ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/09/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-09-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/09/02_Ordinaria

  • Data(s) 2011-09-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas trinta e cinco minutos do día dous de setembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Gabriel Rodríguez Alonso, Secretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José María Bello Maneiro. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19429.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de setembro de 2011. 2.19430.- CONCESIÓN DO SEGUNDO GRUPO DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL, QUE TRABALLEN NO MARCO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, DENTRO DA CONVOCATORIA 2011 DE TALES SUBVENCIÓNS Aprobadas pola Xunta de Goberno do 5 de abril de 2011 as Bases Reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social que traballen no marco dos Servizos Sociais Especializados, publicadas no BOP do 8 de abril, concedido o primeiro grupo de ditas subvencións polo importe de 317.689,92 € en virtude de acordo da Xunta de Goberno do 29/07/2011, e á vista do informe de fiscalización do 2º. Grupo (composto polos proxectos de sensibilización, prevención e divulgación), emitido pola Intervención o 12 de agosto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do segundo grupo de subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social que traballan no marco dos Servizos Sociais Especializados, dentro da convocatoria 2011, cun importe global de 56.903,90 € a favor de 27 proxectos, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.233-480.02; conforme ó seguinte cadro: ORZAMENTO:300.000,00 € na Aplicación 11/230.233.48002 Concello Nº Asociación Actividade Nº H Proposta Bueu 1 Asoc. Parkinson Galicia Parkinson 2.200 Gondomar 1 ONG INTI. Sensibilización e formación de voluntariado 2.200 Moaña 1 Alcohólicos Rebolo de Moaña ARMO Programa de Visitas a Domicilio 2.200 Mos 1 Asoc. de Discapacitados Fisicos e/ou Psíquicos XX Xornadas sobre discacapacidade 2.103,90 Pontevedra 4 Asoc. Colectivo de Afectados de Fibromialgia Divulgación 1.000 Asoc. Española contra o Cancro Xunta de Prov. Pont Sempre Sensibilización e Prevención 2.200 Asoc. Juan XXIII Papel medios comunic. na difusión da imaxe discap. 2.200 Solidariedade Internacional de Galicia Monicreques: Irene en América Central. 2.200 Redondela 1 Asoc. Andaina de Persoas con Necesidades Especiais O Recoñecemento Social das persoas con N.E.E 2.200 Tui 1 Alcohólicos Reabilitados Baixo Miño C. Sensibilización de consumo Abusivo do alcohol 2.200 Vigo 16 Asem Galicia Boletíns Informativos Asem Galicia 2011 2.200 Asoc. FARAXA pola abolición da Prostitución Actv. para prev., infor. e sensib.sobre a prostitución… 2.200 Asociación Fase de Encuentro Actividades de prevención 2.200 Asociación Fontenova Actividade de sensibilización e apoio ás familias 2.200 Asoc. Galega Xogadores Anónimos Día Nacional Sen Xogo de Azar 2.200 Asoc. Manaia Integración social e familiar dos nenos adoptados 1.400 Asoc. Persoas Xordas de Vigo-ASV Proxecto Prevención-Servicio Logopedia 2.200 Asoc. Red Madre Pontevedra Test apoio social 2.200 Asoc. Sodinautica Igualdade de oportunidades 2.200 Asoc. Solidaria de Galicia (ASDEGAL) Sensibilización e Integración pers.con discapacidade 2.200 Asociación STOP No deixes que te utilice. 2.200 ASPAMAEX- Asoc. a favor de pers. con Dis. Intelectual S. cara o benestar e calidade de vida de pers. con D.I 2.200 Arela Iniciativas de Apoio á Infancia e a Mocidade Programa de prevención de condutas infractoras 2.200 Fundación Menela Información e divulgación da fundación Menela 2.000 Fundación Meniños Responsable e Solidaria 2.000 Soc. para Desarrollo de Ideas Técnicas del Minus.Físico Actualización Proxecto Tureiva 2.200 Vilagarcía de Arousa 1 Fundación Galega Contra o Narcotráfico Campaña Panos Brancos contra a Droga 2.200 TOTAL 27 TOTAL: 56.903,90 3.19431.- ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DO EQUIPAMENTO DE MUSEOGRAFÍA DA PLANTA SEGUNDA. AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA. PROXECTO 10.2 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 27 de abril de 2011 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración do equipamento de museografía da planta segunda do sexto edificio do Museo de Pontevedra. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 88 de data 9 de maio de 2011. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 30 de maio de 2011, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Arquitecto Director da obra do Museo de Pontevedra emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 2 de agosto de 2011, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas empresas que obtiveron unha puntuación da proposta técnica superior a 30 puntos, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo os seguintes resultados: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total (B e C) ENTORNO Y VEGETACION SA 48 30,374 78,374 SIT GRUPO EMPRESARIAL SL 34 35,042 69,042 PLAY MEDIA MOTION GRAPHICS SL 33 31,320 64,320 MANTEROLA DIVISION ARTE SA 31 23,962 54,962 TALLER CREATIVO SLU 34 11,340 45,340 Á vista das puntuacións totais obtidas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato á empresa Entorno y Vegetación S.A., ó cumprir dita empresa co estipulado nos pregos de condicións e obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas económico-administrativas. Resultando que mediante Resolución Presidencial de data 4 de agosto de 2011 requiriuse á empresa Entorno y Vegetación S.A, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 8.626,00€, de acordo co disposto no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa Entorno y Vegetación SA presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 8.626,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201100066450, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, modificado pola Lei 34/2010, de 5 de agosto, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para as contratacións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Entorno y Vegetación S.A (CIF A-28.651.370), o contrato para a subministración e instalación do equipamento de museografía da planta segunda, ampliación de Museo de Pontevedra Proxecto 10.2, polo seguinte prezo ofertado: Prezo sen IVE 172.520,00 € IVE 31.053,60 € Prezo total 203.573,60 € O prazo de execución do contrato será de dous meses. O importe do contrato será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 11/457.333.625.01.2008. 4.19432.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES PARA SUBSTITUÍR A SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA REALIZAR O INVESTIMENTO NÚM. 487 “CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA 2011” POLO NOVO INVESTIMENTO NÚM. 2651 “VII FESTIVAL FOLK”, INCLUÍDAS NO PAM/2011-SECCIÓN ACTIVIDADES Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2011, acordo núm. 10.19199, concedeu ó Concello de Fornelos de Montes, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha axuda económica destinada ó financiamento da actuación núm. 487 “Campionato de fútbol sala 2011”, incluída no PAM/11 – Sección Actividades. O importe da axuda económica concedida para esta actuación foi de 1.000,00 €. Resultando que con data 18/08/2011, o Concello de Fornelos de Montes achega un escrito con núm. de rexistro de entrada 29.314, solicitando que o financiamento obtido para a actividade núm. 487 se aplique á nova actuación núm. 2.651 “VII Festival folk”, motivando o cambio pola imposibilidade de realizar o “Campionato de fútbol sala 2011”. Considerando o disposto na base décimo segunda das reguladoras do PAM/11 – Sección Actividades, en relación á modificación dun acordo de concesión cando concorren circunstancias excepcionais e visto o informe do Servizo de Intervención de data 23/08/2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar aprobación ó cambio de aplicación solicitado polo Concello de Fornelos de Montes, con CIF núm. P3601900H, da actividade núm. 2011000487 “Campionato de fútbol sala”, cunha subvención de mil euros (1.000,00 €), para a actividade núm. 2011002651, “VII Festival Folk”, cun orzamento de 4.130,00 €, con cargo ó programa de Acción Municipal 2011, Sección Actividades, aplicación 11/942.942.462.00, e con suxeición ás seguintes condicións: a) A subvención concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da actuación, unha vez concluída a súa realización, que haberá de axustarse estritamente ó disposto na base décimo terceira das reguladoras do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades 2011. c) A actividade acollida a este programa deberá estar rematada e xustificada antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. 5.19433.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE CERDEDO INTERESANDO AUTORIZACIÓN PARA EXECUTAR POLA ADMINISTRACIÓN A OBRA NÚM. 12 DENOMINADA “CONEXIÓN DO SANEAMENTO EN PEDRE”, INCLUÍDA NO PPC/11 Vista a solicitude do concello de Cerdedo pola que interesa autorización para executar polo sistema de administración a obra núm. 12 denominada “Conexión do Saneamento en Pedre”, cun orzamento de 56.156,53 €, incluída no Plan Provincial de Cooperación 2011 (PPC/11), por concorrer as circunstancias previstas no artigo 24.1, apartados a) e b) da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó concello de Cerdedo autorización para executar polo sistema de administración a obra núm. 12 denominada “Conexión do Saneamento en Pedre”, incluída no PPC/11. 6.19434.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MORAÑA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002661, DENOMINADA “REPOSICIÓN E ACONDICIONAMENTO DE FIRMES NOS LUGARES DE APEDRADO, PUMARDATAN E LONGAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002661, denominado “Reposición e acondicionamento de firmes nos lugares de Apedrado, Pumardatan e Longas” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Moraña con CIF núm. P3603200A, a cantidade de noventa e catro mil trescentos sesenta euros con dezaseis céntimos (94.360,16 €), para a realización do investimento núm. 2011002661, denominado “Reposición e acondicionamento de firmes nos lugares de Apedrado, Pumardatan e Longas”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 94.360,16 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.19435.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MORAÑA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002662, DENOMINADA “REPOSICIÓN E ACONDICIONAMENTO DE FIRMES EN TRAMBOSRRIOS, CASIÑAS-PONTELLAS, BATAN E CORRIGATOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002662, denominado “Reposición e acondicionamento de firmes nos lugares de Trambosrríos, Casiñas-Pontellas, Batan e Corrigatos” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Moraña con CIF núm. P3603200A, a cantidade de cento cinco mil seiscentos trinta e nove euros con oitenta e catro céntimos (105.639,84 €), para a realización do investimento núm. 2011002662, denominado “Reposición e acondicionamento de firmes nos lugares de Trambosrríos, Casiñas-Pontellas, Batan e Corrigatos”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 0 euros Exercicio 2011: 105.639,84 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.19436.- CAMBIO NO DESTINO DE TRES BOLSEIROS DA ÁREA DE COMERCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POR RENUNCIA Á SUBVENCIÓN EN ESPECIE DE TRES ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES Por acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión celebrada o 01 de xuño de 2011, adxudícanse 22 bolsas de colaboración con destino á Área de Comercio con efectos do 01 de xullo de 2011 e por un período de 6 meses. As tarefas de colaboración a levar a cabo polos bolseiros desenvólvense dende o seo das asociacións de comerciantes polo que se asignou a cada un deles unha/varias asociacións de comerciantes coa/s que colaborar. Tal e como se establece na base primeira que regula a convocatoria das presentes bolsas de colaboración, o obxectivo das mesmas é que os bolseiros leven a cabo esta labor de asistencia co fin de mellorar e promocionar o asociacionismo e a representatividade das asociacións de comerciantes e que esta contribúa á súa formación teórica e práctica no campo da actividade comercial e o seu ámbito. Con motivo da renuncia a esta subvención en especie presentada a través do rexistro xeral por 3 das asociacións beneficiarias, proponse á Xunta de Goberno que D. Pablo Fojo Conde, Dª. Sandra García Roma e Dª. Ana Gil Fernández, sigan desenvolvendo as tarefas de colaboración coas asociacións de comerciantes dende as dependencias da Oficina Provincial de Comercio da institución provincial en Pontevedra apoiando deste xeito o traballo que dende este departamento se fai en prol do pequeno comercio da provincia en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Polo anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade cambiar o destino de D. Pablo Fojo Conde, Dª. Sandra García Roma e Dª. Ana Gil Fernández para que sigan colaborando nas actividades, traballos e iniciativas que dende a Área de Comercio da Deputación de Pontevedra dende as dependencias da Oficina Provincial de Comercio da institución provincial en Pontevedra para que estas contribúan á súa formación teórica e práctica no campo da actividade comercial e o seu ámbito, con efectos do 5 de setembro e ata o 31 de decembro de 2011. 9.19437.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 25 de agosto de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100001106 e que contén vinte e nove facturas, sendo a primeira de Organismo Autónomo Provincial de Gestión de Recursos Locales - ORAL, por importe de 52,21 € e a derradeira de Organismo Autónomo Provincial de Gestión de Recursos Locales - ORAL, por importe 11,24 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 3.166,11 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 3.166,11 € 10.19438.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.19439.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A “MELLORA E AMPLIACIÓN DA E.P. 9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO, LUGAR DE PADRENDA (MEAÑO) A Estrada Provincial 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro sirve de rede arterial de comunicación do Polígono de Pedreiras en Meaño co concello de Ribadumia, soportando na actualidade un intenso tránsito rodado. Pois ben, coa finalidade de levar a cabo a mellora e ampliación desta estrada, polos servizos técnicos desta Deputación, elaborouse o proxecto de “Mellora e ampliación da E.P 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro, lugar de Padrenda (Meaño)”, cun orzamento de 265.182,39€, dos que 235.826,49 € corresponden á execución da obra e 29.335,90 € ó capítulo de expropiacións. Dado que un tramo da estrada obxecto de melloras dotarase de beirarrúas e da instalación de servizos complementarios, o financiamento deste proxecto levarase a cabo, como é habitual nestes casos, conxuntamente pola Deputación e o Concello, achegando o 70 % e o 30%, respectivamente, cada unha destas Entidades. O financiamento levarase a cabo en dúas anualidades correspondendo achegar á Deputación 185.627,67 € dos que 109.192,75 € corresponden á anualidade de 2011, e o resto 76.434,92 € á anualidade de 2012. Este proxecto ía ser inicialmente financiado exclusivamente pola Deputación Provincial, e pola Intervención de fondos emitíronse os documentos Rc por un importe total de 235.826,49 € correspondente á execución da obra e de 29.335,90 € para expropiación con cargo á aplicación orzamentaria 11/456.453.612.02. Posteriormente ó financiarse a obra conxuntamente co concello de Meaño quedou contraída soamente a cantidade de 109.192,75 € correspondente á anualidade de 2011, liberándose a cantidade restante para facer fronte ós gastos xerados por outro proxecto. O Concello de Meaño, en sesión plenaria celebrada o día 8 de agosto de 2011, prestou aprobación a este convenio de colaboración, certificando así mesmo a Secretaria-Interventora do mesmo a existencia do crédito necesario para financiar a achega municipal correspondente á anualidade de 2011. Polo Secretario da Deputación emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por todo o exposto, e visto o informe de intervención, de data 1 de setembro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño para levar a cabo a obra de “Mellora e ampliación da E.P. 9305 Coirón–Ribadumia–Leiro (Meaño)”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A “MELLORA E AMPLIACIÓN DA E.P. 9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO, LUGAR DE PADRENDA (MEAÑO). No Concello de Meaño, a …. de xuño de 2011 REUNIDOS O Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. Jorge Domínguez Rosal, Alcalde-Presidente do Concello de Meaño, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño é a “Mellora e ampliación da E.P. 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro, lugar de Padrenda (Meaño)”. Segunda.- Importe. O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade total de douscentos sesenta e cinco mil cento oitenta e dous euros con trinta e nove céntimos (265.182,39 €), incluídos os gastos correspondentes ás expropiacións previstas no proxecto de execución. Así mesmo, comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. Terceira.-Financiamento. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2011 2012 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 109.192,75 € 76.434,92 € 185.627,67 € Concello de Meaño 46.796,90 € 32.757,82 € 79.554,72 € Investimento total 265.182,39 € As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na aplicación 456.453.612.02 debendo ingresar a cantidade correspondente a anualidade 2011 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A cantidade da anualidade 2012 debe ser ingresada no primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de aportar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Modificacións do proxecto. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo ou das expropiacións, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.- Obrigas da Deputación. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2011, con cargo á aplicación 11/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. A anualidade de 2012 financiarase con cargo á aplicación correspondente do exercicio futuro, quedando condicionada á aprobación do orzamento. Sexta.- Obrigas do Concello de Meaño. 1.- O Concello de Meaño obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios, que non sexan obxecto de expropiación, para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. 2.- Así mesmo, deberá obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3.- O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas e dos distintos servizos obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. 4.- A entidade deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sétima.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen, e un Técnico de cada entidade. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Oitava.- Entrada en vigor. O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Causas de resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- Natureza do contrato. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal Polo Concello de Meaño, D. Jorge Domínguez Rosal” 12.19440.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DUN SISTEMA DE IMPRESIÓN PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Na actualidade a Deputación de Pontevedra ten un parque de sistemas de impresión de varias marcas e modelos que provoca un elevado custo por copia impresa, e unha dificultade no mantemento dos devanditos equipos. Por iso proponse racionalizar o sistema de impresión cambiando o modelo de xestión e entorno dos mesmos, abarcando mediante un contrato único, en réxime de arrendamento e modalidade por pago, todas as necesidades de facturación, xestión e mantemento. O custo do arrendamento de equipos con opción de compra estímase nun máximo de 599.534,40 €, a financiar en catro anos. O contrato levará aparellado o servizo de mantemento do equipo durante a vixencia do mesmo, vinculado a un prezo por páxina, segmentado en branco/negro e cor, único para todos os servizos. O gasto estimado en copias ó ano é de 87.320,00 euros. Polo servizo de contratación infórmase que o sistema máis adecuado para adxudicar este contrato é o procedemento aberto, para o que se elabora o prego de condicións que é o elemento regulador do mesmo. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación. O servizo de intervención informa sobre a existencia de crédito, e fiscaliza o expediente. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, o sistema de impresión da Deputación de Pontevedra. O tipo de licitación relativo ó arrendamento dos equipos establécese na cantidade de dez mil cincocentos oitenta e cinco euros, sen IVE (10.585,00 €/sen IVE). Os prezos de licitación máximos das copias serán as seguintes: CONCEPTO IMPORTE MÁXIMO Copias Branco/negro 0,006 € Copias cor 0,07 € O custo anual máximo estimado para o arrendamento de equipos será cento corenta e nove mil oitocentos oitenta e tres euros con sesenta céntimos (149.883,60 €), IVE incluído. O custo polo consumo anual de copias estímase nunha cantidade máxima anual de oitenta e sete mil trescentos vinte euros (87.320,00 €), IVE incluído. O contrato financiarase tal e como se establece a continuación: ORGANISMO TIPOLOXÍA DE GASTO PARTIDA IMPORTE TOTAL (4) ANOS CON IVA PORCENTAXE Deputación Provincial de Pontevedra EQUIPOS 926.926.206.00 396.480,00 € 66,13% COPIAS 922.920.220.00 248.932,80 € 71,27% Escola Universitaria de Enfermería EQUIPOS 831.323.206.00 14.160,00 € 2,36% COPIAS 831.323.220.00 3.776,00 € 1,08% O.A.L. Escola de Canteiros EQUIPOS 832.323.206.00 14.160,00 € 2,36% COPIAS 832.323.220.00 3.681,60 € 1,05% O.A.L. Museo de Pontevedra EQUIPOS 833.333.206.00 35.400,00 € 5,90% COPIAS 833.333.220.00 25.960,00 € 7,43% O.A.L. Turismo Rías Baixas EQUIPOS 843.432.206.00 14.160,00 € 2,36% COPIAS 843.432.220.00 11.800,00 € 3,38% Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) EQUIPOS 893.932.206.00 125.174,40 € 20,88% COPIAS 893.932.220.00 55.129,60 € 15,78% A adxudicación do contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do mesmo. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: - Autorizar o gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias e en relación cos importes anteriormente sinalados, en función dos exercicios orzamentarios correspondentes. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para o devandito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: 13.19441.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO DO DESEÑO E CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE PROCESO DE DATOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión ordinaria do día 9 de febreiro de 2011 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do deseño e construción dun Centro de Proceso de Datos (CPD), pola cantidade máxima de trescentos noventa e nove mil euros (399.000,00 €), IVE incluído. Este contrato foi adxudicado por acordo da Xunta de Goberno en sesión do 25 de maio de 2011 á empresa UTE TRC INFORMATICA, S.L.-EDNON, S.L., por un importe total de trescentos noventa e oito mil oitocentos corenta euros (398.840,00 €), IVE incluído. Posteriormente en aras de proceder á execución do contrato realizouse unha visita de replanteo co adxudicatario, revisándose as dimensións do espazo dispoñible para a localización do novo CPD. O responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías informa que, unha vez comprobada a altura entre forxados (2,90 m) obsérvase que o sistema de refrixeración ofertado de impulsión por falso chan require unha altura mínima de 3,30 metros para garantir o seu correcto funcionamento e a circulación do aire de retorno, tal e como se prevía inicialmente. Tras realizar as catas localizáronse unhas zapatas de pilares de 2x2 metros, o que imposibilita o rebaixe previsto da soleira. Confirmando a imposibilidade deste rebaixe inténtanse recolocar as futuras instalacións noutra zona do edificio, pero ningún dos espazos satisface directamente os requisitos, dado que en todos desperdícianse zonas con xanelas, e como factor máis importante, ningún deles permite realizar un crecemento espacial do CPD, en contrapartida coa localización inicial que si o permite. Ó realizar o cambio do sistema de climatización pódese realizar unha redistribución do espazo do CPD. A nova distribución do CPD no espazo dispoñible ofrece unha posibilidade de crecemento en armarios de equipamento de 4 sobre 10, o que implica un crecemento do 40% e liberaría o espazo necesario para garantir o correcto funcionamento do sistema de refrixeración. Esta solución técnica, en opinión do Responsable de Novas Tecnoloxías, non só ten vantaxes espaciais, senón que tamén ten unha maior eficiencia enerxética, o que supón un aforro de custos considerables a medio prazo, amortizando deste xeito o custo inicial. O custo desta solución técnica estímase na cantidade de 79.989,84 €. Visto o informe emitido polo técnico adxunto do servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. Vistos os informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor. Considerando o artigo 202 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público que establece no referente a modificacións dos contratos que “unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións non poderán afectar as condicións esenciais do contrato”. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da Lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a modificación do contrato do deseño e construción do centro de proceso de datos da Deputación de Pontevedra e adxudicar a súa execución á UTE TRC INFORMATICA, S.L.-EDNON, S.L., que supón un incremento sobre o contrato inicial de setenta e nove mil novecentos oitenta e nove euros con oitenta e catro céntimos (79.989,84 €), IVE incluído. Esta modificación financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 2011/926.926.623.02 do vixente orzamento provincial. 14.19442.- SUPRESIÓN DE UNIDADES NO CONTRATO DO SISTEMA DE CONTROL HORARIO A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o 3 de febreiro de 2010 aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, do sistema corporativo de control horario e de portal do funcionario na Deputación de Pontevedra. Este contrato foi adxudicado por acordo da Xunta de Goberno en sesión do 14 de xullo de 2010 á empresa SMART HUMAN LOGISTICS, S.L O 16 de maio de 2011 a presidencia da Deputación de Pontevedra aprobou a adhesión ó “Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia”. Á súa vez a Xunta de Galicia, no marco de apoio ó desenvolvemento das entidades locais galegas, asinou un convenio coa autoridade de certificación Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) que permite a obtención dos certificados dixitais precisos para o desenvolvemento da administración electrónica. No marco deste convenio, a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre realiza unha oferta para a adquisición de tarxetas criptográficas con opción de incluír chip Mifare por parte das entidades locais adheridas ó “Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia”. O Responsable de Novas Tecnoloxías informa que as características técnicas dos tarxetas ofertadas pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre cumpren as características mínimas necesarias para o correcto funcionamento do sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario, ademais de permitir un aforro para a Deputación de 4.344,00 €. Por iso solicita a non contratación das 1.200 tarxetas do empregado coa empresa Smart, adxudicataria do procedemento aberto, quen valorou as tarxetas en 15.228,00 €, e mostrado a súa conformidade con este desconto no contrato. Visto o informe emitido polo técnico adxunto do servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio Vistos os informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor. Considerando o artigo 202 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público que establece no referente a modificacións dos contratos que “unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións non poderán afectar as condicións esenciais do contrato” Considerando que as cláusulas 20ª do prego de cláusulas administrativas e do contrato asinado entre a Deputación de Pontevedra e a empresa SMART HUMAN LOGISTIC S.L. establecen que “dentro dos límites, e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na Lei de Contratos do sector público, o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalos por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos de esta” Considerando o disposto na disposición adicional segunda da Lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Suprimir 1200 unidades de tarxetas do empregado no contrato do sistema de control horario. Así mesmo, acórdase liberar o importe de 15.228,00 € no contrato coa empresa SMART HUMAN LOGISTICS, S.L. (C.I.F.-B-82.740.549) pola supresión das mencionadas unidades. 15.19443.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “E.P. 9701 BAIÓN-ANDRÁS, LUGAR DE SERANTES (VILANOVA DE AROUSA)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26/08/2009, adxudicouse definitivamente a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra “E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)” na suma de 440.718,67 €, máis a cantidade de 70.514,99 € correspondente ó IVE, que ofertara un prazo de execución de dezaoito meses, melloras valoradas en 9.020,00 € e o 3,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 04/05/2011, concedeu unha prórroga na execución da obra ata o 20/07/2011, como consecuencia do atraso producido pola espera na resolución dos condicionantes a que se viu sometida pola execución dunha nova rotonda e a execución da fase II do proxecto. Resultando que a adxudicataria, dado que se manteñen os mesmos condicionantes que impiden cumprir os prazos establecidos para a súa finalización, solicita unha nova prórroga ata o 30/09/2011. Resultando que polo Director da obra, emítese informe favorable á concesión da devandita prórroga. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A., concedendo unha prórroga para a finalización da obra “E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)” ata o 30 de setembro do ano en curso. 16.19444.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS: FACTURAS DE DARZAL, CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, sendo a relación nº 1 con cargo á aplicación orzamentaria 11/942.942.652.45.2009 do vixente orzamento provincial, e a relación nº 2 con cargo á conta non orzamentaria 419.10 (099.143) de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Facturas emitidas por DARZAL CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Relación nº 1: Núm. Factura Data Obra Importe 0303-01/2011 15/04/2011 “Renovación barandillas en rúa Ramón Peinador e Praza da auga (Mondariz)” (PID/09/00980/2010000017) 177,30 0303-02/2011 15/04/2011 “Parque público en Noval-Fial (Mondariz-Balneario)” (PID/09/00980/2010000016) 274,92 0303-03/2011 15/04/2011 “Ensanche e pavimentación en Penagrande, Pereiras, Aldemir e Quinta (Crecente)” (PID/09/00821/2009002382) 264,62 0303-04/2011 15/04/2011 “Reparación de camiños municipais” (PID/09/00982/2009002665) 248,74 0303-05/2011 15/04/2011 “Pavimentación en ramais en Lameiro e Fernández (Crecente)” (PID/09/00821/2009002384) 279,11 0303-06/2011 15/04/2011 “Ensanche e pavimentado en Lameiro e Serra (Crecente)” (PID/09/00821/2009002381) 248,50 0303-07/2011 15/04/2011 “Pavimentación vía pública a Coto (Crecente)” (PID/09/00821/2009002371) 183,08 0303-08/2011 15/04/2011 “Acondicionamento do parque da Lagoa en Coto (Mos)” (PID/09/00981/2009002271) 248,39 0303-09/2011 15/04/2011 “Ensanche e pavimentación en Carreira, Campo Verde e Seixal (Crecente)” (PID/09/00821/2009002383) 250,95 0303-10/2011 15/04/2011 “Pavimentación prazas e dotación de servizos en Liñares, Xesta, O Peso, Gaxate e Cendón (A Lama)” (PID/09/01041/2009002280) 228,77 0303-11/2011 15/04/2011 “Construción de grada en campo de fútbol de Parderrubias (Salceda de Caselas)” (PID/09/00985/2010000157) 302,23 0303-12/2011 15/04/2011 “Saneamento e ampliación de rede de sumidoiros na parroquia de Vilariño (Cambados)” (PID/09/00608/2009002446) 234,84 0303-13/2011 15/04/2011 “Carretera Sixto-Iglesia, muro de contención y pavimentación en estrada Piñeiro (Dozón)” (PID/09/00944/2009002732) 252,01 0303-14/2011 15/04/2011 “Pavimentación calles de Piñeiro (Dozón)” (PID/09/00944/2009002736) 181,51 0303-15/2011 15/04/2011 “Praza pública de Sixto (Dozón)” (PID/09/00944/2009002735) 190,30 0303-16/2011 15/04/2011 “Acceso A Pousada (Piloño), Lourido (Piloño) y Torre (Merza). Vila de Cruces” (PID/09/00917/2009002540) 158,25 0303-17/2011 15/04/2011 “Construción de pista de pádel en complexo deportivo (Ponteareas)” (PID/09/00943/2009002462) 196,38 0303-18/2011 15/04/2011 “Pavimentación camiños da Portela-Coreixas e Pescoso (Rodeiro)” (PID/09/00925/2009002700) 231,40 0140-21/2011 10/02/2011 “Melloras nas instalacións das escolas infantís e adecuación do patio exterior da gardería (O Rosal)” (PID/09/00926/2009002314) 296,93 TOTAL 4.448,23 Relación nº 2: Núm. Factura Data Obra Importe 0419-05/2011 25/05/2011 “Beirarrúas en Tomiño, segunda fase” (D07/0158) 2.119,20 0419-06/2011 25/05/2011 “Construción de bancada no campo de fútbol de Vilanova de Arousa” (PID/09/00928/2009002689) 38,56 0419-07/2011 25/05/2011 “Mellora da accesibilidade camiños municipais en Bahíña, Santa Cristina e Belesar (Baiona)” (PID/09/00972/2009002405) 14,36 0419-08/2011 25/05/2011 “Acondicionamento exterior e seguridade na gardería da Rúa Vilanova (A Cañiza)” (PID/09/00612/2009002679) 350,51 0419-09/2011 25/05/2011 “Saneamento en Foxos e pavimentación de diversos camiños (Cambados)” (PID/09/00608/2009002445) 233,98 0419-10/2011 25/05/2011 “Obras e urbanización en Portas e Lantaño (Portas)” (PID/09/00922/2009002712) 194,97 0419-11/2011 25/05/2011 “Urbanización en Romai e Briallos, Portas” (PID/09/00922/2009002711) 133,30 0419-12/2011 25/05/2011 “Pavimentación camiños en Santa María de Salceda de Caselas” (PID/09/00985/2009002746) 211,95 0419-13/2011 25/05/2011 “Mellora de vial en Forcadela (Tomiño)” (PID/09/00611/2009002398) 332,36 0419-14/2011 25/05/2011 “Pavimentación da pista da Foreira, Mondariz” (PID/09/00790/2009002615) 72,49 0419-15/2011 25/05/2011 “Pavimentación de camiños en Soutelo (Salceda de Caselas)” (PID/09/00985/2009002753) 173,12 0419-16/2011 25/05/2011 “Pavimentación da rede viaria local, camiño de San Lourenzo, Domaio (Moaña)” (PID/09/00643/2009002351) 276,51 0419-17/2011 25/05/2011 “Camiños e saneamento en Cimadevila. Calvos (Fornelos de Montes)” (PID/09/00977/2009002607) 113,20 0419-18/2011 25/05/2011 “Saneamento nos lugares de Casiñas-Pontellas, Corrigatos, Batán e Trambosríos (Moraña)” (PID/09/00609/2009002295) 152,02 0419-19/2011 25/05/2011 “Saneamento en O Río (Bueu)” (PID/09/00930/2009002645) 116,81 0419-20/2011 25/05/2011 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais (Bueu)” (PID/09/00930/2009002648) 112,54 0419-21/2011 25/05/2011 “Pavimentación, reasfaltado e saneamento da pista de Saguiunchos (Vilaboa)” (PID/09/00987/2009002460) 326,09 0419-22/2011 25/05/2011 “Pavimentación de camiños en Entenza (Salceda de Caselas)” (PID/09/00985/2009002755) 210,38 0419-23/2011 25/05/2011 “Urbanización rúa da Cal, fase II (A Guarda)” (PID/09/00990/2009002272) 149,10 0419-24/2011 25/05/2011 “Saneamento en Batizosa (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002757) 177,65 0419-25/2011 25/05/2011 “Reasfaltado de pistas municipais en Bértola, Figueirido e Santa Crisitna (Vilaboa)” (PID/09/00987/2009002450) 172,05 0419-26/2011 25/05/2011 “Pavimentación pista Bouzapanda, Ameixeira (Salceda de Caselas) (PID/09/00985/2009002751) 288,90 0419-27/2011 25/05/2011 “Camiños en Ventín, Portovilán e Pardalongas (Fornelos de Montes) (PID/09/00977/2009002612) 124,49 0419-28/2011 25/05/2011 “Asfaltados de diversos camiños no concello de Caldas de Reis” (PID/09/00896/2009002677) 179,81 0419-29/2011 25/05/2011 “Pavimentado rúas do concello de A Guarda” (PID/09/00990/2009002275) 51,17 0419-30/2011 25/05/2011 “Recollida de fecais do camiño de A Moreira en San Xián (Marín)” (PID/09/00795/2009002231) 108,82 0419-31/2011 25/05/2011 “Pavimentación de camiño de Fraguas, Trabazo, Facho e acondicionamento de varios camiños (Cotobade)” (PID/09/00727/2009002248) 477,63 0419-32/2011 25/05/2011 “Pavimentación e dotación de servizos en camiño Pedaporta e camiño Tarrío (Poio)” (PID/09/00923/2009002357) 77,70 0419-33/2011 25/05/2011 “Mellora camiños: Rellas, Dornelas, Piñeiro, Grava, Moalde, Cira, Escuadro, Parada (Silleda)” (PID/09/00714/2009002415) 324,58 0419-34/2011 25/05/2011 “Acondicionamento de local social en Campelo, Poio” (PID/09/00923/2009002358) 144,03 0437-01/2011 31/05/2011 “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa en E.P. 2503 Cerquido-Ribadelouro (Tui)” (D09/100) 317,17 0437-02/2011 31/05/2011 “Mellora da i ntersección na estrada da vía en Tameiga (Mos)” (PID/09/00981/2009002267) 355,09 0437-03/2011 31/05/2011 “Local centro cultural en A Roca, Pontecaldelas” (PID/09/00901/2009002387) 203,34 0437-04/2011 31/05/2011 “Rehabilitación da antiga escola unitaria en Cuartos de Borbén, Pazos de Borbén” (PID/09/00921/2009002623) 154,05 0437-05/2011 31/05/2011 “Pavimentación da pista da Foreira, Mondariz” (PID/09/00790/2009002615) 244,99 0437-06/2011 31/05/2011 “Acondicionamento de parques públicos de Asorey e Cirela e do entorno da fonte de Covas, Vila de Cruces” (PID/09/00917/2009002539) 308,17 0437-07/2011 31/05/2011 “Pavimentación de camiños en Entenza (Salceda de Caselas)” (PID/09/00985/2009002755) 340,06 0437-08/2011 31/05/2011 “Acondicionamento da Praza do Auditorio Manuel do Pazo en Bandeira (Silleda)” (PID/09/00714/2009002414) 228,03 0437-09/2011 31/05/2011 “Pavimentación e dotación de servizos en camiño Pedaporta e camiño Tarrío (Poio)” (PID/09/00923/2009002357) 329,19 0437-10/2011 31/05/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno, Ribadumia-Cambados” (D09/0121) 1.645,11 TOTAL 11.583,48 € Núm. Factura Data Obra Importe 0219-10/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade-Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 495,24 0219-26/2011 22/03/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 3.696,60 0404-01/2011 10/05/2011 “Melloras seguridade viaria E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas” (D09/0014) 59,04 0404-02/2011 10/05/2011 “Mellora de rodaxe dos viais de Cobas, Masgalán, dúas Igrexas e outros, Forcarei” (PID/09/00918/2009002356) 421,36 0404-03/2011 10/05/2011 “Mellora do trazado e capa de rodadura E.P. 9201, Sanxenxo-Bordóns- estrada Samieira (Sanxenxo)” (D07/0174) 7.441,19 0404-04/2011 10/05/2011 “Parque rural de Simes (Meaño)” (PID/09/00978/2009002292) 721,34 0404-05/2011 10/05/2011 “Pavimentación de diversos camiños en Cambados” (PID/09/00608/2009002442) 1.161,67 0404-06/2011 10/05/2011 “E.P. Cerdedo, Castro, Quireza” (P09/0083) 1.221,92 0404-08/2011 10/05/2011 “Mellora E.P. Bodaño – Merza (Vila de Cruces)” (P09/0077) 1.082,73 0404-09/2011 10/05/2011 “Mellora intersección E.P. 4202 Tortoreos-Rubiós-Carrasqueira (As Neves)” (P09/0081) 452,77 0404-10/2011 10/05/2011 “Construción de bancada no campo de fútbol de Aldán (Cangas)” (D09/0041) 1.446,18 0416-01/2011 20/05/2011 “Urbanización y reforma da rúa Jesús Sánchez en Cuntis” (PID/09/00791/2009002240) 371,91 0416-02/2011 20/05/2011 “Reforma e adecuación do mercado de Sabarís (Baiona)” (PID/09/00972/2009002406) 149,32 0416-03/2011 20/05/2011 “Saneamento nos lugares de Outeriño, Carballiño, Sixto e Baño (Valga)” (PID/09/00992/2009002418) 187,35 0416-04/2011 20/05/2011 “Rede de sumidoiros en Saramago, Bandeira e Pubuxeira (Meis)” (PID/09/00979/2009002639) 339,39 0416-05/2011 20/05/2011 “Saneamento en Ameirolongo N-550 (Mos)” (PID/09/00981/2009002260) 243,04 0416-06/2011 20/05/2011 “Abastecemento domiciliario de auga potable a Tuiriz (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002552) 246,29 0416-07/2011 20/05/2011 “Mellora de viais na parroquia de Guillarei (Tui)” (PID/09/00610/2009002573) 115,63 0416-08/2011 20/05/2011 “Mellora camiño rural de Zapa a Torre en Chaín (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002774) 112,09 0416-09/2011 20/05/2011 “Saneamento en Cabreira (Salvaterra de Miño)” (PID/09/00986/2009002652) 255,99 0416-10/2011 20/05/2011 “Saneamento en Ponte de Carros e A Cumeira. O Rosal” (PID/09/00926/2009002322) 275,20 0416-11/2011 20/05/2011 “Área recreativa e construción de piscina en parcela equipamento deportivo, Pazos de Borbén” (PID/09/00921/2009002625) 267,53 0416-12/2011 20/05/2011 “Dotación de servizos e mellora en Maceira e Campelo, Covelo” (PID/09/00976/2009002795) 99,78 0416-13/2011 20/05/2011 “Reforma Casa da Cultura de Soutomaior” (PID/09/00988/2009002477) 249,71 0416-14/2011 20/05/2011 “Camiños e saneamento en Cimadevila. Calvos (Fornelos de Montes)” (PID/09/00977/2009002607) 379,30 0416-15/2011 20/05/2011 “Acondicionamento praza pública de San Roque – Camos (Nigrán)” (PID/09/00983/2009002742) 142,75 0416-16/2011 20/05/2011 “Urbanización as Mimosas, 1ª fase (Catoira)” (PID/09/00974/2009002306) 241,84 0416-17/2011 20/05/2011 “Pavimentación na praza do Castelo (Salvaterra de Miño)” (PID/09/00986/2009002654) 431,12 TOTAL 22.308,28 Núm. Factura Data Obra Importe 0315-01/2011 29/04/2011 “Acondicionamento E.P. 9103 rampa Meloxo, O Grove” (D06/0419) 86,79 0315-02/2011 29/04/2011 “Seguridade viaria E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos)” (D09/0049) 990,81 0315-03/2011 29/04/2011 “Ensanche y Mellora E.P. 8506 Baño-Valga (Valga)” (D09/0016) 158,65 0315-04/2011 29/04/2011 “Mellora zona Magadalena e variante Igrexa en E.P. 2503 Cerquido – Ribadelouro (Tui)” (D09/0100) 104,17 0315-05/2011 29/04/2011 “Reparación da piscina municipal de Campolameiro” (PID/09/00973/2009002561) 448,59 0315-06/2011 29/04/2011 “Gradas e vestiarios en la pista polideportiva de Pereiras (Mos)” (PID/09/00981/2009002263) 174,89 0315-07/2011 29/04/2011 “Pavimentación en Pardesoa, Morgade, Filloi e outros (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002347) 501,36 0315-08/2011 29/04/2011 “Mellora capa de rodaxe dos camiños de Meaño” (PID/09/00978/2009002289) 46,59 0315-09/2011 29/04/2011 “Dotación de beirarrúas e recollida de pluviais na E.P. 9508 (Meis)” (D10/0005) 116,12 0315-10/2011 29/04/2011 “Saneamento nos lugares de Outeriño, Carballiño, Sixto e Baño (Valga)” (PID/09/00992/2009002418) 181,20 0315-11/2011 29/04/2011 “Urbanización contorno centro sociocultural de San Bernabé da Graña (O Covelo)” (PID/09/00976/2009002791) 131,86 0315-12/2011 29/04/2011 “Obras y urbanización en Portas e Lantaño (Portas)” (PID/09/00922/2009002712) 247,47 0315-13/2011 29/04/2011 “Saneamento e pavimentación en Portoparada, Maceira, Covelo” (PID/09/00976/2009002799) 156,98 0315-14/2011 29/04/2011 “Saneamento e pavimentación en Portoparada, Maceira, Covelo” (PID/09/00976/2009002799) 20,43 0315-15/2011 29/04/2011 “Área recreativa de San Antonio, 2ª fase” (PID/09/00916/2009002806) 112,94 0315-16/2011 29/04/2011 “Construción e obras complementarias do camiño de Fuentearcada (Arnego) (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002551) 154,36 0315-17/2011 29/04/2011 “Saneamento no rural, Campo Lameiro” (PID/09/00973/2009002562) 282,98 0315-18/2011 29/04/2011 “Abastecemento de auga nos núcleos rurais de Nercellas e San Bartolomeu, Forcarei” (PID/09/00918/2009002348) 55,09 0315-19/2011 29/04/2011 “Urbanización en Romai e Briallos, Portas” (PID/09/00922/2009002711) 75,64 0315-20/2011 29/04/2011 “Saneamento en Brea, Castros e Cotiño, Mos” (PID/09/00981/2009002265) 95,62 0315-21/2011 29/04/2011 “Saneamento en Brea, Castros e Cotiño, Mos” (PID/09/00981/2009002265) 68,03 0315-22/2011 29/04/2011 “Mellora de viais da parroquia de Randufe, Tui” (PID/09/00610/2009002588) 367,01 0315-23/2011 29/04/2011 “Área recreativa e construción de piscina en parcela equipamento deportivo, Pazos de Borbén” (PID/00921/2009002625) 269,10 0315-24/2011 29/04/2011 “Saneamento en Picoña, Outeiro e Parderrubias (Salceda de Caselas)” (PID/09/00985/2009002749) 327,18 0315-25/2011 29/04/2011 “Saneamento en Picoña, Outeiro e Parderrubias (Salceda de Caselas)” (PID/09/00985/2009002749) 101,91 0315-26/2011 29/04/2011 “Acondicionamento e axardinamento da zona antiga do cemiterio municipal (Cuntis)” (PID/09/00791/2009002246) 246,91 0315-27/2011 29/04/2011 “Acondicionamento e axardinamento da zona antiga do cemiterio municipal (Cuntis)” (PID/09/00791/2009002246) 126,16 0315-28/2011 29/04/2011 “Pavimentación e reasfaltados de pistas municipais en Rial e Casaldesanta (Vilaboa)” (PID/09/00987/2009002458) 327,12 0315-29/2011 29/04/2011 “Pavimentación da rúa de Francisco Basterreche e reparación da rúa A Estrada, Marín” (PID/09/00795/2009002233) 84,33 0315-30/2011 29/04/2011 “Rede de saneamento e estación de bombeo de augas residuais na Fonte Faxilde, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002303) 119,22 0315-31/2011 29/04/2011 “Rede de saneamento e estación de bombeo de augas residuais na Fonte Faxilde, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002303) 56,64 0315-32/2011 29/04/2011 “Acondicionamento da Praza do Auditorio Manuel do Pazo en Bandeira (Silleda)” (PID/09/00714/2009002414) 477,49 0315-33/2011 29/04/2011 “Saneamento en Padróns, Morgadáns, Gondomar” (PID/09/00920/2009002762) 187,61 0315-34/2011 29/04/2011 “Ensanche e pavimentación camiños Novo, da Costa e Avenida Covelo, Poio” (PID/09/00923/2009002362) 358,79 0315-35/2011 29/04/2011 “Urbanización y reforma da rúa Jesús Sanchez en Cuntis” (PID/09/00791/2009002240) 257,07 0315-36/2011 29/04/2011 “Reforma apeadeiro CEIP Silleda” (PID/09/00714/2009002413) 84,05 0315-37/2011 29/04/2011 “Reforma apeadeiro CEIP Silleda” (PID/09/00714/2009002413) 230,64 TOTAL 7.831,80 TOTAL 41.723,56€ 17.19445.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. Á empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. (CIF A- 15.545.437), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de mil douscentos cincuenta euros (1.250,00 €), para responder do contrato relativo á: Realización dun estudio inicial de valoración do desenvolvemento dun Complexo Acuático-Termal en Navia (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/11/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800104812, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de mil cento noventa e catro euros (1.194,00 €), para responder do contrato relativo ó: Estudo previo de simulación da xénesis e explotación do Circuíto de Velocidade Rías Baixas, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800077556, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa S.G.C.A. Producciones Artísticas de Galicia, S.L. A empresa S.G.C.A. Producciones Artísticas de Galicia, S.L. con CIF B- 94.027.729, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de cinco mil euros (5.000,00 €), para responder do contrato relativo ó: Patrocinio do Festival de Artes Escénicas Rías Baixas (FESTIBAIX), que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/06/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100047002, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Belypa, S.L. A empresa Belypa, S.L. con CIF B- 36.324.234, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cinco mil euros (5.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Reforma e ampliación do Centro Socio-Cultural de Vincios, que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000110432, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Oreco, S.A. A empresa Oreco, S.A. con CIF A- 36.614.691, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de vinte e dous mil catrocentos trinta e seis euros con sesenta céntimos (22.436,60 €), para responder do contrato relativo á obra: Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados, que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/04/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700036047, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. A empresa Construcciones Abal, S.A. con CIF A- 36.115.459, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de oito mil cincocentos noventa e nove euros con catorce céntimos (8.599,14 €), para responder do contrato relativo á obra: Reforma do edificio da antiga sede de educación, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900099641, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 18.19446.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO 17/11 A Xefa do Servizo de Recursos Humanos mediante escrito de data 30 de agosto de 2011 pon de manifesto a necesidade de incrementar o crédito da aplicación orzamentaria 11/928.920.214.00 do vixente orzamento provincial, ó obxecto de afrontar gastos de reparación de vehículos adscritos ó Parque Móvil, e para iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 15.000,00 €, cuxo financiamento se efectuaría mediante a minoración do crédito das aplicacións orzamentarias 11/929.920.121.01 e 11/929.920.120.01 por importes de 5.000,00 € e 10.000,00 €, respectivamente. Visto o informe de Intervención, de data 1 de setembro de 2011, no que se deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as aplicacións orzamentarias 11/929.920.121.01; 11/ 929.920.120.01 e 11/928.920.214.00, así como que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas aplicacións orzamentarias 11/929.920.121.01; 11/929.920.120.01 cuxo crédito se minora nas cantidades de 5.000,00 euros e 10.000,00 €, respectivamente expedíronse os correspondentes documentos RC, con números de operación 201100071286 e 201100071287 e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito de persoal pertencentes a distintos centros xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2011, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 17/2011 por importe total de 15.000,00 €, incoado polo Xefe do Servizo de Recursos Humanos, minorando crédito nos importes e nas aplicacións orzamentarias que se indican e incrementando crédito polo importe e na aplicación orzamentaria que se detalla a continuación: APLICACIÓN A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 11/928.920.214.00 Reparación, mantemento e conservación material de transporte. Parque Móvil 15.000,00 € TOTAL 15.000,00 € APLICACIÓN A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 11/929.920.121.01 Complemento específico. Prevención Riscos Laborais 5.000,00 € 11/929.920.120.01 Soldo. Prevención Riscos Laborais 10.000,00 € TOTAL 15.000,00 € 19.19447.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Acctal., Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Gabriel Rodríguez Alonso

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición