Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2012-10-31_Ordinaria. Acta de sesión 2012/10/31_Ordinaria
Acta de sesión 2012/10/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.673/1.2012-10-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/10/31_Ordinaria
Data(s) 2012-10-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día trinta e un de outubro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Arturo Grandal Vaqueiro. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20353.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 26 de outubro do ano 2012. 2.20354.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. Á empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. (CIF B- 36.329.910), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil cento oitenta e dous euros con oitenta e nove céntimos (3.182,89 €), para responder do contrato relativo a obra: Rede de saneamento e estación de bombeo de augas residuais en Fontefaxilde (Vilagarcía de Arousa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000078718, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Cachada, S.L. Á empresa Consfrucciones Cachada, S.L. (CIF B- 36.389.963), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Sabadell, por importe de tres mil trescentos vinte e un euros con noventa céntimos (3.321,90 €), para responder do contrato relativo a obra: Adaptación planta baixa en local social (Vilanova Moreira) (Ponteareas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100037807, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. Á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF B- 36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de nove mil cento nove euros con corenta e cinco céntimos (9.109,45 €), para responder do contrato relativo a obra: Urbanización e reforma da rúa Jesús Sánchez (Cuntis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000086374, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Suso Fernández, S.L. Á empresa Suso Fernández, S.L. (CIF B- 32.283.624), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de vinte e un mil seiscentos cincuenta euros con oitenta e catro céntimos (21.650,84 €), para responder do contrato relativo a obra: Pavillón polideportivo en Beluso (Bueu), que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/09/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600077475, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á UTE Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. Obras y Construcciones Sisán, S.L. Á UTE Construcciones Fernández Sarmiento, S.A.- Obras y Contrucciones Sisán, S.L. (CIF G- 36.467.439), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil douscentos noventa e oito euros con dezanove céntimos (1.298,19 €), para responder do contrato relativo a obra: Reinversión da baixa do campo de fútbol de céspede artificial de Vilariño (Nigrán), que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/11/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400080808, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Oresa, S.L. Á empresa Oresa, S.L. (CIF B- 36.494.185), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de trece mil cincocentos setenta e nove euros con setenta e dous céntimos (13.579,72 €), para responder do contrato relativo a obra: Humanización rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol (Sanxenxo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000052478, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. Á empresa Narom, S.L. (CIF B- 36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de seis mil seiscentos corenta e catro euros con dez céntimos (6.644,10 €), para responder do contrato relativo a obra: Construción local social de Filgueira (Lalín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100001189, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Belypa Construcciones, S.L. Á empresa Belypa Construcciones, S.L. (CIF B- 36.324.234), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de tres mil novecentos sesenta e tres euros con sesenta e tres céntimos (3.963,63 €), para responder do contrato relativo a obra: Melloras no campo de fútbol de Guillarei (Tui), que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000048815, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Uqui Cebra, S.L. A empresa Uqui Cebra, S.L. (CIF B- 15.924.624), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil catrocentos trinta e dous euros con cincuenta céntimos (1.432,50 €), para responder do contrato relativo a: Servizo de edición do libro “Rías Baixas Territorio Gastronómico”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100023860. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Ekipo, S.C.L. A empresa Ekipo, S.C.L. (CIF F- 36.620.474), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil catrocentos cincuenta e tres euros con oitenta e oito céntimos (4.453,88 €), para responder do contrato relativo a: Subministración de mobiliario para a sede da Deputación de Vigo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/04/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800037413, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cento vinte e cinco euros (1.125,00 €), para responder do contrato relativo a: Subministración de mobiliario para a oficina de información do edificio anexo do antigo reitorado de Vigo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/02/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700009532, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.- Devolución de garantías definitivas á empresa Zardoya Otis, S.A. Á empresa Zardoya Otis, S.A. (CIF A- 28.011.153), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil setecentos setenta euros (1.770,00 €), para responder do contrato relativo a: Subministración e instalación dun ascensor para o edificio da antiga sede de educación, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000064115. 3.20355.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 2º SEMESTRE DO ANO 2012 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento CIF: G-3600036B, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 637.535,11 €, para os gastos de funcionamento do 2º semestre do ano 2012, e á vista do informe de intervención de data 25 de outubro de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 637.535,11 €, para o 2º semestre do ano 2012, ó Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 637.535,11 € con cargo á aplicación orzamentaria 2012.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201200083815. 4.20356.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE REDONDELA PARA LEVAR A CABO O INVESTIMENTO “INFRAESTRUTURA BÁSICA NECESARIA PARA A POSTERIOR INSTALACIÓN DE HERBA SINTÉTICA NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SANTA MARIÑA, EN REDONDELA” Dada conta do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela para levar a cabo o investimento “Infraestrutura básica necesaria para a posterior instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña (Redondela)”, e cuxo custo, segundo se desprende do proxecto técnico achegado, ascende a douscentos trinta e nove mil novecentos setenta e nove euros con sesenta e catro céntimos(239.979,64€). Vistos os informes do Servizo de Infraestruturas, de Secretaría Xeral e da Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela para levar a cabo o investimento “Infraestrutura básica nexcesaria para a posterior instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña (Redondela”, cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE REDONDELA, PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DO PROXECTO DE INFRAESTRUCTURA BÁSICA NECESARIA PARA A POSTERIOR INSTALACIÓN DE HERBA SINTÉTICA NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SANTA MARIÑA En Pontevedra, a …………. de outubro de 2012 REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra o D. Javier Bas Corrugeira, Alcalde-Presidente do Concello de Redondela, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con Concellos, Entidades, Asociacións e Clubs da provincia na construcción de instalacións deportivas. II.- Que o Concello de Redondela é titular das instalacións deportivas de Santa Mariña que presentan unha serie de deficiencias que impiden a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto no terreo de xogo como nos elementos complementarios. Todas estas actuacións supoñen unha inversión importante, que nestes momentos o Concello de Redondela non pode abordar por si só, de aí que necesite a cooperación doutras Administracións, propoñendo a celebración dun convenio coa Deputación de Pontevedra para proceder á remodelación de estas instalacións deportivas, dotándoas da instalación de herba sintética. O concello dispón dunha partida de 299.939,12 € para a adquisición de herba sintética, mediante unha subvención concedida a través dos fondos europeos, tendo aberto xa o proceso de contratación correspondente para a súa adquisición, pero non dispón de medios económicos para levar a cabo as obras de infraestrutura básica para a súa instalación que se cifran en 240.000,00 €. De aí que solicite a axuda da Institución Provincial. III.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. IV.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. V.- En base a estes antecedentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O obxecto do presente convenio é articular as bases de colaboración entre a Deputación provincial e o Concello de Redondela, para levar a cabo as obras do proxecto de “Infraestrutura básica necesaria para a posterior instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña”. Segunda.- Orzamento. O importe destas actuacións ascende a contía de 239.979,64 €, que comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os da dirección de obra e de seguridade e saúde. Terceira.- Financiamento. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra por un importe de 239.979,64 €. A Deputación financia esta achega con cargo á aplicación 12/942.942.652.09 “Investimentos xestionados en cooperación cos concellos” do vixente orzamento provincial. Cuarta.- Licitación e dirección das obras. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Quinta.- Obrigas do concello. O Concello de Redondela obrígase a: 1.- Poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. 2.- Obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3.- Levar a cabo ó mantemento da infraestrutura deportiva obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. 4.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo podan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días o ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 5.- Dará a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura levouse a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sexta.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Sétima.- Vixencia do convenio O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2014. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes en caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Oitava.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Novena.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvención, RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo RDL 2/2004, do 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data salientada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Redondela Rafael Louzán Abal Javier Bas Corrugeira” 2. Facultar ó presidente para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 5.20357.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20358.- APROBACIÓN DAS CONTÍAS A SUBVENCIONAR PARA CADA UN DOS CONCELLOS QUE ASINARÁN O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A TRAVÉS DOS SERVIZOS SOCIAIS E PROMOCIÓN DE EMPREGO, E OS CONCELLOS DA PROVINCIA CON MENOS DE 20.000 HABITANTES, PARA A COORDINACIÓN DO COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (2º GRUPO) Visto o Convenio de Colaboración aprobado na Xunta de Goberno do 10 de agosto de 2012 cuxo obxectivo é establecer as bases da colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e os Servizos Sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes, a Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a transferirlles ás corporacións locais titulares dos servizos sociais comunitarios as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos seguintes gastos, tendo en conta os seguintes apartados do Convenio: a) Módulo dos gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica, polas corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia máxima as contías concedidas no exercicio 2010, o importe total deste módulo ascende como máximo a 1.193.578,83 €. b) Módulo dos gastos derivados da contratación de persoal dos equipos con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do traballador social de referencia polas corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia máxima os que foron financiados con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado no exercicio 2011. c) Módulo dos gastos derivados da retribución do persoal dos centros de Servizos Sociais comunitarios específicos das corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia máxima, os que foron financiados con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado no exercicio 2011. O importe total do módulo “b” e “c”, ascende a 1.053.925,88 €. Visto que no mesmo convenio aprobado a Deputación de Pontevedra procederá ó pagamento das contías fixadas para cada módulo, aportando o 50 % da contía total á firma deste convenio, o 25 % da contía total, á xustificación da primeira achega e o 25 % da contía total á xustificación final do convenio. Visto que segundo o artigo 50, punto 2, do Decreto 99/2012 polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, os Concellos deberán unha achega económica mínima do 20% do orzamento total da suma dos módulos subvencionados no presente convenio, e deberán consignar nos seus orzamentos os créditos necesarios para o financiamento dos servizos sociais comunitarios da súa competencia, segundo o artigo 54 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os doce convenios tipo para a cofinanciación dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais entre a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes, de acordo co esixido polo Decreto 99/2012, de 16 de marzo e conceder, nesta segundo quenda, unha subvención para un total de 12 Concellos da provincia, os cales se relacionan no anexo adxunto, facendo un total da contía a subvencionar de 489.896,48 €. E tal que como se establece no convenio colaboración aprobado a Deputación de Pontevedra procederá ó pagamento das contías fixadas para cada módulo, achegando o 50% da contía total á sinatura deste convenio, o 25 % da contía total, á xustificación da primeira achega e o 25 % da contía total á xustificación final do convenio. Terceiro DNI/CIF Orzamento Importe solicitado Importe proposto Concello de Arbo P3600100F 103.371,68 € 44.550,86 € 44.550,86 € Concello de A Cañiza P3600900I 69.583,20 € 29.893,87 € 29.893,87 € Concello de Cerdedo P3601100E 29.394,68 € 17.961,36 € 17.961,36 € Concello de Forcarei P3601800J 66.494,96 € 46.669,97 € 46.669,97 € Concello de A Lama P3602500E 39.433,37 € 29.786,42 € 29.786,42 € Concello de Mondariz Balneario P3603100C 12.524,00 € 9.176,20 € 9.176,20 € Concello de Mos P3603300I 135.510,21 € 65.850,55 € 65.850,55 € Concello de Portas P3604000D 51.212,00 € 29.806,30 € 29.806,30 € Concello de Rodeiro P3604700I 54.315,36 € 22.832,12 € 22.832,12 € Concello de O Rosal P3604800G 64.482,21 € 27.847,09 € 27.847,09 € Concello de Sanxenxo (O.A. Terra de Sanxenxo) P3605100A 70.321,82 € 43.708,08 € 43.708,08 € Concello de Valga P3605600J 156.377,43 € 121.813,66 € 121.813,66 € TOTAIS 696.643,49 € 489.896,48 € 489.896,48 € 7.20359.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN ANTONIO DA ESTACIÓN (ARBO), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “BIBLIOTECA-VIDOTECA MOBLE”, INCLUÍDA NO PAC. ANUALIDADE 2011 CO NÚMERO 423 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga solicitada pola Asociación de Veciños San Antonio da Estación (Arbo) para xustificar a obra incluida no PAC/2011, co núm. 423, denominada “Biblioteca – Videoteca Moble”, subvencionada con 1.500,00 €. O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2013, co carácter improrrogable. 8.20360.- DAR CONTA DAS ACTAS DO XURADO DO XII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” De conformidade co disposto na base 10ª das que rexeron o XII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, que tivo lugar os días 27 e 28 de outubro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa e despois das reunións mantidas polo Xurado Cualificador, a Xunta de Goberno queda enterada das actas do mesmo, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e que se achegarán con cargo á aplicación 12/330.334.481.06: SECCIÓN TERCEIRA 225 Diploma de participación Ateneo Musical de Bembrive 249 Diploma de participación Banda de Música da Vertula 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra por valor de 900 € á agrupación: Banda de Música de Vilatuxe, con 253 puntos 2º Premio, dotado con 1.100 € á agrupación: Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, con 255 puntos 1º Premio, dotado con 2.400 € á agrupación: Banda de Música do Municipio de Arbo, con 293 puntos SECCIÓN SEGUNDA 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra dotado con 1.050 € á agrupación: Banda de Música Airiños do Morrazo, con 203 puntos 2º Premio, dotado con 1.300 € á agrupación: Agrupación Musical de Goián, con 229 puntos 1º Premio, dotado con 2.900 € á agrupación: Banda de Música Xuvenil de Torroso, con 292 puntos SECCIÓN PRIMEIRA 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra dotado con 1.200 € á agrupación: Agrupación Musical de Vincios, con 214 puntos 2º Premio, dotado con 1.700 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Valga, con 250 puntos 1º Premio, dotado con 3.400 € á agrupación: Banda de Música de Vilagarcía, con 286 puntos SECCIÓN ESPECIAL 3º Premio e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra dotado con 1.500 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, con 225 puntos 2º Premio, dotado con 2.000 € á agrupación: Banda Unión Musical de Meaño, con 286 puntos 1º Premio, dotado con 4.100 € á agrupación: Unión Musical de Valladares, con 287 puntos 9.20361.- INFORME EN RELACIÓN COA DECISIÓN DE AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO HELIPORTO DO NOVO HOSPITAL DE VIGO (PONTEVEDRA), QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL E MEDIO NATURAL DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, de data 1 de outubro de 2012, recibida nesta Deputación o día 5 de outubro de 2012 (Rex. de entrada núm. 29101), remitindo decisión de avaliación de impacto ambiental do Proxecto Heliporto do novo Hospital de Vigo (Pontevedra), ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 17 de outubro de 2012, no que manifesta: “El presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Actuaciones propuestas 3. Alternativas propuestas 4. Análisis ambiental. 5. Medidas Correctoras y de vigilancia 6. Conclusión. 1. Antecedentes La sanidad gallega ha decidido realizar un nuevo hospital en Vigo con el objetivo de prestar atención sanitaria a toda la población del Área Sur de la provincia de Pontevedra. Este hospital, denominado Nuevo Hospital de Vigo, tiene en su cubierta una plataforma en la que se pretende ubicar un helipuerto para su uso exclusivo en caso de emergencias. La cubierta ya se ha ejecutado, por lo que ni ésta ni sus accesos forman parte del presente proyecto. 2. Actuaciones propuestas El presente documento tiene por objeto la solicitud del establecimiento de un helipuerto en la cubierta ya ejecutada del edificio del Nuevo Hospital de Vigo (Pontevedra) para su uso exclusivo en caso de emergencia. 3. Alternativas propuestas Alternativa 1- Superficie • Posibilidad de tener una zona de seguridad sólida. • Trasvase del enfermo más lento. • Servidumbres vulneradas por obstáculos. Alternativa 2 - Elevado • Trasvase del enfermo más rápido. • Servidumbres libres de obstáculos. • Zona de seguridad no sólida. Se opta por la alternativa 2, por considerarse más segura. 4. Análisis ambiental Acciones: • Determinar Fines del Proyecto o Impacto positivo en: Aceptabilidad social Helipuerto Sanitario y asistencia • Ubicación del Helipuerto o Impacto Positivo: Salud y seguridad Aceptabilidad social Helipuerto Sanitario y asistencial o Impacto Moderado: Incidencia visual • Pintura de Firmes o Impacto Moderado: Contaminación del suelo • Caseta de obra o Impacto Moderado: Paisaje • Ruido o Impacto Severo: Confort Sonoro • Vertidos líquidos o Impacto Moderado: Contaminación del suelo • Emisiones de gases o Impacto Severo: Contaminación del aire • Trabajos de mantenimiento o Impacto Moderado: Contaminación del aire Confort Sonoro Energía La valoración cualitativa de los posibles impactos detecta que los de mayor importancia e incidencia son los de emisión de gases y generación de ruidos. Pero dada la pequeña cantidad de operaciones que se esperan llevar a cabo, la valoración cuantitativa será baja. Por todo ello se considera que se puede suponer que el proyecto será de un impacto ambiental compatible. 5. Medidas Correctoras y de vigilancia Inspección y eventual limpieza de canaletas y arquetas o Comienzo de temporada contraincendios Inspección y eventual limpieza de la superficie del helipuerto o Mensual Inspección y eventual reparación de fugas del sistema de extinción de incendios o Comienzo de temporada contraincendios Inspección y eventual limpieza de arqueta separadora de hidrocarburos o Comienzo de temporada contraincendios Vaciado de arqueta separadora de hidrocarburos o En todos los casos en que haya habido derrame de combustible 6. Conclusión Vistos los muchos beneficios, y los pocos inconvenientes que la ubicación de este Helipuerto en el Nuevo Hospital de Vigo tendrá, no vemos objeción ninguna en la puesta en marcha del mismo. Con todo, el proyecto deberá ser sometido a Evaluación de Impacto Ambiental si la Consellería de Medio Ambiente lo considerase oportuno antes de ser tramitadas las autorizaciones correspondientes.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. 10.20362.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 31 de outubro de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201200001398 e que contén seis facturas, sendo a primeira de Grupo R E Video, S.L., por importe de 968,00 € e a derradeira de Grupo R E Video, S.L., por importe 968,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 5.808,00 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 5.808,00 € 11.20363.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS a) Con data 15 de outubro de 2012 e con número de rexistro de entrada nº 029980, Dna. Concepción López Paz, en calidade de Xefa do Servizo de Medio Natural desta Deputación Provincial, expón que o Proxecto LIFE Viñas Atlánticas foi galardoado co premio “ Territorio e Marketing”, e a recolleita de premios será o vindeiro xoves 18 de outubro de 2012 no Palau de Congresos de Catalunya (Barcelona). Ante a imposibilidade de asistir a Xefa do Servizo, propón que no seu lugar asista, en nome da Deputación de Pontevedra, a Técnica do Proxecto, Dna. Cristina Gómez Sousa. Por todo iso, solicitou permiso para que Dna. Cristina Gómez Sousa puidera asistir á recolleita do Premio que se celebrou en Barcelona o xoves 18 de outubro de 2012, así como a axuda económica correspondente. A solicitude é informada favorablemente pola Xefa do Servizo de Medio Natural e conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Polo exposto e de conformidade co establecido no I Convenio Colectivo para Persoal Laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e o Real Decreto 462/2002 de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder a Dna. Cristina Gómez Sousa licenza para asistir así como unha axuda económica por importe 395,31 € en concepto desprazamentos e dietas: Desprazamento: (Saída día 18/10/2012 antes das 8:30 h. e regreso o mesmo día logo das 22:30 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Vehículo propio: Pontevedra – Aeroporto de Santiago - Pontevedra (75 km x 2) x 0,19 € 28,50 € 12/410.179.231.20 Avión: (Santiago – Barcelona - Santiago) 244,11 € 12/410.179.231.20 Peaxe (Pontevedra-Santiago-Pontevedra) 10,30 € 12/410.179.231.20 Aparcamento aeroporto: 15,00 € 12/410.179.231.20 Desprazamentos: Aeroporto Barcelona - Palau de Congressos -Aeroporto Barcelona 60,00 € 12/410.179.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 357,91 € 12/410.179.231.20 Dietas: (Saída día 18/10/2012 antes das 8:30 h. e regreso o mesmo día despois das 22:30 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA 100 % Manutención: Día 18/10/2012 (Grupo II) 37,40 € 12/410.179.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 37,40 € 12/410.179.230.20 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado a viaxe, para que se aboe a axuda económica proposta, a interesada deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación de devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. b) Mediante escrito de data 19 de outubro de 2012, número de rexistro de entrada 030548, Dª. Mª del Carmen Crespo Blanco, Xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Deputación Provincial de Pontevedra, expón que o día 25 de outubro de 2012 celebrase en Vigo unha Xornada técnica denominada “Medicina no traballo: un reto ou unha realidade”. Solicita autorización para poder asistir a dita Xornada, así como unha axuda económica en concepto de gastos de dietas e desprazamentos. A solicitude foi informada favorablemente pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. De acordo con todo o exposto, ó amparo do establecido nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008, 9.14880 de 09 de marzo de 2007 e 12.19459 de 9 de setembro de 2011, e R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, e artigo 67 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder o permiso solicitado así como unha axuda económica que ascende a un total de de 56,31 € desagregados en: LOCOMOCIÓN: aplicación orzamentaria: 929.920.231.20 Gastos de desplazamiento en vehículo particular: 0,19 *56 km 10,64 € Gastos de Peaje Autopista: 7,00 € Parking: 12,00 € TOTAL 29,64 € DIETAS: aplicación orzamentaria: 929.920.230.20 ½ Manutención (Grupo I) 26,67 € TOTAL 26,67 € Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado a viaxe, para que se aboe a axuda económica proposta, a interesada deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación de devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 12.20364.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta e cinco do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota