Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-12-02_ Ordinaria. Acta de sesión 2011/12/02_ Ordinaria
Acta de sesión 2011/12/02_ Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-12-02_ Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/12/02_ Ordinaria
Data(s) 2011-12-02 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día dous de decembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os/as señores/as deputados/as: Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay e D. Alberto Valverde Pérez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19652.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de novembro de 2011. 2.19653.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Iberbanda, S.A. A empresa Iberbanda, S.A. con CIF A- 61.912.069, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de oito mil cento sesenta euros (8.160,00 €), para responder do contrato relativo ó: Servizo corporativo de banda ancha en dous proxectos pilotos Wimax Rural (Lote 2)- Concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900060958, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Dago, S.A. A empresa Dago, S.A. con CIF A- 36.007.847, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de catro mil cento corenta e tres euros con vinte e dous céntimos (4.143,22 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación en Pardesoa, Morgade, Filloe e outros (Forcarei)- Humanización estrada Pozo-Porteliña PK.0+030-0+148 (Mos), que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000046177, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo, S.A. A empresa Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo, S.A. con CIF A- 36.029.239, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de seis mil cento sesenta e nove euros con sesenta céntimos (6.169,60€), para responder do contrato relativo á obra: Urbanización do entorno do Centro Socio-Cultural de S. Bernabé da Graña (Covelo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 9/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000047756, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Pavimentos de Meaño, S.L. A empresa Pavimentos de Meaño, S.L. con CIF B- 36.239.945, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de sete mil trescentos euros (7.300,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora capa de rodamento camiños en Meaño 2009, que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000028925, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. Á empresa Narom, S.L. con CIF B- 36.163.418, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de sete mil catrocentos noventa e catro euros con sesenta e sete céntimos (7.494,67 €), para responder do contrato relativo á obra: Dotación de servizos e equipamento Entrecines e Marquesa do Pazo (As Neves), que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000050480, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cinco mil cincocentos sesenta e dous euros con noventa e tres céntimos (5.562,93 €), para responder do contrato relativo á obra: Humanización estrada Pozo-Porteliña, PK. 0+030-0+148 (Mos), que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/01/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000002193, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19654.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 29 “PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA DE TRAZADO E CAPA DE RODADURA NA E.P. 9201 SANXENXO-BORDÓNS-ESTRADA SAMIEIRA (SANXENXO) Vista a certificación núm. 29 relativa á obra: “Prox. mod. de mellora de trazado e capa de rodadura na E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns-estrada Samieira” adxudicada no seu día a empresa Construcciones Obras y Viales S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 24/11/2011, e de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 29: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF. A – 36.008.886) 11/456-453-612.02.2009 11/456-453-610.02.2010 911.422,35€ SUBTOTAL ………. 911.422,35€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 25.962,75€ Control de calidade (3%) Id. 19.472,06€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 4.673,30€ Total descontos 50.108,11€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 861.314,24€ A obra executada anteriormente é de 2.357.138,00 €, mentres que o importe aboado foi de 2.360.403,11 € debido a que na certificación nº 14 incrementouse o IVE dúas veces, polo que se aboaron 3.265,11 € máis. Polo que, a cantidade pendente de executar é de 548.923,52 € e non de 552.188,63 euros como figura na certificación. Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 4.19655.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE PAIS DE PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS DE REDONDELA (“ANDAINA”), Á SUBVENCIÓN OUTORGADA NO SEU FAVOR, POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 2/09/2011 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 2 de setembro de 2011, unha subvención polo importe de 2.200,00 € a favor da Asociación “ANDAINA” de Redondela, no marco das subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social; para o proxecto “O recoñecemento social das persoas con necesidades educativas especiais”, e presentada polo Rexistro Xeral a renuncia da citada Asociación á referida subvención, toda vez que careceu de medios técnicos e económicos para rematalo proxecto; a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación “ANDAINA” de Redondela á subvención que polo importe de 2.200,00 €, concedeulle a Xunta de Goberno do 2 de setembro de 2011 para o proxecto “O recoñecemento social das persoas con necesidades educativas especiais”. 5.19656.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19657.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON VICTORIANO DELFÍN ROMERO POR DANOS EN MOTOCICLETA NA ESTRADA QUE UNE HERVILLE NO CONCELLO DE MOS, CO VIAL MOSENDE-COSTEIRA DO COCELLO DO PORRIÑO Dada conta que con data de rexistro de 23/06/11 (Rex. núm. 009299) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Victoriano Delfín Romero, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Martínez Garrido, nº 100 de Vigo, lesións e danos causados por caída de motocicleta, a consecuencia da existencia de grava, terra e obxectos diversos na estrada que une Herville co vial Mosende Costeira, o día 10/04/10 e que individualiza economicamente en 29.300,38 €. Resultando.- Que con data 02/08/11 e co fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 29/08/11 co seguinte contido literal: “Primeiro. A estrada que une Herville, no Concello de Mos, co vial Mosende-Costeira, Porriño, NON é de titularidade da Deputación Provincial de Pontevedra sendo unha vía de titularidade municipal, neste caso do concello de Mos. Segundo. Por parte desta Unidade Administrativa non se tivo constancia directa do accidente de referencia nin doutros provocados pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, á do sinistro obxecto do presente informe. Sí ten constancia de que o Parque Central de Maquinaria estaba realizando obras de mellora do citado viario a petición do Concello de Mos, xa que segundo información facilitada polo seu responsable o 29 de marzo de 2010 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra un escrito remitido desde o Concello de Mos solicitando o pavimentado dos camiños Sixto e Estrada en Herville (lugar do sinistro). Terceiro. Tal e como pon de manifesto o documento que se achega ó presente informe o Concello de Mos facíase responsable, entre outras cuestión, da sinalización e seguridade durante a execución dos traballos, limitándose a participación da Deputación de Pontevedra nas devanditas obras á concesión de maquinaria (non de persoal), axuda enmarcada dentro dos principios de lealdade institucional, cooperación e colaboración que rexen as relación entre Administración Públicas. Cuarto. Sen prexuizo do sinalado no parágrafo anterior é preciso chamar a atención sobre os seguintes aspectos do sinistro: a) O accidente prodúcese o 10 de abril de 2010, pero non é ata o 14 de abril cando o fillo do accidentado pon en coñecemento da Garda Civil os feitos. Non existe por tanto atestado levantado o mesmo día do accidente que acredite fehacientemente o acontecido. b) Segundo a propia testemuña do reclamante o accidente se produce “…cando ó chegar a uns 300 metros antes do cruzamento coa estrada que vai de Costeira a Chenlo, sendo este un tramo curvo cara á esquerda, perde o control do vehículo motivado pola grava que había na curva…que nese mesmo momento subía un coche en sentido contrario e tívose que orillar un pouco e pasar por encima da grava…como consecuencia diso cáese sobre o asfalto…” c) Nas fotografías que obran no expediente pódese comprobar como no viario existian sinais de advertencia de perigo P-18 “Presenza dun tramo de via en obras” e P-21 “Estreitamento da calzada”, ademais dunha sinal R-301 de limitación de velocidade de 20 km/hora. É por iso que non parece probable que respectando a sinalización existente, en concreto a relativa á velocidade, o condutor , de 70 anos de idade, puidese perder o control da motocicleta…” Resultando.- Que con data 05/09/11 e co fundamento nos artigos 31.1 apartados “b” e “c” e 79 da Lei 30/92 déuselle traslado da devandita reclamación ó Concello de Mos para que puidera comparecer coma interesada e facer as alegacións que estimaran por convenientes, facendo as mesmas mediante escrito de data 05/10/11 co seguinte contido literal: “… Que esta concellería non tivo coñecemento de ningún accidente neses lugar nin nesas datas, e, que, feitas as averiguacións pertinentes, a realización da obra tivo a sinalización debida…” Resultando.-Que con data 06/09/11 solicitouse informe ó Sr. Xefe do Parque de Maquinaria da Deputación, que emitiu o mesmo na data 20/09/11 co seguinte contido literal: “…Primero.- Este Centro colaboró con el ayuntamiento con los medios disponibles en el acondicionamiento de la citada carretera, según lo establecido con la documentación que se adjunta, por lo que entendemos que dicha reclamación debería dirigirse al Ayuntamiento de Mos, como promotor de dichos trabajos. Segundo.- En la documentación emitida a este centro, en la denuncia efectuada por la parte perjudicada, manifiesta: “ que habiendo perdido el control del vehículo motivado por la gravilla que había en la curva, que en ese mismo momento subía un coche en sentido contrario y se tuvo que orillar un poco y pasar por encima de la gravilla… De acuerdo con el reportaje gráfico adjunto efectuado por la Policía Local del Ayuntamiento de Porriño, se observa que existía, entre otras, la señal provisional de obra “PASO ESTRECHO”. Tercero.- Estos trabajos contaban con la señalización imprescindible, de acuerdo con las normas de circulación habría que determinar si la velocidad era la adecuada, de acuerdo con la señalización corrrespondiente, dado el estado de la calzada…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que neste suposto non cabe imputar responsabilidade algunha á Deputación, pois o vial non é de titularidade provincial e aínda que esta Administración colaborou cos seus medios dispoñibles para o acondicionamento da citada estrada, é o propio Concello de Mos o que na solicitude que fai a esta pedindo a colaboración da Deputación para o pavimentado da estrada en Herville, responsabilízase, entre outros, dos traballos a realizar polo que respecta da sinalización e seguridade durante a execución das obras, polo que a reclamación debe de ser desestimada. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación. 7.19658.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO A) Con data 18 de novembro de 2011 e con número de rexistro de entrada 039169, Dna. Mariña Piñeiro Novo, en calidade de Xefa do Servizo de Cooperación, e ó que se atopan adscritos os Proxectos cofinanciados con Fondos FEDER, informa que recibiu notificación para a asistencia a unha reunión do Programa Operativo Rexional de Galicia que terá lugar nas dependencias da Subdirección Xeral de Cooperación Económica e Local (Madrid) o día 18 de novembro de 2011 entre as 8:30 e as 13:30 h. A dita reunión deben asistir polo menos dúas persoas, pois así se reflicte na convocatoria recibida con data 5 de outubro de 2011. Polo que tendo en conta o contido dos temas a tratar é importante que asistan D. Amacio Varela García (como responsable do área de Novas Tecnoloxías e corresponsable do proxecto Wimax) e Dna. Ruth González Reis (como Técnica de Xestión e Planificación do Servizo de Cooperación e responsable da xestión dos proxectos cofinanciados con Fondos FEDER). Solicita autorización para realizar a viaxe a Dna. Ruth González Reis e D. Amancio Varela García, (tendo en conta que o desprazamento realizarase en avión con saída o día 17 de novembro de 2011 ás 20:25 h. e chegada o día 18 de novembro do 2011 ás 20:40 h.) en Comisión de Servizos, así como a axuda económica correspondente. Dado que a solicitude non é tramitada coa antelación suficiente procede a súa validación. Segundo os antecedentes que obran no Servizo de Recursos Humanos e Formación, non consta que os interesados xa sexan autorizados para asistir a outros eventos desta natureza ó longo do exercicio 2011. A Solicitude é conformada polo Presidente da Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal e co visto e prace da Xefa do Servizo de Cooperación Dna. Marina Piñeiro Novo. Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 30.5 do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e conceder a Dna. Ruth González Reis e a D. Amancio Varela García o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 704,78 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Locomoción: Aplicación orzamentaria: 11/942.430.231.20 (Proxecto Pousadas). INTERESADO Avión (Saída: 17/11/11 Santiago de Compostela-Madrid a las 20:25) (Chegada: 18/11/11 Madrid – Santiago de Compostela a las 20:40 h.) Partida Ruth González Reyes (Funcionaria Interina – A2) Grupo II 229,00 € 11/942.430.231.20 Amancio Varela García (Funcionario carreira –A2) Grupo II 229,99 € 11/942.942.231.20 TOTAL LOCOMOCIÓN… 459,98 11/942.942.231.20 Dietas: Aplicación orzamentaria: 11/942.430.230.20 (Proxecto Pousadas) CONCEPTO Día: 17/11/11 (Aloxamento (*) Día: 17/11/11 ½ Manutención GRUPO II Día: 18/11/11 ½ Manutención GRUPO II Total Dieta PARTIDA Ruth González Reyes (Funcionaria Interina–A2) Grupo II 85,00 € 18,70 € 18,70 € 122,40 € 11/942.942.230.20 Amancio Varela García (Funcionario carreira –A2) Grupo II 85,00 € 18,70 € 18,70 € 122,40 € 11/942.942.230.20 TOTAL DIETAS . 244,80 € 11/942.942.230.20 (*) Os solicitantes non atoparon praza hoteleira polo prezo estipulado e o R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo para o Grupo II (65,97 €), polo que previron un gasto de aloxamento de 170,00 €. Así mesmo, de conformidade co previsto no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se abone a axuda económica proposta, o/a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos de locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles a partir da finalización da actividade formativa, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. B) Con data 14 de novembro de 2011 e con número de rexistro de entrada 038707, o funcionario de carreira D. Eugenio Marcote Carballo que presta os seus servizos como Enxeñeiro Industrial no Servizo de Cooperación expón que durante o día 30 de novembro de 2011, de 9:45 h. a 18:15 h. celebrarase a xornada “De la encuesta de infraestructuras y equipamientos locales (EIEL) al sistema de información de Infraestructuras y equipamientos locales”, destinada ós técnicos que realizan os traballos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais e na que participará o interesado como poñente presentando o aplicativo desenvolvido por esta Deputación GvSIG-EIEL. Dita xornada celebrarase na sé da FEMP en Madrid. O día 1 de decembro de 2011 ás 12:00 h. está prevista a celebración dunha reunión coa empresa Centro de Observación y Teledección Espacial S.A. (COTESA) no Polígono Industrial de Boecillo (Valladolid), para tratar diversas cuestións relacionadas coa EIEL e o estado do proxecto LOCALGIS en Pontevedra. Solicita permiso para ausentarse do seu posto de traballo os días 30 de novembro de 2011 para asistir como poñente á acción formativa a Madrid e o 1 de decembro de 2011 para asistir á reunión coa empresa COTESA en Valladolid, así como a axuda económica correspondente. Segundo os antecedentes que obran no Servizo de Recursos Humanos e Formación, non consta que o interesado xa sexa autorizado para asistir a outros eventos desta natureza ó longo do exercicio 2011. A solicitude é conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación e co Visto Bo da Xefa do Servizo de Cooperación Dna. Mariña Piñeiro Novo. Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 40 do V Acordo Regulador para Persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e conceder a D. Eugenio Marcote Carballo o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 103,37 €, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Dietas: CONCEPTO Manutención Día: 30/11/11 Aloxamento GRUPO II Día: 30/11/11 ½ manutención GRUPO II Día: 1/12/11 ½ Manutención GRUPO II Total Dieta Partida Eugenio Marcote Carballo (Grupo II) 65,97 € 18,70 € 18,70 € 103,37 € 11/942.942.230.01 TOTAL DIETAS…. 103,37 € 11/942.942.230.01 (*) Os gastos de locomoción, o aloxamento do día 29 de novembro de 2011 así como a comida do día 30 de novembro de 2011 corren a cargo da Organización da acción formativa a desenvolver pola FEMP en Madrid Ditas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 11/942.942.230.01 de dietas por importe de 103,37 € do vixente orzamento provincial. Dado que a solicitude non foi presentada con suficiente antelación non procede o seu tramitación co carácter de “a xustificar”. Así mesmo, de conformidade co previsto no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Acción Formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o/a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos de locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación de devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles a partir da finalización da actividade formativa, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón de servizo. 8.19659.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVIZOS (EMGROBES), O CENTRO DE INICIATIVAS E TURISMO DE O GROVE E A ASOCIACIÓN AUTONOMA DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE O GROVE, PARA A ADECUACIÓN DUN LOCAL SOCIAL COMÚN Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo, a Deputación de Pontevedra, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes), o Centro de Iniciativas e Turismo de O Grove e a Asociación Autónoma de Empresarios de Hostelería de O Grove pretenden asinar un Convenio de Colaboración coa finalidade de levar a cabo a adecuación dun local social común, cun custo total estimado na cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €). O Sr. Secretario informa favorablemente o proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe consignación suficiente na aplicación 2011/330.334.658.02 do vixente orzamento provincial, cantidade aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día 25 de marzo, ó prestar aprobación ó correspondente expediente de modificación de créditos. Por todo o exposto, e visto o informe de intervención, de data 29 de novembro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes), o Centro de Iniciativas e Turismo do Grove e a Asociación Autónoma de Empresarios de Hostelería do Grove, para a adecuación dun local social común. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVIZOS (EMGROBES), O CENTRO DE INICIATIVAS E TURISMO DO GROVE E A ASOCIACIÓN AUTONOMA DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DO GROVE, PARA A ADECUACIÓN DUN LOCAL SOCIAL COMÚN. No Pazo Provincial, a ……de 2011 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. José Besada Garrido, en nome e representación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (EMGROBES), con enderezo social en rúa Luís Casáis nº 1, 1º, 36980 do Grove, Pontevedra, e con CIF G-36.032.498. D. José Manuel González Benavides, en nome e representación do Centro de Iniciativas e Turismo do Grove (CIT O Grove), con enderezo social en rúa Castelao, 36980 O Grove, Pontevedra, e con CIF V-36.040.418. D. Jaime Devesa Mascato, en nome e representación da Asociación Autónoma de Empresarios de Hostelería do Grove, con enderezo social en rúa Jaime Sola, nº 6, 36980 O Grove, Pontevedra, e con CIF G-36.050.615. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- A Deputación de Pontevedra, consciente das características peculiares da provincia e das súas posibilidades para a promoción do turismo, ven realizando diversas actuacións para potenciar este sector que é un dos xeradores de riqueza máis importantes. Indiscutiblemente, unha das zonas máis atraentes para o turismo son as nosas rías, e de modo moi especial, o entorno das rías de Arousa e Pontevedra, e as localidades de Sanxenxo e o Grove, que ofrecen ós visitantes un entorno natural para poder disfrutar da beleza das nosas praias. Así mesmo, neste momento de crise, a Deputación é consciente da necesidade de cooperar na potenciación de actividades empresariais que xeren postos de traballo e intentar paliar así, na medida do posible, os elevados índices de paro da provincia. II.- Na comarca do Grove, nestes momentos delicados de crise económica, conscientes de que hai que racionalizar as inversións e sacar a maior rentabilidade posible a todas as actuacións, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (EMGROBES), O Centro de Iniciativas e Turismo do Grove (CIT O Grove) e a Asociación Autónoma de Empresarios de Hostelería do Grove, iniciaron os trámites para constituír unha Federación, sen ánimo de lucro, para levar a cabo o desenvolvemento de todas as actividades que competen ás tres Asociacións, ofrecendo un mellor servizo e aunando así esforzos para conseguir revitalizar, coas súas actuacións, toda a comarca do Grove. As tres Asociacións procederon a adquisición dun local para sede social, pero no que hai que levar a cabo unha serie de reformas e melloras que supoñen unha inversión de 150.000,00 euros, que por si soas non poden abordar nos momentos actuais, necesitando a colaboración de outras Institucións. III.- Por todo isto, o Pleno Corporativo, en sesión plenaria celebrada o día 25 de marzo de 2011 prestou aprobación a unha achega de 150.000,00 euros para levar a cabo a remodelación do local social adquirido pola Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (EMGROBES), o Centro de Iniciativas e Turismo do Grove (CIT O Grove) e a Asociación Autónoma de Empresarios de Hostelería do Grove, aunados para evitar gastos innecesarios, e poder dispor dun único local social que poida prestar servizos conxuntamente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración dos comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O obxecto do presente convenio é articular as bases de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (EMGROBES), o Centro de Iniciativas e Turismo do Grove e a Asociación Autónoma de Empresarios de Hostelería do Grove, para a adecuación dun local social común. Segunda.- Orzamento e financiamento. O importe da remodelación do local social ascende a contía de 150.000,00 euros, incluídos os honorarios correspondentes á realización do proxecto. Esta contía financiarase pola Deputación de Pontevedra, con cargo á aplicación 2011/330.334.658.02 do vixente orzamento provincial, cantidade aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día 25 de marzo, ó prestar aprobación o correspondente expediente de modificación de créditos. Terceira.- Compromisos das partes. 3.1.- Obrigas dos tres beneficiarios da actuación. a. Porán a disposición da Deputación as instalacións correspondentes, para proceder a súa remodelación. b. Así mesmo, solicitarán a licenza municipal e calquera outra que fora precisa para levar a cabo as obras de remodelación, contando, na medida do posible, coa colaboración Institucional da Deputación. c. Comprométense a que as instalacións poidan ser utilizadas pola Deputación provincial para a celebración de calquera evento ou reunión que necesitara, comunicándoo con antelación suficiente. d. Darán a adecuada publicidade desta colaboración mediante a situación dunha placa no local social, na que quede constancia que a remodelación levouse a cabo pola Deputación de Pontevedra. 3.2.- Obrigas da Deputación. a- Financiar a realización das obras na contía de 150.000,00 euros, con cargo á aplicación 2011/330.334.658.02 do vixente orzamento provincial, incluídos os gastos de redacción do proxecto. b- Proceder á licitación das obras comprendidas no proxecto de remodelación a través do procedemento de contratación correspondente, así como o nomeamento da dirección das mesmas, e da súa recepción. Cuarta.- Condicionamento das actuacións. A realización de todas as actuacións previstas nas cláusulas anteriores, levarase a cabo sempre e cando se obteñan, previamente, as autorizacións pertinentes das distintas Administracións que poidan estar involucradas na concesión das mesmas. Quinta.- Entrega das obras. Una vez concluídas as obras de remodelación do local social, a Deputación fará entrega do mesmo ás tres asociacións, mediante a formalización da correspondente acta. Unha vez entregadas as obras, os beneficiarios correrán cos gastos de conservación e mantemento do total das instalacións. Sexta.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Sétima.- Vixencia do convenio. O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes en caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Oitava.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Rd 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data salientada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Por Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (EMGROBES), Rafael Louzán Abal José Besada Garrido Polo Centro de Iniciativas e Turismo do Grove, Pola Asociación Autónoma de Empresarios de Hostelería do Grove, José Manuel González Benavides Jaime Devesa Mascato” 9.19660.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DUNHA PLATAFORMA PARA A XESTIÓN INTEGRAL DE DATOS XEOGRÁFICOS DE CARÁCTER TURÍSTICO, PATRIMONIAL E GASTRONÓMICO, ENMARCADAS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO POLO FEDER Visto o escrito do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, mediante o que solicita que se inicien os trámites para a contratación dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico, dentro do proxecto Depodeza cofinanciado nun 70% polo FEDER, cuxo custo se estima na cantidade de 192.000,00 €, sen IVE. O Proxecto “DepoDEZA: dinamización económica da comarca do Deza” ten como finalidade cohesionar o territorio da comarca a través do aproveitamento dos seus recursos endóxenos, promovendo o desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible. Visto o informe do Técnico Achego do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o disposto nos artigos 34.1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRHL, de 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico enmarcada no proxecto Depodeza cofinanciado polo FEDER. O orzamento de licitación para a execución deste contrato ascende á cantidade de cento noventa e dous mil euros, sen IVE (192.000,00 €), mais a cantidade correspondente ó IVE por importe de 34.560,00 €, o que fai un importe total de 226.560,00 euros. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto por importe de 226.560,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11/241.439.642.50 do vixente Orzamento Provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA PLATAFORMA PARA A XESTIÓN INTEGRAL DE DATOS XEOGRÁFICOS DE CARÁCTER TURISTICO, PATRIMONIAL E GASTRONOMICO ENMARCADAS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO POLO FEDER 1.-OBXECTO.- A elaboración dunha plataforma para a xestión e difusión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico da comarca do Deza dentro do Proxecto Depodeza: Dinamización Económica da comarca do Deza, cofinanciado nun 70% por fondos F.E.D.E.R. Esta plataforma, cuxo contido deberá mostrarse en castelán e en galego, contará coas seguintes partes: 1.- Visor web con compoñente xeográfica para a difusión de información. 2.- Panel de control e administración integrado para a xestión e actualización dos datos. 3.- Creación dun modelo de datos, base de datos, recopilación e carga de información. 4.- Plan de formación. O contido e características de devandita plataforma serán as establecidas no prego técnico. 2.- FINANCIAMENTO.- Realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/241.439.64250 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo será satisfeito ó adxudicatario contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. Efectuarase en tres prazos: - O 35% do importe total aboarase á entrega da documentación especificada na cláusula 8 do prego técnico como Entrega 1. - O 25% do importe total aboarase á entrega da documentación especificada na cláusula 8 do prego técnico como Entrega 2. - O 40% do importe total aboarase á entrega da documentación especificada na cláusula 8 do prego técnico como Entrega 3. 4.- PRAZO DE EJECUCIÓN DO CONTRATO.- O prazo de execución do contrato será de 9 meses dende a súa sinatura. 5.-TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cento noventa e dous mil euros, sen IVE (192.000,00 €). A cantidade correspondente ó IVE ascende a un importe de 34.560,00 €, o que fai un importe total do contrato de 226.560,00 €. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lcsp. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata o seu extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se haxa formalizado a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeneral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sé Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico enmarcadas no proxecto Depodeza cofinanciado polo FEDER. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Si non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de acharse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: Solvencia económica: Documentación relativa á cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos tres anos, que acredite unha cantidade igual ou superior a dúas veces o importe de licitación. Solvencia técnica: - Relación dos principais servizos ou traballos cuxa data de finalización sexa nos últimos 3 exercicios (2008, 2009 e 2010) e que teñan relación con: A) Proxectos baseados en tecnoloxías da a información xeográfica que conleven traballos de desenvolvemento de software ou consultaría e implantación de sistemas de información xeográfica baseados en software libre. B) Proxectos de xeoposicionamento de datos en campo. Dita relación deberá incluír importe, datas e destinatario público ou privado. Os servizos acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos ou visados polo órgano contratante cando o destinatario sexa unha entidade do sector público, ou cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedir por este, ou a falta deste certificado, mediante declaración do empresario. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior a 3 veces a contía de licitación deste contrato. -Declaración do equipo técnico destinado á execución do contrato, incluíndo currículo vitae de cada un dos integrantes, así como do director/coordinador e do xefe de equipo, con detalle da súa experiencia en materia do obxecto do contrato, e cantos xustificantes se estimen oportunos para acreditar o seu solvencia técnica. As empresas deberán acreditar a asignación dun equipo técnico formado por un mínimo de 3 persoas coa seguinte competencia mínima: a) Director/Coordinador de proxecto: - Titulado superior. - Experiencia mínima demostrable de 5 anos na dirección e execución de proxectos relacionados coa consultaría, desenvolvemento e implantación de sistemas de información xeográfica, incluíndo traballos de análises territorial con SIX e recopilación de datos de campo. - Será imprescindible dirixir, como mínimo 1 proxecto de cada unha das seguintes tipoloxías: 1) Desenvolvemento de xeoportais ou desenvolvemento de aplicacións baseadas en tecnoloxías SIX. 2) Recopilación de datos en campo e xeoposicionamento en proxectos de ámbito territorial, como mínimo, provincial. 3) Proxectos de índole territorial que integren datos xeográficos cuxos análises se basee en sistemas de información xeográfica. b) Responsable de desenvolvemento informático. - Titulado superior, Titulado Medio ou Técnico Superior en disciplinas vinculadas á rama de informática. - Experiencia mínima demostrable de 5 anos na realización de traballos relacionados con sistemas de información xeográfica e desenvolvemento de xeoportais. c) Analista SIX: - Titulado superior. - Experiencia mínima demostrable de 5 anos na realización de traballos con sistemas de información xeográfica, manexo de cartografía e bases de datos. d) Responsable de traballo de campo: -Titulado Superior ou Titulado medio. -Experiencia mínima demostrable de 3 anos na realización de traballos de campo. e) Responsable de formación: O profesional destinado a realizar a formación poderá ser coincidente con calquera dos técnicos descritos nos anteriores perfís dado que a formación levarase a cabo unha vez finalizados os traballos. Con todo, este deberá contar con experiencia demostrable en formación relacionada con sistemas de información xeográfica. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, si estímao conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico enmarcadas no proxecto Depodeza cofinanciado polo feder. Presentarase pechado de conformidade co establecido no punto 17 do prego de condicións técnicas. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico enmarcadas no proxecto Depodeza cofinanciado polo FEDER. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula final deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.- Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 12.1.1.- Calidade da proposta e metodoloxía presentada (25 puntos) Valorarase neste punto a metodoloxía aplicada ao proxecto plantexada polo licitador, atendendo especialmente a aqueles aspectos relativos a asegurar a correcta execución dos traballos, control de calidade, organización e fases de desenvolvemento do proxecto. 12.1.2.- Planificación e cronograma de execución (15 puntos). Valorarase neste punto a planificación global do proxecto, o desglose en fases, actividades, tarefas, temporización das mesmas, etc. 12.1.3.- Melloras propostas polo licitador (10 puntos). Valorarase as melloras achegadas polos licitadores non determinadas polo prego, así como todas aquelas melloras que non foran valoradas baixo criterios avaliables mediante fórmulas. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 12.2.1.- Ampliación do prazo de garantía (10 puntos). Outorgaranse os puntos de acordo a seguinte fórmula ata un máximo de 10 puntos: (b-a)/(c-a)*d Onde: a= 36 meses (prazo mínimo de garantía esixida nos prego de prescricións técnicas) b= Número de meses de garantía ofertados polo licitador. c= 60 meses (límite de saciedade, a partir do cal a puntuación sobrepaga o máximo asignado ó criterio) d= Puntuación máxima outorgada ó criterio. 12.2.2.- Número de horas de soporte a usuarios e persoal técnico para a posta en marcha e evolución da ferramenta (10 puntos). Outorgaranse os puntos de acordo a seguinte fórmula ata un máximo de 10 puntos: (b-a)/(c-a)*d Onde: a= 80 horas (número mínimo de soporte a usuarios e persoal técnico esixido no prego de prescricións técnicas) b= Número de horas de soporte a usuarios e persoal técnico ofertado polo licitador. c= 150 horas (límite de saciedade, a partir do cal a puntuación sobrepasa o máximo asignado ó criterio) d= Puntuación máxima outorgada ó criterio 12.2.3.- Redución do prazo de execución do proxecto (15 puntos). Outorgaranse os puntos de acordo a seguinte fórmula ata un máximo de 10 puntos: (a-b)/(a-c)*d Onde: a= 9 meses (Prazo máximos de execución esixidos no prego de prescricións técnicas) b= Prazo de execución do proxecto ofertado polo licitador c= 7 meses para a execución do proxecto (límite de saciedade, a partir do cal a puntuación sobrepasa o máximo asignado ó criterio) d= Puntuación máxima outorgada ó criterio 12.2.4.- Ampliación do número de horas de formación (10 puntos). Outorgaranse os puntos de acordo a seguinte fórmula ata un máximo de 10 puntos: (b-a)/(c-a)*d Onde: a= 80 horas (número mínimo de horas esixido no prego de prescricións técnicas). b= Horas de formación ofertadas polo licitador. c= 160 horas de formación (límite de saciedade, a partir do cal a puntuación sobrepasa o máximo asignado ó criterio). d= Puntuación máxima outorgada ó criterio. 12.2.5.- Menor prezo ofertado (5 puntos). Puntuarase en función da fórmula establecida no anexo I. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal si a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal si a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, si entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, si o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque: bm = (b1 + b2). • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUERIMIENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e requirirá á empresa que presente a oferta economicamente mais vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles , a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta Institución, así como constituír a garantía definitiva. 15.-ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se houbese formalizado o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da Lcsp. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 23.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don.........., maior de idade, veciño de......, con domicilio en ...........titular do DNI......, expedido en data......., actuando en nome propio ou en representación de ........con domicilio en .........., teléfono.......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio , para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente a unha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico enmarcadas no proxecto Depodeza cofinanciado polo FEDER, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: -Prezo ofertado: Prezo sen IVE € IVE € Prezo total € -Prazo de garantía ofertado: meses -Nº de horas de soporte a usuarios e persoal técnico para a posta en marcha e evolución da ferramenta. -Prazo de execución do proxecto meses. -Nº horas de formación ofertadas.” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 10.19661.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DO CONTRATO DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO TRAMO I PO-223 AVDA. BOS AIRES PONTE DE MONTEPORREIRO” A Xunta de Goberno, en sesión de 4 de xuño de 2008, acordou adxudicar o contrato de redacción do proxecto e execución da obra de “Acceso Oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra)” á Ute Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.-Transportes Internos y Maquinaria, S.L. na suma de 4.639.493,03 €, IVE incluído, e unhas melloras valoradas en 1.045.454,32 € e o 2 % do orzamento de execución material para o control de calidade. O 9 de xullo de 2008 formalizouse o pertinente contrato administrativo. A cláusula cuarta do prego de condicións económico administrativas establecía que o contratista debería presentar o proxecto construtivo á Deputación, para a súa supervisión, aprobación e replanteo, no prazo de corenta e cinco días dende a data de notificación da adxudicación. Tras a redacción do proxecto construtivo pola empresa adxudicataria, preséntase o 24 de xullo de 2008 na Deputación xunto co anexo de avaliación medioambiental. Apróbase o proxecto o 22 de setembro de 2008, e sométese a información pública o estudo de impacto medioambiental mediante o correspondente anuncio no Doga, que foi publicado o 23 de setembro de 2008, nº 184. A empresa adxudicataria asina a acta de comprobación de replanteo o 24 de novembro de 2009. O director do Servizo de Infraestruturas solicita, o 26 de outubro de 2011, ó órgano de contratación a redacción dun proxecto modificado polas seguintes circunstancias: • Necesidade de incorporar ensaios xeotécnicos complementarios. • Necesidade de implantación de novas tipoloxías estruturais e situacións das pilas da ponte. • Necesidade de incorporar as estipulacións descritas dentro da Declaración de impacto medioambiental, aprobada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dependente da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. • Por causas imprevistas de tipo estrutural e para o mantemento de servizos, é necesario ampliar o ancho de vial correspondente ó taboleiro que ha de sustentar a ponte. A Xunta de Goberno, en sesión de 18/11/2011, autorizou a redacción do proxecto modificado nº 1 da obra “Acceso oeste a Montecelo, tramo I PO-223-Avda. de Bos Aires ponte de Monteporreiro”. Unha vez redactado o proxecto modificado pola empresa adxudicataria, entrégase no Rexistro da Deputación, con data 28 de novembro de 2011, e supervísase polo Director de Infraestruturas. O proxecto supón un incremento sobre a adxudicación inicial da obra de 1.173.982,27 €, máis a cantidade de 211.316,81 € correspondente ó IVE. A Ute Acceso Montecelo (Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.-Transportes Internos y Maquinaria, S.L.), adxudicataria da obra inicial, prestou conformidade ó proxecto modificado. Considerando que este expediente iniciouse antes da entrada en vigor da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e polo tanto rexerase pola normativa anterior, en canto ós seus efectos, cumprimento e extinción, incluída a súa duración e réxime de prórrogas. Vistos os informes do Secretario e as recomendacións do informe de intervención con respecto a este expediente, e considerando que esta normativa permite a modificación dos contratos por razóns de interese público, como consecuencia de causas imprevistas e necesidades novas, e que de conformidade co artigo 202 Trlcap, e coas bases de execución do orzamento 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o proxecto modificado nº 1 de “Acceso oeste a Montecelo, tramo I PO-223-Avda. de Bos Aires ponte de Monteporreiro”, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 1.173.982,27 €, máis a cantidade de 211.316,81 € correspondente ó IVE. 2.- Adxudicar á UTE Acceso Montecelo (Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.-Transportes Internos y Maquinaria, S.L.) (NIF G36587616), a mencionada obra que deberá ser executada nun prazo máximo de tres meses dende a notificación deste acordo. O adxudicatario do contrato está obrigado a constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do importe de adxudicación (55.411,96 €), de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 11.19662.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO, 2ª FASE (TRAMO PORTA DO SOL – AVDA. MÉDICO BALLINA) (PONTEVEDRA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23/09/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Acceso oeste a Montecelo, 2ª fase (tramo Porta do Sol-Avda. Médico Ballina) (Pontevedra)”, con orzamento de 675.970,37 €, máis a cantidade de 121.674,67 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 26/10/2011, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 31/10/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 30/11/2011, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Construcciones Crespo, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 42,00 46,250 88,250 JESUS MARTINEZ ALVAREZ CONSTRUCCIONES, S.A. 37,66 49,003 86,663 UTE MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L.-DAGO, S.A. 36,13 45,440 81,570 UTE CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L.-CONSTRUCCCIONES E.C. CASAS, S.L. 33,85 41,329 75,179 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 36,22 38,511 74,731 EXTRACO, S.A. 34,32 39,033 73,353 FOMENTO DE ARIDOS Y OBRAS, S.L. (FARO) 32,22 40,675 72,895 OCA (OBRAS, CONSTRUCCIONES Y ASFALTOS, S.A. 33,08 38,387 71,467 NAROM, S.L. 33,95 35,986 69,936 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 31,88 35,474 67,354 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 37,02 25,940 62,960 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 38,46 24,302 62,762 ARIAS HERMANOS CONSTRUCCIONES, S.A. 31,81 18,406 50,216 UTE ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L.-PAORGA, S.L. 35,15 14,896 50,046 UTE MANTENIMIENTO OBRAS PORTUARIAS, S.L.-ALARIO OBRA CIVIAL, S.L. 24 ELIMINADO POR NON ACADAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS Resultando que a empresa Construcciones Crespo, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante resolución nº 17191/11, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100103727, de data 02/12/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcciones Crespo, S.A. (C.I.F. A-36001063) a obra de “Acceso oeste a Montecelo, 2ª fase (tramo Porta do Sol-Avda. Médico Ballina) (Pontevedra)” na suma de 489.132,16 € máis 88.043,79 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 67.100,00 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 100,75 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridade y Medio Ambiente, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 12.19663.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 DA OBRA “AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA. RESTAURANTE” Vista a certificación núm.1 relativa á obra “Ampliación Museo de Pontevedra, Restaurante”, adxudicada no seu día á empresa DRAGADOS S.A.(A-15139314), e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 28/11/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe DRAGADOS S.A. (A-15139314) 11/457-333-622.01.2010 227.188,99€ SUBTOTAL 227.188,99€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.471,70€ Control de calidade (1%) Id. 1.617,92€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 808,96€ Total descontos 8.898,58€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 218.290,41€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 13.19664.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras da Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos día 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Pola empresa Darzal Consultoria y Prevención S.L., preséntanse unha serie de facturas, que se relacionan posteriormente, correspondentes a actuacións do Plan de Investimentos da Deputación que quedan fóra da adxudicación efectuada no seu día, pero que se considera lóxico que esta empresa os continúe realizando durante a execución das obras. Vistos os informes emitidos por Intervención, e de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0876-04/2011 17/10/2011 “Construción de velatorio en Valeixe, A Cañiza” (PID/09/00612/2009002690) 119,54 0912-08/2011 31/10/2011 “Construción de velatorio en Valeixe, A Cañiza” (PID/09/00612/2009002690) 111,46 0864-02/2011 10/10/2011 “Ampliación do centro cultural e veciñal de Belesar (Baiona)” (PID/09/00972/2009002407) 85,02 0912-17/2011 31/10/2011 “Ampliación do centro cultural e veciñal de Belesar (Baiona)” (PID/09/00972/2009002407) 189,75 0876-05/2011 17/10/2011 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais (Bueu)” (PID/09/00930/2009002648) 94,91 0912-16/2011 31/10/2011 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais. Anualidade 2009 (Bueu)” (PID/09/00930/2009002646) 14,00 0912-21/2011 31/10/2011 “Mellora da infraestrutura viaria nas parroquias de Arcos, San Mamede, Couselo e outras (Cuntis)” (PID/09/00791/2009002245) 645,58 0912-18/2011 31/10/2011 “Mellora e ampliacións alumeados en Forcarei” (PID/09/00918/2009002344) 446,15 0912-20/2011 31/10/2011 “Camiños en Ventín, Portovilán e Pardalongas (Fornelos de Montes)” (PID/09/00977/2009002612) 490,83 0912-13/2011 31/10/2011 “Camiños e saneamento en Cimadevila. Calvos (Fornelos de Montes)” (PID/09/00977/2009002607) 22,05 0912-25/2011 31/10/2011 “Tratamentos superficiais en pistas de Botos, Bermes e Loucenzo-Cercio (Lalín)” (PID/09/00726/2009002871) 483,01 0912-24/2011 31/10/2011 “Pavimentación e acceso de núcleos rurais (Lalín)” (PID/09/00726/2009002876) 220,81 0912-19/2011 31/10/2011 “Transformación en separativa da rede de saneamento da Rúa de Jaime Janer (Marín)” (PID/09/00795/2009002232) 184,64 0912-27/2011 31/10/2011 “Pavimentación da rede viaria no Barrio de Palmás, Domaio (Moaña)” (PID/09/00643/2009002634) 700,03 0912-22/2011 31/10/2011 “Pavimentación da rede viaria local na parroquia de Meira (Moaña)” (PID/09/00643/2009002635) 790,45 0912-09/2011 31/10/2011 “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras (Moraña)” (PID/00609/2009002296) 40,77 0912-11/2011 31/10/2011 “Rehabilitación da antiga escola unitaria en Cuartos de Borbén (Pazos de Borbén)” (PID/09/00921/2009002623) 300,31 0912-14/2011 31/10/2011 “Pavimentación camiños de Paredes, Álceme e Carboentes, Barregallos (Rodeiro)” (PID/09/00925/2009002702) 1.018,23 0912-01/2011 31/10/2011 “Mejora de trazado y capa de rodadura en E.P. 9201 Sanxenxo – Bordóns- carretera Samieira (Sanxenxo)” (D07/0174) 121,44 0912-26/2011 31/10/2011 “Senda Casa del Caminero (O Castro – Silleda)” (PID/09/00714/2009002416) 746,95 0912-23/2011 31/10/2011 “Mellora de camiños: Rellas, Dornelas, Piñeiro, Grava, Moalde, Cira, Escuadro, Parada (Silleda)” (PID/09/00714/2009002415) 376,39 0876-01/2011 17/10/2011 “Zona deportiva en Mosteiro (Tomiño)” (PID/09/00611/2009002397) 457,96 0912-15/2011 31/10/2011 “Pavimentación e reasfaltado de pistas municipais en Rial e Casaldesanta (Vilaboa)” (PID/09/00987/2009002458) 153,41 TOTAL 7.813,69 € 14.19665.- CORRECCIÓN DE ERROS NO ACORDO NÚM. 10.19506 APROBADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 30/09/2011 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno referente a devolución de garantías definitivas á empresa José Rubén Rozados e Hijos, S.L. para responder do contrato “2ª Ampliación do lote 4 relativo ó aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e a subministración de materiais, ano 2010”, detectáronse uns erros tipográficos. Considerando que o artigo 105.2 de la Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 30 de setembro de 2011 relativo á devolución das garantías definitivas constituídas pola empresa José Rubén Rozados e Hijos, S.L.: Onde di: …“A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de novecentos vinte e sete euros con setenta e nove céntimos (927,79 €), para responder do contrato relativo ó “Aluguer de retro-pala 4x4 de 70 CV.- Lote 8 (2ª Ampliación”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000111901” Debe dicir: …“A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cincocentos corenta e nove euros con oitenta céntimos (549,80 €), para responder do contrato relativo ó “Aluguer de retro-pala 4x4 de 70 CV.- Lote 8 (2ª Ampliación”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000111901” Onde di: …“A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de novecentos vinte e sete euros con setenta e nove céntimos (927,79 €), para responder do contrato relativo ó “Aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 TM.- Lote 32 (2ª Ampliación)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000111897” Debe dicir: …“A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cento corenta e catro euros con trinta e cinco céntimos (144,35 €), para responder do contrato relativo ó “Aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 TM.- Lote 32 (2ª Ampliación)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000111897” 15.19666.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota