Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-11-25_ Ordinaria. Acta de sesión 2011/11/25_ Ordinaria
Acta de sesión 2011/11/25_ Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-11-25_ Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/11/25_ Ordinaria
Data(s) 2011-11-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do día vinte e cinco de novembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dna. María Pilar Ramallo Vázquez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19637.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de novembro de 2011. 2.19638.- LIBERALIZACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA ACTÍVATE 2011 Posto en marcha o Programa Actívate 2011, cunha dotación económica de 87.600,00€, dirixido ós mozos de entre 16 e 35 anos dos Concellos de menos de 50.000 habitantes da nosa provincia; adxudicada á Asistencia Técnica para a organización do mesmo, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 25/05/2011 á empresa Inicia Formación y Consultoría S.L., polo importe de 70.807,08 €; rematados os cursos integrantes do programa (73), e tramitada a correspondente facturación por importe de 60.006,00 €, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberalización do sobrante económico de 10.801,08 €, acontecido no programa Actívate 2011, para o seu reintegro ó RC 201100020242, co fin de atender diversos gastos deste Servizo de Acción Social. 3.19639.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Faro de Vigo, S.A. Á empresa Faro de Vigo, S.A. con CIF A- 36.600.815, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de seis mil seiscentos trinta e sete euros con doce céntimos (6.637,12€), para responder do contrato relativo ós: Servizos de publicidade no xornal Faro de Vigo, ano 2009, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900069741, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de sete mil seiscentos vinte e sete euros con doce céntimos (7.627,12 €), para responder do contrato relativo ós: Servizos de publicidade no xornal Faro de Vigo, ano 2010, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000115822, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Setga, S.L.U. Á empresa Setga, S.L.U. con CIF B- 36.699.064, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil cincocentos sesenta e dous euros con corenta e cinco céntimos (2.562,45 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora da seguridade viaria na E.P. 9703 Caleiro-Pontearnelas (Vilanova de Arousa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/12/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800106409, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil cento corenta e catro euros con trinta e nove céntimos (1.144,39€), para responder do contrato relativo á obra: Subministración e instalación eléctrica no campo de fútbol de Coia (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900000927, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil oitocentos cincuenta euros con cinco céntimos (2.850,05 €), para responder do contrato relativo á obra: Dotación de alumeado no campo de fútbol municipal de Aldán (Cangas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900000928, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19640.- APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA A RESTAURACIÓN DA IGREXA DO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA (MEIS-PONTEVEDRA), COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013 Dada conta do convenio de colaboración aprobado por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 16 de setembro de 2011. Tendo en conta os informes presentados para a corrección de erros e os informes de secretaria e intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar as modificacións propostas en dito convenio de colaboración e que afectan a senda anual das achegas da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Cultura e turismo quedando o texto definitivo como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA A RESTAURACIÓN DA IGREXA DO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA (MEIS-PONTEVEDRA), COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013 Santiago de Compostela, R E U N I D O S Dunha parte, D. Roberto Varela Fariña, actuando en representación da Consellería de Cultura e Turismo, en virtude do seu cargo de conselleiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, así como o artigo 2º da Resolución de 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991 sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares. Doutra, D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 11/1999, do 21 de abril, de modificación daquela e o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Doutra, D. Julián Barrio Barrio, Arcebispo da Diocese de Santiago de Compostela, na súa representación. Doutra, D. José Luis Pérez Estevez , actuando en representación do Concello de Meis, en virtude da súa condición de Alcalde-Presidente da citada corporación segundo o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e no artigo 24 do Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Todas as partes teñen plena capacidade para levar adiante o presente convenio de cooperación e por tanto, E X P O Ñ E N Primeiro.- Que a Xunta de Galicia asume a xestión das funcións sobre o patrimonio cultural en virtude do R.d. 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, de acordo co establecido no artigo 27.18 do Estatuto de Autonomía, en consonancia co estipulado no artigo 148.1.16 da Constitución Española, ámbito desenvolvido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Segundo.- O artigo 25.2 da Lei 8/1995 de 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia obriga ós poderes públicos a garantir a protección, a conservación e o enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia. Por outra banda, o 17 de abril de 1985, a Xunta de Galicia asinou un acordo cos Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia que ten por obxecto o de garantir a conservación e protección e fomentar e promover o enriquecemento do patrimonio histórico e artístico da Igrexa en Galicia. Terceiro.- O Mosteiro Cisterciense de Santa María de Armenteira, en Meis, ademais de ser un dos monumentos máis significativos da Provincia de Pontevedra, constitúe o edificio máis representativo do románico galego. Coa finalidade de garantir a seguridade dos visitantes do mosteiro, a Deputación Provincial de Pontevedra asumiu a primeira fase das obras de restauración do mosteiro. Nestes intres, o estado de conservación da igrexa do mosteiro de Armenteira fai necesario dunha intervención inmediata, que evite unha perda irreparable ó patrimonio cultural galego. Por todo o exposto, as partes acordan subscribir un convenio de colaboración baseado nas seguintes C L Á U S U L A S Primeira.- Obxecto do Convenio. O obxecto do presente Convenio é regular as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis para a realización das obras de restauración da igrexa do Mosteiro de Armenteira, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixo 5 “desenvolvemento sostible local e urbano”, Tema Prioritario 58 “protección e preservación do patrimonio cultural”. Para o desenvolvemento deste proxecto non é posible promover a concorrencia pública, xa que as obras de restauración da igrexa do Mosteiro de Armenteira van evitar que continúe deteriorándose este ben , polo tanto impedirán que se produza unha perda irrecuperable para o patrimonio cultural galego, por tratarse dun ben incluído no inventario xeral do patrimonio cultural da Xunta de Galicia. Por outra banda, está proposta está incluída na programación elaborada pola Subdirección de Conservación e Restauración de Bens Culturais, dentro do plan de conventos e mosteiros, e cumpre todos os criterios obxectivos fixados para a execución das obras. Segunda.- Obrigas da Consellería de Cultura e Turismo. A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, comprométese a contratar as obras indicadas, de acordo co Proxecto básico e de execución facilitado pola Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ós seus orzamentos e co seguinte desagregación por anualidades e aplicacións orzamentarias: Aplicación Orzamentaria Actuación 2011 2012 2013 Total 11.03.433A.632.1 Obras de restauración da igrexa do Mosteiro de Armenteira 0,00 215.000,00 135.000,00 350.000,00 Este expediente de gasto tramítase ó abeiro da orde da consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a súa execución queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente nas anualidades correspondentes. Terceira.- Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. A Deputación Provincial de Pontevedra contribuirá á rehabilitación da Igrexa do Mosteiro de Armenteira coa cantidade de 38.562,03€, en concepto de redacción do Proxecto básico e de execución, que lle entregará á Consellería de Cultura e Turismo para a súa licitación, Dirección Facultativa das obras, control de calidade e coordinación de seguridade e saúde, de acordo co seguinte desagregación: APLICACIÓN ORZAMENTARIA ACTUACIÓN 2011 2012 2013 TOTAL 942.942.227.06 Proxecto básico e de execución 20.650,00 0,00 0,00 20.650,00 942.942.227.06 Dirección Facultativa 0,00 13.924,00 0,00 13.924,00 942.942.227.06 Control de Calidade 0,00 1.495,51 0,00 1.495,51 942.942.227.06 Coordinación de seguridade e saúde 0,00 2.492,52 0,00 2.492,52 SUMAS 20.650,00 17.912,03 0,00 38.562,03 Cuarta.- Obrigas do Arcebispado de Santiago de Compostela. O Arcebispado de Santiago de Compostela comprométese a autorizar a plena e libre dispoñibilidade dos inmobles e dos terreos a favor da Consellería de Cultura e Turismo para que esta poida acometer a execución das actuacións obxecto do presente convenio. Esta libre dispoñibilidade será realizada, segundo o establecido no Decreto 246/1992, do 30 de xullo, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 159 do 17 de agosto de 1992). No caso de que a realización das obras implique o desaloxo total o parcial dos inmobles, a entidade titular do inmoble farase cargo de todos os gastos que del se deriven. Unha vez rematadas as obras, a entidade titular asumirá a xestión, mantemento e conservación do inmoble. Para estes efectos, unha vez recibidas as obras pola Consellería de Cultura e Turismo, poñerao no seu coñecemento, entendéndose que a citada comunicación determina o nacemento das obrigas previstas nesta cláusula, sen prexuízo da ulterior formalización na correspondente acta de entrega. A entidade titular do inmoble sométese ó cumprimento das normas comunitarias, e, en particular, comprométese a: • Respectar, de ser o caso, as normas de subvencionabilidade do gasto do Programa Operativo Feder contidas na Orde EHA/524/2008, do 26 de febreiro. • Cumprir as normas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, apartados 1) e 2), do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, de 1 de setembro de 2009. • Non efectuar modificacións substanciais que afecten á natureza dos investimentos, antes de transcorridos cinco anos dende o seu termo, de acordo co artigo 57 do Regulamento (CE) nº 1083/2006, do 11 de xullo. Quinta.- Obrigas do Concello de Meis. Pola súa banda o Concello de Meis colaborará neste proxecto outorgando as correspondentes licencias municipais e asumindo, de ser o caso, os custes que delas se deriven. Sexta.- Comisión Paritaria. Coa finalidade de asegurar o cumprimento do presente convenio, créase unha comisión mixta de seguimento e control, integrada polos seguintes titulares ou persoas en que respectivamente delegue cada entidade colaboradora: • O Director Xeral do Patrimonio Cultural, en representación da Consellería de Cultura e Turismo • O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra • O Arcebispo de Santiago de Compostela • O Alcalde do Concello de Meis Esta comisión, que será presidida polo representante da Consellería de Cultura e Turismo, resolverá as dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos. Sétima.- Resolución do Acordo. O presente convenio resolverase polo incumprimento total ou parcial dalgunha das cláusulas que o regulan. Oitava.- Vixencia do Acordo. O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e estará vixente ata o 31 de decembro de 2013 ou, ata a finalización das obras obxecto do mesmo, se ben, por causas xustificadas, poderá ser prorrogado por acordo das partes. Novena.- Réxime Xurídico. Este convenio ten natureza administrativa. As cuestións litixiosas xurdidas da aplicación do presente convenio, e non resoltas en vía administrativa, serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. E en proba de conformidade cos termos do presente convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano no lugar e data expresados. O conselleiro de Cultura e Turismo, O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra O Arcebispo de Santiago de Compostela O alcalde do Concello de Meis Roberto Varela Fariña Rafael Louzán Abal Julián Barrio Barrio José Luis Pérez Estévez” 5.19641.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 15 de xuño de 2011 aproba as bases para a concesión de axudas a Conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública para o ano 2011, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 152.194,00 €, con cargo á aplicación 11/330.323.462.04 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións que se relacionan a continuación: Concello DNI/CIF Terceiro Obxecto da subvención Importe proposto Cambados P3600600E Concello de Cambados Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 12.419,00 € Cangas do Morrazo P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 17.703,00 € Estrada, A P3601700B Concello de A Estrada Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 13.740,00 € Gondomar P3602100D Concello de Gondomar Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 14.532,00 € Guarda, A P3602300J Concello de A Guarda Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 14.532,00 € Lalín Q3600386A Padroado Cultural de Lalín Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 21.138,00 € Ponteareas P3604200J Concello de Ponteareas Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 21.138,00 € Tui P3605500B Concello de Tui Gastos de funcionamento do Conservatorio de música 17.175,00 € Vilagarcía de Arousa P3606000B Concello de Vilagarcía de Arousa Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música 19.817,00 € TOTAL 152.194,00 € 6.19642.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 15 de xuño de 2011 aproba as bases para a concesión de axudas a Escolas de Música públicas para o ano 2011, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 149.990,00 €, con cargo á aplicación 11/330.323.462.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións que se relacionan a continuación: Concello DNI/CIF Terceiro Obxecto da subvención Importe proposto Agolada P3602000F Concello de Agolada Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.208,00 € Baiona P3600300B Concello de Baiona Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.365,00 € Cambados P3600600E Concello de Cambados Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.944,00 € Cangas do Morrazo P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Gastos de funcionamento da Escola de Música 8.912,00 € Catoira P3601000G Concello de Catoira Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.208,00 € Estrada, A P3601700B Concello de A Estrada Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.439,00 € Forcarei P3601800J Concello de Forcarei Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.208,00 € Fornelos de Montes P3601900H Concello Fornelos de Montes Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.208,00 € Marín P3602600C Concello de Marín Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.208,00 € Meaño P3602700A Concello de Meaño Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.597,00 € Moaña P3602900G Concello de Moaña Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.944,00 € Mondariz P3603000E Concello de Mondariz Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.944,00 € Moraña P3603200A Concello de Moraña Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.208,00 € Neves, As P3603400G Concello de As Neves Gastos de funcionamento da Escola de Música 5.208,00 € Ponteareas P3604200J Concello de Ponteareas Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.365,00 € Porriño, O P3603900F Concello de O Porriño Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.597,00 € Redondela P3600033I Concello de Redondela Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.018,00 € Sanxenxo P3600021D Organ. Aut. Terra de Sanxenxo Gastos de funcionamento da Escola de Música 7.754,00 € Silleda P3605200I Concello de Silleda Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.944,00 € Tui P3605500B Concello de Tui Gastos de funcionamento da Escola de Música 9.259,00 € Valga P3605600J Concello de Valga Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.944,00 € Vila de Cruces P3605900D Concello de Vila de Cruces Gastos de funcionamento da Escola de Música 6.018,00 € Vilagarcía de Arousa P3606000B Concello de Vilagarcía de A. Gastos de funcionamento da Escola de Música 9.490,00 € TOTAL 149.990,00 € 7.19643.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 15 de xuño de 2011 aproba as bases para a concesión de axudas a Escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro para o ano 2011, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 49.996,00 €, con cargo á aplicación 11/330.323.489.09 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións que se relacionan a continuación: Concello DNI/CIF Terceiro Obxecto da subvención Importe proposto Lalín G36041515 Banda de Música de Lalín Gastos de funcionamento da Escola de Música 3.120,00 € Mos V36028827 Centro Recreativo y Cultural de Torroso Gastos de funcionamento da Escola de música 4.316,00 € Ponteareas G36104768 Banda de Música La Unión de Guláns Gastos de funcionamento da Escola de Música 2.988,00 € Ponteareas G36034148 Banda de Música Xuvenil de Xinzo Gastos de funcionamento da Escola de Música 2.988,00 € Pontevedra G36570521 Asoc. Cultural A Tempo Escola de Música Gastos de funcionamento da Escola de Música 3.652,00 € Pontevedra G36060796 Músico Cultural San Martiño Salcedo Gastos de funcionamento da Escola de Música 3.452,00 € Rosal, O G36027928 Agrupación musical de O Rosal Gastos de funcionamento da Escola de Música 3.984,00 € Salceda de Caselas G36123313 Amigos de la Música - Salceda de Caselas Gastos de funcionamento da Escola de Música 3.984,00 € Soutomaior G36033850 Agrupación Musical Artística de Arcade Gastos de funcionamento da Escola de Música 2.988,00 € Vigo G36647055 Banda Escola de Música de Beade Gastos de funcionamento da Escola de Música 4.116,00 € Vigo G36620854 Sociedad Cultural y Deportiva Atlántida de Matamá Gastos de funcionamento da Escola de Música 4.116,00 € Vigo G36634137 Unión Musical de Coruxo Gastos de funcionamento da Escola de Música 2.988,00 € Vigo G36639110 Unión Musical de Valladares Gastos de funcionamento da Escola de Música 3.984,00 € Vilanova de Arousa G36536373 Asoc. Pro-Escola de Música Concello de Vilanova de A. Gastos de funcionamento da Escola de Música 3.320,00 € TOTAL 49.996,00 € 8.19644.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.19645.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002810, DENOMINADA “SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE MOBILIARIO PARA O CENTRO SOCIOCULTURAL DE CANGAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da modificación solicitada polo Concello de Cangas do Morrazo da subvención concedida por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión celebrada o día 11/11/2011 para financiar o investimento núm. 2011002810, denominado “Subministración e instalación de mobiliario para o centro sociocultural de Cangas”, incluído no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, e dos informes favorables, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Anular o acordo núm. 14.19610 adoptado na súa sesión ordinaria do 11/11/2011. 2.- Conceder ó Concello de Cangas do Morrazo con CIF núm. P3600800A, a cantidade de setenta mil setecentos corenta e catro euros con trinta e sete céntimos (70.744,37 €), para a realización do investimento núm. 2011002810, denominado “Subministración e instalación de mobiliario para o centro sociocultural de Cangas”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 70.744,37 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. 3.- Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.19646.- RENUNCIA QUE FORMULA A ASOCIACIÓN CASETA DO POUSIÑO (OIA) Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2010 NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA A OBRA NÚM. 1527 “CAMBIO DE TELLADO” Dada conta da renuncia presentada pola Asociación Caseta do Pousiño (CIF: G-36.559.268) (Oia), á subvención de 2.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 2.18827 de 22 de decembro de 2010, para o investimento núm. 1527, denominado “Cambio de tellado”, incluída no Programa de Acción Comunitaria-2010, partida 10/942.459.789.07, motivada pola falta de orzamento e liquidez para levar a cabo as obras, obxecto de subvención, por medio da propia Asociación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia presentada pola Asociación Caseta do Pousiño, (CIF: G-36.559.268) (Oia), á subvención de 2.000,00 € concedida no ano 2010 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 1527, “Cambio de tellado”. 11.19647.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL ALBORADA DE CARITEL DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO CENTRO CULTURAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 15/07/11 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 15/07/2011 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Alborada de Caritel con CIF: G-36.016.707, do Concello de Ponte Caldelas, por un importe de 4.214,00 €, para “Obras de acondicionamento do centro cultural”, con cargo á aplicación 11/330.334.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 21/11/11, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 12.19648.- INADMINISIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ RAMÓN CARRAMAL FERNÁNDEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA RÚA MOREIRA (CONCELLO DE MARÍN) Dada conta que con data de rexistro de entrada 19/08/11 (Rex. nº 029584) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Ramón Carramal Fernández, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Cristino Álvarez, 1- 3ª planta no Concello da Coruña, por danos en vehículo a consecuencia da existencia dun socavo na estrada Moreira do Concello de Marín, na data 06/09/10 e que cuantifica economicamente en 428,75 €. Resultando.- Que con data 19/10/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 14/11/11 co seguinte contido: “Xirada visita de inspección ao lugar onde se produciu o sinistro por parte do vixiante da zona, D. José María Cotón Penelas, comprobouse que dito lugar non se corresponde coa estrada provincial E.P.1202 Seixo- Santo Tomé de Piñeiro (como por error descríbese no escrito do Concello de Marín a través do cal derivan a responsabilidade á Deputación Provincial de Pontevedra) senón a un camiño municipal que se atopa moi afastado doutra estrada provincial como é a E.P.1201 Marín –Penizas, sen que por tanto a Deputación Provincial ostente competencia algunha sobre dito camiño”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 13.19649.- ADXUDICACIÓN DOS CONTRATOS DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO CONXUNTO DE SEGUROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra en sesión celebrada o 29 de xullo de 2011 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto do conxunto de seguros da Deputación e os seus organismos autónomos cos seguintes lotes: LOTE SEGURO Prezo de licitación (prima total anual) 1 SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL 73.000 € 2 SEGURO DE TODO RISCO DE DANOS MATERIAIS 120.000 € 3 SEGURO DE OBRAS DE ARTE 70.000 € 4 SEGURO DA FLOTA DE VEHICULOS E MAQUINARIA 71.000 € 5 SEGURO DE ACCIDENTES PARA TODO O PERSOAL 33.000 € O 26 de setembro de 2011 finalizou o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas licitadoras e as empresas presentadas foron as seguintes: LOTE EMPRESA 1.- RESPONSABILIDADE CIVIL PATRIMONIAL AXA, SEGUROS GENERALES, S.A. MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS CIA. SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. SEGURCAIXA ADESLAS, S.A. HDI HANNOVER INTERNATIONAL, SEGUROS Y REASEGUROS S.A 2.- DANOS PATRIMONIAIS AXA, SEGUROS GENERALES, S.A. MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS CIA. SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. SEGURCAIXA ADESLAS, S.A. ZURICH INSURANCE PUBLIC LIMITED COMPANY- SUCURSAL EN ESPAÑA NATIONALE SUISSE, COMPAÑÍAS DE SEGUROS Y REASEGUROS GENERALI ESPAÑA S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A DE SEGUROS Y REASEGUROS 3.- OBRAS DE ARTE MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS CIA. SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. NATIONALE SUISSE, COMPAÑÍAS DE SEGUROS Y REASEGUROS GENERALI ESPAÑA S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 4.- FLOTA DE VEHICULOS E MAQUINARIA AXA, SEGUROS GENERALES, S.A. MAPFRE FAMILIAR, COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. HELVETIA, COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS BILBAO, COMPAÑÍA ANONIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS SEGUROS LORENTE Y RIVAS S.L. 5.- ACCIDENTES AXA, SEGUROS GENERALES, S.A. VIDACAIXA DE SEGUROS Y REASEGUROS GENERALI ESPAÑA S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS HELVETIA, COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS SURNE MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS ASEGURADORES AGRUPADOS, S.A. SEGUROS LORENTE Y RIVAS S.L. O 30 de setembro de 2011 a Mesa de Contratación reuniuse para efectuar a cualificación da documentación xeral presentada polas empresas, sendo admitidas todas as empresas licitadoras que se presentaron, fóra diso a empresa Seguros Lorente e Rivas S.L. por non cumprir cos requisitos esixidos no prego económico administrativo. O 3 de outubro de 2011 a Mesa de Contratación fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para esta contratación, procedendo á apertura do Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. O 9 de novembro de 2011 os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra emitiron os informes de valoración e a puntuación obtida polas empresas para cada un dos lotes referentes ós criterios non avaliables mediante fórmulas. O 14 de novembro de 2011 a Mesa de Contratación procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas empresas admitidas e que obtiveron unha puntuación superior a 30,00 puntos nos criterios non avaliables mediante fórmulas, e unha vez efectuados os cálculos sobre as puntuacións obtidas ó aplicar os criterios de valoración establecidos nos pregos que rexeron neste procedemento aberto, os resultados obtidos foron os seguintes: LOTE 1: SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL PATRIMONIAL: Clasificación Obtida (Orden Decrecente) Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total 1 MAPFRE SEGUROS DE EMRPRESAS CIA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. 44 42,41 86,41 2 HDI HANNOVER INTERNATIONAL SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. 35 48,75 83,75 3 AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 40 30.54 70,54 4 SEGURCAIXA ADESLAS S.A. 30 10,85 40,85 LOTE 2: SEGURO DE TODO RISCO DANOS MATERIAIS: Clasificación Obtida (Orden Decrecente) Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total 1 HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 45,20 37,95 83,15 2 GENERALI ESPAÑA S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 44,75 33,34 78,09 3 SEGURCAIXA ADESLAS S.A. 35,37 41,87 77,24 4 AXA SEGUROS GNENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 39,78 34,41 74,19 5 ZURICH INSURANCE PUBLIC LIMITED COMPANY-SUCURSAL EN ESPAÑA 36,14 32,57 68,71 6 NATIONALE SUISSE, COMPAÑÍAS DE SEGUROS Y REASEGUROS 36,98 30,00 66,98 7 MAPFRE SEGUROS DE EMRPRESAS CIA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. 33,75 28,81 62,56 LOTE 3: SEGURO DE OBRAS DE ARTE: Clasificación Obtida (Orden Decrecente) Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total 1 NATIONALE SUISSE, COMPAÑÍAS DE SEGUROS Y REASEGUROS 41 38,373 79,373 2 GENERALI ESPAÑA S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 48 13,048 61,048 3 MAPFRE SEGUROS DE EMRPRESAS CIA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. 32 26,504 58,504 LOTE 4: SEGURO DA FLOTA DE VEHÍCULOS E MAQUINARIA: Clasificación Obtida (Orden Decrecente) Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total 1 BILBAO COMPAÑÍA ANONIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS 44 50 94 2 HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 43 30,746 73,746 3 AXA SEGUROS GNENERALES S.A. 46 24,127 70,127 4 MAPFRE SEGUROS DE EMRPRESAS CIA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. 44 11,54 55,54 LOTE 5: SEGURO DE ACCIDENTES: Clasificación Obtida (Orden Decrecente) Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total 1 SURNE MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS 48 50,000 98,000 2 VIDACAIXA DE SEGUROS Y REASEGUROS 35 33,055 68,055 3 HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 40 18,400 58,400 4 GENERALI ESPAÑA S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 28 0,000 28,000 5 AXA SEGUROS GNENERALES S.A. 24 0,000 24,000 6 ASEGURADORES AGRUPADOS, S.A. 20 0,000 20,000 Neste lote 5 non se procedeu á apertura dos sobres “C” das empresas Generali España S.A. de Seguros y Reaseguros, Axa Seguros Generales, S.A e Aseguradores Agrupados, S.A. por non obter unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como establece no apartado 12 do prego de cláusulas economico-administrativas. Resultando que mediante Resolución Presidencial de data 16 de novembro de 2011, e á vista das puntuacións totais obtidas, requiriuse ás empresas de cada un dos lotes que presentaron as proposicións máis vantaxosas (Mapfre Seguros de Empresas Cia. Seguros y Reaseguros, S.A., Helvetia Compañía Suiza, S.A de Seguros y Reaseguros, Nationale Suisse, Compañías de Seguro y Reaseguro, Bilbao, Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros e Surne Mutua de Seguros y Reaseguros), para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presentasen a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% dos prezos dos contratos, de acordo co disposto no art. 135 da Lei 30/2007 de 30 de outubro de Contratos do Sector Público. Resultando que as empresas presentaron a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución das garantías definitivas que figuran depositadas na Tesourería desta Deputación, polos importes e cos números de operación que se indican a continuación: Lote Empresa Nº Operación Importe 1 MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS CIA. SEGUROS Y REASEGUROS, S.A 201100101084 2.450,00 € 2 HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A DE SEGUROS Y REASEGUROS 201100099909 2.863,46 € 3 NATIONALE SUISSE, COMPAÑÍAS DE SEGUROS Y REASEGUROS 201100100441 2.980,69 € 4 BILBAO, COMPAÑÍA ANONIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS 201100100661 2.026,00 € 5 SURNE MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS 201100100654 1.080,95 € Considerando, que se cumprimentaron os trámites esixidos no artigo 135 da lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS CIA. SEGUROS Y REASEGUROS, S.A (CIF A-28725331), o contrato para a prestación do servizo de seguro de Responsabilidade Civil e Patrimonial da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos, correspondente ó lote 1 do procedemento aberto, polo prezo ofertado de 49.000,00 € (prima total anual). 2.- Adxudicar á empresa HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A DE SEGUROS Y REASEGUROS (CIF A-41003864), o contrato para a prestación do servizo de seguro de todo risco de danos materiais da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos correspondente ó lote 2 do procedemento aberto, polo prezo ofertado de 57.269,27 € (prima total anual). 3.- Adxudicar á empresa NATIONALE SUISSE, COMPAÑÍAS DE SEGUROS Y REASEGUROS (CIF A-28030047), o contrato para a prestación do servizo de seguro de obras de arte da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos, correspondente ó lote 3 do procedemento aberto, polo prezo ofertado de 59.613,84 € (prima total anual). 4.- Adxudicar á empresa BILBAO, COMPAÑÍA ANONIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS (CIF A-48001648), o contrato para a prestación do servizo de seguro de flota de vehículos e maquinaria da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos, correspondente ó lote 4 do procedemento aberto, polo prezo ofertado de 40.520,00 € (prima total anual). 5.- Adxudicar á empresa SURNE MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS (CIF V-48083521), o contrato para a prestación do servizo de seguro de accidentes para todo o persoal da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos, correspondente ó lote 5 do procedemento aberto, polo prezo ofertado de 21.618,90 € (prima total anual). De acordo co establecido na cláusula 23 do prego de condicións económico administrativas que rexe o procedemento aberto, as empresas adxudicatarias deberán depositar na caixa da Deputación de Pontevedra o importe correspondente á os gastos dos anuncios nos boletíns oficiais (BOE e BOP) cuxo importe total é de 1.294,99 €, correspondendo a cada unha das empresas polos importes seguintes: Lote Seguro Empresa Importe de adxudicación % Imputación Importe a Ingresar 1 SEGURO DE RESPONSAB. CIVIL E PATRIMONIAL MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS CIA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. 49.000,00 € 21,49 % 278,28 € 2 SEGURO DE TODO RISCO DE DANOS MATERIAIS HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS 57.269,27 € 25,12 % 325,25 € 3 SEGURO DE OBRAS DE ARTE NATIONALE SUISSE, COMPAÑÍAS DE SEGUROS Y REASEGUROS 59.613,84 € 26,14 % 338,56 € 4 SEGURO DA FLOTA DE VEHÍCULOS E MAQUINARIA BILBAO COMPAÑÍA ANONIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS 40.520,00 € 17,77 % 230,12 € 5 SEGURO DE ACCIDENTES PARA TODO O PERSOAL SURNE MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS 21.618,90 € 9,48 % 122,78 € TOTAL 228.022,00 € 100,00% 1.294,99 € 14.19650.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DO PRINCIPAL E COMPLEMENTARIO DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN A Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron, con data 30 de decembro de 2005, un convenio de colaboración para a construción do novo Campo de Fútbol de Pasarón e o Complexo Deportivo da Parda. A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2006, adxudicou o concurso a empresa Oreco, SA polo prezo de 7.237.740,00 €. No desenvolvemento das obras xurdiron necesidades novas, como a prolongación da cuberta inicialmente prevista para cubrir totalmente as bancadas e evitar así as inclemencias do tempo, o que obrigou a un cambio da sección das vigas metálicas e en consecuencia un recálculo da estrutura de formigón. Así mesmo, por causas imprevistas houbo que realizar diversas obras, como consecuencia da compatibilización do uso do estadio co desenvolvemento do campionato ligueiro, traslado dun centro de transformación de Unión Fenosa situado na bancada de preferencia, etc. Estas situacións imprevistas ou necesidades novas obrigaron a redacción dun proxecto modificado que ascendeu a contía de 12.980.012,00 €, o que supuxo un incremento con respecto o tipo de licitación de 4.460.000,12 €, sendo financiado o 50% entre o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial, subscribindo para elo unha addenda ó convenio. Posteriormente, o órgano de contratación, en sesión celebrada o día 13 de outubro de 2010 prestou aprobación a un proxecto complementario que recolle diversas obras que hai que levar a cabo e que non figuran no proxecto inicial nin no contrato primitivo, pero que resultan necesarias debido a circunstancias xurdidas e que polas súas características non poden separarse tecnicamente do contrato primitivo, e que ascenden á contía de 1.386.419,56 €. A realización deste proxecto adxudicouse á empresa Oreco, S.A. O prazo previsto para a súa execución amplíase ata o día 15 de xaneiro de 2011. Mediante escritos da empresa, de datas 11 de xaneiro, 12 de maio e 8 de agosto de 2011, ponse de manifesto que é necesaria unha ampliación do prazo de execución para a conclusión dos traballos de urbanización do entorno exterior do estadio, unha vez concretadas por parte do Concello de Pontevedra determinadas unidades de obra, prorrogándose ata o 30 de novembro de 2011. Ante a necesidade de cumprir coa Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas da Comunidade Autónoma de Galicia, recoller as suxerencias dos técnicos municipais, e tamén facer algunha modificación no capitulo do terreo de xogo, aprobouse polo órgano de contratación, con data 23 de setembro de 2011, un modificado ó proxecto complementario, cuxa contía ascende a 1.471.994,42 €, supoñendo un incremento de 85.574,87 €. A empresa adxudicataria das obras, por escrito de data 25 do actual mes de novembro, solicita unha nova ampliación do prazo de execución de ditas obras de dous meses sobre a planificación establecida, motivado polas adversas condicións metereolóxicas que tiveron lugar durante as derradeiras semanas e que imposibilitaron a pavimentación esixida para a urbanización do entorno exterior, de xeito que o período de execución se prolongue ata o 30 de xaneiro de 2012. Os expedientes de contratación iniciados antes da entrada en vigor da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (en diante, tamén LCSP) rexeranse pola normativa anterior. Para estes efectos entenderase que os expedientes de contratación foron iniciados se tivese publicado a correspondente convocatoria do procedemento de adxudicación do contrato, sendo a do expediente de referencia de 15 de marzo de 2006 antes da entrada en vigor da LCSP que se produciu o 1 de maio do 2008. Ademais o prego de Cláusulas Administrativas indica que se aplicará o R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Os contratos administrativos adxudicados con anterioridade á entrada en vigor da presente Lei rexeranse, en canto ós seus efectos, cumprimento e extinción, incluída a súa duración e réxime de prórrogas, pola normativa anterior. Considerando o disposto no artigo 101 do TRLCAP, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do presuposto para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar a ampliación do prazo de execución das obras do Campo de Fútbol de Pasarón da principal e do proxecto complementario ata o día 30 de xaneiro de 2012, coa finalidade de rematar a pavimentación esixida para a urbanización do entorno exterior do estadio. 15.19651.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota