Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-10-07_Ordinaria. Acta de sesión 2011/10/07_Ordinaria
Acta de sesión 2011/10/07_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-10-07_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/10/07_Ordinaria
Data(s) 2011-10-07 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta minutos do día sete de outubro do ano dous mil once, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno e D. Jose Alberto Pazos Couñago. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal e os Deputados Provinciais D. José Crespo Iglesias, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19516.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de setembro de 2011. 2.19517.- CAMBIO DE DENOMINACIÓN SOCIAL DA EMPRESA ADXUDICATARIA DO CONTRATO RELATIVO Ó SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA DOS FUNCIONARIOS INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión celebrada o día 24 de xuño de 2009, adxudicou definitivamente á Compañía de Seguros Adeslas, S.A., (C.I.F.- A-40001430), o contrato correspondente a un seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación de Pontevedra, polo prezo de corenta e catro euros con cincuenta céntimos (44,50 €) por cada beneficiario ó mes, impostos incluídos. A vixencia desta póliza finalizaba o día 30 de xuño de 2011 ás 24:00 horas e a empresa. Vidacaixa Adeslas S.A., entidade que absorbeu á Compañía de Seguros Adeslas, S.A., presentou un escrito de data 20 de maio de 2011 no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra solicitando a prórroga do contrato por un período adicional de dous anos máis. A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 8 de xullo de 2011 ratificou a Resolución Presidencial número 9.623 de data 23 de xuño de 2011 pola que se autorizou a prórroga deste contrato ata o día 30 de xuño de 2013 , así como a novación do contrato, adxudicado inicialmente á Compañía de Seguros Adeslas, S.A. (C.I.F.-A-40.001.430), en favor da sociedade absorbente, Vidacaixa Adeslas, Sociedad Anónima de Seguros Generales y Reaseguros (C.I.F.-A-28011864), quedando esta sociedade subrogada en todos os dereitos e obrigacións dimanantes deste contrato. A sociedade Segurcaixa Adeslas, Sociedad Anónima de Seguros Generales a través de escrito de data 1 de agosto de 2011, con entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra o día 29 de setembro de 2011, participa que a entidade Vidacaixa Adeslas, Sociedad Anónima de Seguros e Reaseguros, cambia a denominación social da sociedade, pola nova denominación de Segurcaixa Adeslas, S.A. de Seguros y Reaseguros, con C.I.F.-28.011.864, domiciliada en Barcelona, na rúa Juan Gris, número 20-26., segundo escritura efectuada con data 12 de xullo de 2011, ante o Notario do Ilustre Colexio Notarial de Catalunya, con residencia en Barcelona, D. Jaime Ruiz Cabrero, con número de protocolo 1.033. Considerando que a Xunta de Goberno é o órgano de contratación que adxudicou no seu momento este contrato e é o que ten competencia para autorizar todas as modificacións relacionadas co mesmo, en aplicación das bases de execución do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno, en base á documentación achegada pola sociedade Segurcaixa Adeslas, Sociedade Anónima de Seguros Generales a través de escrito presentado no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra o día 29 de setembro de 2011, queda enterada do cambio de denominación social da sociedade “Vidacaixa Adeslas, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros” (C.I.F.- A-28.011.864), adxudicataria do contrato correspondente ó seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación de Pontevedra, pola nova denominación de “Segurcaixa Adeslas, S.A. de Seguros y Reaseguros. 3.19518.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Probisa, tecnología y construcción, S.A. A empresa Probisa, tecnología y construcción, S.A. (NIF A- 28.105.210), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil cento noventa e seis euros con vinte céntimos (3.196,20 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-1- Lote 48, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026725, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil cento noventa e seis euros con vinte céntimos (3.196,20 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-1- Lote 49, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026726, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Productos Bituminosos de Galicia, S.A. A empresa Productos Bituminosos de Galicia, S.A. (CIF A- 32.226.037), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes ó “Subministro de materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de tres mil catrocentos noventa e nove euros con noventa céntimos (3.499,90 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 200 TM. de emulsión ECM-1- Lote 50, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026233, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de mil setecentos corenta e nove euros con noventa e cinco céntimos (1.749,95 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 200 TM. de emulsión ECM-1- Lote 50 (2ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000112373, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de tres mil novecentos vinte e catro euros con oitenta e oito céntimos (3.924,88 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 250 TM. de emulsión ECR-2- Lote 53, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20100026234, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento setenta e sete euros con corenta e seis céntimos (1.177,46 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 75 TM. de emulsión ECR-2- Lote 53 (2ª ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20100112371, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Repsol YPF lubricantes y especialidades, S.A. A empresa Repsol YPF lubricantes y especialidades, S.A. (CIF A- 28.201.523), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de tres mil catrocentos noventa e tres euros con setenta e cinco céntimos (3.493,75 €), para responder do contrato relativo á: Subministro de 250 TM. de emulsión ECH-2- Lote 51, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000025255, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de tres mil catrocentos noventa e tres euros con setenta e cinco céntimos (3.493,75 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 250 TM. de emulsión ECH- 2- Lote 52, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20100025267, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Corvisa, productos asfálticos, S.A. A empresa Corvisa, productos asfálticos, S.A. (CIF B- 83.832.766), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes ó “Subministro de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular Español, por importe de mil setecentos vinte euros (1.720,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-1- Lote 54, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000024587, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construccións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.). A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de oito mil setecentos vinte e oito euros con cincuenta céntimos (8.728,50 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-Especial- Lote 55A, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000024279, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil setecentos corenta e cinco euros con setenta céntimos (1.745,70 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de emulsión ECM-Especial- Lote 55A (1ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000077528, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de tres mil douscentos trinta e dous euros con cincuenta céntimos (3.232,50 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 0/6 en betún quente- Lote 55B, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000024280, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de cincocentos dezasete euros con vinte céntimos (517,20 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 0/6 en betún quente- Lote 55B (1ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000077526, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de nove mil cincocentos trinta e seis euros con vinte e cinco céntimos (9.536,25 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12- Lote 66, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000024281, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de seis mil novecentos noventa e tres euros con vinte e cinco céntimos (6.993,25 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12- Lote 66 (1ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000077529, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil douscentos setenta e un euros con sesenta e un céntimos (1.271,61 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de mestura bituminosa en quente tipo D-12- Lote 66 (1ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000110968, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Áridos del Úmia, S.A. A empresa Áridos del Úmia, S.A. (CIF A- 36.002.558), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de seiscentos euros (600,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 1.000 TM. de árido 0/6- Lote 56, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000025416. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cincocentos oitenta e seis euros con setenta e cinco céntimos (1.586,75 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de 500m2 de formigón H-200- Lote 67, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000025417. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Fomento de Áridos y Obras, S.L. A empresa Fomento de Áridos y Obras, S.L. (CIF B- 36.285.765), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caser, por importe de catro mil catrocentos corenta e seis euros con trinta e catro céntimos (4.446,34€), para responder do contrato relativo a: Subministroación de árido 2/6 ó 6/12- Lote 57, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000023361, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caser, por importe de catro mil trescentos sesenta e catro euros con vinte e dous céntimos (4.364,22€), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 40/63- Lote 62, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000023362, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Granitos Triturados, S.L. A empresa Granitos Triturados, S.L. (CIF B- 36.158.665), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de catro mil trescentos noventa e oito euros con setenta e cinco céntimos (4.398,75 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12- Lote 58, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000024593. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Granitos y Áridos de Átios, S.L. A empresa Granitos y Áridos de Átios, S.L. (CIF B- 36.023.133), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Caixa Geral, por importe de catro mil quince euros con oitenta céntimos (4.015,80 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12- Lote 59, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026217, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Áridos de Puenteareas, S.L. A empresa Áridos de Puenteareas, S.L. (CIF B- 36.011.419), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de catro mil trescentos corenta e sete euros (4.347,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12- Lote 60, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026795, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de tres mil trescentos oitenta euros (3.380,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de zahorra ZA-0/40- Lote 65, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026693, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.- Devolución de garantías definitivas á empresa Canteras del Arenal, S.L. A empresa Canteras del Arenal, S.L. (CIF B- 36.006.716), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil catrocentos sesenta euros con oitenta e cinco céntimos (4.460,85 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 2/6 ó 6/12- Lote 61, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000025398, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 12.- Devolución de garantías definitivas á empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. A empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. (CIF A- 36.319.622), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil trescentos sesenta e catro euros con vinte e dous céntimos (4.364,22 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 40/63- Lote 63, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000023363, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil trescentos corenta e nove euros con sesenta e oito céntimos (4.349,68 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de árido 40/63- Lote 64, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000023364, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 13.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones Mosteiro, S.L. A empresa Excavaciones Mosteiro, S.L. (CIF B- 36.123.800), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de douscentos trinta e dous euros con trinta céntimos (232,30 €), para responder do contrato relativo á obra: Muro de mampostería de pedra granítica- Subministración de Materiais, ano 2010- Lote 68, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026750. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de oitocentos oitenta e dous euros con setenta e catro céntimos (882,74 €), para responder do contrato relativo á obra: Muro de mampostería- Subministración de materiais, ano 2010- Lote 68 (1ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000081577. 14.- Devolución de garantías definitivas á empresa Prefabricados San Clemente, S.L. A empresa Prefabricados San Clemente, S.L. (CIF B- 36.118.321), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de Materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil cento sete euros con noventa céntimos (1.107,90 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de tubos de formigón de distintos diámetros- Lote 69, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026654, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 15.- Devolución de garantías definitivas á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. A empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. (CIF A- 36.617.942), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes á “Subministración de materiais do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de tres mil setecentos sesenta e seis euros con cincuenta céntimos (3.766,50 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de pintura de sinalización de diversos tipos- Lote 70, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000024277, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19519.- DAR CONTA DAS ACTAS DO XURADO DO XI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” De conformidade co disposto na base 10ª das que rexeron o XI Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, que tivo lugar os días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro pasado no Pazo da Cultura desta cidade e despois das reunións mantidas polo Xurado Cualificador, a Xunta de Goberno queda enterada das actas do mesmo, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e que se achegarán con cargo á aplicación 11/330.334.481.06: SECCIÓN TERCEIRA 215 Diploma participación Unión Musical de Coruxo 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra por valor de 900 € á agrupación: Ateneo Musical de Bembrive, con 261 puntos 2º Premio, dotado con 1.100 € á agrupación: Agrupación Musical de Belesar, con 268 puntos 1º Premio, dotado con 2.400 € á agrupación: Banda de Música da Vertula, con 314 puntos SECCIÓN SEGUNDA 225 Diploma participación Banda de Música Airiños do Morrazo 253 Diploma participación Banda de Música Popular de Rubiós 262 Diploma participación Agrupación Musical de Goián 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra dotado con 1.050 € á agrupación: Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, con 267 puntos. 2º Premio, dotado con 1.300 € á agrupación: Banda de Música Xuvenil de Torroso, con 277 puntos. 1º Premio, dotado con 2.900 € á agrupación: Banda de Música Xuvenil de Xinzo, con 322 puntos. SECCIÓN PRIMEIRA 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra dotado con 1.200 € á agrupación: Agrupación Musical de Vincios, con 252 puntos. 2º Premio, dotado con 1.700 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Valga, con 258 puntos. 1º Premio, dotado con 3.400 € á agrupación: Agrupación Musical Atlántida de Matamá, con 331 puntos. SECCIÓN ESPECIAL 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra dotado con 1.500 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, con 246 puntos. 2º Premio, dotado con 2.000 € á agrupación: Banda Unión Musical de Meaño, con 345 puntos. 1º Premio, dotado con 4.100 € á agrupación: Unión Musical de Valladares, con 352 puntos 5.19520.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DNA. MARÍA ISABEL FERNÁNDEZ BARROS E DNA. MARÍA DEL CARMEN BARROS BREY, POR LESIÓNS E DANOS EN VEHÍCULO COMO CONSECUENCIA DE ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDO NA E.P. 8401 PORTELA-SOUTO DE VEA NO CONCELLO DA ESTRADA Dada conta que con data de rexistro 22/06/11 (Rex. núm. 023945) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dna. Mª Isabel Fernández Barros, con enderezo de notificacións en Hervés, 17- Troáns no Concello de Cuntis, por danos persoais derivados dun accidente de tráfico sufrido a consecuencia da presenza de sustancias deslizantes na E.P. 8401 Portela-Souto de Vea, acaecido o día 02/07/10 e que individualiza economicamente en 7.343,72 €. Dada conta que con data de rexistro de entrada 22/06/11 (Rex. núm. 023946) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dna. Mª del Carmen Barros Brey, con enderezo de notificacións en Hervés, 17- Troáns no Concello de Cuntis, por danos en vehículo coma consecuencia da presenza de sustancias deslizantes na E.P. 8401 Portela-Souto de Vea, acaecido o día 02/07/10 e que individualiza economicamente en 4.941,30 €. Resultando.- Que con data 29/06/11 a Presidencia ditou Resolución número 009859 na que decretou a acumulación dos procedementos de responsabilidade patrimonial de Dna. Mª Isabel Fernández Barros e Dna. Mª del Carmen Barros Brey ó considerar que ambas reclamacións gardan a mesma identidade de razón, ó ser as reclamantes no momento do sinistro, condutora e propietaria do vehículo, respectivamente. Resultando.- Que con data 26/07/11e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo Infraestruturas, que o emitiu en data 26/08/11co seguinte contido: “…Primeiro.- A estrada E.P.8401 Portela-Souto de Vea pertence á rede provincial de estradas. Segundo.- Aínda que por parte do Servizo de Infraestruturas non se tivo constancia directa do accidente de referencia, que se produciu ás 15:45 horas do 2 de agosto de 2010, ese día ás 17:15 horas recibiuse chamada do 112-SOS Galicia solicitando a limpeza de gasoil na estrada provincial Portela-Souto de Vea; desprazados ó lugar do sinistro, uns 25-30 minutos despois da chamada, a brigada de garda procede a limpar a calzada, descoñecéndose a causa exacta da vertedura de aceite que nese momento apenas se apreciaba. Terceiro.- Sen prexuízo do sinalado no parágrafo anterior é preciso resaltar que tal e como se pon de manifesto no informe da garda civil de tráfico, nun dos pneumáticos traseiros do vehículo “… non estaba en correctas condicións…”; esta circunstancia unida ao feito de que o tramo de estrada onde se produciu a saída do vehículo é unha curva moi pechada - o informe fala de curva forte con sinal- e que a superficie da zona de circulación atopábase mollada, influíu de forma determinante na produción do accidente. Cuarto.- Para rematar indicar que non se tivo constancia doutros accidentes provocados pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, á do sinistro obxecto do presente informe…” Considerando.- Que as instancias se presentan cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ós expedientes, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun vertido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non e que precedentemente utilizou a calzada, o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias á Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería na linguaxe to T.S. nunha especie de aseguradora universal de todos os riscos. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares (outro tipo de substancias vertidas) fan descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración na inoperancia, inacción, renuncia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da mesma, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron 25/35 minutos en chegar ó lugar do sinistro una vez foron alertados (vexase o informe e parte de traballo do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS, Sala 3ª de 11/02/87, sentenza do TS, Sala 3ª de 07/10/97, sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02, sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º, sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º, sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º, sentenza do TSXG do 27/12/07, sentenza do TSXG de 04/10/07, ditame do Consello de Estado publicado o 26/04/07, sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98, do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 212/04, 20/07, 140/08, do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 121/04, 2/05, 18/06, 124/10, do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08, abundancia de precedentes que, de interpoñerse recurso contencioso, obrigaría á Deputación a solicitar a expresa imposición de custas. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar as reclamacións. 6.19521.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DNA. MARTA CAMIÑA AROSA EN REPRESENTACIÓN DE DNA. AUREA AROSA BESADA POR DANOS EN FINCA NA E.P. 9302 XIL-COBAS-BARRANTES NO CONCELLO DE MEAÑO Dada conta que con data de rexistro de 21/06/11 (Rex. núm. 023808) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dna. Marta Camiña Arosa en representación de Dna. Aurea Arosa Besada, con enderezo a efecto de notificacións, na rúa Viliquín 49, no Concello de Meaño, por danos na súa finca como consecuencia da construción dun muro polas obras de ampliación da E.P. 9302 Xil-Cobas-Barrantes no Concello de Meaño, solicitando a determinación dos danos e a súa reparación. Resultando.- Que con data 14/07/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 15/07/11 co seguinte contido: “Primeiro. A estrada E.P. 9302 Xil-Cobas-Barrantes é de titularidade provincial. Segundo. As obras obxecto de denuncia foron promovidas polo Concello de Meaño, previo acordo coa propietaria, e executadas pola empresa Sercoysa S.A., sen que a Deputación de Pontevedra tivese intervención algunha nas mesmas. Terceiro. Proba do manifestado no parágrafo anterior é que a propia reclamante fala nos escritos presentados o 21 e 29 de xuño de 2011 da intervención do Concello de Meaño ao sinalar que “… tuvo numerosas entrevistas con el alcalde siempre infructuosas… que los daños se… acentúan con la construcción de unos peldaños por parte del Ayuntamiento en septiembre de 2010… el Ayuntamiento de Meaño manda unos operarios a tapar dichos socavones…”. Cuarto. Por último sinalar que xirada visita de inspección ao tramo de estrada en cuestión, comprobouse que o muro de contención existente non presenta o risco de desplome do que fala a propietaria. Resultando.- Que con data 20/07/11 e co fundamento no artigo 4 apartado 2 da Lei 30/92 modificado pola 4/99 solicitouse informe ó Sr. Alcalde do Concello de Meaño facendo mediante traslado de acordo da Xunta de Goberno do Concello de Meaño de data 08/08/11 co seguinte contido: “…os danos de que tivo coñecemento o Concello de Meaño, consistentes na necesidade de colocación duns pasos de escaleira e recheo de socavóns no terreo próximo ao muro de contención como consecuencia do corremento da terra pola choiva, xa foron arranxados, mediante a colocación de pasos de escaleira en pedra e a nivelación do terreo afectado…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e proba irrefutable e o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas desta Deputación no que se pon de manifesto que a obra foi promovida polo Concello de Meaño, non participando esta Deputación en ningún caso nelas, polo que dificilmente, pola mera detentación dunha infraestrutura, pódese converter nunha sorte de aseguradora universal de calquera risco. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 7.19522.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DNA. MARÍA DEL AMOR ÁNGULO GASCÓN EN REPRESENTACIÓN DE D. EUGENIO PAZOS REYES POR DANOS NA SÚA VIVENDA NA RÚA BARREIRO EN DORRÓN NO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta que con data de rexistro de 05/05/11 (Rex. núm. 018245) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dna. María del Amor Ángulo Gascón, con enderezo a efecto de notificacións na rúa San José, 4-1º D de Pontevedra, por danos na vivenda da súa propiedade coma consecuencia das obras de ensanche e pavimentación na que denominou na reclamación rúa Barreiro en Dorrón no Concello de Sanxenxo e que é en realidade E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira no Concello de Sanxenxo, na data 01/02/11 e que individualizou economicamente en 2.880,30 €. Resultando.- Que con data 10/06/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 27/06/11 co seguinte contido: “…Primeiro. A que denominan rúa Barreiro, en Dorrón, Sanxenxo, é en realidade a estrada E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira, de titularidade provincial. Segundo. Coa finalidade de mellorar substancialmente as infraestruturas da provincia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo asinaron no seu día un Convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto “Mellora de trazado e capa de rodadura da E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira”, obra pública de interese Xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Aos efectos oportunos achégase copia do citado Convenio. Terceiro. Na actualidade a devandita obra, que levou a tramitación dun expediente de expropiación, atópase en execución por parte da empresa Construcións, Obras e Viais S.A. coma adxudicataria das mesmas en virtude do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en data 3 de outubro de 2007, sendo o director das obras o técnico que suscribe. Cuarto. Ata o momento de recibir esta petición de informe non se tivo constancia dos danos aos que alude o Sr. Pazos, nin tampouco se ten coñecemento doutras reclamacións similares con orixe nas obras levadas a cabo na citada estrada. Quinto. Neste punto faise necesario traer a colación o informe pericial de parte cando no mesmo indícase, entre outras cuestións, que “… el sinistro tiene lugar el 1 de febrero de 2011… el origen de los desperfectos se ocasiona por las obras de asfaltado del vial de circulación mediante la utilización de maquinaria pesada provocando fuertes vibraciones que se transmiten a la estructura del inmueble…”, afirmación que merece as seguintes consideracións: a) A única actuación realizada nesas datas (febreiro de 2011) foi estender na estrada a capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente cuxo acabado faixe con compactadora de neumáticos, método empregado habitualmente en todas as obras que se levan a cabo en rúas e estradas municipais, provinciais, autonómicas ou estatais e en zonas que existen vivendas moito máis antigas, de construción menos consistente e máis próximas á vía pública que a do reclamante. Por iso é imposible que se producise unha repercusión do compactador do firme na vivenda do reclamante xa que do contrario chegaríamos á conclusión de que soportaría un serio risco pavimentar calquera viario co apisoado do paquete de firme (grava, zahorra, etc) e a rodaxe (mesturas en frío ou quente), sen pensar que as edificacións lindeiras se agretasen ou desplomasen en calquera momento, situación causa-efecto que non é, nin moito menos, habitual. b) Sen prexuízo do sinalado no parágrafo anterior, aínda é máis difícil comprender que existan queixas de gretas nunha edificación situada a uns seis metros do firme. Tamén chama a atención que a reclamación presentada por D. Eugenio Pazos Reyes sexa a única deste tipo cando este sistema de asfaltado, coa misma maquinaria, empregouse ao longo de máis de cinco quilómetros de estrada e en zonas onde as edificacións son máis antiguas, menos estables e estaban máis próximas ao vial, sen que as mesmas sufriran deficiencia algunha durante as obras. Aos efectos oportunos xúntanse fotografías de varias vivendas que acreditan esa afirmación. Sexto. Á vista do exposto, e como conclusión, estimamos que se existen gretas na edificación propiedade de D. Eugenio Pazos Reyes estas non son consecuencia das obras de mellora da estrada E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira promovidas pola Deputación Provincial de Pontevedra…” Resultando.- Que con data 29/06/11 e co fundamento no artigo 198/2007 da Lei de Contratos do Sector Público déuselle audiencia á mercantil Construcións, Obras e Viais, S.A, recibindo as mesmas na data 07/07/11 co seguinte contido: “…Queremos manifestar que somos adjudicatarios de las obras MEJORA TRAZADO Y CAPA RODADURA E.P. 9201 SANXENXO-BORDÓNS, comenzamos los trabajos el 18/02/08. Los dos meses anteriores a la fecha del posible daño, los trabajos efectuados fueron colocación de tuberías y aceras, en los que no se emplea maquinaria pesada. No tenemos ninguna reclamación en este sentido, ni en esta obra, con viviendas pegadas a las aceras construidas y con antigüedad mayor considerable, ni en ninguna de las otras obras ejecutadas por esta empresa.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois mais aló da coincidencia temporal e o casualismo que se dou nas gretas, a forza causal non residiu nas obras executadas pola adxudicataria, como recolle tanto o informe de infraestruturas como da empresa, pois no asfaltado da estrada utilizouse unha compactadora de pneumáticos, método empregado habitualmente en todas as obras non habendo reclamación algunha por esta causa, incluso de vivendas situadas máis próximas á estrada e de moita máis antigüidade. Considerando.- Que a recente sentenza 150/2008 do Xulgado do contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra desestima o recurso contencioso-administrativo seguido como Proceso Ordinario nº 222/07 contra a resolución da Deputación desestimatoria da reclamación formulada, deixando dito que: “… A pesar de los esfuerzos probatorios desarrollados en vía administrativa y en esta judicial por la parte actora, no se ha acreditado suficientemente no ya el nexo de causalidad exigible entre el daño que se reclama y el funcionamiento de un servicio público sino la propia responsabilidad de la Diputación Provincial en la causación de los desperfectos que sufre la vivienda.” Na mesma liña argumental, as recentes sentenzas 167/2008, ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 en autos de Procedemento Abreviado nº 101/2008-M e a sentenza 222/2008, ditada polo xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 en autos de Procedemento Abreviado 100/2008. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación.º 8.19523.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.19524.- MODIFICACIÓN DA DENOMINACIÓN DO CURSO OBXECTO DE SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 29/07/2011 A FAVOR DA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA, DENTRO DA CONVOCATORIA DIRIXIDA ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 29 de xullo de 2011, unha subvención polo importe de 3.500,00 € en favor da Fundación Amigos de Galicia para a realización do curso “Formación e Insersión Laboral de Usuarios de Pontevedra”; solicitada o 7 de setembro pola citada Fundación unha modificación da denominación do curso, sen variación das horas a impartir e asumindo por si mesma o incremento do custo; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a modificación da denominación do curso “Formación e Inserción Laboral dos Usuarios de Pontevedra”, obxecto dunha subvención por importe de 3.500,00 €, aprobada pola Xunta de Goberno do 29/07/2011 en favor da Fundación Amigos de Galicia, pasando a denominarse “Confección de Prendas de Traballo”, sen que isto supoña variación das horas a impartir, e polo tanto aplicándoselle o mesmo baremo que á subvención inicial. 10.19525.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DA AGRUPACIÓN VECIÑAL XUNQUEIRAS DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, EXERCICIO 2010 Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o cambio de aplicación do expediente de concesión de subvención á Agrupación que a continuación se relaciona e que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 22 de decembro de 2010 adoptou no seu acordo número 2.18827 a concesión dunha subvención e o seu importe con cargo á aplicación 942.459.789.07.2010 do vixente orzamento provincial. Asociación Obxecto da Subvención Orzamento Importe da Subvención Agrupación Veciñal Xunqueiras (76.996.072-F) (Pazos de Borbén) Materiais instalación eléctrica e calefacción 3.937,30 € 3.937,18 € Ás condicións adoptadas no acordo de concesión da mesma son ás seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de dita actuación. b) Para o aboo da subvención concedida requirirase a previa xustificación da inversión, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As solicitudes que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 do outubro de 2011, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 11.19526.- INFORME SOBRE O ACORDO DE DISOLUCIÓN DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, DO CONDADO E DA LOURIÑA Dada conta da comunicación do presidente do Consorcio Contra Incendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, do 16 de setembro de 2011 (rexistro de entrada núm. 33259, de data 22/09/2011), pola que se remite o acordo de disolución do Consorcio Contra Incendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e se solicita á Deputación de Pontevedra que emita o preceptivo informe esixido no artigo 143.1 b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, Visto o informe favorable da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 6 de outubro de 2011, que manifesta que se seguiu o procedemento establecido no artigo 143.1 por remisión do 151.2 da citada Lei 5/1997. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestarlle conformidade e posteriormente remitir ó Consorcio Contra Incendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña o mencionado informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, que di como segue: “Dada conta da notificación do acordo do Pleno do Consorcio Contra Incendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, adoptado na súa sesión do 15 de setembro (nº rexistro de entrada 33.259 de 22 de setembro de 2011) e remitido ós efectos do informe previsto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia maniféstase que se seguiu o procedemento establecido no artigo 143.1, por remisión do 151.2, ambos da citada Lei 5/1997, polo que se informa favorablemente o mesmo”. 12.19527.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA CON DESTINO Ó SERVIZO DE MEDIO NATURAL Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno núm. 14.19170, en sesión celebrada o 13 de abril de 2011, acordouse a adxudicación de dúas Bolsas de Enxeñeiro Técnico Agrícola, con destino Ó Servizo de Medio Natural, a favor de D. David Garcia Doval e D. Enrique Rodiño Castro, con efectos 1 de maio de 2011 e por un período de seis meses, finalizando o 31 de outubro de 2011. As Bases da Convocatoria publicadas no BOP nº 56, de data 22 de marzo de 2011, establecen que “as Bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen a facer uso das mesmas e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, a petición e co informe favorable do xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno”. Mediante escrito de data 29 de setembro de 2011 a xefa de Medio Natural solicita dita prórroga, informando que leva a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. De conformidade con todo o exposto, ó amparo do establecido no artigo 105.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de Intervención de data 5 de outubro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as Bolsas concedidas a D. David García Doval e D. Enrique Rodiño Castro, Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, por un período de seis meses, dende o 1 de novembro de 2011 ó 30 de abril de 2012. A dotación económica das bolsas ascende a 1.200,00 €/mes, o que supón para este exercicio económico un total de 4.800,00 € respecto ó período comprendido entre o 1 de novembro de 2011 ó 31 de decembro de 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 410.410.481.01 do orzamento provincial quedando retido crédito para tal fin por medio de documento Rc número de operación 201100081458. 13.19528.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 7 de outubro de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100001331 e que contén tres facturas, sendo a primeira de Núñez Martínez, Jacobo, por importe de 835,48 € e a derradeira de Núñez Martínez, Jacobo, por importe 764,09 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 2.072,03 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 2.072,03 € 14.19529.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A SOCIEDADE CASINO MERCANTIL E INDUSTRIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA SOCIEDADE EN CONS, MOURENTE (PONTEVEDRA) A Deputación Provincial pretende establecer un acordo de colaboración coa Sociedade Mercantil e Industrial de Pontevedra coa finalidade de levar a cabo a remodelación das tres pistas centrais de tenis das instalacións deportivas que a Sociedade posúe en Cons, Mourente, e que presentan unhas condicións deficientes que non permiten a súa utilización dunha forma idónea. O instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común entre as Administracións públicas, son os convenios de colaboración, tal e como establece o artigo 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. O Secretario Xeral da Deputación informou, con data 6 de outubro do ano en curso, o mencionado convenio de colaboración. Visto o informe de Intervención, e de conformidade co artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e demais lexislación vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e a Sociedade Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, sendo o seu texto como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A SOCIEDADE CASINO MERCANTIL E INDUSTRIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA SOCIEDADE EN CONS, MOURENTE, PONTEVEDRA En Pontevedra, a …….. de 2011 REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Da outra D. Roberto José Vega Castro, Presidente da Sociedade Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, cargo para o que foi elixido na asemblea celebrada o día 30 de novembro de 2010, actuando en nome e representación de dita sociedade. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con Concellos, Entidades, Asociacións e Clubs da provincia na construción de instalacións deportivas. II.- A Sociedade Mercantil e Industrial de Pontevedra está profundamente arraigada na sociedade pontevedresa, formando parte da súa masa social un número considerable de cidadáns representantes do pequeno e mediano comercio, así como numerosas familias, dispoñendo dunhas instalacións deportivas situadas en Mourente, Pontevedra. O complexo deportivo dispón de sete pistas de tenis, un pavillón deportivo, dúas piscinas, unha delas é a única olímpica ó aire libre na cidade de Pontevedra, etc. Todas estas instalacións son utilizadas asiduamente por máis de 300 nenos e mozos a través dos distintos programas que a Asociación ten establecidos, non so para os seus asociados senón tamén brindando a oportunidade de que poidan ser usadas por outras Asociacións e Entidades, tanto de Pontevedra como do resto da Comunidade Autónoma. En definitiva, son unhas instalacións punteiras tanto polas súas características como polas actividades que nelas se desenvolven. Agora ben, estas instalacións presentan unhas condicións deficientes, de modo primordial as pistas de tenis, necesitando que se leven a cabo reformas e melloras nas mesmas, para que permitan a súa utilización dunha forma idónea. Para levar a cabo a adecuación destas instalacións e dos seus accesos é necesaria unha importante inversión, que a Sociedade non pode abordar por si soa, e de aí que necesite a colaboración doutras Institucións para levar a cabo estas melloras. III.- Coa finalidade de prestar colaboración para levar a cabo estas accións o Casino Mercantil e Industrial e a Deputación Provincial de Pontevedra subscribiron, con data 16 de maio de 2011 un protocolo de colaboración no que se recollía como obxecto do mesmo o articular as bases de colaboración para levar a cabo as seguintes accións: -Remodelación das tres pistas centrais de tenis. -Adecuación dos accesos e aparcamento interior do recinto. -Acondicionamento da casa de Campamentos. -Dotación de material audiovisual. IV.- Por Resolucións da Presidencia de data 20 de setembro de 2011 concedeuse ó Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra axudas económicas por importe de 12.000,00€ para o “Acondicionamento Casa Campamentos de Mourente” e de 2.970,00 euros para a dotación de material audiovisual. Así mesmo o Pleno Corporativo, en sesión celebrada o día 5 do pasado mes de agosto, prestou aprobación a un expediente de modificación de créditos no que se consignou a cantidade de 70.000,00 € para levar a cabo a mellora de pistas de tenis de Mourente. V.- En base a estes antecedentes, e coa finalidade de completar as actuacións previstas no protocolo formalizado, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O obxecto do presente convenio é articular as bases de colaboración entre a Deputación provincial e a Sociedade Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, para levar a cabo a remodelación das tres pistas centrais de tenis. Segunda.- Orzamento e financiamento. O importe destas actuacións ascende a contía de 70.000,00 €, incluídos os honorarios correspondentes á realización do proxecto, se fora preciso, que serán financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra. Terceira.- Compromisos das partes. 3.1.- Obrigas da Sociedade Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra: a. A Sociedade Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra porá a disposición da Deputación as instalacións deportivas correspondentes, tanto deportivas como os viais de acceso, para proceder a súa remodelación. b. Solicitará a licenza municipal e calquera outra que fora precisa para levar a cabo as obras de remodelación, contando, na medida do posible, coa colaboración Institucional da Deputación. c. Comprométese a que as instalacións deportivas poidan ser utilizadas pola Deputación provincial para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. d. Dará a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. 3.2.- Obrigas da Deputación: a. Levar a cabo a remodelación das tres pistas centrais de tenis por un importe de 70.000,00 €, no que se inclúen os gastos de redacción de proxecto se fora preciso. Para facer fronte a este gasto existe consignación na aplicación 330.342.658.02 do vixente orzamento ordinario, cantidade incluída nominalmente no expediente de modificación de créditos 2/2011. b. Proceder á licitación das obras comprendidas no proxecto de remodelación a través do procedemento de contratación correspondente, así como o nomeamento da dirección das mesmas, e da súa recepción. Cuarta.- Condicionamento das actuacións. A realización de todas as actuacións previstas nas cláusulas anteriores, levarase a cabo sempre e cando se obteñan, previamente, as autorizacións pertinentes das distintas Administracións que poidan estar involucradas na concesión das mesmas. Quinta.- Entrega das obras. Unha vez concluídas as obras de remodelación das pistas, a Deputación fará entrega do mesmo á Sociedade Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, mediante a formalización da correspondente acta. Unha vez entregadas as obras, a Sociedade correrá cos gastos de conservación e mantemento do total das instalacións. Sexta.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Sétima.- Vixencia do convenio. O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes en caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Oitava.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data salientada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal Pola Sociedade Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, Asdo. Roberto José Vega Castro” 15.19530.- CERTIFICACIÓN Nº 5 DE SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. DA OBRA “ACONDICIONAMENTO E.P. 8601 RÚA DEPUTACIÓN (PONTECESURES)” Vista a certificación núm. 5 relativa á obra “Acondicionamento E.P. 8601 Rúa Deputación (Pontecesures)”, e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 29/09/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 5: Empresa Aplicación Orzamentaria Importe Sercoysa Proyectos y Obras S.A. (CIF. A – 36.319.622) 11/456.453.612.02.2010 e 11/456.453.612.02 238.388,56€ SUBTOTAL ………. 238.388,56€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.790,73€ Control de calidade (3%) Id. 5.093,05€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.222,33€ Total descontos 19.896,84€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ……….. 218.491,72€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.19531.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota