ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/01/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/1.2012-01-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/01/27_Ordinaria

  • Data(s) 2012-01-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e sete de xaneiro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal e D. Arturo Grandal Vaqueiro, deputado provincial. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19775.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de xaneiro de 2012. 2.19776.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA DE “ENSANCHE E MELLORA E.P. 1009 ACCESO PRAIA DE MENDUIÑA, CANGAS” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 27/05/2009, adxudicouse definitivamente, a Construcciones Crespo, S.A., a obra “Ensanche e mellora E.P. 1009 Acceso praia de Menduíña (Cangas)”, na suma de 172.190,36 €, máis 27.550,46 € correspondentes ó IVE, que ofertaba un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 3.000,00 € e o 1,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que por resolución 10092/11, como consecuencia do atraso producido en negociacións cos propietarios afectados, así como coas empresas subministradoras de electricidade e telefonía para poder retranquear as súas instalacións, concedeuse unha prórroga para a finalización da obra ata o 31 de decembro de 2011. Resultando que pola adxudicataria da obra solicítase unha nova prórroga, ata o 31 de maio de 2012, debido a que tras o atraso producido na execución da obra están pendentes de executar os traballos correspondentes para liquidar a obra. Resultando que polo Director da Obra, D. Alfredo Montero Vaz, emítese informe no que considera que, en base ás razóns expostas pola adxudicataria, pode autorizarse a prórroga solicitada. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., adxudicataria da obra “ensanche e mellora E.P. 1009 Acceso praia de Menduíña (Cangas)”, unha prórroga para a súa finalización ata o 31 de maio do ano en curso. 3.19777.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 FINAL DA OBRA “REPOSICIÓN DE SERVIZOS, ACCESOS, PECHES E INSTALACIÓNS EN E.P. 2203 BAREDO Á E.P. 2202 BAIONA” Vista a certificación núm. 1-Final relativa á obra “Reposición de Servizos, accesos, peches e instalacións en E.P. 2203 Baredo á E.P. 202 (Baiona) FONDOS PROPIOS 270/2011, adxudicada no seu día a empresa NAROM, S.L. e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 25/01/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-Final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe NAROM, S.L. (CIF. A – 36.163.418) Conta non orzamentaria 555.00(099.097) Incorporados os remanentes 12/456.453.612.02.2011 235.790,11 € SUBTOTAL 235.790,11 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.716,71 € Control de calidade (1%) Id. 1.679,18 € Seguridade e saúde (0,5%) Id. 839,59 € Total descontos 9.235,48 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 226.554,63 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 4.19778.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO GROVE PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002780, DENOMINADA “APARCAMENTO EN AVDA. BEIRAMAR”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011” Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002780, denominado “Aparcamento en Avda. Beiramar”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, e, tendo en conta que se aplica sobre o orzamento do proxecto da citada obra o IVE do 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, o que supón un incremento porcentual do importe da axuda económica concedida con respecto á petición inicial do concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello do Grove, con CIF núm. P3602200B, a cantidade de setenta e seis mil seiscentos dezasete euros con corenta e cinco céntimos (76.617,45 €), para a realización do investimento núm. 2009002780, denominado “Aparcamento en Avda. Beiramar”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 76.617,45 euros Esta subvención, que correspondente á anualidade 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 12/942.942.652.45.2011 do orzamento provincial para o ano 2012, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.19779.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19780.- INFORME SOBRE ACORDO DE DISOLUCIÓN DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO E INTEGRACIÓN NO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Dada conta da comunicación do presidente do Consorcio contra incendios e salvamento da comarca do Morrazo, do 29 de decembro de 2011 (rexistro de entrada núm. 0151, de data 03/01/2012), pola que se remite o acordo de disolución do Consorcio contra incendios e salvamento da comarca do Morrazo e se solicita á Deputación de Pontevedra que emita o preceptivo informe esixido no artigo 143.1 b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Visto o informe favorable da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 16 de xaneiro de 2012, que manifesta que se seguiu o procedemento establecido no artigo 143.1 por remisión do 151.2 da citada lei 5/1997. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestarlle conformidade e posteriormente remitir ó Consorcio contra incendios e salvamento da comarca do Morrazo o mencionado informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, que di como segue: “DISOLUCIÓN DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO E INTEGRACIÓN NO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO -O Pleno do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, en sesión de 13 de outubro de 2011, acordou disolver o mesmo para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de conformidade co establecido na Disposición Transitoria primeira do Decreto 36/2011, de 17 de setembro, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia polo que se aproba a constitución do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, sen que se presentaran alegacións. -O procedemento para a disolución é o establecido no art.143 por remisión do 151, ambos da Lei 5/1997, de 22 de xullo. Emítese informe favorable”. 7.19781.- MODIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO DA ESCOLA INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Dada conta da comunicación da Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, de data 26/01/2012, segundo a cal: “Primero.- Con fecha 25/01/2011, Dog Núm. 17, se publica el Decreto 49/2012 de la Consellería de Traballo e Benestar por el que se aprueba el régimen de precios de las escuelas infantiles dependientes de esta consellería. Segundo.- La escuela infantil de la Diputación de Pontevedra, ubicada en el Centro Príncipe Felipe, de acuerdo con lo establecido en su Reglamento de régimen Interno, viene aplicando los precios establecidos, hasta ahora en el Decreto 70/2002, de 28 de febrero y la respectiva ordenanza fiscal de la Diputación de Pontevedra, ya que es una de las condiciones que se impone en la orden anual por la que la consellería convoca la línea de subvenciones a las que las administraciones locales que sean titulares de este servicio se pueden acoger. Tercero.- A la vista de la modificación y consiguiente derogación, por la disposición derogatoria única del Decreto 49/2012, de los precios aplicables en la actualidad y dado que dicho Decreto, en su disposición final tercera, fija como fecha de entrada en vigor el día siguiente a su publicación en el Diario Oficial de Galicia, se solicita, por parte de la Dirección de la Escola Infantil, la modificación de la actual ordenanza fiscal de los precios de la Diputación de Pontevedra para actualizar las cuantías mensuales de los usuarios con efectos de la entrada en vigor de los actuales. Cuarto.- Con respecto a los precios fijados en el Decreto 49/2012, son aquellos que figuran en el anexo, tanto por la atención educativa, como por los servicios complementarios, así como la descripción de la aplicación de dichos precios según los tramos de renta per cápita de la unidad familiar y descuentos dependiendo de las circunstancias familiares. Quinto.- Se propone, por tanto, la tramitación de la modificación de la ordenanza fiscal reguladora de los precios públicos de la “Escuela infantil Príncipe Felipe” de acuerdo con la normativa vigente y con lo establecido en el apartado anterior, estableciéndose las cuantías fijadas en el Decreto 49/2012 y que se adjuntan como anexo del presente informe.” Visto o informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Modificar o acordo regulador do prezo público polo servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe” no sentido de que as tarifas serán as seguintes: “ANEXO I Conceptos: 1. PREZOS POLA ASISTENCIA EDUCATIVA EN XORNADA COMPLETA DA ESCOLA INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” 0-3 ANOS, IMPORTE MENSUAL EN EUROS Con servizo de comedor Sen servizo de comedor a)Rendas inferiores ó 30% do IPREM 0 € 0€ b)Rendas comprendidas entre o 30% e inferiores ó 50% do IPREM 16,50€ 0€ c)Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ó 75% do IPREM 49,50€ 33,00€ d)Rendas comprendidas entre o 75% e inferiores ó 100% do IPREM 91,00€ 66,00€ e)Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ó 125% do IPREM 141,00€ 106,00€ f)Rendas comprendidas entre o 125% e inferiores ó 150% do IPREM 176,00€ 126,00€ g)Rendas comprendidas entre o 150% e o 200% do IPREM 199,00€ 139,00€ h)Rendas superiores ó 200% do IPREM 230,00€ 160,00€ Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no 50% do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita da unidade familiar 2. PREZO POR SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: a)Servizo de comedor, por persoa e mes completo: Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, aplicaranse as reducións especificadas no número 3 do anexo 70,00€ No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo por día: O prezo do comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución. 4,00€ b)Horario ampliado (hora extraordinaria): Con carácter excepcional, poderase ampliar a xornada, sempre que se acredite a súa necesidade. O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ao usuario/usuaria: O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución. 20,00€ 3.DESCONTOS: Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o especificado no número 3 do anexo, aplicaranse os seguintes descontos non acumulables entre si: a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas: desconto dun 20% b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20% c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmás, o segundo e sucesivos, 20% Os prezos públicos establecidos no anexo actualizaranse cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) nomes de xuño anterior, mediante resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, da Secretaría Xeral de Política Social.” - Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de febreiro de 2012. 8.19782.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición