Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-09-16_Ordinaria. Acta de sesión 2011/09/16_Ordinaria
Acta de sesión 2011/09/16_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-09-16_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/09/16_Ordinaria
Data(s) 2011-09-16 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día dezaseis de setembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago,. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Non asisten os señores deputados D. Alberto Valverde Pérez e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19462.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de setembro de 2011. 2.19463.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. A empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. con CIF B- 36.239.861, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil cincocentos nove euros con vinte céntimos (8.509,20 €), para responder do contrato relativo á obra: Urbanización beirarrúas, aparcadoiros e vías do servizo no Polígono Industrial de Amoedo (Pazos de Borbén), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000019140, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Belypa Construcciones, S.L.. A empresa Belypa Construcciones, S.L. con CIF B-36.324.234, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de oito mil cincocentos vinte e oito euros con sesenta e oito céntimos (8.528,68 €), para responder do contrato relativo á obra: Pechamento exterior das instalacións deportivas A Macoca (Tui), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000037234, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Oreco, S.A. A empresa Oreco, S.A. con CIF A-36.614.691, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de once mil catrocentos trinta e un euros con catro céntimos (11.431,04€), para responder do contrato relativo á obra: Proxecto modificado de reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/02/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800009424, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19464.- CONTRATACIÓN DA AMPLIACIÓN DE 46 LOTES DO “ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE” E 4 LOTES DA “SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS” DO PROCEDEMENTO ABERTO DO ANO 2011 O Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, mediante escrito de data 20 de xullo de 2011, conformado polo Deputado Delegado do Centro, propón que se autorice a ampliación de 46 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e de 4 lotes de subministración de materiais do procedemento aberto do ano 2011, adxudicados pola “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de abril de 2011. O motivo para ampliar os lotes débese a que se están esgotando as cantidades adxudicadas no seu día e necesítase dispor da subministración de materiais, así como da maquinaria e vehículos de aluguer para poder continuar efectuando traballos que se lle demandan que realice o Parque de Maquinaria durante o ano en curso. Resultando que nos pregos que rexeron este procedemento aberto, aprobados pola “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria do día 1 de decembro de 2010, figuraba na cláusula I, que os lotes podían ser ampliados sempre que existise consignación no Orzamento do exercicio de 2011 e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación do procedemento aberto. Resultando que para facer fronte ó pago da ampliación dos 46 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e dos 4 lotes da subministración de materiais do procedemento aberto convocado para o ano 2011, polo Servizo de Intervención con data 29/08/2011, foi expedido documento RC, número de operación 201100069680, certificando a existencia de crédito dispoñible por importe global de 1.685.546,90 euros, para facer fronte ós gastos indicados, con cargo á vinculación xurídica das aplicacións orzamentarias 11/456.453.210.00; 11/456.453.210.01 e 10/456.454.210.02, do vixente Orzamento Provincial. Considerando que o artigo 272 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público permite a ampliación dos lotes ó estar previsto nos pregos e non modificar o prezo de adxudicación do contrato inicial e que a Xunta de Goberno, é o órgano competente para autorizar a ampliación destes 46 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e dos 4 lotes de subministración de materiais do ano 2011, ó ser o órgano que adxudicou o procedemento aberto de referencia. Visto o informe favorable emitido polo Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 12 de setembro de 2011, para a ampliación dos devanditos lotes ás mesmas empresas adxudicatarias do procedemento aberto do ano 2011, polos mesmos prezos unitarios ofertados, así como os informes do Secretario Xeral e o de fiscalización do expediente emitido por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a contratación da ampliación dos lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministración de materiais que a continuación se relacionan, correspondentes ó procedemento aberto do ano 2011 e que foron adxudicados pola “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria celebrada o día 6 de abril de 2011, polas seguintes cantidades e ás empresas que se indican: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE ADXUDICATARIO H/KM Prezo Unitario IVE Total Prezo Unitario TOTAL 1 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. (B-36.147.429) Polo aluguer de motoniveladora de 125 C.V. 215 H 39,00 € 7,02 € 46,02 € 9.894,30 € 2 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo aluguer de motoniveladora de 125 C.V. 280 H 52,40 € 9,43 € 61,83 € 17.312,40 € 3 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Polo aluguer de motoniveladora de 125 C.V. 275 H 51,00 € 9,18 € 60,18 € 16.549,50 € 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J) Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 340 H 26,50 € 4,77 € 31,27 € 10.631,80 € 5 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 350 H 27,87 € 5,02 € 32,89 € 11.511,50 € 6 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 360 H 27,97 € 5,03 € 33,00 € 11.880,00 € 7 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo aluguer rolo vibrador de 10 Tm. 350 H 27,97 € 5,03 € 33,00 € 11.550,00 € 8 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 350 H 25,50 € 4,59 € 30,09 € 10.531,50 € 9 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 350 H 25,00 € 4,50 € 29,50 € 10.325,00 € 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 415 H 26,27 € 4,73 € 31,00 € 12.865,00 € 11 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV. 350 H 30,38 € 5,47 € 35,85 € 12.547,50 € 12 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de retro pa 4 x 4 de 70 CV 700 H 29,97 € 5,39 € 35,36 € 24.752,00 € 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Polo aluguer de retro escavadora (1 m3 cazo) de 100 CV. 480 H 40,00 € 7,20 € 47,20 € 22.656,00 € 14 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo aluguer de retro escavadora (con martelo) de 150 CV. 750 H 48,25 € 8,69 € 56,94 € 42.705,00 € 15 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 325 Km 179,00 € 32,22 € 211,22 € 68.646,50 € 16 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 325 Km 160,00 € 28,80 € 188,80 € 61.360,00 € 17 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 325 Km 179,00 € 32,22 € 211,22 € 68.646,50 € 18 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 265 Km 159,00 € 28,62 € 187,62 € 49.719,30 € 19 EMDESFOR 2002, S.L. (B-36404218) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 280 Km 185,00 € 33,30 € 218,30 € 61.124,00 € 20 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 295 Km 180,00 € 32,40 € 212,40 € 62.658,00 € 21 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 295 Km 180,00 € 32,40 € 212,40 € 62.658,00 € 22 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 325 Km 180,00 € 32,40 € 212,40 € 69.030,00 € 23 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 305 Km 182,20 € 32,80 € 215,00 € 65.575,00 € 24 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Polo aluguer de tractor rozadoira hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 325 Km 180,00 € 32,40 € 212,40 € 69.030,00 € 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Polo aluguer de pala de rodas (2 m3 cazo) de 130 CV. 495 H 35,00 € 6,30 € 41,30 € 20.443,50 € 27 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 625 H 31,90 € 5,74 € 37,64 € 23.525,00 € 28 DIONISIO ALONSO BELLO (N.I.F.- 36035.971-P) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 485 H 30,22 € 5,44 € 35,66 € 17.295,10 € 29 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 485 H 29,65 € 5,34 € 34,99 € 16.970,15 € 30 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 485 H 32,00 € 5,76 € 37,76 € 18.313,60 € 31 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Polo aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 785 H 32,00 € 5,76 € 37,76 € 29.641,60 € 32 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 395 H 29,49 € 5,31 € 34,80 € 13.746,00 € 33 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 395 H 28,50 € 5,13 € 33,63 € 13.283,85 € 34 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 395 H 28,50 € 5,13 € 33,63 € 13.283,85 € 35 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 695 H 29,00 € 5,22 € 34,22 € 23.782,90 € 36 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) Polo aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 365 H 28,49 € 5,13 € 33,62 € 12.271,30 € 37 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Polo aluguer camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 365 H 27,95 € 5,03 € 32,98 € 12.037,70 € 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de cisterna asfáltica de 8 Tm. 575 H 34,98 € 6,30 € 41,28 € 23.736,00 € 39 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo aluguer de camión góndola de 40 Tm. 400 H 42,00 € 7,56 € 49,56 € 19.824,00 € 40 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 350 H 38,50 € 6,93 € 45,43 € 15.900,50 € 41 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 450 H 38,64 € 6,96 € 45,60 € 20.520,00 € 42 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 425 H 38,64 € 6,96 € 45,60 € 19.380,00 € 43 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 450 H 39,75 € 7,16 € 46,91 € 21.109,50 € 44 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 425 H 39,75 € 7,16 € 46,91 € 19.936,75 € 45 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 250 H 38,90 € 7,00 € 45,90 € 11.475,00 € 46 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 425 H 39,50 € 7,11 € 46,61 € 19.809,25 € 47 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 255 H 39,50 € 7,11 € 46,61 € 11.885,55 € Total ampliación 46 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte…………… 1.262.329,90 € SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS Lote EMPRESA ADJUDICATARIA Tm Prezo Unitario IVE (18%) Prezo unitario IVA incluído TOTAL 51 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA, S.A. (A-32226037) Por subministración de emulsión C 65 B3 (ECR-2). 100 Tm 335,29 € 60,35 € 395,64 € 39.564,00 € 66 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Por subministración de zahorra ZA-0/40. 6000 Tm 8,30 € 1,49 € 9,79 € 58.740,00 € 67 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) Por subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D) 8500 Tm 30,50 € 5,49 € 35,99 € 305.915,00 € 69 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Por subministración e instalación de muro de mampostería pedra granítica 350 m2 46,00 € 8,28 € 54,28 € 18.998,00 € Total ampliación 4 lotes de subministración de materiais ……… 423.217,00 € 2. Aprobar o gasto por importe global de 1.685.546,90 euros para facer fronte ás ampliacións dos lotes relacionados no parágrafo anterior, con cargo á vinculación xurídica das aplicacións orzamentarias 11/456.453.210.00; 11/456.453.210.01 e 11/456.454.210.02, do vixente Orzamento Provincial. 3. Os alugueres e subministracións de materiais obxecto desta ampliación realizaranse conforme ó previsto nos pregos aprobados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 1 de decembro de 2011, para poder atender ás previsións de traballos a realizar durante o ano 2011, correspondentes a infraestruturas, bens naturais e outras obras. 4. As empresas adxudicatarias deberán constituír as seguintes garantías definitivas: LOTE EMPRESA ADXUDICATARIA GARANTÍA DEFINITIVA 1 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. (B-36.147.429) 419,25 € 2 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) 733,60 € 3 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) 701,25 € 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J) 450,50 € 5 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 487,73 € 6 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) 503,46 € 7 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) 489,48 € 8 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) 446,25 € 9 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) 437,50 € 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) 545,10 € 11 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) 531,65 € 12 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 1.048,95 € 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) 960,00 € 14 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) 1.809,38 € 15 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) 2.908,75 € 16 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) 2.600,00 € 17 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) 2.908,75 € 18 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) 2.106,75 € 19 EMDESFOR 2002, S.L. (B-36404218) 2.590,00 € 20 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) 2.655,00 € 21 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) 2.655,00 € 22 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) 2.925,00 € 23 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) 2.778,55 € 24 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L.(C.I.F.- B-36468239) 2.925,00 € 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) 866,25 € 27 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) 996,88 € 28 DIONISIO ALONSO BELLO (N.I.F.- 36035.971-P) 732,84 € 29 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) 719,01 € 30 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) 776,00 € 31 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) 1.256,00 € 32 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 582,43 € 33 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) 562,88 € 34 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) 562,88 € 35 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) 1.007,75 € 36 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) 519,94 € 37 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) 510,09 € 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) 1.005,68 € 39 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) 840,00 € 40 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) 673,75 € 41 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) 869,40 € 42 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) 821,10 € 43 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 894,38 € 44 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Polo aluguer de camión articulado PMA 36/40 Tm. 844,69 € 45 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) 486,25 € 46 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) 839,38 € 47 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) 503,63 € 51 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA, S.A. (A-32226037) 1.676,45 € 66 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) 2.490,00 € 67 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) 12.962,50 € 69 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) 805,00 € Estas garantías definitivas constituiranse polas empresas adxudicatarias no prazo de quince días contados dende a notificación do acordo de adxudicación e serán ingresadas na Tesourería desta Deputación. 4.19465.- PRÓRROGA DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A., PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL, ANTIGA SEDE DE EDUCACIÓN, FINCA AREEIRO E SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Retírase da orde do día, pendente de mellor estudo, o asunto relativo á prórroga do contrato formalizado coa empresa Claro Sol, S.A., para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, Antiga Sede de Educación, Finca Areeiro e Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. 5.19466.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada da comunicación realizada polo Alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa de data 29 de xullo de 2011 (nº rexistro de entrada 27550 de 02/08/2011), en relación coa moción presentada no Pleno de dito Concello de data 18 de xullo de 2011 polo PSdeG-PSOE sobre as políticas en materia de montes e en relación coa prevención e defensa contra incendios forestais. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19467.- APROBACION DO PROXECTO DE “MELLORA DE TRAZADO DA E.P. 1101 PK 0+300 A 0+750 MOAÑA-BERDUCEDO (MOAÑA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 05/08/2011, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Moaña para levar a cabo a execución da obra de “Mellora de trazado da E.P. 1101 PK 0+300 a 0+750 Moaña-Berducedo (Moaña)”, con orzamento de 507.209,91 €. Resultando que por Intervención se emite informe relativo ó proxecto correspondente á obra, cuxo importe ascende á suma de 429.838,91 €, máis 77.371,00 € correspondentes ó IVE. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto, así como iniciar o expediente de contratación da obra. A obra finánciase con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2011 2012 2013 Total Deputación 154.368,24 108.057,76 92.620,94 355.046,94 Concello 76.081,48 76.081,49 152.162,97 Total 154.368,24 184.139,24 168.702,43 507.209,91 Na aplicación 11/456.453.612.02 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto correspondente á anualidade de 2011, para a que se practicou a correspondente retención de crédito. As anualidades correspondentes a 2012 e 2013 contabilizaranse nas aplicacións correspondentes dos seus orzamentos quedando condicionadas á súa aprobación. 7.19468.- APROBACION DO PROXECTO DE “ACCESO OESTE A MONTECELO 2ª FASE (PORTA DO SOL-AVDA. MÉDICO BALLINA) (PONTEVEDRA) Resultando que polo Pleno da Corporación Provincial, en sesión de 30/11/2007, aprobouse un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra para a realización de diversas actuacións, comprometéndose a Deputación á licitación das obras do acceso Oeste a Montecelo. Resultando que se atopa en execución, próxima á súa finalización, a obra “Acceso oeste a Montecelo, tramo I PO-223 á Avda. de Bos Aires”, con orzamento de 4.773.140,98€, na que se inclúe unha nova ponte sobre o río Lérez. Resultando que se redactou o proxecto de “Acceso oeste a Montecelo 2ª fase (Porta do Sol-Avda. Médico Ballina) (Pontevedra)”, correspondente á segunda fase da obra no tramo que discorre entre a nova ponte e a Avda. Médico Ballina, con orzamento para coñecemento da Administración de: Orzamento de licitación 675.970,37 € IVE 121.674,67 € Expropiacións e bens afectados 434.385,32 € Servizos afectados 33.293,24 € Orzamento para coñecemento da Administración 1.265.323,60 € Resultando que por Intervención se emite informe relativo á existencia de saldo de crédito adecuado e suficiente nas aplicacións 11/456.453.612.02.2009 e 11/456.453.612.02.2010 para facer fronte ó gasto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Acceso oeste a Montecelo 2ª fase (Porta do Sol-Avda. Médico Ballina) (Pontevedra)”, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. 8.19469.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “REURBANIZACIÓN RAMÓN BARES (BUEU)” Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da provincia, e así tentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Resultando que por Intervención se emite informe favorable de fiscalización do expediente. Resultando que por acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 31/03/2010, concedeuse ó Concello de Bueu, dentro do Plan de Investimentos 2009-2011, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha subvención de 160.030,74 € para a execución de obra “Reurbanización Ramón Bares”, comprometéndose o Concello a cofinanciar dito investimento achegando 160.030,75 €. Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 13/04/2011, modificouse dito acordo no sentido de que a achega que lle correspondía inicialmente ó Concello de Bueu é asumida pola Deputación Provincial con cargo á cantidade reservada á concesión directa no Plan de Investimentos 2009-2011, para o que se prestou aprobación ó correspondente convenio, subscribíndose o 30/08/2011. Considerando o disposto no artigo 185 do Trlrfl., de 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 325.579,79 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 2011/942.942.652.45.2009 162.481,72 2010 2011/942.942.652.45.2010 81.703,12 2011 2011/942.942.652.45 81.394,95 Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Reurbanización Ramón Bares.” (Bueu) por importe de douscentos setenta e cinco mil novecentos quince euros con oito céntimos (275.915,08 €), sen IVE, máis a cantidade de corenta e nove mil seiscentos sesenta e catro euros con setenta e un céntimos (49.664,71 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “REURBANIZACIÓN RAMÓN BARES (BUEU). CPV 45230000. 1.- OBXECTO.- Execución da obra “Reurbanización Ramón Bares (Bueu)”. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningunha porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 € por cada 1.000,0 € do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar dispoñer da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase cerrado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase cerrado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a porcentaxe de control de calidade ofertada. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario xeral. - O interventor. - O director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre b correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre c da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre c daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque: bm = (b 1 + b 2 ). • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas clasificaraas por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cuantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 14.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 15.- FORMALIZACIÓN CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do reconsidero. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de prema. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..............., maior de idade, veciño de..........., con domicilio en .......titular do DNI........., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................ (CIF- núm. ..........) e con domicilio en ..............., teléfono.......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de ______ (en letra e número) euros, máis ______ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuación ó intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequeñas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para N/REF: PID/09/00930/2009002650 ANEXO II PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “REURBANIZACIÓN RAMÓN BARES (BUEU)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Tipo de licitación: 275.915,08 €, sen IVE IVE: 49.664,71 € Total: 325.579,79 € C) FINANCIAMENTO: Anualidade Aplicación Importe 2009 2011.942.942.652.45.2009 162.481,72 € 2010 2011.942.942.652.45.2010 81.703,12 € 2011 2011.942.942.652.45 81.394,95 € D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN: Non se esixe. 9.19470.- ADXUDICACION DA OBRA “ACONDICIONAMENTO DE EDIFICIO PARA POUSADA DO SALNES NO CONCELLO DE MEAÑO”, A EXECUTAR NO MARCO DO PROXECTO “POUSADAS” COFINANCIADO POLO FEDER O proxecto “POUSADAS”, presentouse dentro das axudas FEDER do Eixo 5 de desenvolvemento Local e urbano aprobadas por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 07/05/2007), Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano, para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). O obxectivo primordial deste proxecto cofinanciado nun 70% polo FEDER é a creación dun produto turístico Pousadas Xardín e a posta en valor os recursos da bisbarra na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos..., entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. A Xunta de Goberno, en sesión de 23 de marzo de 2011, acordou aprobar o proxecto da obra “Pousada do Salnés en Meaño” que conta cun orzamento total de 2.330.508,47 €, máis a cantidade de 419.491,53 € correspondente ó IVE. En sesión celebrada o día 30 de marzo de 2011, prestouse aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Pousada do Salnés non Concello de Meaño”. Publicouse a convocatoria da licitación pública no Boletín Oficial de Pontevedra, de data 4 de abril de 2011. Resultando que con data 3 de maio de 2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos Sobres“A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 6 de maio de 2011, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos Sobres“B”, remitíndose ó Servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Arquitecto Provincial emítese informe relativo ás propostas técnicas presentadas polas empresas, e que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 7 de xullo de 2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres“B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres“C” das empresas que alcanzasen os 30 puntos. Tendo en conta o informe emitido por Arquitecto Provincial, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres“B”, e valorada a proposta económica contida nos Sobres“C”, e de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas se han obteñen as seguintes puntuacións: Licitador Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” Puntuación Total ORECO 35,03 47,600 82,630 DICSA 36,27 45,322 81,592 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 33,03 42,354 75,384 CONSTRUCTORA SAN JOSE, S.A. 34,25 40,119 74,369 UTE OGMIOS PROYECTO, S.L-AGECO CONSTRUCCIONES Y REFORMAS, S.L 32,24 40,936 73,176 UTE CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L-CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L 32,34 28,963 61,303 DRAGADOS, S.A. 34,67 23,532 58,202 COPCISA, S.A 30,75 27,362 58,112 BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. 30,79 25,975 56,765 CONSTRUCCIONES ANGEL JOVE, S.A 31,77 21,933 53,703 UTE BARDERA OBRAS CIVILES Y MARITIMAS, S.L.-EXCOVER, S.L. 30,83 18,736 49,566 Resultando que a empresa ORECO, S.A., que obtivo a máxima puntuación, atendendo ó requirimento formulado mediante Resolución nº 10138/11 presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100058510, de data 19/07/2011. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRHL, de 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar a obra de “Pousada do Salnés no concello de Meaño” á empresa Oreco, S.A. (C.I.F. A-36.614.691), por importe de 1.747.881,36 €, máis a cantidade correspondente ó IVE de 314.618,64 €. Oferta un prazo de execución de 10 meses, melloras valoradas en 231.520,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridad y Medio Ambiente, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 10.19471.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DE VARIAS OBRAS DE CONTRATACIÓN Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143), 419.08.(0910), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. factura Data Obra Importe 0315-38/2011 29/04/2011 “Rehabilitación Auditorio de Ponteareas” (D08/0069) 1.536,42 0315-39/2011 29/04/2011 “Rehabilitación Auditorio de Ponteareas” (D08/0069) 453,85 0315-40/2011 29/04/2011 “Rehabilitación Auditorio de Ponteareas” (D08/0069) 91,40 0315-41/2011 29/04/2011 “Rehabilitación de edificación para usos varios y almacén en la Finca Areeiro (Pontevedra)” (D09/0136) 16,53 0491-06/2011 09/06/2011 “Rehabilitación Auditorio de Ponteareas” (D08/0069) 615,40 0483-09/2011 06/06/2011 “Reparacións no edificio da Sede da Deputación en Vigo” (D08/0006) 617,29 0303-19/2011 15/04/2011 “Ampliación rede saneamento en Rotea-Pazos, San Adrián de Cobres (Vilaboa)” (PID/09/00987/2009002455) 233,28 0205-28/2011 15/03/2011 “Pavimentación do adro da Igrexa de San Miguel de Bouzas” (D08/0061) 316,97 0205-29/2011 15/03/2011 “Pavimentación do adro da Igrexa de San Miguel de Bouzas” (D08/0061) 230,32 0205-30/2011 15/03/2011 “Pavimentación do adro da Igrexa de San Miguel de Bouzas” (D08/0061) 60,78 0491-02/2011 09/06/2011 “Mellora de accesos e do abastecemento en Frades, Gargamala e Riofrío (Gondomar)” (PID/09/00790/2009002613) 366,14 0491-03/2011 09/06/2011 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais. Anualidade 2009 (Bueu)” (PID/09/00930/2009002646) 138,84 0491-04/2011 09/06/2011 “Mellora de viais na parroquia de Guillarei (Tui)” (PID/09/00610/2009002573) 234,57 0491-05/2011 09/06/2011 “Mellora da señalización de núcleos en vías municipais (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002343) 333,04 0505-09/2011 20/06/2011 “Mejora de trazado y capa de rodadura en E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns- carretera Samieira (Sanxenxo)” (D07/0174) 447,93 0505-10/2011 20/06/2011 “Seguridade viaria E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos)” (D09/0049) 897,39 0505-11/2011 20/06/2011 “Melloras seguridade viaria E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas)” (D09/0014) 619,23 0505-12/2011 20/06/2011 “Mellora rodaxe dos viais de Cobas, Masgalán, Dúas Igrexas e outros (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002356) 58,07 0505-13/2011 20/06/2011 “Obras en Redonde e Castro de Orto (Campo Lameiro)” (PID/09/00973/2009002558) 350,94 0505-14/2011 20/06/2011 “Ensanches en Couso e Mullerboa (Campo Lameiro)” (PID/09/00973/2009002560) 364,40 0505-16/2011 20/06/2011 “Parque da biodiversidade en Sabrexo e Ordenación do espazo público en San Pedro de Losón (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002549) 103,53 0505-17/2011 20/06/2011 “Humanización entorno Praza do Gaiteiro (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002355) 53,72 0505-18/2011 20/06/2011 “Urbanización en Romai e Briallos, Portas” (PID/09/00922/2009002711) 186,20 0505-19/2011 20/06/2011 “Mellora de vial en Forcadela (Tomiño)” (PID/09/00611/2009002398) 380,91 0505-20/2011 20/06/2011 “Parque rural de Simes (Meaño)” (PID/09/00978/2009002292) 48,12 0505-21/2011 20/06/2011 “Saneamento en O Río (Bueu)” (PID/09/00930/2009002645) 177,85 0505-22/2011 20/06/2011 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais (Bueu)” (PID/09/00930/2009002648) 423,83 0505-23/2011 20/06/2011 “Ampliación do saneamento no contorno da Finca do Conde (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002783) 80,68 0505-24/2011 20/06/2011 “Pavimentación rúas do concello da Guarda” (PID/09/00990/2009002275) 41,67 0483-03/2011 06/06/2011 “Pavimentación e acceso de núcleos rurais-Lalín” (PID/09/00726/2009002876) 507,86 0483-08/2011 06/06/2011 “Dotación de beirarrúas, servizos e iluminación en E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga)” (D07/0164) 2.276,71 0483-10/2011 06/06/2011 “Barandilla, recuperación de firme y capa de rodadura en E.P. 9702 As Sinas (Vilanova de Arousa)” (D08/0039) 922,83 0601-01/2011 06/07/2011 “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño, tramo Lores-concello Meaño (Meaño)” (D08/0053) 93,60 0601-02/2011 06/07/2011 “Mellora capa rodaxe zona centro” (D09/0078) 263,11 0601-03/2011 06/07/2011 “Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu contorno” (D09/0121) 108,31 0601-04/2011 06/07/2011 “Obras en Redonde e Castro de Orto (Campo Lameiro)” (PID/09/00973/2009002558) 294,16 0601-05/2011 06/07/2011 “Terminación de edificio destinado a ximnasio na Cañiza” (PID/09/00612/2009002678) 400,62 0601-06/2011 06/07/2011 “Humanización entorno Praza do Gaiteiro (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002355) 547,36 0601-07/2011 06/07/2011 “Acondicionamento camiños parroquias, Ponte Caldelas” (PID/09/00901/2009002390) 164,31 0601-08/2011 06/07/2011 “Saneamento nos lugares de Casiñas-Pontellas, Corrigatos, Batán e Trambosríos (Moraña)” (PID/09/00609/2009002295) 211,35 0601-09/2011 06/07/2011 “Recollida de fecais do camiño de A Moreira en San Xián (Marín)” (PID/09/00795/2009002231) 217,44 0601-10/2011 06/07/2011 “Construción de centro social en Vilanoviña-Paradela (Meis)” (PID/09/00979/2009002641) 505,21 0601-11/2011 06/07/2011 “Pavimentación e accesos núcleos rurais – Lalín” (PID/09/00726/2009002876) 421,51 0419-02/2011 25/05/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_136) 1.818,89 0419-03/2011 25/05/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. Buenos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 5.080,11 0419-04/2011 25/05/2011 “Infraestrutura básica para la construcción de 15 campos de fútbol de herba sintética” (D07/0070) 2.346,17 0615-01/2011 27/07/2011 “Mellora de trazado e capa de rodaxe en E.P. 9201 Sanxenxo – Bordóns – carretera Samieira (Sanxenxo)” (D07/0174) 620,40 0615-02/2011 27/07/2011 “Saneamento en Foxos e pavimentación diversos camiños (Cambados)” (PID/09/00608/2009002445) 81,71 0615-07/2011 27/07/2011 “Camiños e saneamento en Cimadevila, Calvos (Fornelos de Montes)” (PID/09/00977/2009002607) 256,95 0615-08/2011 27/07/2011 “Humanización rúa Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol, Sanxenxo” (PID/09/00927/2009002323) 852,09 0615-09/2011 27/07/2011 “Pavimentación e reasfaltado de pistas municipais en Rial e Casaldesanta (Vilaboa)” (PID/09/00987/2009002458) 120,58 0615-10/2011 27/07/2011 “Pavimentación da rúa Francisco Basterreche e reparación da rúa A Estrada, Marín” (PID/09/00795/2009002233) 87,67 0615-11/2011 27/07/2011 “Ampliación do centro cultural e veciñal en Belesar (Baiona)” (PID/09/00972/2009002407) 223,83 0615-12/2011 27/07/2011 “Recollida de pluviais e pavimentación das rúas de Ponte Zapal e Costa (Marín)” (PID/09/00795/2009002235) 257,60 0615-13/2011 27/07/2011 “Camiños en Ventín, Portovilán e Pardalongas (Fornelos de Montes)” (PID/09/00977/2009002612) 232,95 0615-14/2011 27/07/2011 “Asfaltados de diversos camiños no concello de Caldas de Reis” (PID/09/00896/2009002677) 113,02 0615-15/2011 27/07/2011 “Mellora camiños: Rellas, Dornelas, Piñeiro, Grava, Moalde, Cira, Escuadro, Parada (Silleda)” (PID/09/00714/2009002415) 54,41 0299-52/2011 12/04/2011 “Camiños de Couso, Pereira, Farán, Mourigás e Adelán (Rodeiro)” (PID/09/00925/2009002697) 82,07 0505-25/2011 20/06/2011 “Acondicionamento de zonas comúns na planta baixa da antiga Sede de Educación (Pontevedra)” (D10/0049) 33,96 TOTAL 28.676,09 € -Factura núm. 2011/093 do arquitecto técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF.36042815-k) de 21/06/2011, por importe de 167,87 € en concepto de honorarios de Dirección de execución da obra “Construción do campo de fútbol de Pasarón Pontevedra” correspondente á certificación núm. 51. -Factura núm. 2011/049 do arquitecto técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF.36042815-K) de 22/03/2011, por importe de 4.292,08 € en concepto de honorarios de Dirección do proxecto complementario da obra “Construción do campo de fútbol de Pasarón, Pontevedra” correspondente á certificación núm. 1. -Factura núm. 18/2011 do arquitecto técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF.35973146-L) de 04/07/2011, por importe de 167,87 € en concepto de honorarios de Dirección de execución da obra”Construción do campo de fútbol de Pasarón de Pontevedra” correspondente a certificación nº 51. -Factura núm. 14/2011 do arquitecto técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF.36973146-L) de 27/04/2011, por importe de 4.292,08 €, en concepto de honorarios de dirección de execución do proxecto complementario da obra “Construción do campo de fútbol de Pasarón en Pontevedra” correspondente á certificación núm. 1. 11.19472.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 15 de setembro de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100001198 e que contén catorce facturas, sendo a primeira de Ice Imaginación Slen Contitucion, por importe de 2.001,28 € e a derradeira de Distribuciones Froiz, S.A., por importe 1.979,78 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 86.737,51 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 86.737,51 € 12.19473.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002703, DENOMINADA “ÁREA RECREATIVA EN MOSCOSO, CONSTRUCIÓN DE VESTIARIOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002703, denominado “Área recreativa en Moscoso. Construción de vestiarios” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Pazos de Borbén con CIF núm. P3603700J, a cantidade de noventa e nove mil trescentos vinte e oito euros con sesenta e cinco céntimos (99.328,65 €), para a realización do investimento núm. 2011002703, denominado “Área recreativa en Moscoso.Construción de vestiarios”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 0 euros Exercicio 2011: 99.328,65 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 13.19474.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA RESTAURAR A IGREXA DO MOSTEIRO DA ARMENTEIRA (MEIS – PONTEVEDRA), COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013 Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis, sendo o seu obxectivo primordial a restauración da igrexa do mosteiro da Armenteira (Meis–Pontevedra), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013. Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis, sendo o seu obxectivo primordial a restauración da igrexa do mosteiro da Armenteira (Meis – Pontevedra), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, e cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA A RESTAURACIÓN DA IGREXA DO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA (MEIS-PONTEVEDRA), COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013 Santiago de Compostela, a … de … de 2011 R E U N I D O S Dunha parte, D. Roberto Varela Fariña, actuando en representación da Consellería de Cultura e Turismo, en virtude do seu cargo de conselleiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, así como o artigo 2º da Resolución de 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991 sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares. Doutra, D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 11/1999, do 21 de abril, de modificación daquela e o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Doutra, D. Julián Barrio Barrio, Arcebispo da Diocese de Santiago de Compostela, na súa representación. Doutra, D. José Luis Pérez Estévez , actuando en representación do Concello de Meis, en virtude da súa condición de Alcalde-Presidente da citada corporación segundo o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e no artigo 24 do Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Todas as partes teñen plena capacidade para levar adiante o presente convenio de cooperación e por tanto, E X P O Ñ E N Primeiro.- Que a Xunta de Galicia asume a xestión das funcións sobre o patrimonio cultural en virtude do R.d. 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, de acordo co establecido no artigo 27.18 do Estatuto de Autonomía, en consonancia co estipulado no artigo 148.1.16 da Constitución Española, ámbito desenvolvido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Segundo.- O artigo 25.2 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia obriga ós poderes públicos a garantir a protección, a conservación e o enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia. Por outra banda, o 17 de abril de 1985, a Xunta de Galicia asinou un acordo cos Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia que ten por obxecto o de garantir a conservación e protección e fomentar e promover o enriquecemento do patrimonio histórico e artístico da Igrexa en Galicia. Terceiro.- O Mosteiro Cisterciense de Santa María de Armenteira, en Meis, ademais de ser un dos monumentos máis significativos da Provincia de Pontevedra, constitúe o edificio máis representativo do románico galego. Coa finalidade de garantir a seguridade dos visitantes do mosteiro, a Deputación Provincial de Pontevedra asumiu a primeira fase das obras de restauración do mosteiro. Nestes intres,o estado de conservación da igrexa do mosteiro de Armenteira fai necesario dunha intervención inmediata,que evite unha perda irreparable ó patrimonio cultural galego. Por todo o exposto, as partes acordan subscribir un convenio de colaboración baseado nas seguintes C L Á U S U L A S Primeira.- Obxecto do Convenio O obxecto do presente Convenio é regular as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis para a realización das obras de restauración da igrexa do Mosteiro de Armenteira, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixo 5 “desenvolvemento sostible local e urbano”, Tema Prioritario 58 “protección e preservación do patrimonio cultural”. Para o desenvolvemento deste proxecto non é posible promover a concorrencia pública, xa que as obras de restauración da igrexa do Mosteiro de Armenteira van evitar que continúe deteriorándose este ben , polo tanto impedirán que se produza unha perda irrecuperable para o patrimonio cultural galego, por tratarse dun ben incluído no inventario xeral do patrimonio cultural da Xunta de Galicia. Por outra banda, está proposta está incluída na programación elaborada pola Subdirección de Conservación e Restauración de Bens Culturais, dentro do plan de conventos e mosteiros, e cumpre todos os criterios obxectivos fixados para a execución das obras. Segunda.- Obrigas da Consellería de Cultura e Turismo. A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, comprométese a contratar as obras indicadas, de acordo co Proxecto básico e de execución facilitado pola Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ós seus orzamentos e co seguinte desagregación por anualidades e aplicacións orzamentarias: Aplicación Orzamentaria Actuación 2011 2012 2013 Total 11.03.433A.632.1 Obras de restauración da igrexa do Mosteiro de Armenteira 35.000,00 215.000,00 100.000,00 350.000,00 Terceira.- Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. A Deputación Provincial de Pontevedra contribuirá á rehabilitación da Igrexa do Mosteiro de Armenteira coa cantidade de 38.562,03€, en concepto de redacción do Proxecto básico e de execución, que lle entregará á Consellería de Cultura e Turismo para a súa licitación, Dirección Facultativa das obras, control de calidade e coordinación de seguridade e saúde, de acordo coa seguinte desagregación: Aplicación Orzamentaria Actuación 2011 2012 2013 Total 942.942.227.06 Proxecto básico e de execución 20.650,00 0,00 0,00 20.650,00 Dirección Facultativa 1.392,40 8.553,31 3.978,29 13.924,00 Control de Calidade 149,55 918,67 427,29 1.495,51 Coordinación de seguridade e saúde 249,25 1.531,12 712,15 2.492,52 SUMAS 22.441,20 11.003,10 5.117,73 38.562,03 Cuarta.- Obrigas do Arcebispado de Santiago de Compostela. O Arcebispado de Santiago de Compostela comprométese a autorizar a plena e libre dispoñibilidade dos inmobles e dos terreos a favor da Consellería de Cultura e Turismo para que esta poida acometer a execución das actuacións obxecto do presente convenio. Esta libre dispoñibilidade será realizada, segundo o establecido no Decreto 246/1992, do 30 de xullo, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 159, do 17 de agosto de 1992). No caso de que a realización das obras implique o desaloxo total o parcial dos inmobles, a entidade titular do inmoble farase cargo de todos os gastos que del se deriven. Unha vez rematadas as obras, a entidade titular asumirá a xestión, mantemento e conservación do inmoble. Para estes efectos, unha vez recibidas as obras pola Consellería de Cultura e Turismo, poñerao no seu coñecemento, entendéndose que a citada comunicación determina o nacemento das obrigas previstas nesta cláusula, sen prexuízo da ulterior formalización na correspondente acta de entrega. A entidade titular do inmoble sométese ó cumprimento das normas comunitarias, e, en particular, comprométese a: • Respectar, de ser o caso, as normas de subvencionabilidade do gasto do Programa Operativo Feder contidas na Orde EHA/524/2008, do 26 de febreiro. • Cumprir as normas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, apartados 1) e 2), do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, de 1 de setembro de 2009. • Non efectuar modificacións substanciais que afecten á natureza dos investimentos, antes de transcorridos cinco anos dende o seu termo, de acordo co artigo 57 do Regulamento (CE) nº 1083/2006, do 11 de xullo. Quinta.- Obrigas do Concello de Meis. Pola súa banda o Concello de Meis colaborará neste proxecto outorgando as correspondentes licencias municipais e asumindo, de ser o caso, os custes que delas se deriven. Sexta.- Comisión Paritaria. Coa finalidade de asegurar o cumprimento do presente convenio, créase unha comisión mixta de seguimento e control, integrada polos seguintes titulares ou persoas en que respectivamente delegue cada entidade colaboradora: • O Director Xeral do Patrimonio Cultural, en representación da Consellería de Cultura e Turismo. • O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. • O Arcebispo de Santiago de Compostela. • O Alcalde do Concello de Meis. Esta comisión, que será presidida polo representante da Consellería de Cultura e Turismo, resolverá as dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos. Sétima.- Resolución do Acordo. O presente convenio resolverase polo incumprimento total ou parcial dalgunha das cláusulas que o regulan. Oitava.- Vixencia do Acordo. O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e estará vixente ata o 31 de decembro de 2013 ou, ata a finalización das obras obxecto do mesmo, se ben, por causas xustificadas, poderá ser prorrogado por acordo das partes. Novena.- Réxime Xurídico. Este convenio ten natureza administrativa. As cuestións litixiosas xurdidas da aplicación do presente convenio, e non resoltas en vía administrativa, serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. E en proba de conformidade cos termos do presente convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano no lugar e data expresados. O conselleiro de Cultura e Turismo, O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra O arcebispo de Santiago de Compostela O alcalde do Concello de Meis Roberto Varela Fariña Rafael Louzán Abal Julián Barrio Barrio José Luis Pérez Estévez” - A Deputación de Pontevedra financiará o obxecto do convenio cunha achega de 38.562,03 €, imputables á aplicación orzamentaria 942.942.227.06, en canto á anualidade 2011, e as equivalentes no seu caso, en canto ás anualidades posteriores se refire e tendo en conta o cadro de distribución do financiamento que se recolle no convenio. - Así mesmo facultase ó presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 14.19475.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 2º E 3º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2011 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes CIF: V-36.291.334, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 187.730,30 €, para os gastos de funcionamento do 2º e 3ª trimestre do ano 2011, e do informe de intervención de data 9 de setembro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 187.730,30€ como achega da Deputación, para o 2º e 3º trimestre do ano 2011, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 2. Declarar o aboo a favor do citado Consorcio da cantidade de 187.730,30€ con cargo á aplicación orzamentaria 2011.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201100055483. 15.19476.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CONGRESO Mediante escrito de data 20 de maio de 2011, a xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, Dna. María del Carmen Crespo Blanco, solicita permiso e axuda económica para asistir ó “XVIII Congreso Español de Medicamento e Enfermaría do Traballo”, que terá lugar os próximos días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro de 2011 en Valladolid. A solicitude é informada favorablemente pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Dada a relación existente entre o contido do Congreso e o traballo que vén desenvolvendo dita funcionaria no servizo de Prevención de Riscos Laborais, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, a funcionaria deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do Congreso e as conclusións obtidas. De conformidade coa normativa 11ª do acordo nº 9.14880, de data 9 de marzo de 2007, e, modificada mediante acordo da Xunta de Goberno de data 9 de setembro de 2011 onde se regula que a axuda económica máxima que se lles poderá conceder ós solicitantes comprenderá: o 50% dos gastos de matrícula ou inscrición (cun tope máximo de 300,00 € por solicitante) así como os gastos de desprazamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual, pero terán igualmente unha limitación máxima por importe de 400,00 € por solicitante. En todos os casos, e aínda cando non se superen devanditos límites, non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar do aloxamento e o centro onde se imparte o curso, xornada, congreso ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dna. María del Carmen Crespo Blanco permiso para asistir os días 29 e 30 de setembro e 1 e 2 de outubro de 2011 e dado que os gastos previsibles ocasionados pola funcionaria ascenden a un total de 726,43€, só se lle declara de aboo o tope máximo de 400,00 €. Ditas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 11/929.920.231.20 de locomoción por un importe de 200,00 € e 11/929.920.230.20 de dietas por un importe de 200,00 €. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 16.19477.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota