ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/06/01_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/2.2012-06-01_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/06/01_Ordinaria

  • Data(s) 2012-06-01 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día un de xuño do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a deputada provincial Dna. Marta Iglesias Bueno, xustificando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20039.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de maio de 2012. 2.20040.- SOLICITUDE DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES PARA QUE SE LLES ABOE O IMPORTE DA ACHEGA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO CORRESPONDENTE Ó 1 TRIMESTRE DO ANO 2012 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes CIF: V36291334, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 85.115,15 €, para os gastos de funcionamento do 1º trimestre do ano 2012, e á vista do informe de intervención de data 24 de maio de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 85.115,15 € para o 1º trimestre do ano 2012, ó Consorcio para o Servizo contra incendios das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, CIF núm. V36291334. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 85.115,15 € con cargo á aplicación orzamentaria 2012.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201200038145. 3.20041.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS “A LANZADA”, PARA O VERÁN DO ANO 2012 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 23 de marzo de 2012 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2012, pola cantidade máxima de cento trinta e sete mil cincocentos euros (137.500,00 €), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo de 12.500,00 €, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2012, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 68, de data 9 de abril de 2012. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 27 de abril de 2012, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, ASTROPENTA MEDIO AMBIENTE, S.L.; TRANSGALAICA, S.L.; SENES CIT, S.L.; BARAFUNDA., S.L.; ESTELA LOXÍSTICA E PROXECTOS, S.L.; XESTIÓN CULTURAL ÁUREA, S.L.; A BILLARDA, S.L. e ACTEXGA, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 30 de abril de 2012, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar o servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2012, e procedeu á apertura dos sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 18 de maio de 2012, a Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” emitiu informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para optar á adxudicación do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2012. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 24 de maio de 2012, tras anunciar a eliminación das empresas, Barafunda, S.L.; Ronsel Loxística e Proxectos, S.L., A Billarda, S.L: e Actexga, S.L., procedeu á apertura dos sobres “C”, presentado polas empresas admitidas, correspondente aos criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES SOBRE B SOBRE “C” TOTAL Oferta económica ASTROPENTA MEDIO AMBIENTE, S.l. 33,00 Puntos 11,05 Puntos 44,05 Puntos TRANSGALAICA, S.L. 44,00 Puntos 4,51 Puntos 48,51 Puntos SENES CIT, S.L.. 36,00 Puntos 17,47 Puntos 53,47 Puntos BARAFUNDA, S.L. 8,00 Puntos Eliminado por non obter unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas ESTELA LOXÍSTICA E PROXECTOS, S.L. 25,00 Puntos Eliminado por non obter unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas XESTIÓN CULTURAL ÁUREA, S.L. 33,00 Puntos 24,21 Puntos 57,21 Puntos A BILLARDA, S.L. 24,00 Puntos Eliminado por non obter unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas ACTEXGA, S.L. 20,00 Puntos Eliminado por non obter unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas Resultando que a Presidencia a través de resolución número 6.546 de data 28 de maio de 2012, estableceu como oferta máis vantaxosa, a formulada pola empresa, Xestión Cultural Áurea, S.L., ó obter 57,21 puntos, efectuando así mesmo o correspondente requirimento a devandita empresa para que presente a documentación a que fai referencia o artigo 151.2 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa, Xestión Cultural Áurea, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 5.851,94 € depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201200040552, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 151.3 do citado Real Decreto Lexislativo 3/2011. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do exercicio de 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Xestión Cultural Áurea, S.L. (C.I.F.-B-36.394.203), o contrato correspondente ós servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2012, por importe de cento vinte e seis mil catrocentos un euros con oitenta e oito céntimos (126.401,88 €), IVE incluído, a razón dun prezo unitario de 11.491,08 €, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado e de acordo á seguinte desagregación: Importe Adxudicación: Prezo Unitario Campamento: Prezo contrato 117.038,78 € Prezo campamento 10.639,89 € IVE (8%) 9.363,10 € IVE (8%) 851,19 € Total 126.401,88 € Total 11.491,08 € Os campamentos desenvolveranse en once quendas e nas datas que se detallan a continuación. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 24-06-12 ó 30-06-12 200 7 200 2º Campamento 01-07-12 ó 07-07-12 200 7 200 3º Campamento 08-07-12 ó 14-07-12 200 7 200 4º Campamento 15-07-12 ó 21-07-12 200 7 200 5º Campamento 22-07-12 ó 28-07-12 200 7 200 6º Campamento 29-07-12 ó 04-08-12 200 7 200 7º Campamento 05-08-12 ó 11-08-12 200 7 200 8º Campamento 12-08-12 ó 18-08-12 200 7 200 9º Campamento 19-08-12 ó 25-08-12 200 7 200 10º Campamento 26-08-12 ó 01-09-12 200 7 200 11º Campamento 02-09-12 ó 08-09-12 200 7 200 TOTAL........... 2.200 2.- Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato se realizará dentro do prazo dos quince días hábiles seguintes á notificación da adxudicación ós licitadores que participaron neste procedemento aberto. 3.- O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez finalizado cada quenda de campamento, con cargo á aplicación orzamentaria 12/337.337.227.20 do vixente orzamento provincial: 4.20042.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO DE SERVIZOS FORMALIZADO COA ASOCIACIÓN GALEGA DE BANDAS DE GAITAS E PERCUSIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, PARA A FORMACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL DOS MOZOS DA PROVINCIA A Xunta de Goberno desta Deputación, en sesión do día 24 de marzo de 2010, adxudicou, mediante procedemento aberto, o contrato de servizos que posibilite ós mozos da provincia dunha formación na música tradicional galega, coa Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra (CIF G36793677). O contrato adxudicouse polo prezo anual ofertado de 137.931,03 €, sen IVE, formalizándose o contrato con data 31 de marzo de 2010, tendo duración inicial de dous anos, con efectos a partir do día 1 de abril, podendo prorrogarse a súa vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas expresas, poida exceder de catro anos. O contrato modificouse pola Xunta de Goberno, en sesión de data 22 de decembro de 2010, ó incrementarse o número de horas lectivas impartidas por aumentar o número de alumnos, o que obrigou á contratación dun profesor máis para dar resposta adecuada á demanda existente. O contrato incrementouse en 22.287,00 € anuais. A Xunta de Goberno, en sesión do día 23 de marzo de 2012, acordou prorrogar o contrato subscrito, soamente ata o 31 de agosto de 2012, coa finalidade de proceder, neste período de tempo, a realizar un estudio da posible prestación destas ensinanzas, coa colaboración dos participantes a fin de minorar o seu custo. Segundo consta na base 19 do prego de cláusulas económico-administrativas, o prezo do contrato poderá revisarse, unha vez transcorrido un ano dende a súa adxudicación e se executase o contrato polo menos nun 20%, de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC). A revisión non poderá superar o 85% da variación experimentada polo índice adoptado. A Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, mediante escritos de datas 12 de xaneiro e 23 de maio de 2012, solicita a revisión de prezos, tanto do modificado como do contrato inicial, incrementándose a mesma porcentaxe que experimente o IPC. Polo Servizo de Contratación proponse que o Índice de Prezos ó Consumo a utilizar sexa o IPC dos meses de marzo de 2011 a marzo de 2012, cunha porcentaxe de variación dun 1,9% para o contrato inicial, en base ás normas establecidas polo Instituto Nacional de Estatística para calcular a variación do IPC. Visto o informe de fiscalización do servizo de Intervención no que se sinala que na aplicación orzamentaria 12/330.334.227.25 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012 existe crédito para facer fronte ó gasto. E sendo a Xunta de Goberno o órgano de contratación que adxudicou este contrato e o que ten competencia para efectuar a revisión de prezos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a revisión de prezos do contrato de servizos formalizado coa Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra (CIF G36793677) que posibilite á mocidade da provincia de Pontevedra unha formación en música tradicional galega, por importe de 1.109,95 €, sen IVE, para facer fronte ó incremento de prezos de abril a agosto de 2012. A cuantificación deste contrato sería a seguinte: CONTRATO ANUAL MENSUAL Prezo do contrato 137.931,03 € 11.494,25 € Incremento do contrato na primeira revisión de prezos marzo 2010 – marzo 2011 (un 3,06%) 4.220,68 € 351,72 € Modificación do contrato (aumento na contía) 22.287,00 € 1.857,25 € Total 164.438,71 € 13.703,22 € Revisión de prezos marzo 2011–marzo 2012 (un 1,62%) 2.663,91 € 221,99 € Total 167.102,62 € 13.925,21 € 2.- Autorízase o gasto por importe de 1.109,95 €, imputándose á aplicación 12/330.334.227.25 do orzamento provincial prorrogado do 2011 ó 2012. 5.20043.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Cientisol, S.L. (Cienytech) Á empresa Cientisol, S.L.- Cienytech (CIF B- 15.869.605), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil setecentos cincuenta euros (2.750,00 €), para responder do contrato relativo ó contrato de: Subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2011, que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100028354. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa SMA, soluciones medioambientales y aguas, S.A. Á empresa SMA, soluciones medioambientales y aguas, S.A. (CIF A- 36.888.931), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de sete mil setecentos sesenta e seis euros con noventa e cinco céntimos (7.766,95 €), para responder do contrato relativo ó contrato de: Instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxías renovables no marco do proxecto europeo “ECOREDESANEASOL” (Lote 3), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000087574, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Servicios y obras eléctricas de Galicia, S.L. Á empresa Servicios y obras eléctricas de Galicia, S.L. (CIF B- 36.399.491), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dous mil oitocentos vinte e tres euros con vinte e un céntimos (2.823,21 €), para responder do contrato relativo á obra: Instalación de alumeado no campo de fútbol de Zacande (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100037490, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.20044.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 29 de maio de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000643 e que contén catorce facturas, a primeira de Construcións, Obras e Viais, S.A., por importe de 12.382,92 €, e a derradeira Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 8.060,94 € obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 39.946,73 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 39.946,73 € 7.20045.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: - Escritos da Agencia Española de Protección de Datos comunicando a inscrición no Registro General de Protección de Datos dos ficheiros automatizados denominados: Video-vixilancia Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais “ORAL” (Rex. entrada núm. 13796, de data 28/05/2012), Video-vixilancia Deputación (Rex. entrada núm. 13797, de data 28/05/2012) e Video-vixilancia Organismo Autónomo Local Museo de Pontevedra (Rex. entrada núm. 13798, de data 28/05/2012) FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.20046.- INFORME EN RELACIÓN COA CONSULTA SOBRE A DECISIÓN DE AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO “MODIFICADO Ó GASODUTO DE TRANSPORTE BÁSICO Á COMARCA DO BARBANZA”, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL E MEDIO NATURAL DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO NATURAL Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, de data 23 de abril de 2012, recibida nesta Deputación o día 30 de abril de 2012 (Rex. de entrada núm. 11602), remitindo Proxecto “Modificado ó Gasoduto de transporte básico á Comarca do Barbanza”, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 31 de maio de 2012, no que manifesta: “Este proxecto ten como obxectivo describir as principais características do deseño e execución, así como dos impactos ambientais máis importantes, das novas variantes do Gasoduto de Transporte Básico da Comarca do Barbanza, onde o promotor é Gas Natural Transporte SDG, S.L. Este proxecto elabórase para incluír os cambios propostos polo requirimento da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia do 1 de decembro do 2011, así como a variante do trazado orixinada pola execución do Eixo Atlántico da Alta Velocidade no tramo Padrón-Vilagarcía, e da pequena variante como consecuencia do novo deseño da posición de Ribeira. En este requirimento se indicaba que existían outros dos posibles trazados que non foron contemplados como alternativas na declaración de impacto ambiental, nos que o paralelismo con infraestruturas existentes sería do 100%. Ó presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Análise ambiental. 3. Conclusión. 1.- Antecedentes: Gas Natural ven realizando nos últimos anos infraestruturas que garanten en cada momento o suministro do gas natural para o uso industrial, doméstico e comercial na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste senso quere ampliar as súas infraestruturas de transporte de gas natural mediante a extensión de este novo gasoduto. A zona de actuación localízase na Comunidade Autónoma de Galicia, na provincia da Coruña, na Comarca do Barbanza O informe describe as posibles opcións de trazado avaliando cada unha de elas có obxectivo de seleccionar aquela que implique un menor impacto sobre o medio. A. Alternativas da variante 1, entre os Vértices V-C-000A e V-C-120A: ↠ Alternativa V1.1.- Esta alternativa ten o seu erixen na posición I020-Valga do Gasoduto Villalba-Tuy de ENAGAS, o sur do núcleo urbano de Forno. ↠ Alternativa V1.2.- Esta alternativa consiste nunha variante que se inicia no mesmo punto cá alternativa 1, no T.M de Valga. ↠ Alternativa V1.3.- O orixe desta alternativa é o futuro punto de entrega do gas natural propiedade de ENAGAS (no obxecto deste proxecto), do gasoduto Villalba-Tuy, nas inmediacións do P.K. 2,050 da autovía do Barbanza, no T. M. de Dodro (A Coruña). B. Alternativa da Variante 2, entre os vértices V-C-061.1 e V-C-066: ↠ Alternativa V2.1.- Este variante se inicia tras o vértice V-C-61, e circula en paralelo a autovía do Barbanza, por súa marxe dereita. ↠ Alternativa V2.2.- Iníciase no vértice V-C-061.1 e en paralelo o Eixo Atlántico da alta velocidade realízase o cruce da Autovía do Barbanza. C. Alternativa da variante 3, entre os vértices V-C-860 e V-C-860-B: ↠ Non se formularon alternativas, xa có trazado desta variante é de escasa lonxitude (98 m). 2.- Avaliación das alternativas e análise ambiental: En relación ao punto A, os estudios das diferentes alternativas mostran que a V1.3 é a que presenta un menor percorrido e todo o seu trazado circula en paralelo a Autovía do Barbanza, sen cruzar en ningún momento o Río Ulla (que si o tiñan que facer as outras dúas) e por tanto sen afectar a este espazo protexido. Polo que a alternativa V1.3 produce un menor impacto ambiental que as outras variantes e esta alternativa foi a seleccionada. En relación ao punto B, desde o punto de vista técnico a alternativa V2.1 no é viable, e desde o punto de vista ambiental, no hai condicionantes que favorezan a unha sobre a outra, polo que a alternativa seleccionada foi a Alternativa V2.2. En relación ao punto C, como non hai ningunha variante proposta se selecciona a que hai. 3.- Conclusión: A alternativa seleccionada (V1.3) corresponde coa alternativa B do requirimento de fecha 1 de decembro de 2011, emitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, onde se indica que non se contempla a posibilidade de iniciar o gasoduto nunha nova posición do gasoduto Tui-Vilalba, localizada no cruzamento coa Autovía G-11 (no concello de Dodro) e, dende aí, continuar co paralelismo da autovía ata o final do gasoduto. Esta alternativa implica reducir a lonxitude do gasoduto e o número de afecciones a fincas particulares; ademais, o gasoduto non cruzará o río Ulla (que limita as provincias de Pontevedra e a Coruña e desemboca na ría de Arousa), e deste xeito evítase cruzar os espazos protexidos Do Sistema Fluvial Ulla-Deza da Rede Natura 2000. A Consellería de Economía e Industria considera esta alternativa (alternativa B) coma a mellor solución dende unha tripe perspectiva: • Ordenación Territorial, satisfaría a todos os concellos afectados. • Ambiental, evítase o cruzamento por zonas protexidas da Rede Natura 2000. • Económica, redúcese a lonxitude da canalización e o número de fincas particulares afectadas. Polo tanto, con esta nova alternativa seleccionada, considérase que é a mais adecuada desde o punto de vista medioambiental, así como as medidas protectoras e correctoras serán suficientes para paliar os posibles efectos negativos que poida producir o proxecto; e levando a cabo con rigor o Programa de vixilancia ambiental coas medidas contempladas nel.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. 9.20047.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚMERO 5 DE AMPLIACIÓN E REHABILITACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA Esta Deputación Provincial, coa finalidade de levar a cabo a ampliación do Museo Provincial e a rehabilitación do Edificio Sarmiento, convocou un concurso público de ideas para a redacción do proxecto correspondente, resultando gañador deste a firma Pesquera Ulargui Arquitectos, S.L., que forman os arquitectos Eduardo Pesquera González e Jesús Ulargui Aguruza. De conformidade co previsto na base 10.2 do prego que rexeu este concurso, encargóuselles a redacción dos proxectos básicos de ampliación do Museo e rehabilitación do Edificio Sarmiento, mediante resolución de data 17 de decembro de 2002. Para levar a cabo a ampliación do Museo, o Ministerio de Cultura, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra subscribiron, con data 2 de decembro de 2003, un convenio de colaboración por un importe de 15.255.405,76 €. En cumprimento deste convenio a Deputación adxudicou á empresa ACS Proxectos Obras e Construcións, que posteriormente se fusionou mediante absorción coa firma Dragados, S.A. a realización das referidas obras. Unha vez concluídas as obras de ampliación da primeira fase, construción dun novo edificio, comezaron as da segunda fase, correspondentes á rehabilitación do Edificio Sarmiento, no que unha vez efectuadas as demolicións e comprobado o estado de conservación da estrutura e dos forxados, obrigou á redacción de diversos proxectos modificados, o n.º 3 sen custo para a Deputación e o n.º 4 por un importe de 2.577.774,83 €. Os arquitectos redactores do proxecto solicitan a redacción dun novo proxecto modificado, coa finalidade de adecuar unha zona no edificio Sarmiento para ser utilizada como restaurante e realizar as obras necesarias para rematar a adecuación deste edificio. A Xunta de Goberno, en sesión de 11/05/2012, autorizou a redacción deste proxecto modificado n.º 5 de ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra. Redactado o referido proxecto modificado remítese a Intervención que emite informe relativo á existencia de saldo de crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias 12/457.333.622.01.2011 e 12/457.333.622.01 para facer fronte ó gasto. A Lei de Contratos do Estado aprobada por R.d.l. 2/2010 de aplicación a este contrato, permite no seu artigo 101 que poidan modificarse, sempre que sexan debido a necesidades novas ou causas imprevistas, circunstancias que concorren neste caso, e que están xustificadas no escrito dos redactores do proxecto. Considerando o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado n.º 5 de ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra, por importe de 373.718,70 €, IVE incluído. Este gasto imputarase ás aplicacións 12/457.333.622.01.2011 e 12/457.333.622.01 do orzamento provincial. 10.20048.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA EMISORA DE RADIO DE ONDA CERO A Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de maio de 2012, aprobou o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na emisora de radio “Onda Cero”, por un importe global de setenta e nove mil novecentos noventa e oito euros con dez céntimos (79.998,10 €), IVE incluído. Resultando que na citada sesión a Xunta de Goberno tamén acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa Uniprex, S.A., ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou esta no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que a xefa do Negociado de Relacións Públicas con data 24 de maio de 2012 emitiu informe onde figura que a oferta presentada pola empresa Uniprex, S.A., cumpre co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este contrato. Resultando que por Resolución Presidencial 6.550 de data 28 de maio de 2012 se lle requiriu á empresa, UNIPREX, S.A. (C.I.F.-A-28782936), para que achegase diversa documentación relativa a este contrato. Resultando que a empresa, Uniprex, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 3.389,75 € depositada na Tesourería desta Deputación con data 1 de xuño de 2012 e número de operación 201200040556, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 151.3 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta o Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa, UNIPREX, S.A., (C.I.F.- A-28782936), o contrato correspondente á prestación de servizos de publicidade na emisora de radio “Onda Cero”, por un importe global de setenta e nove mil novecentos noventa e oito euros con dez céntimos (79.998,10 €), IVE incluído, (Do importe total, 67.795,00 € corresponden ó prezo do contrato e 12.203,10 € ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: TIPO DE INSERCIÓN PREZO IVE TOTAL Patrocinio dun programa a nivel nacional 30.000,00 € 5.400,00€ 35.400,00 € Patrocinio dun programa a nivel nacional 30.000,00 € 5.400,00€ 35.400,00 € Paquete de cuñas publicitarias 7.795,00 € 1.403,10 € 9.198,10 € TOTAL…………….. 67.795,00 € 12.203,10 € 79.998,10€ 2.- Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato se realizará dentro do prazo dos quince días hábiles seguintes á notificación do acordo de adxudicación. 3.- O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/900.912.226.02 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. 11.20049.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS PARA O ANO 2012 Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 16 de marzo de 2012, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión e organización do programa diúrno de Balnearios para o ano 2012. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 60 de data 26 de marzo de 2012. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 12 de abril de 2012, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 16 de abril de 2012, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura os sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que polo Servizo de Acción Social, se emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 22 de maio de 2012, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados por estas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Empresas Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Total Halcón Viajes S.A 47 50,000 97,000 Viajes Iberia S.A. 43,5 44,297 87,797 Marexada Deporte, lecer e cultura S.L. 32,5 30,710 63,210 Resultando que a vista das puntuacións alcanzadas e mediante Resolución Presidencial 6456/2012, do 23 de maio, requiriuse á empresa Halcón Viajes, S.A, que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que tivese recibido este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 9.625,00 €, de acordo co disposto no art. 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011 do 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). Resultando que a empresa Halcón Viajes S.A presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe de 9.625,00€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201200040307, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Halcón Viajes S.A. (CIF A-10005510), o contrato para a prestación do servizo de xestión e organización do programa diúrno de Balnearios para o ano 2012 polos seguintes prezos ofertados para cada un dos balnearios ofertados: Balneario Prezo por persoa (sen IVE) Palacio del Agua Balneario de Mondariz 99,07 € Balneario Hesperia Isla de la Toja 102,77 € Termas de Cuntis 105,55 € Balneario Talaso Atlántico Oia 98,14 € Oca Galatea Spa 88,88 € Balneario Baños da Brea Viladecruces 89,81 € Spa Torre do Deza Lalín 68,51 € Spa Oca Katiuska Silleda 69,44 € Spa Norat Marina O Grove 86,11 € O financiamento do programa efectuarase de acordo coa seguinte distribución: - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 35,00 € por persoa participante, ata un máximo de 5.500 prazas. - Os concellos interesados achegarán a cantidade de 10,00 € por persoa participante. - As persoas beneficiarias achegarán a cantidade restante en función do prezo do balneario elixido. A parte correspondente á Deputación, por importe máximo de 192.500,00 €, será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230.227.07. 12.20050.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial prorrogado de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: 1.- Facturas emitidas por DARZAL: A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos día 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Visto o informe de Intervención de data 28 de maio de 2012 correspondente ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial prorrogado de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Nº Factura Data Obra Importe € 0215-14/2012 14/05/2012 “Ensanche e mellora E.P. 6410 Bodaño-Merza entorno da Carixa (Vila de Cruces)” (P10/0083) 820,40 0215-13/2012 14/05/2012 “Recollida de pluviais e pavimentación das rúas de Ponte Zapal e Costa (Marín)” (PID/09/00795/2009002235) 165,33 0215-12/2012 14/05/2012 “Ampliación do centro cultural e veciñal en Belesar (Baiona)” (PID/09/00972/2009002407) 108,89 0215-11/2012 14/05/2012 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais (Bueu)” (PID/09/00930/2009002646) 26,47 0215-10/2012 14/05/2012 “Dotación de servizos básicos en camiños municipais (Bueu)” (PID/09/00930/2009002648) 27,10 0215-09/2012 14/05/2012 “Saneamento nos lugares de Casiñas-Pontellas, Corrigatos, Batán e Trambosríos (Moraña)” (PID/09/00609/2009002295) 511,67 0215-08/2012 14/05/2012 “Saneamento en Brea, Castros e Cotiño (Mos)” (PID/09/00981/2009002265) 116,84 0215-07/2012 14/05/2012 “Iluminación pública por campo fotovoltaico en contorno parque natural biosaudable A Carixa (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002548) 33,22 0215-06/2012 14/05/2012 “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras (Moraña)” (PID/09/00609/2009002296) 80,21 0215-05/2012 14/05/2012 “Seguridade viaria E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos)” (D09/0049) 448,83 0215-04/2012 14/05/2012 “Rehabilitación e ampliación do pavillón polideportivo de Crecente” (D09/0010) 279,49 0215-03/2012 14/05/2012 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 3.106,30 0215-02/2012 14/05/2012 “Mellora do trazado e capa de rodadura en E.P. 9201 Sanxenxo – Bordóns – estrada Samieira (Sanxenxo)” (D07/0174) 867,68 0215-01/2012 14/05/2012 “Complementario campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D10/0071) 1.105,81 TOTAL 7.698,24 € O pago das facturas realizarase con cargo a conta non orzamentaria: 419.10(099.143). 2.- Factura nº 2012/A2394 de 26/04/2012, por importe de 3.330,55 €, emitida por ENMACOSA, S.A. (NIF: A-396039956) en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra de “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento”. O pago das facturas realizarase con cargo á conta non orzamentaria: 419.09 (099.129) do vixente orzamento provincial. 13.20051.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición