ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/05/11_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/2.2012-05-11_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/05/11_Ordinaria

  • Data(s) 2012-05-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día once de maio do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20001.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de maio de 2012. 2.20002.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á emprega TAO- Tecnics en automatización d´oficines, S.A. Á empresa TAO- Tecnics en automatización d´oficines, S.A. (CIF A- 08.833.907), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de tres mil setecentos setenta e cinco euros con cincuenta e seis céntimos (3.775,56 €), para responder do contrato relativo ó: Sistema de xestión de persoal e nómina da Deputación Provincial de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/09/2002, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200200075812, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Coesco-Deza, S.L. A empresa Coesco-Deza, S.L. (CIF B- 36.307.270), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de catro mil douscentos trinta euros (4.230,00 €), para responder do contrato relativo á: Organización e impartición dos cursos de atención a persoas incluídos no proxecto Aquelando II- 2ª Promoción, que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900100634, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L. A empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L. (CIF B- 36.239.945), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil setecentos cincuenta euros (2.750,00 €), para responder do contrato relativo á: Diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade- Lote 1/2010, que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000030791, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Pavimentos de Meaño, S.L. Á empresa Pavimentos de Meaño, S.L. (CIF B- 36.239.945), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de setecentos un euros con vinte e cinco céntimos (701,25 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer de 425 h. dunha máquina retro-excavadora con martelo hidráulico para o Parque de Maquinaria, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/04/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400030136, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de seiscentos setenta euros con oitenta céntimos (670,80 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer de 600 h. dun rolo vibrador de 10 Tm. para o Parque de Maquinaria, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/08/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400061178, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. Á empresa Narom, S.L. (CIF B- 36.163.418), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de nove mil novecentos noventa e cinco euros con setenta e tres céntimos (9.995,73 €), para responder do contrato relativo á obra: Remate da E.P. 3104 Cristelos-Burgueira e mellora capa de rodamento acceso a Vilachan, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100002107, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de nove mil novecentos setenta e un euros con oitenta e sete céntimos (9.971,87 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora da intersección da E.P. 3101 Tebra-Cristelos / E.P. 3102 Tomiño-Sabarís e enlace Burgueira (Tomiño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100002106, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. Á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF B- 36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de sete mil catrocentos seis euros con noventa céntimos (7.406,90 €), para responder do contrato relativo ó: Terminación de edificio destinado a ximnasio na Cañiza, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000050120, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. Á empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. (CIF A- 36.319.622), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de tres mil catrocentos vinte e dous euros con vinte e un céntimos (3.422,21 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación da Rúa de Francisco Bastarreche e reparación da Rúa da Estrada (Marín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000084345, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones Vilariño Deza, S.L. Á empresa Excavaciones Vilariño Deza, S.L. (CIF B- 36.427.730), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de tres mil novecentos noventa e un euros con cincuenta e tres céntimos (3.991,53 €), para responder do contrato relativo á obra: Tratamentos superficiais en pistas de Botos, Bermes e Loucenzo-Cercio (Lalín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000087981. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Lodeiro Rodríguez, S.L. Á empresa Lodeiro Rodríguez, S.L. (CIF B- 36.263.796), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dous mil novecentos noventa e oito euros con vinte e seis céntimos (2.998,26 €), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento dos parques públicos de Asorey e Cirela e do entorno da fonte de Covas (Vila de Cruces), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000058086, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Eiriña, S.L. Á empresa Eiriña, S.L. (CIF B- 36.005.411), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de cinco mil oitocentos setenta e oito euros con noventa céntimos (5.878,90 €), para responder do contrato relativo á obra: Reforma de vestiarios no campo de fútbol de Fragoselo-Coruxo (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100003670, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.20003.- CAMBIO DE APLICACIÓN DE APLICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DESENVOLVEMENTO RURAL DE ALBERGUERÍA DO CONCELLO DE MORAÑA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, EXERCICIO 2011 Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o cambio de aplicación do expediente de concesión de subvención á Asociación que a continuación se relaciona e que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión ordinaria do día 5 de agosto de 2011 adoptou no seu acordo número 4.19405 a concesión dunha subvención e o seu importe con cargo á aplicación 2011.942.459.789.07. O presente cambio de aplicación da subvención será financiada con cargo á aplicación 12/942.459.789.07.2011 unha vez sexa aprobada a mesma e incorporados os remanentes de crédito ó exercicio 2012. Asociación Obxecto da Subvención Orzamento Importe da Subvención Asociación de Veciños Desenvolvemento Rural de Alberguería (C.I.F:G.36.425.841) (Moraña) Peche área recreativa O Berrel. 2.187,00 € 2.000,00 € Ás condicións adaptadas no acordo de concesión da mesma son ás seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de dita actuación. b) Para o aboo da subvención concedida requirirase a previa xustificación da inversión, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As solicitudes que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 4.20004.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO “PROXECTO DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO CURRO DE SABUCEDO”, INCLUÍDO NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000135, denominado “Reforma e ampliación do curro de Sabucedo” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello da Estrada con CIF núm. P3601700B, a cantidade de douscentos trinta e cinco mil oitocentos sete euros con noventa céntimos (235.807,90 €), para a realización do investimento núm. 2012000135, denominado “Reforma e ampliación do curro de Sabucedo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 29.612,00 euros Exercicio 2011: 206.195,90 euros Esta subvención, polo que se refire á anualidade 2010, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45.2010 do orzamento provincial para o ano 2012, e contra a 12/942.942.45.2011, no que respecta á anualidade 2011. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.20005.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de escrito de data 24 de abril de 2012 do Alcalde do Concello de Moaña (Rex. entrada núm. 11698 de data 2/05/2012), xuntando certificación da Moción presentada polo Grupo municipal do BNG sobre execución de obras no vial dende a Masandía á PO-551 (Tirán), aprobada en Pleno do mencionado Concello o día 30 de marzo de 2012. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20006.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Deportes e o informe de Secretaría Xeral e Intervención , relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa FUNDACIÓN CELTA DE VIGO para a extensión e apoio deportivo á mocidade da provincia, mediante a achega de douscentos mil euros (200.000,00 €), e con cargo á aplicación orzamentaria 12/340.341.489.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, …. de …. de 2012 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Manuel Carlos Mouriño Atanes, en calidade de presidente da Fundación Celta de Vigo, con CIF G-36810042 e domicilio social en Avda. de Balaídos, s/n, do Concello de Vigo (36210). EXPOÑEN A Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas dúas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores máis señeros. Por iso contemplan o unir esforzos para que os nenos e mozos da provincia de Pontevedra poidan asistir, comprender e participar dos medios que o Museo do Real Club Celta de Vigo dispón co fin de obter a información e formación precisa do que foi e é unha institución socio-deportiva tan importante, como o é o Real Club Celta de Vigo. Iso suporá o habilitar, expresamente, as instalacións dispoñibles, nas que se recolle toda a historia do Club, engadidos os seus medios audiovisuais, en espazosos horarios compatibles coas súas clases e tempo libre. O desenvolvemento dos obxectivos socio-deportivos esquematizaríase do seguinte modo: de acordo coa dirección dos colexios existentes na totalidade dos municipios pontevedreses, de acordo cos seus monitores, coas APAS ou de quen designe a Deputación Provincial de Pontevedra, créanse “GRUPOS DE VISITA GUIADOS”, de forma tal que ó longo da temporada 2011-2012, os escolares da provincia poidan percorrer as instalacións do Museo, distribuídos en máis de 800 m2, participar da hemeroteca e observar os audiovisuais do Museo do Real Club Celta de Vigo. Mediante o desenvolvemento dos obxectivos anteriormente mencionados, a Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra pretenden que durante a duración deste convenio os escolares da provincia de Pontevedra, coñezan a historia dun dos clubs deportivos máis importantes de Galicia, colevando isto, o propio coñecemento da historia de Galicia e dos seus momentos máis relevantes, xa que a historia de Galicia e do Real Club Celta foron sempre unidas dende o nacemento deste último. Ademais deste obxectivo didáctico, con este convenio tamén se persigue un obxectivo lúdico, xa que durante esta visita se pretende que os nenos pasen un día agradable e divertido practicando unha serie de actividades deportivas en compañía dos seus compañeiros, sempre baixo a tutela e supervisión de profesionais especializados. Por todo o exposto anteriormente a Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra consideran que os obxectivos resumidos neste convenio axudan dunha xeito importante e son necesarios para a formación deportiva, cultural e social dos escolares da nosa provincia. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Cultural e Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que a Fundación Celta de Vigo habilitará, expresamente, todos os medios dispoñibles para que ningún neno e mozo da provincia de Pontevedra se quede sen ver o Museo do Real Club Celta de Vigo. 2º.- A xestión e organización das visitas á citada Fundación correrá a cargo da mesma, polo que se establecen grupos de escolares para que, coordinados conxuntamente polos seus representantes e pola Fundación Celta de Vigo, poidan asistir ó Museo do Real Club Celta de Vigo. 3º.- A Fundación Celta de Vigo, facilitará o acceso gratuíto, mediante a expedición das correspondentes invitacións para asistir os partidos do R.C. Celta de Vigo da tempada 2011-2012, ós xogadores das Escolas de fútbol da Deputación das categorías de: ALEVÍN, INFANTIL, CADETE E XUVENIL, exceptuando os días de club. As invitacións terán que ser solicitadas á oficina de abonados na semana previa o partido (como data tope o venres ás 14:00 h.) ou mediante fax ó número 986214764 ou ó correo electrónico a abonados@celtavigo.net e recolleranse na oficina de abonados durante a semana previa ó partido ou no mesmo día de partido no despacho de entradas na porta 0. 4º.- A Fundación estará obrigada ó seguinte:  Inserir o logotipo completo da Deputación de Pontevedra na parte posterior superior do número da camiseta do Celta B.  Inserir o logotipo da Deputación de Pontevedra na parte posterior superior do número da camiseta do Celta B.  Inserir o logotipo da Deputación de Pontevedra nos seguintes soportes: o 40 metros de valado no frontal de Río no Estadio de Balaídos. o 20 m. de valado no frontal de tribuna no Estadio de Balaídos. o 20 m. de valado no frontal de marcador no Estadio de Balaídos. o 15 m. de valado no frontal de Gol no Estadio de Balaídos. 5º.- Nos actos e eventos deportivos da Deputación de Pontevedra, esta terá o dereito a invitar a xogadores do Celta de Vigo C.F., sempre e cando por motivos técnicos, deportivos ou de dispoñibilidade dos propios xogadores sexa posible. 6º- Establécese a cantidade de DOUSCENTOS MIL EUROS (200.000,00€) con cargo á aplicación orzamentaria 12/340.341.489.02 como contribución da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de extensión cultural e apoio deportivo ós escolares da provincia ó Museo do Real Club Celta de Vigo para a tempada 2011-2012. 7º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 200.000,00€ unha vez que a Fundación Celta de Vigo, xustifique a contribución con: a. Fotografías da publicidade inserida no Estadio de Balaídos. b. Certificación do Club de que a referida publicidade está exposta no Estadio Municipal de Balaídos. c. Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas. 8º.- A vixencia do presente convenio remata ó final da tempada 2011- 2012. 9º.-As obrigas recollidas no presente protocolo de convenio de colaboración quedarán suxeitas a Lei 38/03, Xeral de Subvencións, así como o establecido nas bases de execución do orzamento provincial e demais disposicións de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia, e en particular da provincia de Pontevedra, asinase o presente Convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE, FUNDACIÓN CELTA DE VIGO, Asdo.-Rafael Louzán Abal Asdo.- Manuel C. Mouriño Atanes” 7.20007.- INFORME SOBRE ACORDO DE DISOLUCIÓN DA MANCOMUNIDADE DO CONDADO Dada conta do escrito que subscribe a Mancomunidade do Condado, de data 26 de abril de 2012, (núm. rexistro de entrada na Deputación 11668 de 2 de maio de 2012), polo que remite o acordo inicial de disolución da citada Mancomunidade, adoptado na sesión extraordinaria da Xunta Rectora de 25 de abril de 2012, e solicita á Deputación de Pontevedra que emita o informe esixido no artigo 143.1,b) da Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia, Visto o informe favorable da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 8 de maio de 2012, no que manifesta que se seguiu o procedemento legalmente establecido nos artigos 143 e 144 da Lei 5/1997, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Prestar conformidade ó informe da Secretaría Xeral da Deputación sobre a disolución da Mancomunidade do Condado, que literalmente di: “En relación coa petición de informe da Xefa do Servizo de Cooperación sobre o acordo da Xunta Rectora da Mancomunidade do Condado de data 12/03/2012 polo que se acorda a disolución da citada mancomunidade, emítese o seguinte: 1. A citada disolución acordouse segundo se di por canto a citada mancomunidade non realiza na actualidade a prestación de servizos nin os fins para os que foi creada. 2. O procedemento para a disolución das mancomunidades é o establecido nos arts 143 e 144 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. 3. O acordo adóptase ó establecido na lexislación, polo que se emite informe favorable ó amparo do art. 143.1,b) da citada Lei 5/1997. Tal é o noso parecer Pontevedra, 8 de maio de 2012 O Secretario,” 2. En cumprimento do disposto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, dar traslado de dito informe á Mancomunidade do Condado. 8.20008.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DO GROVE, EXPTE. 2779, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DA OBRA “BEIRARRÚAS DENDE IGREXA PARROQUIAL A NÚCLEO RURAL DE SAN VICENTE (O GROVE) Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión celebrada o día 16 de xuño de 2010, acordo núm.10.18313, concedeu ó Concello do Grove unha subvención, por importe de 120.919,38 €, con destino á realización do investimento núm. expediente 2779 “Beirarrúas dende igrexa parroquial a núcleo rural de San Vicente (O Grove)”. No mesmo acto acordábase iniciar o expediente de contratación, de conformidade con disposto no artigo 93 da Lei 30/97, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. Resultando que, unha vez supervisado e fiscalizado o proxecto construtivo polos servizos técnicos da Deputación iniciouse o proceso de licitación; adxudicándose a execución da referida obra á empresa Contraofic, S.L. (CIF.: B-36.407.930). Resultando que, segundo manifesta ó servizo de contratación, a día de hoxe, a obra non foi iniciada ó non poder a empresa construtora acceder algunhas fincas que son de propiedade particular. Resultando que, con data 07 de maio de 2012, núm. rexistro de entrada 12097, recíbese escrito do concello do Grove solicitando a anulación da axuda económica concedida e a baixa do investimento núm. 2779, “Beirarrúas dende igrexa parroquial a núcleo rural de San Vicente”, no Programa de Investimentos da Deputación 2009-2011, argumentando que non pode poñer a disposición da Deputación os terreos necesarios para a normal execución da obra ó non lograr a cesión das fincas sobre as que discorre o trazado. Á vista do que antecede e considerando o disposto no artigo 53 e 105.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Revocar o acordo de concesión núm. 10.18313 da Xunta de Goberno de data 16/06/2010, polo que se concede unha axuda económica ó Concello do Grove dentro do Plan de Investimentos da Deputación, por importe de 120.919,38 €, para a realización da obra núm. 2779 “Beirarrúas dende igrexa parroquial ó núcleo rural de San Vicente”. 2. Dar de baixa o citado investimento no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. 3. Dar traslado deste acordo ó servizo de contratación para que adopte as medidas oportunas de acordo co disposto no R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. 9.20009.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CABALEIROS DO DEZA DO CONCELLO DE LALÍN Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ORGANIZACIÓN FEIRA DO CABALO 2011”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 12/08/2011 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 12/08/2011 unha subvención a favor da Asoc. Cabaleiros do Deza con CIF: G-36.266.203, do concello de Lalín, por un importe de 2.492,00 €, para “Organización feira do cabalo 2011” con cargo á aplicación 12/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 08/05/12, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.20010.- INFORME RELATIVO Á DECISIÓN DE AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA REDE ARTERIAL DE ESTRADAS DO ESTADO NO MUNICIPIO DE PONTEVEDRA-REDE ARTERIAL NOVO ACCESO SUR N-550, QUE REMITE A SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Dada conta da comunicación da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de data 3 de abril de 2012, recibida nesta Deputación o día 11 de abril de 2012 (Rex. de entrada núm. 8989), remitindo Proxecto de urbanización da rede de estradas do Estado no municipio de Pontevedra – rede arterial novo acceso sur N-550, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 4 de maio de 2012, no que manifesta: “Este proxecto ten como obxectivo informar do impacto ambiental que se poda producir coa execución e construción do Novo Acceso Sur N-550 con carácter previo á redacción do correspondente proxecto construtivo. O documento trata de identificar as repercusións que esta nova infraestrutura poderá provocar sobre o entorno, detallando as súas posibles interrelacións e os posibles efectos medioambientais. Ó presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Análise ambiental. 3. Conclusión. 1.- Antecedentes: A nova infraestrutura localizase no Concello de Pontevedra, e ten como obxecto a implantación dun novo acceso Sur sobre a N-550 que facilite o paso aos núcleos urbanos. Non existe ningún espazo natural protexido no ámbito do proxecto, nin elementos patrimoniais na traza viaria. 2.- Análise ambiental: Os principais impactos descritos veñen derivados das accións desenvoltas durante as fases de: ↠ Construción (instalación de maquinaria, debroco, movemento de terras, apertura de camiños, explanación e afirmado,…). Nesta fase producirase un incremento das emisión de po e ruído que será temporal. ↠ Explotación (a súa presenza e as accións de conservación e mantemento). Os impactos específicos máis destacados provocados por esta infraestrutura serán a ocupación superficial y por tanto a destrución de solo e vexetación, de terras de cultivo e as molestias orixinadas polos ruídos, ademais do impacto visual e paisaxístico que provocará o novo tramo. O informe establécense unhas medidas preventivas e correctoras encamiñadas a reducir e compensar os efectos ambientais provocados pola nova vía. 3.- Conclusión: Esta vía de comunicación orixinará, segundo o informe, unha oportunidade de desenvolvemento dos núcleos, mellora nos tempos de viaxe favorecendo e mellorando a vida dos veciños da zona (diminución dos tempos de retención e tráfico de entrada a cidade e unha menor contaminación acústica e atmosférica). Pódese considerar que o impacto medioambiental esperado polo proxecto poderá ser minimizado mediante as actuacións das medidas preventivas e de corrección expostas, pero non está de máis levar un adecuado seguimento ambiental. Con todo, o proxecto deberá ser sometido a Avaliación de Impacto Ambiental si a Consellería de Medio Ambiente o considerase oportuno antes de ser tramitadas as autorizacións correspondentes.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 11.20011.- DENEGACIÓN DE PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE TÉCNICOS EN SAÚDE AMBIENTAL CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno número 18.18214, en sesión celebrada o 12 de maio de 2010, acordouse a adxudicación de dúas bolsas de Técnico en Saúde Ambiental, con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, a favor de Dª. Carmela Menduiña Santomé e Dª. Mª Xiana Rodriguez Portela, con efectos 16 de maio de 2010 e por un período dun ano. As Bases da Convocatoria publicadas no B.O.P. n.º 68 de data 13 de abril de 2010, establecen que “a Bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece a facer uso desta e poderá ser prorrogada anualmente ata un máximo de tres anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno”. Mediante escrito de data 25 de abril de 2012, o Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, comunica que con data 18 de outubro de 2011 se asinou unha acta de modificación do devandito convenio, onde se establece que por motivos de axuste ós novos escenarios orzamentarios, o Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, non poderá asumir os seus compromisos para o terceiro ano de vixencia do Convenio (2012). De conformidade con todo o exposto, en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade denegar a prórroga das bolsas concedidas a Dª. Carmela Menduiña Santomé e Dª. Mª Xiana Rodríguez Portela, Técnicos en Saúde Ambiental, con efectos 16 de maio de 2012, por non existir consignación orzamentaria e modificarse as condicións económicas do proxecto de investigación obxecto desta convocatoria. 12.20012.- AUTORIZACIÓN DA REDACCIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº5 DE AMPLIACIÓN E REHABILITACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA Esta Deputación Provincial, coa finalidade de levar a cabo a ampliación do Museo Provincial e a rehabilitación do Edificio Sarmiento, convocou un concurso público de ideas para a redacción do proxecto correspondente, resultando gañador deste a firma Pesqueira Ulargui Arquitectos, S.L., que forman os arquitectos Eduardo Pesquera González e Jesús Ulargui Aguruza. De conformidade co previsto na base 10.2 do prego que rexeu este concurso, encargóuselles a redacción dos proxectos básicos de ampliación do Museo e rehabilitación do Edificio Sarmiento, mediante resolución de data 17 de decembro de 2002. Para levar a cabo a ampliación do Museo, o Ministerio de Cultura, a Consellería de Cultura da Xunta de Goberno de Galicia e a Deputación de Pontevedra subscribiron, con data 2 de decembro de 2003, un convenio de colaboración por un importe de 15.255.405,76 €. En cumprimento deste convenio a Deputación adxudicou á empresa ACS Proxectos Obras e Construcións, que posteriormente se fusionou mediante absorción coa firma Dragados, S.A. a realización das referidas obras. Unha vez concluídas as obras de ampliación da primeira fase, construción dun novo edificio, comezaron as da segunda fase, correspondentes á rehabilitación do Edificio Sarmiento, no que unha vez efectuadas as demolicións e comprobado o estado de conservación da estrutura e dos forxados, obrigou á redacción de diversos proxectos modificados, o nº 3 sen custo para a Deputación e o nº 4 por un importe de 2.577.774,83€. Os arquitectos redactores do proxecto solicitan a redacción dun novo proxecto modificado, coa finalidade de adecuar unha zona no edificio Sarmiento para ser utilizada como restaurante e realizar as obras necesarias para rematar a adecuación deste edificio. O custo estimado deste proxecto modificado ascende á contía de 373.719,00 €, unha vez descontada a baixa da adxudicación do 15,51%. Os honorarios relativos á redacción deste proxecto modificado, así como os correspondentes á dirección de obra ascenden a 24.306,95 €, dos que 15.182,75 € son derivados da redacción do proxecto e 9.124,20 € por dirección de obra, en ambos os dous casos IVE incluído. O Servizo de Arquitectura indica que os coeficientes aplicados para deducir os honorarios son os correctos, ó ser os mesmos que rexeron o concurso orixinal e os posteriores modificados, incluíndo un coeficiente adicional de 1,20% de grao de dificultade. Polo Servizo de Intervención emitiuse, con data 9 de maio de 2012, o documento RC con número de operación 201200033337, mediante o que se certifica a existencia de crédito para facer fronte ó gasto de redacción do proxecto, por importe de 15.182,75 €. A Lei de Contratos do Estado aprobada por R.d.l. 2/2010 de aplicación a este contrato, permite no seu artigo 101 que poidan modificarse, sempre que sexan debido a necesidades novas ou causas imprevistas, circunstancias que concorren neste caso, e que están xustificadas no escrito dos redactores do proxecto. Considerando o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Autorizar a redacción deste proxecto modificado nº 5 de ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra, sendo o importe dos honorarios correspondentes á redacción de 15.182,75 €. Este gasto imputarase á aplicación 12/457.333.622.01 “Edificios e outras construcións. Edificio do Museo” do orzamento provincial. 2.- Os honorarios correspondentes a dirección de obra aboaranse no seu momento con cargo á retención que se efectúe á empresa adxudicataria das obras nas certificacións. 13.20013.- APROBACIÓN DO PROXECTO 10.2 MODIFICADO DE SUBMINISTRACIÓN E INSTALAICÓN DE MUSEOGRAFÍA EN PLANTA SEGUNDA DO SEXTO EDIFICIO DO MUSEO PROVINCIAL Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 27/04/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da “Subministración e instalación do equipamento de museografía en planta segunda do Museo de Pontevedra. Proxecto 10.2” con orzamento de 192.872,04 € máis a cantidade de 34.716,97 € correspondente ó IVE, o que fai un total de 227.589,01 €. Resultando que polo mesmo Órgano, en sesión de 02/09/2011, adxudicou o contrato á empresa Entorno y Vegetación, S.A. na cantidade de 172.520,00 € máis a cantidade de 31.053,60 €, o que fai un total de 203.573,60 €. Resultando que pola Deputación Provincial se solicitan unha serie de modificacións ó proxecto inicial que quedan reflectidas no informe emitido polo equipo redactor e que afectan a diversas unidades, sen variar o seu orzamento inicial, tales como vitrinas e plintos, enmarcados, audiovisuais, cartelería, escenografía, montaxes e maquetas. Resultando que polo Director do Museo de Pontevedra se emite informe favorable ó emitido polo equipo redactor do proxecto tanto por axustarse nos seus conceptos ó realmente realizado como por non exceder a suma das unidades/partidas, no seu cómputo final, á considerada no documento de adxudicación do proxecto. Resultando que pola adxudicataria se emite escrito no que mostra a súa conformidade ó cambio de unidades proposto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o “Proxecto 10.2 modificado de subministración e instalación de Museografía en planta segunda do sexto edificio do Museo Provincial”, toda vez que non se varía o orzamento de licitación inicial, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Entorno y Vegetación, S.A. 14.20014.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “POUSADA XARDÍN EN RIBADUMIA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 22/09/2010, adxudicou definitivamente a obra “Pousada en Ribadumia” a Construcciones ABAL, S.A. Resultando que polo mesmo Órgano, en sesión de 16/03/2012, adxudicou a Construcciones ABAL, S.A. a obra “Adecuación do espazo anexo á Pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio, así como dotación de accesos deste espazo coa propia Pousada”. Resultando que por Construcciones ABAL, S.A. remítese escrito, co visto e prace do Director de Obra, no que solicita unha prórroga na execución da obra “Pousada en Ribadumia”, sobre a base dos seguintes condicionantes: 1.- Na memoria descritiva e xustificativa, xustificación no aspecto funcional, do proxecto de acondicionamento interior do pavillón multiusos, sinálase que o proxecto tratou de resolver, especialmente, a conexión interna entre a zona de cuartos da pousada que se está a construír e o acondicionamento para espazo deportivo e de ocio do pavillón multiusos. 2.- Na mesma memoria, xustificación do aspecto técnico, do proxecto de acondicionamento interior do volume anexo á Pousada, se cambia o uso previsto inicialmente para este pavillón xa que inicialmente non existían piscinas nin espazos deportivos, necesitándose para iso unha maior profundidade de escavación e resolver unha estrutura interior que condiciona as solucións anteriores da estrutura exterior, manténdose a estrutura do colector, con pequenos axustes. 3.- No estudo de Seguridade e Saúde do proxecto de “Adecuación do espazo anexo á Pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio, así como dotación de accesos deste espazo coa propia Pousada” sinálase que a empresa adxudicataria destas obras terá que traballar coordinadamente coa empresa que realiza a estrutura da envolvente da edificación para non se entorpecer nos traballos e asegurar a seguridade. Formulada a relación intrínseca na execución de ambos os dous proxectos, faise imposible o cumprimento do prazo previsto para a finalización das obras, xa que a Pousada non pode executarse totalmente sen a construción paralela do interior do multiusos, solicitando establecer como data de remate das obras o 23 de novembro de 2012. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado ampliando o prazo de execución da obra de “Pousada en Ribadumia” ata o día 23 de novembro de 2012. 15.20015.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: 1.- Facturas emitidas por DARZAL: A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos día 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Visto o informe de Intervención de data 23/02/2012 correspondente ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: nº Factura Data Obra Importe € 0142-08/2012 30/03/2012 E.P. 2803 Fornelos- Festín (Fornelos de Montes) 612,32 € 0142-09/2012 30/03/2012 Ensanche EP 9402 Mosteiro Barrantes, San Martiño de Meis 2.606,90 € 0142-13/2012 30/03/2012 Ensanche e mellora EP 0503 Mané-Rebón Moraña 1.330,05 € 0142-05/2012 30/03/2012 Saneamento en Foxos e pavimentación de diversos camiños Cambados 239,00 € TOTAL 4.788,29 € O pago das facturas realizarase con cargo a conta non orzamentaria: 419.10(099.143). 2.- Facturas emitidas por ARKIPOLO S.L.P. (NIF: B-36.426.914) en concepto de honorarios de dirección de obra, que se relacionan: nº Factura Data Obra Importe (€) AK12005 04/04/2012 Traballos varios nas gradas do campo de fútbol Salvador Otero 1º fase 1.680,67 € AK12006 04/04/2012 Unidades novas en traballos de remate e terminación no campo de fútbol Salvador Otero, 1º fase 1.679,62 € TOTAL 3.360,29 € O pago das facturas realizarase con cargo á conta non orzamentaria: 419.08 (910) do vixente orzamento provincial. 3.- Facturas emitidas por GALAICONTROL S.L. (NIF: B-36.651.487) núm.00039176, de 28/12/2011, por importe de 1.062,00 € e núm. 00039352 de 30/03/2012 por importe de 354,00 euros en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra “Pousada de Ribadumia” de Fondos Feder. O pago das facturas realizarase con cargo á conta non orzamentaria: 419.09 (099.129) do vixente orzamento provincial. 16.20016.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición