Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2013-02-08_Ordinaria. Acta de sesión 2013/02/08_Ordinaria
Acta de sesión 2013/02/08_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.673/2.2013-02-08_Ordinaria
Título Acta de sesión 2013/02/08_Ordinaria
Data(s) 2013-02-08 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día oito de febreiro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado, D. Alberto Valverde Pérez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20608.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrado da acta da sesión ordinaria do día 4 de febreiro do ano dous mil trece. 2.20609.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF B- 36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de cinco mil oitocentos oitenta e catro euros con setenta e un céntimos (5.884,71 €), para responder do contrato relativo a obra: Pavimentación da rede viaria do barrio de Palmas- Domaio (Moaña), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000084582, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.L. A empresa Construcciones Crespo, S.L. (CIF B- 36.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de nove mil seiscentos oitenta e tres euros con vinte céntimos (9.683,20€), para responder do contrato relativo a obra: Conexións exteriores rede de pluviais E.P. 1003 Rodeira- Boubeta (Cangas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/09/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900074621, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.20610.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 5 de febreiro de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201300000049 e que contén vinte e catro facturas, sendo a primeira de José Rubén Rozado e Hijos, S.L., por importe de 5.095,06 € e a derradeira de Grupo Norte MCA, S.L., por importe 1.875,50 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 57.377,14 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 57.377,14 € 4.20611.- RÓRROGA NA EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), 2012 Resultando que a Xunta de Goberno de Deputación na súa sesión ordinaria do día 28 de decembro de 2012 aprobou a concesión de subvencións a diversas asociacións/agrupacións da provincia de Pontevedra con cargo ó Programa de Acción Comunitaria 2012 (núm. acordo 19.20538). Resultando que segundo o disposto na base décimo terceira, parágrafo primeiro, do PAC/12 unha vez notificadas as axudas concedidas, o beneficiario procederá a súa realización, debendo estar executadas e xustificadas antes do día 31 de marzo de 2013. Resultando que, a día de hoxe, debido a carga de traballo nas oficinas de cooperación derivada dos traballos de informatización dos expedientes, da liquidación outros programas de subvencións e do peche exercicio contable 2012 estase a producir un considerable retraso na notificación ós beneficiarios das subvencións concedidas, polo que é practicamente imposible que estes cumpran co prazo establecido na base décimo terceira das Bases do PAC/12. A vista do que antecede e visto o informe-proposta da xefe do Servizo de Cooperación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar o prazo de execución e xustificación das actuacións incluídas no Programa de Acción Comunitaria (PAC) 2012, ata o 30 de xuño de 2013. 5.20612.- INFORME DO PRESIDENTE SOBRE A ORDENANZA MARCO DA FEMP SOBRE XESTIÓN DE RESIDUOS O Presidente manifesta á Xunta de Goberno que por parte do Xefe do Servizo de Asesoramento Intermunicipal e pola Técnica de Medio Ambiente se vai a explicar o tema. A explicación dos mesmos se centra en: Primeiro. IMPERATIVO LEGAL A disposición transitoria segunda da Lei 11/2011, do 28 de xullo, de residuos e chans contaminados, establece que as Entidades Locais aprobarán ordenanzas para a xestión dos seus residuos, previstas no seu artigo 12.5, no prazo de 2 anos dende a entrada en vigor desta Lei. Este prazo finaliza o 31 de xullo de 2013. En ausencia destas aplicaranse as normas que aproben as Comunidades Autónomas. Por iso, a FEMP, coa participación da Deputación e en colaboración con ECOEMBES, elaborou este modelo de Ordenanza Marco de Recollida de Residuos, para favorecer o proceso de redacción e aprobación destas, tendo en conta que deberán adaptarse ás peculiaridades de cada municipio e dos plans de xestión de residuos, que aproben as distintas Comunidades Autónomas. Segundo. ESTRUCTURA A presente ordenanza estrutúrase en tres Títulos, unha Disposición Derrogatoria e dúas Disposicións Finais. TÍTULO I: contén as Disposicións Xerais, despois de incorporarse, como novidade seguindo a normativa básica, a potestade do Concello de recoller os residuos comerciais non perigosos. É dicir, teñen a consideración de RESIDUOS MUNICIPAIS os residuos domésticos (os xerados nos fogares e tamén os similares xerados en servizos, comercios e industrias, os que se xeneren nos fogares de aparatos eléctricos, roupa, pilas, mobles, enseres…os procedentes limpeza vías públicas, zonas verdes, animais domésticos mortos, vehículos abandonados) e os RESIDUOS COMERCIAIS NON PERIGOSOS. Neste título concrétanse tamén as obrigas dos cidadáns en relación coa separación e entrega de residuos. TÍTULO II: dedícase ó servizo de recollida, distinguindo entre un servizo ORDINARIO e ESPECIAL. SERVIZO ORDINARIO: de prestación obrigatoria por parte do Concello. Residuos domésticos procedentes de fogares particulares. Residuos domésticos de orixe industrial, comercial, servizos, así como os sanitarios asimilables a domésticos cando a entrega diaria sexa igual ou inferior a xxxxKg/día ou litros/día… Non obstante, non forman parte do servizo ordinario de recollida os seguintes residuos cando se xeneren en comercios, servizo e industrias: residuos de aparatos electrónicos, roupa e calzado, pilas e acumuladores, voluminosos. Os procedentes da limpeza da vías públicas, zonas verdes, praias. Os recollidos a través de punto limpo. SERVIZO ESPECIAL: levarase a cabo polo Concello cando o usuario o solicite e, no seu caso, devengará a correspondente taxa ou prezo público. Poderán ser obxecto do servizo de recollida especial as seguintes categorías de residuos: a) Os residuos domésticos de orixe comercial, industrial e de servizos, así como os sanitarios asimilables a domésticos, cando a entrega diaria SUPERE a cantidade dos XXX kg ou litros/día. (Cada Concello decidirá segundo a súa problemática) b) Os residuos comerciais non perigosos. c) Residuos de mercados. d) Animais domésticos mortos. e) Residuos voluminosos, como mobles e enseres. f) Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. g) Vehículos abandonados e vehículos ao final da súa vida útil. h) Residuos de podas e outros residuos de xardinería cuxa entrega diaria supere a cantidade de XXX kg. A nova Ordenanza deixa aberta a posibilidade de que o Concello non preste de forma obrigatoria a recollida de residuos domésticos de orixe comercial, industrial e de servizos, así como os sanitarios asimilables a domésticos, cando a entrega diaria supere unha determinada cantidade que establecerá cada concello en función das súas necesidades…. ……os comercios, servizos ou industrias poden optar por entregar os residuos a un xestor autorizado ou solicitar o servizo especial de recollida domiciliaria establecido polo Concello (previo pago dun prezo público por exemplo…)…. ou, nos casos de voluminosos, residuos aparellos eléctricos ou podas entregalos no punto limpo….. Neste Título tamén fálase dos contedores (artigo 13) Con carácter xeral, a súa achega será de conta do concello así como o seu lavado e mantemento..no caso de concesión será a concesionaria a responsable dese mantemento. Posibilidade de que os usuarios dispoñan dun contedor de uso exclusivo, previa autorización do concello. O concello poderá obrigar as comunidades de veciños á adquisión dun contedor de uso exclusivo cando estas se atopen en zonas nas que, por decisión municipal seguindo criterios de eficacia e eficiencia, non se instalen contedores de uso colectivo. En ambos caso o mantemento correspóndelle á comunidade ou usuarios o seu mantemento, reposición. Non obstante, será obrigatoria a adquisición de contedores para a recollida separada de papel e cartón e fracción resto, da naquelas industrias, comercios e servizos que xeren un volume de residuos superior a xxxxx toneladas. TÍTULO III : aborda a Inspección e Sanción, incardinándose ambas potestades na Lei 22/2011, de 21 de abril de Residuos e Chans Contaminados. Posibilidade de PUBLICAR as sancións por infraccións graves oo moi graves…..o Pleno poderá acordar a súa publicación. Terceiro. INFLUENCIA DA ORDENANZA NO SERVIZO PROVINCIAL DE RESIDUOS. Hai que ter en conta que a Deputación xa ten preparado un borrador de Regulamento que regula en detalle o servizo provincial de recollida de basuras e que, loxicamente, adaptarase a esta Ordenanza marco no que sexa necesario. Os concellos que se adhiran ó servizo provincial xa non terán que facer esta adaptación ó delegar a competencia na Deputación. Non obstante, algúns aspectos da ordenanza coma a separación entre recollida ordinaria e especial está máis ben pensada para concellos cun texido industrial e unha poboación importante, que non afectará ós concellos de menos de 50.000 habitantes que formarían parte do servizo provincial de recollida lixo.” 6.20613.- INFORME DO PRESIDENTE SOBRE A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE RECOLLIDA DE LIXO DA FRACCIÓN DE BIORRESEDO Este informe está incluído no apartado anterior. 7.20614.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.20615.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Con data 11 de xaneiro de 2013 e con número de rexistro de entrada nº 001213, a Xefa do Servizo de Turismo, Dna. Ruth González Reyes, expón que o día 18 de febreiro de 2011 a Secretaría de Estado de Cooperación Territorial emite resolución pola que se aproba a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013 correspondente ó eixe 5 “Desenvolvemento sostible Local e Urbano” do Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR). En base a esta convocatoria de axudas, o Pleno da Corporación Provincial en sesión de data 25 de marzo de 2011 adoptou fóra da orde do día o acordo con nº 11.6061 apartado F, de aprobar o proxecto e a solicitude de subvención a presentar na convocatoria do FEDER 2011 enmarcado no eixe 5 “Desenvolvemento Sostible Local e Urbano”. O día 22 de xuño a Secretaría de Estado de Cooperación Territorial emite resolución pola que se resolvía a convocatoria 2001 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013. Nesta resolución publícase a aceptación do Proxecto DepoDeza e a concesión da subvención FEDER por un total de 3.935.732,51 €, sobre un total de gasto elixible de 5.622.475,01 €, o que constitúe un 70% de subvención do FEDER para a execución deste proxecto. O 30% restante 1.686.742,50 € corresponde ó cofinanciación a través de fondos propios que debe facer a Deputación de Pontevedra a este proxecto. Un dos obxectivos deste proxecto é a promoción de produtos gastronómicos da Comarca do Deza, sendo o obxectivo marcado a asistencia a 10 feiras internacionais. Para alcanzar os obxectivos aprobados a presidencia adxudicou o 18 de decembro de 2012 o servizo de contratación de montaxe de stands e chan para a asistencia á feira de Madrid Fusión. As normas de IFEMA, esixen que a montaxe final do stand estea finalizado na tarde do domingo 20 de xaneiro de 2013, non permitindo a entrada de produtos, nin catálogos a partir desa data. Turismo Rías Baixas é o Servizo da Deputación de Pontevedra que ten como fin promover e potenciar todas as actividades que dalgún modo tendan ó fomento e desenvolvemento do turismo nos 62 concellos da provincia de Pontevedra, así como mellorar a imaxe turística da mesma a través de diferentes accións e xestións. Técnicos especializados encargaranse da elaboración de estratexias e actuacións de promoción do destino Rías Baixas – Provincia de Pontevedra. (…) Madrid Fusión é un Congreso Internacional de gastronomía que se celebra anualmente en Madrid dende o ano 2003. Grazas a este evento, Madrid converterase por uns días na capital mundial da gastronomía, é dicir, dun evento de cita obrigada para afeccionados e profesionais do sector. Dado que a gastronomía é un dos recursos turísticos máis destacados do noso destino, a asistencia a este evento considérase de elemental importancia polo súa gran repercusión. Por todo o exposto considera recomendable a asistencia de D. Ramiro Ruibal Fontes, Director de planificación do Proxecto DepoDeza, Dna. Elina González Álvarez, Técnica de Turismo e Dna. Rut Solla Sampedro, Bolseira de Turismo, á Feira Internacional MADRID FUSIÓN a celebrar en Madrid do 21 ó 23 de xaneiro de 2013, para a realización de supervisión da montaxe, decoración, preparación e coordinación das presentacións e degustacións, información ós visitantes, entrega de folletos, etc. A solicitude é informada favorablemente pola Xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas, Dna. Ruth González Reyes e co visto e prace do Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Ramiro Ruibal Fontes, Dna. Elina González Álvarez e Dna. Rut Solla Sampedro licenza para asistir, así como unha axuda económica que ascende a un total de 1.300,11 € en concepto desprazamentos e dietas: Total gastos xerados por D. RAMIRO RUIBAL FONTES…………. 483,37 € Desprazamento: (Saída 20/01/2013 ás 10:30 h. e chegada a Pontevedra o día 23/01/2013 ás 23:00 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Taxi: Pontevedra-Vigo-Pontevedra 75,00 € 13/433.439.231.20 Taxi: Madrid 90,00 € 13/433.439.231.20 Abono 10 viaxes Metro: 12,20 € 13/433.439.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 177,20 € 13/433.439.231.20 Proxecto DepoDeza (*) Dietas: (Saída 20/01/2013 ás 10:30 h. e chegada a Pontevedra o día 23/01/2013 ás 23:00 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Día 20 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 103,37 € 13/433.439.230.20 Día 21 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 80 % dieta 82,70 € 13/433.439.230.20 Día 22 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 80 % dieta 82,70 € 13/433.439.230.20 Día 23 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 37,40 € 13/433.439.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 306,17 € 13/433.439.230.20 Proxecto DepoDeza (*) Total gastos xerados por Dna. ELINA GONZÁLEZ ÁLVAREZ…………. 408,37 € Desprazamento: (Saída 20/01/2013 ás 10:30 h. e chegada a Pontevedra o día 23/01/2013 ás 23:00 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Taxi: Madrid 90,00 € 13/433.439.231.20 Abono 10 viaxes Metro 12,20 € 13/433.439.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 102,20 € 13/433.439.231.20 Proxecto DepoDeza (*) Dietas: (Saída 20/01/2013 ás 10:30 h. e chegada a Pontevedra o día 23/01/2013 ás 23:00 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Día 20 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 103,37 € 13/433.439.230.20 Día 21 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 80 % dieta 82,70 € 13/433.439.230.20 Día 22 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 80 % dieta 82,70 € 13/433.439.230.20 Día 23 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 37,40 € 13/433.439.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 306,17 € 13/433.439.230.20 Proxecto DepoDeza (*) Total gastos xerados por Dna. RUT SOLLA SAMPEDRO……………408,37 € Desprazamento: (Saída 20/01/2013 ás 10:30 h. e chegada a Pontevedra o día 23/01/2013 ás 23:00 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Taxi: Madrid 90,00 € 13/433.439.231.20 Abono 10 viaxes Metro 12,20 € 13/433.439.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 102,20 € 13/433.439.231.20 Proxecto DepoDeza (*) Dietas: (Saída 20/01/2013 ás 10:30 h. e chegada a Pontevedra o día 23/01/2013 ás 23:00 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Día 20 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 103,37 € 13/433.439.230.20 Día 21 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 80 % dieta 82,70 € 13/433.439.230.20 Día 22 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 80 % dieta 82,70 € 13/433.439.230.20 Día 23 de xaneiro de 2013 (Grupo II) 37,40 € 13/433.439.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 306,17 € 13/433.439.230.20 Proxecto DepoDeza (*) (*) Os gastos de locomoción e manutención para a asistencia como expositores a Forum Gastronómico, son gastos elixibles dentro do Proxecto DepoDeza por estar enmarcados na acción 3.2 Potenciación da imaxe dos produtos da comarca. De conformidade coa normativa 11ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, e, modificada mediante acordo da Xunta de Goberno de data 9 de setembro de 2011 onde se regula que a axuda económica máxima que se lles poderá conceder aos solicitantes comprenderá: o 50% gastos de matrícula ou inscrición (cun tope máximo de 300,00 € por solicitante) así como os gastos de desprazamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual, pero terán igualmente unha limitación máxima por importe de 400,00 € por solicitante. En todos os casos, e aínda cando non se superen ditos límites, non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar do aloxamento e o centro onde se imparte o curso, xornada, congreso ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). Excepciónanse do anterior, a asistencia a Xornadas Técnicas vinculadas a Programas ou Proxectos Europeos, cuxo custo incluír no propio proxecto. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Feira, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción e dietas, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. B) Con data 22 de xaneiro de 2013 e con número de rexistro de entrada 007112, a Xefa do Servizo de Turismo, Dna. Ruth González Reyes, expón un dos obxectivos da Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Turismo, e, baixo márcaa Turismo Rías Baixas, é a potenciación das actividades que dalgún xeito tendan a fomentar o desenvolvemento do turismo na provincia. Esta actividade lévase a cabo a través de, entre outras accións, a presenza nos congresos e feiras de turismo máis importantes a nivel nacional e internacional. Do 21 ó 23 de febreiro de 2013 desenvolverase en Madrid a XI Cumbre Internacional de gastronomía Madrid Fusión, evento que conta cunha alta difusión a nivel internacional. Grazas a este evento, Madrid convértese neses días, na capital mundial da gastronomía de obrigada cita para profesionais do sector. Dado que a gastronomía é un dos recursos turísticos máis destacados do noso destino e que Turismo Rías Baixas conta con stand propio en dita feira, a asistencia a este evento considérase de elemental importancia polo seu gran repercusión. Por todo o exposto solicita autorización para poder asistir a dito evento en calidade de Xefa do Servizo de Turismo, para coordinar as actividades que se van a levar a cabo no stand de Turismo Rías Baixas. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e autorizar o desprazamento, así como o aboo dos gastos ocasionados valorados en 269,36 €, en concepto desprazamentos e dietas. Desprazamento: (Saída o 22 /01/2013 ás 9:10 h. e regreso o día 23/01/2013 ás 19:55 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Traslado en destino 35,00 € 13/433.432.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 35,00 € 13/433.432.231.20 Aplicación Orzamentaria Servizo de Turismo Dietas: (Saída o 22 /01/2013 ás 9:10 h. e regreso o día 23/01/2013 ás 19:55 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Día 22-xaneiro-2013 (Grupo I) Aloxamento (*) 154,35 € 13/433.432.230.20 Día 22-xaneiro-2013 (Grupo I) dieta 100 % 53,34 € 13/433.432.230.20 Día 23-xaneiro-2013 (Grupo II) dieta 50 % 26,67 € 13/433.432.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 234,36 € 13/433.432.230.20 Aplicación Orzamentaria Servizo de Turismo (*) Os gastos de aloxamento supera o límite establecido no Real Decreto 462/2002, correspondente ó Grupo I (102,56 €), debido á porcentaxe de ocupación hoteleira previsto nesas datas en Madrid por mor da celebración de Madrid Fusión. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Feira, para que se abone a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción e dietas, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. C) Con data 25 de xaneiro de 2013 e con número de rexistro de entrada 010974, a Técnico de Turismo, Dna. Elina González Álvarez, adscrita ó Servizo de Turismo, expón que un dos obxectivos da Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Turismo, e, baixo a marca Turismo Rías Baixas, é a potenciación das actividades que dalgún xeito tendan a fomentar o desenvolvemento do turismo na provincia. Esta actividade lévase a cabo a través de, entre outras accións, a presenza nos congresos e feiras de turismo máis importantes a nivel nacional e internacional. Do 30 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2013 terá lugar en IFEMA–Madrid, a Trixésimo terceira edición da Feira Internacional de Turismo FITUR 2013, evento que conta cunha alta difusión a nivel internacional. Grazas a este evento, Madrid convértese neses días, na capital mundial do turismo e en obrigada cita para profesionais do sector. A Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Turismo, baixo márcaa Turismo Rías Baixas, participa como coexpositor no stand de Turgalicia nº 9C05/9C07 realizando diversas actividades, mantendo reunións con turoperadores e empresas do sector e unha presentación do destino por parte do Presidente da Deputación e outras autoridades. A solicitude está informada favorablemente pola Xefa do Servizo, Dna. Ruth González Reyes, e conformada polo Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal. Por todo o exposto solicita autorización para poder asistir a dito evento en calidade de Técnico de Turismo, para coordinar as actividades de Turismo Rías Baixas que se van a levar a cabo no stand de Turgalicia. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade por unanimidade validar o expediente e autorizar o desprazamento, así como o aboo dos gastos ocasionados valorados en 546,07 € en concepto desprazamentos e dietas: Desprazamento: (Saída día 30/01/2013 ás 9:10 h. e regreso o día 01/02/2013 ás 15:55 h.): Concepto Total Aplicación Presupuetaria Traslado en destino 35,00 € 13/433.432.231.20 Vuelo Vigo-Madrid-Vigo 109,05 € 13/433.432.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 144,05 € 13/433.432.231.20 Aplicación Orzamentaria Servizo de Turismo Dietas: (Saída día 30/01/2013 ás 9:10 h. e regreso o día 01/02/2013 ás 15:55 h.): Concepto Total Aplicación Presupuetaria Aloxamento (*) días 30 y 31 de xaneiro de 2013 316,00 € 13/433.432.230.20 Día 30 de xaneiro de 2013 (Grupo II) dieta 100 % 37,40 € 13/433.432.230.20 Día 31 de xaneiro de 2013 (Grupo II) Residencia eventual 80 % 29,92 € 13/433.432.230.20 Día 01 de febrero de 2013 (Grupo II) ½ dieta 18,70 € 13/433.432.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 402,02 € 13/433.432.230.20 Aplicación Orzamentaria Servizo de Turismo (*) Os gastos de aloxamento supera o límite establecido no Real Decreto 462/2002 correspondente ó Grupo II (65,97 €), debido á porcentaxe de ocupación hoteleira previsto nesas datas en Madrid por mor da celebración de FITUR. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Feira, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción e dietas, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. D) Con data 25 de xaneiro de 2013 e con número de rexistro de entrada 010973, a Xefa do Servizo de Turismo, Dna. Ruth González Reyes, expón que un dos obxectivos da Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Turismo, e, baixo a marca Turismo Rías Baixas, é a potenciación das actividades que dalgún xeito tendan a fomentar o desenvolvemento do turismo na provincia. Esta actividade lévase a cabo a través de, entre outras accións, a presenza nos congresos e feiras de turismo máis importantes a nivel nacional e internacional. Do 30 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2013 terá lugar en IFEMA – Madrid, a Trixésimo terceira edición da Feira Internacional de Turismo FITUR 2013, evento que conta cunha alta difusión a nivel internacional. Grazas a este evento, Madrid convértese neses días, na capital mundial do turismo e en obrigada cita para profesionais do sector. A Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Turismo, baixo a marca Turismo Rías Baixas, participa como coexpositor no stand de Turgalicia nº 9C05/9C07 realizando diversas actividades, mantendo reunións con turoperadores e empresas do sector e unha presentación do destino por parte do Presidente da Deputación e outras autoridades. Por todo o exposto solicita autorización para poder asistir a dito evento en calidade de Xefa do Servizo de Turismo, para coordinar as actividades de Turismo Rías Baixas que se van a levar a cabo no stand de Turgalicia. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e autorizar o desprazamento, así como o aboo dos gastos ocasionados valorados en 938,50 euros en concepto desprazamentos e dietas: Desprazamento: (Saída día 30/01/2013 ás 9:10 h. e regreso o día 02/02/2013 ás 15:55 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Traslado en destino 35,00 € 13/433.432.231.20 Voo Vigo-Madrid-Vigo 195,05 € 13/433.432.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 230,05 € 13/433.432.231.20 Aplicación Orzamentaria Servizo de Turismo Dietas: (Saída día 30/01/2013 ás 9:10 h. e regreso o día 02/02/2013 ás 15:55 h.) Concepto Total Aplicación Orzamentaria Aloxamento (*) días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2013 543,10 € 13/433.432.230.20 Día 30 de xaneiro de 2013 (Grupo I) Dieta 100 % 53,34 € 13/433.432.230.20 Día 31 de xaneiro de 2013 (Grupo I) Residencia eventual 80 % 42,67 € 13/433.432.230.20 Día 01 de febreiro de 2013 (Grupo I) Residencia eventual 80 % 42,67 € 13/433.432.230.20 Día 02 de febreiro de 2013 (Grupo I) ½ dieta 26,67 € 13/433.432.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 708,45 € 13/433.432.230.20 Aplicación Orzamentaria Servizo de Turismo (*) Os gastos de aloxamento supera o límite establecido no Real Decreto 462/2002, correspondente ó Grupo I (102,56 €), debido á porcentaxe de ocupación hoteleira previsto nesas datas en Madrid por mor da celebración de FITUR. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Feira, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción e dietas, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. E) Con data 29 de xaneiro de 2013 e con número de rexistro de entrada nº 012622, Dna. María Martínez Abraldes, en calidade de funcionaria interina prestando servizos como Técnico de Medio Ambiente, expón que o día 5 de febreiro de 2013 ás 10:30 h. celébrase en Madrid a Presentación da Ordenanza marco de xestión de residuos e modelo de prescricións técnicas sobre xestión de residuos desenvolvida pola FEMP en colaboración con ECOEMBES. Solicita permiso para ausentarse do seu posto de traballo o día 5 de febreiro 2013 para asistir a dita presentación, así como a axuda económica correspondente. A solicitude é informada favorablemente polas Xefas dos Servizos de Medio Natural, Dna. Concepción López Paz e de Cooperación, Dna. Mariña Piñeiro Novo, e conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Dada a relación existente entre o contido da Presentación e o traballo que vén desenvolvendo dita traballadora no Servizo, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, a traballadora deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da Presentación e as conclusións obtidas. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e o Real Decreto 462/2002 de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dna. María Martínez Abraldes licenza para asistir, así como unha axuda económica cuxo importe ascende a un total de 309,00 € en concepto desprazamentos e dietas: Desprazamento: (Saída día 05/02/2013 antes das 10:00 h. e regreso o mesmo día antes das 22:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Vehículo propio: Pontevedra – Aeroporto de Vigo - Pontevedra (35 km x 2) x 0,19 € 13,30 € 13/410.410.231.20 Aparcamento Aeroporto 7,00 € 13/410.410.231.20 Avión: (Vigo – Madrid – Vigo) 250,00 € 13/410.410.231.20 Desprazamento: Madrid en metro 20,00 € 13/410.410.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 290,30 € 13/410.410.231.20 Dietas: (Saída día 05/02/2013 antes das 10:00 h. e regreso o mesmo día antes das 22:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA ½ Manutención Día 05/02/2013 (Grupo II) 18,70 € 13/410.410.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 18,70 € 13/410.410.230.20 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada o Encontro, para que se aboe a axuda económica proposta, a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, así como os gastos de locomoción e dietas, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 9.20616.- APROBACIÓN, POR RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, DA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE MOAÑA PARA BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA TAREFAS DE INFORMACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, DURANTE O ANO 2012 O Consello Reitor de Turismo Rías Baixas, en sesión ordinaria celebrada o día 23 de marzo de 2012 acordou conceder unha subvención ó Concello de Moaña destinada a bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra durante o ano 2012, por importe de 4.447,55 €. As bases reguladoras da subvención, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 205, de 25 de outubro de 2011 (modificación en Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 24 de 3 de febreiro de 2012), establecen na cláusula 15 que o beneficiario deberá presentar a xustificación no prazo de dous meses dende a data de finalización da última bolsa de colaboración. Resultando que o prazo de xustificación da subvención por parte do beneficiario rematou o 15 de novembro de 2012, por finalizar a última bolsa de colaboración o 15 de setembro de 2012. Resultando que o beneficiario presentou a documentación xustificativa no rexistro de Turismo Rías Baixas en data 21 de decembro de 2012, e presentou documentación complementaria en datas 14 de xaneiro de 2013 e 17 de xaneiro de 2013. Resultando que o 18 de xaneiro de 2013, a técnica de turismo informa que a documentación xustificativa foi presentada polo beneficiario fora de prazo, se ben cumpre co resto de obrigas derivadas da concesión de subvención. Resultando que a subvención concedida ascende a 4.447,55 € e a xustificación do gasto é menor, polo que en caso de aprobar a xustificación, procedería aboar 2.577,04 €. Resultando que o Servizo de Intervención emite informe o 10 de xaneiro de 2013 indicando que, no caso de aprobar a xustificación da subvención, deberá seguirse o procedemento de recoñecemento extraxudicial. Considerando a normativa aplicable: • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. • R. D. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións. • Bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra. • Bases reguladoras da subvención publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 205 de 25 de outubro de 2011 (modificación en Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 24 de 3 de febreiro de 2012). De conformidade con todo o exposto e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2 b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 108 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia e demais normativa de concordante aplicación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Recoñecer a obriga, mediante o sistema de recoñecemento extraxudicial de crédito e ordenar o pago ó Concello de Moaña (P-3602900-G) da cantidade de dous mil cincocentos setenta e sete euros con catro céntimos (2.577,04 €) en concepto de subvención concedida para bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra para o ano 2012. Dita cantidade será librada con cargo á aplicación 13/433-432-462.03.2012 do orzamento da Deputación de Pontevedra. Segundo.- Liberar a cantidade de mil oitocentos setenta euros con cincuenta e un céntimos (1.870,51 €) que se atopa en fase de disposición do gasto, como consecuencia da diferenza entre o importe concedido en concepto de subvención e o importe xustificado. 10.20617.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE TURISMO RÍAS BAIXAS E A ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL PARA O DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DO PROXECTO “SMART DESTINATIONS PONTEVEDRA: MODELO DE VERTEBRACIÓN E ACTIVACIÓN DO TECIDO SOCIOECONÓMICO DO TERRITORIO” Visto o informe da técnica de administración do 18 de xaneiro de 2013 sobre aprobación dunha addenda ao convenio de colaboración entre “Turismo Rías Baixas” e a Escola de Organización Industrial. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas”, en sesión ordinaria celebrada o pasado día 21 de setembro de 2012 aprobou o convenio de colaboración asinado entre a Escola de Organización Industrial (en adiante, EOI) e o O.A.L. “Turismo Rías Baixas” para o desenvolvemento conxunto do proxecto “Smart destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”. O convenio foi asinado o 24 de outubro de 2012 por D. Fernando Bayón Mariné, en nome e representación da Fundación EOI e por D. Rafael Louzán Abal, Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas. A vixencia do convenio esténdese dende a data da súa sinatura ata o día 30 de novembro de 2013. Na sesión ordinaria do Pleno celebrada pola Corporación Provincial o 29 de xuño de 2012 adoptouse o acordo inicial de disolución do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” e derrogación dos seus Estatutos. En virtude deste acordo, a Deputación de Pontevedra subrogarase nos contratos que, celebrados polo O.A.L. excedan a súa vixencia máis alá do 1 de xaneiro de 2013 e a consolidade contable dos bens, dereitos e obrigas do O.A.L. pasará a reflectirse na contabilidade da Deputación con efectos de 1 de xaneiro de 2013. Dito acordo foi publicado no BOP nº 130 de 6 de xullo de 2012 e a elevación a definitivo foi publicado no BOP nº 178 de 14 de setembro de 2012. De conformidade con todo o exposto e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2 b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 108 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia e demais normativa de concordante aplicación, considerando que o 30 de xaneiro de 2013 o Sr. Secretario informa que non é necesario establecer expresamente nos contratos celebrados polo O.A.L. Turismo Rías Baixas a subrogación por parte da Deputación de Pontevedra, non obstante non hai ningún inconveniente en aprobar a citada addenda. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a seguinte Addenda ó convenio de colaboración entre Turismo Rías Baixas e a Escola de Organización Industrial para o Desenvolvemento Conxunto do Proxecto “Smart Destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”: “ÚNICO.- Con efectos dende o 1 de xaneiro de 2013, a Deputación de Pontevedra, con C.I.F. P-3600000-H subrógase en todos os dereitos e obrigas adquiridos polo Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas que deriven do convenio de colaboración subscrito coa EOI.” 11.20618.- APOIO Á CANDIDATURA DE DAVID CAL FIGUEROA ÓS PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS 2013 NA CATEGORÍA DE DEPORTES, QUE PRESENTA A XUNTA DE GALICIA A Xunta de Goberno queda enterada da comunicación, de data 08/02/2013, enviada polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, manifestando que o Goberno de Galicia presentará a Candidatura de David Cal Figueroa ós Premios Príncipe de Asturias 2013, na Categoría de Deportes, e acorda prestar o seu apoio. 12.20619.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DAS AXUDAS DE ESTUDOS PARA O CURSO 2012/2013 De conformidade co indicado no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Organismos Autónomos dependentes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases das axudas de estudos correspondentes ó ano 2012/2013, elaboradas pola Comisión paritaria mixta en desenvolvemento do previsto no referido artigo. Estas axudas concederanse con cargo á consignación económica prevista na aplicación orzamentaria 921.323.481.01, e conforme á táboa de módulos que se estableceu en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas. Ditas bases son do seguinte teor: A) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS Y FORMACIÓN A FUNCIONARIOS CURSO 2012-2013: De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos y formación para ano 2012/2013, se rexerán polas seguintes “BASES 1. BENEFICIARIOS/AS: Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os funcionarios de carreira e do persoal laboral fixo da Deputación Provincial, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais. 2. ESTUDOS: Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. d) Estudos ou cursos de especialización ou perfeccionamento directamente relacionados có desempeño do posto de traballo, podendo ser organizado e impartido, nestes casos, por Colexios Oficiais, Asociacións Profesionais, e Fundacións. 3. INCOMPATIBILIDADES: As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda, previa xustificación de tal condición. 4. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS: A.- POR ESTUDOS: Por cursar estudos contemplados no apartado 2. a), b) e c), aboarase o 50% do custo da matrícula e, de efectuarse en centros ou universidades privadas, a mesma porcentaxe equivalente a unha carreira ou materia similar dun centro público. A dita cantidade sumarase una axuda económica en función dos estudos cursados polos interesados e seus respectivos grupos de clasificación: ESTUDOS/GRUPOS FUNCIONARIOS A1 A2 C1 C2 E Cursos Medios, Superiores ou doutorado 90,00 € 100,00 € 110,00 € 120,00 € 130,00 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores no curso anterior 2012/2013(incluída a UNED) (cun máximo de 100,00 €) 20,00 € En todo caso o importe total da axuda non poderá superar os 800,00 €. B.- POR CURSOS: Por realizar cursos de especialización, xornadas ou congresos, de contido directamente relacionado có posto de traballo desempeñado, e con independencia da súa tramitación ordinaria e normativa específica, no que respecta ós gastos de inscrición, aboarase o importe completo, sempre que non supere os 300,00 € por solicitude/funcionario/ano. Se a inscrición fose menor, acreditarase a cantidade exacta, respectando sempre o límite anual fixado. 5. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de estudos poderán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación ata o día 5 de marzo de 2013, este incluído. As solicitudes de axudas para gastos de inscrición en Cursos, Xornadas ou Seminarios poderán presentarse ó longo do ano e con quince días de antelación o inicio do curso, con indicación do programa, duración e horario. En calquera caso, deberán achegar as solicitudes, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a. Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica, másters e estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.): - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. b. Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao ou da Universidade de aulas de formación aberta. - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante. c. Cursos de especialización ou perfeccionamento - Copia do programa do Curso, Xornada ou Conferencia, lugar e data de celebración. - Acordo polo que se concede permiso para asistencia ó mesmo. d. Estudos medios ou superiores en Centro privado homologado - Valoración dos estudos realizados en centro público - Xustificante do pagamento da matrícula. 6. DOTACIÓN ECONÓMICA: De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.323.481.01. 7. INTERPRETACIÓN DAS BASES: Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” B) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS CURSO 2012-2013: De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos universitarios para o ano 2012/2013, se rexerán polas seguintes “BASES 1. BENEFICIARIOS/AS: Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os fillos dos funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo da Deputación Provincial que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-Regulador e do I Convenio Colectivo. c) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os fillos dos funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído no apartados a) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS: Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. 3. INCOMPATIBILIDADES: As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda, previa xustificación de tal condición. 4. CONTÍA: Con cargo á consignación económica prevista na aplicación 921.323.481.01 do orzamento provincial, as axudas de estudos previstas no apartado 2. a), b) e c) concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A1 A2 C1 C2 E Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters en domicilio 391,40 € 442,90 € 473,80 € 525,30 € 561,35 € Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio 772,50 € 885,80 € 927,00 € 1.040,30 € 1.133,00 € Curso de Adaptación Pedagóxica, DEA e proxecto fin de carreira 164,80 € 175,10 € 195,70 € 206,00 € 216,30 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores, no curso anterior 2012/2013 (incluída a UNED) (cun máximo de 300,00 €) 100,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida, a Comisión Paritaria Mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS: 1) Tendo en conta a clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboaranse os importes establecidos no apartado 4 conforme os seguintes criterios: a) Aplicando a totalidade do importe indicado na táboa de módulos da base 4, nos supostos de curso completo, catro ou máis materias de ensinanzas de primeira matrícula, ou 50 créditos nas materias de segunda e sucesivas matrículas. b) Aplicando o 50% do importe establecido na táboa de módulos da base 4, nos supostos dunha a tres nas ensinanzas non REPETIDAS ou menos de 50 créditos nas REPETIDAS. No caso de que non se reflicta o pagamento de taxas, exención ou materias que se cursen, deberá presentarse un certificado ou expediente académico onde se fagan constar as materias de primeira, segunda e sucesivas matrículas, así como os seus créditos. 2) Consideraranse estudos no domicilio aqueles que se realicen en centros situados dentro do propio concello onde este situada a residencia da/o funcionaria/o ou traballador/a da Deputación nun radio igual ou inferior a dez (10) quilómetros. Consideraranse estudos fóra do domicilio todos os demais. Esta circunstancia acreditarase coa certificación do empadroamento do funcionario que solicita a axuda. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao igual ou superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é igual ou inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación ata o 5 de marzo de 2013, este incluído debendo achegar, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a. Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou másters en domicilio. Estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.): - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do fillo/a beneficiario se é caso. b. Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao ou másters fóra de domicilio: - Certificado de empadroamento do FUNCIONARIO. - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do fillo/a beneficiario se é caso. c. Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao ou da Universidade de aulas de formación aberta: - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante, e do fillo/a beneficiario se é caso. d. Estudos medios ou superiores de persoal funcionario en Centro privado homologado: - Valoración dos estudos realizados en centro público. - Xustificante do pagamento da matrícula. De non figurar no esixido, será necesario presentar un certificado ou expediente académico onde se faga constar qué materias son de primeira matrícula e os seus créditos e cáles son de segunda e sucesivas matrículas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA: De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.323.481.01. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES: Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” C) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS CURSO 2012-2013: De conformidade co disposto no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos non universitarios para o curso 2012/2013, se rexerán polas seguintes “BASES 1. BENEFICIARIOS/AS: Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os fillos dos funcionarios de carreira e do persoal laboral fixo da Deputación Provincial, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador para persoal funcionario e do I Convenio Colectivo para persoal laboral. c) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os fillos dos funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS: Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia. b) Educación infantil e primaria. c) ESO, cursos de acceso + 25 años, cursos para maiores de 45 anos e PCPI. d) Formación profesional, Bacharelato, e estudos de ensinanzas artísticas, recollidas como tales no art. 45 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación e) Escola oficial de idiomas e outros estudos de ensinanzas artísticas. 3. INCOMPATIBILIDADES: Para manter o carácter exento no IRPF estas axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS: a. De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboarase a cantidade establecida na táboa de módulos da base 5. b. As axudas para garderías, colexios infantís e xardíns de infancia concederanse por fillos acollidos nalgún destes centros, cando así o xustifiquen mediante a correspondente matrícula. c. Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e matricula en academias privadas ou similares. d. Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao igual ou superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é igual ou inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 5. CONTÍA: Con cargo á consignación económica prevista na aplicación orzamentaria 921.323.481.01, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A1 A2 C1 C2 E Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia 185,40 € 226,60 € 278,10 € 319,30 € 339,90 € Educación infantil, primaria 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € ESO, cursos de acceso + 25 anos, + 45 anos e PCPI. 226,60 € 267,80 € 309,00 € 345,05 € 370,80 € FP e Bacharelato e Ensinanzas artísticas (*) 231,00 € 273,00 € 315,00 € 351,75 € 378,00 € Cursos da Escola Oficial de Idiomas e outras ensinanzas artísticas 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € *Ensinanzas artísticas contempladas no artigo 45.2, b) y c) da lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de educación. Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos FP e Bacharelato (cun máximo de 150,00 €) 30,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida a comisión paritaria mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación, ata o 5 de marzo de 2013, este incluído, debendo achegar o xustificante de estar matriculado no curso 2012/2013 en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. En calquera caso, as solicitudes presentadas fóra de prazo serán desestimadas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA: De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.323.481.01. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES: Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” 13.20620.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota