ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/11/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.673/1.2012-11-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/11/23_Ordinaria

  • Data(s) 2012-11-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e tres de novembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, se ben previamente adoptándose o seguinte acordo: Hoxe, 23 de novembro de 2012, na súa primeira xuntanza, tralo pasamento do quén fora membro da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, o Deputado provincial D. Jorge Domínguez Rosal, os membros deste órgano directivo da Institución Provincial, acordamos: Manifestar a nosa condolencia e respecto por D. Jorge Domínguez Rosal, entrañable amigo, incansable traballador e leal colaborador deste equipo de goberno, e transmitir o noso sincero e sentido pésame a súa familia. Destacar o carácter exemplar dunha persoa, D. Jorge Domínguez Rosal, tanto no plano persoal como no aspecto político. Home conciliador, cordial, correcto, infatigable en todos os aspectos. Tal e así que, a pesares da grave enfermidade que padecía, seguiu traballando ata o derradeiro momento por defender os intereses xerais do seu pobo, seguindo a liña á que dedicou boa parte da súa vida -traballar a favor dos demais-, dende unha postura de honestidade, tolerancia e eficacia no servizo. Foi un home dedicado por enteiro á vida pública, sen descoidar por iso a súa vida privada. De aí, o noso máis sincero recoñecemento a esta traxectoria que serviu de exemplo para todos nós. Por todo iso, propoñemos que, para perpetuar a súa memoria e o seu exemplo entre os seus conveciños e a cidadanía en xeral, o Pleno da Deputación recoñeza dalgún xeito a figura de que foi un alcalde emblemático, valorado e respectado por todos, e un Deputado sempre construtivo á hora de buscar solución ós problemas dos cidadáns. 1.20395.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrado da acta da sesión ordinaria do día 16 de novembro ano 2012. 2.20396.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “REFORZO DE FIRME E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E.P.8401 (CONCELLOS DE CUNTIS E A ESTRADA) A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 27/07/2012, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Reforzo de firme e mellora da seguridade viaria na E.P. 8401 (Concellos de Cuntis e A Estrada)”, cun orzamento de 735.102,24 €, máis a cantidade de 154.371,47 € correspondentes ó IVE. O 14/09/2012 constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación da referida obra, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. O 18/09/2012, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. O 25/10/2012, a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións relativo á documentación técnica presentada polos licitadores, fixo pública a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. A Mesa de Contratación á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, acorda requirir á empresa Marconsa Grupo Empresarial, S.L., toda vez, que aínda que obtén a máxima puntuación, incorre en baixa temeraria, para que no prazo improrrogable de cinco días hábiles xustifique a oferta e precise as condicións da mesma. Unha vez recibida a xustificación da oferta formulada por Marconsa Grupo Empresarial, S.L. no relativo ós valores anormais contidos na mesma, o director de Infraestruturas informa, con data 13/11/12, que a proposta de dita empresa non xustifica nin realiza explicación algunha no relativo ó capítulo de firmes, polo que considera que non pode tomarse en consideración dita xustificación propoñendo a adxudicación á empresa que alcanzou a segunda puntuación. Tras valorar as propostas dos licitadores, atendendo ós criterios de adxudicación sinalados no prego, daquelas que non foron declarados desproporcionados ou anormais, a proposta economicamente máis vantaxosa é a presentada pola empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (CIF A-36008886). Esta empresa atendendo ó requirimento formulado mediante resolución nº 14295/12, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 30.844,89 €, segundo acredita mediante carta de pago nº 201200090230, de data 19/11/12, procedendo, así mesmo, a ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 99,20 € correspondente á publicación da licitación no BOP. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 Trlcsp, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (CIF A-36008886) o contrato para a execución da obra “Reforzo de firme e mellora da seguridade viaria na E.P. 8401 (Concellos de Cuntis e A Estrada)”, con arranxo ó seguinte detalle: Importe, sen IVE 616.897,80 € IVE 129.548,54 € Importe total 746.446,34 € Prazo de execución Tres meses Melloras ofertadas 102.821,61 € Porcentaxe de control de calidade 3,00 % Dito importe librarase no seu día da seguinte forma: ANUALIDADE APLICACIÓN IMPORTE 2012 12/456.453-612.02 746.446,34 € 3.20397.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS 29/2012 A Xefa de Servizo de Recursos Humanos e Formación, mediante escrito de data 15 de novembro de 2012, manifesta a necesidade de incrementar o crédito en diferentes aplicacións orzamentarias co fin de poder afrontar o pago de nóminas dos meses de novembro e decembro con cargo ó orzamento de 2012. Para iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos nas aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes: Aplicacións que minoran crédito Importe Aplicacións que incrementan crédito 12/232-232-120.01 10.000,00 € 12/332-330-120.01 12/232-232-120.01 8.700,00 € 12/332-330-120.09 12/232-232-120.01 16.000,00 € 12/332-330-121.00 12/232-232-120.01 1.600,00 € 12/332-330-150.04 12/456-450-120.01 3.000,00 € 12/457-450-120.01 12/456-450-120.01 2.000,00 € 12/457-450-121.01 12/456-450-120.01 1.000,00 € 12/457-450-150.04 SUMA 42.300,00 € Visto o informe de Intervención, de data 16 de novembro de 2012, no que se deixa constancia de que a proposta que efectúa a responsable do centro xestor cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable e razóase suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas. Visto, así mesmo, que nas aplicacións orzamentarias cuxos créditos se minoran, respectivamente, en 36.300,00 € e 6.000,00 €, se expediron os correspondentes documentos Rc, con números de operación 201200090207 e 201200090208, e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito de persoal pertencente a distintos centros xestores (Base 10ª apdo. 3.d). A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª apartado 3.d correspondente á execución do vixente orzamento provincial, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 29/2012 por importe total de 42.300,00 €, incoado pola Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, minorando créditos nos importes e nas aplicacións orzamentarias que se indican e incrementando crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que se detallan a continuación: APLICACIÓNS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/232-232-120.01 SOLDO (CIDADE INFANTIL PRINCIPE FELIPE) 36.300,00 € 12/456-450-120.01 SOLDO (INFRAESTRUTURAS) 6.000,00 € TOTAL 42.300,00 € APLICACIÓNS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/332-330-120.01 SOLDO (P. DOC. E BIBLIOGRAFICO) 10.000,00 € 12/332-330-120.09 PAGAS EXTRAORD. (P. DOC. E BIBLIOGRAFICO) 8.700,00 € 12/332-330-121.00 COMPL. DESTINO (P. DOC. E BIBLIOGRAFICO) 16.000,00 € 12/332-330-150.04 PRODUTIV.COMP. (P. DOC. E BIBLIOGRAFICO) 1.600,00 € 12/457-450-120.01 SOLDO (ARQUITECTURA) 3.000,00 € 12/457-450-121.01 COMPL. ESPECIFICO (ARQUITECTURA) 2.000,00 € 12/457-450-150.04 PRODUTIV.COMP.(ARQUITECTURA) 1.000,00 € TOTAL 42.300,00 € 4.20398.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1. Devolución de garantías definitivas á empresa Belypa Construcciones, S.L. Á empresa Belypa Construcciones, S.L. (CIF B36324234), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dez mil seiscentos noventa e sete euros con sesenta céntimos (10.697,60 €), para responder do contrato relativo a obra: Reforma e ampliación centro sociocultural escola de música de Vincios (Gondomar), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000106789, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2. Devolución de garantías definitivas á empresa Marco Obras e Proyectos de Arosa, S.L. Á empresa Marco Obras e Proyectos de Arosa, S.L. (CIF B36329910), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de sete mil oitocentos corenta euros con sesenta e seis céntimos (7.840,66 €), para responder do contrato relativo a obra: Abastecemento en o Piñeiriño, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/10, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000094547, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. - COVSA. Á empresa Construcións, Obras e Viais S.A. COVSA (NIF A36008886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de dez mil cento corenta e oito euros con quince céntimos (10.148,15 €), para responder do contrato relativo a obra: Mellora seguridade vial EP 8004 Caldas-Vilanova, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/10/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900083097, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Alfredo Vidal, S.L. Á empresa Construcciones Alfredo Vidal S.L. (NIF B36168755), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de cinco mil seiscentos trece euros con cincuenta e seis céntimos (5.613,56 €), para responder do contrato relativo a obra: Urbanización área recreativa de moscoso e construción de piscina en pazos de Borben, que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100026966, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5. Devolución de garantías definitivas á Construcciones Vale, S.L. Á empresa Construcciones Vale, S.L. (NIF B36024933), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dos mil catrocentos setenta e cinco euros con oitenta céntimos (2.475,80 €), para responder do contrato relativo a obra: Saneamento no barrio da iglesia de S. Cristobal de Mourentan, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/06/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100049655, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6. Devolución de garantías definitivas á empresa Movex Vial SL Á empresa Movex Vial SL (NIF B- 36684157), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de tres mil novecentos cincuenta euros (3.950,00 €), para responder do contrato relativo a obra: Humanización da praza da música (Ponteareas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100031653, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7. Devolución de garantías definitivas á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés S.L. Á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés S.L. (CIF B- 36417533), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de sete mil trescentos nove euros con corenta e un céntimos (7.309,41€), para responder do contrato relativo a obra: Alumeado en Burgans e Sineiro (Vilariño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100028971, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal S.A. Á empresa Construcciones Abal S.A. (CIF A36115459), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de nove mil oitocentos cincuenta e un euros con setenta céntimos (9.851,70 €), para responder do contrato relativo a obra: Ordenación e servizos no entorno do tanatorio de Ribadumia, que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/06/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100046936, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9. Devolución de garantías definitivas á empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. A empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. (NIF A36319622), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander , por importe de cincuenta e sete mil setenta e oito euros con corenta e cinco céntimos (57.078,45 €), para responder do contrato relativo a: Terminación ensanche e mellora no lugar de Salgueiral, que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/05/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600041794, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10. Devolución de garantías definitivas á Narom S.L. A empresa Naron S.L. (CIF B36163418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dez mil corenta e sete euros con corenta e un céntimos (10.047,41 €), para responder do contrato relativo a: Pavimentación e dotación de servizos en E.P. 9406 Gallas-Armenteira (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000028360, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil oitocentos noventa e seis euros con cincuenta e cinco céntimos (2.896,55 €), para responder do contrato relativo a: Acondicionamento exterior e seguridade de gardería na rúa Vilanova (A Cañiza), que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000043033, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Rafer, S.L. Á empresa Construcciones Rafer S.L. (CIF B36052702), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia por importe de catro mil catrocentos corenta tres euros con noventa e catro céntimos (4.443,94 €), para responder do contrato relativo a: Construción velatorio en Valeixe (A Cañiza), que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000043395. 12. Devolución de garantías definitivas á empresa López Soutiño Construcciones , S.L. Á empresa López Soutiño Construcciones S.L. (CIF B36231041), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Nova Caixa Galicia por importe de tres mil trescentos sesenta e cinco euros con trinta e nove céntimos (3.365,39 €), para responder do contrato relativo a: Cerramento perimetral e acondicionamento do terreo de varias parcelas en Agolada, que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100035915. 13.- Devolución de garantías definitivas á empresa Esmerarte Servicios Artísticos S.L. Á empresa Esmerarte Servicios Artísticos S.L. (CIF B36588432), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico por importe de dous mil cincocentos corenta euros (2.540,00 €), para responder do contrato relativo a: Organización de tres concertos da volta ciclista a España 2012, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/08/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200064672. 5.20399.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA BASE) F-12 A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 22 de xuño de 2012 aproba as bases de subvencións de axuda ó deporte de competición federado, dirixidas a apoiar ás entidades e clubs deportivos nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou local, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación por un importe de 350.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 12/340.341.489.23 do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións a entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro para apoiar o deporte de competición federado – CATEGORÍA BASE (programa DE_F/12) por un importe total de 349.788,00 € e que son as que se relacionan a continuación: 6.20400.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES, PARA QUE SE LLE ABOE O IMPORTE DA ACHEGA DA DEPUTACIÓN PARA FINANCIAR OS SEUS GASTOS DE FUNCIONAMENTO CORRESPONDENTES Ó 3º E 4º TRIMESTRE DO ANO 2012 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes CIF: V36291334, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 170.230,30 €, para os gastos de funcionamento do 3º e 4º trimestre do ano 2012, e á vista do informe de intervención de data 14 de novembro de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 170.230,30 €, para o 3º e o 4º trimestre do ano 2012, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, CIF núm. V36291334, para financiar os gastos correntes de funcionamento. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 170.230,30 € con cargo á aplicación orzamentaria 2012.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201200089189. 7.20401.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTE CALDELAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO NÚM. 2012000488, DENOMINADO “URBANIZACIÓN EXTERIOR E EQUIPAMENTO DEPORTIVO DO PAVILLÓN MUNICIPAL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN – 2012 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000488, denominado “Urbanización exterior e equipamento deportivo do pavillón municipal”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Ponte Caldelas, con CIF núm. P3604300H, a cantidade de cento dous mil cincocentos sesenta e cinco euros con trinta e oito céntimos (102.565,38 €), para a realización do investimento núm. 2012000488, denominado “Urbanización exterior e equipamento deportivo do pavillón municipal”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2012. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.20402.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO NÚM. 2012000429, DENOMINADO “PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DA AVENIDA JOSÉ PEREIRA TRONCOSO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN – 2012 Vista a solicitude do Concello de Baiona e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Baiona, con CIF núm.P3600300B, a cantidade de douscentos corenta e sete mil catro centos oito euros con oitenta e cinco céntimos (247.408,85€), para a realización do investimento núm. 2012000429 denominado “Proxecto de acondicionamento da Avenida José Pereira Troncoso”, cuxo orzamento ascende a douscentos noventa e cinco mil cento trinta e sete euros con corenta e oito céntimos (295.137,48 €). O Concello de Baiona cofinanciará esta inversión achegando corenta e sete mil setecentos vinte e oito euros con sesenta e tres céntimos (47.728,63 €). Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 2012/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.20403.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÓS CONCELLOS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA GASTOS CORRENTES E AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS, INCLUÍDAS NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN – 2012 Resultando que o Pleno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 28 de setembro de 2012 aprobou as Bases do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación de Pontevedra para o ano 2012, sendo o obxecto das mesmas a realización de investimentos e o financiamento da débeda ou do gasto corrente no que incorren os concellos na súa actividade como xestores públicos. Estas Bases foron publicadas no BOP núm. 189 de 1 de outubro de 2012, así como nos medios informáticos, promovéndose a concorrencia de solicitudes ata o día 31 de outubro de 2012. De acordo co disposto na base segunda e quinta, os concellos poderán destinar ata o 30% da cantidade que lle corresponde no programa ó pago da débeda contraída co Estado, entidades financeiras, acredores de investimentos e de gasto corrente, así como o financiamento do gasto corrente novo. No Rexistro Xeral recibíronse trinta solicitudes con destino a estes fins. Visto que as solicitudes presentadas formalmente se adaptan ó preceptuado nas bases e non exceden o 30% da axuda económica concedida a cada concello, E visto o informe favorable de fiscalización dos expedientes de subvención propostos A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ós concellos, que figuran en anexo aparte, para as actuacións que se relacionan no mesmo, por un importe total dun millón noventa e cinco mil setecentos seis euros con oitenta e seis céntimos (1.095.706,86 €) dentro do 30% da contía reservada na concorrencia competitiva do Plan de Investimentos e Gastos correntes da Deputación á amortización de préstamos, ó pago de débedas e ó financiamento de gasto corrente, con cargo ás aplicacións 2012/942.942.462.45 e 2012/942.942.762.45 do orzamento provincial e con suxeición ás seguintes condicións: 1) As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. 2) O pago das subvencións farase anticipadamente unha vez se aprobe a concesión. Posteriormente, o concello deberá xustificar a realización do pagamento achegando: • Certificación do secretario ou do secretario-interventor indicando que se fixo o aboamento ó Estado, ás Entidades Financeiras ou ós acredores de gasto corrente (identificando o acredor) e a data de pago. • Certificación que acredite que a subvención se aplicou á finalidade proposta, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se o considera oportuno, os xustificantes correspondentes. • Declaración do Concello de darlle difusión a actuación subvencionada facendo constar a colaboración da Deputación-Servizo de Cooperación, ademais de cumprir co disposto na base décimo quinta sobre a publicidade. 3) As documentación acreditativa do gasto efectuado debe remitirse a esta Deputación antes do día 31 de marzo do 2013. PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SECCIÓN: AMORTIZACIÓN DÉBEDAS E GASTO CORRENTE APLICACIÓNS: 2012/942.942.462.45 E 2012/942.942.762.45 Concello CIF Núm. Finalidade Importe Agolada P-3602000F 356 Acredores gasto corrente 3.152,42 Arbo P-3600100F 373 Acredores gasto corrente 40.471,03 Bueu P-3600400J 374 Amortización débeda con Entidades financeiras 72.340,44 Cambados P-3600600E 378 Acredores gasto corrente 34.610,86 Campo Lameiro P-3600700C 375 Acredores gasto corrente 28.856,50 Campo Lameiro P-3600700C 377 Acredores gasto corrente novo 1.144,17 Cañiza, A P-3600900I 379 Acredores gasto corrente 73.857,19 Catoira P-3601000G 380 Acredores gasto corrente 23.265,53 Covelo, O P-3601300A 381 Acredores gasto corrente 8.426,53 Covelo, O P-3601300A 382 Acredores gasto corrente novo 21.573,47 Cuntis P-360155F 383 Pago débedas ó Estado 32.064,56 Forcarei P-3601800J 384 Acredores gasto corrente 79.694,41 Grove, O P-3602200B 385 Acredores gasto corrente novo 25.000,00 Illa de Arousa P-8600004I 386 Amortización débedas con Entidades financeiras 29.138,12 Lama, A P-3602500E 387 Acredores de gasto corrente 39.719,95 Meis P-3602800I 388 Amortización débedas con Entidades financeiras 19.529,87 As Neves P-3603400G 411 Acredores gasto corrente 52.147,40 Oia P-3603600B 408 Acredores gasto corrente 59.195,13 Pazos de Borbén P-3603700J 372 Acredores gasto corrente novo 8.267,53 Pazos de Borbén P-3603700J 376 Acredores de gasto corrente 46.938,44 Poio P-3604100B 410 Acredores de investimentos 80.919,67 Pontecesures P-3604400F 412 Acredores gasto corrente 46.989,32 Redondela P-3604500E 393 Acredores gasto corrente novo 80.785,76 O Rosal P-3604800G 409 Acredores de investimentos 64.089,57 Vilaboa P-3605800F 413 Amortización débedas Entidades financeiras 40.684,66 Vila de Cruces P-3605900D 395 Acredores gasto corrente novo 36.295,93 Vila de Cruces P-3605900D 405 Acredores gasto corrente 34.786,66 Vila de Cruces P-3605900D 406 Acredores de investimentos 11.761,74 TOTAL 1.095.706,86 10.20404.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, POLO PROCEDEMENTO DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS DENTRO DO PLAN DE ACCIÓN MUNICIPAL – SECCIÓN ACTIVIDADES 2012 A Xunta de Goberno, á vista dos expedientes e dos informes da Comisión Avaliadora e de Intervención, acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ás entidades locais, que figuran en anexo aparte, para as actividades que se relacionan no mesmo, por un importe total de oitocentos mil euros (800.000,00€) dentro do 80% da contía do programa reservada ó procedemento de concorrencia competitiva, todas elas con cargo á aplicación 2012/942.942.462.00 do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de ditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do día 1 de marzo do 2013, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 11.20405.- INFORME EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO “RECUPERACIÓN DE MARXES EN SALVATERRA DO MIÑO. TRAMO: RÍO MIÑO-RÍO MENDO”, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL E MEDIO NATURAL DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, de data 17 de outubro de 2012, recibida nesta Deputación o día 22 de outubro de 2012 (Rex. de entrada núm. 30706), remitindo avaliación de impacto ambiental do Proxecto recuperación de marxes en Salvaterra do Miño. Tramo: río Miño-río Mendo, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 6 de novembro de 2012, no que manifesta: “El presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Actuaciones propuestas. 3. Alternativas propuestas. 4. Análisis ambiental. 5. Medidas correctoras y de vigilancia 6. Conclusión. 1. Antecedentes El objetivo principal de la actuación estriba en la recuperación y protección de los márgenes del entorno natural de los ríos Miño y Mendo, mediante la consolidación de una senda natural de ribera, la recuperación de zonas degradadas por la existencia de una planta de tratamiento de áridos, de una antigua zona de extracción de áridos del Miño y la limpieza de las márgenes del río Mendo, estableciendo las condiciones adecuadas que permitan el disfrute del medio fluvial por la población. 2. Actuaciones propuestas Las actuaciones objeto de este documento tienen una longitud de aproximadamente 2 Km, desde el final del paseo fluvial existente a orillas del río Miño, hasta la conexión con la senda que está ejecutando el Concello de Salvaterra de Miño, situada aguas arriba del Río Mendo, en el cruce con la carretera PO‐400. La relación entre el río y la población ha de permitir la convivencia entre ambos, disfrutando del río como ecosistema fluvial. En este sentido, han de protegerse los espacios fluviales y potenciar estas áreas con actuaciones que garanticen el mantenimiento de los procesos fluviales naturales, compatibilizándolos, de manera racional, con su aprovechamiento como zona de ocio. Los objetivos principales que se persiguen dada la vulnerabilidad que presentan los ecosistemas fluviales y el valor estratégico y ecológico que conserva este río, son los siguientes: • Realizar la mínima intervención posible. • Plantear actuaciones encaminadas a favorecer los procesos naturales para conseguir sistemas estables y autosostenibles. • Evitar efectos de contaminación de la vegetación del bosque de ribera. • Recuperar y proteger zonas de margen afectadas por la implantación de procesos industriales. 3. Alternativas propuestas • Alternativa 1: Tiene una ocupación de 5.250 m2, con una longitud de 2.010 m y un ancho constante de 2,50 m. Arranca al final de la senda fluvial existente en Salvaterra de Miño y discurre, prácticamente paralela al Río Miño hacia la desembocadura del río Mendo, para finalmente ascender aguas arriba de este río, hasta el cruce con el puente de la carretera PO‐400. Se proyecta una pasarela de madera que une la senda proyectada paralela a dicho río con la diseñada a lo largo del río Miño. • Alternativa 2: Tiene una ocupación de 5.000 m2, con una longitud de 2.010 m y un ancho constante de 2,50 m. Arranca al final de la senda fluvial existente en Salvaterra de Miño y discurre hacia la desembocadura del río Mendo, ascendiendo aguas arriba de este río, hasta el cruce con el puente de la carretera PO‐400. Al igual que en la Alternativa 1, se proyecta una pasarela de madera que une la senda del río Mendo con la del río Miño. La Alternativa 1 presenta un mejor comportamiento ambiental, y por ello ha sido la alternativa seleccionada. 4. Análisis ambiental • FASE DE PROYECTO o La zona por la que discurre el proyecto está clasificada como “Suelo urbanizable especialmente protegido”. La ejecución de la infraestructura planteada, no conlleva el cambio de la calificación ni de la clasificación del suelo. En consecuencia no se generan impactos en este sentido. • FASE DE CONSTRUCCIÓN o La capacidad agrícola-forestal del municipio afectado una vez ejecutado el proyecto se verá mermada aproximadamente en 0,02 %. o No se afectan especies arbóreas del bosque ribereño. En consecuencia, los efectos negativos sobre la fauna están ligados a alteraciones indirectas debidas a la presencia de personal y a la potencial emisión de ruidos por la maquinaria. Los impactos potenciales aunque negativos, son de baja intensidad y temporales. o En esta fase se ha planteado la plantación, en la antigua zona de extracción de áridos (40.400 m2 de superficie), de 30 pies de Castanea sativa (castaño), 13 unidades de Alnus glutinosa (aliso) y 25 unidades de Fraxinus angustifolia (fresno). Esta actuación supondrá un impacto positivo sobre la vegetación y los hábitats. • FASE DE FUNCIONAMIENTO o Como consecuencia de la puesta en servicio de la senda, se pondrá a disposición de la sociedad, un espacio de ocio, ligado a los valores naturales del entorno y en armonía con él y se favorecerá la movilidad alternativa, por un espacio natural. 5. Medidas Correctoras y de vigilancia • Control del movimiento de maquinaria y personal. o Para impedir el movimiento incontrolado de maquinaria y personal, se limitará mediante cerramientos, sus zonas de movilidad, al menos en las áreas más sensibles como los cauces de los principales ríos y arroyos. • Ubicación de zonas de préstamos y vertederos. o Dado que es previsible la generación de residuos durante la fase de construcción, será necesario que todos los excedentes generados, sean del tipo que fueren (tierras, basuras, residuos líquidos, etc.) sean trasladados a vertederos autorizados, debiendo considerarse inaceptable su abandono en la zona de obras, y en ningún caso fuera de los límites de las superficies designadas con estos fines. • Control de la ejecución de operaciones molestas para la población. o A fin de evitar molestias a la población colindante, se evitará la ejecución de operaciones con maquinaria ruidosa u otras acciones que originen un nivel de ruido elevado durante las horas normales de reposo, considerando éstas de diez de la noche a ocho de la mañana. • Control de la ejecución de operaciones molestas para la fauna. o la medida protectora que se propone es evitar, durante el período de reproducción, la ejecución de las labores de eliminación de vegetación, previas a las explanaciones así como todas aquellas actividades ruidosas, que podrían alterar el proceso natural de la reproducción. • Ubicación de construcciones derivadas de la obra y parques de maquinaria. o A fin de proteger la calidad de las aguas superficiales, así como preservar los recursos naturales del área, en la medida de lo posible, aquellas construcciones temporales que conlleve la obra, tales como casetas y parques de maquinaria se situarán dentro de los límites de la obra y no afectarán ni directa ni indirectamente a los valores ecológicos del territorio. o No se han inventariado elementos del patrimonio. • Patrimonio histórico-artístico. o histórico-artístico, por lo que no se generan impactos. • Colocación de barreras de retención de sedimentos. o La eliminación de vegetación y los movimientos de tierras durante la fase de construcción aumentan potencialmente los riesgos erosivos. Además, los suelos arrastrados por el agua tenderán a depositarse en la red de drenaje natural, causando su aterramiento. • Medidas protectoras contra incendios. o Durante la fase de construcción de la obra será necesario tomar toda suerte de precauciones, sobre todo en verano, para evitar la generación de incendios. Asimismo, será necesario que, en todo momento, se disponga en obra de un mínimo equipo de extinción (camión cuba o similar). • Protección de la vegetación. o se respetará sistemáticamente todo tipo de vegetación arbórea existente que no resulte afectada directamente por la ejecución de la obra. No obstante, si técnicamente resulta imposible, no se eliminarán los tocones, sobre todo si están en la orilla de los cursos fluviales. • Protección de cauces. o Se extremarán las precauciones en la ejecución de las obras en zonas de afección en la red hidrográfica. Se dispondrá el vallado de la obra e instalación de barreras de retención de sedimentos. El Seguimiento Ambiental, determinará la toma de muestras periódicas de agua con el fin de garantizar su calidad. 6. Conclusión Este proyecto plantea actuaciones encaminadas a favorecer los procesos naturales y conseguir un sistema estable y compatible con el aprovechamiento como zona de ocio mediante una senda peatonal no agresiva con el entorno y respetando la vegetación de ribera. Esta actuación se complementa con la eliminación de la vegetación invasora, retirada de residuos orgánicos y materiales acumulados, y plantaciones de castaños (30 unidades), alisos (13) y fresno (25). En consecuencia se generará un impacto positivo sobre el espacio natural y en concreto sobre la vegetación, los hábitats y los usos recreativos. Como se deduce del Documento Ambiental, por su carácter, las obras no incurren en los supuestos contemplados en el Anexos I del Real Decreto Legislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Evaluación de Impacto Ambiental de Proyectos. No obstante el proyecto se desarrolla dentro de los límites de los espacios naturales de la Red Natura 2000, denominados “Baixo Miño”. El Artículo 16 de la Ley 6/2010 de 14 de marzo, de modificación del texto refundido de la Ley de Evaluación de Impacto Ambiental de proyectos, aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2008, de 11 de marzo, establece que los proyectos que se ubiquen en Red Natura 2000, solicitarán del órgano competente, que se pronuncie sobre si es o no necesario someterlo a evaluación de impacto ambiental. Por lo que, el proyecto deberá ser sometido a Evaluación de Impacto Ambiental si la Consellería de Medio Ambiente lo considerase oportuno antes de ser tramitadas las autorizaciones correspondientes.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. 12.20406.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.20407.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 21 de novembro de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200001516 e que contén oito facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.A, por importe de 925,92 € e a derradeira de Unidad Editorial, S.A., por importe 9.440,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 44.654,40 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 44.654,40 € 14.20408.- APROBACIÓN DAS MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS DO “PROXECTO POUSADAS” O proxecto “POUSADAS” presentouse dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de Desenvolvemento Local e Urbano aprobadas por Resolución de 07/11/2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 07/05/2007), Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano. O obxectivo primordial do proxecto é a creación do produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor dos recursos da bisbarra na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos, entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. Este proxecto foi aprobado no Pleno da Corporación Provincial do 12 de febreiro de 2008, e con data 13 de xuño de 2008 recíbese aprobación deste por parte do Ministerio de Administracións Públicas, cunha redución orzamentaria do 18.98% dos gastos elixibles do mesmo. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra en diversas ocasións aprobou solicitar modificacións orzamentarias, que foron posteriormente aprobadas polo Ministerio de Política Territorial de entón. Por unha parte, ó remitir á Dirección Xeral de Cooperación Local a certificación 3 da operación 92.C e a certificación 4 da operación 92.A, encontrámonos coa dificultade de vincular coa actuación “1432 Auditorías externas” as facturas das que dispoñemos e vendo que para a actuación “1320 Asistencia técnica” dispoñemos de facturas con importe superior ó orzamento total. Por outra parte, unha vez pagadas e vinculadas todas as facturas na actuación “2358 Manuais e documentación” quédanos un remanente de 6,30 €. No mesmo caso, tamén temos que na actuación “2355 Contratos Prácticas” quédanos un remanente de 21.573,59€. O obxecto desta proposta é aprobar o informe adxunto cuxo propósito é presentar á Subdirección Xeral de Cooperación Económica Local as seguintes cuestións: • As modificacións orzamentarias propostas en varias actuacións do proxecto “POUSADAS” para a súa aprobación e posterior adaptación ó orzamento programado na aplicación de certificación de gastos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. As actuacións do proxecto con proposta de reasignación do seu orzamento, diferenciámolas entre os seguintes grupos: 1. Actuacións excedentarias: aquelas nas que existe orzamento remanente e xa se cumpriron todos os seus fitos. 2. Actuacións deficitarias: aquelas que necesitan orzamento adicional para acometer e impulsar os seus fitos. • As modificacións non substanciais do orzamento que queremos modificar son as seguintes: 1. Absorción da actuación “1432 Auditorías externas” por parte da actuación “1320 Asistencia técnica”, pasando esta a un orzamento total de 55.000,00 €. 2. Absorción do remanente da actuación “2358 Manuais e documentación” por parte da actuación “1096 Xornadas/ Sesións/ Eventos de difusión”, pasando esta a un orzamento total de 7.437,81 €. 3. Absorción do remanente da actuación “2355 Contratos prácticas” por parte da actuación “2356 Posta en valor de rutas de valor cultural”, pasando esta a un orzamento total de 421.573,59 €. Vistas as instrucións para a aplicación e desenvolvemento das bases reguladoras da convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento sostible local e urbano durante o período de intervención 2007-2013, Visto que, tanto as modificacións do proxecto subvencionado realizadas no período de execución non altera a finalidade da subvención concedida, nin os obxectivos deste, ó tempo que mantén os criterios de admisibilidade recollidos nas Bases, polas que foi concedido este e respecta o importe do orzamento total elixible aprobado e a contía da subvención concedida, a pesar de incorporar as partidas de gasto non elixible para o cómputo do total do proxecto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación da modificación orzamentaria do Proxecto POUSADAS no seguinte sentido: ORZAMENTO MODIFICADO ACTUACIÓNS DE “POUSADAS” CREACIÓN PRODUTO TURÍSTICO 2350 Dirección programa inserción laboral 137.386,37 2351 Programa Pousada - Concurso de ideas 13.500,00 2352 Programa Pousada - Proxecto construtivo 286.958,29 2354 Materiais construtivos para formación e inserción laboral 303.834,54 2355 Contratos prácticas 850.588,91 2356 Posta en valor de rutas de valor cultural 421.573,59 2357 Construción Pousadas 0,00 2740 Compra de terreos 107.312,23 ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN E PUBLICIDADE 760 Páxinas Web 134.000,00 872 Campañas de comunicación 57.500,00 1096 Xornadas/ Sesións/ Eventos de difusión 7.439,81 2358 Manuais e documentación 0,00 ACTUACIÓNS DE XESTIÓN E SEGUIMENTO 1320 Asistencia técnica 55.000,00 1544 Avaliacións 30.000,00 2.- Remitir a solicitude de modificación ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para a súa aprobación definitiva. 15.20409.- PRÓRROGA PARA EXECUCIÓN DA OBRA “POUSADA EN ARMENTEIRA” O proxecto “POUSADAS” presentouse dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de Desenvolvemento Local e Urbano aprobadas por Resolución de 07/11/2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 23/03/2011, adxudicou a Construcciones Abal, S.A. a obra “Pousada en Armenteira”, incluída no proxecto “POUSADAS”, na suma de 2.156.779,66 €, máis a cantidade de 388.220,34 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución de dez meses. Resultando que a comprobación de reformulo levouse a efecto o día 05/09/2011, polo que a obra debería estar executada o día 06/07/2012. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 22/06/2012 concedeu a Construcciones Abal, S.A. unha prórroga para a finalización da obra ata o día 29/11/2012, como consecuencia de que se estaban executando obras de acondicionamiento de viais de acceso ó Monasterio de Armenteira, así como ó entorno próximo ó emprazamento das obras da pousada, aumentando a dificultade de execución das obras dada a necesidade de utilizar os mesmos accesos. Resultando que pola adxudicataria remítese escrito, conformado polo Director de Obra, no que se solicita unha nova ampliación no prazo de execución da obra dado que se manteñen as circunstancias que orixinaron a concesión da referida prórroga, así como que as circunstancias actuais do sector da construción provocan atrasos na recepción de materiais que penalizan o bo ritmo das tarefas. Resultando que pola xefa de Servizo de Turismo Rías Baixas emítese informe favorable á concesión de dita prórroga. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Construcciones Abal, S.A. ampliando o prazo para a execución da obra “Pousada en Armenteira” ata o 28 de decembro do ano en curso. 16.20410.- PRÓRROGA PARA EXECUCIÓN DA OBRA “POUSADA EN RIBADUMIA” O proxecto “POUSADAS” presentouse dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de Desenvolvemento Local e Urbano aprobadas por Resolución de 07/11/2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 23/09/2010, adxudicou a Construcciones Abal, S.A. a obra “Pousada en Ribadumia”, incluída no proxecto “POUSADAS”, na suma de 1.819.910,17 €, máis a cantidade de 327.583,83 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución de nove meses. Resultando que a comprobación de reformulo levouse a efecto o día 18/01/2011, polo que a obra debería estar executada o día 19/10/2011. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 14/10/2011 concedeu a Construcciones Abal, S.A. unha prórroga para a finalización da obra ata o día 19/05/2012, como consecuencia da presenza de roca moi dura que provocou a adaptación de cotas de cimentación dos distintos pavillóns. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 11/05/2012 concedeu, por diversas circunstancias, unha nova prórroga ata o 23/11/2012. Resultando que pola adxudicataria remítese escrito, conformado polo Director de Obra, no que se solicita unha nova ampliación no prazo de execución da obra dado que a conxuntura actual do sector da construción provoca atrasos na recepción de materiais polo que na actualidade estanse realizando tarefas de acabados de revestimientos de chans, teitos e paramentos, así como de finalización e posta a piques das instalacións, que obrigan a ser rigorosos nos tempos necesarios para a correcta execución dos traballos. Resultando que pola xefa de Servizo de Turismo Rías Baixas emítese informe favorable á concesión de dita prórroga. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Construcciones Abal, S.A. ampliando o prazo para a execución da obra “Pousada en Ribadumia” ata o 28 de decembro do ano en curso. 17.20411.- CORRECCIÓN DE ERROS NO TEXTO DO ACORDO Nº14.20351 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 26/10/2012 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 26 de outubro de 2012 referente á corrección de erros no acordo relativo á devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones Satélite, S.L. para responder do contrato: “Saneamento na Finca do Conde de Gondomar (Gondomar)”, detectáronse uns erros tipográficos. Considerando que o artigo 105.2 de la Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 26 de outubro de 2012 relativo á corrección de erros no acordo relativo á devolución das garantías definitivas constituídas pola empresa Excavaciones y Construcciones Satélite, S.L.: Onde di: … • Rectificar o acordo adoptado pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 28 de setembro de 2011 relativo á devolución das garantías definitivas constituídas pola empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.): ... Debe dicir: … • Rectificar o acordo adoptado pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 28 de setembro de 2011 relativo á devolución das garantías definitivas constituídas pola empresa Excavaciones y Construcciones Satélite, S.L.: … 18.20412.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición