ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/12/16_ Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-12-16_ Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/12/16_ Ordinaria

  • Data(s) 2011-12-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta minutos do día dezaseis de decembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Jorge Domínguez Rosal e D. José Nelson Cándido Santos Argibay. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19676.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de decembro de 2011. 2.19677.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Acibeiro, S.L. A empresa Acibeiro, S.L. con CIF A- 36.209.963, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil cincocentos tres euros con oitenta e cinco céntimos (3.503,85 €), para responder do contrato relativo a obra: Abastecemento de auga dos núcleos rurais de Nercellas e San Bartolomeu (Forcarei), que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057637, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19678.- APROBACIÓN DAS BASES DO PLAN CULTURAL-2012 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo á “Aprobación das bases do plan cultural-2012”. 4.19679.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.19680.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Á FUNDACIÓN MARCO DE VIGO Visto o escrito da Fundación Marco de Vigo con domicilio social en rúa Príncipe, 54, do Concello de Vigo (36202) e CIF: G-36.909.885, solicitando axuda económica para “Gastos de funcionamento ano 2011”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización e o compromiso de gasto así como o recoñecemento da obriga e a ordenación do pago da cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) para o citado fin, con cargo á aplicación 11/330.334.489.15 – RC núm. 201100032589. O beneficiario deberá remitir unha vez que reciba o importe da achega, certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade da Fundación. 6.19681.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002921, DENOMINADA “REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA DE MÚSICA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002921, denominado “Reparación e acondicionamento da Escola de Música” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó concello de Vilagarcía de Arousa con CIF núm. P3606000B, a cantidade de douscentos dezaoito mil catrocentos noventa e tres euros con cincuenta e dous céntimos (218.493,52 €), para a realización do investimento núm. 2011002921, denominado “Reparación e acondicionamento da Escola de Música”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 218.493,52 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45.2009. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.19682.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO QUE FORMULA AMIGOS DO PORTO DE AGUETE (NIF: 35.224.433-W) Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2011 NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, PARA A OBRA NÚM. 197 “MELLORA DOS ACCESOS Ó LOCAL SOCIAL DA AGRUPACIÓN” Dada conta da petición da modificación do orzamento presentado pola Agrupación Amigos do Porto de Aguete (NIF: 35.224.433-W) (Marín), á subvención de 6.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 4.19405 de 5 de agosto dos presentes, para o investimento núm. 197, denominado “Mellora dos accesos ó local social da agrupación”, incluída no Programa de Acción Comunitaria-2011, partida 11/942.459.789.07, motivada pola imposibilidade de acceder ó gasto inicialmente xustificado da obra, debido á actual situación económica da Sociedade, mantendo o mesmo obxecto e fin que o inicialmente solicitado, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aceptar a modificación do orzamento presentada pola Asociación Amigos do Porto de Aguete, (NIF: 35.224.433-W) (Marín), á subvención de 6.000,00 € concedida no ano 2011 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 197, “Mellora dos accesos ó local social da agrupación”. Concello NIF Nº de obra Terceiro Obxecto da Subvención Orzamento inicial Novo Orzamento Importe da subvención Marín 35.224.433W 197 Amigos do Porto de Aguete “Mellora dos accesos ó local social da agrupación” 14.613,12 € 10.182,22 € 6.000,00 € 8.19683.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CUNTIS PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DA RAN E OBRAS EN EDIFICACIÓN ANEXA Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cuntis para a instalación de herba artificial no campo de fútbol da Ran e obras en edificación anexa. Á vista da documentación que consta no expediente e vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cuntis para a instalación de herba artificial no campo de fútbol da Ran e obras en edificación anexa e cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CUNTIS PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DA RAN E OBRAS EN EDIFICACION ANEXA En ….., a … de …… de 201… REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. Antonio Pena Abal, Alcalde-Presidente do Concello de Cuntis, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra encargarase da redacción do proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol da Ran e obras en edificación anexa no Concello de Cuntis e da súa execución. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. 4.- Realización da obra civil de reforma necesaria en bancadas e vestiarios. Segunda.- O orzamento para a redacción do proxecto é de 21.122,00 € (17.900,00 € mais IVE), que aboará a Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 11/922.920.227.06 do orzamento provincial. O orzamento do proxecto ascende a contía de 999.408,39 € que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 11/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a contratación da asistencia técnica que redactará o proxecto, así como a contratación, licitación, adxudicación e dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Cuntis comprométese as seguintes obrigas: 1.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 2.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo poidan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días ó ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 3.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. 4.- O Concello comprométese a que exista dispoñibilidade dos terreos precisos para a normal execución das obras, así como á obtención das licencias coma autorizacións e concesións administrativas necesarias. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas porcentaxes que se acorden pola Comisión de Coordinación, e logo da súa aprobación polos órganos correspondentes no seu caso. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, mediante a formalización dunha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello. A Deputación aboará a man de obra e a maquinaria necesaria para elo, debendo o Concello achegar os custos dos materiais de reposición necesarios, (caucho, area, bandas de marcaxe, equipamentos, etc.). Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l.. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal Polo Concello de Cuntis, Antonio Pena Abal” 2.- Facultar ó presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 9.19684.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MORAÑA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE “O BUELO” E OBRAS EN EDIFICACIÓN ANEXA Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Moraña para a instalación de herba artificial no campo de fútbol do Buelo e obras en edificación anexa. Á vista da documentación que consta no expediente e vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Moraña para a instalación de herba artificial no campo de fútbol do Buelo e obras en edificación anexa e cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MORAÑA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DO BUELO E OBRAS EN EDIFICACION ANEXA En ….., a …… de ……. de 201… REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E Dna. María Luisa Piñeiro Arcos, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Moraña, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra encargarase da redacción do proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol do Buelo e obras en edificación anexa, no Concello de Moraña, e da súa execución. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. 4.- Realización da obra civil de reforma necesaria en bancada e vestiarios. Segunda.- O orzamento para a redacción do proxecto é de 21.122,00 € (17.900,00 € máis IVE), que aboará a Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 11/922.920.227.06 do orzamento provincial. O orzamento do proxecto ascende a contía de 999.561,23 € que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 11/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a contratación da asistencia técnica que redactará o proxecto, así como a contratación, licitación, adxudicación e dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Moraña comprométese ás seguintes obrigas: 1.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 2.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo poidan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días o ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 3.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. 4.- O Concello comprométese a que exista dispoñibilidade dos terreos precisos para a normal execución das obras, así como á obtención das licencias coma autorizacións e concesións administrativas necesarias. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas porcentaxes que se acorden pola Comisión de Coordinación, e logo da súa aprobación polos órganos correspondentes no seu caso. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, mediante a formalización dunha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello. A Deputación aboará a man de obra e a maquinaria necesaria para elo, debendo o Concello achegar os custos dos materiais de reposición necesarios, (caucho, area, bandas de marcaxe, equipamentos, etc.). Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal Polo Concello de Moraña, María Luisa Piñeiro Arcos” 2.- Facultar ó presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 10.19685.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE RODEIRO PARA LEVAR A CABO A ACTUALIZACIÓN CONTABLE DOS ORZAMENTOS DOS EXERCICIOS 2007,2008,2009,2010 E 2011 Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Rodeiro para levar a cabo a actualización e informatización contable dos orzamentos dos exercicios 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011. Á vista da documentación que consta no expediente e vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Rodeiro para levar a cabo a actualización e informatización contable dos orzamentos dos exercicios 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011, cun custo de 67.555,00 €, imputables á aplicación orzamentaria 11/942.942.227.06 do vixente orzamento provincial, e cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE RODEIRO PARA LEVAR A CABO A ACTUALIZACIÓN E INFORMATIZACIÓN CONTABLE DOS ORZAMENTOS DOS EXERCICIOS 2007, 2008, 2009, 2010 E 2011. No Pazo Provincial, a ….. de ………….. de 2011 REUNIDOS O Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. O Sr. D. Luis López Diéguez, alcalde-presidente do Concello de Rodeiro, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- O concello de Rodeiro ten serias dificultades para dar cumprimento ás súas obrigas legais respecto da contabilidade municipal, elaboración das liquidacións orzamentarias e rendición das contas ante o Tribunal de Contas e o Consello de Contas de Galicia. Debido a carencia de persoal especializado suficiente e a unha situación herdada das anteriores Corporacións, o concello de Rodeiro presenta unha total ausencia de informatización contable dos exercicios 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011. Esta situación supón que na práctica o Concello de Rodeiro non poida percibir as entregas mensuais a conta da participación nos tributos do Estado (artigo 36.1 da Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sostible) e a perda das subvencións que convoque a Comunidade Autónoma (artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas). En consecuencia, a Alcaldía do Concello de Rodeiro ten a necesidade e a vontade de poñer ó día a súa contabilidade pública local, pero á vista do seu limitado marxe de actuación solicita o auxilio e a colaboración da Deputación de Pontevedra. A Institución provincial, consciente que esta actuación é necesaria para evitar o colapso financeiro do concello de Rodeiro e á vista das súas propias competencias (recollidas no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local), pretende asinar o presente convenio para darlle solución a un problema que se ve agravado no marco actual de crise económica en que se produce e toma nota da positiva determinación da Alcaldía do Concello para corrixir unha situación que se prolonga no tempo durante os últimos anos. II.- Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. III.-A lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, e entre as súas competencias compréndese a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica ós Municipios, especialmente de menor capacidade económica e de xestión, polo que, a tal efecto e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, instruméntase este convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rodeiro, é levar a cabo a actualización e informatización contable dos orzamentos municipais dos exercicios 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011. Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se deriven da contratación dunha asistencia técnica que realice os traballos de actualización e informatización contable dos orzamentos municipais do Concello de Rodeiro dos exercicios comprendidos entre os anos 2007 e 2011, ambos incluídos, e que se estiman nun importe máximo de 67.555,00 €. Terceira.- A Deputación financiará a contratación da asistencia técnica para levar a cabo a citada actuación por un importe máximo de sesenta y sete mil cincocentos cincuenta e cinco euros (67.555,00 €), imputables á aplicación 11/942.942.227.06 do vixente orzamento provincial. Cuarta.- O prazo para executar o obxecto do presente convenio fíxase para as anualidades 2007, 2008, 2009 e 2010 na data límite do 30/04/2012 e en canto á anualidade 2011 no 30/06/2012. Quinta.- Á Deputación de Pontevedra correspóndenlle a licitación e a adxudicación do contrato segundo as condicións que se conteñen no proxecto técnico correspondente e que serán financiadas con cargo á aplicación 11/942.942.227.06 do vixente orzamento provincial. Sexta.- O Concello de Rodeiro obrígase a poñer a disposición da Deputación de Pontevedra e, no seu caso, á empresa adxudicataria a documentación necesaria para poder levar a cabo a actuación referida na cláusula primeira, así como a ofrecer a colaboración do seu persoal e poñer a disposición as instalacións necesarias para a realización do obxecto do convenio sempre e cando non sexan obrigas da empresa adxudicataria do contrato. Sétima.- O Concello comprométese a facer a debida publicidade e divulgación do financiamento e da colaboración da Deputación de Pontevedra. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os presidentes ou persoas en quen deleguen, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento do contrato por causas imprevistas e que ocasionen o incremento do seu custo deberá someterse ó previo acordo desta Comisión para o seu tratamento e aprobación se procede. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 30 de xuño o de 2012, data límite na que se terán que ter rematados os traballos, e no seu defecto rematará coa finalización do obxecto do convenio. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Undécima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, o RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal Polo Concello de Rodeiro, Luis López Diéguez” 2.- Facultar ó presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 11.19686.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE REDONDELA PARA LEVAR A CABO A OBRA “ADECUACIÓN E REFORMA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE CHAPELA” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Redondela para levar a cabo a obra “Adecuación e reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela”. O custe total do convenio ascende á cantidade de catrocentos oitenta e cinco mil setecentos trinta e sete euros con cincuenta e seis céntimos (485.737,56 €). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto da Deputación na aplicación 11/922.342.652.00 do vixente orzamento provincial. Así mesmo, solventadas as recomendacións efectuadas pola Intervención, en informe de data 15 de novembro de 2011, no relativo á incorporación ó expediente dunha valoración/estimación do gasto subscrita polo Técnico municipal e as relativas a ter en conta as características do financiamento no prazo de execución e que os investimentos da Deputación están limitados ó exercicio do 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Redondela para levar a cabo a obra de “Adecuación e reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE REDONDELA PARA A ADECUACIÓN E REFORMA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE CHAPELA No Pazo Provincial, a …. de decembro de 2011 REUNIDOS O Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. Javier Bas Corugeira, Alcalde-Presidente do Concello de Redondela, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- O Concello de Redondela é titular do pavillón polideportivo de Chapela. Esta instalación deportiva presenta unha serie de deficiencias que impiden a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto na pista de xogo como nos elementos complementarios. Todas estas actuacións supoñen unha inversión importante que, nestes momentos, o concello de Redondela non pode abordar por si só, de aí que necesite a cooperación doutras Administracións, propoñendo a celebración dun convenio coa Deputación de Pontevedra para proceder á remodelación de esta instalación deportiva, cun investimento de 485.737,56 euros. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Redondela é a adecuación e reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela. Segunda.- Importe. O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de catrocentos oitenta e cinco mil setecentos trinta e sete euros con cincuenta e seis céntimos (485.737,56€), que comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os da dirección de obra e de seguridade e saúde, e os gastos correspondentes dos honorarios técnicos da redacción do proxecto. Desta cantidade, 464.509,36 €, corresponden ó financiamento das obras e a cantidade restante, 21.228,20 €, corresponden os honorarios de redacción do proxecto. Terceira.- Financiamento. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2011 2012 Total Deputación 346.384,75 € 0 € 346.384,75 € Concello 3.000,00 € 136.352,81 € 139.352,81 € Total 349.384,75 € 136.352,81 € 485.737,86 € A achega da Deputación será financiada con cargo á aplicación 11/922.342.652.00 do vixente orzamento provincial. A cantidade a achega polo concello, que é un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación 922.342.652.00 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade de 2011 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A cantidade correspondente ó ano 2012 será ingresada no primeiro trimestre do ano. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento das obras. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.- Obrigas da Deputación. A Deputación obrígase a: 1.- Levar a cabo a redacción do proxecto básico e de execución da obra de adecuación e reforma do pavillón, por un importe máximo de 21.228,20 €, IVE incluído. 2.- Así mesmo, levará a cabo a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Sexta.- Obrigas do concello. O Concello de Redondela obrígase a: 1.- Colaborar no financiamento da obra achegando a cantidade de 139.352,81 €, 3.000,00 € no ano 2011 e a cantidade restante no ano 2012. 2.- Poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, as instalacións necesarias para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. 3.- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 4.- Levar a cabo ó mantemento da infraestrutura deportiva obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. 5.- Dar a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura levouse a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sétima.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Oitava.- Vixencia do convenio O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes en caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvención, R.d. 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data salientada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Redondela, Rafael Louzán Abal Javier Bas Corugeira” 12.19687.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE NIGRÁN PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE “REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE VILARIÑO, NIGRÁN” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Nigrán para levar a cabo as obras de “Remodelación das instalacións deportivas do campo de fútbol de Vilariño, Nigrán”. O custe total do convenio ascende á cantidade de trescentos oito mil setecentos noventa e tres euros con corenta e catro céntimos (308.793,44 €). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto da Deputación na aplicación 11/922.342.652.00 do vixente orzamento provincial. Así mesmo, solventadas as recomendacións efectuadas por informe de Intervención, de data 15 de novembro de 2011, no relativo ó prazo de execución, que se estima correcto, posto que aínda que o financiamento se efectúa en dous anos, hai que ter en conta que no ano 2011 non se vai executar obra ningunha, posto que aínda hai que levar a cabo o procedemento correspondente para a contratación da obra, e por conseguinte, levarase a cabo toda ela no ano 2012. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Nigrán para levar a cabo as obras de “Remodelación das instalacións deportivas do campo de fútbol de Vilariño, Nigrán”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE NIGRÁN, PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE VILARIÑO, NIGRÁN En Pontevedra, a ……………… de 2011 REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra o D. Alberto Valverde Pérez, Alcalde-Presidente do Concello de Nigrán, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con Concellos, Entidades, Asociacións e Clubs da provincia na construción de instalacións deportivas. II.- Que o Concello de Nigrán é titular do campo de fútbol de herba artificial en Vilariño. Esta instalación deportiva presenta unha serie de deficiencias que impiden a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto no terreo de xogo como nos elementos complementarios. Todas estas actuacións supoñen unha inversión importante, que nestes momentos o Concello de Nigrán non pode abordar por si só, de aí que necesite a cooperación doutras Administracións, propoñendo a celebración dun convenio coa Deputación de Pontevedra para proceder á remodelación de esta instalación deportiva, cun investimento de 308.793,44€. III.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. IV.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. V.- En base a estes antecedentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O obxecto do presente convenio é articular as bases de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Nigrán, para levar a cabo as obras comprendidas no proxecto de “Remodelación das instalacións deportivas no campo de fútbol de Vilariño, Nigrán”. Segunda.- Orzamento. O importe destas actuacións ascende a contía de 308.793,44 €, que comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os da dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Terceira.- Financiamento. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2011 2012 Total Deputación 208.793,44 € 0 € 208.793,44 € Concello 0 € 100.000,00 € 100.000,00 € A Deputación financia a súa achega con cargo á aplicación 11/922.342.652.00 do vixente orzamento provincial. A cantidade a achegar polo concello, que é un ingreso de dereito público xerará crédito na aplicación 922.342.652.00. A achega do concello será ingresada no primeiro trimestre do ano 2012 e en todo caso antes de proceder a aprobación do expediente de contratación. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento da obra. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.- Licitación e dirección das obras. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Sexta.- Obrigas do concello. O Concello de Nigrán obrígase a: 1.- Poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. 2.- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3.- Levar a cabo ó mantemento da infraestrutura deportiva obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. 4.- Dar a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura levouse a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sétima.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Oitava.- Vixencia do convenio O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes en caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvención, R.d. 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data salientada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Nigrán, Rafael Louzán Abal Alberto Valverde Pérez” 13.19688.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL NO MONTE CARRASCO (MARCÓN-PONTEVEDRA) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 18/11/2011, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Pontevedra, a Comunidade de Montes de Marcón e o Club de Fútbol Marcón Atlético para a “Instalación de herba artificial no campo de fútbol de Marcón”, con orzamento de 498.678,48 €, financiándose a obra pola Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra coas achegas de 374.678,48 € e 124.000,00 €, respectivamente. Resultando que polo Servizo de Infraestruturas redactouse o proxecto de “Campo de fútbol de herba artificial en Monte Carrasco (Marcón-Pontevedra)”, cuxo importe ascende á suma de 422.608,88 €, máis a cantidade de 76.069,60 € correspondente ó IVE, o que fai un total de 498.678,48 €. Resultando que por Intervención se emitiu informe no que se pon de manifesto a existencia de saldo de crédito na aplicación 11/922.342-658.00 do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de campo de fútbol de herba artificial en Monte Carrasco (Marcón-Pontevedra)”, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. 14.19689.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO DA E.P. 1101, PK0+300 A 0+750, MOAÑA-BERDUCEDO, (MOAÑA) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23/09/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Mellora de trazado da E.P. 1101, PK 0+300 a 0+750, Moaña-Berducedo (Moaña)”, con orzamento de 429.838,91 €, máis a cantidade de 77.371,00 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 26/10/2011, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 31/10/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura de Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo enxeñeiro director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 14/12/2011, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida no Sobre “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 33,02 43,994 77,014 JESUS MARTINEZ ALVAREZ, S.A. 33,95 42,634 76,584 OBRAS, CONSTRUCCIONES Y ASFALTOS, S.A. 30,23 45,830 76,060 EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES PEREZ PORTELA, S.L. 40,20 35,507 75,707 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 32,17 42,538 74,708 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 33,30 40,209 73,509 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,41 40,063 73,473 XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 33,60 38,337 71,937 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,17 40,238 71,408 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 34,46 34,492 68,952 PROYECTA, S.L. 30,23 36,992 67,222 NAROM, S.L. 32,46 34,050 66,510 ORECO, S.A. 32,54 33,534 66,074 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 34,38 29,207 63,587 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 32,80 27,812 60,612 GALCONSER, S.L. 30,33 29,072 59,402 HIDROMIÑO, S.L. 30,11 28,928 59,038 UNIKA PROYECTOS Y OBRAS, S.A.U. 33,00 16,445 49,445 Resultando que a empresa Construccions, Obras e Viais, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante Resolución nº 17763/11, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100106306, de data 15/12/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra de “Mellora de trazado da E.P. 1101, PK 0+300 a 0+750, Moaña-Berducedo (Moaña)”, na suma de 308.925,22 € máis 55.606,54 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 21.920,32 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 100,75 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridad y Medio Ambiente, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 15.19690.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº FINAL DA OBRA “COMPLEMENTARIO RESTOS DE MURALLA AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA” Vista a certificación núm. Final relativa á obra “Complementario restos de muralla ampliación Museo de Pontevedra”, adxudicada no seu día á empresa Dragados, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 09/12/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. Final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe DRAGADOS S.A. (CIF. A – 15139314) 11/457-333.622.01.2010 11/457-333-622-01 257.089,81€ SUBTOTAL 257.089,81€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 7.232,45€ Control de calidade (3%) Id. 7.736,04€ Seguridade e saúde (0%) Id. 0,00€ Total descontos 15.059,49€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 242.030,32€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.19691.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 6 DA OBRA “REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL DE CAMBADOS” Vista a certificación núm. 6 relativa á obra “Reforma e acondicionamento da sede da sociedade cultural de Cambados” FONDOS PROPIOS 323/2010 adxudicada no seu día á empresa ORECO S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 13/12/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 6: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe ORECO S.A. (CIF. A – 36.614.691) 11/942.337.658.02.2010 350.853,51€ SUBTOTAL 350.853,51€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 9.994,40€ Control de calidade (3%) Id. 7.495,80€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.798,99€ Total descontos 19.289,19€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 331.564,32€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 17.19692.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos día 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Pola empresa Darzal Consultoria y Prevención S.L., se presentan unha seria de facturas, que se relacionan posteriormente, correspondentes a actuacións do Plan de Investimentos da Deputación que quedan fóra da adxudicación efectuada no seu día, pero que se considera lóxico que esta empresa os continúe realizando durante a execución das obras. Vistos os informes emitidos por Intervención, e de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0912-02/2011 31/10/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 7.547,58 0912-03/2011 31/10/2011 “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. Bos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 6.724,45 0922-09/2011 10/11/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 369,08 0922-01/2011 10/11/2011 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 108,31 0912-05/2011 31/10/2011 “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa en E.P. 2503 Cerquido – Ribadelouro (Tui)” (D09/0100) 164,38 0876-02/2011 17/10/2011 “Construción de glorieta E.P. 7205 variante Vilapouca con estrada polígono Vilapouca (Forcarei)” 86,94 0876-03/2011 17/10/2011 “Reforma e adecuación do mercado de Sabarís (Baiona)” (PID/09/00972/2009002406) 16,13 0864-01/2011 10/10/2011 “Infraestrutura en Arbo, Cabeiras, Barcela e Cequeliños. T.M. Arbo” (PID/09/00916/2009002814) 693,80 0775-04/2011 07/09/2011 “Urbanización e reforma da rúa Jesús Sánchez en Cuntis” (PID/09/00791/2009002240) 362,90 0930-03/2011 28/11/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 1.920,43 TOTAL 17.994,00 € 18.19693.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DA CAMELIA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “XORNADAS DA CAMELIA 2011”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 22/07/11 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 22/07/11, unha subvención a favor da Sociedade Española da Camelia con CIP: G-36.407.344, do Concello de Pontevedra, por un importe de 717,00 €, para as “Xornadas da Camelia 2011” con cargo á aplicación 11/330.924.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 14/12/11, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 19.19694.- ANULACIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO DE DÚAS EMPREGADAS Con data 7 de novembro de 2011 e con número de rexistro de entrada 037740, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios informa que a Deputación de Pontevedra a través da súa Área de Comercio, dentro do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, traballa por impulsar e fortalecer o pequeno comercio da nosa provincia. Para iso asinouse o 10 de agosto un novo convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, no que se compromete a seguir mantendo aberta ó público a Oficina Provincial de Comercio REDIC que dende o ano 2009 convive e traballa co Área de Comercio e cuxas funcións son desenvolver actividades de forma coordinada con dita Dirección Xeral. A Federación Española de Municipios (FEMP) e MERCASA (Empresa Pública da Administración do Estado) manteñen unha estreita colaboración para impulsar a modernización, mellora e nova implantación de Mercados Municipais Minoristas. Neste marco de colaboración, organizan bianualmente, os Encontros Nacionais de Mercados Municipais Minoristas. A data e lugar de celebración da sétima convocatoria prevíronse para os días 21 e 22 de novembro de 2011 en Zaragoza. Con data 10 de maio de 2011 (con número de rexistro de entrada 018790) e 19 de agosto de 2011 (con número de rexistro de entrada 029462) infórmase ó Servizo de Recursos Humanos de Deputación de Pontevedra a participación no 7º Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas de Dna. Alma María Pérez Aguiño (Coordinadora da Oficina Provincial de Comercio REDIC) e Dna. Cruz Farto Justo (Técnico de Comercio da Oficina Provincial de Comercio REDIC) en Comisión de Servizos e representando a dita Oficina. Con data 8 de xuño de 2011 e 9 de setembro de 2011 a Xunta de Goberno da Deputación Provincial aproba a concesión dunha axuda económica de Dna. Alma María Pérez Aguiño e Dna. Cruz Farto Justo para poder asistir ó referido Encontro en concepto de inscrición, dietas e desprazamentos por un importe de 1.238,65 € e 1.052,77 € respectivamente, ademais da licenza para asistir os días 20, 21 e 22 de novembro de 2011. Con data 1 de outubro de 2001 tanto Dna. Alma María Pérez como Dna. Cruz Farto reservaron os billetes de avión e AVE por un importe total de 399,30 € por persoa. Con data 5 de outubro de 2011, reciben un comunicado emitido por MERCASA no que se informa o adiamento do Encontro para as datas 27 e 28 de febreiro de 2012, por coincidir coas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011. O cambio de datas do Encontro supón a cancelación dos billetes tanto de avión como de AVE que deben ser aboados polas interesadas. Xunto presentan as facturas de gastos de cancelación de billete de Avión Vigo-Madrid-Vigo e AVE Madrid-Zaragoza-Madrid. Por todo o exposto, e dado que o aprazamento do 7º Encontro é para o 27 e 28 de febreiro de 2012 e a relación contractual das interesadas con esta Deputación Provincial finaliza o próximo 31 de decembro de 2011 solicitan que se aboen os gastos de cancelación dos billetes, así como a anulación da axuda económica concedida nas Xuntas de Goberno de datas 8 de xuño e 9 de setembro de 2011. A solicitude é conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación e co Visto Bo do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios D. Manuel Corujo Castro. Polo exposto e de conformidade co establecido no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular da axuda económica concedida nas Xuntas de Goberno de datas 8 de xuño e 9 de setembro de 2011 a Dna. Alma María Pérez Aguiño e de Dna. Cruz Farto Justo, respectivamente, así como aprobar e declarar de aboo a favor das interesadas a cantidade de 385,34 € en concepto de cancelación de desprazamentos estando desagregados tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: CONCEPTO TOTAL PARTIDA Cancelación Billete Avión+AVE de Dna. Alma María Pérez Aguiño 192,67 € 11/241.431.231.20 Cancelación Billete Avión + AVE de Dna. Cruz Farto Justo 192,67 € 11/241.431.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 385,34 € 20.19695.- SUSPENSIÓN DE PRÓRROGA DA BOLSA DE LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA “DO AREEIRO” Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 7 de outubro de 2009, número 9.17299, aprobáronse as Bases da convocatoria dunha Bolsa de Licenciado en Ciencias Biolóxicas, para a realización de traballos de investigación no laboratorio da Estación Fitopatolóxica “Do Areeiro”, publicadas no BOP nº 205 de data 23/10/2009. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno, celebrada o 18/11/09 adxudícase a beca a favor de D. Jacobo Dalama Lama, con efectos 1 de xaneiro de 2010, e por un período dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. Mediante escrito de data 5 de decembro de 2011, o Xefe do Servizo da Estación Fitopatológica “Do Areeiro”, informa que o bolseiro D. Jacobo Dalama Lama, non realiza con satisfacción as tarefas propias do seu cargo, en especial por falta de motivación e interese para a súa formación no ámbito da fitopatoloxía, así como nos estudos e investigacións fitopatolóxica que se lle propoñen, escasa iniciativa e pouca colaboración en labores xerais de laboratorio, polo que se propón que se suspenda o goce da Bolsa da que é beneficiario e que non se autorice a prorroga, con efectos 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2012. De acordo co establecido nas bases da convocatoria, ó existir informe desfavorable do Xefe do Servizo non procede conceder a prorroga da referida bolsa. De acordo co exposto, en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade denegar a prorroga da referida bolsa a D. Jacobo Dalama Lama, para o desenvolvemento de traballos de investigación de Diagnóstico Fitopatolóxico, con efectos 1 de xaneiro de 2012. 21.19696.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON PAULINO ARAUJO VILAR EN REPRESENTACIÓN DE D. OSCAR MANUEL FRAGA DOMÍNGUEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 9107 CAMIÑO VIRXE DAS MAREAS, NO CONCELLO DO GROVE Dada conta que con data de rexistro de 31/05/11 (núm. Rex. 021233) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Paulino Araujo Vilar en representación de D. Óscar Manuel Fraga Domínguez con enderezo de notificacións na rúa Augusto González Besada, 15-2º D do Concello de Pontevedra, por danos en vehículo coma consecuencia dun socavo na E.P. 9107 Camiño Virxe das Mareas, na data 29/01/11, no concello do Grove e que individualiza economicamente en 488,70€. Resultando.- Que con data 04/07/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que emitiu en data 08/07/11 co seguinte contido: “…Primeiro. A E.P. 9107 Camiño Virxe da Mareas pertence á rede de estradas provinciais. Segundo. Por parte do Servizo de Infraestruturas non se tivo coñecemento directo do accidente de referencia nin doutros ocorridos pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, ó que é obxecto do presente informe. Non entanto o anterior si se tivo constancia do socavo que presuntamente orixinou o sinistro xa que o mesmo foi reparado dous días despois pola brigada da zona (documento nº1) ó detectarse nunha visita de inspección rutinaria levada a cabo nesa estrada, tratándose en realidade dunha arqueta de saneamento que se atopaba afundida, nunha profundidade duns 5-10cm, e que finalmente foi tapada por operarios da Deputación. Terceiro. Nese punto é preciso resalta que o Concello de O Grove promoveu durante o ano 2010 obras de saneamento na estrada provincial E.P. 9107 Camiño Virxe das Mareas (competencia municipal de acordo co disposto no artigo 25.2.l. da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local), conforme ó proxecto Colectores Xerais e Estación Depuradora de augas residuais no Grove financiado pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, sendo a empresa Espina Obras Hidráulicas S.A.) a que instalou a tubaxe de impulsión de augas residuais que discorre pola estrada provincial e a arqueta que provocou o sinistro obxecto de informe. Cuarto. Como queira que as obras iniciáronse sen contar coa preceptiva autorización sectorial de estradas e a inicial reposición do firme da zona de circulación era defectuosa (documento nº2), o 17 de marzo de 2010 dítase a Resolución Presidencial nº 3692 no expediente de danos nº 31/2010 (documento nº 3) declarando a urxente reparación de devantidas deficiencias e a través da cal requiríase á empresa Espina Obras Hidráulicas S.A. para corrixir as mesmas; este requirimento é atendido por dita empresa (documento nº4) procedendo esta no mes de abril de 2010 ó asfaltado de toda a estrada e a reparación dos danos denunciados (documento nº 5). Resultando.- Que con data 14/07/11 solicitouse o servizo de infraestruturas aclaración do informe que emitira na data 08/07/11 para que aclarase se podería deducirse unha mala praxe na execución das obras por parte da empresa Espina Obras Hidráulicas, S.A., emitindo informe aclaratorio na data 18/07/11 co seguinte contido literal: “…Primeiro. Aínda que a empresa Espina Obras Hidráulicas, S.A. procedeu no se u dia á reposición do firme da estrada provincial E.P. 9107 Camiño Virxe das Mareas, é evidente que a execución da arqueta de saneamento que provocou o sinistro non se levou a cabo nas debidas condicións xa que a mesma acabou cedendo polo paso dos vehículos. Segundo. Como se pode comprobar na fotografía adxunta, a arqueta foi tapada por operarios da brigada da zona con mestura bituminosa ó obxecto de corrixir o desnivel existente. Nun futuro será Espina Obras Hidráulicas, S.A. ou a empresa responsable do saneamento municipal, caso de ser necesario, a que deberá habilitar novamente a arqueta…” Resultando.- Que con data 14/07/11 e do fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” da Lei 30/92 déuselle traslado da reclamación ó Concello do Grove para que puideran comparecer como interesados e en virtude do artigo 79.1 da mesma Lei, puideran facer as alegacións que tiveran por convenientes, facendo as mesmas en escrito de data 29/07/11 co seguinte contido literal: “… O concello do Grove non é titular da vía na que se produciron os feitos nos que se basea a reclamación. O Concello do Grove non fixo na citada vía ningunha obra municipal durante o período obxecto da reclamación. No caso de que as deficiencias na calzada fosen debidas á execución da obra de construción de colectores e estación depuradora de augas residuais, a administración promotora de dita obra é a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a empresa que executa é a Unión Temporal de Empresas Espina Obras Hidráulicas e Trigemer. De conformidade co establecido no artigo 1.3 do R.D 429/1993, de 26 de marzo polo que se aproba o Regulamento dos Procedementos en materia de Responsabilidade Patrimonial, aprobado por Real Decreto 429/1993, de 26 de marzo (BOE de 4 de maio de 1993), tratándose de presuntos danos producidos a consecuencia dunha obra pública en execución, o responsable dos mesmos é o contratista de dita obra, e a administración contratante só responde se son a consecuencia dunha orde súa directa e inmediata ou derivan de vicios do proxecto elaborado. Non sendo esta administración nin titular da vía, nin promotora do proxecto contratante, supervisora ou responsable de obra en execución, non existe relación de causalidade algunha entre o funcionamento dos servizos públicos municipais e o dano lesivo producido, premisa inescusable para o nacemento da responsabilidade patrimonial da administración, segundo o artigo 139 e seguintes da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común en relación co Regulamento dos Procedementos en materia de Responsabilidade Patrimonial citados…” Resultando.- Que con data14/07/11 e co fundamento no artigo 31.1 “c” e “d” da Lei 30/92, de 26 de novembro, déuselle traslado da reclamación á mercantil Espina Obras Hidráulicas, S.A., para que puidera comparecer como interesada, e en virtude do artigo 79.1 da mesma Lei, facer as alegacións que tivera por convenientes, facendo as mesmas en escrito de data 22/07/11, co seguinte contido literal: “…Primera: Espina ha realizado en el vial mencionado la instalación de tubería de aguas residuales, mediante zanja y reposición de la totalidad del vial (conforme a criterios impuestos por la Diputación). Todos los trabajos lo han sido conforme a Proyecto y a satisfacción de la dirección de obras. Segunda: Que en la totalidad del vial mencionado ESPINA NO HA REALIZADO NINIGUNA ARQUETA en el trazado de la línea de impulsión. Tercera: Que, a mayor abundamiento, y tras la visita cursada al lugar, resulta que la arqueta en la que se ha generado el socavón corresponde a la red de ABASTECIMIENTO DE AGUA POTABLE, sobre la que ESPINA NO HA ACTUADO. Y además, ya ha sido reparada por el Ayuntamiento del Grove, por sus medios, asumiendo implícitamente la responsabilidad….” Resultando.- Que con data 02/08/11 solicitouse un novo informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación para que aclararan se o afundimento da citada arqueta foi consecuencia da actuación sobre a estrada de Espina Obras Hidráulicas, S.A, emitindo o mesmo na data 26/08/11 co seguinte contido literal: “… Segundo información facilitada polo aparellador municipal, D. Alfonso Estévez Salazar, a arqueta de saneamento que provocou o sinistro foi executada pola empresa Espina Obras Hidráulicas, S.A., xa que aínda que nun principio dita obra non entraba dentro do proxecto Colectores Xerais e Estación Depuradora de augas residuais no Grove, ó atoparse coa tubaxe municipal o Concello obrigoulle a facer a citada arqueta…” Resultando.- Que con data 27/09/11 e co fundamento no artigo 31.1 apartados “c” e “d” da Lei 30/92, de 26 de novembro, déuselle traslado da reclamación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que puideran comparecer como interesados, constando como data na que acusou recibo o día 03/10/11, sen que ata a data de hoxe se recibira contestación algunha. Considerando.- Que neste suposto non se pode estimar a reclamación dirixida contra esta Deputación toda vez que, aínda que a estrada onde se realizaron as obras e de titularidade provincial, o mal estado da vía é imputable ós responsables das obras levadas a cabo na mesma, a mercantil Espina Obras Hidráulicas, S.A., pois como queda acreditado no expediente, o aparellador municipal do Concello do Grove informa que foi o propio Concello quen lle obrigou a facer a citada arqueta, ó atoparse coa tubaxe municipal durante a execución das obras denominadas proxecto de Colectores Xerais e Estación Depuradora de augas residuais do Grove, promovidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, sendo evidente que a execución da arqueta de saneamento que provocou o sinistro non se levou a cabo nas debidas condicións porque acabou cedendo polo paso dos vehículos. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación sen prexuízo da acción que na orde civil lle competese, en virtude do artigo 1.902 do Código Civil, contra a empresa Espina Obras Hidráulicas, S.A. 22.19697.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 09/09/2011, Nº 6.19453 POLO QUE SE ADXUDICOU A OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS, ENSANCHE E MELLORA DA PLATAFORMA NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARÍN (MARÍN) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 9 de setembro de 2011, adoptou o acordo nº 6.19453 polo que se adxudicou a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra de “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma E.P. 0019 Figueirido-Marín (Marín)”, na suma de 544.391,00 € máis a cantidade de 97.990,48 € correspondente ó IVE (18 % como consecuencia do cambio do tipo impositivo), o que fai un total de 642.382,05 €, que oferta un prazo de execución de sete meses, melloras valoradas en 67.034,37 € e o 3,55 % do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que se padeceu erro no importe de adxudicación da obra, e, co obxecto de proceder ó seu subsanación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo nº 6.19453, adoptado en sesión de 9 de setembro de 2011, polo que se adxudica a obra “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma E.P. 0019 Figueirido-Marín (Marín)”, no sentido de que: Onde di: “…na suma de 544.391,00 €, máis a cantidade de 97.990,48 € correspondente ó IVE (18 % como consecuencia do cambio do tipo impositivo), o que fai un total de 642.382,05 €, que oferta un prazo de execución de sete meses, melloras valoradas en 67.034,37 € e o 3,55 % do orzamento de execución material para control de calidade”. Debe dicir: “…na suma de 544.391,57 €, máis a cantidade de 97.990,48 € correspondente ó IVE (18 % como consecuencia do cambio do tipo impositivo), o que fai un total de 642.382,05 €, que oferta un prazo de execución de sete meses, melloras valoradas en 67.034,37 € e o 3,55 % do orzamento de execución material para control de calidade”. 23.19698.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición