ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/07/20_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/3.2012-07-20_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/07/20_Ordinaria

  • Data(s) 2012-07-20 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte de xullo do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto Dna. María Jesús Torres Peón, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20132.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 13 de xullo do ano 2012. 2.20133.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2012 – SEGUNDO GRUPO A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2012 o Programa Diúrno de Balnearios co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou con necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 192.500€ e unha oferta de 5.500 prazas, mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós Balnearios, Thalasos ou Spas escollidos polos usuarios, en xornadas de tardes (de Luns a Venres); polo que remitido o Segundo grupo de solicitudes á Intervención para a súa fiscalización, e á Vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 16 de xullo de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder das subvencións do Programa Diúrno de Balnearios, Segundo Grupo, polo importe de 58.520,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230.227.07. PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS AÑO 2012 - CONCELLOS ADHERIDOS CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO € ARBO SI 37 1.295,00 € O GROVE SI 6 210,00 € POIO SI 31 1.085,00 € PORTAS SI 31 1.085,00 € REDONDELA SI 170 5.950,00 € TUI SI 26 910,00 € VILANOVA SI 108 3.780,00 € TOTALES 409 14.315,00 € PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS AÑO 2012 - PLAZAS NO SUBVENCIONADAS POR EL CONCELLO CONCELLO Nº PARTICIPANTES GASTO € BUEU 76 2.660,00 € CANGAS 2 70,00 € CERDEDO 28 980,00 € COTOBADE 2 70,00 € CAMPOLAMEIRO 1 35,00 € CRECENTE 3 105,00 € FORCAREI 79 2.765,00 € GONDOMAR 12 420,00 € LALIN 24 840,00 € A LAMA 25 875,00 € MARIN 92 3.220,00 € MORAÑA 2 70,00 € MOS 88 3.080,00 € AS NEVES 8 280,00 € NIGRAN 5 175,00 € OIA 3 105,00 € PAZOS DE BORBEN 1 35,00 € POIO 2 70,00 € PONTEAREAS 61 2.135,00 € PONTEVEDRA 203 7.105,00 € REDONDELA 8 280,00 € RIBADUMIA 31 1.085,00 € SALVATERRA 34 1.190,00 € VILAGARCIA 39 1.365,00 € VILABOA 3 105,00 € VIGO 431 15.085,00 € TOTALES 1.263 44.205,00 € 3.20134.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de xullo de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000883 e que contén trinta e dúas facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 248,38 € e a derradeira de ORAL, por importe 48,41 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 15.365,89 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 15.365,89 € B) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 19 de xullo de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000918 e que contén dez facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 3.377,61 € e a derradeira de Unión Fenosa Comercial, S.L., por importe 1.418,54 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 8.669,47 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 8.669,47 € 4.20135.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS. 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Urbanización El Rosal de Moaña,S.L. Á empresa Urbanización El Rosal de Moaña, S.L. (CIF B- 36.007.748), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil euros (2.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Cruce de calzada na E.P. 1101 Moaña-Berducedo (Moaña), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/05/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200034481. 5.20136.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA A Deputación de Pontevedra convoca as axudas a Conservatorios de Música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 150.000,00€, con cargo á aplicación 12/330.323.462.04 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA O art. 64.2º da Lei orgánica 10/2002, de 23 de decembro (BOE de 24 de decembro), de calidade da educación clasifica como centros docentes públicos aqueles que teñen como titular un poder público. Así pois, os conservatorios de música dependentes de concellos teñen a consideración de centros públicos. Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia veñen desenvolvendo un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. En consonancia coa política desta Deputación, en vista da crecente demanda das ensinanzas de música e coa finalidade de prestarlles apoio ás iniciativas doutros entes públicos para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a conservatorios de música: 1. Obxecto.- Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, dos conservatorios non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2012. O importe total das axudas será de cento cincuenta e dous mil douscentos euros (150.000,00 €) que se financiarán con cargo á aplicación 12/330.323.462.04 do orzamento provincial para o ano 2012. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares dos conservatorios de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) Ou tal e como establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 30 de setembro de 2012. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.- Orzamento que dedica o concello para o Conservatorio asinado polo Interventor/a, detallado por conceptos. b.- Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinado c.- Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, detallado por especialidades ou materias, debidamente asinado d.- Certificado da conta bancaria a nome do solicitante e.- Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades f.- Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria g.- Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, ata 25 puntos. 2. Número de profesores, ata 15 puntos. 3. Orzamento do conservatorio, ata 35 puntos. 4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos. As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención para efectos de xustificación deberá remitir: - Certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade do dereito a percibir a axuda, asinado polo secretario ou polo interventor, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento desta Deputación para o ano 2012. - Conta xustificativa, asinada polo secretario ou polo interventor, na que se relacionen os gastos de funcionamento do Conservatorio, axustándose os conceptos establecidos no orzamento remitido coa solicitude. - Declaración de que os xustificantes están a disposición da Deputación para a súa comprobación e que o importe das axudas concedidas non superan o importe total do orzamento consignado para os gastos de funcionamento do Conservatorio. - Declaración responsable de que se fixo a debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada. A xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2013. 7. Obrigas dos beneficiarios.- Nas comunicacións, escritos e propaganda dos conservatorios de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente para a aprobación de bases.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2012 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 6.20137.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS A Deputación de Pontevedra convoca as Axudas a Escolas de Música Públicas, e fiscalizadas as bases pola Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 150.000,00 €, con cargo á aplicación 12/330.323.462.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia desenvolven un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas. A notable demanda das ensinanzas de música xustifica o crecemento do número de escolas de titularidade pública para lles achegar á mocidade e ós afeccionados a posibilidade de cursar estes estudos, tanto para realizar unha actividade de formación artística como para continuar posteriormente estudos regrados de música en conservatorios ou centros autorizados. Co fin de potenciar o funcionamento destas escolas de música das que son titulares determinados entes públicos, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a escolas de música públicas: 1. Obxecto.- Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2012. O importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) que se financiarán con cargo á aplicación 12/330.323.462.06 do orzamento provincial para o ano 2012. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) Ou tal e como establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2012. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.- Orzamento que dedica o Concello para a Escola de Música asinado polo interventor/a, detallado por conceptos. b.- Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinado c.- Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, detallado por especialidades ou materias, debidamente asinado d.- Certificado da conta bancaria a nome do solicitante e.- Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades f.- Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria g.- Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, ata 25 puntos. 2. Número de profesores, ata 15 puntos. 3. Orzamento da escola de música, ata 35 puntos. 4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención para efectos de xustificación deberá remitir: - Certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade do dereito a percibir a axuda, asinado polo secretario ou polo interventor, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento desta Deputación para o ano 2012. - Conta xustificativa, asinada polo secretario ou polo interventor, na que se relacionen os gastos de funcionamento da Escola de Música, axustándose os conceptos establecidos no orzamento remitido coa solicitude. - Declaración de que os xustificantes están a disposición da Deputación para a súa comprobación e que o importe das axudas concedidas non superan o importe total do orzamento consignado para os gastos de funcionamento da Escola de Música. - Declaración responsable de que se fixo a debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada. A xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2013. 7. Obrigas dos beneficiarios.- Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente para a aprobación de bases.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2012 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 7.20138.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO A Deputación de Pontevedra convoca as Axudas a Escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro, e fiscalizadas as bases pola Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 50.000,00 €, con cargo á aplicación 12/330.323.489.09 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor: “BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas. Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música: 1. Obxecto.- Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2012. O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) que se financiarán con cargo á aplicación 12/330.323.489.09 do orzamento provincial para o ano 2012. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) Ou tal e como establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2012. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.- Fotocopia cotexada do CIF da entidade titular do centro b.- Fotocopia cotexada do DNI do representante da Entidade c.- Certificado da conta bancaria a nome do solicitante d.- Orzamento de gastos da escola, detallado por conceptos, asinado polo representante e.- Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinada f.- Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, debidamente asinado g.- Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades h.- Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. i.- Declaración de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, ata 25 puntos 2. Número de profesores, ata 15 puntos 3. Orzamento da escola de música, ata 35 puntos 4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a.- Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade. b.- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente orzamento provincial. c.- Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d.- Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. e.- Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito. A xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2013. 7. Obrigas dos beneficiarios.- Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente para a aprobación de bases.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2012 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é o presidente. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 8.20139.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE BANDAS DE GAITAS E PERCUSIÓN PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Cultura, así como o informe de Secretaría e de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Asoc. Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra, para as escolas de gaitas na provincia, mediante a achega de cento corenta mil euros (140.000,00 €), e con cargo á aplicación 12/330.334.489.05 do vixente presuposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE BANDAS DE GAITAS E PERCUSIÓN PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA AS ESCOLAS DE GAITAS NA PROVINCIA Pontevedra, de xullo de 2012 REÚNENSE D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de Presidente de conformidade co establecido no art. 34.1.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local D. Hipólito Cabezas Gómez, actuando en nome e representación da Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra, na súa condición de presidente desta entidade, con domicilio social na rúa Tomás Alonso, 29, de Vigo e con CIF: G-36.793.677. Ambas partes teñen plena capacidade para levaren adiante este convenio e MANIFESTAN 1º.- Que as fundacións e demais entidades culturais sen ánimo de lucro levan a cabo unha importante actividade cultural que contribúe ó desenvolvemento, mellora e difusión da vida cultural tanto na propia provincia como noutros ámbitos territoriais. 2º.- Que a Deputación de Pontevedra, no marco das actuacións propostas para o ano 2012, trala análise da realidade pertinente, estima oportuno e necesario continuar co proxecto, iniciado no ano 2006, das escolas de gaitas existentes na provincia que dan resposta á crecente demanda existente por parte dos rapaces da nosa provincia, para recibir unha formación seria, rigorosa e de calidade no ámbito formativo da música e a tradición galegas. O marco teórico de referencia está definido por dúas concepcións fundamentais: a música e a tradición. A música, entendida como forma de expresión, representación e comunicación; e a tradición, entendida como o común denominador no proceso de busca de novas expectativas para a música galega. 3º.- Que a Deputación de Pontevedra, dentro do seu ámbito competencial, desenvolve as actuacións encamiñadas á promoción, divulgación e difusión da cultura, coa finalidade de achegar esta ó conxunto da sociedade. 4º.- Que o obxecto deste convenio é o financiamento e mantemento de 5 escolas de gaitas na provincia de Pontevedra distribuídas en cinco sedes sitas en: Vigo, Cangas, Vilanova, Pontevedra e Lalín, baixo o establecido no proxecto didáctico que se achega en anexo aparte. a.- Obxectivos: * Coñecer a riqueza musical da gaita e da percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe onde se combinen coñecementos teórico-prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación, e os seus valores culturais. * Coñecer e respetar as principais manifestacións artísticas presentes no seu contorno, así como os elementos máis destacados do patrimonio cultural, desenvolvendo criterios propios de valoración. b.- Destinatarios: * O proxecto formativo irá dirixido a alumnos a partir dos 6 anos. c.- Lugares de impartición: * Establécense cinco sedes na provincia, sitas en: Vigo, Vilanova, Pontevedra, Lalín e Cangas. 5º.- Que, dados os intereses comúns e fins coincidentes de ambas entidades, asinan o presente convenio de colaboración, que se rexerá baixo as seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Deputación de Pontevedra dentro do seu programa de promoción da cultura galega e coa finalidade de posibilitar que os mozos/as da provincia poidan acadar formación na nosa música tradicional, decide continuar co apoio ás escolas de gaitas creadas no ano 2006 na provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- A Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra comprométese a levar a cabo a formación dos alumnos na percepción e expresión musical tradicional galega, a través do desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe onde se combinen coñecementos teórico-prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación, e os seus valores culturais e que teña como obxectivo prioritario o fomento e difusión da música galega en todas as súas formas: linguaxe musical, gaita, percusión, redobrante, etc. TERCEIRA.- A Deputación de Pontevedra comprométese a contribuír á realización das actividades obxecto deste convenio coa cantidade máxima de CENTO CORENTA MIL EUROS (140.000,00 €) con cargo á aplicación 12/330.334.489.05 do seu orzamento. CUARTA.- A Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra comprométese a que figure a colaboración e o patrocinio da Deputación de Pontevedra en toda a publicidade xerada polas súas actividades, tanto impresa, audiovisual ou electrónica. QUINTA.- Debido á demanda existente nesta institución, para a realización de actuacións deste xénero musical, a Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra realizará 8 actuacións gratuítas ó longo do período de vixencia do presente convenio, en datas e actos públicos a determinar pola Deputación de Pontevedra, correndo os gastos de manutención a cargo da entidade solicitante. SEXTA.- A Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra poderá establecer unha cota de matrícula de ata un máximo de 25 €/alumno, comprometéndose a destinar a cantidade obtida por este concepto á adquisición de material ou vestiario para os alumnos das escolas. SÉTIMA.- A Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto para os que foron concedidos, podendo comprobar a Deputación de Pontevedra, cando o estime pertinente, a adecuación dos gastos ós fins estipulados neste convenio. OITAVA.- O período de vixencia deste convenio será dende o 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013. NOVENA.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a suma inicial de 42.000,00 € (30%) á sinatura do presente convenio, a cal se xustificará mediante achega de facturas unha vez posto en marcha o proxecto. A cantidade restante de 98.000,00 € (70%) poderá ser aboada en cantidades parciais, distribuídas en doce mensualidades, a medida que se vaia xustificando mediante facturas, os gastos efectivamente realizados, e directamente relacionados co establecido no proxecto. Así mesmo, a Entidade deberá presentar xunto coa xustificación a seguinte documentación: o Memoria da actividade que se realizou e dos resultados obtidos, debidamente asinada o Xustificación da publicidade dada da axuda concedida e dos demais compromisos asumidos no presente convenio. o Declaración responsable de que os gastos e ingresos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó desenvolvemento da actividade obxecto deste convenio. o Xustificación dos ingresos: con declaración responsable dos ingresos obtidos e de que as subvencións ou axudas obtidas non superan o custo da actividade. o Acreditar estar ó corrente coas obrigas ante a Seguridade Social e a Axencia Tributaria. DÉCIMA.- Este convenio obriga ás partes que o asinan o seu cumprimento, someténdose ambas partes ó acordado en todas as estipulacións. O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será motivo suficiente para a rescisión deste. UNDÉCIMA.- O presente convenio só compromete á Deputación de Pontevedra ó pago da citada cantidade para o fin establecido, sendo de exclusiva competencia da Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra o relativo ó resto das responsabilidades de calquera tipo nas que se poida incorrer por mor do desenvolvemento das actividades. DUODÉCIMA.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión Provincia de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. As partes acordan a submisión do presente convenio á orde xudicial contencioso-administrativo e expresamente ós xulgados do contencioso de Pontevedra. DÉCIMO TERCEIRA.- Para o non disposto no presente convenio contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal O PRESIDENTE DA ASOC. GALEGA DE BANDAS DE GAITAS E PERCUSIÓN PROVINCIA DE PONTEVEDRA Asdo.- Hipólito Cabezas Gómez” 9.20140.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN, DURANTE O ANO 2012, DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para levar a cabo a realización conxunta, durante o ano 2012, dos cursos comprendidos no Plan de acción formativas para o persoal ó servizo da Administración Local na provincia de Pontevedra. A FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra financiarán a realización das actividades previstas neste Convenio coa cantidade de 22.000,00 €, dos que 10.000,00 € os achegará a Deputación Provincial de Pontevedra e 12.000,00 € a FEGAMP, o 50 % á sinatura do Convenio e o 50% restante ó remate das accións formativas. Polo Servizo de Intervención emítese informe no que se indica que existe crédito suficiente para facer fronte ó devandito gasto nas aplicacións 12/923.923.151.00, 12/923.923.150.00, 12/923.923.227.06 e 12/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2012, segundo RC da Intervención nº 201200054565, nº 201200054569, nº201200054570 e nº 201200054571. Polo Sr. Secretario emítese informe favorable á tramitación do presente Convenio. Por todo o exposto, vistos os informes de Secretaria e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización, durante o ano 2012, de accións formativas para o persoal ó servizo da administración local na provincia de Pontevedra. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2012 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVICIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. En Pontevedra, a XXX de xullo de 2012 Por unha parte, o Ilmo. Sr. D. José Manuel Rey Varela, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Actuando os comparecentes en representación das súas respectivas Institucións e coas facultades que os seus respectivos cargos lles confiren; de mutuo acordo, conveñen nas seguintes estipulacións, que consideran oportunas facer constar. E X P O Ñ E N: Que a Federación Galega de Municipios e Provincias presentou á Comisión Xeral de Formación Continua un Plan de Formación con ámbito de toda a Administración Local Galega, para o exercicio de 2012, para o que se lle concedeu unha dotación económica pola citada Comisión. Que a Deputación de Pontevedra no marco das competencias de cooperación e asistencia ós Municipios quere, despregar esforzos e cooperar activamente dende un punto de vista técnico, de estudio de necesidades e de programación de actividades con accións nos Concellos orientadas á capacitación dos seus equipos humanos, así como contribuír á mellora de rendemento e as habilidades dos profesionais que colaboran, de forma que o esforzo de todos permita asegura-lo cumprimento dos programas de acción municipal a satisfacción dos intereses cidadáns. Ámbalas dúas partes, consideran atende-las necesidades formativas dos empregados públicos, entendendo que é un valor estratéxico para a adaptación destes os procesos de cambio e a crecente complexidade na xestión diaria dos entes locais. Que para un correcto desenvolvemento das políticas de formación local é posible utilizar un amplo abano de instrumentos que a normativa legal pon a disposición das Administracións Públicas. Entres estes posibles instrumentos cabe sinala-los Convenios de Colaboración. Que a Federación Galega de Municipios e Provincias cree conveniente delegar na Deputación Provincial de Pontevedra a realización dos Plans de Formación nesa Provincia. Que a converxencia de intereses formativas da Deputación Provincial de Pontevedra e a FEGAMP xustifican o establecemento dun Convenio Marco de Colaboración. En razón destas consideracións, ámbalas dúas partes: C O N V E Ñ E N: 1º.- Que o obxecto do presente Convenio de Colaboración será a realización conxunta das actividades formativas que as dúas partes acorden para o desenvolvemento de dito Plan. 2º.- Que a determinación e as características concretas que se fixen de común acordo para cada acción formativa serán incorporadas en forma de anexo o presente Convenio Marco. 3º.- Que a Deputación de Pontevedra xestionará a contratación dos equipos necesarios para o desenvolvemento de cada curso, seminario, etc, facilitando as dependencias para a realización dos cursos así como o material que sexa necesario para o desenvolvemento da acción formativa oída a FEGAMP facéndose cargo da súa correcta realización. 4º.- Que as dúas partes manterán a súa responsabilidade respecto á adecuación de cada acción formativa vixiando en todo momento a idoneidade do profesorado, a metodoloxía empregada, en xeral, o desenvolvemento de todo o proceso e a avaliación da actividade. 5º.- Que a Deputación de Pontevedra seleccionará ós asistentes de cada acción formativa realizada ó abeiro do presente Convenio oída a FEGAMP. 6º.- A FEGAMP e a Deputación de Pontevedra financiarán a realización das actividades previstas no presente Convenio coa cantidade de 22.000 €, dos que 10.000 € os achegará a Deputación de Pontevedra e que se recolle nas aplicacións de gastos 12/923.923.151.00, 12/923.923.150.00, 12/923.923.227.06 e 12/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2012. A FEGAMP fará o aboamento dos 12.000 € á Deputación de Pontevedra da seguinte maneira, o 50% á sinatura do Convenio e o 50% restante ó remate das accións formativas. O ingreso deberá facerse no seguinte concepto 12/923.483.05. O gasto será imputable ás aplicación 12/923.923.151.00, 12/923.923.150.00, 12/923.923.227.06 e 12/923.923.226.06, do orzamento provincial para o exercicio 2012, nas que existe crédito dispoñible polo importe mencionado. 7º.- Que a Deputación de Pontevedra comprométese a informar periodicamente á FEGAMP do desenvolvemento de cada acción. 8º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a realizar tódalas accións formativas antes do 31 de decembro de 2012, e a comunicar á FEGAMP coa suficiente antelación a imposibilidade de realizar algunha acción antes da citada data. 9º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a xustificar ante a FEGAMP antes do 31 de xaneiro do ano 2013 os gastos orixinados pola realización das actividades previstas no presente Convenio, rendindo conta destes, ás que unirá as facturas orixinais ou documentos legais substitutorios no caso de que o profesorado sexa persoal o servizo da Administración Pública. No suposto de que o gasto realizado fora menor que a cantidade adiantada, a Deputación de Pontevedra reintegrará á FEGAMP o exceso do segundo sobre a primeira. 10º.- Que os participantes das accións formativas recibirán unha Certificación acreditativa da súa asistencia que indicará que estes foron organizados conxuntamente pola FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra. 11º.- Este Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura polas dúas partes, e as súas disposicións rexerán ata a total liquidación do Plan a que se refire. 12º.- Para o seu seguimento, execución e resolución das posibles controversias que puideran xurdir, crearase unha comisión integrada por dous representantes da Deputación de Pontevedra e dous da FEGAMP, que se reunirá polo menos unha vez ó mes, ou cando ámbalas dúas partes de común acordo o estimen oportuno. 13º.- No caso de denuncia do presente Convenio, as dúas partes comprométense a garanti-lo cumprimento das actividades programadas, cando a súbita interrupción destas puidera prexudicar a calquera das dúas Entidades. E en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en cuadriplicado e para un só efecto no lugar e data ó principio expresados. O PRESIDENTE DA FEGAMP O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.: José Manuel Rey Varela Asdo.: Rafael Louzán Abal” 10.20141.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. NOÉ FERNÁNDEZ CAL, POR DANOS PRODUCIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 4306 PONTE DO VAL-BARCIADEMERA NO CONCELLO DE O COVELO Dada conta que con data de rexistro de 23/02/12 (núm. Rex. 004625) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Noé Fernández Cal, con enderezo de notificacións na Praza do Concello, 4-2ºB, do concello de O Porriño, por lesións producidas en accidente de tráfico, coma consecuencia da irrupción dun xabaril na EP- 4306 Ponte do Val- Barciademera, no Concello de O Covelo, o día 26/11/10, e que individualiza economicamente en 4.059,20 €. Resultando.- Que con data 16/03/12 con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que emitiu na data 28/03/12 co seguinte contido: “…Primeiro. A E.P. 4306 Ponte de Val-Barciademera, que discorre polos Concellos de Mondariz e Covelo, pertence á rede provincial de estradas. Segundo. Por parte do Servizo de Infraestruturas non se tivo constancia do accidente de referencia nin doutros ocorridos pola mesma causa “irrupción dun xabaril na zona de circulación” en datas próximas, anteriores ou posteriores, ó que é obxecto do presente informe. Terceiro. Xirada visita de inspección ó vial provincial E.P. 4306 Ponte do Val-Barciademera púidose comprobar que nas proximidades do lugar do accidente se sitúa o Tecor Societario a Mondarizana con matrícula 10141. Segundo información facilitada verbalmente a esta Unidade Administrativa pola Consellería de Medio Rural o devandito Tecor tiña autorizados ganchos de xabaril o día 21 de novembro de 2010 ( o accidente ten lugar o 26 de novembro) realizándose batidas na zona. En calquera caso parece probado o lugar de procedencia do xabaril que orixinou o sinistro- dos terreos nos que se sitúa o Tecor- e a conexión existente entre a presenza do animal e o aproveitamento cinexético, datos dabondo para imputar o dano ó titular do coto. Cuarto. Sen prexuízo do sinalado no parágrafo anterior, NON se ten coñecemento de que concretamente o punto quilométrico 8+000 do vial provincial E.P. 4306 Ponte do Val-Barciademera sexa un paso habitual de animais en liberdade, tal e como acreditan os partes de incidencias da brigada da zona dos anos 2009, 2010 e 2011 que non reflicten accidente algún por dita causa. Por outra banda ó ser devandito vial unha estrada convencional na que o valado non forma parte esencial da mesma non se pode imposibilitar desa forma a irrupción nela de animais salvaxes no seu libre, incontrolado e incontrolable vagar…” Resultando.- Que con data 17/01/12 e con fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92 déuselle traslado da reclamación ó TECOR Mondarizana, para que fixera as alegacións que tivera por convenientes, realizando as mesmas en escrito de data 21/04/12 co seguinte contido: “…Informamos que a ocurrencia no punto concreto, non pertence o noso coto, senón á sociedade de caza “A Covelense” do Concello de Covelo. Non temos ningunha constancia deste sinistro e falado co presidente da Sociedade “A Covelense” di que efectivamente, pertence a ese coto e que lle pagaron os danos materiais fai tempo…” Resultando.- Que con data 07/05/12 e co fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92 déuselle traslado da reclamación ó TECOR A Covelense para que puideran comparecer como interesados e facer as alegacións que tiveran por convintes, enviando a seguinte documentación na data 30/05/12: - Decreto do Xulgado de 1º Instancia de Instrución de Ponteareas, ditado nos autos do procedemento ordinario 515/2011, seguidos a instancia da entidade Generali Seguros contra o Tecor A Covelense, no que se achega cédula de emprazamento para comparecer no procedemento citado, así como copia da demanda de reclamación de cantidade, por importe de 7.268,91 €, polos danos causados no vehículo marca Renaul Megane, matrícula 4873-FGW, coma consecuencia da irrupción dun xabaril na EP- 4306 Ponte do Val-Barciademera, na data 26/11/10. - Dilixencia de ordenación de data 09/03/12 ditada polo mesmo órgano xudicial na que se lle da traslado por dez días ó Tecor, para que mostre a súa conformidade coa terminación do proceso solicitada por Generali Seguros, xuntando esta entidade escrito no que pon de manifesto que foi satisfeita extraxudicialmente a súa pretensión polo Tecor aboándolle a cantidade reclamada. - Fotocopia de Burofax enviado ó TECOR A Covelense, polo representante de Noé Fernandez Cal, solicitando indemnización polas lesións sufridas en accidente de circulación cando conducía o vehículo marca Renault Megane, matrícula 4873-FGW, coma consecuencia da irrupción dun xabaril na EP-4306 Ponte do Val-Barciademera, o día 26/11/10 e que cuantifica en 4.059,20 €. Resultando.- Que con data 06/05/12 requiriuse ó interesado para que aclarase porque no acordo extraxudicial ó que chegou a súa aseguradora do TECOR A Covelense, non se incluíron as lesións que reclama, atendendo ó citado requirimento, mediante escrito de data 19 de xuño co seguinte contido: “…Toda vez que esta parte non tiña coñecemento do mencionado acordo, posto en contacto coa citada aseguradora esta manifesta que a reclamación ó TECOR, fíxose a efectos de recobrar o aboado por Generali para a reparación do vehículo, é dicir, que toda vez que o reclamante tiña contratado seguro a todo risco para o turismo sinistrado, a súa aseguradora fíxose cargo do montante da reparación do mesmo, reclamándolle nun momento posterior ó TECOR a cantidade aboada por ser o responsable dos danos. Dita cantidade pagouna en efecto a aseguradora do TECOR, FIATC, en virtude de acordo extraxudicial que puxo fin ó Procedemento Ordiniario nº 515/11 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia nº3 de Ponteareas…” Resultando.- Que con data 06/06/12 requiriuse a Dª. Mercedes García Gómez, representante da aseguradora Generali Seguros, no procedemento ordinario 515/2011, para que aclarara porque no acordo extraxudicial ó que se chegou co TECOR A Covelense, non se incluíron os danos persoais sufridos polo condutor do vehículo, atendendo ó mesmo mediante escrito de data 02/07/12 co seguinte contido: “…en el expediente seguido por la Cía Aseguradora Generali (a la que representé en su día) contra Tecor A Covelense en juicio ordinario 515/2011 y siguiendo las instrucciones de la letrada Sra. Coral Méndez Pérez, le comunico que en dicho expediente judicial únicamente representé a la Cía aseguradora y no a Noé Fernández Cal y en virtud de ello, se reclamó, mediante recobro, lo abonado por Generali a su asegurada por los daños materiales, a Tecor A Covelense, habiendo llegado a un acuerdo (desconozco las cantidades exactas al final) mediante transacción únicamente por la Cía de Seguros Generali. La letrada me ha comunicado de que tiene conocimiento de que el asegurado Noé Fernández está reclamando por su cuenta con letrado particular por las lesiones sufridas pero desconocemos ningún dato al respecto de dicha reclamación” Considerando.- Que pola mesma causa que da lugar á presente reclamación instruíuse procedemento ordinario 515/2011 no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Ponteareas a instancia da entidade Generali Seguros, aseguradora do vehículo sinistrado, contra o TECOR A Covelense, solicitando indemnización polos danos sufridos polo citado vehículo, chegando a un acordo extraxudicial, mediante o cal o TECOR, fíxose responsable da indemnización reclamada. O interesado tivo coñecemento deste procedemento, como así o recolle o seu escrito de data 19/06/112, o que non xustifica agora o dirixirse á Administración Provincial, cando xa hai un terceiro interesado que asumiu a responsabilidade da irrupción do xabaril (TECOR A Covelense). Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación 11.20142.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. MANUEL L. SILVA CONSTENLA EN REPRESENTACIÓN DE REALE SEGUROS GENERALES, S.A., POR DANOS EN AUTOMÓBIL NA ESTRADA PROVINCIAL 7102 SERRAPIO-A PORTELA NO CONCELLO DE CERDEDO Dada conta que con data 30 de decembro de 2010 (nº Rex. Entrada 044369), recibiuse nesta Deputación reclamación por responsabilidade patrimonial formulada por D. Manuel L. Silva Constenla, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Xeneral Pardiñas 22-24-1º E de Santiago de Compostela, en nome e representación de REALE SEGUROS GENERALES, S.A. e de D. Celestino Silva Barros por presuntos danos en automóbil, provocados pola irrupción de dous cabalos na EP-7102 Serrapio-A Portela no Concello de Cerdedo, o día 03/01/10. Resultando que con data 3 de xaneiro de 2011 requiriuse a D. Manuel L. Silva Constenla para a achega da seguinte documentación, orixinal ou copia adverada: DNI do seu representado, documentación do vehículo, permiso de circulación e carné de conducir do condutor no momento do accidente, séndolle reiterado dito requirimento o 26 de xaneiro seguinte, solicitándolle ademais documentación acreditativa da subrogación da aseguradora nas accións do asegurado, todo iso con advertencia do arquivo do procedemento no caso da non cumprimentación, de conformidade co artigo 70 en relación co 71, da Lei 30/1992 (subsanación no prazo de 10 ou consideración de terlle por desistido). Resultando que con data 21 de febreiro de 2011 presenta escrito desistindo da reclamación efectuada en nome de D. Celestino Silva Barros, mantendo a solicitude en nome de Reale Seguros Generales, S.A. Resultando que con data 24 de febreiro de 2011 efectúase novo requirimento ó interesado en orde á presentación da documentación solicitada e a fin de aclarar se a contía reclamada era a establecida no seu primeiro escrito ou se á vista do desestimento efectuado a nome de D. Celestino Silva Barros, aquela resultaba mermada no importe correspondente á franquía, realizándoselle igualmente as prevencións recollidas na Lei 30/1992 sobre perención pola non subsanación da solicitude. Resultando que con data 14 de marzo de 2011 presenta escrito o interesado aclarando que os danos reclamados eran os irrogados a REALE SEGUROS GENERALES, S.A., sinalando en relación á lexitimación da citada aseguradora e que a documentación requirida non é necesaria ó constar o aseguramento na póliza achegada coa reclamación, título do que deriva a lexitimación activa. Resultando que con data 28 de marzo de 2011 e con advertencia do arquivo por perención, conforme ó precitado artigo 70 en relación co 71 da Lei 30/1992, efectúase novo requirimento solicitándolle expresamente a remisión da factura de reparación do automóbil emitida a nome da compañía aseguradora, ou, no seu caso, documento contable acreditativo de pago dos danos ó prexudicado, de conformidade co artigo 222 do R.d. 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 2 do R.d. 1496/2003, de 28 de novembro, que aproba o Regulamento sobre obrigas de facturación e modificación do Regulamento do IVE, así como de orixinal ou copia debidamente adverada da póliza subscrita co asegurado, debidamente asinada. Tal esixencia provén da obriga da Administración de non aplicar o ordenamento xurídico dun xeito fraccionado, senón na súa integridade, en virtude do principio de legalidade positiva descrito no artigo 9.3 en relación co 103.1 da Constitución Española de 1978, incisos primeiro e último respectivamente. Resultando que ó non ser remitida a documentación requirida, con data 19 de maio de 2011 ditouse Resolución Presidencial decretando a perención e arquivo do procedemento, con ofrecemento do recurso potestativo de reposición e/ou recurso Contencioso-Administrativo. Resultando que con data 7 de xullo de 2011 preséntase recurso contencioso perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 dos de Pontevedra (proc. abreviado núm. 309/2011) contra a Resolución antes citada, recaendo sentenza número 67/12 de data 20 de marzo de 2012, estimando parcialmente o recurso no senso de retrotraer as actuacións administrativas á data da referida Resolución, que literalmente di (Fundamento Xurídico Terceiro, parágrafos terceiro, cuarto e quinto): “… el requerimiento administrativo formulado el 24/02/2011 y el 28/03/2011, relativos a aportación de la documentación del vehículo, del permiso de circulación, del carné de conducir del conductor del vehículo en el momento del accidente, así como la factura de reparación emitida a nombre de la compañía de seguros en la que se exprese el pago de la misma o documento contable que acredite tal pago y original o copia adverada de la póliza suscrita con el asegurado debiendo estar firmada por el tomador del seguro, no cumplían la función de subsanación de los requisitos formales (…),por lo que la advertencia de desistimiento no resultaba amparada por el articulo 71.1 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre (…) Por el contrario, lo que se solicitaba en los requerimientos era datos y documentación que interesan a una fase distinta del procedimiento administrativo, la de instrucción, pues el artículo 7 del R.D. 429/93 se refiere a los actos de determinación, conocimiento y comprobación de los datos en virtud de los cuales deba pronunciarse la resolución, y ordena que se realicen por el órgano que tramite el procedimiento, de conformidad con el Capítulo III del Título IV de la Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, cuyo artículo 78 ordena que se realicen de oficio por el órgano que tramite el procedimiento, sin perjuicio del derecho de los interesados a proponer aquellas actuaciones que requieran su intervención o constituyan trámites legal o reglamentariamente establecidos (…), lo pertinente era acordar la apertura del período de prueba, según el artículo 80 de la Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común”. Resultando que en cumprimento do ordenado na referida sentenza, que non discute o axustamento a dereito da esixencia de cumprimentación dos requisitos efectuados nos requirimentos de 24 de febreiro de 28 de marzo de 2011, senón o feito de esixilos en outro momento procedimental, en concreto na instrución e proba, con data 30 de marzo de 2012 ditouse Resolución Presidencial núm. 003913, notificada o día 9 de abril de 2012, cuxa parte resolutiva di o seguinte: “Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, en autos de procedemento abreviado núm. 309/2011, promovidos por Reale Seguros Generales, S.A, ordenando a execución da mesma nos seus propios termo ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- En consecuencia, retrotraer as actuacións administrativas ó ditado da resolución impugnada, comunicando á interesada ó amparo do artigo 78 da Lei 30/92 de 26 de novembro, a necesidade de que aporte ó expediente, no pazo de TRINTA DÍAS a contar desde a notificación, a seguinte documentación: - Factura de reparación do automóbil emitida a nome da compañía aseguradora, na que se exprese claramente o pago da mesma. - No seu caso, documento contable que acredite que se lle pagaron os danos ó prexudicado. - Orixinal ou copia debidamente adverada da póliza subscrita co asegurado, debendo estar esta asinada polo tomador do seguro”. Para obrar deste xeito a Deputación apóiase no Fundamento de Dereito Terceiro, parágrafo cuarto da devandita sentenza, que con linguaxe clara deixa dito o seguinte: “… lo pertinente era acordar la apertura del período de prueba según el articulo 80 de la Ley de Régimen Jurídico … para el supuesto de que los interesados no colaboren con los actos de instrucción, pues la sanción del tal pasividad sería, en su caso, la desestimación de la pretensión de fondo, si, una vez practicadas la diligencia de prueba acordadas de oficio, y, en su, las propuestas a instancia de parte cuya admisión resultara pertinente, hubieran quedado improbados los presupuestos fácticos de la reclamación …”. Resultando que a día de hoxe superouse con creces o prazo de trinta días concedido á reclamante para achega da documentación sinalada, sen que se recibira na Asesoría Xurídica a mesma. Considerando que en virtude do disposto no citado artigo 78 e seguintes, para continuar a tramitación do procedemento e posterior adopción de acordo era precisa a achega da documentación requirida da devandita Resolución Presidencial, sinalada anteriormente, sen que a día da data se teña achegada a mesma pola interesada, e que dita pasividade do reclamante supón a non colaboración nos actos de instrución acordados pola Deputación, o que en virtude da Sentenza 67/12 supón a desestimación da pretensión. Considerando o ditado da Sentenza citada do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra,e o disposto nos artigos 106.2 da C.E., 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e o R.d. 429/93. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93 sobre a desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación 12.20143.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 433/2011, PROMOVIDOS POLA MERCANTIL AMBULANCIAS DE PONTEAREAS, S.L. CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 4306 PONTE DO VAL-BARCIADEMERA (T.M. COVELO Dada conta que con data 10 de maio de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza núm. 113/2012, de 25 de abril, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 433/2011 promovidos pola mercantil AMBULANCIAS PONTEAREAS, S.L. contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 4306 Ponte do Val-Barciademera (t.m. Covelo) o día 28 de decembro de 2009, valorados en 3.528,96 €, como consecuencia da existencia dunha árbore na calzada, na que se desestima o recurso por non quedar acreditada a responsabilidade da Deputación accidente, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 13.20144.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 144/2011, PROMOVIDOS POR D. FRANCISCO DE ASÍS RAMÓN SANTAMARÍA CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 3102 TOMIÑO-SABARÍS Dada conta de sentenza núm. 111/2012, de 25 de abril, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, en autos de procedemento ordinario núm. 144/2011, promovidos por D. Francisco de Asís Ramón Santamaría, por lesións en accidente de tráfico na estrada provincial 3102 Tomiño-Sabarís o día 4 de abril de 2010, por caída de bicicleta debido á existencia de valla metálica na calzada e solicitando unha indemnización de 46.479,41 €, na que se desestima o recurso, declarando conforme a dereito o acordo adoptado, por entender que non quedou debidamente acredita a relación de causalidade entre o accidente e as lesións padecidas, sendo levada a defensa da Deputación pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 14.20145.- SENTENZA DO XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE XUIZO RÁPIDO DE TRÁFICO NÚM. 01116/2012 POR DANOS EN SINAL DE TRÁFICO NA GLORIETA DE ENTRADA Ó MOSTEIRO DE LÉREZ Dada conta da sentenza ditada polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de Xuizo Rápido de Tráfico núm. 01116/2012, pola que se condena a D. José Fariña Sanmartín ó pago a esta Deputación de 361,54 €, en concepto de danos en sinal de tráfico existente na glorieta de entrada ó Mosteiro de Lérez, como consecuencia de accidente de tráfico que tivo lugar o día 22 de xaneiro de 2012. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 15.20146.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 472/2011, PROMOVIDOS POR HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA DE SEGUROS E REASEGUROS, S.A. E D. MANUEL ANTONIO SALVADOR CARNEIRO CONTRA O CONCELLO DE PONTEVEDRA E ESTA DEPUTACIÓN, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO EN ZONA PRÓXIMA Ó ESTADIO MUNICIPAL DE PASARÓN Dada conta que con data 24 de maio de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza núm. 123/2012 de 21 de maio anterior, do Xulgado do Contencioso-ministrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 472/2011, promovidos por HELVETIA Compañía Suíza de Seguros e Reaseguros, S.A. e D. Manuel Antonio Salvador Carneiro contra o Concello de Pontevedra e esta Deputación, por danos en accidente de tráfico na zona próxima ó Estadio Municipal de Pasarón, valorados en 1.592,04 €, na que se desestima o recurso, con imposición das custas xudiciais por importe de 300,00 € ós demandantes, sendo levada a defensa desta Deputación pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 16.20147.- SENTENZA DO XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº 5 DE VIGO, DITADA EN AUTOS DE XUIZO DE FALTAS NÚM. 841/12, POR ROTURA DE SINAL DE PEÓNS NA RÚA COUTADA, EN BEADE (VIGO) Dada conta que con data 30 de maio de 2012 notifícase sentenza do Xulgado de Instrución nº 5 de Pontevedra, ditada en autos de Xuízo de Faltas núm. 841/2012, por rotura de sinal de peóns na rúa Coutada, en Beade (Vigo), na que se condena a D. Manuel Caride Pérez e D. Higinio Rodriguez Abalde como autores dunha falta de danos ó aboo dunha multa e da indemnización do valor da reposición do sinal, que ascende a 96,83 €, con imposición das custas xudiciais. A Xunta de Goberno queda enterada da contido favorable da mesma. 17.20148.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 403/2011 PROMOVIDOS POR DNA. MARÍA LUISA LORENZO GOLDAR, CONTRA DESESTIMACIÓN PRESUNTA DE SOLICITUDE DE CONVOCATORIA PARA PROVISIÓN DE PRAZA VACANTE DE TRABALLADORA SOCIAL Dada conta que con data 6 de xuño de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza núm. 126/2012, de 28 de maio anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 403/2011 promovidos por Dna. María Luisa Lorenzo Goldar contra desestimación presunta de solicitude de praza vacante de Traballadora Social, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 18.20149.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 418/2011, PROMOVIDOS POR DNA. ESTEFANÍA CALVIÑO CHARLÍN EN REPRESENTACIÓN DOS SEUS FILLOS MENORES J.D.C. E G.D.C., SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE EN CONCEPTO DE XUSTIPREZO Dada conta que con data 26 de xuño de 2012 notifícase sentenza núm. 153/2012 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 418/2011, promovidos por Dna. Estefanía Calviño Charlín en representación dos seus fillos menores J.D.C. e G.D.C., sobre reclamación de cantidade en concepto de xustiprezo por ocupación de parte de finca con motivo das obras de “Ensanche e acondicionamento da estrada provincial S. Vicente do Mar-O Grove”, por importe de 66.914,05 €, na que se desestima o recurso, declarando axustada a Dereito a actuación desta Deputación Provincial, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 19.20150.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 501/2011, PROMOVIDOS POR D. MANUEL MEIS REY CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN AUTOMÓBIL NA ESTRADA PROVINCIAL 9205 MEAÑO-SANXENXO Dada conta que con data 2 de xullo de 2012 notifícase sentenza núm. 168/2012 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 501/2011, promovidos por D. Manuel Meis Rey contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 9205 Meaño-Sanxenxo o día 13 de marzo de 2009, como consecuencia da existencia dunha rama de árbore de grandes dimensións que ocupaba o carril de circulación, por tarefas de desbroce que estaba levando a cabo a mercantil Gallega de Silvicultura, S.L., danos que foron valorados en 1.111,86 €, na que se desestima o recurso, declarando axustado a Dereito o acordo desestimatorio, con imposición das custas xudiciais ó demandante, por importe de 210,00 €, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 20.20151.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO Nº 509/2011 PROMOVIDOS POR MAPFRE FAMILIAR E D. JUAN CARLOS CURRO GONÇALVES CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN AUTOMÓBIL, NOS QUE É PARTE DEMANDADA O CONCELLO DE CANGAS E CODEMANDADA ESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL Dada conta de sentenza núm. 180/2012, de 3 de xullo de 2012, ditada polo Xulgado do ContenciosoAdministrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado nº 509/11, promovidos por Mapfre Familiar e D. Juan Carlos Curro Gonçalves, nos que é parte demandada o Concello de Cangas e codemandada esta Deputación Provincial, contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en automóbil como consecuencia de traballos de desbroce levados a cabo no Barrio de Cunchido (t.m. Cangas), onde estaba estacionado o citado vehículo, que foron valorados en 714,03 €, na que se desestima o recurso no que respecta a esta Deputación, estimando o mesmo no referido ó Concello de Cangas, que resulta condenado ó pago á demandante da cantidade reclamada, máis á metade das custas xudiciais, sendo levada a defensa desta Deputación pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma para esta Deputación. 21.20152.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 428/2011, PROMOVIDOS POR DNA. JULIA MARIÑO BARREIRO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 6004 PRADO-VILATUXE, COMO CONSECUENCIA DA EXISTENCIA DE PLACA DE XEO NA CALZADA Dada conta que con data 6 de xuño de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza núm. 125/2012, de 28 de maio anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 428/11, promovidos por Dna. Julia Mariño Barreira contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 6004 Prado-Vilatuxe, valorados en 5.932,84 €, como consecuencia da existencia de placa de xeo na calzada, na que se desestima o recurso considerado axustado a dereito o acordo desestimatorio da Xunta de Goberno, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 22.20153.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO 2393/2010 PROMOVIDOS POR DNA. JOSIELI DE FÁTIMA FERREIRA CONTRA DESESTIMACIÓN PRESUNTA DE RECURSO DE REPOSICIÓN FORMULADA CONTRA DENEGACIÓN DE ADMISIÓN EN MÓDULO DO PROGRAMA MOBILIA Dada conta que con data 16 de xullo de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza núm. 184/2012, de 12 de xullo anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 0393/2010, promovidos por Dna. Josieli de Fátima Ferreira contra desestimación presunta de recurso de reposición formulado contra denegación de admisión en módulo do Programa MOBILIA, na que se desestima o recurso declarando que da exclusión do curso non se pode facer responsable á Deputación, sendo levada a defensa pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 23.20154.- SENTENZA DO XULGADO DE 1ª INSTANCIA Nº 7 DE VIGO DITADA AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 271/2010 FORMULADO POR D. JORGE BARREIRO PRIETO SOBRE ACCIÓN DE DESLINDE E DECLARATIVA DE DOMINIO DE FINCA SITA NA PARROQUIA DE BORREIROS (GONDOMAR) Dada conta que con data 4 de maio de 2012, tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 25 de xaneiro anterior, so Xulgado de Primeira Instancia nº 7 de Vigo, recaída no procedemento ordinario núm. 271/2010, promovido por D. Jorge Barreiro Prieto, achegándose acta de audiencia previa celebrada o día 17 de xaneiro de 2011, sobre desistimento formulado respecto desta Deputación por D. Jorge Barreiro Prieto, de acción de deslinde e declarativa de dominio de finca sita en Gondomar, en base ás alegacións da Asesoría Xurídica sobre falta de lexitimación pasiva nos referidos autos. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 24.20155.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO 290/2011 PROMOVIDOS POR ALLIANZ, S.A. CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 0018 XEVE-AMIL-ESPEDREGUEIRA Dada conta que con data 19 de abril de 2012 notifícase sentenza núm. 94/12 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 290/2011, promovidos pola mercantil ALLIANZ, S.A. contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 0018 Xeve-Amil-Espedregueira o día 11 de agosto de 2008, como consecuencia da existencia dunha árbore na calzada, que foron cuantificados en 2.182,30 €. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice á demandante na cantidade reclamada, incrementada cos xuros legais desde a data da reclamación en vía administrativa. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación e visto o informe da Intervención de 26 de abril de 2012, co cálculo de xuros legais que corresponden, ascendendo así a indemnización a 2.421,61 €. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 290/11, promovidos pola mercantil Allianz, S.A. contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 0018 Xeve-Amil-Espedregueira, o día 11 de agosto de 2008, como consecuencia da existencia dunha árbore na calzada, na que se recoñece á demandante a indemnización reclamada, co incremento dos xuros legais desde a data de reclamación en vía administrativa, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor de Allianz, S.A., titular do NIF A280077489, a cantidade de 2.421,61 € (dous mil catrocentos vinteún euros con sesenta e un céntimos), en concepto de execución da referida sentenza. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 927-920-27000 do orzamento, mediante transferencia á conta núm. 0075 0131 31 0190020195 na entidade Banco Popular, segundo certificación bancaria achegada ó expediente. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 114/10), con enderezo en Lariño Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 1.821,61 €, unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00€), mediante ingreso na conta número 2080.5401.57.3110106612 na entidade NovaGalicia Banco. 25.20156.- AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADO EN PEZA SEPARADA DE SUSPENSIÓN/MEDIDAS CAUTELARES NÚM. 116/2012/01, DIMANANTE DO PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 116/2012, PROMOVIDO POR D. BERNARDO RODRIGUEZ PEREIRA SOBRE ADSCRICIÓN PROVISONAL A POSTO DE TRABALLO NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Dada conta que con data 6 de xuño de 2012 tivo entrada nesta Deputación auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditado en peza separada de suspensión/medidas cautelares núm. 116/2012/01, dimanante do procedemento abreviado núm. 116/2012, promovido polo funcionario provincial D. Bernardo Rodríguez Pereira, contra adscrición provisional a posto de traballo na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, polo que se denega a medida cautelar solicitada, atendendo as alegacións presentadas pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 26.20157.- AUTO DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, DENEGANDO A MEDIDA CAUTELAR DE SUSPENSIÓN SOLICITADA POR D. MARCOS MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ NOS AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 60/2012 CONTRA DESESTIMACIÓN PRESUNTA DE RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 21/02/2011 Dada conta do Auto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 27 de xuño de 2012, polo que de se denega a medida cautelar de suspensión solicitada por D. Marcos Martínez Domínguez nos autos de procedemento ordinario núm. 60/2012, contra desestimación presunta do recurso de reposición contra a Oferta de Emprego Público de 21/02/2011. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 27.20158.- DECRETO DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, RECAÍDO EN RECURSO DE APELACIÓN NÚM. 459/2011, PROMOVIDOS POLO COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA CONTRA A SENTENZA DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 216/2010, FAVORABLE Á DEPUTACIÓN Dada conta que con data 8 de marzo de 2012 notifícase Decreto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaído en recurso de apelación núm. 459/2011, promovido polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia contra a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra en autos de procedemento ordinario núm. 216/2010, favorable a esta Deputación, declarando deserto o recurso de apelación por non comparecencia, con imposición de custas xudiciais ó apelante, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación, A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 28.20159.- OFICIO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA COMUNICANDO O ARQUIVO DAS ACTUACIÓNS NOS AUTOS DE RECURSO ORDINARIO NÚM. 484/2010, PROMOVIDOS POR D. ANTONIO CARIDE FERNÁNDEZ CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO, DECLARANDO A FIRMEZA POR TRANSCURSO DO PRAZO DO AUTO DE SUSPENSIÓN DE 14 DE ABRIL DE 2011 Dada conta que con data 19 de marzo de 2012 notifícase Oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra comunicando o arquivo das actuacións nos autos de recurso ordinario núm. 484/2010, promovidos por D. Antonio Caride Fernández contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico, valorados en 19.901,17 €, declarando a firmeza por transcurso do prazo do auto de suspensión de 14 de abril de 2011, completado coa Dilixencia de Ordenación de 15 de setembro de 2011 pola que se acordou o arquivo provisional, ó non solicitar o recorrente a reapertura do recurso. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 29.20160.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADO EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 392/2011 PROMOVIDOS POR DNA. ANA MARÍA FEIJÓO PRADO POR DANOS EN AUTOMÓBIL NA ESTRADA PROVINCIAL 8004 CALDAS-NOALLA, ACEPTANDO O DESISTIMENTO Ó TERSE CHEGADO A UN ACORDO EXTRAXUDICIAL Dada conta que con data 25 de abril de 2012 notifícase Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditado en autos de procedemento abreviado núm. 392/2011, promovidos por Dna. Ana Mª Feijóo Prado por danos en automóbil na estrada provincial 8004 Caldas-Noalla debido á rotura da parabrisas como consecuencia de labores de desbroce na estrada, aceptando o desistimento ó terse chegado a un acordo extraxudicial, valorando ditos danos en 855,77 €. A Xunta de Goberno queda enterada. 30.20161.- AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADO EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 152/2011, PROMOVIDOS POR DNA. Mª DOLORES MON SUTIL E OUTRAS CONTRA VÍA DE FEITO EN RELACIÓN CON OBRAS DE POLIDEPORTIVO NO CONCELLO DE MOS Dada conta que con data 17 de abril de 2012 tivo entrada nesta Deputación auto núm. 63/2012, de 13 de abril, do Xulgado do Çcontencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditado en procedemento abreviado núm. 152/2011 promovido por Dna. Mª Dolores Mon Sutil, Dna. Mª Anunciación Romero Mon e Dna. Dolores Romero Mon, sobre vía de feito consistente na ocupación de parte dunha finca propiedade das demandantes con motivo da realización das obras de pavillón polideportivo en Mos, na que se arquivan as actuacións por terse chegado a un acordo extraxudicial entre o Concello de Mos e as actoras, acreditándose a non responsabilidade da Deputación do expediente, de conformidado co alegado pola Asesoría Xurídica, que levou a defensa nos referidos autos. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 31.20162.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADO EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 103/2012 PROMOVIDOS POR O RODO COOPERATIVA GALEGA SOBRE REPARTO DE AXUDAS ECONÓMICAS ÁS COOPERATIVAS AGRARIAS Dada conta do Decreto de 29 de maio de 2012, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditado en autos de procedemento ordinario núm. 103/2012, promovidos por O RODO SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA sobre reparto de axudas económicas ás cooperativas agrarias, polo que se acepta o desistimento formulado pola actora, ordenando o arquivo das actuacións. A Xunta de Goberno queda enterada. 32.20163.- DECRETO DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA DECLARANDO O ARQUIVO NOS AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO 60/2012, PROMOVIDOS POR D. MARCOS MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ CONTRA DESESTIMACIÓN PRESUNTA DE RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 21/02/2011, POR DESISTIMIENTO DO DEMANDANTE Dada conta do Decreto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 28 de xuño de 2012, declarando o arquivo nos autos de procedemento ordinario 60/2012, promovidos por D. Marcos Martínez Domínguez contra desestimación presunta de recurso de reposición contra a Oferta de Emprego Público de 21/02/2011, por desistimento do demandante. A Xunta de Goberno queda enterada. 33.20164.- RESOLUCIÓN DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL POLA QUE SE DECLARA A CADUCIDADE E ARQUIVO DE ACTUACIÓNS NO EXPEDIENTE SANCIONADOR REF. S/36/0115/10 INCOADO CONTRA ESTA DEPUTACIÓN POR OBRAS NO ARROIO CAMPO REDONDO EN VILACHÁN DO MONTE (T.M. TOMIÑO) Dada conta que con data 4 de abril de 2012 ten entrada nesta Deputación resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, de 29 de marzo anterior, pola que se declara a caducidade e arquivo de actuacións no expediente sancionador referencia S/36/0115/10, incoado contra esta Deputación por obras sen autorización no cauce do Arroio Campo Redondo, en Vilachán do Monte, termo municipal de Tomiño, atendendo así as alegacións presentadas pola Asesoría Xurídica que invocaban a caducidade, por ter transcorrido máis dun ano desde o acordo de inicio do expediente sen que recaese resolución. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da citada resolución. 34.20165.- RESOLUCIÓN DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL POLA QUE SE DECLARA A CADUCIDADE E ARQUIVO DE ACTUACIÓNS NO EXPEDIENTE SANCIONADOR REF. S/36/0116/10 INCOADO CONTRA ESTA DEPUTACIÓN POR OBRAS NO ARROIO DAS MARGARIDAS EN VILACHÁN DO MONTE (T.M. OIA) Dada conta que con data 4 de abril de 2012 ten entrada nesta Deputación resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, de 29 de marzo anterior, pola que se declara a caducidade e arquivo de actuacións no expediente sancionador referencia S/36/0116/10, incoado contra esta Deputación por obras sen autorización no Arroio das Margaridas, en Vilachán do Monte, termo municipal de Oia, atendendo así as alegacións presentadas pola Asesoría Xurídica que invocaban a caducidade, por ter transcorrido máis dun ano desde o acordo de inicio do expediente sen que recaese resolución. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da citada resolución. 35.20166.- RESOLUCIÓN DO SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS EN PONTEVEDRA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS, POLA QUE SE ACORDA O SOBRESEMENTO E ARQUIVO DE DILIXENCIAS NO EXPEDIENTE SANCIONADOR Mº 094/12, INCOADO CONTRA ESTA DEPUTACIÓN POR REALIZACIÓN DE CANALIZACIÓN SEN AUTORIZACIÓN NA ESTRADA PO-255, PONTECALDELAS-PETÁN P.K. 41+200 Dada conta da resolución do Servizo de Infraestruturas en Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, de 2 de xullo de 2012, pola que se acorda o sobresemento e arquivo de dilixencias no expediente sancionador número 094/12, incoado contra esta Deputación por realización de canalización sen autorización na estrada PO-255, Pontecaldelas-Petán p.k. 41+200, no que se propoñía unha multa de 3.005,06 €, acordando o sobresemento e arquivo de dilixencias contra este organismo provincial, á vista das alegacións presentadas pola Asesoría Xurídica o 9 de maio de 2012. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da citada resolución. 36.20167.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 37.20168.- APROBACIÓN DO PROXECTO: REFORZO DE FIRME E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA E.P. 8401 (CONCELLOS DE CUNTIS E A ESTRADA) Examinados os puntos quilométricos 0+000-6+400 da EP 8401 obsérvase un importante envellecemento e alta fisuración do mesmo, ademais de problemas coa impermeabilidade do firme, xa que logo por motivos de seguridade ó ser unha estrada con alta intensidade de tráfico requírese unha actuación na mesma. Xa que logo existe unha necesidade e idoneidade que motiva de xeito suficiente a conveniencia de emprender en beneficio do interese público a execución da obra “Reforzo de firme e mellora da seguridade viaria na estrada EP 8401”, cunha asignación eficaz e eficiente dos recursos públicos. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do Rdl 3/2011, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Publico, de aquí en diante Trlcsp, redáctase o pertinente proxecto, por Ingeniería do Noroeste, S.L. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do Trlcsp. Polo Servizo de Intervención emitiuse o documento RC, número de operación 201200055770, por importe de 889.473,71 euros, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto con cargo á aplicación orzamenteria12/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. Considerando que a disposición adicional segunda do sinalado Rdlei 3/2011 Trlcsp., no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Reforzo de firme e mellora da seguridade viaria na estrada E.P. 8401 (concello de Cuntis e A Estrada)”, co seguinte detalle: Redactor INGENIERIA DEL NOROESTE, S.L. Importe de execución sen IVE 735.102,24 € IVE (21%) 154.371,47 € Total 889.473,71 € Prazo de execución 6 MESES 38.20169.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO DA POTENCIACIÓN DA IMAXE DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS DA COMARCA DO DEZA ENMARCADOS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 80% POLO F.E.D.E.R Por Resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, de data 18 de febreiro de 2011, aprobouse a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano, na cal a Deputación de Pontevedra presentou entre outros o proxecto Depodeza: Dinamización Económica da Comarca do Deza. A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, a través da resolución de 22 de xuño de 2011, resolveu conceder financiamento ó proxecto, achegando a Deputación un 30% e o FEDER un 70%. O 1 de xuño de 2012 a Secretaría de Estado das Administracións Públicas comunica o incremento da taxa de cofinanciación ata un 80% que foi aprobada pola Comisión Europea o 27 de marzo de 2012. A dinamización económica constitúe o obxectivo prioritario que persegue a Deputación de Pontevedra mediante o desenvolvemento deste proxecto. Dita dinamización está orientada á posta en valor dos recursos endóxenos da comarca mediante o desenvolvemento de actuacións que obren, de forma conxunta, sobre aspectos ambientais, sociais e económicos. O obxecto desta contratación é impulsar o sector agroalimentario da Comarca do Deza mediante a potenciación da imaxe dos produtos gastronómicos da Comarca, fundamentalmente mediante a creación dunha imaxe de marca así como a creación dun selo distintivo que garanta a calidade e orixe dos produtos da comarcas e a promoción dos produtos adheridos a devandito selo de calidade. Para esta actuación a Deputación non ten os recursos humanos e técnicos suficientes, sendo necesaria a súa contratación cuxo custo presupostar en 158.400,00 euros sen IVE. Visto o informe do Técnico Achego do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o disposto nos artigos 34.1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do Trlrfl. , de 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da realización dunha serie de accións para a potenciación da imaxe dos produtos gastronómicos da comarca do Deza enmarcado no proxecto Depodeza cofinanciado nun 80% polo FEDER. O orzamento de licitación para a execución deste contrato ascende á cantidade de cento cincuenta e oito mil catrocentos euros, sen IVE (158.400,00 €), mais a cantidade correspondente ó IVE por importe de 28.512,00 €, o que fai un importe total de 186.912,00 euros. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto por importe de 186.912,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12/433.439.64000.2011. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA REALIZACIÓN DUNHA SERIE DE ACCIÓNS PARA A POTENCIACIÓN DE IMAXE DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS DA COMARCA DE DEZA, ENMARCADO NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 80% POLO FEDER 1. INTRODUCIÓN.- O 18 de febreiro de 2011 aprobouse a resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial pola que se aprobou a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co fin de cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano, na cal a Deputación de Pontevedra presentou, entre outros, o proxecto DepoDeza: Dinamización Económica da Comarca de Deza. A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, a través da resolución do 22 de xuño de 2011, resolveu concederlle financiamento ó proxecto, achegando a Deputación un 30% e o FEDER un 70%. O 1 de xuño de 2012 a Secretaría de Estado das Administracións Públicas comunícanos o incremento da taxa de cofinanciamento ata un 80%, que aprobara a Comisión Europea o 27 de marzo de 2012. O prazo de execución do proxecto DepoDeza, así como os pagamentos reais e efectivos realizados con cargo a el, serán ata o 31 de decembro de 2013. A denominación do proxecto DepoDeza: Dinamización Económica da Comarca de Deza, fai referencia co termo “Depo” á Deputación como institución promotora do proxecto e responsable de executar as actuacións. O termo “Deza”, pola súa banda, refírese á comarca de Deza como área xeográfica na que se desenvolverán as actuacións definidas no marco do proxecto, formada polos municipios de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A dinamización económica constitúe o obxectivo prioritario que persegue a Deputación de Pontevedra mediante o desenvolvemento deste proxecto. Está orientada á posta en valor dos recursos endóxenos da comarca mediante o desenvolvemento de actuacións que interveñan, de forma conxunta, sobre aspectos ambientais, sociais e económicos. 2. OBXECTO.- Realizar unha serie de accións encamiñadas a potenciar a imaxe dos produtos gastronómicos da comarca de Deza dentro do proxecto DepoDeza, cofinanciado nun 80% polo FEDER. As accións que se van desenvolver serán as establecidas na cláusula 3 do prego de prescricións técnicas. 3. FINANCIAMENTO.- Realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/433.439.64000.2011 do vixente orzamento provincial. 4. PAGAMENTO.- O pagamento do prezo satisfaráselle ó adxudicatario contra a presentación das correspondentes facturas unha vez presente a súa conformidade esta Deputación. 5. PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O prazo para a execución do contrato será de 1 ano desde a súa firma. 6. TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cento cincuenta e oito mil catrocentos dez euros, sen IVE (158.400,00 €). A cantidade correspondente ó IVE ascende a 28.512,00 €, o que fai un importe total de 186.912,00 €. 7. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 138.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (Trlcsp). 8. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 78 do Trlcsp, e non se atopen incursas en ningunha das prohibicións que contempla o artigo 60 desa norma. Para os efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente nunha unión temporal no caso de que sexan os adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para os efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); esas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e deberán nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos de contía significativa. Esas empresas deberán ter como finalidade realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización cos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 96 do Trlcsp. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlle provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes ó que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade; nese caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ingresarse exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES, DOCUMENTACIÓN.- 10.1. Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9:00 a 13:00 horas (sede de Pontevedra, de luns a sábado; Vigo, de luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día para presentar as proposicións coincidise en festivo o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar mediante calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o 80 do R. d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986 804 126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 10.2. Formalidades Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador CIF Enderezo e teléfono de contacto Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso) Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da realización dunha serie de accións encamiñadas a potenciar a imaxe dos produtos gastronómicos da comarca de Deza, dentro do proxecto DepoDeza cofinanciado nun 80% polo FEDER”. Este sobre deberá conter: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que sexan persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito se esixa segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou o documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que conste, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante un informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/201, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física terá que achegar o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá acompañar o documento que acredite a personalidade deste representante (documento nacional de identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente, que o habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de que concorran á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado 3. Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Publico. Esta declaración incluirá a manifestación de que se atopa ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. Nota importante: esta declaración deberá efectuarse segundo o modelo de declaración que figura na área de descargas da páxina web da Deputación de Pontevedra, dentro dos apartado “Formularios para trámites administrativos (Servizo de Contratación)”. 4. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Solvencia económica: Declaración responsable relativa á cifra de negocios dos traballos realizados pola empresa no últimos tres anos que acredite que en cada un dos tres últimos exercicios deberá ser dunha cantidade igual ou superior ó importe de licitación. Solvencia técnica: a) Relación dos principais servizos ou traballos finalizados nos exercicios 2009, 2010 e 2011 (de conformidade co modelo establecido no anexo I) e que teñan relación con: - Proxectos de oficina técnica de actuacións financiadas con fondos FEDER. - Proxectos de seguimento ou execución de actuacións da convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano durante o período de intervención 2007-2013 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial. - Realización de actuacións cofinanciadas con fondos europeos relacionadas coa potenciación de produtos agroalimentarios, agricultura ecolóxica e sustentable ou redes de desenvolvemento comarcal. Os servizos acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos ou visados polo órgano contratante. O importe total dos contratos xustificados mediante certificados de boa execución correspondentes ós tres últimos exercicios (2009, 2010 e 2011) deberá ser igual ou superior a dúas veces a contía de licitación deste contrato. b) Declaración do equipo técnico destinado á execución do contrato, na que se inclúa o currículo vitae de cada un dos integrantes, xustificando a súa experiencia laboral coa vida laboral de cada un deles (segundo o modelo establecido no anexo II). A experiencia específica nos ámbitos requiridos xustificarase (de conformidade co modelo do anexo III) mediante: - Contratos e certificados de servizos prestados no caso de persoal que traballe directamente para a Administración pública. - Declaración responsable emitida polo responsable legal da empresa, no caso de persoal que traballe en empresas privadas contratadas pola administración. Os equipos de traballo propostos polas empresas licitadoras deben cumprir, como mínimo, a seguinte estrutura e características: - Un director/coordinador de proxecto con: • Titulación superior (Enxeñería, Economía, Empresariais ou ADE) • Experiencia profesional superior a oito anos • Experiencia específica mínima de cinco anos en traballos para a Administración pública como coordinador ou director de proxectos cofinanciados por fondos comunitarios -Un integrante do equipo técnico de traballo con: • Titulación superior en Enxeñería Agrónoma, Economía, Empresariais ou ADE • Experiencia mínima de cinco anos -Un integrante do equipo técnico de traballo con • Titulación superior xurídica con experiencia en : a)Dereito da propiedade intelectual e/ou industrial b) Dereito administrativo • Experiencia mínima de cinco anos En caso de adxudicación do contrato a empresa adxudicataria comprométese a achegar todos os medios técnicos, materiais, económicos e humanos que esixa a posta en marcha do proxecto, sendo da súa responsabilidade obter todos os permisos e autorizacións necesarios para a súa realización de conformidade co alcance recollido neste prego. Sobre “B”: documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: “Documentación técnica para o procedemento aberto para a contratación da realización dunha serie de accións encamiñadas a potenciar a imaxe dos produtos gastronómicos da comarca de Deza, dentro do proxecto DepoDeza cofinanciado nun 80% polo FEDER”. Presentarase pechado e cos seguintes documentos: 1. Índice 2. Aceptación e acatamento dos pregos 3. Introdución: neste apartado comentarase o contexto do proxecto e como os seus obxectivos están encadrados nas prioridades comunitarias, nacionais e rexionais. 4. Solución proposta a) Enfoque global: describirase de forma global a solución proposta polo licitador indicando os aspectos que, a xuízo do licitador, sexan clave para o cumprimento dos obxectivos do proxecto. b) Actividades e tarefas: describiranse de forma detallada a metodoloxía ou metodoloxías propostas para realizar todas as actividades incluídas no alcance. c) Planificación do proxecto: descrición do plan de traballo detallado para desenvolver as tarefas solicitadas no prazo de tempo establecido e coa garantía de calidade requirida. Este plan de traballo deberá detallar as tarefas presentando o seu calendario de execución. d) Entregables: describirase o contido dos entregables que se van xerar ó longo de todo o proxecto. 5. Equipo de traballo a) Estrutura organizativa: onde se propón e describe a estrutura dos equipos de traballo. Ademais dos documentos aquí requiridos coa oferta presentaranse todos os que o licitador considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo, no caso de que non se indique un aspecto determinado, que cumpre cos requisitos mínimos establecidos no prego. A oferta técnica deberá presentarse por escrito e en formato dixital e deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá efectuarse segundo as especificacións establecidas na cláusula 14 do prego de prescricións técnicas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da realización dunha serie de accións encamiñadas a potenciar a imaxe dos produtos gastronómicos da comarca de Deza, dentro do proxecto DepoDeza cofinanciado nun 80% polo FEDER”. Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na clausula final deste prego de condicións, asinado e selado. 11. MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: - Presidente da Corporación Provincial ou o membro no que delegue VOGAIS: - Secretario xeral da Corporación - Interventor da Corporación - Xefa do Servizo de Turismo SECRETARIO: - Técnico adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral que achegaron os licitadores no Sobre “A”. No caso de que sexa preciso corrixir erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para emendar estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10:00 horas do quinto día hábil seguinte ó que finalice o prazo sinalado para presentar as plicas, nun acto público, sinalará as que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre b correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables con fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de Contratos do Sector Público. Esa documentación trasladaráselles ós técnicos que se consideren oportunos, que avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez que se avalíe esta documentación técnica sinalarase no perfil do contratante da Deputación a data e a hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre c da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c das empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para valorar as proposicións e determinar a oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, segundo os seguintes criterios: 13.1.1. Proposta (máximo 30 puntos) Valoraranse neste punto as actuacións propostas para cumprir cos obxectivos do proxecto, atendendo especialmente á súa adecuación ós requisitos dos pregos de prescricións técnicas 13.1.2. Metodoloxía, planificación (máximo 10 puntos) Valoraranse neste punto a metodoloxía exposta para asegurar a correcta execución dos traballos, a planificación global do proxecto, a desagregación en fases, actividades, tarefas e calendarización delas. 13.1.3. Mecanismos de seguimento, control e calidade (máximo 10 puntos) Valorarase neste punto a aplicación dun sistema de calidade e un modelo de seguimento e control das tarefas, así como a súa aplicación práctica ós traballos a realizar de forma completa e específica. 13.2. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Os criterios avaliables mediante formulas valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 13.2.1. Prezo de licitación, ata un máximo de 50 puntos As ofertas que igualen o prezo de licitación valoraranse con 0 puntos. Valorarase de acordo coa seguinte fórmula: A. No caso de que non existan ofertas de importe inferior á baixa desproporcionada as citadas ofertas puntuaranse segundo a seguinte fórmula B. No caso de que existan ofertas de importe inferior á baixa desproporcionada e sexan admitidas, puntuaranse do seguinte modo: 1. As ofertas de importe superior ou igual á baixa desproporcionada 2. As ofertas de importe inferior á baixa desproporcionada Onde: P= puntos asignados ó criterio Ob= orzamento base de licitación Op= orzamento ofertado polo licitador Ol= oferta límite, considerarase, en principio como límite, desproporcionada ou anormal, toda oferta na que a porcentaxe de baixada exceda en máis de 10 unidades porcentuais o orzamento de licitación, e considerarase a súa admisión ou exclusión da licitación conforme ó indicado no artigo 152 do Real decreto lexislativo 3/2011. Om= Oferta mínima admitida 14. REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e, en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e requiriralle á empresa que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa que dentro do prazo de 10 días hábiles , contas desde o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 15. ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De maneira simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 16. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo ese documento o título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Aínda así, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17. PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo Trlcsp ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderán retirala os licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante un escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que se interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Despois dos prazos antes mencionados esta Administración disporá da documentación e quedará exenta de toda responsabilidade. 19. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. 20. RESPONSABILIDADE DE DANOS.- Será por conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que se lles ocasionen a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou polo seu abandono, demora ou deficiente execución. Cando eses danos e perdas fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración será esta a responsable dentro dos límites establecidos na lei. Así mesmo, o contratista responderá civil e, no seu caso, penalmente polos danos causados á Administración contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21. RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 308 do Trlcsp. 22. RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente neste prego de condicións estarase ó disposto, no relativo á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo TRLCSP e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 23. MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido na data.............., actuando en nome propio / ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Despois de decatarse do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ós traballos de recollida de información do patrimonio cultural castrexo da comarca de Deza enmarcado no proxecto DepoDeza, cofinanciado nun 80% polo FEDER, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas de acordo co seguinte detalle: Prezo base_________________ IVE________________________ Prezo total__________________ Pontevedra, de 2012 O PRESIDENTE, O SECRETARIO” 39.20170.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA: REHABILITACIÓN DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE ROMAI (PORTAS) A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 03/02/2012, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “rehabilitación do pavillón de deportes de Romai (Portas)”, con orzamento de 315.549,36 €, máis a cantidade de 56.798,88 € correspondentes ó IVE, o que fai un importe total de 372.348,24 €. No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 28, de data 09/02/2012, publicouse a convocatoria da licitación deste procedemento aberto. Constituíuse a Mesa de Contratación como asistencia ó órgano de contratación, con data 9-3-2012, e procedeuse, a continuación, á cualificación da documentación xeral (sobre A). Neste mesmo órgano, en acto público, celebrado o día 12/03/2012, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura de sóbrelos B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Posteriormente, a Mesa, en sesión celebrada o día 05/07/2012, reúnese co obxecto de dar a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e proceder á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Tras valorar as propostas dos licitadores, atendendo ós criterios de adxudicación sinalados no prego, daqueles que non foron declarados desproporcionadas ou anormais, clasificáronse por orde decrecente en función da puntuación obtida, tal e como se establece a continuación: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L. 34,84 41,16 76,00 COPCISA, S.A. 31,77 41,62 73,39 TERRAUGA PROYECTOS Y OBRAS, S.L. 30,63 42,31 72,94 JESUS MARTINEZ ALVAREZ CONSTRUCCIONES, S.A. 31,69 40,91 72,60 PROYECTA, S.L. 31,06 41,15 72,21 CONTRATAS Y DESARROLLOS URBANOS O5, S.L. 30,08 41,03 71,11 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 33,89 36,81 70,70 OGMIOS PROYECTO, S.L 31,82 38,51 70,33 XESTION AMBIENTAL DE CON-TRATAS, S.L. 31,66 38,31 69,97 OVIGA (OBRAS Y VIALES DE GALICIA, S.L.) 31,27 38,01 69,28 CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L. 30,55 38,57 69,12 MOVEX VIAL, S.L. 30,91 37,65 68,56 GALCONSER, S.L. 31,84 36,69 68,53 NAROM, S.L. 30,22 37,89 68,11 ROYMER OBRA CIVIL, S.L. 30,94 36,87 67,81 ORECO, S.A. 30,36 37,31 67,67 EXTRACO, S.A. 31,61 35,93 67,54 CONSTRUCCIONES GAMALLO, S.L.U. 31,52 35,78 67,30 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 30,19 36,82 67,01 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 32,35 25,35 57,70 CONSTRUCCIONES ALEA, S.L 30,30 25,09 55,39 BESPI CONSTRUCCIONES, S.L. 32,39 19,93 52,32 DICSA 30,87 18,87 49,74 MARCONSA GRUPO EMPRESA-RIAL, S.L. 30,44 13,11 43,55 A empresa OBRAS E CONSTRUCIÓNS SOSTENIBLES, S.L., que obtivo a maior puntuación, atendendo ó requirimento formulado mediante resolución nº 8311/12, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201200055570, de data 17 de xullo de 2012, procedendo, así mesmo, a ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 96,10 € correspondente á publicación da licitación no Bop. Considerando que a disposición adicional segunda do sinalado Rdl 3/2011 Trlcsp, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar á empresa OBRAS E CONSTRUCIÓNS SOSTENIBLES, S.L. (CIF B-36360501) o contrato para a execución da obra “rehablitación do pavillón de deportes de Romai (Portas)”, con arranxo ó seguinte detalle: Importe, sen IVE 246.128,15 € IVE 44.303,13 € Importe total 290.431,28 € Prazo de execución 12 meses Melloras ofertadas 50.381,83 € Porcentaxe de control de calidade 3,25 % Devandito importe librarase no seu día da seguinte forma: ANUALIDADE APLICACIÓN ORZAMENTARIA IMPORTE 2009 12/942.942-652.45.2009 290.431,28 € 40.20171.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN 2-FINAL DA OBRA: RENOVACIÓN RODAMENTO E SINALIZACIÓN NA E.P. 8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA (CALDAS-CATOIRA) Vista a certificación núm. 2-Final relativa á obra “Renovación rodadura e sinalización na EP 8001 Caldas, Carracedo, Catoira, Caldas Catoira”, adxudicada no seu día a empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 12 - 07 - 2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 2-Final EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS, Y VIALES S.A. (CIF. A – 36.008.886 12/456-453-612.02.2011 12/456.453.612.02. 458.956,30€ SUBTOTAL ………. 458.956,30€ Taxa Técnicos Directores (5%) Id. 13.073,82€ Control de calidade (5%) Id. 16.342,27€ Seguridade e saúde (0,50%) Id. 1.634,23€ Total descontos 31.050,32€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……………….. 427.905,98€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 41.20172.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vistos o informe emitido por Intervención, correspondente á certificación que se relaciona posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: -A certificación nº 1-final, da empresa ELSAMEX, S.A. (CIF A-28.504.728) por importe de oito mil novecentos noventa e catro euros con cincuenta e catro céntimos (8.994,54 €), correspondente á obra “Traballos de pintado en oficinas, aseos e peche do campo de fútbol Salvador Otero” (A Illa de Arousa), con arranxo ó seguinte detalle: ELSAMEX, S.A.(CIF A-28.504.728) 8.994,54€ Subtotal 8.994,54€ Taxa dirección de obra (4%) 256,22€ Control de Calidade (1%) 64,05€ Seguridade e Saúde (0,5%) 32,03€ Total descontos 352,30€ Importe líquido a percibir por la empresa 8.642,24€ O pago da certificación realizarase con cargo á conta orzamentaria : 12/942.942.652.45.2011. -As facturas de seguido se relacionan emitidas por EMPARK, APARCAMIENTOS Y SERVICIOS S.A.(CIF. A-78320736). Nº FACTURA PROVEEDOR IMPORTE€ 2400178490 EMPARK 483,43 2400190146 EMPARK 483,43 2400195858 EMPARK 483,43 2400203128 EMPARK 483,43 2400211594 EMPARK 483,43 2400218938 EMPARK 483,43 20110630/00000A EMPARK 15.445,58 20110630/00000B EMPARK 6.132,42 20110630/21113A EMPARK 3.460,99 20110630/21113B EMPARK 588,63 20110630/21114A EMPARK 3.460,99 20110630/21114B EMPARK 588,63 20110630/21115A EMPARK 2.809,03 20110630/21115B EMPARK 477,76 20110630/21151A EMPARK 2.809,03 20110630/21151B EMPARK 477,76 20110630/21152A EMPARK 2.809,03 20110630/21152B EMPARK 477,76 20110630/21600A EMPARK 2.809,03 20110630/21600B EMPARK 477,76 20110630/21601A EMPARK 2.184,76 20110630/21601B EMPARK 371,58 20110630/21602A EMPARK 2.184,76 20110630/21602B EMPARK 371,58 20110630/21603A EMPARK 2.184,76 20110630/21603B EMPARK 371,58 20110630/21604A EMPARK 2.184,76 20110630/21604B EMPARK 371,58 20110630/21605A EMPARK 1.894,00 20110630/21605B EMPARK 371,58 20110630/21606A EMPARK 2.184,76 20110630/21606B EMPARK 371,58 20110630/21607A EMPARK 1894,00 20110630/21607B EMPARK 371,58 20110630/21608B EMPARK 371,58 20110630/21609A EMPARK 2.184,76 20110630/21609B EMPARK 371,58 20110630/21610A EMPARK 1894,00 20110630/21610B EMPARK 371,58 20110630/21611A EMPARK 1894,00 20110630/21611B EMPARK 371,58 20110630/21608ª EMPARK 1894,00 TOTAL 72.390,92 O pago das facturas realizarase con cargo a aplicación orzamentaria: 12/928.920.202.00 -As facturas que de seguido se relacionan emitidas por PESQUERA Y ULARGUI ARQUITECTOS S.L.P. (B-82373770), en concepto de redacción do proxecto básico e de execución de varias obras: N. Factura Data Obra Importe€ 9/2011 12/05/2011 Modificado nº 4 de ampliación y rehabilitación Museo de Pontevedra. Rehablitación edificio Sarmiento D03/0776 100.752,21 € 21/2011 03/10/2011 Restaurante. Ampliación Museo de Pontevedra D11/0139 7.779,15 € TOTAL 108.531,36 € O pago das facturas realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/457.333.622.01(Rc nº 201200055981 e nº 201200055982). 42.20173.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, A Secretaria Acctal.,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición