Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2012-03-30_Ordinaria. Acta de sesión 2012/03/30_Ordinaria
Acta de sesión 2012/03/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/1.2012-03-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/03/30_Ordinaria
Data(s) 2012-03-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta minutos do día trinta de marzo do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado, D. José María Bello Maneiro. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19922.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de marzo de 2012. 2.19923.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. Á empresa Construcciones Abal, S.A. (CIF A- 36.115.459), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de nove mil douscentos vinte e catro euros con catorce céntimos (9.224,14 €), para responder do contrato relativo á obra: Reparacións varias na igrexa de Santa María de Armenteira (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/01/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000002357, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de tres mil seiscentos oitenta e dous euros con setenta e catro céntimos (3.682,74 €), para responder do contrato relativo ó: Orzamento modificado de reparacións varias na igrexa de Santa María de Armenteira (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000095394, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) Á empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de catorce mil euros con trinta céntimos (14.000,30 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora zona Magdalena e variante igrexa na E.P. 2503 Cerquido-Ribadelouro (Tui), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/01/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000002491, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de sete mil trescentos vinte e cinco euros (7.325,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Renovación rodamento P.K. 0+000, P.K. 1+905 (Glorieta) E.P. 2908 Arcade-Amoedo (290707), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900071442, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil catrocentos sesenta euros con setenta e sete céntimos (1.460,77€), para responder do contrato relativo ó: Orzamento modificado de renovación rodamento P.K. 0+000, P.K. 1+905 (Glorieta) E.P. 2908 Arcade-Amoedo (290707), que foi depositada na Tesourería Provincial o 9/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100007685, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de seis mil oitocentos sesenta euros con oitenta e seis céntimos (6.860,86 €), para responder do contrato relativo ó: Modificado nº1 de rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu entorno (OB291083) (Ribadumia- Cambados), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100009364, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de trinta e catro mil oitocentos trinta e dous euros con corenta e seis céntimos (34.832,46 €), para responder do contrato relativo á obra: Rehabilitación da ponte sobre o río Umia e acondicionamento do seu entorno (OB291083) (Ribadumia- Cambados), que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000017190, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Rafer, S.L. A empresa Construcciones Rafer, S.L. (CIF B- 36.052.702), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de catro mil oitocentos noventa e catro euros con sesenta e sete céntimos (4.894,67 €), para responder do contrato relativo ó: Complementario nº1 de mellora de trazado e pavimento E.P. 2907 Redondela-Cepeda (Redondela-Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/11/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800097556, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A. (CIF A- 36.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seis mil catrocentos cincuenta e seis euros con corenta e sete céntimos (6.456,47 €), para responder do contrato relativo ó: Modificado nº1 de E.P. 1009 acceso a praia Menduiña (Cangas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/08/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900065280, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Hidromiño, S.L. A empresa Hidromiño, S.L. (CIF B- 36.440.196), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dous mil cincocentos cincuenta e seis euros con cincuenta e cinco céntimos (2.556,55 €), para responder do contrato relativo á obra: Construción de depósito de abastecemento de augas en Loureza (Oia), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000042920, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construferga, S.L. A empresa Construferga, S.L. (CIF B- 36.510.832), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de oito mil cincocentos cincuenta e dous euros con setenta e un céntimos (8.552,71 €), para responder do contrato relativo á obra: Parque Rural de Simes (Meaño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000073724, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. A empresa Manuel Pérez Portela, S.L. (CIF B- 36.239.861), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil seiscentos noventa e seis euros con sesenta e oito céntimos (8.696,68 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento en Cabreira (Salvaterra de Miño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000073844, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19924.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISE NA FINCA MOURISCADE O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 15 de marzo de 2012, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación do acordo regulador do prezo público polos servizos de análise que se prestan na Finca Mouriscade, co obxecto de actualizar as tarifas deste prezo público en base o incremento do índice de prezos o consumo, establecer tarifas para novas análises e suprimir outras. Resultando que as tarifas deste prezo público non se modifican dende o día 1 de xaneiro de 2008, téndose incrementado o índice de prezos o consumo (IPC), desde dita data ata o 1 de xaneiro de 2012, nun 7,3%. Resultando que na proposta de modificación do acordo regulador deste prezo público figura que se suprimen as análises correspondentes ó reconto de cédulas somáticas e homoxeneidade das mesturas e que se contemplan novos servizos de análise de, Nitróxeno soluble, Lignina ácido deterxente (LAD), Nitróxeno ligado á fibra neutro deterxente (N-FND), Nitróxeno ligado á fibra ácido deterxente (N-FAD), Azucres: sacarosa, refinosa e estaquiosa por HPLC en pensos e materias primas, Ácido láctico, acético e butírico con kit encimático en ensilados e Gosipol en semente de Algodón. Resultando que na proposta de modificación deste acordo regulador o apartado sexto pasa a denominarse disposición final e establécese unha disposición transitoria única na que se recolle a aplicación para o exercicio de 2012 dunha exención para os gandeiros da provincia de Pontevedra nas análises de identificación de xerme causante da mamite e a análise químico dos ensilados. Vistos os informes da Xefa de Servizo de Mouriscade e o de Intervención, ambos de data 15 de marzo de 2012 que constan no expediente, a Xunta de Goberno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na Finca Mouriscade, que queda redactado da seguinte forma: “PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISES NA FINCA DE MOURISCADE A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do 30/03/12, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (Trlrfl), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos e mais do acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda modificar o acordo regulador do prezo público polos servizos de análises que se prestan na Finca de Mouriscade, quedando este co seguinte contido literal: Primeiro. Natureza e contido: Este prezo público esixirase polos servizos de análise realizados na Finca de Mouriscade. Quedan excluídos os servizos de análise que se presten mediante convenio. Segundo. Obriga de pagamento: Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e mais as entidades (cooperativas, asociacións de gandeiros, etc.) que soliciten os servizos de análise que se prestan na Finca de Mouriscade. Terceiro. Contía: A estrutura e a contía deste prezo público figuran no anexo I. Cuarto. Normas de xestión: I. As persoas ou entidades interesadas nos servizos de análise que se prestan na Finca de Mouriscade han de solicitalos ante os servizos administrativos da Finca, debendo acreditar a constitución do depósito previo. O importe do depósito determinarase segundo as contías sinaladas no anexo I deste acordo. II. O pagamento do depósito acreditarase coa factura ou documento análogo, os cales expedirán os servizos da Finca de Mouriscade. III. A xestión do IVE realizaraa o Servizo da Finca Mouriscade. Quinto. Obriga de pagamento: I. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, o servizo considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude. II. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo, no momento de solicitalo. Disposición transitoria. Exención para os gandeiros da provincia: Establecese, Para o exercicio de 2012, unha exención a favor dos gandeiros da provincia nas análises de identificación do xerme causante da mamite e a análise químico dos ensilados. Disposición final. Entrada en vigor: A modificación deste prezo público entrará en vigor e aplicarase o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ANEXO I Conceptos Tarifa nova Liña de alimentación animal 1º. Análises Químicas: Humidade 1,3 Proteína Bruta 4,5 Cinzas 1,3 Fibra bruta 4 Fibra ácido deterxente 3 Fibra neutro deterxente 4 Materia graxa 4 Materia graxa con hidrólises 5 Amidón 4 Lactosa 6 Cloruros 3,5 Índice de acidez 4 Índice de peróxidos 4 Impurezas 4 Azucres totais 6 Cinzas insolubles en ClH 5,5 Dixestibilidade FND in vitro 6 Solubilidade en KOH 15 Actividade Urease 15 PDI 15 Inhibidores Tripsina 40 Durabilidade grao 3,5 Nitróxeno soluble 8,5 Lignina ácido deterxente (LAD) 6 Nitróxeno ligado a la fibra neutro deterxente (N-FND) 10,5 Nitróxeno ligado a la fibra ácido deterxente (N-FAD) 9,5 Azucres: sacarosa, refinosa e estaquiosa por HPLC en pensos e materias primas 35 Ácido láctico, acético e butírico con kit encimático en ensilados 12 Gosipol en semente de Algodón 6 2. Análises microbiolóxicos E.coli 3,2 Salmonella spp 12,5 Estafilococcus 3,2 Clostridium prefringens 5,3 Mofos e lavaduras 5,3 Enterobacterias 6,3 3º. Análises minerais Calcio 6,8 Fósforo 6,8 Sodio 6,8 Potasio 6,8 Magnesio 6,8 Ferro 6,8 Zinc 6,8 Cobre 6,8 Manganeso 6,8 Cloro 6,8 xofre 6,8 Flúor 6,8 Grupos de 5 minerais o más, cada un 5,5 4º. Análises ensilados nir De 1 a 200 mostras 8,4 De 201 a 400 mostras, cada mostra 7,4 De 401 a 600 mostras, cada mostra 6,4 A partir de 601 mostras, cada mostra 5,4 Liña de análises de augas 5º. Análises de augas Opción 1: pH, condutividade, turbidez, amonio, nitratos, nitritos, E.coli, coliformes, totais, aerobios, enterococcus, pseudomonas clostridium perfringens, cada mostra 30 Opción 2: E.coli, coliformes totais e enterococcus 17 Liña de identificación de xermes en mamite 6º. Análises de leite Identificación de xerme* 5,5 Identificación con antibiograma 7,5 Estas modificacións do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na finca Mouriscade, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e tal como consta na memoria da Presidencia entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.” 4.19925.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PREPARACIÓN E IMPLANTACIÓN DE EMBRIÓNS NA FINCA MOURISCADE O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 15 de marzo de 2012, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación do acordo regulador do prezo público polos servizos de preparación e implantación de embrións na Finca Mouriscade, co obxecto de actualizar as tarifas deste prezo público en base o incremento do índice de prezos o consumo, e tamén especificar con detalle outros servizos que se prestan na implantación de embrións. Resultando que as tarifas deste prezo público non se modifican dende o día 1 de xaneiro de 2008, téndose incrementado o índice de prezos o consumo (IPC), dende dita data ata o 1 de xaneiro de 2012, nun 7,3%. Resultando que con esta modificación aproveitase para especificar con máis detalle os servizos de implantación de embrións relativos a preparación receptora, preparación donante, recolleita de embrións (Flushing) e transferencia de embrión fresco ou conxelado, así como para modificar o apartado sexto que pasa a denominarse disposición final. Vistos os informes da Xefa de Servizo de Mouriscade e o de Intervención, ambos de data 15 de marzo de 2012 que constan no expediente, a Xunta de Goberno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de preparación e implantación de embrións na Finca Mouriscade, que queda redactado da seguinte forma: “PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PREPARACIÓN E IMPLANTACIÓN DE EMBRIÓNS NA FINCA DE MOURISCADE A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes del R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (Trlrfl), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda establecer e regular o prezo público polos servizos de preparación e implantación de embrións na Finca de Mouriscade, quedando este co seguinte contido literal: Primeiro. Natureza e contido: Este prezo público esixirase polos servizos de preparación e implantación de embrións que se prestan na Finca de Mouriscade. Segundo. Obriga de pagamento: Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e máis as entidades (cooperativas, asociacións de gandeiros, etc.) que soliciten os servizos de preparación e implantación de embrións que se prestan na Finca de Mouriscade. Terceiro. Contía: A estrutura e a contía deste prezo público figuran no Anexo I. Cuarto. Normas de xestión: I. As persoas ou entidades interesadas nos servizos de preparación e implantación de embrións, que se prestan na Finca de Mouriscade, han de solicitar a súa prestación ante os servizos administrativos da Finca, debendo acreditar a constitución do depósito previo. O importe do depósito determinarase segundo as contías sinaladas no Anexo I deste acordo. II. O pagamento do depósito acreditarase coa factura ou documento análogo que expedirán os servizos da Finca de Mouriscade. III. A xestión do IVE realizaraa o Servizo da Finca de Mouriscade. Quinto. Obriga de pagamento: I. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, o servizo considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude. II. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo, no momento de solicitalo. Disposición final. Entrada en vigor: Este prezo público entrará en vigor e aplicarase o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ANEXO I Conceptos Tarifa nova I.Preparación e implantación de embrións propios: 1. Embrións de xovenca ou vaca de menos de 84 puntos de cualificación morfolóxica, cada embrión 150,00 2. Embrións de xovenca ou vaca de 85 ou 86 puntos de cualificación morfolóxica, cada embrión 215,00 3. Embrións de xovenca ou vaca de 87 ou mais puntos de cualificación morfolóxica, cada embrión 275,00 II. Outros servizos: 1. Preparación receptora 10,50 2. Preparación donante 110,00 3. Recolleita de embrións (Flushing) 120,00 4. Transferencia embrión fresco ou conxelado. 25,00 Estas modificacións do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de preparación e implantación de embrións na Finca Mouriscade, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e tal como consta na memoria da Presidencia entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.” 5.19926.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 27 de marzo de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000391 e que contén dezaoito facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 325,26 € e a derradeira de Distribuciones Froiz, S.A., por importe 6.836,31 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 18.897,85 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 18.897,85 € 6.19927.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.19928.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOC. VECIÑAL CULTURAL, DEPORTIVA E DE CONSUMIDORES E USUARIOS DE LAVADORES DO CONCELLO DE VIGO PARA “OBRAS DE REFORMA DO LOCAL SOCIAL” NA XUNTA DE GOBERNO DE 15/07/11 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 15/07/2011 unha subvención a favor da Asoc. Veciñal Cultural, Deportiva e de Consumidores e Usuarios de Lavadores con CIF: G- 36.633.618, do concello de Vigo, por un importe de 4.644,00 € para “Obras de reforma do local social” con cargo á aplicación 11/330.334.789.04, e recibido escrito da citada Asociación, presentado no Rexistro Xeral con data 28/03/12, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de setembro de 2012, para a xustificación da citada subvención. 8.19929.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN XOÁN DE ANGUDES DO CONCELLO DE CRECENTE Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE ANEXO PARA ALMACÉN”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 15/07/11 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 15/07/2011 unha subvención a favor da Asoc. Veciños San Xoán de Angudes con CIF: G-36.341.378, do concello de Crecente, por un importe de 1.570,00 €, para “Obras de construción de anexo para almacén” con cargo á aplicación 11/330.334.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 26/03/12, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 9.19930.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN LA RENOVADORA DEL MOSCOSO DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “CICLO DE CONFERENCIAS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 12/08/11 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 12/08/2011 unha subvención a favor da Asoc. La Renovadora del Moscoso–Pazos de Borbén con CIF: G-36.139.939, do concello de Pazos de Borbén, por un importe de 932,00 €, para “Ciclo de conferencias” con cargo á aplicación 12/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 28/03/12, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.19931.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN 1º SEMESTRE 2012 1.- Ó non aprobarse os Orzamentos Xerais do Estado para o 2012, o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) ten pendente de convocar para este exercicio as subvencións destinadas ó financiamento de plans de formación no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP). Para poñer en marcha o Plan de Formación do ano 2012, a Federación de Municipios e Provincias (FEMP) informou ós promotores que sobre as cantidades concedidas o ano anterior aplicarase unha redución do 38%. 2.- Tendo en conta que proximamente publicarase a convocatoria para a presentación da subvención do Plan de Formación do ano 2012, faise necesario convocar as accións formativas do primeiro semestre, debido a que resultaría imposible executar todo o plan antes do 31 de decembro de 2012. 3.- Do mesmo xeito que en anos anteriores, a política de Formación Continua ten por obxecto proporcionar ós empregados públicos as competencias e cualificacións profesionais indispensables para incrementar a eficacia e calidade do servizo público, configurándose como instrumento de adaptación permanente ás transformacións experimentadas no mercado de traballo que permitirá potenciar extraordinariamente a formación do persoal como medio para estimular ós empregados para o cumprimento eficiente das súas funcións e responsabilidades, proporcionándolles formación adecuada que lles brinde suficientes oportunidades de promoción profesional, á vez que facilita unha xestión racional e obxectiva, áxil e flexible do persoal, atendendo ó continuo desenvolvemento das novas tecnoloxías. 4.- A Deputación Provincial de Pontevedra dentro do prazo sinalado presentará ante o INAP o Plan Agrupado de Formación Continua para o persoal desta Deputación Provincial, dos Organismos Autónomos e dos Concellos da provincia adheridos ó mesmo, no que se integran todos excepto Dozón, Gondomar, Pontevedra e Vigo, sumando un total de 5.114 empregados. 5.- Elaborado o programa de actuacións procede aprobar a convocatoria e bases que han de rexer a asistencia ós cursos programados, con cargo á cantidade consignada na aplicación orzamentaria 921.221.165.00 como fondos propios e o importe que se xera en previsión da subvención concedida outros anos co correspondente recorte do 38%. A execución do plan descentralizouse por lotes segundo destinatarios e zonas ou espazo territorial ó que afecta, conforme á desagregación que a continuación se detalla: LOTE IMPORTE • LOTE 1: Accións formativas para persoal de Deputación e OO.AA.: 15.200,00 € • LOTE 2: Accións formativas Zona Pontevedra: 15.400,00 € • LOTE 3: Accións formativas Zona Sur: 14.700,00 € • LOTE 4: Accións formativas Zona Salnés: 14.700,00 € 6.- A Deputación Provincial como Entidade beneficiaria da axuda está obrigada a executar a actividade que fundamenta a concesión desta antes do 31 de decembro de 2012 e xustificala administrativamente antes do 15 de marzo do ano 2013. No marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas e con cargo á subvención que esta Deputación Provincial solicitou ó INAP para o Plan Agrupado de Formación do ano 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a Convocatoria e Bases que terán que rexer a asistencia ás accións formativas programadas para o primeiro semestre deste ano. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO 2012 PRIMEIRA. DESTINATARIOS.- Persoal da Deputación Provincial e organismos autónomos e dos concellos que se adheriron ó Plan agrupado de formación: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa. SEGUNDA. NORMAS XERAIS DE INSCRICIÓN.- 2.1. Poderán participar nas accións formativas os destinatarios que figuran na base primeira, que se atopen en servizo activo, ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, por adopción internacional ou en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares, segundo se establece nos artigos 57.4 e 76.4 do Decreto lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia. 2.2. Non se poderá participar nunha actividade formativa se ó inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal, e quedarase automaticamente excluído da relación de aspirantes seleccionados. No caso de modificarse esta circunstancia deberá notificárselle ó Servizo de Recursos Humanos para que o seus datos sexan reincorporados á base de datos. Esta circunstancia deberáselle comunicar por escrito ó Servizo de RR.HH. e Formación da Deputación de Pontevedra para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporía non ser admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e da seguinte convocatorias nin se expediría o diploma correspondente. 2.3. Non está permitido realizar cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. No caso de que se detecte con posterioridade non se acreditará ningún dos cursos, coa salvidade dos cursos online e a distancia, que serán compatibles co resto das modalidades. 2.4. A falsidade ou a ocultación de datos para a xestión dos cursos, desde a data na que se detecte este feito, implicará a exclusión automática no curso ou cursos solicitados, así como a imposibilidade de participar noutro durante a actual e a seguinte convocatorias. 2.5. Os solicitantes deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do curso, unha credencial da súa condición de empregado público. No caso dos contratados laborais temporais, un documento acreditativo no que se especifique a data de inicio e de fin de contrato. Non presentar tales documentos será motivo de exclusión. A documentación remitida que non sexa orixinal presentarase debidamente compulsada. O documento entregado non poderá ter ningún tipo de modificación ou manipulación. 2.6. É obrigatorio, unha vez que o interesado reciba a notificación de admisión ó curso, confirmar a asistencia (no teléfono: 986 804 100, no fax: 986 804 141 ou no e-mail a formacion@depo.es); no caso de que o profesional seleccionado decida non asistir deberá comunicarlle a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, co límite dun (1) día natural de antelación á data de inicio do curso. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non se admitirá en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e da seguinte convocatorias tras coñecer esta circunstancia. Non se dará por confirmada ningunha praza sen aviso previo da persoa seleccionada no tempo estipulado. As prazas que non sexan confirmadas outorgaránselles ós seguintes admitidos. A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades sen causa xustificada documentalmente levarán unha valoración negativa das solicitudes que se realicen durante a actual e a seguinte convocatorias logo de coñecer o feito, salvo que non se cubra o número mínimo de prazas para levar a cabo a acción formativa solicitada. 2.7. Durante o desenvolvemento da actividade formativa realizarase un control permanente de asistencia mediante os sistemas que se establezan para o efecto. O alumnado que participe no curso terá que asinar a súa asistencia a cada unha das sesións académicas, sendo obrigatorio presentar o DNI en cada sesión. As ausencias ocasionais do curso constarán como incidencia dentro de cada sesión para os efectos do cómputo correspondente. Poderán realizar tamén controis de asistencia extraordinarios, en calquera momento do desenvolvemento do curso, tanto o persoal da empresa adxudicataria que o xestiona coma o persoal do Servizo de Recursos Humanos e Formación deste organismo. TERCEIRA. SOLICITUDES.- Aquelas persoas que desexen participar nos cursos programados presentarán a súa solicitude no modelo oficial que figura ó final da Convocatoria, Anexo II, no Rexistro Xeral deste organismo a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP e ata o día 16 de abril de 2012 e dirixirana ó presidente da Corporación provincial. Poderán excluírse automaticamente as solicitudes que non teñan correctamente cubertos todos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos. CUARTA. AGRUPACIÓN POR ZONAS.- Nas actividades formativas detalladas no Anexo I, agrupadas por zonas, serán destinatarios preferentes os traballadores dos concellos que formen parte de cada unha delas; se ben cando non haxa suficientes solicitudes poderán participar os empregados doutros concellos. Non se tramitará ningún curso se as confirmacións de asistencia non superan o 80% das prazas asignadas. Nese caso a Deputación resérvase o dereito a aprazar ou anular as ditas accións formativas. QUINTA. SELECCIÓN.- Os participantes serán seleccionados segundo os seguintes criterios: • Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. • De existir máis solicitudes ca prazas terán preferencia os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e cos obxectivos do curso. • Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais. • Terán prioridade os empregados que acrediten maior antigüidade de servizos prestados. • En caso de empate terán preferencia os alumnos que realizasen un número de cursos menor no ano anterior. SEXTA. MODIFICACIÓNS.- A Deputación resérvase a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. Esta institución resérvase o dereito a comunicar as modificacións xurdidas en cada acción formativa. SÉTIMA. CERTIFICADO DE ASISTENCIA.- Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa non asistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10% das horas lectivas programadas. Superar este límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado. Non se expedirán certificados nin xustificantes de asistencia sen ter superado o curso completo. O diploma remitirase ó centro de traballo. Non se emitirán duplicados de diplomas en ningún caso. Poderase obter unha certificación que acredite a superación da acción formativa. OITAVA. OUTROS CURSOS.- Os cursos programados para o ano 2012, en colaboración co INAP, rexeranse pola súa normativa específica.” 11.19932.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONTRATACIÓN DO DESEÑO E POSTA EN MARCHA DA SEGUINTES ACCIÓNS: EXPERIENCIA PILOTO EN AGRICULTURA E GANDERÍA ECOLÓXICA, CENTRO DE XESTIÓN DE COÑECEMENTO ARQUEOLÓXICO E CAMPAÑAS E TALLERES DE SENSIBILIZACIÓN CULTURAL, ENMARCADAS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 70% POLO F.E.D.E.R Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 10 de febreiro de 2012, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto do deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural, enmarcadas no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 70% polo FEDER. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 35, de data 20 de febreiro de 2012. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 9 de marzo de 2012, a cuxo efecto reunir a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, acordando o seguinte: 1.- Admitir a proposición presentada no Rexistro Xeral, dentro do prazo establecido ó efecto, pola seguinte empresa: Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios SL 2.- Non admitir a proposición presentada no Rexistro Xeral, dentro do prazo establecido ó efecto, pola seguinte empresa: Gaener 2011 S.L. Por non cumprir co estipulado na cláusula 10.2º, apartado 5, do pliego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto á solvencia técnica (apartado a). • Non presenta o modelo Anexo I (Modelo de acreditación da solvencia técnica e profesional respecto da realización de servizos ou traballos realizados nos últimos 3 anos). • Non presenta certificados de boa execución. • Non cumpre que o importe dos contratos xustificados mediante certificados de boa execución, sexa igual ou superior a 3 veces a contía da licitación do contrato. Por non cumprir co estipulado na cláusula 10.2º, apartado 5, do pliego de cláusulas económico-administrativas que rexen este procedemento aberto en canto á solvencia técnica (apartado b). • Non presenta o modelo Anexo II (Modelo de acreditación da solvencia técnica e profesional respecto ó persoal técnico ou unidades técnicas participantes no contrato). • Non presenta compulsadas as titulacións académicas do persoal. • Non presenta xustificación da experiencia laboral. • Non presenta o modelo Anexo III (Modelo de acreditación da solvencia técnica e profesional respecto de a xustificación da experiencia laboral esixida do persoal). • O Director do proxecto non cumpre a experiencia profesional requirida. • O Titulado superior non presenta vida laboral. • O enxeñeiro agrónomo non cumpre a experiencia profesional requirida. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 12 de marzo de 2012, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Real decreto lexislativo 3/2011 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 19 de marzo de 2012, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: LICITADOR Puntuación Proposta Técnica (Sobre “B”) Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios SL 40 49,41 89,41 Resultando que mediante Resolución Presidencial 3.185/2012 de data 19 de marzo de 2012, requiriuse á empresa Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios S.L. (CIF B-78.013.375), que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 7.200,00 €, de acordo co disposto no art. 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público(Trlcsp). Resultando que a empresa Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios S.L. (CIF B-78.016.375), presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 7.200,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201200024950, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios S.L. (CIF B-78.016.375), o contrato de deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural, enmarcadas no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 70% polo FEDER. polo prezo ofertado de: Prezo sen IVE 144.000,00 € IVE 25.920,00 € Prezo total 169.920,00 € O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/241.439.642.00.2011 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. 12.19933.- CORRECCIÓN DE ERROS NO ACORDO Nº 4.19832 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 24/02/2012 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2012 referente a devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) para responder do contrato “Ensanche e muros na E.P. das Aceñas, saneamento en Cordeiro-Senín e remate de capa de rodamento na E.P. 0407 Borela-Ponte Caldelas (A Illa, Valga e Cotobade)”, detectáronse uns erros tipográficos. Considerando que o artigo 105.2 de la Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 24 de febreiro de 2012 relativo á devolución das garantías definitivas constituídas pola empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.): Onde di: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de tres mil cincocentos cincuenta e tres euros con oitenta e oito céntimos (3.553,88 €), para responder do contrato relativo á obra: Ensanche e muros na E.P. das Aceñas, saneamento en Cordeiro-Senín e remate de capa de rodamento na E.P. 0407 Borela-Ponte Caldelas (A Illa- Valga e Cotobade), que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000075219, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. Debe dicir: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de nove mil novecentos cincuenta e sete euros con sesenta e tres céntimos (9.957,63 €), para responder do contrato relativo á obra: Muros e ensanche na E.P. das Aceñas, saneamento en Cordeiro-Senín e remate de capa de rodamento na E.P. 0407 Borela-Ponte Caldelas (A Illa- Valga e Cotobade), que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000075223, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa.” 13.19934.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota