID/09/00927/2009002323) 265,94 0299-36/2011 12/04/2011 “Humanización rúa Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol, Sanxenxo” (PID/09/00927/2009002323) 525,22 0299-37/2011 12/04/2011 “Recollida de pluviais na Laxe, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002304) 294,97 0299-38/2011 12/04/2011 “Recollida de pluviais na Laxe, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002304) 47,89 0299-39/2011 12/04/2011 “Saneamento en Cachopeiras, Tarrío, As Molladas e Coaxe” (PID/09/00974/2009002307) 35,61 0299-40/2011 12/04/2011 “Acondicionamento de parques públicos de Asorey e Cirela e do entorno da fonte de Covas, Vila de Cruces” (PID/09/00917/2009002539) 54,64 0299-41/2011 12/04/2011 “Saneamento na Fervenza San Pedro de Losón (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002553) 505,94 0299-43/2011 12/04/2011 “Pavimentación da rúa de Francisco Bastereche e reparación da Rúa A Estrada, Marín” (PID/09/00795/2009002233) 242,12 0299-44/2011 12/04/2011 “Ampliación do saneamento no contorno da Finca do Conde, Gondomar” (PID/09/00920/2009002783) 198,05 0299-45/2011 12/04/2011 “Ampliación do saneamento no contorno da Finca do Conde, Gondomar” (PID/09/00920/2009002783) 134,61 0299-46/2011 12/04/2011 “Asfaltados de diversos camiños no concello de Caldas de Reis” (PID/09/00896/2009002677) 113,98 0299-47/2011 12/04/2011 “Urbanización As Mimosas 1ª fase” (PID/09/00974/2009002306) 74,26 0299-48/2011 12/04/2011 “Urbanización As Mimosas 1ª fase” (PID/09/00974/2009002306) 292,69 0299-49/2011 12/04/2011 “Obras complementarias no edificio multiusos na Praza de Abastos, Baiona” (PID/09/00972/2009002402) 226,77 0299-50/2011 12/04/2011 “Obras complementarias no edificio multiusos na Praza de Abastos, Baiona” (PID/09/00972/2009002402) 217,57 0299-51/2011 12/04/2011 “Acondicionamento de local social en Campelo, Poio” (PID/09/00923/2009002358) 87,09 TOTAL 8.620,28 14.19415.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 4 de agosto de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100001000 e que contén dúas facturas, sendo a primeira de Iniciativa Galega de Comunicación, S.L., por importe de 4.598,46 € e a derradeira de Estación de Servizo Mollabao, S.L., por importe 6.552,23 € obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 11.150,69 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 11.150,69 € 15.19416.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición